Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Video resume do Concurso de Baile Xacarandaina 2009
O resultado final da Categoría D (maiores 17 anos)
1º- C.C. A Ponte Vella de Reis
2º- A.C. Os Muiños de Oliveira de Ponteareas
3º- "Repenicoque" da A.X. Xiradela de Arteixo

Comentarios (6) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-09-2009 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 21 (luns)

Terza feira 22 (Martes)

Corta feira 23 (Mércores)
? Guezos na Fábrica de Chocolate (Vigo)

Quinta feira 24 (Xoves)
? Banda Potenkim no Auriense (Ourense)

Sexta feira 25 (Venres)
? Snatch na sala Contrabajo (Vigo)
? Os Cuchufellos no Folion das Fachas (Vilelos)
? Covalblú presenta "Mai", no Auditorio do C. C. Caixanova de Vigo ás 22:30
? Fervesteiro (Ferrol): Ataque escampe, Bulldozers

Sábado 26
? Festa dos Axóuxeres en Santiago de Compostela. Igrexa de Santa Susana (Alameda) ás 12.00 e ás 17.30
? Xornadas de Portas Abertas da AFC O Fiadeiro (Vigo)
? Som do Galpóm no Pub Leblon (Pontecaldelas)
? Nordestin@s en Marín
? Pepe Vaamonde Grupo ás 23:00 na Cúpula (Monterroso)
? Treixadura en Trabanca Badiña (Vilagarcía de Arousa)
? Sem Resposta e Unhazo na Sala Havana (Vigo)
? Festival SOS Massó (Cangas do Morrazo): Dios Ke Te CRew, Sonoro Maxín,...
? Fervesteiro (Ferrol): Motor Perkins, Skarallados e Mongollica
? III Festival Zumbanocoiro (Lugo): A Volta do Agro, Bouba Pandereteiras, O Tear de Llerena e A Gaita de Sarandón
? Serán Carballeira (Picoña-Salceda de Caselas)

Domingo 27
? Xornadas de Portas Abertas da AFC O Fiadeiro (Vigo)
? Fainoti no Aturuxo (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-09-2009 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán Carballeira (Picoña-Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 21-09-2009 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
III Festival Zumbanocoiro (Lugo)
Benqueridos compañeiros e compañeiras, o Obradoiro de Cultura Tradicional "A Volta do Agro" organiza o sábado 26 de Setembro o III Zumbanocoiro.

Trátase dun festival de música tradicional no que participarán:

- "A Volta do Agro" (Lugo)
- "Bouba pandereteiras" (Tordoia),
- "O Tear de Llerena" (Pontevedra)
- "A Gaita de Sarandón" (Vedra).


Os concertos comezarán ás 19:00h na Praza do Campo Castelo.

Estades todos convidados a facer unha visita a Lugo e botar uns bailiños!
Agardámosvos!
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-09-2009 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Fervesteiro (Ferrol)


www.fervesteiro.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-09-2009 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Folión de Fachas (Vilelos)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-09-2009 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Festival SOS MASSÓ (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-09-2009 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 18 (Venres)
? Dandy Fever na Sala Zona Cero (Caldas de Reis)
? Capitán Furilo na Sala Contrabajo (Vigo)
? Ataque Escampe en Esteiro (Ferrol)
? Som do Galpóm no Marrucho (Baiona)
? Marful, Snatch,... no Circulo das Artes de Lugo
? Festival Nicrarock (Negreira): Banda Potenkim, Os Trasnos de Moscoso, kaña d´herbas,...
? Festival Reperkusión (Allariz): Festicultores Troupe, Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra, Bodega Bodega
? Festival Meigas Fora (Ordes): Dios Ke Te Crew, Zënzar, Invivo, Kastomá...
? I Foliada de Verán en Cecebre

Sábado 19
? Festa dos Axóuxeres en Pontevedra. Praza da Ferraría. Ás 12:00
? Xornada de Campás e Campaneiros en Pazos de Borbén
? Xornada de Deportes Poupulares en Fornelos de Montes
? Gala "O Fiadeiro" no Auditorio Municipal de Valga
? Milladoiro no Porriño
? Sonoro Maxín en Rairiz de Veiga (Ourense)
? Banda Potenkim no Salón Parroquial (Ponteareas)
? Dandy Fever e Taru no Garufa (A Coruña)
? Festival Reperkusión (Allariz): A Tuna Rastafari, Fanfare Ciocarlia, Funky Style Brass, GigoElectro Brass,...
? Festival da Lingua na Praza da Leña (A Coruña): Dios Ke Te CRew, A Quenlla e Fracasados de Antemano

Domingo 20
? Festa dos Axóuxeres en Vigo. Praza do Rei. 2 funcións: ás 12:00 e ás 17:30
? XLII Concurso de Gaitas de Ponteareas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-09-2009 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada de verán (Cecebre)
Qué mellor xeito de ir despedindo a tempada deste verán 2009 que cunha nova foliada?.

Os "Gaiteiros de Cecebre" de Pedro Lamas sempre estamos a pensar nunha vinveira foliada que organizar. Vainos a boa festa, o mesmiño que a tod@s @s amig@s que asisitiron e participaron nas anteriores edicións: a Nosa Música, o Noso Baile, risas, material para referescar as gorxas e festa sana da boa... ¡Somos así!.
De xeito que, seguindo o noso costume estacional xa establecido, convidámosvos a esta nova foliada:

¡A "I FOLIADA DE VERÁN EN CECEBRE"!.

Lembraredes que o motivo principal destas foliadas é a recuperación da Nosa Música nas terras de Cecebre (Cambre-A Coruña). É por isto que sempre agradecemos infinitamente a vosa meirande presencia e participación, xa que de non ser polo voso apoio a cousa xa non sería o mesmo. De feito o vindeiro Nadal cumpriremos o primeiro ano desta iniciativa.
Por todo isto:

¡MOITAS GRACIAS A TOD@S POR TOMARES PARTE, COMPAÑEIR@S! (e moita festa tamén) ;)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-09-2009 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da Lingua (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-09-2009 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
VI Festival Meigas Fora (Ordes)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-09-2009 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Nicrarock 2009 (Negreira)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-09-2009 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Reperkusión'09 (Allariz)
Programa de Reperkusión'09

Venres 18 de Setembro:

Casco vello:
18:00h - Mercadiño na Praza do Concello
19:00h - De Gorra na Praza de Abaixo

Campo de Vilanova:
22:00h - Apertura de portas
23:00h - Concertos:
-Festicultores Troupe
-Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra
-Bodega Bodega

-Dj Andyloop
-Dj Mister & Txanprax (Electroroots)


Sábado 19 de Setembro:

Casco Vello:
12:00h ? Mercadiño na Praza do Concello
12:00h ? De Gorra na Praza de Abaixo
18:00h ? De Gorra na Praza de Abaixo
21:00h ? Cabaré Renegade na Praza de Abaixo

Praia de Acearrica:
12:00h - Obradoiros
14:00h - Comidas
14:00h - Cé Orquestra Pantasma
16:00h - Obradoiros
16:00h - Campionato de VoleiMazas
17:00h - Magnifique Bande dos Homes Sen Medo
18:00h - Arremecaghona´s Producións
19:00h - Confusion
20:00h - beatmac
21:00h - Magnifique Bande dos Homes Sen Medo


Campo de Vilanova:
22:00h - Apertura de portas
23:00h - Concertos:
-A Tuna Rastafari
-Fanfare Ciocarlia
-Funky Style Brass
-GigoElectro Brass
-Dj Floro
-Mr. Fishman a.k.a Dr. Think


Domingo 20 de Setembro:

Casco Vello:
12:00h ? Mercadiño na Praza do Concello
12:00h ? De Gorra na Praza de Abaixo
18:00h ? De Gorra na Praza de Abaixo

Praia de Acearrica:
12:00h - Obradoiros
14:00h - Comidas
14:00h - Os PerQtores
16:00h - Olimpiadas de Malabares
18:00h - Os PerQtores
19:00h - Afrofunk Group
20:30h - beatmac
21:30h - Dj Benas
23:00h - Atomic Dj´s


www.reperkusion.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-09-2009 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro SOS A Groba (Baiona)
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 18-09-2009 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
«El Cancioneiro d?Alonso» recupera a música da zona Eo-Navia
O venres 18 de setembro está prevista a presentación do libro titulado "El Cancioneiro d?Alonso", no Auditorio das Quintas (21:30 horas), na Caridá (El Franco).

Os seus autores, Martín Pérez Álvarez e Orlando González Quintana, recopilan e ordenan un feixe de partituras dos irmáns Alonso (Juan e Francisco), músicos moi coñecidos de primeiros do s. XX na terra de entre os ríos Navia e Eo.

O Cancioneiro d?Alonso ten como finalidade recuperar toda esta música caseque esquecida. A presentación vaise facer dun xeito real ao xuntar o novo co vello, o moderno co tradicional, cunha serie de actuacións onde van participar a Orquesta Osnola (a última banda saida da familia Alonso) e músicos dalgunhas formacións folk asturianas, como por exemplo La Bandina?l Tombo, DRD, Tuenda, Cádaba ou Mezá. Todes elas con súas características moi parecidas en canto ao seu concepto musical: xeralmente pequenas, apegadas á tradición e de carácter acústico, e as dúas últimas xurdidas nos concellos máis occidentais de Asturias.
Todos os músicos van interpretar pezas que aparecen no libro, facendo que volvan soar esas melodías caseque esquecidas.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-09-2009 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Campás e Campaneiros
NOVAS XORNADAS DE CAMPÁS E CAMPANEIROS
19 de Setembro do 2009

IGREXA PARROQUIAL DE PAZOS DE BORBEN - PONTEVEDRA



ACTIVIDADES:

?17.00 h repique de Campás, chamamento aos participantes pro inicio das actividades
Presentación do libro ?CAMPAS E CAMPANEIROS? por parte do seu autor o Etnógrafo Xerardo Dasairas.

?17.30 h . DEMOSTRACIÓN DOS DIFERENTES SINAIS E TOQUES de campás por Lino Míguez e Andrés Ferreira, campaneiros de Pazos de Borbén.
?18.00 h ?Campanario aberto PRA CAMPANEIROS?, repiques de diferentes zonas e lugares.
?18.30 h ?Campanario aberto PROS ASISTENTES, prácticas coas campás.
?19.30 h ACTUACIÓN do grupo de música tradicional Os Chichisos.

?Todos os toques e sinais serán gravados polo colectivo ESCOITAR
?Colabora D. Jaime, párroco de Pazos de Borbén
ACTIVIDADES ABERTAS A TÓDOLOS PÚBLICOS

+ INFORNACIÓN: 676.842.942

ORGANIZAN: Os Chichisos

www.chichisos.wordpress.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 18-09-2009 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Nacionalista en Ponteareas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-09-2009 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornada de Xogos Populares (Fornelos)
O vindeiro 19 de setembro celebramos a I Xornada de Xogos Populares, en Fornelos de Montes, na Praza de Fornelos e na zona verde do multiusos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-09-2009 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe Foliada no Retrouso (Samil-Vigo)
Noites de música e baile tradicional (lembrando a Gaita Grileira)

Comezan hoxe xoves 17 de setembro


Aproveitando a apertura de Retrouso, un novo local adicado á música tradicional en Vigo, estase a organizar unha foliada semanal de música e baile tradicional lembrando ás míticas noites da Gaita Grileira.

Serán todos os xoves a partir das 21:30 na Tapería Retrouso (enriba da discoteca Cachamba de Samil)

Trae o teu instrumento, o ánimo para bailar e gañas de festa!!

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-09-2009 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
A Asociación de Gaiteiros Galegos está a organizar o IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, que se levará a cabo no Auditorio da Facultade de Veterinaria, no Campus Universitario de Lugo, durante os días 30 e 31 de Outubro e 1 de Novembro. Toda persoa que queira expoñer algún tema relacionado co ensino da música tradicional poderá escribir unha comunicación e presentala no Congreso.

As normas para a presentación de comunicacións serán as seguintes:

- O prazo de presentación dos resumos das comunicacións será do 1 ao 17 de outubro de 2009. O contido deberá ser enviado co seguinte formato: letra ?Times New Roman?, tamaño 12, interliñado sinxelo. O contido deberá incluírse nunha páxina como máximo (1 cara). Ademais deberán indicarse os datos persoais do autor/es que presenten a comunicación.

- Os autores das comunicacións seleccionadas poderán redactar o traballo in extenso ata o 27 de Outubro. Data límite para que todos poidan ser incluídas na documentación oficial do Congreso.

- A duración das comunicacións non deberá ser superior a 15 minutos de exposición.

- O envío das comunicacións deberá realizarse por correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.com ou por correo ordinario á Rúa Alfonso XIII nº7, oficina 8. 36002 Pontevedra.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 17-09-2009 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada didáctica sobre música tradicional en Lugo
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para o vindeiro día 17 de Setembro unha xornada didáctica sobre música tradicional en Lugo.
Esta xornada, estará guiada polos profesoras da Tradescola Xela Conde e Pedro Lamas.

Esta actividade terá lugar no salón de Actos do CRX LugII de Lugo (sede da Tradescola) o xoves 17 de Setembro a partir das 17:30 h da tarde.

Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

Tradescola
CRX LugII
Rúa Pintor Corredoira, 4 · Lugo

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-09-2009 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de etnomusicoloxía a distancia (UNED)
O Departamento de Filosofía da UNED organiza un curso a distancia de etnomusicoloxía dentro da súa formación de Ensino Aberto. Danse 12 créditos de formación. Este curso ofrece unha introdución aos estudos etnomusicolóxicos, e máis en xeral, aos traballos con perspectiva antropolóxica sobre músicas populares e tradicionais.

O seu obxectivo é situar nunha dimensión comparativa o estudo da música a partir dos conceptos básicos da antropoloxía simbólica. O nivel do curso é medio e non se establecen requisitos de acceso. Está orientado a:

A) Antropólogos, sociólogos, comunicólogos, historiadores da cultura, e en xeral acodes non necesariamente versadas en cuestións de técnica musical, pero si interesadas nas dimensións sociais e culturais da música.

B) Músicos interesados en ampliar os seus horizontes estéticos e adquirir ferramentas conceptuais útiles para enfrontar outras tradicións sonoras distintas da súa.

C) Profesores e mestres que desexen explorar as posibilidades educativas deste campo, por exemplo de face á innovación do curriculum musical e polo seu valor integrador nunha escola crecientemente multicultural.

Está organizado en diferentes contidos: Definicións, historia, obxecto e método da etnomusicología; Cuestións en torno á análise da linguaxe musical; A análise do contexto sociocultural da música; Contacto entre culturas e cambio musical; Música popular e industrias culturais.

Máis información na web ou no enderezo electrónico: rafael.martin.c@telefonica.net

Ligazóns
Curso de etnomusicoloxía a distancia
Programa Xeral de Enseñanza Abierta da UNED

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-09-2009 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Pepe Temprano no Alalá

Hoxe, martes, día 15/09/2009

Esta noite a Coruña dos anos 60 chega ao "Alalá", o aroma da tabaqueira, das tascas e a música nos Belés....con Pepe Temprano, actor de publicidade, coleccionista e gaiteiro, que ama as cousas auténticas, comezando pola música que para el ten que ser galega, sen andar con "Jamaicanadas", por iso toca xotas, muiñeiras, alalás, etc. pero sempre co carácter galego como sinal.

Despois da xubilación, o Temprano é un dos actores de publicidade máis cotizados en Galicia, de feito ten un certo parecido coa publicidade na súa capacidade para seducir coa música e coas súas historias resultado dunha vida intensa dedicada á musica pois xa dende que era un neno toca cos "Tempranos de Eiris", ombro con ombro con seu pai. Da familia herdou o carácter gaiteiro e o posto de traballo na antiga fábrica de Tabacos da Coruña; de feito no programa analiza varias perspectivas da cidade da Coruña de mediados de século pasado, como a Tabaqueira ou a música de tascas como Os Belés.
Pepe Temprano ten tal colección de instrumentos e curiosidades musicais na casa que ben podería ser un museo da música: Trompas de Mongolia, dulzainas de Navarra, tallados de Polonia... todas auténticas xoias que conserva orgulloso nas vitrinas do corredor, a través dos cales foi cultivando un intenso saber sobre a nosa música. Por iso cando fala dela faino sen medo, rexeita os mitos e di que gaiteiros tan bos como agora nunca houbo.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 15-09-2009 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Jaime Pablo Díaz (Nova Galega de Danza)
Xunto a Vicente Colomer, conseguiu que das raíces máis profundas da tradición galega broten novas ramas; e o público deulles a súa bendición

Aínda que a música galega fíxose maior fai tempo, a danza fíxose de rogar. Jaime Pablo Díaz Rodríguez (Ferrol, 1968) e Vicente Colomer, directores artísticos de Nova Galega de Danza, deixaron atrás calquera complexo para demostrar que tamén nisto somos unha potencia. E o éxito aválaos.

-En Nova Galega de Danza, un mesmo proxecto ten varios directores...
-Os directores artísticos somos Vicente Colomer e eu. Despois temos ao director musical. Xosé Luís Romero foino nos dous primeiros traballos, Alento e Engado. Neste último, Tradición, Pedro Lamas é a persoa que se encargou de buscar todas as pezas.

-¿Fan danza baseada na tradición, tradición modernizada...?
-O noso traballo é recoller da danza tradicional e levalo a un mundo contemporáneo, recoller os ecos e os movementos da tradición galega e levalos a un mundo moito máis moderno. Calquera movemento dun señor ou unha señora cando bailaban nos pobos parécenos moi rico. Intentamos crear unha danza contemporánea, pero de raíz.

-¿E iso gusta máis fose ou dentro de Galicia?
-Estamos como en terra de ninguén. Hai contemporáneo, hai clásico... pero, en realidade, hai algo que se mestura entre os dous que é Nova Galega. ¿Gustar? Gusta moito tanto dentro como fose, os espectáculos non están creados para un tipo de público. O pasado día 27 estivemos en María Pita e puidémolo comprobar, a todo o mundo chégalle o que facemos. Pensa que un baile de zocos, simplemente cambiándolle a cor aos zocos, ou virar a dúas parellas, son cousas que poden ter moita forza.

-¿En que momento deixamos os galegos de bailar espontaneamente? Os nosos avós bailaban en calquera parte, ao acabar un traballo, nun muíño...
-Creo que a xente segue bailando, aínda que non sexa tan habitual. Aínda hai «xuntanzas» da xente maior. Claro, antes era todo moi espontáneo e deixámolo un pouco de lado. Os andaluces, por exemplo, non, teñen o flamenco aí. Tivemos moitas influencias e influíronnos moito a política e Franco, que cortou todo directamente. O flamenco si se apoiou toda a vida, e aquí quixeron que renegásemos do que somos. E non podemos, somos grandes, non podemos ir de pobriños. Cando chegas a Madrid dásche conta de que valoran moito o traballo e que o entenden.

-¿Aínda andamos polo mundo de «coitadiños»?
-Aínda queda algo diso. En Galicia hai cantidade de artistas que fan cousas grandes. Cando empecei, eu tamén ía con medo.

-A música si que alcanzou claramente unha maioría de idade...
-Nós démosnos conta de que a música estaba evolucionando moitísimo, que despegaba, e que a danza seguía igual. ¿Por que non podiamos facer algo parecido? Eu empecei nun grupo tradicional, Vicente comezou bailando en Ribeira e coñecémonos no Ballet Galego Rei de Viana. A partir de aí empezamos a prepararnos, confiados de que se podía facer algo con ese baleiro que existía.

-¿Non é moi complicado atopar o equilibrio entre tradición e contemporaneidad sen molestar a ninguén?
-Hai que ser arriscados, e nós o somos. Arriscado xa é ter seis músicos no escenario e igual sete bailarines, un total de vinte persoas en xira. A música en directo consegue que os espectáculos estean vivos.

-¿José Manuel Rei de Viana foi un visionario, un atrevido, un incomprendido quizais?
-Foi alguén que cambiou radicalmente a forma de ver a danza en Galicia. Para min si foi un visionario, independientemente de que gustase máis ou menos. El colleu fragmentos de pezas que estaban moi claras. ¿Que non é folclore? Vale. Tivo cousas moi boas como creador. Eu respecto moito aos grupos tradicionais, creo que fan un traballo moi bo. O Ballet tamén o fixo no seu momento. A xente que está investigando e fai cousas sobre a tradición tamén é traballo, e iso sempre é bo. Tamén creo que innovar sempre vai chamar a atención.

-¿E o salto a América?
-A compañía aínda é nova, quédanos moito camiño por percorrer. Pero si temos moitas ganas de dar ese salto e abrir mercado fóra de Galicia e de España. No propio espectáculo hai moita influencia da xente que emigrou.

-¿O momento político afecta aos que se dedican á cultura?
-Cremos que ten que haber axudas, sen apoios é moi complicado saír fóra.

-O malo é que, en tempos de crises, a cultura queda nun segundo plano...
-Si. A danza sempre foi a irmá fea de todas as artes. Pero con artistas que sigan loitando polo que cren, sempre se estará aí e conseguiranse moitas cousas.

La Voz de Galicia

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2009 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Susana Seivane
Tiña tan só tres anos cando os seus ollos se pousaron por primeira vez nunha gaita e o frechazo foi instantáneo, mais non foi ata os 20 anos cando comezou a súa carreira profesional como gaiteira.

Os seus soños sempre tiveron a música da súa terra como banda sonora. Melodías e cantares de Galicia que serviron para forxar a súa carreira musical. Agora, eses acordes da infancia retornan en forma de disco, 'Os soños que volven' para ficar nos nosos oídos.

Pregunta: Que van atopar aqueles que merquen 'Os soños que volven'?

Resposta: É como unha viaxe ao pasado. Os soños que eu quería que volvesen son esas melodías que toco dende que son pequena, dende que empecei a tocar aos tres anos ata hoxe en día. Son todas tradicionais.

Digamos que son melodías especiais, e digo que son especiais porque son grandes clásicos do noso patrimonio musical. Todo iso aderezado cun acompañamento de instrumentos, uns arranxos... É dicir, cun tratamento musical bastante moderno e cun sonido bastante contemporáneo.

A acollida do novo espectáculo
P: Como está acollendo o público a presentación en directo deste novo traballo?


R: Pois moi ben. A verdade é que estamos moi contentos, porque os nosos concertos en directo adoitan funcionar moi ben, pero a verdade é que este novo espectáculo está funcionando realmente ben.

Hai bastantes cancións cantadas que son moi coñecidas e entón a xente está cantando xa con nós. Aparte, tanto o disco como o directo están moi currados, con moitos detalles. Iso fai que sexa un espectáculo moi dinámico, moi fresco e moi divertido.

P: O disco está autoeditado. Apetecíalle probar todas as fases do proceso?

R: Pois si, porque dende o 2002 teño xa a miña propia empresa de contratación. Nun momento, discograficamente falando, no que está bastante baixa a cousa, porque ás discográficas apetécelles máis apoiar outro tipo ou estilos de música, apetecíame probar. E a verdade é que resultou moi ben. Tes que facer moitísimo máis papeleo e tal, pero tes outro control que non tes da outra maneira. Así que, de momento, a experiencia é positiva.

P: Vén dunha familia moi vencellada aos intrumentos tradicionais. Era inevitable que acabase dedicándose a isto?

R: (Ri) Bueno, inevitable non, pero era bastante probable. Pero non só pola familia, senón porque era algo que eu levaba no sangue dende moi pequena. Evidentemente, houbo moitísima influencia familiar, porque estás metida nese mundo, respiras ese ambiente dende pequena, pero o certo é que era algo que eu levaba dende pequena na alma.

Desde moi pequena, eu xogaba ás bonecas como calquera nena normal, pero o meu xogo favorito era coller a gaita e tocar. Escoitaba cancións na radio, nun casete, nos discos... E collía rapidamente a miña gaita e interpretaba esas cancións despois de escoitalas unha soa vez. Tiña moi bo oído musical e iso axuda moito a empezar a unha idade tan temperá.

Territorio de homes
P: A gaita segue a ser considerada territorio masculino?


R: Non, penso que non. Aparte, eu nunca vivín iso. Antigamente, o meu avó si que me ten comentado que xa non estaba moi ben visto que un home tocara a gaita, sobre todo para as clases sociais máis altas. Entón, nunha sociedade máis machista que a de hoxe en día, os veciños si que comentaban dalgunha casa na que vivía unha muller que tocaba a gaita que era unha casa enfeitizada, embruxada.

Hoxe en día non. Hai moitísmos gaiteiros e moitísimas gaiteiras. O que pasa é que cabezas visibles mulleres somos poucas, porque somos pouquiñas as que imos por aí en plan solista, pero en bandas de gaitas, asociacións e grupos hai moitísmas gaiteiras. Ademais, eu vivino dende pequena. Estou moi acostumada a ver mulleres que tocan a gaita enriba do escenario.

P: Pódese innovar cun instrumento tan tradicional?

R: Si, pódese innovar, e de feito, creo que aí está o quid da cuestión: aproveitar un instrumento digamos arcaico cos novos adiantos de hoxe en día e todos os estudos que se fan con ese instrumento, a miña familia por exemplo; lograr evolucionalo ata tal punto que, a día de hoxe, a gaita pode compartir escenario con calquera instrumento. Iso permíteche expresarte moitísimo mellor, facer todas as fusións que queiras e facer todos os experimentos que queiras.

P: Algunha vez ten dito que gaiteiros e rockeiros teñen moito en común...

R: Hoxe en día, hai moitos conservatorios folk e moitas escolas onde podes aprender, tanto unha cousa como a outra. Está moi ben, para diversificar máis a nosa cultura e para que os nenos a mamen dende pequenos. Pero cando dixen iso referíame a que é algo que sintes no teu corazón. Un rockeiro será rockeiro toda a vida e un gaiteiro igual. É algo moi forte, que levas na alma, no corazón, que aprendes dende pequeno, a trasmisión oral de pais a fillos, alonxándose un pouco da aprendizaxe estipulada.

O mellor momento do folk
P: Cómo ve o actual panorama folk galego?


R: Véxoo moi ben. De feito, o mes pasado participamos en Lorient, que é un dos festivais máis coñecidos a nivel mundial. Cada ano dedícase a un sitio e este ano foi a Galicia. Había alí un despliegue de música galega impresionante. Estabamos alí como se estiveramos en Galicia. Era xa a quinta vez que ía a Lorient e en Francia son moi coñecida, pero outros grupos galegos non o eran e a verdade é que deixamos o pabellón moi, moi alto.

Penso que a música galega está nun momento moi saudable. Estanse facendo cousas realmente interesantes e moi importantes. Discograficamente, non estamos no mellor momento, pero musicalmente a verdade é que si. Hai moitísimas vertentes diferentes, unhas que tiran máis polo pop, outras máis polo rock, outras máis polo tradicional... Iso é enriquecedor para todos.

P: A que vai dedicar os próximos meses?

R: En principio, a rematar a xira. Esperamos que se confirmen algúns concertos que están sen confirmar neste mes e en outubro. Despois de todo o axetreo co novo disco, penso descansar un pouco tamén.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2009 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Cangas pendente da danza máis especial
Fai máis de dúas décadas que se recuperou a tradicional danza de Darbo, que como as de O Hío e Aldán remóntanse ao século XVIII. Uns dous mil veciños e turistas déronse cita, un ano máis, na contorna da igrexa parroquial para asistir ao baile das damas e os galáns. Soportando unha alta calor os danzantes fixeron gala do seu bo estado de forma e completaron un animado espectáculo que fixo aplaudir ao respectable. A danza desenvolveuse logo da misa solemne e a tradicional e multitudinaria procesión que percorreu o atrio do templo.

Máis de dous mil persoas asistiron ao atrio de Darbo para asistir un ano máis á tradicional danza e contradanza de damas e galáns ante a imaxe da Virxe. Antes do baile unha procesión multitudinaria percorreu todo o recinto do templo parroquial.

Facendo fronte a unha alta calor os veciños e turistas apiñáronse para conseguir ver bailar aos participantes deste ano, que luciron os espectaculares traxes estoicamente, nunha danza animada que suma así unha edición máis desde a súa recuperación nos anos oitenta.

Ao evento, que arrincou puntualmente ás 14.00 horas e prolongouse durante un cuarto de hora, acudiu a dama Belén Guimeráns, que aos seus 43 anos é a danzante máis veterana, non en balde leva 22 anos bailando ante a virxe cada 8 de setembro. A súa fidelidade a esta danza provén tanto das súas crenzas relixiosas como do seu esforzo en tentar que non se perda unha tradición que se remonta ao século XVIII, e que conseguiu ser declarada Festa de Interese Turístico pola Xunta de Galicia.
Guimeráns asegura que este baile é algo "moi especial para min", e confirma a súa intención de continuar durante moitos anos exercendo o seu papel como unha máis das cinco damas que participan na danza. "Só faltaría por algún motivo moi grave, senón serei fiel á cita", apunta.

Esta convicción non rompe pese á calor que deben soportar as cinco damas e os dez galanes coas roupaxes tradicionais. Aínda que do vestido das mulleres o que máis destaca é o colorido gorro de flores naturais.

O sacrificio tamén implica ter que pedir días libres no traballo para poder acudir á danza e ensaiar durante quince xornadas antes do baile. Isto fai que cada ano teñan que renovar a unhas dúas ou tres persoas.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2009 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 14 (luns)
? Pablo Seoane Grupo presenta 'Baila si ques bailar' no Forum Metropolitano da Coruña

Terza feira 15 (Martes)

Corta feira 16 (Mércores)

Quinta feira 17 (Xoves)
? Cantatí no Clavicembalo (Lugo)
? Foliada no Retrouso (Samil-Vigo) ás 21:30

Sexta feira 18 (Venres)
? Dandy Fever na Sala Zona Cero (Caldas de Reis)
? Capitán Furilo na Sala Contrabajo (Vigo)
? Ataque Escampe en Esteiro (Ferrol)
? Som do Galpóm no Marrucho (Baiona)
? Marful, Snatch,... no Circulo das Artes de Lugo
? Festival Nicrarock (Negreira): Banda Potenkim, Os Trasnos de Moscoso, kaña d´herbas,...
? Festival Reperkusión (Allariz): Festicultores Troupe, Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra, Bodega Bodega
? Festival Meigas Fora (Ordes): Dios Ke Te Crew, Zënzar, Invivo, Kastomá...
? I Foliada de Verán en Cecebre

Sábado 19
? Festa dos Axóuxeres en Pontevedra. Praza da Ferraría. Ás 12:00
? Xornada de Campás e Campaneiros en Pazos de Borbén
? Xornada de Deportes Poupulares en Fornelos de Montes
? Gala "O Fiadeiro" no Auditorio Municipal de Valga
? Sonoro Maxín en Rairiz de Veiga (Ourense)
? Banda Potenkim no Salón Parroquial (Ponteareas)
? Dandy Fever e Taru no Garufa (A Coruña)
? Festival Reperkusión (Allariz): A Tuna Rastafari, Fanfare Ciocarlia, Funky Style Brass, GigoElectro Brass,...
? Festival da Lingua na Praza da Leña (A Coruña): Dios Ke Te CRew, A Quenlla e Fracasados de Antemano

Domingo 20
? Festa dos Axóuxeres en Vigo. Praza do Rei. 2 funcións: ás 12:00 e ás 17:30
? XLII Concurso de Gaitas de Ponteareas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-09-2009 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 11 (Venres)
? Sonoro Maxín na sala 600 de Melide
? Lamatumbá en Ribeira
? Chotokoeu en Rianxo
? Tarxa na Festa do Marisco de Vigo (Porto pesqueiro) ás 20:30
? Coanhadeira e Guezos en Ribadavia
? Festival Foliada (Redondela): Tok (Redondela), Es molt Band (NB), Trasnos de Moscoso (GZ), Mas Kintos (NB)
? II Foliada de Música Tradicional Fervenza de Músicas (Ouzande - A Estrada): Os xeitosos de Trazo, Regato de Matamulleres, Pana Raiada, Cé Orquestra Pantasma e Retrouso

Sábado 12
? Festa dos Axóuxeres en Ourense. Parque Barbaña. Ás 12:00
? Festa do rural en Matamá (Vigo): Zurrumalla,...
? XXXV aniversario dos Chaneiros no Paque Eguren (Marín): Os Chaneiros, Anxuiña, Os Berberechiños e Laghareu
? Xose Manuel Budiño no Auditorio de Narón ás 20:00
? Fía na Roca no Fnac da Coruña ás 19:00
? Ruxe-Ruxe en Pontevedra
? Trio Liro en Vedra
? Dios Ke Te Crew en Ames
? Os Carunchos en Ribeira (A Estrada)
? Lamatumbá en Palas de Rei
? Skarallaos en Culleredo
? Som do Galpóm no Con do Moucho (Illa de Arousa)
? Sonoro Maxín no Vagalume (Salvaterra)
? Ghaitadepedra no Clavicembalo (Lugo)
? Pito de Picasso nas Festas de Conxo (Compostela)
? Festival Foliada (Redondela): Serán mestizo, Herederos del taxi (NB), Os Tres Trebóns (GZ), DJ Can de Palleiro (NB)
? Serán das Tarambainas (Lavadores-Vigo)

Domingo 13
? Festa dos Axóuxeres en Lugo. Horta do Seminario. Ás 12:00
? Festa do rural en Matamá (Vigo): Sete Cuncas, Tarxa,...
? II Festa Nacionalista do Morrazo (lago Castiñeiras, Vilaboa): Leo Arremecághona, Morrazo Jazz Colective, Adonarairare e Na Virada
? Lembranzas da Ría na Festa do Marisco de Vigo (Porto pesqueiro) ás 20:30
? II Foliada de Bribes con Canto Donaire
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-09-2009 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
E seguen os Seráns
12 de setembro
-Serán das Tarambainas (Lavadores-Vigo)

13 de setembro
-II Foliada en Bribes

26 de setembro
-Serán Carballeira (Salceda de Caselas)

2 de outubro
-Seran en Pazos (Pontecaldelas).

15 de novembro
-IV serán de Sobradelo(Vilagarcía de Arousa)

7 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-09-2009 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
Serán das Tarambainas (Lavadores-Vigo)
Un ano máis as Tarambainas estamos traballando na organización do que será xa o noso 4º SERÁN, a cita será o vindeiro sábado 12 de setembro a partir das 21.30h na AVCD de Lavadores, (Ramón Nieto, 302), pretiño do antigo cuartel de Barreiro.

Está previsto que se realice na pista polideportiva pero non vos preocupedes se chove, xa que teremos o salón principal da asociación habilitado para o que poida pasar.

Esperámosvos a todos con moitas ganas de festa... ¡¡¡NON FALTEDES!!!

Un saúdo
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-09-2009 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
II Foliada de Bribes (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-09-2009 08:38
# Ligazón permanente a este artigo
II Foliada de Música Tradicional Fervenza de Músicas (A Estrada)
A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande presenta a segunda edición da FERVENZA DE MÚSICAS, II Foliada de Música Tradicional.

A cita musical terá lugar o próximo venres, 11 de setembro, a partir das 9 da noite no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada.

Os grupos convidados son:

-Os xeitosos de Trazo
-Regato de Matamulleres (Callobre)
-Pana Raiada (Santiago)
-Cé Orquestra Pantasma (home orquestra)
-Retrouso (Ouzande)

+Foliada Aberta


O campo estará cuberto cunha carpa e haberá posto de polbo e Churrasco. Tamén se poderán adquirir as camisolas da festa creadas pola deseñadora ouzandesa Rosa Herráiz.

www.carreiros.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-09-2009 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Rural (Matamá-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-09-2009 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Foliada (Redondela)
Os días 11, 12 e 13 de Setembro Redondela acollerá A Foliada, un festival de intercambio social e cultural entre Galiza e Catalunya cun intenso programa de actividade.

VENRES 11

Ás 12 h. Acollida e presentación da Foliada 09. Animación de rúa a cargo dos Croquetas.

Ás 14 h. Xantar acollida amenizado polos Croquetas.

Ás 16 h. Actuación dos Veraneantes.

A partir das 17 h. Comezo dos obradoiros no campo da Feira.

- Obradoiro de elaboración de pancartas reivindicativas.
- Obradoiro de reparación de bicicletas.
- Obradoiro de elaboración de cruces reinvindicativas.
- Obradoiro de elaboración de porterías para o futbolín humano.

Ás 18 h. Encontro sobre outras posibilidades de alimentarnos, producir e/ou consumir no Multiusos da Xunqueira.

Ás 19 h. Inauguración simbólica dunha parada de autobús na Praza da Constitución e a continuación intervención teatral dos Oprimidos.

A partir das 20 h. Animación de rúa a cargo dos Veraneantes

Ás 21 h. Cea

A partir das 22 h. Concertos no anexo do campo de fútbol do Choco:

- Tok (Redondela)
- Es molt Band (NB)
- Trasnos de Moscoso (GZ)
- Mas Kintos (NB)
- DJ


SÁBADO 12

9-11 h. Almorzo

Á partir das 10 h saída de autobuses para o Roteiro pola zona onde está proxectada a Autovía e encontro de mobilidade incluído dentro do roteiro.

A partir das 11 e durante toda a xornada no campo da Feira.

- Feira de produtos locais e/ou ecolóxicos.
- Feira de artesanía.
- Feira de entidades.

De 11 h a 14 h. Feira de troco no campo da Feira.

Ás 12 h. Encontro de colectivos de consumo alternativo na Casa da Cultura.

A partir das 12. Animación de rúa a cargo da Charanga do Metal.

Ás 14 h. Xantar popular

Á partir das 17 h.

- No campo da Feira: O xogo da Coca

- No paseo da Xunqueira xogos populares Galegos:
- O xogo da Billarda
- Trompos
- Arrebolamento de sacho

- Na alameda:
- Obradoiro de Circo Social
- Futbolín humano (ao lado do palco)
- Variado de xogos tradicionais galegos (corda, sacos, chave?)

A partir das 17:30 h.

- No campo da Feira.
- Obr. de fabricación de xabón a partir de aceite reciclado.
- Obradoiro de fabricación de xoguetes.
- Obradoiro de reciclaxe.
- Obradoiro de fabricación de sombreiros. Tempo de xogos.
- Escalabirras.
- Na Casa do Mar.
- Pintada dun mural de mobilidade

Ás 19 h. Encontro de locais sociais no Multiusos da Xunqueira.

A partir das 20:30. Animación de rúa a cargo das gaiteiras da Lúa Meiga seguido de un obradoiro de baile tradicional galego.

A partir das 21 h. Serán mestizo acompañado de pincho nocturno.

As 23:30 h. Diables e correfocs

Xa de madrugada. Concertos no anexo do campo do fútbol do Choco:

- Herederos del taxi (NB)
- Os Tres Trebóns (GZ)
- DJ Can de Palleiro (NB)




DOMINGO 13

9 ? 11 h. Almorzo

-Ás 10 h. Visita a Illa de S. Simón e conferencias sobre a Rede Natura 2000.

-As 12 h. Sesión de masaxes e taller de aloumiños (Pavillón Meendinho)

-A partir das 14 h. Xantar despedida e avaliación.

-As 13 h. Actuación do Circo Social de Nou Barris
A partir das 14 h. Xantar despedida e avaliación.

http://milloverde.blogaliza.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-09-2009 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
A noite na Furna (Corme)
Outro ano mais, e xa vam pola 11ª edicion, disfrutaremos dunha noite de encanto nun entorno unico, como a Furna do Osmo en Corme.

Iste ano, coma nos anteriores, apostamos por grupos de estilos variados (folk, cantautor, rumba, rock, ska, ...) pra encher a furna de musica pra todolos gustos.

Ista edicion, ademais de servir pra disfrutar bailando, servira pra difundir a realidade do povo mapuche (indixenas orixinarios do sur de chile) e tamen pra apoiar a autoxestion da loita en defensa da sua terra contra as agresions das multinacionais (hidroelectricas e madedeiras principalmente) coa complicidade do estado chileno.

O programa deste ano comenzara o xoves 10 cunha charla-presentacion do concerto,na que se explicara o caracter solidario deste.

Logo desta charla a compañia de titeres e guiñoles AUKACHE entretera a nen@s e maiores coa obra "A historia do indio lautaro"

Tanto a charla coma a obra de titeres sera no local da capitania maritima de Corme

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-09-2009 08:33
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0