Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com
|
|

|
O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
ALUMARADAS- O CABO DE LAMELAS |
|
 Os do barrio de Lamelas
debémolo de respetar.
Cando encontremos O Cabo
tamén o hai que saudar.
Témosche un Cabo no barrio
dígocho de corazón,
que si nos tapa os carreiros
naide lle da a razón.
Moitas cousas das que fixo
parecen cousa de tolos,
hai pouco que viu pro barrio
e xa tá a mal con todos.
O Cabo debía pensar
que logo o ían ascender,
cando foi isaminarse
cadrou que non sabía ler.
Déronlle a volta pra casa
veu torto coma un fouciño
e tivo que cederlle o paso
a María do Homiño.
O Cabo recén chegado
non conta cos veciños
vai facer unha parede
no "Camiño dos Reguiños".
Ven María pola mañá
cun ferro templado en barro,
descompoñer a parede
pra poder pasar co carro.
Cando "A Gavilla" se entera
que a ía descompoñer,
saíron as tres armadas
sen pararen de correr.
Primeiro ía "A Machaca"
vergoña lle debía dar,
o chegar ergueo o sacho
i escomezou a ameazar.
Tanto a mai comas fillas
perderon os coñecementos,
xa se abalaba a terra
a golpe de xuramentos.
María sigueu tranquila
e dixo sen apurarse:
¡O rapaz que vos apañe
élle millor afogarse!.
Si tivérades vergoña
xa non víñades reñir,
como xa tades vetadas
non tedes con quen sair.
A máis nova é "A Machaca",
a "Galga" é sua mai
a máis vella "Catalina"
e O Cabo e o seu pai.
Desque saíron de Arroxo
según a min me dixeron,
os veciños de máis cerca
un banquete bon fixeron.
Pois viñeron pra Lamelas
ainda hai poucos anos,
fora millor que viñera
un rebaño de xitanos.
Inda segue a hestoria
destes catro conveciños,
así Deus lles dé a sorte
que desexan pros veciños.
S. de Bernabel
Recollido por P. de Noriega
|
|
|
|
ALUMARADAS-REPARTO POPULAR |
|
 Cando pasei por Ricimil
vin a xente alporizada,
encontrei a unha muller
e perguntéille que pasaba.
-Esperamos o reparto
dun macho que se afogóu,
pois veuse tan aburrido
que il sóio se suicidóu.
Na guerra do trinta e seis
tocoulle toda a campaña,
pero pasóunas máis gordas
cando veu prá casa de Azaña.
Traballando noite e día
sen deixarlle descansar
nin domingos nin festivos,
non paraba de traballar.
Ó verse tan aburrido
tomou ista dicisión
i abandonou a bodega
onde dormía Lampón.
Chamaron a Ramón de Pérez
prá que o fora despedazar:
-¡E que teña as raciós feitas
prá cando as veñan buscar!.
A Gallego e máis a Monxa
como os dous están viuvos,
prá que o poidan celebrar
gardámoslles os miudos.
Tamén Paco da Lamela
non se quixo descoidar,
enteróuse do reparto
i o pescozo foi buscar.
E dixo Ché do Rochudo:
¡Eu a cabeza xa encargara,
xa a pedín o mesmo día
que o macho se suicidara!.
E Amada de Ricardo
como é boa costureira
habémoslle dar o bandullo
prá facer unha faldriqueira.
Dixo a muller do Gorrete:
-¡Eu tamén quero a vexiga,
teño o home moi enfermo
teño que darlle unha lavativa!.
Tamén a de Pirulé
a lengua foi reservar,
e díxolle o repartidor:
¡Eu mesmo cha vóu levar!
Os c... han ser pró Rocho
que é un famoso cocheiro,
prá que faiga unha petaca
óu, se quer, un moedeiro.
Pelegrín e mailo Pinche
as costelas viñeron buscar,
como son do noso ramo
démoslleslas sen pelar.
As orellas tán gardadas
prá llas dar a Taliñeiro,
prá que as leve de mochila
cando sae de carreteiro.
Medio lacón foi prá Rosa
porque hai moita amistá,
e Ramón por repartilo
levóu a outra mitá.
Os que o teñen ben gañado
levan un xamón enteiro,
mitá será prá Rexina
e prá Xanciño do Cadeiro.
Xorxe xa pensaba
que quedaba sen ración
e por mediación de Xanciño
déronlle o outro lacón.
O outro xamón do mulo
quixérono conservar,
prá facer o remate
cando acaben o pallar.
A pel será para a Freilana,
que como non pensa casarse
despois alo polo inverno
fáille falla prá taparse.
Facer un reparto destes
non pensedes que é doado,
fíxoo ben Ramón de Pérez
porque está acostumado.
Aquí se acaba señores
un reparto popular,
dun macho que de aburrido
tívose que suicidar.
S. de Bernabel
Edición de P. de Noriega |
|
|
|
Os Maios |
|
 A FESTA DOS MAIOS
A festa dos Maios e a festa do triunfo da primaveira e celébrase en toda Europa, tendo lugar, asegún os sitios nos meses de Marzal, Abril ou Maio. Festexa o comezo do ano agrícola, o verdecer das prantas a mayor cantidade de horas de luz e ten distintas formas de se representar: enfeitanse as casas con ramallos de frores nas portas, armadillo de verduras e frores que se leva en andas, a Cruz de Maio, Parexa de Maio, Árbore de Maio, home cuberto con ramallos, Raíña de Maio e outras moitas.
Hai quen coida que esta festa é un rito agrario que procura o desenrolo das plastas e dos animais, e as boas colleitas.
En Galicia, danse case tódalas formas de festa dos Maios que son comúns en Europa, e algunhas máis. Faise nos primeiros días do mes de Maio, aínda que semella que o día propio era o primeiro, pasando algo ó día tres nun intento de identifica-la festa coa festa da Invención da Santa Cruz.
O árbore de Maio. É unha árbore que se trae do monte e chántase no lugar máis principal da aldeia logo de enfeitalo con frores, bolos, roscas, ovos, chourizos e calquera cousa que semelle millora-lo seu aspecto. Este xeito de festa está moi espallada por toda Europa.
O Rei de Maio. Entre os poetas da idade Media, Maio representábase como un Príncipe ledo, herdeiro do Rei de Maio, que levaba unha coroa de frores e cubríase con follas verdes. Moitas veces son dous personaxes; os Reis ou os Noivos de Maio. En Galicia atópase só o que se chama Maio e que é representado por un rapaz cuberto de follas e frores.
Ramos nas casas e nas leiras. Iste costume atópase en moitos lugares de Galicia, especialmente nas provincias de Lugo e Pontevedra, onde enfeitan con follas e frores as portas das casas. Chantar ramos nos eidos semella máis un rito agrario, mentres os que se poñen nas casas e máis unha mostra de intención de engalana-la vivenda. Na parte de Pontevedra o feito de chanta-las polas, especialmente de codeso, vai sempre cun esconxuro:
Cobras e sapos
Bruxas e ratos
Toupas e meigas,
Fora das miñas veigas.
O Maio. Atópase en Galicia o Rei Maio, que é un home ou un rapaz cuberto de frores e follas e que leva por nome o Maio e é propio do norte e do leste, xa que noutras partes da Terra o Maio é unha especie de pirámide cuberta de frores e de verduras que se leva en andas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|