Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festa homenaxe a Xosefa de Bastabales

Esta corta-feira, mércores 13 de agosto, a partir das sete do serán, Xosefa de Bastavales será a protagonista dunha grande festa. Merenda-festa, na Gentalha do Pichel de Compostela, a FESTA de XOSEFA homenaxeará a grande cantadora e bailadora. Música e petiscos na honra dunha muller que popularizou o seu talento despois de virlle de veciño un famoso desaparecido hai 20 anos e que formou parte imprescindible daquela época Bravú.

A señora Xosefa ? cantadora e bailadora- é unha artista extraordinaria. Conta que o día máis feliz da súa vida foi aquel no que lle regalaron unha pandeireta. Natural de Gorgullos, tras do seu casamento afincouse definitivamente en Bastavales. Hai vinte anos a chegada dun novo veciño descubriu e popularizou o seu talento: Manu Chao. Convidada por el participou con outros artistas galegos ?Rastreros, Papaqueixos, Gharotas, Diplomáticos- en grandes viaxes musicais en Lyon, Barcelona; ou no ano 98, en Compostela, na mítica Feira das Mentiras.
A señora Xosefa de Bastavales tamén exerceu de reporteira musical no programa ?Que Serán? da ?TVE en Galiza?, onte entrevistou a moitos artistas galegos e internacionais: Cesária Évora, Treixadura, La Vieja Tova Santiaguera ou o mítico Compay Segundo.

Este mércores, na Gentalha do Pichel ( Santiago) a partir das sete do serán, será protagonista dunha grande festa. Nesta sesión merenda-cea, alén da propia señora Xosefa, actuarán outras artistas herdeiras directas do seu talento: Marisol Manfurada, pioneira do rap en galego; e As Gharotas da Ribeira, raíñas da música mestiza en Barcelona; con Sofía de Labañou ( ex-vocalista do conxunto ?Botas de Ante Negras?), como mestra de cerimonias.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-08-2014 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 11 (Luns)
? Ardentía na alameda de Gondomar ás 22:30
? Roi Casal en Maceda na Praza do surtidor ás 23:30

Terza feira 12 (Martes)
? Pesdelán ás 19:30 no ​Campo da Festa de Rois
? Tiruleque ás 22:00 no porto de Muros

Corta feira 13 (Mércores)
? Festa homenaxe a Xosefa de Bastabales na Gentalha (Compostela) ás 19:00
? Treixadura na Praza Maior da Cañiza
? Óscar Ibáñez & Tribo, Andrés Penabad e Lenda Ártabra ás 22:30 en Cedeira

Quinta feira 14 (Xoves)
? Festival As nosas músicas (Couso-A Estrada): Radio Cos, Pelepau, os d´abaixo, Calandrakas
? Rábade Folc: Treixadura, Os Minhotos, ...
? Festa Rock Besomaño (Ribadumia): Medomedá, Recambios Tucho e Fora de Servicio
? Caxade nas adegas Martín Codax (Cambados)
? Milladoiro ás 22.30 na Praza de España de Pontevedra
? Fracasados de antemano no pub Gatos (Melide)
? Cantos de Taberna en Pontevedra con Ghusto do Boi e Abódriga ás 22.00h

Sexta feira 15(Venres)
? Cristina Pato ás 22:00 na Praza de Pablo Iglesias (A Coruña)
? Fol de Veneno en Malpica
? Cantos de Taberna en Pontevedra con Maravallada e Regato de Matamulleres ás 22.00h

Sábado 16
? XII Festival de música e baile tradicional Aleivosía en Rianxo
? XII Noite Folc de Negreira: Milladoiro, Malvela e Carapaus
? Festa Folc de Vilariño (Cangas do Morrazo): Xistra, Os Cempés, O Sonoro Maxín e La Tarrancha
? Festa galega (Malpica): Quempallou, Treixadura e Sés
? Marful na praza da casa da Torre (Redondela) ás 22:30
? A Bagunda en Palas de Rei na praza da feira ás 23:30

Domingo 17
? XV Festival Folk de Fornelos de Montes: Ardentía e Banda Baile Asalto
? Sés na Praza da Ferraría (Pontevedra) ás 21.00
? Xacarandaina ás 22:30 na Praza de María Pita (A Coruña)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 11-08-2014 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Roi Casal en Maceda
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-08-2014 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
XII Festival de baile e música tradicional Aleivosía (Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-08-2014 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
XV Festa Folc de Vilariño (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-08-2014 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
XII Noite Folc de Negreira
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-08-2014 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
XV Festival Folk de Fornelos de Montes
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-08-2014 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 8 (Venres)
? Castelo Rock (Muros): O Caimán do río Tea, Trapallada, Gatillazo,...
? Novo Cruceiro Rock (Vila de Cruces): Machina, Superoito, Skandalo GZ, Maldizer
? Treixadura na Praza do Xardín Umbrío de Vilanova de Arousa
? Lulavai en Castrelo do Miño ás 21:30
? Ardentía na alameda de Gondomar ás 22:30 adiado
? Balakandra e Ses na Praza Esther Pita de oleiros ás 22:00
? Luis Emilio Batallán no Mosteiro de San Salvador (Celanova) ás 23:00
? Concertos na Noite branca de Vigo: Camarada Nimoy, Narf, Xardín desordenado, Najla Shami, Clave de fado,...

Sábado 9
? Festival 23373 en Begonte (Lugo): Tiruleque, Milesios e Ruxe Ruxe
? Festival A noite do Mouchos (Darbo-Cangas): Abóbriga, Recambios Tucho, Leo Arremecaghoná,...
? Castelo Rock (Muros): Machina, Terbutalina, Los Suaves,...
? Lulavai, Anxo Pintos e Antoìn Corral no claustro da Catedral de Tui ás 21:30
? Sés e Victor Aneiros en Castrelo do Miño ás 21:30
? Treixadura en Quiroga
? Esquíos no Twist & Shout (O Grove)
? Rosa Cedrón na Alameda de Gondomar ás 22:30
? Quempallou na Praza Esther Pita de Oleiros ás 22:30

Domingo 10
? Pesdelán en Melide adiado
? Guezos nas Festas de Graíces (A Peroxa-Ourense)
? Talabarte no Aturuxo (Bueu) ás 21:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-08-2014 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Sés e Victor Aneiros en Castrelo de Miño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-08-2014 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
II festival Alto Támega (Laza)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-08-2014 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos na Noite branca de Vigo

Venres 8 de agosto


- Camarada Nimoy ás 20:00 na Casa das artes
- Narf ás 21:00 na Fundación Laxeiro
- Xardín desordenado ás 22:00 na Praza da Princesa
- Najla Shami ás 23:00 na Pinacoteca Fernández del Riego
- Clave de fado ás 24:00 na Praza da Princesa
- Narf ás 01:00 na Fundación Laxeiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-08-2014 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Anxo Pintos e Antón Corral en Tui


CONCERTO | ANXO PINTOS E ANTÓN CORRAL

Concerto en homenaxe ao mestre da música tradicional galega Antón Corral.

Sábado 9 de agosto ás 21.30h.
Claustro Gótico
Acceso libre até completar aforo


O músico e percusionista tudense Ramón Corral comparte palco nunha noite para a memoria e emocións colectivas co recoñecido músico vigués Anxo Pintos, cofundador da Banda de Gaitas Xarabal, do grupo Matto Congrio e Berrogüetto, na actualidade mestre de zanfona da e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo) e membro coordinador da Orquestra Folk de Galicia SondeSeu. O obradoiro de Instrumentos Musicais Populares Galegos fundado polo mestre e neste momento dirixido, dende o barrio de San Bartolomé de Tui, por Ramón Corral, convértese de forma máxica no enlace destas dúas xeracións que continúan o ronsel e o bo facer de Antón Corral e contaxian os valores e o amor pola música e instrumentos da cultura popular galega, como a gaita e a zanfona.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-08-2014 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Rockin´Vila (Vilanova de Arousa)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-08-2014 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
Leña verde e proxecto danza en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-08-2014 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
Liska! en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-08-2014 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
Uxía en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-08-2014 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Milladoiro e Tiruleque na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-08-2014 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
II Concurso de Cantos de taberna (A Guarda)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 05-08-2014 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Pesdelán con Cántigas e Frores en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-08-2014 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
I Festival Internacional de Arpa Vila de Noia

Santa Maria a Nova:

Dia 5, 20 horas: Alba Barreiro (Galicia), arpa clásica.

Dia 6, 20 horas: Bleuenn Le Friec (Bretaña), arpa clásica.

Dia 7, 20 horas: Laiose Kelly (Irlanda), arpa celta.


Praza do Tapal:

Dia 5, 21 horas: Lulavai (Galicia)

Dia 6, 21 horas: Primordiais (Galicia)

Día 7, 21 horas: Rodrigo Romaní (Galicia)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-08-2014 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folc Rock nas Portelas (Lubián)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-08-2014 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
III Fiandón de Merlán (Palas de Rei)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-08-2014 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Cruceiro Rock (Vila de Cruces)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-08-2014 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
A noite dos Mouchos (Darbo-Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-08-2014 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Castelo Rock (Muros)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-08-2014 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Festival 27373 (Begonte)
A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte vai organizar a Terceira edición do Festival 27373 que terá lugar o sábado 9 de agosto no Club Fluvial de Begonte que, amablemente, volve ceder as súas instalacións para a celebración deste festival.

O Festival está dividido en dúas partes. Polo día, a programación vai dirixida aos máis pequenos. A partires das 12:00 comezamos coas actividades deportivas que estarán a cargo na empresa de Begonte Non Estreses, que vai ofrecer paseos en kaiak polo marabilloso entorno do río Ladra, esta actividade prolongarase ata ben entrada a tarde. A sesión vermú estará amenizada polo grupo de música tradicional Os Cans de Palleiro de Lugo. Xa pola tarde, ademais das actividades deportivas, teremos diferentes propostas culturais para @s pequen@s. Ás catro e media, comezará un obradoiro de xogos e baile para nenos e nenas impartido por Branca Villares. Ás seis da tarde, e para rematar o festival de día, un peche de auténtico luxo, Peter Punk e o seu espectáculo O neno imperdible, unha actuación que non vai deixar indiferente a ninguén e que vai gustar a cativos e grandes.
É un bo día para pasar coa familia a carón do río, xantando e compartindo sobremesa nunha zoa que conta con tódolos servizos, nun entorno de ribeira perfectamente acondicionado e coidado, onde se pode gozar dun baño, xantar nalgunha das mesas ou mesmo no campo e pasear á beira do río ao tempo que participamos nas distintas actividades.
Pola noite, abrirán o festival os chairegos Milesios Música Celta, que virán ofrecer a súa viaxe polas músicas atlánticas desde Galicia ata Irlanda. Desde A Coruña e co terceiro premio do Festival Runas de Ortigueira debaixo do brazo, chega Tiruleque, tradición e modernidade para quentar o torreiro. E para rematar, Ruxe-Ruxe coa súa contundencia musical e ideolóxica presentando a seu traballo discográfico Némesis, un broche de ouro para rematar esta terceira edición do 27373.

Queremos agradecer a axuda económica da Deputación de Lugo, sen ela sería imposible facer este festival. Ao Concello de Begonte pola axuda económica e en infraestruturas. Ao Club Fluvial de Begonte por prestar as súas marabillosas instalacións. Aos grupos que veñen a este festival que fixeron un grande esforzo económico para participar nel. Ás empresas e organizacións colaboradoras, Non Estreses, Cervexa Artesá Aloumiña e AC Madia Leva. Tamén a todas aquelas asociacións culturais, artesáns, músicos que vaian vir ao festival e, por suposto, agradecer a presenza de todas as persoas que se acheguen ata Begonte a pasar un día cheo de actividades culturais nun entorno incomparable.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-08-2014 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 4 (Luns)
? Xoan Curiel na sala A Ventana (Laxe)

Terza feira 5 (Martes)
? Lulavai na Praza do Tapal de Noia ás 21:00
? Cantata Vernácula no Carballiño ás 22:30

Corta feira 6 (Mércores)
? Festival Folc das Portelas (Lubián): Xosé Manuel Budiño, Os Vacalouras., Mayalde...
? III Fiandón de Merlán (Palas de Rei) con Tiruleque
? Pésdelan e Cántigas e Frores nos Xardíns da Deputación de Lugo ás 18:30
? Primordiais e Ghaveta na Praza do Tapal de Noia ás 21:00
? Talabarte na sala A Ventana (Laxe)

Quinta feira 7 (Xoves)
? Rockin Vila (Vilanova de Arousa): Ruxe-Ruxe, Superoito,...
? Leña verde e Proxecto danza nos Xardíns da Deputación de Lugo ás 21:00
? Narf Trío en Mondoñedo na praza do concello ás 22:30
? Ses e Santiago Auserón na adega Martín Codax (Cambados)
? Milladoiro e Tiruleque ás 22:00 na Praza de María Pita (A Coruña)
? Rodrigo Romaní na Praza do Tapal de Noia ás 21:00

Sexta feira 8 (Venres)
? Castelo Rock (Muros): O Caimán do río Tea, Trapallada, Gatillazo,...
? Novo Cruceiro Rock (Vila de Cruces): Machina, Superoito, Skandalo GZ, Maldizer
? Treixadura na Praza do Xardín Umbrío de Vilanova de Arousa
? Lulavai en castrelo do Miño ás 21:30

Sábado 9
? Festival 23373 en Begonte (Lugo): Tiruleque, Milesios e Ruxe Ruxe
? Festival A noite do Mouchos (Darbo-Cangas): Abóbriga, Recambios Tucho, Leo Arremecaghoná,...
? Castelo Rock (Muros): Machina, Terbutalina, Los Suaves,...
? Lulavai no claustro da Catedral de Tui ás 21:30
? Treixadura en Quiroga
? Esquíos no Twist & Shout (O Grove)

Domingo 10
? Guezos nas Festas de Graíces (A Peroxa-Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-08-2014 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en Gondomar do disco do Corp Cantares de Brión
PRESENTACIÓN DE "ARRUÍDOS", primeiro disco do Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN.

Venres, 1 de agosto, ás 22:30 horas, na Alameda de Gondomar, concerto de presentación do disco "Arruídos", do coro tradicional Cantares do Brión.


No repertorio, a maior parte das pezas gravadas para o disco e algunhas de nova incorporación.
Algunhas sorpresas, como baile e representación teatral, relacionada coa tradición oral da serra do Galiñeiro.

A acollida do disco "Arruídos", no mercado desde o 15 de maio, está resultando excelente, de xeito que foi xa reeditado recentemente.

Este coro, de recente creación, está sendo moi valorado e favorablemente glosado por xentes da nosa cultura como Xosé Neira Vilas, Xosé Luís Méndez Ferrín ou Manuel Bragado.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-08-2014 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Tnankllada (Tomiño)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-08-2014 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Son de gaita (Castro Caldelas)
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-08-2014 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0