Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

O macho dos `Piegos´

?Os Piegos? tiñan un macho
que de vello e aburrido,
tívo-se que suicidar
por non darlle o retiro.

Un día pola mañán
prá ?Silvaiana? marcharon,
con outro de corenta anos
que a Crisanto lle mercaron.

E Crisanto xa lles dixo:
Eu non vos quero enganar,
...o macho ten moitos anos
que eu compreino prá matar.

-¡Como coste pouco ?ferro?
val de calquera maneira,
porque se morre de vello
non a faltar quen o queira!.

Ó cabo dos tres meses
o macho non aguantaba,
chamaron o vitirinario
prá haber que lle pasaba.

Ollouno de diante á atrás
por certo, moi ben ollado,
o único que lle notou
que está moi debelexado.

Estivo dado de ?baixa?
quince días, máis ou menos.
Dixéronlle ó vitirinario:
-¡...Melloría non lle vemos!.

Antes de lle dar ?a alta?
terei que volver a ollalo,
e dareivos un ?volante?
prá levalo a outro lado.

Ollouno un especialista
pero non llencontrou nada.
-¡Héche que lle sobran anos,
...e fáltache-lle cebada!.

E sen teren ?a alta?
con él seguen traballando.
O animal pouco a pouco
¡...claro!, vaise ?entregando?.

Os obreiros da ?Hermida?
todos llo foron pedir,
e ó ver que taba tan fraque
non o quixeron repartir.

Os mecánicos de ?Dalber?
tiñan recomendación,
o ?Catuxo? e máis ?Cabanas?
consiguiron un xamón.

Os amos tamén dixeron:
-Queremos participar,
mentras que fostes buscalo
perdestes de traballar.

Ó que ?Cabanas? replicou:
Non vai chegar o xamón
por gardarlle un pedazo
ó noso amigo ?Pichón?.

Chamaron ós carniceiros
se o querían vir buscar,
e mandaron ó ?Lindego?
que o fose despedazar.

Como saía barato
Luis foi o primeiro,
Enrique chegou segundo
e ?California? o terceiro.

(Luis, Enrique e California son carniceiros)

Por: Suso de Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 12-03-2009 11:58
Ligazón permanente a este artigo
O Foufeiro

Prá que poidan escoitar
silencio pido primeiro,
prá lles contar a historia
do pollino do Foufeiro.

Un día ás seis da mañá
cando o asilado marchaba,
foi ollar o pollino
porqué non se levantaba.

Chamóu o vitirinario
e deseguida llo miróu,
díxolle que ía morrer
e xa non lle recetóu.

De alí a media hora
o burro taba finado,
chamóu a ?Celeirao?
prá que fose enterralo.

Ollando no pollino morto
a Ramiro foron chamar,
prá que viñese repartilo
que o ían aproveitar.

Ramiro replicoulles:
Xa está inyetado,
chamade a Xan do Lamelo
que é o máis acostumado!

Dille a ?Pequeniña?:
Entre os dous logo acabades.
Non ha ser pró barrio todo,
que ha ser só prás amizades!.

Quedarémonos co a mitade
xa que eu son moi prudente,
pois come aquí moitas veces
tamén o meu pretendente.

Ao que Ramiro lle contestou:
A que máis pode un chegar?.
Tanto como presumía
non sei onde a dir parar!.

Hai cousas que non se creen,
xa me quedei aturdido.
E mellor non falar disto
e atender a repartilo.

-A mín dádeme un lacón!
dixo ?Ramón do Canteiro?
desde xa fai moito tempo
teño amistá co ?Foufeiro?.

O outro lacón do burro
é prós dous repartidores,
a Ramiro por inyetalo
déronlle o rabo a maiores.

A ?Vitor da Valadoura?
que veu axudar a amarralo,
darémoslle as ferraduras
porque xa está xubilado.

A pel a ser prá ?Güarnicas?
porque xa veu encargala,
quer facerlle ó asilado
unha albarda, e cabezada.

O probe de ?Celeirao?
quedóuse o home cortado,
porque non lle deron nada
e máis veu enterralo.

Chegou ?María de Cora?:
-A min dádeme a vexiga
que teño a Paco enfermo
prá darlle unha lavativa.

Aquí se acaba a historia
deste xumento exemplar,
como morreu de repente
non se puido confesar.

Lixeiras de Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 11-03-2009 12:44
Ligazón permanente a este artigo
Copla lixeira de Bernabel

CON MALA SORTE

Atención lles pido señores
un momento por favor
para lles poder expricar
este cadro de moita dor.

Pasóu isto en Vilanova
que é digno de lamentar,
un pollino que morreu
e non se puido salvar.

O amo foi á Arxentina
e tamén a súa muller,
o fillo foi o encargado
de ire dándolle de comer.

Pero tivo a mala sorte:
-...tan traballador como era!.
Que o foi abandoando
por andar de borrachera.

O burro debelexado
de xionllos se tiraba,
pidindo -de corazón-
que a morte o levara.

Cando se deu de conta
que xa non se levantaba,
chamou polo vitirinario
haber que lle recetaba.

Don Carlos miróullo ben
e díxolle no momento:
o burro vaise finar
e sen tardar moito tempo.

Chamade o tratante
que volo veña mercar,
e senon quére compralo
podédesllo agasallar.

Cando chegóu o tratante
que traguía a cabezada,
xa pillou ós peisanos
facéndolle a furada.

Pra sofrir o que sufriu
dixo o tratante sentido:
Inda se foi conservando
que che vai ben coñecido!

Feito con moito secreto
mandárono sen campanas,
prá que naide se enterase
de todas estas macanas.

E dende que se soupo
trataron de repartilo:
-só ha ser prós taberneiros!
dixo o amo tan tranquilo.

Enteróuse Maximino
e xa chegóu o primeiro,
púxose a repartilo
-parecía un carniceiro-.

?Xanciño de Paulo? que
deseguida se enteróu,
na casa mortuoria
co trator se presentóu.

-As raciós deste xumento
todas as hei de carrexar,
e como somos bos amigos
tampouco nas hei cobrar.

A ?Paco de Cabaleiros?
por ser un home formal,
hímoslle dar un pedazo
por xunto ao atafal.

Un xamón é prá Rego
que xa o veu encargar,
enteróuse por Don Carlos
que o burro se iba finar.

Tamén dixo Maximino:
-as orellas son prá ?Nico?,
como xa está xubilado
...que faiga un abanico!.

Á cantina do ?Recreo?
as costelas han de mandar,
e ós obreiros do ?Banco?
tamén han de participar.

A Xerardo e máis a ?Cartas?
hímoslles dar un lacón,
a cabeza ha de ser prá ?Miche?
pró ?Rufino? o corazón.

E a ?Pepe de David?
prá que non quede sen nada,
hímoslle dar os miudos
prá facer unha empanada.

Prá ?Galaxia? e máis pró ?Calvo?
irá un solomillo,
que o repartan con Manuel
e co ?Ché do Ventorrillo?.

O outro xamón do burro
a Rexina llo levaron,
e aquel día os pousadoiros
todos xuntos celebraron.

Tamén o outro lacón
?Foufeiro? teráeo que levar,
anque non che ten taberna:
...podemos aparentar!.

Alguns dos taberneiros
parece que protestaron,
porque a Rego e a Rexina
os dous xamós mandaron.

Como teñen comensales
teremos que razoar,
se repartimos entre todos
a pouco nos pode tocar.

Asi rematou o burro:
-...co servicio cumprido!.
Maximino tivo a culpa
senon está ben repartido.






Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 09-03-2009 12:53
Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [18]
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0