Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Sanluqueiros 2008

Para o meu entranábel amiguiño Xosé Vizoso
sabido, vertudeiro, garimoso...

Cedo este armadanzas
amenceu en Mondoñedo
cheo de anazcar castañas
das caídas polo suelo.

¿E este ano ás San Lucas
non virá o dos cóitelos?
Fiado do home do tempo:
A mollarse colleu medo!.

Botamos a chaparrita
no lar do Padornelo
agardando os cabalos
que ás feiras baixan a centos.

Xa non cargan pra Inglaterra
?poneys? prós fidalgos cheos
entr´os que viaxou o ?Curda?
nos circos para bébedos.

Loce o campo da feira
ateigado de boureo
e na cancela dos Remedios
un, facendo aspaventos:

-Voladora, voladoraaa!
-Oh! No me leve o demo!
O bigote dos meirandes
que pintou en Sargadelos.

-Agora mesmo vás pagar
a parva!. Agarda un momento!
Tirando bicos e apertas
despachou unhos antergos.

De capela en capela
lembramos vellos tempos
feirando co Deus Baco
patrón destes eventos.

Olla que dende as milicias
outras sortes percorremos
o dos ?Beatles? en Brión
eu rosmando en Mondoñedo.

Xa son longos anos idos
que nos van facendo vellos!
Compañeiros de polaina!
Xa fumos novos!, diremos.

E ben cheos de recuncar
con pulpo e pan albeiro
nas brancas cuncas de viño
coma o mellor sanluqueiro.

Ó lombo coa pota de cobre
un albardón ben recheo
e unhas dobras de caxigo
¡xa non hai outro aparello!.

Esgotaremos ?As Maulas?
despois do día ?Do Medio?
amoreados de trabitas
e virutas do zoqueiro.

Non quero eu que nos albisque
o ?Rosendo de Padornelo?
aguantando nas molladuras
despois de tanto trafego.


Copiou Pepe de Noriega nas San Lucas do 2008

Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 19-10-2008 11:11
Ligazón permanente a este artigo
A malla de Coubeira

Este ano dous mil oito
un veciño de Coubeira
dispuxo facela malla
sazoando unha sementeira.

De feita a outonía
non foi mala a colleita
pois a sazón ben axudou
e temos moi boa meda.

Senllos peteiros de móllos
xuntamos no mes da sega
despois de sega-lo a mau
co que o sol eiquí quenta.

Puxo avisos na bisbarra
taboleiros e tabernas
?O Campechán? fixo obreiros
desta maneira sinxela.

E outros mais desprevidos
saímos a toda présa
á chamada que o maquinista
co bruido deu a seña.

Unha parexa de gando
polas corredoiras leva
presta máquina de mallar
e outra o motor que brega.

Se o bo tempo acompaña
desata o bico da meda
un dos píncaros lixeiros
que é o que mellor se tén nela.

O dono da casa reparte
a xente a cada tarefa
e ós atrevidos ?tragapós?(*)
remuda-los da espalladeira.

Cando vai pola metade
xa fan falla dous na meda,
un pra que achegue os móllos
outro pra que os tire á mesa.

Outro desata o vencello
e outro mete palla mesta;
oubea o bombo se o aburan
e os cabalos tercos brecan.

Decátase o que espalla
cando hai ben polvareda
de que a palla mollouse
cando se fixo a colleita.

E as mozas que atan a palla
teñen ben coidado elas
que coa entrega do móllo
non lles meta algún as tentas.

Ou se o palleireiro vello
coa forcada nas canelas
lle arremetes nos fociños
...andas o palleiro ás présas!.

E a limpadora de mau
máis ben que teña cerca
pra que non se ande moi lonxe
a contravento coas cestas.

Afogaron a máquina
para que a xente beba
auga e viño nunha malla
e a costume non se perda.

E coller moitas ameixas
peras, ou mazás da sega
polos cómaros das hortas
que están ateigados delas.

E estirar un pouco as pernas
tumbándo-nos polas herbas
esculcando nas rapazas
que ás sombras se achegan.

Contando contos dos mozos
que coñeceron nas festas
ou das feiras que hai nas vilas
...de vestidos que elas mercan.

Ferrados de trigo limpo
que na tina de madeira
se palean cada ano
pró pan e paga-las rendas.

Feita de contado a malla
remátase cas aveas
e o palleiro cas barandas
chombado e sen goteiras.

Algún grau entre os recaños
debican pitas marelas
cando se recolle a eira
...da malla xa nada queda!.

Gaitas da ?Pena do Golpe?
que no ermo salouquean
airiños enmeigadores
tran-nos bailes que cimbrean.

A lúa entre lusco e fusco
nos piñeiros se enguedella
na meiguice de Coubeira,
...praceres da Nosa Terra!.

Viva Coubeira!
Que viva quen toca!

Viva Galiza!
Que viva a Nosa Terra!

(*)Xente que recolle a palla na espalladeira, que é onde máis pó hai.

Coubeira-Mondañedo
Para o meu entrañábel amigo Aladino "do Campechán", sinceramente.
Verán do 2008
Pepe Noriega
Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 24-09-2008 21:54
Ligazón permanente a este artigo
EMIGRANTE
ADEUS GALICIA

Choras por min Galicia
por se lonxe de ti morro
porque levo na alma morriña
e soidade no meu corpo.

Centilea o peito ca pena
cando a outras terras fuxín
moi lonxe de ti naiciña
moi lonxe de onde eu nacín.

Pola faciana as bágoas
dos meus ollos bagullados
van quedando nos carreiros
ás sombriñas dos carballos.

Esmagando tercas follas
que enfeitizan os camiños
i polos rodeiros choran
cando se van os seus fillos.

Ouvea o lobo na serra,
revóame a andoriña,
semella unha pregaria
pra que quede na Galicia.

As silvas que hai polas beiras
engánchanme da chaqueta
que non queren que me marche
da miña terra galega.

Froumas de piñeiros vellos
que co vento veñen a min
cargadiñas de consellos:
¿por que te vas meu paladín?.

E dinme os vellos bardos
avagoados ca morriña:
¡non te vaias emigrante,
non deixes a túa Galicia!.

Mais eu, xa non podo quedar
onde está a miña familia,
non podo quedar no lar
que me deu a min a vida.

O diñeiro hai que gañalo
pra quen ten muller e fillos
e que no día de mañá
non vaian polos camiños.

Como teño que ir agora
bagoando coma un perdido
e deixándoos soliños
cos meus seres máis queridos.

Agoirando no de voltar
en canto teña pra vivir
xa non penso, nin en comer
nin tampouco en dormir.

Canto máis me pasa o tempo
máis me lembro da Galicia
como a nai que ta agardando
que lle volten algún día.

Por onde eu queira que vou
vai no meu peito o senso
doidiño o corazón
i as bágoas chéganme ós beizos.

Chora o que se rememora
da nai que é a nación
que ve os seus homes fóra
por culpa da emigración.

Homes dos que traballaron
homes que souberon calar
fóronse como se estorbaran
na súa terra, no seu lar.

Deixei toda a familia
que moita non ollarei máis
fóronseme desta vida
coas gañas de me abrazar.

E quedou a mocidade
enterrada polo mundo
toda chea de soidade
lonxe dos teu lares xuntos.

Vimos cos cartos gañados
pra os seres máis queridos
moitos que xa están mortos
e moi poucos quedan vivos.

De que nos serven os cartos
que todos íamos gastar?
se me vexo amolado
sen moitos dos meus no meu lar.

Porque perdín nesta vida
moitos seres do meu querer
e un anaco da Galicia
que tiña, e xa non se ten.

Os que se van desta terra
como tamén se foi el;
...porque legal é a morte
e fóronse pra non volver.

Encho daire o meu peito
berrando desconsolado:
Porque marchei donde vós?.
Por que me fun do seu lado?.

Posto de xeonllos na terra
levanto os brazos en alto
berrando..., berra que berra
ollando a todos os lados.

Coma se puidesen ouvir
aqueles que xa morreron
coa xesta de despedirse
saloucando o himno galego.

Que viva a nosa Galicia
e que viva a nosa terra
e vivan os que estan lonxe
pra que poidan voltar a ela!.

Axeitado dunha idea orixinal do meu amigo e compañeiro Ramón L. Souto Lodeiro que agarimosamente ma adicou a min..., que son un emigrante sen sair da terriña.

Pepe Noriega
Mondañedo 2008

Comentarios (1) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 06-08-2008 09:58
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0