Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

A multa de Sixto
O día dez de Setembro
según a min me contaron,
os motoristas a Sixto
unha multa lle votaron.

Foi o día dos Remedios,
un día moi sinalado,
e moi cerca da igresia
deixóu o coche aparcado.

Había tamén máis coches
dentro do reglamento,
pero o de Sixto non tiña
a luz de aparcamento.

Avisaron os da orquestra
que o puxese a alumear,
mais seguio entreteñido
falando cun familiar.

Colléronlle a matrícula
sen saber de quen era,
puxéronlle mil pesetas
e seguiron carretera.

Sisto andaba tan tranquilo
como se nada pasara,
non sabía que o multaran
polas luces apagadas.

Outro día pola mañá
os de Tráfico baixaban,
e na estación de servicio
taba o coche que multaran.

Perguntaron de quen era
como é cousa natural,
souperon que era de Sixto
a ollala cédula fiscal.

E votaron pra xunto dél
para expricarlle como fora:
-Pois que este era o teu coche
inda o soupemos agora!.

Dixo xa alporizado:
non me volve a pasar,
anque gaste a batería
héino poñer a alumear.

Pro tamén vos aseguro
que a multa héina desquitar,
e ata que a desempeñe
prá festa non volvo a dar.

A todos que tedes coche
mirái ben o que facedes,
que habedes pagala multa
se as luces non prendedes.

S. de Bernabel.
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 11-04-2008 12:28
Ligazón permanente a este artigo
Bernabel troiteiro
O TROITEIRO

Atención pido señores,
un momento, por favor,
prá lles contar a hestoria
dun famoso pescador.

Un martes pola mañá
saíu con toda a pacencia,
¡como tiña o río cerca
foise pescar sen licencia!

Cando levaba pouco tempo
sintíu duas motos rumbar,
cambiáronselle os colores
escomezando a tremar.

O ver que se acercaban
pensóu xa en escapar:
-Mellor é que non o faga
que me poden disparar!.

O home con máis acerto
volveu a recapacitar:
-Como teño a casa cerca,
case os poido invitar!

'Celeiro' tiña máis gana
de comer ca de multar
e 'Fazouro' non quería,
polo que puidera pasar.

Empezóu a rogar neles
pidíndolles por favor:
-Se non vides prá cociña,
vídevos pró comedor!


'Celeiro' convenceu ó outro
e prá aló foron os tres,
sentáronse todos a mesa
esperando o entremés.

Tróuxolles unhos chourizos
que naide quixo probar,
esperaron ó xamón
que tiña prá regalar.

Despois de ben mantidos
'Fazouro' quería-o denunciar,
faltaba o café e maila copa
prá acabar de rematar.

¡Pois tomade o que queirades!,
¡Deixade de denunciar!...
A licencia tén-ma o fillo
que prá mili tén que marchar.

-Pró estará pouco tempo
con iso estou a contar,
pois o probe se non cambia
logo mo han de mandar.

'Celeiro' colleu os datos
prá outra licencia encargar,
-¡Pró cando cha traigamos
volvemos a merendar!

A pesar de todo isto
mil pesetas terás que pagar,
pois votamos moito tempo
no volta que viñemos dar.

Marcharon moi contentos
é il cheo de preocupación,
porque ise non era
o destino do xamón.

Despois, ó día seguinte
todos ían perguntar.
Algún amigo, anque poucos
fóron-no felicitar.

E co dichoso xamón
na casa houbo problemas,
porque era prá regalar
e quedóuse a dúas velas.

Aquí acaba señores
a hestoria do pescador
que si se quedara na casa
fóralle muito millor.
Comentarios (5) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 22-03-2008 12:26
Ligazón permanente a este artigo
Alumaradas de Bernabel
A MULTA DE BERNABEL

Un día pola mañá
vai Bernabel no cabalo
cun gran manoxo de palla
pró monte moi apurado.

Púxose a podar na leña,
a gorda vai apartando
e aquela máis delgadiña
detrás a vai queimando.

Os gardas, de recorrido
según pasaron andando,
o veren sair o fume
xa se quedaron mirando.

Estivéron-se fixando
de onde saía o fume,
e vindo polo monte arriba
foron direitos ó lume.

Bernabel moi entretido
sen contar con aquel trago,
cando viróu a cabeza
veu os gardas ó seu lado.

Estaba atizando ó lume
parecía un fogoneiro,
pero logo lle preguntan
se fixera un cortafuego.

El contestóu-lles que non,
que como estaba mollado
non podía prender lume
anque quixera queimalo.

E votáron-lle unha multa
por queimar aquela ramada,
era no mes de Xaneiro
todo estaba coma lama.

Desde que chegóu a casa
e á muller llo contóu,
ela co rabo da escoba
¡non sei como non o baldóu!.

Bernabel xa lle dixo:
¡Ai muller que mala és!
¿pensas que non veño cheo
de ver cousas ó revés?.

A ouvilo asi falar
ela escomeza a razoar:
¡Por queimar a ramada esa
non te deberan multar!

Se os tiveras a mantido
eu póido-che asegurar,
que por queimar herba
non te habían de multar.

Con esto quero decirche
que estóu toda convencida,
¡logo votan unha multa
por calquera tontería!.

Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 17-03-2008 18:32
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0