Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXXV Aniversario dos Chaneiros
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-09-2009 08:32
# Ligazón permanente a este artigo
II Festa Nacionalista do Morrazo

Segunda edición da Festa Nacionalista do Morrazo, que se celebra o vindeiro domingo, no lago Castiñeiras, en Vilaboa.

Menú enxebre: empanada, polbo, carne ó caldeiro e churrasco, ademais da bebida.
Todo por 20 euros. A organización montará unha carpa onde se instalará o bar restaurante.

Programa:
12:00 "roteiro arqueolóxico"
13:00 discursos.

Xantar

16:00 xogos populares.

Concertos
16:30 Leo Arremecághona;
17:30 Morrazo Jazz Colective,
18:30 Adonarairare e Gaiteiros da Cultural O Barqueiro,
19:30 Na Virada.


Se queres reservar: 986302655
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-09-2009 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
Aberto o prazo de inscrición XLII Concurso de Gaitas de Ponteareas
Aberto o prazo de inscrición para participar no XLII Concurso de Gaitas de Ponteareas

As solicitudes de inscrición no modelo que facilita o departamento de cultura municipal
dirixiranse ó rexistro de entrada do Concello de Ponteareas. Serán gratuítas e deberán
recibirse ata o día 12 de setembro de 2009.

Nos arquivos adxuntos poden consultar e imprimir as bases e a folla de inscripción para participar no XLII Concurso de Gaitas.

Descargar: Inscripción XLII Concurso de Gaitas.pdf

Descargar: Bases XLII Concurso de Gaitas.pdf

Comentarios (6) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-09-2009 08:30
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Ardentía nun novo local de Vigo

Un novo local adicado á música folc e tradicional abre as súas portas en Vigo, chámase Retrouso e está situado á beira da praia de Samil, no piso superior da discoteca Cachamba.

Retrouso é un local que vai estar adicado á musica folc e tradicional complementado coas típicas tapas enxebres para poder cear no mesmo garito.

Co concerto de hoxe abre tamén a intención de celebrar concertos periódicos de grupos folc e tradicionais.

Concerto de Ardentía

Mércores 9 de setembro
Lugar: Retrouso (enriba do Cachamba)
Praia de Samil
22:00
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 09-09-2009 08:32
# Ligazón permanente a este artigo
O Festival A Foliada trae a Redondela a fin de semana a 200 artistas cataláns
A localidade de Redondela acolle este fin de semana o Festival A Foliada, un intercambio cultural galego-catalán no que participarán activamente máis de 200 persoas procedentes de Cataluña.

O principal obxectivo do encontro é "mostrar e mesturar elementos da cultura popular e acción social das dúas comunidades", segundo explican os seus organizadores.

Os actos comezarán o venres e desenvolveranse pola vila dos viadutos durante todo o fin de semana, cuxas rúa encheranse de espectáculos a cargo de artistas cataláns e galegos de todos os campos, desde músicos, malabaristas, activistas da bicicleta a cociñeiros, fotógrafos e actores. "Desta forma, a localidade redondelana transformarase nun foco de creación e difusión cultural", apuntan os responsables do evento.

A Foliada preséntase como un espazo para o intercambio, a reflexión e a acción. Cada ano celébrase alternativamente nun municipio galego e no barrio barcelonés de Nou Barris, onde naceu a idea orixinal do festival. A localidade organizadora de cada edición achega a súa propia visión do evento convertendo ao festival nun auténtico proceso que vai madurando co paso dos anos. Nesta ocasión, os organizadores pretenden combinar a festa co intercambio e a reflexión sobre dúas temáticas que afectan aos cidadáns na súa vida cotiá: os hábitos de consumo e a mobilidade. Neste sentido, varias das actividades céntranse nestas propostas.

Durante os tres días do festival desenvolveranse actividades diversas para todas as idades e gustos. "O público poderá gozar dun amplo programa, desde obradoiros de xoguetes reciclados ata sesións jam de masaxes e caricias, pasando por concertos, teatro, comidas populares, rutas de sendeirismo, encontros de colectivos, pasarúas de diables i correfocs, xogos populares, futbolín humano ou un serán mestizo", indican os organizadores, que destacan a súa pretensión de que A Foliada sexa "unha porta aberta á cultura popular e á reflexión social".

Un dos puntos fortes do festival serán os concertos, que se celebrarán no anexo ao campo do Choco. O cartel do venres compono os grupos Tok, É Molt Band, Trasnos de Moscoso e Mais Kintos, e o sábado actuarán Herdeiros do Taxi, Os Tres Trebóns e DJ Can de Palleiro.

O festival está organizado tanto por colectivos galegos como por cataláns que manteñen reunións desde o pasado mes de febreiro. O financiamento da Foliada conta con axudas económicas da Generalitat de Cataluña e do Concello de Redondela. Ademais, unha gran parte do orzamento é froito da autoxestión, tras realizar diversos actos nos últimos meses para promocionar o festival.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-09-2009 08:12
# Ligazón permanente a este artigo
Faltriqueira no Alalá

Mentres non da comezo a quinta tempada do Alalá seguen coas reposicións de programas das anteriores edicións.

Hoxe martes ás 21:50 Faltriqueira serán as protagonistas do Alalá.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-09-2009 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 7 (luns)
? Os Tres Trebóns e Os Vilarachos nas Festas de Marín

Terza feira 8 (Martes)
? Homenaxe a Manuel María en Outeiro de Rei (Lugo): Miro Casabella, Mini e Mero, Tino Baz,...
? Romaría en Buxantes (Dumbría) con Pablo Seoane Grupo
? Danza de Darbo (Cangas do Morrazo)

Corta feira 9 (Mércores)
? Faltriqueira ás 22:30 na Praza do Seixo de Tomiño
? Tanto Nos Ten nas Festas da Baña
? Ardentía no Retrouso (Samil-Vigo) ás 22:00

Quinta feira 10 (Xoves)
? Leilía ás 22:00 na Praza da Igrexa da Fonsagrada

Sexta feira 11 (Venres)
? Sonoro Maxín na sala 600 de Melide
? Lamatumbá en Ribeira
? Chotokoeu en Rianxo
? Tarxa na Festa do Marisco de Vigo (Porto pesqueiro) ás 20:30
? Coanhadeira e Guezos en Ribadavia
? Festival Foliada (Redondela): Tok (Redondela), Es molt Band (NB), Trasnos de Moscoso (GZ), Mas Kintos (NB)
? II Foliada de Música Tradicional Fervenza de Músicas (Ouzande - A Estrada): Os xeitosos de Trazo, Regato de Matamulleres, Pana Raiada, Cé Orquestra Pantasma e Retrouso

Sábado 12
? Festa dos Axóuxeres en Ourense. Parque Barbaña. Ás 12:00
? Festa do rural en Matamá (Vigo): Zurrumalla,...
? XXXV aniversario dos Chaneiros no Paque Eguren (Marín): Os Chaneiros, Anxuiña, Os Berberechiños e Laghareu
? Xose Manuel Budiño no Auditorio de Narón
? Fía na Roca no Fnac da Coruña ás 19:00
? Ruxe-Ruxe en Pontevedra
? Dios Ke Te Crew en Ames
? Os Carunchos en Ribeira
? Lamatumbá en Palas de Rei
? Skarallaos en Culleredo
? Som do Galpóm no Con do Moucho (Illa de Arousa)
? Sonoro Maxín no Vagalume (Salvaterra)
? Ghaitadepedra no Clavicembalo (Lugo)
? Pito de Picasso nas Festas de Conxo (Compostela)
? Festival Foliada (Redondela): Serán mestizo, Herederos del taxi (NB), Os Tres Trebóns (GZ), DJ Can de Palleiro (NB)
? Serán das Tarambainas (Lavadores-Vigo)

Domingo 13
? Festa dos Axóuxeres en Lugo. Horta do Seminario. Ás 12:00
? Festa do rural en Matamá (Vigo): Sete Cuncas, Tarxa,...
? II Festa Nacionalista do Morrazo (lago Castiñeiras, Vilaboa): Leo Arremecághona, Morrazo Jazz Colective, Adonarairare e Na Virada
? Lembranzas da Ría na Festa do Marisco de Vigo (Porto pesqueiro) ás 20:30
? II Foliada de Bribes con Canto Donaire
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-09-2009 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Manuel María na Coruña

HOMENAXE A MANUEL MARÍA:

VERSOS PARA SEMPRE CANTAR: HOMENAXE A MANUEL MARÍA
Teatro Rosalía Castro.
Martes 8 de setembro


Recitado de poemas a cargo de Santiago Fernández e Dores Tembrás e estrea da obra ?AVENTURAS DE DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA?, unha peza dramática de Manuel María, musicada por Nani García e interpretada pola actriz María Inés Cuadrado e o cuarteto de clarinetes ?Xerión?.

Organiza: Concellaría de Cultura e Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Función: 20:30
Entrada: libre até completar capacidade
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-09-2009 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Manuel María en Outeiro de Rei
MEMORIA DA CHAIRA ENTEIRA 2009
Outeiro de Rei, 8 de setembro:

?Memoria da Chaira enteira?
no cabodano de Manuel María

As 15:00 xantar
As 17:00 recital en Penas de Rodas
Ás 18:00 Ofrenda floral no Cemiterio No campo de Santa Sabela, a carón no Miño
Rito da navalla
Recital de poesía e música en Santa Sabela, coa interpretación da obra de Manuel María por Miro Casabella, Mini e Mero, Tino Baz?.?.

Para apuntarse ao xantar (tfno. 646413890)

www.xermolos.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-09-2009 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Planeta Furancho na Radio Galega Música

PLANETA FURANCHO na Radio Galega Música

Este luns 7 de setembro comeza a andaina de PLANETA FURANCHO na Radio Galega Música.

Unha aventura radiofónica que ten como fin a difusión da música feita na terra e que quere ser altofalante, axenda e latexo diario e actual de todo canto acontece no universo musical galego.

PLANETA FURANCHO
Todos os días de luns a venres, de 23.00 a 24.00 na Radio Galega Música.

planetafurancho@crtvg.es

RADIO GALEGA MÚSICA

Pode escoitarse tamén na canle 11 da radio dixital, en Internet e en FM nas seguintes frecuencias:

SANTIAGO 104.2
FERROL 106.3
A CORUÑA 92.1
A COVA (centro.prov.Lugo) 96.6
OURENSE 95.6
LUGO (Capital) 106.2
PONTEVEDRA 101.4
VIGO(Domaio) 90.8
XIABRE(Noia, Cambados) 88.0
XISTRAL 100.2

Agardamos por vos, polos vosos traballos, pola vosa creatividade, pola vosa música e por todo canto poidades achegarnos co voso talento.

Alí estaremos atentos, fascinados e desexosos da vosa compaña.

Apertas ENORMES xente e aquí estamos para o que faga falta !

V. Neira.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-09-2009 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Malmequer protagonista dun artigo na Nosa Terra
www.anosaterra.org/nova/somos-un-grupo-que-gozamos-cos-serans-e-outras-foliadas
Comentarios (8) - Categoría: Novas - Publicado o 04-09-2009 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 4 (Venres)
? Presentación do primeiro disco de Tiruleque no Clube do Mar (A Coruña)
? Pito de Picasso na Baña
? Som do Galpóm na sala sete flores (O Carballiño)
? Snacth na sala Catro Camiños (A Rúa)
? Quempallou na Feira Franca (Pontevedra)
? XXIII Festa da Poesia (Salvaterra): Covalblu, The Turre's Band
? I Serán nas Festas dos Liñares (Canido-Vigo)

Sábado 5
? Roteiro aniversario de Congostra
? Festa dos Axóuxeres na Coruña. Paseo das Pontes. Ás 12:00
? Fía na Roca en Cangas do Morrazo
? Os Carunchos na feira Franca de Pontevedra
? Banda Potemkin no Salón Parroquial (Ponteareas)
? Som do Galpóm no Pub Garufa (A Coruña)
? A Volta do Agro en Muxía ás 20:30. Praza Cabo da Vila.
? Festa da rúa de Baixo (Compostela): Orquestra Pantasma, Grupo Alba e The Homens
? Festival da Serra (A Veiga): A Banda da Balbina, Lolo Arincón, Os Cuchufellos, Faneca Brava e De Carallo
? XXIII Festa da Poesia (Salvaterra): Covalblu, Quempallou, Skárnio, Caldo Verde, Jon Luz, Rebeliom.
? III Serán no parque do Tamuxe en Pías- O Rosal
? III Serán dos callos na Praza do Concello de Salceda de Caselas

Domingo 6
? Festa dos Axóuxeres en Ferrol. Praza da Constitución. Ás 12:00
? Quempallou en Salceda de Caselas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-09-2009 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
E comezan os Seráns
4 de setembro
-I Serán nas Festas dos Liñares (Canido-Vigo)

5 de setembro
-III Serán no parque do Tamuxe en Pías- O Rosal
-III Serán dos callos na Praza do Concello de Salceda de Caselas

12 de setembro
-Serán das Tarambainas (Lavadores-Vigo)

13 de setembro
-II Foliada en Bribes

26 de setembro
-Serán Carballeira (Salceda de Caselas)

2 de outubro
-Seran en Pazos (Pontecaldelas).
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-09-2009 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán dos Liñares (Canido-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-09-2009 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Serán no Parque do Tamuxe (O Rosal)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-09-2009 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Serán dos Callos en Salceda de Caselas
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-09-2009 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Xa están aquí as Festas dos Axóuxeres!

Da man de Eli e Totó viaxaremos en tren, en barco, en globo e tamén nunha nave espacial e así chegaremos ao monte, ao mar, ao aire e ao sol. O obxectivo é atoparmos Pope, o grande amigo de Totó do que temos noticias grazas ao señor Carteiro, un emisario simpático, cariñoso e infatigable que é capaz de repartir cartas nestes insólitos lugares.

Con ritmos de Bluegras, R&B, Soul e Gospel a música será a compañeira da viaxe que comezará en branco e negro e que, pouco a pouco, irá adquirindo e amosando unha variadísima gama de cores.

A Festa dos Axóuxeres é un espectáculo para o teu bebé e para toda a familia. Axóuxeres é a primeira viaxe polas palabras para os cativos da casa. Vermiños, peixes, bolboretas e soles xa agardan por nós. Catro elementos, catro viaxes, catro transportes, catro cores, catro ritmos e catro amigos para aprendermos mil palabras. Vides ben dispostos para cantar, brincar, xogar, falar? A Festa dos Axóuxeres facémola xuntos!

Datas das Festas dos Axóuxeres 2009

-5 de setembro: A Coruña. Paseo das Pontes. Ás 12.00 horas
-6 de setembro: Ferrol. Praza da Constitución. Ás 12.00 horas
-12 de setembro: Ourense. Parque Barbaña. Ás 12.00 horas
-13 de setembro: Lugo. Horta do Seminario. Ás 12.00 horas
-19 de setembro: Pontevedra. Praza da Ferraría. Ás 12.00 horas
-20 de setembro: Vigo. Praza do Rei. 2 funcións: ás 12.00 e ás 17.30 horas
-26 de setembro: Santiago de Compostela. Igrexa de Santa Susana (Alameda). 2 funcións: ás 12.00 e ás 17.30 horas

www.xunta.es/linguagalega/axouxeres
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-09-2009 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Festival Folclórico de Baiña (Baiona)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-09-2009 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
Aniversario de Congostra

Os amigos de Congostra están de aniversario

PATEADA N º 98 (VIII ANIVERSARIO)

Sábado 5 de Setembro Pateada: Illa de Ons.


Para celebrar os primeiros 8 aniños de Congostra imos facer un divertimento sabático ao que te convidamos, especialmente se hai tempo que non nos visitas.

Visita a Ons.
Camiños sen dificultade, viaxe en barco, cañas e baños.Pola noite teremos cea e festorra á que hai que se apuntar como data tope o 29 de Agosto. Naturalmente, coma sempre, podes ir á pateada, á cea ou, preferiblemente, a ambos.

Saída: Na saída dos barcos para Ons na estación marítima de Bueu ás 9,45.

Percorrido: Varios círculos

Duración aproximada: 6 Horas

Dificultade: Baixa

Lugares de Interese: Furna do Burato do Inferno, praia de Melide, faro, porto, paisaxes.

Organización: Tentaremos ir no barco das 10 e volver no das 8 da tarde para pasar todo o día na illa.

Para a cea apuntarse antes do 29 de Agosto no tf: 670 886 272 (Miguel Carbó)

www.congostra-vigo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 04-09-2009 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Os Tiruleques presentan o seu primeiro disco
O vindeiro venres 4 de Setembro ás 22:30h. Tiruleque presentará no Club del Mar de A Coruña o seu primeiro traballo discográfico. A entrada será de balde.

O Club del Mar está xunto á praia de San Amaro e moi perto do barrio de ADORMIDERAS, perto do paseo marítimo da zona da Torre de Hércules.

Queremos que sexa un concerto especial, polo que haberá algunha sorpresiña preparada para tod@s @s asistentes ó evento...Non dicimos máis...!!! Na web xa podedes ollar un contador de días, horas, minutos e segundos porque a gran cita xa está aí...lumeeeeeeeeeeeeeeeee...!!!

Unha aperta dos Tiruleques

www.tiruleque.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 04-09-2009 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
XXIII Festival da Poesía no Condado

PROGRAMA DO XXIII FESTIVAL DA POESIA NO CONDADO

4 e 5 de setembro 2009. salvaterra de minho.

Sexta-feira 4 de Setembro

19.30 Apertura de exposiçons
Covas de Dona Urraca / CASA DO CONDE
Pintura
Fotografia

20.15 Audiovisual
COVAS DE DONA URRACA
Mulheres da Raia
Diana Gonçalves

22.30 Noite galega
Covas de Dona Urraca
Covalblu
23.30
Turres Band
Caldo verde
e festa rachada


-Aforo limitado
-Entrada 10 ?
- Reserva de bilhetes:
info@scdcondado.org ou 986 658 036

Sábado 5 de Setembro

11,30 Marcha popular
Sur do Condado
Comboio de baixa velocidade

12.00 Aberto de bilharda
Feira popular: colectivos e artesanato
ZONA DAS MURALHAS

13.00 Palestra com representantes sindicais
casa do conde

17.00 Festa Infantil
Obradoiros e animaçom
- Paula Carballeira
- Obradoiro de maquilhagem
ZONA DAS MURALHAS

19.00 Audiovisual
COVAS DE DONA URRACA
Curtas premiadas no Festival de Cans
"Por nada" de Dani de la Torre
"O pintor de ceos" de Jorge Morais
"Uruguay 2030" de Rafa de los Arcos
"The Werepig" de Sam Ortí

20.30 FESTIVAL POÉTICO-MUSICAL
ZONA DAS MURALHAS

- Apresenta: Carlos Blanco

POETAS - Anxo Angueira
- Xabier Xil
- Susana S. Aríns
- J. Alberte Corral
- David Pobra
- Mario Regueira
- Dores Tembrás
- Carlos Santiago
- Brais Gonzlález
- Manolo Pipas
- Alberte Momán
- Filipa Leal
- Oscar Mourave

GRUPOS
- Covalblu
- Quempallou
- Skacha
- Jon Luz (Cabo Verde)
- Rebeliom (Hip-hop + Dj's)



Serviços
- Zona de campismo
- Duches

www.scdcondado.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-09-2009 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Festas da rúa de baixo (Compostela)

NA SEMANA DO 1 AO 5 DE SETEMBRO NA RUA DE BAIXO (rua espiritu santo)

NOM PODEM FALTAR!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-09-2009 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Mesoiro Rock&Folc (A Coruña)
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-09-2009 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición da Coral ^De Ruada^ en Ourense

O Centro Cultural Simeón da Deputación de Ourense acolle a inauguración oficial da exposición 'Sete voces para a Coral De Ruada' o xoves 3 de setembro ás 20.00 horas.

A mostra, que se enmarca dentro dos actos de celebración do 90 aniversario da emblemática Coral ourensá, permanecerá aberta ao público desde o día 1 e até o 27 de setembro no Centro Simeón.

'Sete voces para a Coral De Ruada' nace a partir dos fondos propios da Coral, do seu significado histórico e do seu alcance actual. Presenta unha viaxe polas apaixonantes memorias da agrupación narrada a través de sete palabras que definen a esencia de De Ruada: Palabra, Movemento, Innovación, Galeguismo, Talento, Momentos, Legado.

Os obxectos máis relevantes obtidos e custodiados pola Coral nos últimos 90 anos, os cadros e obras de artistas relacionados con De Ruada, a proxección dun audiovisual e unha zona interactiva onde se poderán escoitar algúns dos temas fundamentais do repertorio da Coral conforman esta exposición que, en definitiva, é unha homenaxe ao valioso traballo realizado por De Ruada e por todas as persoas que xenerosamente contribuíron e contribúen a dignificar a nosa cultura desde Ourense.

Con 90 anos de historia, a Coral de Ruada representa un sólido símbolo de identidade non só na memoria colectiva de todos os ourensáns, senón tamén dentro da nómina privilexiada dos grandes coros galegos. Desde a súa presentación oficial o 24 de xuño de 1919 e até a actualidade, a Coral vén desenvolvendo un inxente e extraordinario labor, que a consagrou xa como unha entidade clave na defensa e recuperación da cultura musical popular.

Centro Cultural Simeón
Rúa Progreso, 30
32003, Ourense
988 385 222

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2009 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista á Banda da Balbina
A banda da Balbina xa está a preparar actuacións en directo e mesmo un disco co seu inconfundíbel estilo festeiro.

A banda da Balbina, grupo formado nos Ánxeles, en Brión, como xa sabe todo o país, gañou a cuarta edición de A Polo Ghit co seu tema O fillo do mar. A voz de Balbina pona Silvia Cerneira, de Valga, mentres que a súa parella, Ramón Raíndo, da Pobra do Caramiñal, achega a parte musical. Con el falamos do seu éxito e do futuro inmediato da banda.


Como naceu A banda da Balbina?
Eu fago a música e Balbina as letras, pero tamén hai outros músicos (Roque José Cancocker, Pablo Barge e Manel López) que colaboran connosco. A banda xurdiu practicamente do A Polo Ghit. O ano pasado presentamos Estomballada e este O fillo do mar, que ao final gañou. Ademais, a banda foi algo que creamos para poder tocar en directo. Os dous traballamos en orquestras, e eu ademais teño estudos clásicos e de jazz.

E como recibiron a nova da vitoria do certame?
Recibimos a noticia con alegría. Non contabamos con gañar, aínda que este anos viámono con máis posibilidades.

E como valoran a calidade do resto dos temas que participaron? Como está a evolucionar o concurso?
Este ano o nivel en calidade musical estaba un pouco mellor, aínda que houbo menos participantes. En xeral, a produción e a calidade de son melloraron. Creo que o concurso vai mellorando en cada edición.

E que será a partir de agora da banda da Balbina?
Temos en proxecto facer un disco enteiro, a ver que sae. Tentarémolo mover por aí.

Estaban afeitos a tocar con este estilo tan festeiro?
É máis ben por Silvia, que é moi verbeneira. Eu adapteime a ese estilo que lle gustaba a ela. Aínda que eu tamén participei noutros dos temas que se mandaron a A Polo Ghit, pero deste estilo, é a única.

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2009 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición permanente de instrumentos musicais en Lugo
O Centro de Artesanía de Lugo inaugura unha exposición permanente de instrumentos musicais

O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a vicepresidenta segunda, Lara Méndez, inauguraron este xoves a exposición permanente de instrumentos musicais do Centro de Artesanía e Deseño, dependente do organismo provincial, unha mostra que recolle practicamente a historia da música en Lugo.


En total máis dun cento de persoas asistiron a esta inauguración na que a vicepresidenta segunda amosou a súa satisfacción por abrir ó público unha mostra de incalculable valor, na que tamén se poden atopar distintas réplicas dos instrumentos que figuran no pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela. Precisamente, a exposición contén un boceto do pórtico realizado ó 50% do tamaño real, elemento que supón unha fonte de investigación para os artesáns musicais.

A colección está formada por 402 pezas, das que máis da metade foron feitas por particulares, 95 de produción propia, 60 doazóns, 39 recuperadas da antiga sección de música do Museo provincial e outras dúas que foron adquiridas recentemente pola Deputación: unha gaita de Faustino Santalices e unha zanfona construída polos ex directores deste obradoiro Jesús Pérez e Antón Corral. Ademais, Oliverio Álvarez López doou unha trompa de boca.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2009 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Gaiteiros no aniversario dun grande gaiteiro
Susana Seivane actúa nunha residencia de maiores para un gaiteiro que hoxe cumpre cen anos
Francisco Paradela, que empezou a tocar antes da guerra, percorreu coa súa música varios países


Tocaba a gaita antes da guerra. Francisco, Farruco , Paco , Paradela Rodríguez (A Coruña, 3 de setembro de 1909) é un dos míticos gaiteiros galegos. Hoxe chega ao século de vida e a súa avanzada idade xa non lle permite tocar unha muiñeira como fixo durante décadas por Galicia e polo mundo adiante. Onte recibiu a visita de varios gaiteiros como Pepe Cedo, que durante moito tempo traballou con el; Raúl Barbeito ou a mismísima Susana Seivane, que tocou dúas pezas como agasallo de aniversario. «Apenas oe», apunta Alejandra Fontela, directora da coruñesa residencia Pai Rubinos, onde vive desde o ano 2002. As súas limitacións de audición fixeron difícil que entendese o que lle comentaron os outros músicos, pero cando a gaita da neta de Xosé Manuel Seivane empezou a soar moveu os dedos como querendo tocar o instrumento que lle acompañou en xiras por Cuba, Brasil ou Arxentina a mediados do século pasado. Finalmente, Paradela esbozou un sorriso.

«Saboreaba as notas, era moi sentimental. É solteiro, pero pode dicirse que estaba casado coa gaita», recorda Cedo, descendente dos fundadores do grupo Os Tempranos de Eirís, cos que tamén tocou Paradela en 1934. Formou parte de Cantigas dá Terra, do grupo da sección feminina, de Follas Novas e compuxo algunhas pezas que forman parte do folclore galego. Traballou nunha fábrica de calzado e de pintor no Concello coruñés e chegou a gravar dous discos a finais dos cincuenta. Pertence a unha xeración lonxeva da que forma parte outro mito da gaita, Emilio Corral , que o ano que vén tamén se converterá en gaiteiro centenario.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2009 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado da Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán
Rematada a festividade de San Ramón e ante as non respostas e confirmacións oportunas por parte dos organismos oficiais dos apoios económicos que aportarían para esta 19ª edición e poder así celebrala en outubro, a Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán, logo de 18 anos ininterrompidos, lamenta COMUNICAR que, a pesar das inmensas xestións realizadas para subsanar esta anomalía, o 19º Concurso Internacional de Gaita Galega ?Constantino Bellón? non se celebrará no ano 2009.

Así mesmo e, polo respecto absoluto que se merecen os participantes, resolvemos DEVOLVER os traballos presentados polos concursantes para esta 19ª edición, xa que entendemos que logo dos esforzos e tempo que supón prepararse para poder participar neste Concurso Internacional, manter bloqueadas os meses que sexa as partituras presentadas non seria de xustiza.

Por outra banda, alertar a todos os membros do colectivo cultural galego de que a perda, aínda que só temporal, de plataformas de expresión cultural como o ?Concurso Internacional de Gaita Galega Constantino Bellón? son totalmente inxustificables; e que os apoios institucionais son imprescindibles máis que nunca nestes tempos de dificultades económicas.

A Xunta Directiva do ATENEO FERROLÁN
FERROL a 1 de setembro de 2009

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-09-2009 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Susana Seivane
?Nesta obra quixen homenaxear a Milladoiro e Moxenas, un gaiteiro que compuxo pezas que son un auténtico tesouro?

A gaiteira Susana Seivane vén de editar o seu cuarto traballo discográfico, titulado Soños que volven. A artista cumpre durante este ano a súa primeira década no mundo da música.


?Realiza nesta obra unha homenaxe ao gaiteiro Monexas e ao grupo Milladoiro. Son dous referentes, un da tradición e outro do folk. Ter unha mestura deles sobre un escenario sería o ideal?
?Sería unha mestura perfecta. Os Milladoiro son toda unha institución e un referente, mentres Moxenas quizais non sexa coñecido para o gran público, pero foi un gran gaiteiro e como compositor deixou auténticos tesouros. Eu cheguei a tocar con el. Era un home moi divertido.

?Todo o álbum contén pezas tradicionais, con arranxos de vostede e compoñentes da banda. Foi algo circunstancial ou no futuro afastarase das composicións orixinais que había nos seus anteriores discos?
?É algo circunstancial. A idea é continuarmos coa dinámica dos anteriores traballos. Hai anos que pretendía facer este Soños que volven, con pezas que significaron algo na miña vida e xuntei máis de duascentas, polo que moitísimas ficaron fóra do disco. Son as melodías coas que eu medrei e considéroas grandes clásicos da nosa música.

?Tamén adica unha peza á cidade da Coruña
?Nun principio ía pór nomes doutras localidades que significaron algo para min a algúns temas, pero logo desboteino e mantiven a homenaxe á Coruña, o lugar que tan ben me acolleu cando cheguei a esta terra. Ademais no medio desa peza hai unhas coplas que fan mención á cidade.

?O novidoso neste cuarto disco é a incorporación nalgunha peza dunha sección de metais. Como xurdiu esta colaboración?
?Todo foi a raíz da presenza de Pedro Lamas na miña banda. Apetecíame meter en dous temas toda a alegría e dinamismo que dan os metais. Aportan algo diferente e gustoume o resultado. Ao mellor volvo contar con eles.

?A súa presenza como cantante aumenta respecto a anteriores traballos. A que é debido?
?Eu non son cantante senón gaiteira, pero as miñas compañeiras de profesión animáronme a facelo e iso fixo que me lanzase. Veño cantando dende o primeiro disco e fágoo sempre con moito agarimo. É moi agradecido, pásoo ben, descanso un pouco da gaita e creo que é algo que o público agradece e así pode ser máis participativo cantando os temas.

?Cales foron os soños musicais que fuxiron, os que volveron e os que lle quedan por cumprir?
?Os que volven son estes, os do disco, os que eu quería que estivesen de volta. Fuxir creo que non o fixo ningún porque en todos os discos tentei facer o que tiña na miña cabeza. E os soños por cumprir son os de seguir adiante, como foi acontecendo nestes dez anos de andaina profesional.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2009 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Cristina Pato e Xose Manuel Budiño
Fronte ás crises da economía e da industria do disco e ao baixón do folk, dúas das figuras máis sobranceiras da nosa música cimentan o seu presente nas xiras por todo o mundo e na procura de novos camiños

Coñecéronse hai dez anos nos tellados da catedral de Santiago na gravación dunha actuación que formaba parte dun programa de televisións de todo o mundo para celebrar o cambio de milenio. Cristina Pato lembra que pasaran moito frío. Xosé Manuel Budiño, que saíron ao aire no mellor momento, arredor da medianoite. Pero poucas ocasións teñen de verse ou de «interactuar». A oportunidade bríndallela a desculpa deste encontro no hotel Porta do Camiño de Santiago. Ela chega desde Ourense e el faino desde a pontevedresa Moaña. Falangueira e alegre, a gaiteira eleva desde o comezo o ton divertido da conversa entre colegas. Todo o mundo e todas as músicas sen fronteiras resumen o seu soño.

Pregunta. Grazas por aceptar este encontro cando se supón que estamos nuns meses de moito traballo para vós.
Cristina Pato. Esta é a época forte, pero xa houbo anos mellores.
Xosé Manuel Budiño. A cousa depende do traballo que teñas entre mans. No momento no que estás cun proxecto discográfico xa non estás xirando. E cando ese traballo se vai facendo «vello», pois estás facendo outras cousas máis que estar de xira.

P. Coa crise xeral e a do disco, ¿o directo é a mellor opción?
X.?M.?B. Cos discos está a cambiar todo a marchas forzadas. Antes necesitabámolo para estar xirando, pero agora non precisas ese soporte físico nas tendas: estás de xira continuamente, metido de cote no allo. Pode ser que se volva ao de gravar un tema, dous temas ou tres, como se facía nos setenta; facer singles e colgalos na Internet ou recorrer a corenta mil películas que agora nos parecen inviables. Pero de aquí a catro ou cinco anos estaremos a falar, seguro, doutra historia.
C.?P. A min o que me mantén a flote son precisamente as xiras. Eu agora estou cunha discográfica máis pequena, pero xa cando estaba coa que comecei, que era relativamente grande, por moito que vendese, a porcentaxe dos discos que me chegaba era non ridícula, pero case. Manteste cos concertos e o disco é como unha especie de pasaporte que che permite facer xiras todos os anos e manterte a flote. Pero é unha loita constante. Sobre todo desde que comezou a crise. A industria non atopa o formato axeitado para lanzar música e están todos loitando a ver que podemos sacar: que se un DVD, que se unha caixa... é como cando os xornais ofrecen pelotas de tenis.
X.?M.?B. É curioso ademais que se está entrando noutra dinámica das grandes discográficas, que están fichando os artistas non só para facer discos, senón para utilizalos como a súa axencia de management .

P. ¿Cal é o futuro do noso folk neste contexto de cambio?
C.?P. Por un lado está a crise da industria discográfica; por outro, a xeral da economía e, ademais, temos un pequeno baixón do folk galego. Sempre se fala do bum que houbo nos noventa, eses catro anos nos que saímos máis ou menos todos (non de golpe, porque tanto Budiño, coma min, coma Carlos Núñez... xa viñamos de grupos anteriores). Foi un momento propicio e deuse o apoio adecuado para sacar unha nova fornada de folk galego. Quizais agora estamos nun momento manso desa onda e a mestura das crises fai que o futuro da música galega sexa... non sei...
X.?M.?B. Eu sempre creo máis no traballo particular de cada grupo, de cada músico, que dun movemento colectivo. ¿Que está pasando co folk galego? Realmente non o sei. O que me interesan son certos proxectos ou certos músicos cunha visión moi particular que perseguen facer sentir emocións ao público. E iso podes acadalo nun momento cunha banda como Nova Galega de Danza, que me fascina, como poden facelo Mercedes Peón ou Xoel López con pop-rock desde calquera parte do mundo (de feito está a viaxar por todo o mundo). Sempre que o músico transmita algo, eu voume de cabeza con el. Hai un par de días estaba colaborando con músicos de jazz que me parece incrible que me convidasen, como Jorge Pardo, Max Sunyer, Salvador Nieba..., e estar compartindo con eles un concerto foi algo para min marabilloso.
C.?P. Claro, iso é o máis bonito que lle puido pasar á gaita galega. Grazas a toda esta moda que veu a finais dos noventa, tivo a oportunidade de converterse nun instrumento máis. Budiño e mais eu quizais sexamos o que sae máis do común, porque somos galegos, tocamos un instrumento galego, pero eu veño da formación clásica e os meus gustos van desde Shostakóvich ata Red Hot Chili Peppers. E esa perspectiva é coa que intentas mirar o teu instrumento. Falamos do jazz e a metade do meu próximo disco foi gravado en Nova York cun trío de jazz (acordeón, contrabaixo e batería) con Víctor Prieto, que é un músico galego. Esa mestura da gaita galega que é ademais unha gaita en sol, con jazz urbanita (o de Víctor non é jazz propiamente dito), é unha mestura un pouco rara, pero que funciona. ¿Por que lle temos que poñer límites á gaita?

P. ¿E como é o novo traballo de Budiño?
X.?M.?B. Estou nun proxecto complicado porque move moita xente. Distinto, pero que me apetecía moito. No último concerto, en Ortigueira, estiveron os de Casa de Tolos, que leva Segundo Grandío, co seu equipo de audio e con vídeo. Algún dos temas formará parte do novo proxecto, que xa non será un disco. Teño outra cousa metida na cabeza que pode ser algo como unha película. Apetéceme moito a idea de poñerlle imaxe á miña música. Un proxecto xogando coas imaxes, coas xiras que estiven facendo estes dous últimos anos por catro continentes. Con videocreación, baile, percusión galega. Estamos aínda dándolle forma, pero sairá no 2010.

Pequenas discográficas ofrecen coa Internet liberdade e eficacia
Os gaiteiros pensan que as subvencións deben limitarse a proxectos concretos


«Quizais hoxe é máis complicado sacar un disco como gaiteira solista e que teña repercusión. Incluso, indo máis lonxe, hoxe é difícil lanzar un disco e que teña repercusión se non es Shakira, ou Madonna, ou calquera gran estrela con grandes soportes», afirma Cristina Pato. Na súa opinión, «o disco perdeu o encanto. No meu caso converteuse nunha ferramenta, nun pasaporte, nunha escusa que che permite seguir innovando».

P. Mais os substitutos en Internet, lonxe de ser unha axuda, son unha aposta polo global, onde é moito máis difícil facerse ver.
X.?M.?B. É complicado porque hai moitos intereses e páxinas... pero tamén temos aí unha arma de traballo para a venda de discos. O último meu, Home , fíxeno cunha compañía galega, Falcatruada, que me pareceu a máis axeitada para lanzar o produto. Un día antes de saír ao mercado o disco físico nas tendas, xa estaba colgado na Internet nas principais tendas de venda e dispoñible para todo o mundo. Calquera persoa en Xapón ou no Líbano podía comprar un disco, mercar unha canción, escoitar trinta segundos... parecíame a forma máis axeitada para darlle saída a ese disco. De feito, prefería unha compañía como esta con xente nova que estivese currando a por todas ca unha multinacional. Eu vivín a experiencia de estar nunha, atoparme tocando, por exemplo, en Bélxica e os discos non estar nas tendas. Necesitas trámites, burocracias e ao mellor tres ou catro meses para que o traballo chegue fisicamente cando ti xa fuches tocar dúas ou tres veces. Non ten moito sentido.
C.?P. Eu volvín á miña antiga casa discográfica, a Zouma Récords. É un regreso ao control absoluto do proxecto. Considero este como o meu primeiro disco en solitario, pensado para min mesma, que vivo en Nova York e en Ourense ao mesmo tempo, porque aínda que paso catro meses ao ano aquí e o resto aló, ao remate sempre estou nos dous sitios. O traballo pretende reflectir iso. Farase un lanzamento dobre en Estados Unidos e aquí, e por suposto na Internet, que é o futuro en todos os sentidos. Para min, se hai algo que non poida meter no meu iPod, non o levo. É unha cuestión de comodidade.

P. O feito de estar fóra e facer xiras ¿que lles aporta?
C.?P. A min cambioumo todo. Foi estar no momento xusto no lugar indicado. Conseguín a carta de liberdade da miña compañía discográfica xusto cando me din conta de que me estaba convertendo en funcionaria de min mesma. Decidín retomar os meus estudos de piano clásico e marchei a Estados Unidos para facer o doutoramento. É algo fascinante o que che dá vivir alí, e a perspectiva e a valoración do que é o produto galego. Vivo Galicia quizais con máis ilusión que cando estaba aquí.
X.?M.?B. Eu teño moi presente esa sensación dos que ían nos anos vinte sen nada porque meu avó paterno foi unha desas persoas e estivo traballando alí tres anos. Teño esa espiña de visitar Nova York, a onde nunca fun. Canto máis viaxas máis tes os pés na terra. Cando chego á casa é cando máis necesito meterme na música tradicional e afondar aí para compoñer cousas novas.

P. ¿Como valoran os apoios institucionais?
X.?M.?B. Eu penso sobre todo no exemplo de países como Irlanda ou Escocia, que están moi pendentes da súa cultura e que saben que unha das maiores entradas de divisas para eles son a música e a Guinness. E apoian moitísimo proxectos concretos moi interesantes.
C.?P. É unha arma de dobre gume. Que en Galicia se vaian afacendo os grupos a vivir das institucións é un problema porque iso acaba coa cultura e coa personalidade. Cando vives de cartos que non son teus, tes que adaptarte a quen chos dá. O meu soño é ser totalmente independente.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2009 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
Os regueifeiros no Alalá

Hoxe, martes, día 01/09/2009

Esta semana "Alalá" recupera a entrega en que compartiu unha foliada con catro regueifeiros: Pinto de Herbón, Luís Caruncho, Benito Lobariñas e Augusto Canario; catro mestres da retranca que van explicar os segredos desta loita dialéctica de longa tradición en Galicia.


Ademais as cámaras do programa achegáronse ás súas vivencias particulares para intentar coñecelos "de cerca": os espectadores da TVG verán a Pinto "en familia" e no seu oficio de pementeiro; tamén se trasladaron ata Viana do Castelo para ver onde vive e onde se inspira Augusto Canario, un dos artistas máis populares do norte de Portugal; "Alalá" tamén se achegou ata unha clase de música con Luís Caruncho, quen despois descubrirá, xunto co seu amigo Benito Lobariñas, cal é a mellor receita para un licor - café exquisito, unha receita que nos ensinarán en forma de regueifa.

Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 01-09-2009 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Skacha actuará no festival do Condado

Substitúe a Skárnio

A lesión dun dos membros do grupo Skárnio obrigou á organización do Festival de Poesía do Condado a cambiar o concerto desta formación polo dos vigueses Skacha, seareiros do punk-rock.

Skacha vai facer a súa actuación dentro do programa do Festival Poético Musical, que se celebra este sábado, a partir das nove da noite, cun cartel que inclúe a Covalblu, Quempallou e Jon Luz.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-09-2009 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores do A Polo Ghit 2009!!!
A Banda Da Balbina é o gañador do A Polo Ghit 2009 co seu tema "O Fillo do Mar"

Os grupos finalistas, ordenados segundo a puntuación recibida polo xurado, foron:


1. O Fillo do Mar, de A Banda Balbina
2. Tirapalá, de Faneca Brava
3. Astronauta, de Sínefres
4. A Festa Total, de Festicultores Troupe
5 Xoán, de Alumetes
6. Ponme unha birriña, de Rumbongo Band
7.Don Quixote 2009, de Fachenda Galega
8. Perfecta, de As Garotas
9. Un día puideches reinar, de Labazada
10. Lonxe da praia, de Lolo Arincón




Morreume a vella da casa
Deixome un gran caudal
Vendín montes, vendín leiras
Acabouse o comer mal

Puxen tetas, merquei trapos,
Lighei cun da capital
Conduzo un "descapotable"
E paguei todo na man

Pasaron un par de anos
De vivir a todo tren
Un día chegha un fulano
Co aboghado e cun papel

Era un fillo da María
Que quería o seu pastel
Aghora non teño cartos
Non sei que lle vou facer

Cagho no demo da vella
Agora como vou paghar
Quen sabía que de solteira
Tivera un fillo da mar

Quitoume a casa
Quitoume o coche
Quitoume as tetas e algo máis
Aghora non teño nada
So me queda traballar

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-09-2009 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0