Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Vilancico Enxebre

Esta noite é Noite Boa
Mañá é día de Navidá
Aninovo tárdame un ano
Prá velos Reises na ventá.

(Publicado no xornal AMIGOS DA CIDADE DE MONDOÑEDO), páxina 15.

[ler xornal]

Pepe de Noriega
5 Xaneiro 2009
Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 05-01-2009 20:12
Ligazón permanente a este artigo
Agradecemento

Outra vez grazas ás xentes de Foz por dar a coñecer na súa Revista das Festas do San Lourenzo 2008, unhas mimosiñas verbas que deixei nas mans de Xesús Fernández López (Cronista Local de Foz)e que agarimosamente da a coñecer nesta Revista por medio de Xaime Cancio(Concelleiro de Cultura)que editou esta sinxela Revista, recollendo todos os eventos que se celebraron ó longo de todo o verán neste incomparábel marco mariñán que é Foz. Grazas por lembrarme. Grazas tamén a Chus (Bibliotecaria Municipal) polas súas atencións. Endexamais vos esqueceremos, estimadísimos conveciños.

O romanciño para a ocasión, que acompaño, (e do que deixo un facsímil na ligazón OLLAR A SECCIÓN DA REVISTA) viña a dicir o seguinte:

Prós de Foz

(No Sesaxésimo Aniversario do Pasamento de A. Noriega Varela)

Hoxe a tódolos Focenses
en nome do meu antergo
veño a darlles moitas grazas
xa que outra cousa non teño.

Tamén pídolles permiso
polo meu atrevemento,
xa que pra esto nada vallo
hei de acabar nun momento.

Eu, que pola noite moro
co ?Cantor? en Mondoñedo,
con Manoel María voume
de día de parrafeo.

Na beira do río Miño
onde descansa o chairego,
a sombra dun castiñeiro
froleceron estes versos.

Versos aqueles sinxelos
que nos deixastes a centos
dos que eu tamén os conto
coma vella, polos dedos.

Xa fai mais de sesenta anos
que a musa do meu vello
puxo alta A Montaña
i A Mariña polo suelo.

E dende que veu pra baixo
sacudindo no mantelo
ainda anda a pobresiña
mareando no xurelo.

E vai de vila en vila
como nas ramas o merlo
procurando ó seu soñador
a feble fadiña do ermo!.

Por mor dunha cacicada
das que ainda hoxe, eu vexo
ao mellor estilo medieval
quedouse Foz sen latexo.

Os que de eiquí te arrancaron
á peta forte lle deron
e de Fondós pra Ourense
exemplar foi o desterro.

Menos mal que os de esta vila
moi presente te tiveron
e hoxe nesta casona
leda homenaxe fixeron.

Despois de que o Cronista
Oficial deste Concello
andivese espallando
tenros versiños brañegos.

Na compaña da túa musa
donairosa cos eventos,
testemuña das xéneses
de tantos ocorrementos.

Coma do inxente carabillón
da casa do cura de Moncelos
que cando chegaches a portada
xunto ó loureiro ficaches lelo.

Acabando de caer na conta
resultou, despois de moito tempo
de preguntar polo carabillo
do vintenove, que o tiña o crego.

Ou a cazola de Ramona
cando caeu polo suelo
que do golpe despertoute
e a culpa levouna o demo.

E a suscricción de Penabad:
(que non tiña un cadelo)
[...]el pagar pasó a la historia[...]
(e o recibo, devolvelo)
[...]Manuel Fraga Penabad
no está aquí, que está en la gloria.

Saberás que os teus netos
cumpriron co teu desexo
de deixar o Tenuis Pluvia
cal estreliña no Ceo.

Ai! se ves a túa escola
toda chea de pequenos
que agora te ollarán sempre
eiquí outra vez de maeso.

E as penas da Rapadoira
lémbrando o teu chambergo
cando viñas mollalos pés
ás pucharquiñas cos nenos.

Ollar, que non esquecemos
(igual que os de Mondoñedo)
ós Píncaros do Parnaso
que cantaron en galego.

Galego que adoramos
os peisanos no desterro
e que hoxe na montaña
ainda o falan os labregos.

A túa musa mariñeira
argallounos estes versos
mimosiños como os de Foz
e que hoxe eiquí che traguemos.

Como dí Suso e Marita
e o noso alcalde Rivera:
Dempoixas de tanto tempo
ainda tén tirón Noriega!.

E agora, ben forte, xuntos
todos á miña seña,
antes, hoxe e sempre:
que Viva a Nosa Terra!.

Obrigado pracer.
(Pepe de Noriega e Familia na homenaxe do pobo de Foz a A. Noriega Varela)

...Que ben nos agasallaron!!!

(Ollar fotos) (Ollar a sección da revista)
Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 01-12-2008 18:11
Ligazón permanente a este artigo
A casiña tarrea

Cando vou de vagariño
a Vilamor, meu berciño,
gostame sempre de ir vela
e a "Casa Pequena" teña
catro cepiños de leña
pra que poida eu morar nela.

Xa non máis chousa allea
teña a casiña tarrea
do lugar dos do "Canelo",
pois xa che fai moitos anos
que inverna polos escanos
na "Casa Grande" un cadelo.

Marga Bermúdez

De Pepe para Margarida, que sei que é unha garimosa admiradora de Noriega.
Grazas mestra, ...musa miña da terra!
Outono 2008
Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 14-11-2008 09:16
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0