Sexta feira 19 (Venres)
? Silvia Penide e Emilio Rúa en Padrón no Auditorio municipal ás 21:30
? Na Virada na Praza das Bárbaras, na Cidade Vella da Coruña
? Balakandra na sala Cabaña (Pontevedra) ás 23:00
? Trapallada na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Nova Galega de Danza en Pontevedra no Centro Social Caixanova ás 21:00
? Festival Reperkusión en Allariz
? Festival Meigas Fora en Ordes
? Festival Fervesteiro en Ferrol
? Quempallou e Os da Ribeira nas Festas de Cabral (Vigo)
Sábado 20
? Festa dos axóuxeres ás 12:00 na alameda de Compostela
? Galiza-Alemaña de billarda en Ribadeo ás 17:00
? Nova Galega de Danza no Centro Cultural Caixanova de Vigo ás 20:30
? Os Cuchufellos na Sala Karma (Pontevedra) ás 23:00
? Gala de O Fiadeiro en Redondela no Pavillón de deportes da Xunqueira ás 21:00
? Romaría da Sainza en Rairiz de Veiga: Astarot
? Festival Reperkusión en Allariz
? Festival Meigas Fora en Ordes
? Festival Fervesteiro en Ferrol
? Serán na Casa cultural de Pazos de Reis-Tui
Domingo 21
? XLI Concurso de Gaitas de Ponteareas ás 11:30
? Coral de Ruada, Iar e Cantigas da Terra no Teatro Rosalía de Castro da Coruña ás 19:00
? Festival Reperkusión en Allariz
O teatro Rosalía de Castro acollerá a cuarta edición do ciclo de Coros Históricos.
A concelleira de Cultura, María Xosé Bravo; o presidente de Cantigas da Terra, Xenaro Torreiro; e o vicepresidente da mesma asociación, Xosé Carlos Ponte, presentaron onte o programa do festival, que pretende render unha homenaxe á música tradicional galega.
Os concertos comezarán o vindeiro domingo 21 de setembro e continuarán os días 28 de setembro e 5 de outubro.
As entradas para os recitales, que se celebrarán ás sete da tarde, poderán adquirirse a través das canles de venda de Caixanova, na taquilla do teatro Rosalía de Castro e na praza de Ourense a un prezo de tres euros.
"Os coros realizaron un traballo fundamental para o coñecemento do noso folclore, pero tamén da nosa literatura", explicou a concelleira de Cultura, María Xosé Bravo. "Sempre ten que haber alguén que nos recorde de onde vimos e para iso están aí os coros galegos", engadiu a edil.
O presidente de Cantigas da Terra, Xenaro Torreiro, rememorou as orixes do coro tradicional. "Naqueles tempos, a xente convivía alí máis que en casa e había que ter moita disposición para aprender", comentou o integrante da asociación.
O concerto inaugural correrá a cargo de Coral Ruada, Iar Grupo de Bailes Populares e Cantigas da Terra.
O seguinte domingo actuarán, xunto co coro organizador do ciclo, o Real Coro Toxo e Froles e Brincadeira Grupo de Música e Bailes Tradicionais.
O último día, subiranse ao escenario do teatro Rosalía de Castro Cantigas e Agarimos, Cantigas da Terra e Eidos Asociación de Coros e Danzas.
Cantigas dá Terra.
O famoso coro tradicional naceu o 28 de decembro do ano 1916. Durante toda a súa traxectoria, a formación participou en grabaciones para programas de radio e televisión de varios países e gravou 24 discos. Os últimos traballos discográficos son Outra Outra 2006 e un recopilatorio de grabaciones dos anos 20 editado conxuntamente con Ouvirmos. O grupo tamén posúe antigos instrumentos que pertenceron a históricos representantes da música galega.
Coro Toxos e Froles.
O grupo, que actuará o 28 de setembro no teatro Rosalía de Castro, foi fundado no ano 1914 e cantou, por primeira vez, o 29 de maio de 1915 no teatro Jofre de Ferrol. Ao longo da súa historia, a formación presentouse en España, Portugal, Inglaterra, Suíza, Francia e México.
ECantigas e Agarimos. O grupo musical, fundado no ano 1921, baséase na recolleita da tradición e aposta por levar ao escenario a auténtica Galicia rural. Desde a súa creación, o coro traballa pola recuperación, conservación e transmisión dalgunhas das formas máis populares da cultura tradicional galega.
O Concello celebrará o 21 de setembro a XLI edición do Concurso de Gaitas, no que poderán participar tódolos grupos de gaitas de Galicia coma dos Centros Galegos de España e do estranxeiro que toquen con gaita tradicional.
O concurso establece catro premios cunha contía total de 4.500 euros: un premio de 1.800 euros para o primeiro clasificado, 1.200 para o segundo, 900 para o terceiro e un carto premio de 600 euros.
Os instrumentos obrigatorios para concursar serán: dúas gaitas, un bombo e un tamboril ; non serán admitidos máis instrumentos dos enumerados nin menos, debendo os participantes vestir o traxe tradicional completo.
Os compoñentes dos grupos participantes non poderán participar na mesma edición do concurso con outro grupo.
Os dez grupos clasificados para a final estarán ás 10,45 h. da mañá do domingo día 21 de setembro, diante do edificio da Casa do Concello de Ponteareas, a fin de percorrer as rúas da vila interpretando melodías galegas ata o auditorio Reveriano Soutullo onde a partir das 11.30 h. da mañá terá lugar a FINAL do XLI CONCURSO DE GAITAS. Nesta fase final serán interpretadas dúas pezas de libre elección que, como as interpretadas na fase eliminatoria, serán de raíz melódica galega. Igualmente en ámbalas fases non se admitirá interpretación de suites nin de popurrís.
Luns 15
Hora: 20:00
Lugar: Espazo libertario. Avda de Esteiro nº 10 baixo
Charla-debate:
?OS PUNTOS NEGROS DA COMARCA DE FERROL?. A charla sera impartida por varias persoas pertencentes a distintos colectivos sociais e ecoloxistas
Martes 16
Hora: 20:00
Lugar: Centro social Fervesteiro. Rua Adan e Eva nº5
Roteiro historico e reivindicativo:
?ESTEIRO EN MOVIMENTO?. Unha ruta polo barrio de Esteiro. Para lembrar o seu pasado, coñecer o seu presente e reivindicar un futuro para un dos barrios con mais historia de Ferrol
Mercores 17
Hora: 18:00
Lugar: Centro social Fervesteiro. Rua Adan e Eva nº5
Arte contra a especulacion:
?MURAL COLECTIVO? contra a degradacion especulativa que sufre boa parte do barrio de Esteiro.
Venres 19
Hora: 20:00
Lugar: Muralla de Bazan
Feira:
?FEIRA DE COLECTIVOS?. Punto de encontro e intercambio de informacion para os colectivos politicos e sociais da comarca. Venta de libros
Hora: 20:00
Lugar: Cines Duplex. Esteiro
Documental e debate:
?UNHA LOUSA SOBRE O CAUREL?.
Documental que recolle a problemática xurdida en torno as canteiras de lousa na serra do Caurel. Asistiran Mabel Rivera e Enrique Bannet productores da cinta. Entrada gratuita
Hora: 22:30
Lugar: Muralla de Bazan Concertos:
- Lady evil (Metal-Ferrol)
- Mencer vermello (Rock proletario-Ferrol)
- Dub uten (Dub reggue- Ferrol)
Sabado 20
Hora: 20:00
Lugar: Muralla de Bazan
Feira:
?FEIRA DE COLECTIVOS?. Punto de encontro e intercambio de informacion para os colectivos politicos e sociais da comarca. Venta de libros
Hora:22:30
Lugar: Muralla da Bazan Concertos:
- El viejo caracol (Rock fusion-Ferrol)
- Ulträqäns (Speed folk-A coruña)
- Infekzion de orina (Punk- A coruña)
- Os chiquilicuatres+Os jalochos (Punk fol-Riveira)
Esta fin de semana terán lugar as XX Xornadas de Verán de Galiza Nova. Esta é unha actividade que a nosa a organización vén realizando ininterrompidamente dende a súa fundación hai xa vinte anos.
Desta volta as xornadas celebraranse os días 19, 20 e 21 de setembro na comarca de Pontevedra. Serán tres días de festa, deporte, concertos, debates, roteiros, que non podes perder! Se queres saber máis contacta con nós no nacional@galizanova.org ou Pontevedra@bng-galiza.org
Dentro da programación das Xornadas de Verán, ademais doutras actividades abertas a calquera persoa o venres pola noite no pub Cabaña actuará o grupo de San Sadurniño Balakandra que mestura o mellor da nosa música tradicional con ritmos actuais. O sábado os encargados de poñer a festa serán o grupo de Manzaneda Os Cuchufellos que actuarán nunha importante sala pontevedresa: Karma.
Programa para as Xornadas de Verán en Pontevedra(19, 20 e 21 de Setembro).
(Horario suxeito a modificacións)
Venres 19
18:30 ? Chegada a Pontevedra e recepción do Alcalde de Pontevedra no Pazo da Cultura.
19:30 ? Roteiro Castelao pola cidade
22:00 ? Cea en Pontevedra no Pazo da Cultura
23:00 ? Festa Concerto e saída pola cidade-
Actuacíón do grupo Balakandra na Cabaña.
Sábado 20
11:00 ? Charla en Pontevedra do 20 aniversario de Galiza Nova (Pazo da Cultura) antigos militantes de Galiza Nova
- Manolo Caride
- Demetrio Gómez
12:00 ? Actividades dirixidas á Orientación en Pontevedra
Xogos de Rol
14:00 ? Xantar na praia de Lourido( encargar que nos fagan un pack con bocadillo, auga?etc)
17:30 ? Visita guiada a vila mariñeira de Combarro con parada nós Muíños da Reiboa ( A Seca ?Poio)
19:30 ? Charla no Pazo Ferreiros de Poio sobre o problema medioambiental de ENCE-ELNOSA( Mosteiro de Poio)
· Luciano Sobral( Alcalde de Poio)
· Carme Dasilva ( deputada no Parlamento galego)
21:30 ? Cea en Pontevedra
23:00 ? Actuación dos Cuchufellos
DOMINGO
11:00 ? Charla sobre a presenza do PG e polo tanto de Castelao e Bóveda na comarca.(no Salon Multiusos de Carballedo):
Interven: Bieito Alonso
14:00- Xantar en Cotobade( organiza GN- BNG de Cotobade)
16:30 ? Roteiro pola zoa de Cotobade( organiza GN-BNG)
18:00 ? Saída dos autobuses de volta
O prezo de inscrición é de 15?, incluíndo no mesmo durmida, xantares, actividades e desprazamentos.
As/os mozas/os interesadas/os poden anotarse a través dos seguintes medios:
Enderezos de correo electrónico:
vigo@galizanova.org, nacional@galizanova.org ou pontevedra@bng-galiza.org
O músico Mero, xunto co seu compañeiro Mini, percorren Galicia espallando unha mensaxe de emoción e resistencia coas súas cancións
Baldomero Iglesias, máis coñecido como Mero, é un home cunha expresión feliz na cara. Nótase que lle gusta a conversa porque cando fala parece que as palabras pesan, que teñen un gran valor. Sabe moitísimas cousas. É como unha biblioteca de afectos. Viviu moito, cantou moito, e segue cantando. Os seus ollos comunican sentimentos de ilusión e bondade. Vaise enredando nas palabras, nos recordos e nos soños. Sempre se lembra de nomear a Mini, o seu amigo inseparable, co que vai a onde faga falta.
"Non medimos os quilómetros", di el. E engade: "Menos mal que as nosas mulleres teñen paciencia". Eles sempre están bulindo en proxectos novos.
Que é Galicia para ti?
É o meu ollo para ver o mundo e percibir a beleza, e tamén as ruindades. Se miro ao preto vexo máis beleza. Desaléntome moitas veces pero Galicia esperta esperanza humana en moita xente. Galicia ten unha cor verdeazulada como o mar e o horizonte. Aínda que moitas veces se nos boten enriba o gris e a sombra.
Cantar é unha necesidade?
Quizais é egoísmo como a poesía. Cantar é unha forma de sentir. Non é un vicio, pero faise necesario. Cando temos algo de vacacións estamos desexando volver, e bólenos a cabeza en aventuras e lanzámonos a elas. Na miña casa quen máis cantaba era meu pai. Era garda civil e transmitiume o amor polo país. Eramos sete irmáns. O recurso do meu pai para que non nos mareasemos cando iamos en coche era poñernos a cantar.
Fuxan os Ventos naceu para protestar?
Mini e eu coñecémonos no instituto de Lugo. Axudounos moito un cura, que se chamaba Xesús Mato. Ensinounos cancións do país, meteunos nun coro, e propúxonos facer o grupo Fuxan os Ventos. Naceu como un grupo contestatario, de influencia no mundo rural. Os que non chegabamos á Universidade, que procediamos do rural, eramos a maioría. Cantar a canción de Muller ou poemas de Celso Emilio Ferreiro creaba conciencia. A conciencia é "sentir xuntos". Abriunos moito os ollos.
Cal é o segredo para facer música que chega a toda a xente?
Sentir o que cantas. É un xeito de manifestarse e contar o que levas dentro. Se houbera falsidade notaríase. Deixaría de ser espontánea e translúcida. Nunca nos moveu a fama nin a economía. O que nos move é esa cohesión que gañamos coa xente. Reinvindicamos a cohesión social da música.
Ti e Mini sodes incansables. Sempre estades argallando algo.
Temos necesidade diso. Nós non sabemos estar nunha discoteca nin en pubs. Non temos días libres. Vivimos no rural. Os sábados e domingos temos concertos, ensaios ou teatro. Estivemos en Suíza cantando para os galegos de alí e pola noite puidemos saír a tomar unhas copas. Mini e eu non sabiamos estar. Molestábanos o ruído. Non tomamos alcol. Gústanos máis o sosego de estar conversando tranquilamente nunha cafetería.
Sodes como nenos. Conservades o espírito infantil.
Gústannos as emocións. Devecer cando se produce ese alucine de ir vestindo as cancións e facendo que sexan bonitas. Cando rematamos unha canción engordamos con esa sensación. Sígome emocionando cando canto O carro de Manuel María. Foi a primeira canción á que lle puxen música. Fala da señardade, deses momentos íntimos que todos temos, e da devolución da identidade deste país, que nos rouban e ocultan.
Ti es mestre no rural. Como son agora os nenos das aldeas?
Levo 33 anos dando clases en Xanceda. Os nenos evolucionaron cos tempos, pero seguen sendo a esperanza que temos. Aínda que anden todo o día con maquiniñas e pantallas gustan de ler e escribir e expresarse. Entenden as linguaxes das relacións humanas e dos afectos. Recoñecen a orixe e estou seguro de que loitarán por ela. O rural é o único contacto real coa vida. Iso estase perdendo. É un mundo en bancarrota. Os meus veciños teñen moitos problemas para chegar a fin de mes.
Coñecestes a poetas como Manuel María ou Uxío Novoneyra. Que pegada deixaron en vós?
Cando nós eramos rapaces non tiñamos libros. Estaba mal visto, e prohibido, falar en galego. O gran descubrimento foi ler Memorias dun neno labrego de Neira Vilas. Nas miñas mans caeu o libro Terra Chá de Manuel María. Parecía imposible que a nosa realidade se puidese reflectir en galego. Manuel María foi sobre todo un grande amigo. Novoneyra era un home moi grande cunha voz profunda, que falaba menos porque condensaba máis. Eran os tertulianos do Méndez Núñez en Lugo. Nós viámolos como "xente maior". Eran tempos de moitas privacións.
Aparecedes ti e Mini na obra de teatro "Pan", da compañía Volta e Dálle, como dous músicos entrañables.
A obra danos un protagonismo que non merecemos. É unha loucura en catro actos. O teatro é unha nova dimensión. Sempre pensei que en Galicia o teatro non foi potenciado, que está metido en guetos que se danan uns aos outros. Ao teatro habería que abrirlle camiños. Hai grandes actores e a proba é que nos están roubando actores e triunfan fóra, como lle pasou á Xeración Nós, e é unha mágoa. O teatro tiña que ser outro ben común.
Tedes feito un ilusionante traballo de recolleita de música popular.
Empezamos recollendo música e acabamos recollendo todo. Cada persoa foi unha biblioteca resistente de cultura, e con nós relaxábanse porque sentían que iso quedaba recollido. Senteime algunha vez cun vello ás cinco da tarde a tomar un café e foime contando máis de trescentos refráns. Temos unhas seiscentas cintas de recolleitas e estámolas preparando e dixitalizando para o Museo do Pobo Galego.
Os cantares de cego exercían unha grande fascinación.
Lembro en Lugo un cego co violín e cantando coplas. Deixábame pasmado. Contaban historias e falaban de crimes. Era algo plástico. Levaban tres chaquetas para abrigarse do frío e da calor, e das miserias. Olían a non lavarse moito. Eran a deterioración da palabra. Preconizaban unha morte.
Cales son os vosos proxectos musicais?
Co grupo A Quenlla estamos realizando un disco. Estámoslle poñendo música a unha obra teatral de Manuel María titulada Unha vez foi o trebón. Está camiñando a parte teatral e estamos gravando as once pezas do disco. Algún día confluirán e darán lugar a un musical.
A palabra "revolución" segue tendo sentido?
Ten que ser unha revolución pacífica pero que esixa que nos consideren porque nós por enriba de todo temos dereito a ser nós. Nacemos con dereito á vida e queremos vivir sendo o que somos. É preciso que se involucren a Universidade, as institucións, a Igrexa e o pobo como tal pobo. Calquera pobo do mundo ten dereito a existir.
Mostra é inaugurada no dia 26 no átrio da Câmara Municipal de Boticas (Portugal)
"Guerreiros castrejos: Deuses e heróis nas alturas do Barroso" é o tema de uma exposição que vai ser inaugurada em Boticas, no dia 26 e que traz à localidade, 200 anos volvidos sobre a sua partida, um guerreiro castrejo.
A emblemática escultura, proveniente do Outeiro Lesenho, estará de volta a Boticas, pela primeira vez, desde o século XVII, graças à iniciativa conjunta do Museu Nacional de Arqueologia (MNA) e da Câmara Municipal daquela vila transmontana.
"Esta escultura integra a exposição que extravasa o âmbito regional, já que, conjuntamente com ela, serão mostradas outras esculturas monumentais castrejas do Norte de Portugal e da Galiza, incluindo aqui os célebres guerreiros sentados do Museu Arqueológico Provincial de Ourense, que nunca antes foram apresentados fora de Espanha", adiantou, ao JN, Luís Raposo, director do MNA.
A história dos monumentais guerreiros castrejos (são quatro ao todo) remonta ao século I.
"As esculturas defendiam uma povoação fortificada, no Outeiro do Lesenho. As legiões romanas do cônsul Décimo Júnio Bruto ficaram prostradas perante a magnificência das imponentes estátuas de granito", recorda, a propósito, o director do MNA e comissário científico da exposição.
"Os quatro guerreiros castrejos montaram guarda àquelas terras durante mais de 1700 anos. Até que, no início do século XVIII, uma equipa de arqueólogos encontrou dois guerreiros e transportou-os para Lisboa. Presentemente, fazem parte do acervo do MNA. Os dois restantes guerreiros apenas foram descobertos em meados do século XX. Todas estas esculturas foram recolhidas em Lisboa para integrar as colecções nacionais a assumirem o seu papel de ícones identitários, que mantiveram até hoje. Nunca mais as quatros estátuas regressaram às terras de Barroso", sublinha Luís Raposo.
Agora, mais de dois séculos após a separação, a Câmara Municipal de Boticas consegue apresentar na sua terra um dos quatro guerreiros castrejos.
Numa iniciativa inédita, uma dessas mais sumptuosas estátuas de granito volta a montar guarda na Vila de Boticas, inserida na exposição que ficará patente no átrio da Câmara Municipal onde poderá ser visitada até 13 de Outubro.
A importância do evento foi ontem realçada pelo edil de Boticas, Fernando Campos, que, numa cerimónia de apresentação da exposição no MNA, afirmou que este é um ponto de partida para a futura criação no concelho de um centro nacional de documentação da cultura castreja. Para a concretização do projecto, o autarca apelou ao contributo do Instituto Português dos Museus, na ocasião representado pela vice-presidente, Clara Camacho.
A Deputación da Coruña acolleu a presentación do libro "A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros", no decurso dun acto que contou coa presenza do presidente da institución provincial coruñesa, Salvador Fernández Moreda, da responsable de cultura do organismo, Caridad González Cerviño, da presidenta da agrupación folclórica Ximiela, Manuela Pais, e dos autores da publicación, o historiador e investigador etnográfico Clodio González e o fotógrafo Suso Xogaina.
Fernández Moreda afirmou que a deputación ?colabora nesta edición co obxectivo de contribuír á divulgación das orixes e a evolución histórica dos diferentes traxes tradicionais galegos? e gabou ?o excelente traballo de investigación histórica e antropolóxica realizado? polo autor dos textos, Clodio González, e ?a calidade do traballo gráfico? do fotógrafo Suso Xogaina, así como o traballo da agrupación folclórica Ximiela de Louro, promotora da publicación, ?que dende hai vinte anos desenvolve un importante labor de conservación e difusión da cultura tradicional galega?
Fernández Moreda explicou que o libro, un amplo volume de 303 páxinas, ?non trata unicamente sobre o traxe de Muros?, xa que nel atópanse referencias á vestimenta tradicional de diferentes lugares da provincia da Coruña e de Galicia, ?e ás diferenzas na súa orixe e evolución ao longo do tempo en función dos labores típicos, dos costumes, da tradición ou das diferentes condicións económicas da cada zona ou lugar?.
O autor dos textos, o historiador Clodio González realizou un breve repaso histórico á evolución da vestimenta tradicional galega, que ten as súas orixes no século XVIII e explicou que, aínda que se trata dun libro sobre o traxe galego en xeral, hai unha parte do libro que se centra no traxe tradicional de Muros, especialmente o feminino, que cobra especial relevancia no texto por ser o máis citado e estudado por diversos autores, que resaltan a súa singular beleza e elegancia e a súa extensión xeográfica ao longo de todas as Rías Baixas.
O libro pretende complementar dalgún xeito ese traballo de compilación histórica iniciado por algúns dos grandes homes e mulleres das letras galegas, que no seu día dedicaron os seus esforzos á descrición poética, narrativa, ou con afán de investigación histórica e etnográfica, do traxe rexional galego. Entre eles, segundo explicou Clodio González cabe destacar a persoeiros como Rosalía de Castro, Manuel Murguía, Emilia Pardo Bazán, ou Curros Enríquez.
Clodio González explicou que o traxe tradicional galego foi a roupa cotiá dos labregos en Galicia durante os séculos XVIII e XIX, e ?non adoptou o seu carácter folclórico ata 1883 cando Perfecto Feijoo, o fundador dos Coros Galegos, o usa para actuar ante Montero Ríos?.
O fotógrafo Suso Xogaina, autor das fotografías que ilustran a publicación e responsable do seu deseño gráfico, afirmou que a idea do libro xorde cando recibe o encargo de realizar unha serie de fotografías para un calendario da agrupación Ximiela e descobre os numerosos tipos de vestimenta que garda a asociación.
Xogaina destacou que as fotografías do libro supuxeron máis de 20 horas de sesións fotográficas e un amplo equipo de persoas que traballaron para obter o resultado final. Aclarou tamén que a xente que leva os traxes nas instantáneas son integrantes de Ximiela que bailan, cantan ou tocan algún instrumento nas actividades que organiza a entidade, o que se deixa notar ?no orgullo con que levan eses traxes?.
Por último, a deputada responsable da área de Cultura da institución provincial, Caridad González Cerviño, felicitou aos autores polo resultado final da publicación e a Ximiela pola súa iniciativa e lembrou que a deputación subvenciona unha pequena exposición permanente do traxe de Muros nesta localidade.
Agora que a atención se centra sobre eles, tras gañar o certame 'Nsaio no Camiño', Gael, Brais, Xurxo, Alejandro e Aitor, membros do Som do Galpom, non só teñen que compatibilizar o traballo coa música, senón tamén coas entrevistas. "E non somos nin mellores nin peores que hai dúas semanas", advirten.
De momento, o seu obxectivo será ir gañando público concerto a concerto, como viñan facendo, e porque consideran que o escenario é o único xeito de mellorar como músico. Axiña cumprirán o seu concerto número cen, aínda que xa perderon a conta de se será no que ofrecerán o día 20 no Pub Leblon de Pontecaldelas (Pontevedra) ou no do día 27 no I Festival Mundo Dz xunto a Lamatumbá e Sweet Oblivion Band en San Sadurniño.
Pregunta: Como xurdiu o grupo?
Resposta: Xurdiu no 2005 coa intención de facer música innovadora e orixinal, por iso quixemos mesturar estes tres estilos musicais que son o funky, o reggae e o rap.
P: Non empregades sons electrónicos, malia tratarse de estilos que polo xeral si que os utilizan, a que se debe?
R: Pensabamos que nunha era na que as máquinas se apoderan de todo, era necesario dar un paso adiante facendo as bases con instrumentos. Para nós era un movemento máis moderno ca o que estamos a ver no panorama musical do momento.
P: De onde vén o nome de Som do Galpom?
R: O nome vén dunha escolla entre moitos nomes que propuxemos os que estamos no galpón e ao final saíu este, quizais por esa sonoridade redonda que ten e despois xogabamos co son, "eu son", "eles son", e despois o galpón é onde ensaiamos; para nós é un nome moi lóxico. Cada vez nos gusta máis.
P: Cales considerades que son os vosos referentes?
R: É difícil. Todos vimos de raíces diferentes. Para min [Gael], Jano vén do reggae, eu do rap, Aitor quizais máis do metal, funky e ska, o meu irmán ten un máster en música da rúa e despois está aí o conservatorio e a música clásica. Foi unha confluencia dos distintos estilos que nos gustaban e acabaron aquí, en Som do Galpom, que ten estilo propio e definido, que concilia as múltiples ideas que traían uns dun lado e outros do outro.
P: Dende un principio apostastes pola lingua galega, ao igual que outras moitas bandas neste momento, pensades que é unha moda ou que é un síntoma de normalización?
R: Está claro que agora xa non é unha heroicidade cantar en galego, senón que máis ben é unha cousa natural que xurde na xente, que xa imos pouco a pouco deixando atrás prexuízos e medos. No noso caso, foi algo natural, é a nosa lingua materna. E en xeral, creo que vai a máis, se o pensas mesmo dende un punto de vista comercial, creo que a música en galego é máis comercial ca en español.
P: Tedes esperanzas logo en abrirvos camiño fóra de Galicia?
R: Desde logo, o galego é un feito diferencial, é o que nos vai permitir estar nun escenario en Francia e ser uns que cantan en galego. E iso dálle un punto exótico e 'molón'. Eu contrataría a uns bretóns que viñeran aquí a cantar en bretón.
P: Como xustificades o éxito q está a ter a vosa proposta? Porque tampouco sodes o primeiro grupo que fai rap en galego...
R: Non, en realidade están aí Dios Ke Te Crew abrindo camiño, pero sempre dicimos que o primeiro rapeiro foi [Antón] Reixa. En realidade, a relación de Galicia co rap vén de moito máis atrás, cos regueifeiros. Nese sentido, galicia sempre foi rapeira.
P: É moi difícil facerse un oco nos escenarios? Porque xa levabades un percorrido bastante amplo antes de levar o premio de Nsaio no Camiño...
R: Si, levamos uns 97 ou 98 concertos, estamos a piques de cumprir o concerto número 100 e pensamos que apostar por tocar moito foi o que nos levou ata aquí. Cremos que isto non foi máis que a consecución dese camiño que levamos traballando dende que comezou o grupo. Tocar moito e mostrarllo a xente para que nos coñezan en todos os recantos de Galiza e de fóra.
P: Como se leva o de abordar temas 'marxinais' e asinar un contrato cunha importante discográfica do Estado a raíz do concurso?
R: Isto non é máis ca un pequeno empuxón, segundo o vemos nós. Significa dar pé máis a que nos coñezan e a un segundo disco, que nós levariamos a cabo igual e seguramente este ano, pero contar con este premio fixo que xusto o que queriamos chegase de repente. Non estamos aquí para preguntarnos iso, senón que intentamos chegar ao maior número de xente que poidamos, dende persoas maiores a nenos pequenos. Comezamos polo underground, 'gariteando' por aí, pero tendemos a querer mostrar esto a toda a xente que poidamos.
P: Como vos enfrentades a ese segundo traballo?
R: Con moitísimas ganas, porque cremos que nos imos atopar con medios moi bos, e agora todo está nas nosas mans. Temos ganas de traballar moitísimo, de ensaiar, de compoñer novos temas... traballar e traballar para que o resultado do disco sexa o mellor. Aínda non temos moi claro o tema, está todo un pouco no aire.
P: Compaxinades a música con outras actividades, védesvos no futuro dedicándovos a isto ou védelo complicado?
R: O soño está por aí, en dedicarnos a isto, pero non o sabemos. De momento todos traballamos, agás Aitor, que segue estudando, e tentamos compaxinalo o mellor que podemos. Supoño que os nosos xefes ás veces están un pouco ata os 'güevos', pero é o que hai.
PAI Musica editará Cantos na Maré un CD que incluirá unha escolma dos concertos ao vivo feitos na praza da Ferraría e no Pazo da Cultura de Pontevedra dos anos 2004, 2005 e 2006. Nas 5 edicións xa feitas participaron artistas de Galicia, Portugal, Brasil, Angola, Guinea Viau, Cabo verde, Mozambique...
Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía é un evento internacional pioneiro que nace en Galiza como unha aposta musical singular: trazar un mapa común entre os diferentes territorios da lusofonía a base de ritmos, sons e melodías. O espectáculo caracterízase por ser un proxecto de aproximación de culturas e fomento da diversidade, que abre novas oportunidades de proxección á creación artística. Un dos eixes principais é o seu formato innovador, baseado na súa construción colectiva, onde artistas de diversas orixes conviven preparando un repertorio exclusivo que interpretan en conxunto. Este intercambio cultural activo é a base da filosofía do festival, resultando como valor engadido un produto musical exclusivo de altísima calidade artística.
Cantos na maré naceu coa intención de render unha homenaxe ao mar como lugar de encontro, como fonte de vida e de morte, de lendas e de tradicións. Naceu para celebrar o encontro de voces-sereas do Atlántico que contan, cantan e suman; as voces de poetas, letristas e escritor@s galeg@s, portugueses/as e brasileiros/as que están unidos polos sentementos e valores culturais deste fecundo universo galego-portugués.
Así, Cantos na maré significa unha ocasión para fundir e difundir o alalá, o fado, a morna, o samba, o forró e a marrabenta e destilar así un único sentir con perfumes moi variados de países como Brasil, Mozambique, Guiné Bissau, Cabo Verde e como non, de Galiza. Un paseo polos ambientes e polos ritmos destes fascinantes lugares imprimindo sempre un aire festivo e de intercambio, de afinidades que veñen dadas por este contacto atlántico e tamén pola lingua que nos une.
Supón tamén unha autoafirmación, unha necesidade de prenderse á terra, ás lendas que aínda están vivas, ás terras atlánticas máxicas e míticas, que se corresponden cunha certa e determinada visión do mundo, unha cosmovisión, que conteñen importantes elementos de comprensión das pautas culturais e psicolóxicas destas terras ricas en contrastes e moi atractivas aos ollos do mundo.
A banda base, formada por músicos dos países lusófonos, enriquecen a proposta musical con cavaquinho, percusión africana e instrumentos galegos máis universais.
Cada edición, os artistas ceden os seus dereitos a unha ONG.
O artesán lucense ideou un enxeño musical que revoluciona a música tradicional galega ao permitir o tempero da gaita sen lle tocar á palleta.
O punteiro afinábel de Lis Latas vén de gañar a primeira edición dos premios Artesanía de Galicia. O enxeño patentado en 2002 tamén obtivo o premio en outubro de 2004 ao mellor invento do mes outorgado polo Club de Inventores Españois.
Vieiros: Como deu en imaxinar un enxeño como este?
Lis Latas: A idea comezou case por casualidade, como todas estas cousas. Aló polo ano 2000 comezamos a pensar que o ideal para tocar a gaita en condicións óptimas sería que existise un punteiro afinábel, un enxeño que permitise axustar o ton do instrumento sen ter que manipular a palleta. Esta peza é unha parte do punteiro tradicional que dá unha pequena marxe de tempero pero, á parte, tamén é fonte de son. Calquera pequena manipulación que permite a palleta para afinar a gaita fai que o instrumento perda sonoridade. O que fixemos foi separar a fonte de tempero da fonte de son.
Por que é tan complexo temperar unha gaita?
Todos os instrumentos teñen un estándar de afinación. Unha gaita achégase a este estándar só nunhas condicións de humidade e temperatura concretas, pero o gaiteiro non toca sempre a cuberto e ten moitos problemas nos directos.
Como é que até os 28 anos non comezou a fabricar gaitas, e tres anos despois patenta o afinábel?
Cando me deu por construílas eu traballaba en Musical Arco Iris e no grupo Reviravolta. Cun ano por diante, avisei: "dentro dun ano marcho e deixo todo, vou facer un obradoiro de gaitas". Cando marchei, aló polo 1999, invertira millóns de pesetas en maquinaria para facer gaitas sen sequera as coñecer por dentro e sen saber construílas, por suposto. O gran problema deste país é que ninguén che ensina a facer instrumentos. Cando chegas a un obradoiro, os artesáns sinxelamente bótante, como se foses roubarlles un segredo.
A chave foi o traballo en equipo con Pepe Vaamonde. Grazas á súa exixencia e ao seu control de calidade fomos avanzando rapidamente até 2002, cando patentamos o primeiro prototipo. Era un punteiro en tres pezas que xa tiña vantaxes, pero non as suficientes. Pasou tempo e despois dun estudo polo miúdo, fixemos unha adición á patente anterior e desenvolvemos o punteiro definitivo. Tamén patentamos moito máis do que chegaremos a desenvolver, porque a idea ten moitas aplicacións, pero non son viábeis aínda. Camiñamos en función das necesidades e, de momento, só temos dez dedos nas mans.
Que supón a efectos prácticos?
Mediante este sistema, a responsabilidade da afinación deixa de depender exclusivamente da palleta, da temperatura e da construción, pasando así a se poder modificar dependendo das necesidades.
Pode alguén preferir o punteiro antigo?
O afinábel e o punteiro tradicional non son incompatíbeis para nada. Quedan puristas do instrumento que, coma nós ao principio cos teléfonos móbiles, aínda pensan que non é útil, pero tamén hai quen xa só toca co moderno porque o considera unha mellora, coma Suso Vaamonde, que me dixo: "eu teño que subir ao escenario coa mellor ferramenta ao meu alcance e, para min, os teus punteiros son os mellores do mercado". É coma Fernando Alonso; se pode correr cun Ferrari non o vai facer nun Renault.
Que vantaxes ten sobre o punteiro convencional? Presenta algún inconveniente?
O afinábel é mellor porque soa igual que un fixo. Todo son vantaxes: se nas mesmas condicións producen a mesma calidade de son e, á parte, ten a posibilidade de se axustar, significa que é mellor. Hai máis diferenza entre dous gaiteiros palleteiros, ou entre construtores ?gaitas Seivane, Mouriño, Sil?- que entre unha gaita soando con punteiro afinábel e outra cun fixo, non se distinguen.
Os defectos que pode ter o punteiro axustábel son os mesmos que podería ter un tradicional, pero menos: falta de notas graves para interpretar repertorios máis amplos, etc? por iso en 2008 ampliamos a patente de 2004 e creamos o 'punteiro de concerto', que grazas á incorporación das chaves, engade dúas notas por baixo que permiten interpretar pezas clásicas completas, algo que antes era impensábel, porque o rexistro do instrumento non o permitía. Simplemente, non tiña esas notas.
Xa hai quen toca seguido cos teus enxeños?
Os irmáns Vaamonde, Brais Monxardín, Xosé Manuel Budiño, Iván Costa, Anxo Pintos? Pepe Vaamonde vai quitar novo disco á rúa no que inclúe tres ou catro temas tocados con punteiro de concerto. Isto ten unhas connotacións moi especiais, posto que aproveitou esas dúas notas de máis que ofrece esta variante para crear un repertorio axeitado ás posibilidades do instrumento.
Que lle parece a fusión da música tradicional?
A fusión na música paréceme non só boa, senón necesaria. A música é algo vivo, de non se complementar estaría nos museos. É necesario continuar tocando repertorio tradicional á vez que agroman grupos innovadores ou mesmo transgresores. Táñolle moito medo aos puristas. Algúns deles son personaxiños perigosos, xeralmente malos ou mediocres músicos que non pasan tempo tocando, senón elaborando teorías sobre a pureza. Poñerlle fronteiras á música é moi complicado.
Que opina da polémica das ?guerras de gaitas??
Téñoo moi claro: O Miño non pasa por Escocia. É un tema do grupo Reviravolta que compuxemos cando empezou en Ourense o asunto da gaita marcial escocesa. As bandas en Galiza naceron da sinxela necesidade de agrupar a todos os gaiteiros. En troques, as bandas escocesas son herdeiras dunha tradición militar que non existe neste país. Marchar desfilando cunha gaita marcial cos roncos colocados cara arriba é un calco dunha tradición estranxeira e unha falta de amor propio. E subvencionar con cartos de todos unha "real banda" baixo o falso pretexto da defensa dunha tradición que non é nosa, non me parece xusto.
Artistas galegos presentan o eclecticismo feito disco
Logo de tres anos de traballo en estudio, a experiencia de Ecléctica Ensemble aparece materializado nun disco homónimo que se presentou na Fnac da Coruña e o martes 16 no Museo Marco de Vigo. Ambas presentacións acompañadas dun espectáculo multimedia con DJ Nathan Carter e VJ Nela.
Como voceiro dos responsables do disco, Ramón Pinheiro explica que Ecléctica Ensemble non é un grupo, senón "un espazo de creación, de improvisación e de perversión da nosa tradición persoal".
Ao longo dos oito anos nos que se veu mantendo, o proxecto levou consigo algúns concertos e a actuación no musical de Carlos Blanco 'Dillei'. Hai catro anos, decidiron concretar a súa experiencia nun traballo que reunía artistas da mesma xeración e con "conexións claras na maneira de traballar". Entre eles, atópanse Ugia Pedreira, Ramón Pinheiro, Richard Rivera, Davide Salvado, Nacho Muñoz, Óscar Fernández, Philippe Copin, Pedro Pascual e Fernando Abreu, mentres que Martázul, Lucía Aldao, Estevo Creus e Quico Cadaval colaboraron cos seus textos.
O resultado son seis temas que poden descargarse da web do grupo baixo licenza Creative Commons. Os artistas editaron 900 exemplares venais, cunha edición moi coidada, xa que inclúe vinilo, CD e póster, cos deseños de Misha Bies Golas e Pancho Lapeña.
Compoñedores de sons
Cada tema é unha mestura de varias improvisacións de moitísimas horas. "O que fixemos foi compoñer, literalmente, como compoñedores, todos os sacos de ideas de moita xente, cortando e pegando temas que nunca xamais se tocaron nin se tocarán tal como están aí gravados", explica Pinheiro. "Recolle o espírito de reelaboración permanente, de material compartido e ata chega a perderse a autoría", engade.
Así, non é raro atopar música tradicional mesturada con bases electrónicas, jazz e outros moitos estilos de xeito harmónico e á vez desacougante, ou como di Pinheiro, "cunha estética oscura". "Os músicos que participamos vimos do campo da música tradicional e quixemos utilizala como un recurso máis, pero a improvisación servía un pouco para liberarnos tamén das fórmulas preaprendidas, a idea era deixar fluír as cousas; e para iso tes que botar anos experimentando", indican, despois de desbotar a pretensión de "facer algo actual con música tradicional".
Ecléctica regresou aos escenarios o pasado mes de xuño, na festa de 15 aniversario do CGAC, na que participaron videocreadores e coreógrafos. Pero non teñen previsto ofrecer novos espectáculos. "Este disco é un peche dunha etapa, pero é certo que quedaron tubos comunicantes entre moitos artistas", aclara o fundador de Ouvirmos, quen insiste en que "nunca houbo nada planificado". Así que a pregunta segue no aire: Continuará?
Abrése hoxe 15 de setembro e até o 1 de outubro, o plazo de prematrícula para o acceso no curso 2008/2009 de aCentral Folque Compostela.
O proceso consta de:
Prematrícula
Proba de acceso/ audición
Formalización da matrícula.
As materias impartidas son:
Canto
Gaita
Percusión tradicional
Sanfona
Violino
Acordeón diatónico
Frautas e requinta
Linguaxe Musical
Hª da música popular galega
Proceso de matriculación:
PREMATRÍCULA: Entregar o documento de prematrícula nas oficinas do Centro:
- Rúa Salvadas 22, baixo. 15705 Santiago de Compostela en horario de luns a venres: 10- 18 h
- enviando por correo electrónico o formulario web no enderezo: matricula@folque.com
Datas: entre o 15 setembro e 1 de outubro.
PROBA DE ACCESO/audición: proba de aptitude en instrumento e solfexo para determinar nivel de ingreso na sede de ensino de acentral Folque na Escola de Altos Estudos Musicais no Parque de Vista Alegre s/n. 15705 Santiago de Compostela.
Datas (por orde de chegada):
- 3 de outubro: 16 h - 20 h
- 4 de outubro: 10 h -14 h
MATRÍCULA: formalización de matrícula do alumnado selecionado na proba de acceso co pagamento no banco da cantidade total polas materias a cursar.
Datas: 6 - 17 de outubro.
O resultado da audición para o ingreso, realizarase mediante correo electrónico.
canto custa?
150 ? anuais por materia + seguro escolar.
Tras a incertidume do último ano, abre as súas portas aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Tras o éxito do desaparecido Conservatorio de Música Tradicional e Folque nunha andaina de sete anos na súa sé de Lalín, o equipo de produción e docente volve á fronte para botar a andar este novo centro ubicado no barrio de Vista Alegre de Santiago de Compostela.
As oficinas administrativas estarán na Rúa Salvadas 22, baixo e as aulas impartiranse na Escola de Altos Estudos Musicais no Parque de Vista Alegre.
Neste curso impartiranse aulas de:
-Canto (Guadi Galego),
-Gaita (Edelmiro Fernández),
-Acordeón diatónico (Pedro Pascual),
-Frautas e requinta (Roberto Sala),
-Percusión Tradicional (Francisco Estévez ?Chuco?),
-Sanfona (Óscar Fernández),
-Linguaxe Musical (Benxamín Otero),
-Historia da música popular galega (Ramóm Pinheiro)
-Violino (Quim Farinha)
O equipo de aCentral Folque garantirá a continuidade de proxectos complementarios ao ensino regular en Santiago de Compostela cos cursos monógraficos, intensivos de verán e encontros internacionais de instrumentos.
Nos vindeiros días, colgaremos máis informacións e xeitos de matriculación na propia páxina web e en notas de prensa.
O prazo de prematrícula comezará o luns 15 de setembro e pechará o 1 de outubro. A matrícula formalizarase durante o mes de outubro.
Abrirá en breve tamén o prazo de matrícula para a AFI, Aula Folque Infantil de Pontevedra.
Sexta feira 12 (Venres)
? Nova Galega de Danza na Coruña no Teatro Rosalía de Castro ás 21:00
? A Quenlla en Culleredo ás 21:00 no Edificio de servizos multiples do Burgo
? Trapallada na Fundaçom Artábria, Ferrol
? O Sonoro Maxín en Rianxo
? Fervenza de músicas (Ouzande-A Estrada): Retrouso (Ouzande), Regato de Matamulleres (Callobre), Xa son faif (Teo) e a Requinta da Laxeira (Sarandón-Vedra) ás 22:00
? Samesugas, The Homens e Royalties nas Festas de Ferrol Vello
? Festival de Elviña (A Coruña): Bonovo, Quempallou e Ultraqans
Sábado 13
? Festa dos Axouxeres en Ourense, ás 12:00 no Parque da Barbaña
? II Xornadas Campás e Campaneiros en Pontecaldelas
? Reconquista da Illa de Toralla ás 18:00
? Uxía en Narón no Auditorio Municipal ás 20:00
? Brath e Xúa en Betanzos no Edificio Liceo ás 22:30
? Donicelas, Inquedanzas,... nun Festival benéfico en Salceda de Caselas
? Nova Galega de Danza na Coruña no Teatro Rosalía de Castro ás 21:00
? Festival Pataca en Burela (Lugo): Torques, Árvore, Ulträqäns, Zairus,...
? Festival Pé na Estrada: Kussondulola, Galegoz, O Sonoro Maxín, Sacha na horta,...
? Festival Alxén Folc (Salvaterra de Miño: Banda de Gaitas de Entenza, Quempallou e Ruote
? Serán das Tarambainas (Lavadores-Vigo)
Domingo 14
? Festa dos Axouxeres en Vigo, na Praza do Rei ás 12:00
? Acústico Feminino no Barco de Valdeorras
? Ruote e Zirikollos en Cambre
Ó casco vello de Melide, a zona dos viños e a praza das Coles preparan as suas mellores galas para celebrar ó domingo, 14 de setembro de 2008, a festa mais querida polos melidenses, o San Caralampio.
Programa: Alboradas con gaiteiros do país e pasarúas todo o día coas charangas, Tralla 101 (Melide), Os amigos de Visantoñae e Air Jalisia.
Pola mañá Concurso de debuxo "Alberte Lafuente" (fundador da festa) e Tiro á Lata con escopetas de pao (no Pozo Pequeno). Ó mediodía pementos e cachelos de balde.
Actuación estelar da BANDA DO PETO cos seus instrumentos particulares.
A iso das nove na praza das Ichoas pasarùas e concerto do grupo de Mos, The Turre`s Band, e a partires das 11 romaría coa orquestra M3.
O alumnado de novo ingreso, debe realizar unha preinscrición, realizar unha proba de aptitude e finalmente formalizar a matrícula.
Oferta de novas prazas: documento no que se detalla a oferta de novas prazas, en función da especialidade, grupo e horario. Curso 2008-2009.
Preinscricións e Matrículas
Documentación requirida
Impreso de preinscrición: descargue aquí o documento para solicitar a preinscrición.
Impreso de matrícula: descargue aquí o documento de para formalización de matrícula, unha vez superada a proba.
Prazos e datas
Preinscricións: do 4 ao 11 de setembro de 2008.
Publicación listado de preinscricións e horario das probas: 12 de setembro de 2008.
Datas das probas: 15, 16 e 17 de setembro de 2008.
Exposición de listaxe de admitidos segundo as probas: 18 de setembro de 2008.
Formalización de matrícula: do 22 ao 26 de setembro de 2008.
Exposición de listas definitivas: 29 e 30 de setembro de 2008.
Como facelo
Presencialmente:
Lugar: Secretaría da e-Trad.
Horario: De luns a venres de 10:00 a 14:00 horas. Por internet:
E-mail: preinscricions.e-trad@vigo.org
Alumnado procedente do antigo departamento de Música Tradicional da EMAO
Matriculación
Documentación requirida:
Impreso de matrícula: descargue aquí o documento para formalizar a matrícula.
Impreso de solicitude de convalidación: é obrigatorio matricularse na materia que se pretende convalidar mentres non se comunique a efectividade da convalidación, expresamente concedida pola Comisión de Coordinación Pedagóxica.
Fotocopia do DNI.
Prazos Exposición de listas definitivas: do 2 ao 7 de setembro de 2008.
Formalización de matrícula: do 8 ao 16 de setembro de 2008.
Como facelo
Presencialmente:
Lugar: Secretaría de la e-Trad
Horario: De luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.
Horario das clases (curso 2008 / 2009)
O curso comeza o 1 de outubro de 2008.
As clases impártense de luns a venres, en horario de tarde: entre as 16:00 e as 21:00 horas.
Pode consultar a distribución das clases por Aulas e Especialidades no seguinte documento:
A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande presenta un novo proxecto musical: fervenza de músicas. Trátase dunha foliada de música tradicional e popular que terá lugar o próximo venres 12 de setembro no campo da festa de Ouzande (A Estrada), a partir das 10 da noite.
Os grupos convidados son
- Retrouso (Ouzande)
- Regato de Matamulleres (Callobre)
- Xa son faif (Teo)
- Requinta da Laxeira (Sarandón-Vedra)
Por suposto estás convidado/a a vir pasalo ben, e se queres trae algún instrumento que non hai hora para o remate da festa.
Teremos carro de polbo e churrasco, e o campo ben cuberto para estar ao enxoito.
web: carreiros.blogspot.com
Samesugas, Royalties e The Homens actuarán este venres 12 no Festival Parrockcheira, ás 22.00h na Praza Vella
Estas tres bandas compostelás actuarán no festival integrado nas Festas de Ferrol Vello que organiza a AA.VV. deste histórico barrio ferrolán. O evento serviralles aos grupos para presentar os seus últimos traballos discográficos.
No caso de Samesugas e The Homens, o Parrockcheira será toda unha festa para dar a coñecer o single 7" compartido que veñen de editar con Lixo Urbano e Crack! Records, unha roda de vinilo laranxa na que as bandas se versionean mutuamente e inclúen ademais un tema inédito por barba. Os Royalties, pola súa parte, levarán a Ferrol o seu recente CDEP de debut, Quero Rock'n'Roll con 5 temas propios.
Lixo Urbano montará no festival un posto cos dous traballos e con material dos tres grupos.