Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

A bendición da mesa

Bendición da mesa
Bendecíde-nos, Señor, a mesiña que puxémos, i-abastámos, segundo a vosa vontade, e, como un invisible convidado, non vos separedes xamáis da nosa beira.
Estes sabrosiños froitos a os vosos campíñol-os debemos, que están aseñoreados por tanto ceio.
Ós vosos deleitosos campiños, que fan a nosa humanidade tan mesquiña, tan probe, sempre que os atravesamos.
O pan mudache en Carne, i-en Sangre volvích-o viño?
Torna as nosas paroliñas en amores, e no nos falte, cando d´eiquí sallámos, a limosna dun voso recadiño, s´inda daquela fósemos desencamiñados. Para que nosa Señora, a Virxe María, nos vexa axuntadiños na vosa paz eterna, sempre nova.
¡¡Trál-as tempestades!!
Ramón Suriñach Sentíes

Prosa do escritor catalán traducida por Antonio Noriega Varela.
Comentarios (0) - Categoría: UN POUQUIÑO DE TODO - Publicado o 01-07-2008 18:10
Ligazón permanente a este artigo
MANUEL MARIA

Unha ermida i unha estrela
dende Fondós vendo estou.
Antón Noriega Varela,
con que emoción vos cantou!.

Andiven por Foz pasmado
vendo a paisaxe vilega
i a percurar afanado
os poemas de Noriega...

Perguntei por don Antón
a un veciño, a outro veciño.
Latexos da súa canción
levaba o vento mariño...!.

Levaba o vento na voz
milagres do seu cantar...!.
I eu andiven todo Foz
por Noriega a perguntar!.

O gran Noriega Varela
da Montaña e da Mariña!.
O centilar dunha estrela
suco e timón ilumiña...!
Comentarios (29) - Categoría: UN POUQUIÑO DE TODO - Publicado o 26-05-2008 17:33
Ligazón permanente a este artigo
HOMENAXE
A NORIEGA VARELA

No Día das Letras Galegas

Y... onde está Curros?. Onde as ledas festas?.
Que é de Rosalía e do seu linaxe?.
Voltade, poetas, foi longo o viaxe
e a Galiza chora: Levantade as testas!.

Que as froliñas dos toxos e das xestas
están murchas de medo e de friaxe.
Ven moucheando a noite: Lus salvaxe!.
Oubea o lobo i escorrenta as bestas.

Pra iluminar a morte i a tristeza
abonda un só poeta neste DÍA:
con lembrar a Noriega xa hai grandeza.

Roubou ouro nos toxos, qué riqueza!
e si todo foi ceo e poesía
seu mais grande tesouro foi, pobreza!

1969 Enrique Chao Espina
Comentarios (12) - Categoría: UN POUQUIÑO DE TODO - Publicado o 17-05-2008 11:52
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0