Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

MEU IRMAU FREIXEIRO
Para Xosé Ramón Freixeiro Mato
Inxente Trobador Norieguista

O meu trobador dos Freixos
neno labrego dos teixos
que amou sempre a montaña
e a aldea que morou nela,
xamais quixo sair dela
pra outra terra estraña.

Auguiñas frías dos seixos,
val húmido dos carqueixos,
néboa que dorme na braña
irmau sol que ós ameixos
lles apertas i eu apreixoos
con sinxeliña maña.

Mondañedo, Xaneiro do 2008
Comentarios (10) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 28-01-2008 13:06
Ligazón permanente a este artigo
Dous pedaciños do corazón
¿E que é da ?Montañesa??

A Santiago e Daniel Noriega
(?...dous pedaciños do corazón?)

Chegou un da parentela
polas noviñas guiado
con unha tarta que é pra ela

xa que a musa algo festexa
e dende que veu pra baixo
polos parentes rabexa.

[...]É no Nicomedes Pastor.
Galdo, Boimente, Viveiro[...]
todos a honrar ó ?Cantor?.

Lediñas voces cantaron
o ?Tenuis Pluvia? editado;
que ben nos agasallaron!.

Vinte no ?Pazo das Musas?,
fuches ?A Voz dos Carraos?;
naide che puxo excusas!

e deixounos ben servidos
quen falaba ca montaña.
Xa son sesenta anos idos!

Pepe de Noriega
Mondañedo 2008
Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 23-01-2008 10:14
Ligazón permanente a este artigo
Basílica da Mariña
Á Basílica de san Martiño de Mondoñedo
(1º Desencravo nunha Basílica)

De penedos de toelo
erguéronte nunha noite,
toda, de cor amarelo
pra que o Universo che escoite.

Sinxeliña e belida
es alpendre de bondade,
unha túneca fendida
do 'Santo' por caridade.

A sede, un esmoleiro
sacia na fonte de prata,
onde 'O Santo' miragreiro
abrollou a da 'Zapata'.

Librándonos de ben males
velache ós de san Martiño
enfrontada ós vendavales
teste en pé, de miragriño.

De neno teu campaneiro,
nos altares monaguillo;
pra non mollarse o romeiro
laveille os pés a 'Gonzalillo'.

Groriosa decisión Papal
xenerosa ermidiña,
nascida para catedral
Basílica da Mariña!.

Pepe de Noriega
Mondañedo, 2008
Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 13-01-2008 13:54
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0