Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Coplas de Bernabel |
|
 P´ATRÁS
Se queren e poden escoitar
atención lles pido señores,
o que pasóu con ?P´atrás?
a unhos cuantos cazadores.
Un Domingo pola tarde
da semana que pasóu
con dous francotiradores
así a cousa escomezóu.
Demetrio tiña un cadelo
que o probe taba pelando,
cando viñan os cazadores
sempre andaban protestando.
Como van comer alí
deixan os cás amarrados,
tiñan medo que ?P´atrás?
fose mentras infestalos.
Ó que Demetrio lles dixo:
¡Non vos privo de matalo,
non quero que sufra moito,
e que vaia Xorxe enterralo!
Colleron as repetidoras
Gumersindo e máis Ramiro,
e alí na volta ?da Noria?
xa lle pegaron un tiro.
Armaron tal tiroteo
que ós veciños asustaron,
prá poder matalo can,
once tiros lle pegaron.
Viña Ramiro moi serio:
-Foi moi malo de matar,
gracias as repetidoras
prá lle poder apuntar!.
Entre todos acordaron
que non fosen enterralo,
prá lle sacaren a pel
e despois aproveitalo.
Se o comemos pouco a pouco,
ha de sabernos mellor,
deixámolo con Demetrio
que o meta no conxelador.
Pero Isidro e máis Javier
deseguida protestaron,
como van comer á casa
as súas raciós levaron.
Moita xente quer saber
quen son os oito famosos,
que os Domingos todos xuntos
van a caza dos raposos.
Gumersindo e máis ?Fifino?,
Suso, (o xenro de ?Falcón?),
Ramiro, Isidro e Javier,
?Bernabel? e máis ?Marrón?.
Velaquí remata a historia
destes bravos cazadores;
anque non apuntan moi ben
prá comer nos hai mellores.
|
|
|
|
Coplas lixeiras |
|
 DONISIO
¿Queren saber señores
o que en ?Guillade? pasóu,
con dous burros dos xitanos
que Donisio lles mercou?
Chegou á casa cansado
de tanto tirar por eles.
Dixo seu pai, todo teixo:
da noxo mirar prá eles!
¿A onde fuche mercalos?.
¿E o diñeiro que empregache?.
¡Ó comprar estas morrallas
pouca cousa gañache!
Despois de oilo rañar
Donisio non lle replicou,
agarrou os dous pollinos
e con eles se marchou.
Naquel mesmo intre que
?Pedro de Toño? baixaba,
a ollalo tan teimoso
preguntoulle que pasaba.
-Comprei istes dous xumentos
e meu pai nos quer na casa,
¿Alúgasme iste caseto?.
¡...Haber si o xenio lle pasa!
-Ti cando merques morrallas
dígoche de corazón:
-Aqui tés o meu bodego
a túa disposición.
Donisio quedou contento
porque tivo onde agochalos,
senon é Pedro de Toño
tiña que agasallalos.
Tivos alí catro meses
mantidos a pienso e herba;
acabaron por deixarlle
tres mil pesetas de perda.
Parez mentira nel!.
Ser tratante tantos anos
e ?picar? desa maneira
cos pollinos dos xitanos.
Vexan eiquí señores
o que é non desconfiar.
Donisio cos xitanos
xa non voltará a tratar.
Bernabel
|
|
|
|
Coplas lixeiras de Bernabel |
|
 DOUS XATOS BRAVOS
Isto que vos vou contar
non pensedes que é mentira,
ó que mo contóu a min
créo-llo como se o vira.
Tróuxo Fernando do Licho
do monte dous xatos bravos,
do que lle pasóu con iles
xa estaredes enterados.
Asegún chegaron con iles
á corte os foi levar,
e ás súas amizades
íalle-los ensinar.
De estar na corte metidos
non nos debe de estrañar;
que ó chegar os visitantes
tratasen de se escapar.
Sempre todo confiado
os xatos ía ensinar,
salían un detrás de outro
e, ...lograron escapar.
Ó se ollaren asustados
saíron con moito brío,
brincaron unha parede,
...os dous caeron no río!.
Dúas ducias de veciños
de seguida alí chegaron,
no medio das duas pontes
alí os acorralaron.
Coa axuda de tanta xente,
un, puideron amarralo,
o outro marchou pró monte
e non se deu atopado.
¡Vaite con Deus!, dixo ?Licho?:
Non me volve a pasar,
a culpa foi miña
por irlle-lo a ensinar.
Formouse a montería
todos especializados,
unhos ían a cabalo
e outros motorizados.
Por fin, lograron collelo
gracias ós cas do ?Truán?,
que son espertos cazadores,
de raza ?pastor alemán?.
¡Nunca tal pensei ver!
-dixo a muller de Fernando.
Prá comprar istes xumentos,
¿en que estarías pensando?.
E os dous animaliños
viñeran de importación,
a ?San Lázaro? chegaran
os dous no mesmo vagón.
Así lles foi a aventura
de este par de sementales.
Segundo e mailo ?Rochudo?
foron os corresponsales.
|
|
|
|
|
|
|
|
|