Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Fonte da Pateira en Vilamor

A Pateira


Hai na 'Pateira' fontiñas
e bincalleiras choronas
de auguiñas caladiñas
a do 'Pocilgo' e as 'Donas'.

Máis, no lavadoiro pías,
pintasilgo das silveiras,
que nos piñeiros nascías
pra namorar lavandeiras.

Elas cantan na 'Pateira'
i ó demo mázanlle o coiro
a furtadas da abidueira
vai a roña do lavadoiro.

Trapos vellos que esmagache
da Torre e de Lamelas,
pernas e pés que nos librache
de suores das chinelas.


"Airiños do Centiño".
Comentarios (1) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 06-05-2007 23:51
Ligazón permanente a este artigo
A Fontiña da Fala

A "Fontiña da Fala"


"Deu-nos a Fonte do Sapo
un maeso da linguaxe,
que nos troca o castrapo
pola fala, mailo traxe."


Ledos lembramos os de San Martiño
os salouquiños da gaita de Ramón,
cando nos cautivaban o corazón
os meigos airiños do "Centiño".

Ben poden agora..., os de "Adelán"
deixarche que lles toques a zanfoña;
das vellas costumes non teñan zoña
e baile a muiñeira hastra o capelán.

Con paixón, sempre apreixando verbas
enveredaches musas acabruñadas,
qu´en zoquiñas van choutando polas herbas.

E nos vales do "Ouro", (magulladas)
a enseña i a terra nosa ergas
i, o máis Ramón..., ¡sonche trangalladas!.


"Airiños do Centiño".
Comentarios (1) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 06-05-2007 22:04
Ligazón permanente a este artigo
Amorodos

Amorodos das silveiras
vermellos entre as folliñas
verdes das primaveiras
pras merendas das neniñas.

Cando eu era neno íamos polos balados dos camiños apañar amorodos para merendar. Ensartábamolos nunha herba para despois lavalos e votarlles azucre nunha taza. Ainda hoxe nas aldeas das ribeiras do Masma anda a xente a apañar neles.

¡Terriña a nosa!
Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 06-05-2007 21:42
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0