Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Barrendeiro

PROBE BARRENDEIRO

Mondoñedo ten fama
de ter bos barrendeiros
pró os de Vilanova
agora son os primeiros.

Tamén hai algún peisano
que se adica a barrer.
Por certo...!, na súa casa
ten bastante que ?facer?.

A facenda abandoada?.
Eso nin que decir tén.
El vai polo mesmo xeito
e a labranza tamén.

Cando estivo empregado
non fixo máis que barrer,
cando foi pedir traballo
xa non o deberan querer.

A xente moito se estraña
deste probe baldroeiro
podendo vivir a vida
foise meter barrendeiro.

Un home acomodado
no propio, cun bo lugar,
foi sacarlle o posto O Polo
a que máis se pode chegar?.

Sempre van tomar os viños
cando saen do traballo,
¡pró a este prá enganchalo
zúmballe un pouco o carallo!

Ós da pista de Tiagonce
tamén lles foi protestar,
dicindo que onde testa
non lles deixaría rozar.

Agora viróuse a folla,
el mesmo tén que rozar,
pois o que manda non roga
e non lle vale pretextar.

Aquí se acaba o relato
deste probe barrendeiro,
que traballa pró Estado
que será o seu herdeiro.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 06-02-2009 10:51
Ligazón permanente a este artigo
Saltarín

UN CHOFER DESCOIDADO

En Masma pasou un caso
que che foi moi popular,
dun can que matou un coche
que o pillou por non lle pitar.

Este can que na Retorta
o colleu unha furgoneta,
e con tan mala sorte
quedou morto na cuneta.

A muller de Lourenzo
marchóuse xa en punto,
pra que fosen os da Seara
recoñecer o defunto.

Perguntaban de quen era
a moita xente que alí o veu,
e Ramón de Pardiñeira
tampouco o recoñeceu.

Dixo Melina do Rei:
¡Pois ten que ser o meu Roque!.
Meteuno dentro dun saco
e marchóu pra casa a trote.

Contoulle a Xosé Ramón
a historia que ollara,
e logo chega Roque
como se nada pasara.

Corren a ollar o saco
ó ver que Roque chegara,
e ollan que era Saltarín
quen máis se semellaba.

Puxéronse en movemento
os veciños da Seara,
e a muller de Pardiñeira
por Saltarín berraba.

Andivo chama que chama
Saltarín nunca ladraba.
Era o que taba no saco
que Melina antes cargaba.

Desque o recoñeceu
Encarnación por el choraba.
Por vintecinco billetes
o Saltarín non o daba.

Dixo Xosé do Pito:
¡Eso créocho tamén
en vintecinco billetes no dabas
por que o vendías ben!.

Os veciños da Seara
aseguráronme a min
que taban todos de luto
polo probe Saltarín.

Saltarín perdeu a vida
na Retorta, na cuneta,
foi por falla de cuidado
por non tocarlle a corneta.

Este relato señores
dámolo por rematado,
xa que o probe Saltarín
nun saco foi soterrado.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 05-02-2009 11:59
Ligazón permanente a este artigo
Guillade

VECIÑOS DE GUILLADE

Os veciños de Guillade
quixéronse revirar,
e o depósito da iauga
no quixeron arranxar.

Fai tempo que acordaron
de acadar o diñeiro,
e telo depositado
na casa do Caxigueiro.

Como fixeron bos pozos
no quixeron amañar,
e despois algún veciño
escomezou a protestar.

Tres mulleres decidiron
arranxar o lavadeiro,
e votaron mau dos cartos
da casa do Caxigueiro.

Foi Remedios de Fanego
-así entendedes mellor-,
e Francisca de Benito
e Felicia do Menor.

Ó que Matilde lles dixo:
¡Xa vos podedes marchar
pois os cartos de momento
non tedes por que os levar!.

Non sabemos como toca
a cada un dos veciños,
hemos chamar a Manolo
prá que veña repartilos.

Chegado o día seguinte
veu o señor da carteira,
que desque fixo o reparto
díxolles desta maneira:

Ide repartindo os cartos,
e que os veñan retirar
e ó voso amigo Donisio
debíades-llos ir levar.

Ó que Donisio lles dixo:
Eu non os deixo quedar
ata última peseta
tédesmos que liquidar.

Os cartos depositados
todos os foron retirar,
e asi os lavadeiros
quedaron sen arranxar.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 03-02-2009 18:59
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0