Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festa de música folk no Filandón do Caurel (07/08/2011)


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-08-2011 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Unhas 30.000 persoas participaron no Festival de Pardiñas
Unhas 30.000 persoas participaron a fin de semana na XXXII edición do Festival de Pardiñas, organizado pola asociación cultural Xermolos no municipio de Guitiriz (Lugo).

A cita, que se prolongou desde o venres até altas horas da madrugada do domingo, "foi unha das máis multitudinarias da historia do festival", segundo o presidente de Xermolos, Alfonso Brlnco, quen matizou que "aínda que houbo máis xente que nunca", "os niveis de gasto dos visitantes nos postos reducíronse á metade, respecto ao ano anterior".

Blanco sinalou que "o espírito de Pardiñas está e seguirá vivo"; xa que "ano a ano a xente segue apoiando a proposta". O presidente de Xermolos destacou que "os visitantes da cita son moi variados: desde grupos de música que veñen tocar por pracer até familias enteiras de romaría, pasando por maiores como Avelino Pousa Antelo, que entregou obsequios a nenos".

"Xermolos traballa esta semana para deixar todo limpo mellor que o atopamos", afirmou Alfonso Branco, que quixo agradecer a todos os participantes o "bo comportamento e a fraternidade reinante no fin de semana".

O presidente de Xermolos comentou que se porán a traballar na trixésimo terceira edición no inverno", pero "xa hai grupos e artistas que trouxeron os seus cds e propostas a este festival para telos en conta á hora de elaborar o próximo cartel", engadiu Alfonso Blanco.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-08-2011 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
A Carballeira de Zas demostrou o seu alto poder de convocatoria
Hai moitos anos (con 28 edicións, isto xa se pode dicir con propiedade), a Festa da Carballeira tivo que pelexar para facerse un oco no panorama folk galego e practicamente nacional. Consolidado ese posto varios lustros atrás, coa confianza que dá ter lexións de seguidores fieis que abrazan os carteis aínda sen saber quen son exactamente algúns dos grupos invitados, o seu único inimigo é a choiva. Non tanto a que cae, como pasou tantas veces (hai dous anos, por exemplo) como a que pode caer e, finalmente, non o fai.

E isto foi o que ocorreu o sábado. Luciu unha noite case estrelada, o chan non estaba enlamado (a entrada, un pouco), a música encantou e sorprendeu, pero os agoiros da mañá deixaron nas súas casa, ou noutros lados, a potenciais espectadores. Recoñecíao onte a incombustible Lupe Neto, presidenta da asociación Castro Meda, a entidade organizadora. Se en anos anteriores podíase falar dunhas 10.000 persoas que foron pasando por Velar, nesa ocasión recoñece que talvez a cifra máis adecuada ande polas 7.000. Números maiores, pero que rompen unha serie ascendente e que impiden ver a foto de abarrotes que, curiosamente, imaxinábanse ao tratar de aparcar a certas horas: cheo por todas partes.

En canto á música, soou como unha alfombra que se vai desenrolando aos poucos. Tras os bos entrantes habituais da música tradicional, os ourensáns Coanhadeira comezaron a animar. Os vascos de Korrontzi embelesaron. Pola súa música, que ten un aire (para os non entendidos) a Kepa, e pola súa posta en escena, con eses 35 bailaríns que se ían rotando no escenario e que foron o mellor acompañante dunha música optimista e evocadora. E moi aplaudidos, o mesmo que os irlandeses de Four men and a dog, banda que tamén recorda a outros grandes grupos da illa e ata doutras zonas do arco celta, con oficio e calidade.
Nada que ver, desde logo, cos encargados do peche da festa, ata que as agullas do reloxo pasaban das 5.00: Os Festicultores, un grupo ao que, nas crónicas, adóitase cualificar de irreverente, e que practican un estilo que eles mesmos, unha e outra vez, cualifican de sadomusiquismo. Un xogo de palabras que, á vista da súa iconografía e vestiario, non deixa lugar a dúbidas, infestado de coiro, correas, máscaras, torso ao vento, pouses escatológicas e cándidas letras que, por exemplo, cualifican os distintos tipos de pubes. A troupe ata animou, en dúas ocasións, a voluntarios do público a que se unisen ao seu espectáculo.

Algo diferente ao habitual, pero que anima a esas horas nas que a mañá xa aparece próxima, minutos nos que os músicos non están precisamente para competir con trofeos como The Macallan, senón para facer que a terra se mova.
Neto estaba onte moderadamente contenta. Pola música e, sobre todo, polo público.

La Voz de Galicia
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-08-2011 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 8 (Luns)
? Gala Raigame de Castro Floxo no Teatro Principal de Ourense ás 20:30
? Serán no torreiro das festas en Matamá (Vigo)dende as 22:00

Terza feira 9 (Martes)
? Xabier Diaz, Guillermo Fernández e Guadi Galego no Náutico (O Grove)
? Sergio Tannus Trío en San Paio de Antealtares (Compostela) ás 22.00
? Lorena Lores na Praza da Constitución (Vigo) ás 22.30

Corta feira 10 (Mércores)
? Pesdelán na Cañiza ás 22:30
? Roi Casal na Praza da Constitución (Vigo) ás 22.30
? Paddy Duncan e Davide Salvado na Praza de Cervantes (Compostela) ás 21.00

Quinta feira 11 (Xoves)
? Irtio en Agolada
? Rábadefolk en Rábade (Lugo): Treixadura, Madialeva, Acustika Asesina
? Festival Brincadeira (Ordes): Dios Ke Te Crew, Samesugas, Vendatta, Narco,...

Sexta feira 12 (Venres)
? Cristina Pato en Baiona
? Xabier Díaz en Ames
? Festicultores en Foz
? Snatch en Noia
? Abe Rábade na Praza de San Martiño Pinario (Compostela) ás 20.00
? Barqueirock (O Barqueiro): Zenzar, Raiba, ...
? Festival Brincadeira (Ordes): Ruxe-Ruxe, Rosendo, Avante, Obús, Labazada, Malandrómeda,...

Sábado 13
? Marful en Verín
? Atlántica Vapora Orquestra na Praza de San Martiño Pinario (Compostela) ás 20.00
? Xose Manuel Budiño en Vilagarcía de Arousa
? Xabier Díaz en Beluso (Bueu)
? A Requinta da Laxeira no Pino
? Tonhito de Poi en Monforte de Lemos
? Fracasados de antemano no pub d´Antón (Laracha)
? Os Cuchufellos en Barreiros (Lugo)
? Festa da Prehistoria (Mos): Çe orquestra Pantasma e Os Festicultores
? Festival Brincadeira (Ordes): Europe, Kastomá, Burning, Boikot, Chícharo Psicótico,...

Domingo 14
? Emilio Rúa e BellónMaceiras Quinteto na Praza García Barbón de Verín (Ourense)
? Riobó en Monforte de Lemos
? Marful en Sada
? María do Ceo en Cee
? Quempallou en Meixinde (Arteixo)
? Fracasados de Antemano en Cambre
? Festival As nosas Músicas (Couso-A Estrada): Alvariza, Tanto Nos Ten, A Requinta da Laxeira, Regato de matamulleres, Saltonocribo,...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-08-2011 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Espectáculo Raigame (Castro-Floxo) en Ourense
O Grupo Castro-Floxo porá en escea a Raigame, un espectáculo que resalta música, baile e tradicións recompiladas nos máis de 30 anos de historia do colectivo.

Luns 8 de Agosto no Teatro Principal de Ourense ás 20:30

Seguindo o guión desenvolto recentemente no Auditorio Ilduara de Celanova, polo taboleiro irán pasando diferentes manifestacións tradicionais como eran os fiadeiros, as romarías, os pasarrúas de Cabezudos, o entroido, os xogos dos nenos... Desta vez contase coa colaboración dun Folión de Viana do Bolo, que fará tremer o teatro.

Deste xeito, cun acto inaugural preténdese dar comezo as XXVII Xornadas de Folclore, que a partir do día 8 de Agosto percorrerán as Vilas da Provincia de Ourense con grupos chegados de diferentes puntos do globo.

- Data: 8 de Agosto de 2011
- Lugar: Teatro Principal de Ourense (Rúa da Paz)
- Hora: 20:30 h
- Entrada: Gratuíta (Prioridade membros grupos Xornadas de Folclore)


- Máis info: http://www.ccpxaquinlorenzo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-08-2011 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 5 (Venres)
? Susana Seivane en Ribeira
? Tiruleque en Salceda de Caselas na praza do Concello ás 24:00
? Leilía ás 22:30 no Parque Luis Seoane, Santa Cruz, Oleiros (A Coruña)
? Os Viqueiras na parrillada Agarimo (Curtis)
? Leña Verde en Allariz
? A Roda en Teis (Vigo)
? Ruote en Zas ás 22:30
? Anxo Lorenzo en Arnoia (Ourense)
? Capitán Furilo no pub Gatos (Melide)
? Ludovaina e A Tuna Rastafari na Festa dos Mozos e das Mozas de Coiro (Cangas do Morrazo)
? Lugnasad (Bretoña): Muxarega, Ulträqans, Linho do cuco e Pé de Boi
? Millarock (Milladoiro-Ames): Ruxe-Ruxe, Zenzar,... CANCELADO
? Patakazo Rock (Xinzo de Limia): Snatch, Recambios Tucho, Silvia Superstar,...
? Cruceiro Rock (Vila de Cruces): Kastomá, Avante, Raiba,...
? Festival Folk Pontenova (Salvaterra de Miño): Ardentía, Pontenova, A Requinta de Xián
? I Foliada do Emigrante (Barreiros-Lugo)
? I Gaiteirada do Rincón (Milladoiro-Ames)

Sábado 6
? Pablo Díaz (Tic-Tac) en Melide ás 19:30
? A Requinta da Laxeira en Teixeiro
? Susana Seivane na Cañiza
? Quempallou e a Tuna Rastafari na Romaría do San Amedio, Bon, Bueu
? Festival Folk de Fornelos de Montes:
A Roda, The Crass,...
? Vikinsons (Catoira): Ultraqäns e Ataque Escampe
? Festival A Figheira do Meco (Siradella-O Grobe): Invivo, Oh Ke oh, Alto Volta,...
? Patakazo Rock (Xinzo de Limia): Costas, Frikipaldis, Xituma Batuke,,...
? Festa da Carballeira (Zas): Muxarega, Coanhadeira, Korrontzi, Four Man and Dog e Festicultores Troupe
? Festival de Pardiñas (Guitiriz): BloquinHo de Xermolos, Salta no Cribo, Ruaille-Buaille, Terrakota, No Reply

Domingo 7
? Leilía no Saviñao
? A Roda en Matamá (Vigo)
? Susana Seivane na Cañiza na praza Maior ás 22:30
? Os Carunchos en Arnoia (Ourense) ás 23:00
? Habelas Hainas na Carballeira de Mosteiro (Pol) ás 17:00
? Festival de Pardiñas (Guitiriz): Cé Orquestra Pantasma, Carapaus, Riobó, Xtramonio, Ultraqans
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-08-2011 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os festivais de verán
5 agosto: Festa Celta do Lugnasad (Bretoña)
- Muxarega, Ulträqans, Linho do cuco e Pé de Boi

5 agosto: Festival Folk Pontenova (Salvaterra de Miño)
- Ardentía, Pontenova, A Requinta de Xián

6 agosto: Festival Folk de Fornelos de Montes
- A Roda, The Crass,...

5 agosto: Millarock (Milladoiro-Ames)
- Ruxe-Ruxe, Zenzar,...
CANCELADO

5 agosto: Cruceiro Rock (Vila de Cruces)
- Kastomá, Avante, Raiba, ...

5 e 6 agosto: Patakazo Rock (Xinzo de Limia)
- Snatch, Recambios Tucho, Silvia Superstar,...
- Costas, Frikipaldis, Xituma Batuke,,...

6 agosto: Festival A Figheira do Meco (Siradella-O Grobe)
- Invivo, Oh Ke oh, Alto Volta,...

6 agosto: Festa da Carballeira (Zas)
- Muxarega, Coanhadeira, Korrontzi, Four Man and Dog e Festicultores Troupe

6 e 7 agosto: Festival de Pardiñas (Guitiriz)
- BloquinHo de Xermolos, Salta no Cribo, Ruaille-Buaille, Terrakota, No Reply
- Cé Orquestra Pantasma, Carapaus, Riobó, Xtramonio, Ultraqans

11 agosto: Rábadefolk (Rábade)
- Treixadura, Madialeva, Acustika Asesina

12 agosto: Barqueirock (O Barqueiro)
- Zenzar, Raiba, Riff Raff, ...

12-13 agosto: Brincadeira (Ordes)
- Europe, Ruxe-Ruxe, Kastomá, Obús, Dios Ke te Crew,...

14 agosto: Festival As nosas Músicas (Couso-A Estrada)
- Alvariza, Tanto Nos Ten, A Requinta da Laxeira, Regato de matamulleres, Saltonocribo,...

18 agosto: Bandeirock (Bandeira-Silleda)
- Labazada, Kallaikoi, Malucos e Malandros,...

20 agosto: Asalto ao castelo de Moeche
- Leilía, Muxarega, Estimaba que viñeras, Alalé,...

20 de agosto: Noite Folk de Negreira
- Susana Seivane, A Compañía do Ruído e Fol de Veneno

20 de agosto: Festival Folk de Guísamo
- Mercedes Peón, Alén do Mar e Xera

20 agosto: Festa Folc de Vilariño (O Hío - Cangas do Morrazo)
- Saltonocribo, A Quadrilha, Banda Crebinsky e Bastards on parade

20 agosto: Festival do Castro (Ferreira de Pantón):
- Lamatumbá, Tiruleque, Guezos e United Flavour

20 agosto: Festa Folk na Fin do Camiño (Fisterra)
- Os Cempés, Requinta da Laxeira, The Crass, Mordecans.

20-21 agosto: Festival Ponte Louco (Castro Caldelas)
- Os Tres Trebóns, Magnifique Band, El Pau, Çe Orquestra Pantasma

21 agosto: Festa Terra Brava (O Incio)
- Pelepau, Quadrilha, Güintervan,...

26 agosto: Festidoiro (Cuntis)
- Keltoi, Fracasados de antemano, Deseqilibrio mental, Skarmento

27 agosto: Festival do rio Belelle
Neda (A Coruña)

- Ultraqans,...

27 agosto: IV Festival antifascista (Cangas do Morrazo)
- Ludovaina, Molestia, Soak, Dakidarria, Skakeo

27 agosto: Festival da Lúa Meiga
O Viso (Redondela)

- Sobre Rodas, Coanhadeira, A Requinta da Laxeira


Setembro


3 setembro: Festival da Poesía do Condado
(Salvaterra de Miño)

- Ultraqans, Os Cuchufellos, Marful, ...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-08-2011 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
I Foliada do Emigrante (Barreiros-Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 05-08-2011 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
I Gaiteirada do Rincón (Milladoiro-Ames)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 05-08-2011 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
28ª Festa da Carballeira (Zas)
http://festadacarballeira.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 05-08-2011 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
XXXII Festival de Pardiñas (Guitiriz)
http://xermolos.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 05-08-2011 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas (Guitiriz)
A vindeira fin de semana, 6 e 7 de agosto, terá lugar o Festival de Pardiñas, que este ano celebra a súa XXXII edición e que acolle a XVIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

O Programa da Mostra componse de:

Sábado 6
17:00h- Apertura de Mostra
17:30h- Pregón a cargo de Raúl Galego
18:00h- Demostración práctica de construcción de palletas (Jaime Pena)
19:00h- Actuación dos Carunchos
20:15h- Obradoiro de Treboada (Oli Xiraldez)
20:45h- Escenario libre para Músicos espontáneos

Domingo 7
11:30h- Apertura da Mostra
12:00h- Repertorio tradicional de Compostela e comarca (Lois Mouriño e Xosé Tuñas)
17:00- Demostración práctica de construcción de palletas (Jaime Pena)
18:00- obradoiro de baile tradicional (Xavier Iglesias)
19:00- Actuación da Orquesta "Os Modernos"
20:00- Escenario libre para Músicos espontáneos

Os Artesáns que participarán na Mostra son:
- Rebollo Instruments/ Beluso - Bueu
- Presedo / Master Gaita / Sada
- O Chilro / Percusión e gaitas / Cambados
- Lois Mouriño / Obradoiro de instrumentos tradicionais / Compostela
- Xosé Tuñas / Percusión / Ames
- Che Vázquez / Trompas e instrumentos tradicionais / Brión- A Luaña
- Xaneco / Obradoiro de instrumentos musicais galegos / Outeiro de Rei
- Oli Xiraldez / Gaitas e requintas / Balcaide ?Teo
- Pablo Carpintero / Gaitas Requintas e percusións / Santiago
- Foliqueiras / Percusión Tradicional / Vigo
- Diego Langarika / Percusión / Pontecaldelas
- Luis Martínez / Instrumentos de corda / Soutomaior
- Afonso Castro / Gaitas / O Rosal
- Roi Quián/ Instrumentos de Corda / Pontevedra
- Carlos Fandiño / Gaitas / Teixeiro
- Xermán Arias / Luthería e zanfonas / Sarria
- Cristobal Prieto / Gaitas e frautas / O Hío ? Cangas
- Xaime Rivas / Zanfonas / Vigo
- Jaime Pena / Palletas / As Pontes

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 05-08-2011 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
XV Festival do Lugnasad (Bretoña)
Un ano máis, nesta XV edición da FESTA CELTA DO LUGNASAD, as mozas e mozos da ASOCIACIÓN XUVENIL AURUXEIRA, con axuda dalgunha Institución, empresas e colaboración de particulares, farán posible "viaxar" no tempo 2.500 anos atrás á máxica cultura dos nosos devanceiros Celtas Galaicos, e celebrar unha das principais festividades desta cultura: O Lugnasad


- MUXAREGA
- LINHO DO CUCO
- PE DE BOI
- ULTRÄQÄNS

http://auruxeira.org/lugnasad
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 05-08-2011 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folk Pontenova (Salvaterra do Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 05-08-2011 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folk de Fornelos de Montes
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 05-08-2011 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Tiruleque en Salceda de Caselas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-08-2011 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Os Viqueiras en Curtis
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-08-2011 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Festival dos Botes (Arzúa)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 05-08-2011 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Festas de San Amedio (Bon-Beluso-Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 05-08-2011 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Festa dos mozos de Coiro (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-08-2011 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Cruceiro rock (Vila de Cruces)
NOVO CRUCEIRO ROCK (Vila de Cruces)

5 de Agosto. No CEIP Nosa Sra. da Piedade.


- Avante,
- Kastomä,
- Raiba,
- Kaso Aparte.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 05-08-2011 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Patakazo Rock (Xinzo de Limia)
5 e 6 de agosto de 2011, en dúas xornadas de concertos de bandas de primeiro nivel galego.

Venres 5 de Agosto:
- Lysergic Proyect, Bocanegra, Snatch, Recambios Tucho, Silvia Superstar, remate da noite co Dj Zum.

Sabado 6 de Agosto:
Xituma Batuke, Monjackets, Socios a la Fuerza, Frikipaldis, Costas, La acustikasesina, remate da noite cos Dj Rumbeats.

Apertura de portas as 19h30.
Zona de acampada xunto o recinto ferial de balde.
Bares dentro do recinto con prezos populares.
Puntos de venta:
Bar Peneke (Xinzo de Limia)
Urban Place (Xinzo de Limia)
Feel-ink Tattoo-Piercing (Emilia Pardo Bazan 23 - Ourense)
Venta anticipada: 603442591
Prezo de abonos:
ANTICIPADO: 18? (os 200 primeiros recibiran como agasallo 1 camiseta do Patakazo Rock)
BILLETEIRA: 27?
ENTRADAS ANTICIPADAS DE DIA: Venres- 10?, Sábado- 12?.
BILLETEIRA: Venres-14?, Sábado-16?.




Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 05-08-2011 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Festival a Figheira do Meco (O Grobe)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 05-08-2011 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Dende o México rebelde
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-08-2011 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
V Foliada IAR (A Coruña)
Poñémonos en contacto con vosco para informarvos de que o vindeiro mércores 3 de Agosto do 2011 ás 22:00 h. terá lugar na Praza de Pablo Iglesias da cidade da Coruña a V Foliada do Grupo de Bailes Populares ?IAR?, incluída nas festas do Barrio.

Queremos convidarvos a participar dende o esceario (cantando, tocando,...), ou desfrutando co resto de actuacións. Agradeceríamos que se desexades actuar nolo confirmedes canto antes (teléfono, fax ou correo electrónico).
Tralas actuacións previstas a intervención será libre. Haberá bochinche.

Tamén faremos unha alborada tradicional o venres día 5 dende as 10:30h da mañá polas rúas do barrio. Pola tarde e dende as 17h ate as 18:30h faremos unha ?gimkana de folclore?, para todos aqueles rapaces/rapazas que queiran coñecer as nosas tradicións folclóricas dunha maneira divertiva. Animádevos e traéde aos vosos rapaces, amigos, etc..
Xa para rematar ás 20:30h actuará o Grupo de Bailes Populares ?IAR?.

www.myspace.com/iargrupo
iargrupo@hotmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-08-2011 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Carlos Nuñez e premio Casa dos Poetas
Carlos Núñez non para. A súa axenda ferve e as viaxes e actuacións, máis no cerne do verán, fan que o músico galego ande ás presas para cadrar os tempos. Atende a chamada afogado nun balbordo de voces na espera dun aeroporto. Mellor chamar nunha hora para ver se podemos falar. Pasa unha hora, chamo, descolga: «Estou na cola do aeroporto en París e non sei nin como seguirá isto. Se che digo que me volvas chamar vai saber por onde ando. Dálle e poñemos xa ao chollo». Falamos da decisión da Fundación Curros Enríquez de concederlle o premio Celanova Casa dos Poetas «pola súa contribución á dignificación e á internacionalización da cultura galega» co seu traballo e o músico érguese rexo e sen interferencias nas súas respostas.

-¿Que significa para vostede a concesión deste galardón?
-É un grandísimo honor e un recoñecemento que para min ten unha significación especial por vir dun lugar como Celanova, a terra do meu bisavó e o lugar onde comezou a viaxe que tanto significou para min nestes últimos anos polo que fun descubrindo e polo que me aportou como persoa e como músico.

-¿Da Merca a Celanova?
-Xusto. E coa peregrinaxe de tantos ourensáns: meu bisavó José María Núñez e meu avó Albino de A Mezquita, concello de A Merca. Logo a familia xa foi tirando para Ourense e logo para Vigo, como milleiros de ourensáns. E tamén como milleiros de galegos meu bisavó saiu por Vigo cara á emigración, neste caso ao Brasil.

-Alí empezou tamén a pescuda cara ás súas orixes.
-O proxecto do que naceu a Alborada do Brasil comezou en Celanova e A Mezquita. Alí pasei os primeiros anos buscando as fontes e os datos que me serviron logo para seguir coas miñas pescudas no Brasil e recuperar a historia da música na miña familia.

-¿A historia da música?
-A música desaparecera da miña familia, onde todos optaran polas disciplinas artísticas ou pedagóxicas. E recuperar ao meu bisavó músico cambiou a miña percepción familiar e as miñas orixes como músico. Por iso este premio Celanova Casa dos Poetas é unha volta ás orixes da miña familia.

-Un disco e un documental recollen o seu proxecto «Alborada do Brasil» ¿É a saga dos galegos na emigración?
-É unha historia máis da grandeza dos galegos: comprobar como é posible que nunha sóa vida se poda ser galego e brasileiro, e facelo cun compromiso pleno. De estar na Mezquita coas vacas no prado, ao tempo que andas coas partituras e o bombardino, a marchar a Brasil e, nunha soa vida, ser músico alí e ter «suceso» -como din eles-; é dicir, contar co recoñecemento e con prestixio. É unha mostra máis da capacidade dos galegos por adaptarse.

A aventura de Carlos Núñez cara á recuperación da historia da súa familia e do seu bisavó José María Núñez, do que non se tiñan novas dende que emigrara ao Brasil, quedou refrexada non só na Alborada do Brasil senón tamén na relación con músicos brasileiros e nos proxectos a desenvolver no futuro.
-Cando fala de «Alborada do Brasil» sempre se refire á pegada galega ¿que significou o proxecto para vostede?

-A valorización dunha realidade que non apreciamos na súa extensión. Sempre se fala do Brasil da tradición africana e do sol e praia. O sol e praia é un tópico turístico, igual que o dos touros e o flamenco, e a parte galega está presente en todo. Brasil, como nación, é galeda dende o momento mesmo da súa fundación. En 1500 xa hai referencias dos galegos e a gaita foi un dos símbolos do Brasil, un instrumento desaparecido, como o meu bisavó, que é preciso reivindicar porque sigue habendo gaiteiros. Alborada, esa palabra galega tan fermosa, é como se chama a zona onde está ubicada a residencia da presidenta do Brasil. Palabra tan galega como o lusco e fusco ou o arco da vella que podes escoitar decote aos brasileiros.

-¿Permitiralle a súa axenda de actuacións estar o día 4 de setembro en Celanova para recoller o premio?
-O primeiro que fixen ao recibir a noticia foi consultar os compromisos. Houbo que arranxar cousas pero ese día estarei en Celanova. É de xustiza.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-08-2011 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Uxía
A cantora anda a reivindicar o canto e o cantar desde que estreou o seu novo disco, que, para non parecer equívoca coas mensaxes, leva por nome «Meu canto».

Uxía non deixa de pasear o canto polo mundo. Por se fixera falta, a cantora anda a reivindicar o canto e o cantar desde que estreou o seu novo disco, que, para non parecer equívoca coas mensaxes, leva por nome Meu canto. Admite Uxía que é «un disco manifesto» porque «reivindica o cantar como algo transformador aínda que non se queira ver como transcendente».

-¿Aínda temos que reivindicar o canto?
-Creo que si. Non digo que sexa transcendente, pero creo que cantar é transformador porque remove moitas cousas por dentro da xente. Eu enténdoo así. Por iso o disco pode ser entendido como unha escolma, non moi retrospectiva, da maneira con que eu entendo o canto e tamén algo do que fun facendo ao longo da vida. Casualmente, nunha grande parte das cancións escollidas, incluso nas novas, figuraba a palabra canto. Pareceume significativa esa coincidencia e afondei nela porque me fixo lembrar algunhas cousas do que significa cantar.

-Entón é un disco manifesto.
-Ten algo diso. En primeiro lugar é case unha ponte cos meus inicios. Reivindico o acto de cantar e reivindico a voz como instrumento que, como se pode entender, me parece, se non o máis importante, desde logo o máis próximo de todos. Igual pode parecer unha cousa sabida ou obvia, pero creo que é importante reivindicar a voz e, tanto no disco como nos concertos, en todas as actuacións que fago, agora me parece moi importante reivindicar o papel de cantar.

-Pero cantar parece que pode facelo calquera.
-Eu diría que o máis sinxelo é o máis complicado. Todo o mundo canta algo, pero por iso cantar é tan importante. Non é algo de iniciados, é algo que pode unir moito. Nese sentido tamén é un oficio privilexiado para quen leva, coma min, vinte e cinco anos dedicándose a isto. Quizais por iso Meu canto ten a intención de deixar a voz máis espida, de que a melodía teña máis protagonismo e con ela a palabra. É un disco moito de cantar e creo que é o disco xusto para min e para este tempo.

-Con todos eses anos cantando, gravando discos, arranxando discos para outros, facendo crítica musical, ¿que se aprende?
-Moitas, moitas, moitas cousas. No musical eu diría que o que aprendín despois de tantos anos é que sempre manda a canción. Hai que deixar que a canción se exprese, que pida, e quen canta debe someterse ao que pide a música.

-¿E decidiu someterse ao que pide «A rianxeira»?
-Eu creo que esa é unha canción que merece unha oportunidade. Para nós está moi marcada e tamén significa moitas cousas. Pero tanto por melodía como por letra e mesmo pola fama que ten creo que merecía algunha outra lectura. Igual para nós é difícil distanciarnos dela, pero cando a cantei en Brasil realmente o público conectou con ela dun xeito moi particular. Iso tamén me animou a darlle unha volta. E foi o que fixemos. Xogamos un pouco con ela, e buscámoslle as voltas. Pero ten unha melodía potentísima que que dá para moitas cousas.

-¿Facer versións tan coñecidas axuda a atraer aos públicos?
-Ten os seus riscos porque a xente ten xa unha idea da canción e poden quedar defraudados. Nos concertos é máis fácil, pero nun disco se non das ben co que pretendes da canción pode ser un risco grande. De todas formas, con A rianxeira, como con outras cancións que fago, o Alalá das Mariñas, estivemos dándolle moitas voltas. Facíamola un día, logo dábamoslle un descanso, e outra volta con ela para que fose madurando e fose ao seu sitio

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-08-2011 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza conquista o corazón dos músicos californianos
Os fiddle galegos logran un rotundo éxito no máis importante curso de violín folk de Estados Unidos.

O enorme prestixio que alcanzaron os fiddle galegos cumpriu as expectativas e acabou conquistando o corazón musical dos centenares de músicos californianos que acudiron ao Sierra Fiddle Camp 2011, un dos máis prestixiosos cursos de violín folk de Estados Unidos e que este ano estaba adicado a Galicia.


A música galega foi a protagonista do gran concerto final, que tivo lugar hai dúas semanas en Pen Valley, California, e que foi ofrecido por unha orquestra formada por violíns, chelos e guitarras acústicas tocados polos mellores alumnos do curso.

Unha gran alborada. A primeira metade do mesmo estivo formada por melodías escocesas e bretoas orquestradas e dirixidas por Alasdair Fraser e Christian Lle Matrie, respectivamente. Os membros do trío galego Bula Timpánica (Alfonso Franco, Alfonso Merino e Xose Liz) foron os encargados de comezar a segunda parte do concerto interpretando a trío a Alborada de Pontecaldelas.

Seguidamente uníronselles tres das máis importantes instrumentistas de fiddle do mundo: Haneke Cassel, Laura Cortese e Natalie Hass, para acompañar a Xavier Feijoó Chisco, que cantou unha desgarradora muiñeira vella que fixo enmudecer aos miles de asistentes ao concerto.

A continuación, a orquestra comezou a interpretación dos temas galegos aprendidos nas clases: tres pezas instrumentais e dúas máis cantadas polos alumnos das clases de pandereita -nun estraño galego con acento de California- lograron que o numeroso público unísese, enfervorecido, aos coros cos que os fiddlers acompañaban a última muiñeira, que puxo o broche de ouro a esta apoteósica noite de música galega.

O curso non só achegou aos asistentes melodías para ser interpretadas cos seus violíns, senón que seguindo o estilo acuñado desde hai xa 26 anos por Alasdair Fraser, auténtica alma máter do certame, a inmersión na cultura do país convidado debe de ser total.

Por iso, durante esta semana Galicia estivo presente en California en moitos aspectos: concertos, clases de danza, elaboración dun caldo de medianoite para todo o campamento, preparación do auga de San Xoán con herbas traídas desde Galicia, salto de cacharelas a noite do 24 ao berro de Meigas fora!!; queimada e xogos populares.

No aspecto máis académico, houbo presentacións multimedia sobre música, historia e instrumentos de Galicia e posta en común da súa experiencia na escola de música tradicional de Vigo e-Trad, na que os músicos galegos imparten clases desde fai máis dunha década, etcétera.

Albariño e empanadas. Aínda por riba, para a noite final o persoal de cociña elaborou empanada, vieiras e torta de Santiago -grazas ás receitas que se baixaron de Internet- e que acompañaron cun Albariño comprado en California polo propio Alasdair Fraser, todo iso para agasallar aos "Galicians" por unha semana na que gozaron dunha terra até o momento descoñecida e que desde entón ansían coñecer.

Segundo os organizadores do curso, este ano foi no que maior recadación se conseguiu para a fundación que o xestiona e que é a encargada de becar a aqueles alumnos que carezan de recursos suficientes para asistir ao mesmo.

Turgalicia e Agadic, ambos os organismos dependentes da Xunta de Galicia, colaboraron para que este proxecto de difusión da música e a cultura galega en terras de California fose todo un éxito.

www.elcorreogallego.es



Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 02-08-2011 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Éxito de Sondeseu en Carballo

Sondeseu foi despedida en pé polo público que o venres pola noite achegouse á praza do Concello de Carballo para asistir ao concerto dunha das formacións musicais máis orixinais de Europa.

De feito é a primeira orquestra de música de folk estable de España e unha das poucas europeas que se coñecen. Os seus corenta intérpretes trouxeron á capital de Bergantiños un sopro de aire fresco cos seus arranxos das pezas máis grandes da tradición galega.
O ambiente para o concerto, que formaba parte do Verán Cultura, era inmellorable. Nin frío nin calor. Na praza había público de todas as idades, ata nenos pequenos durmidos nos brazos dos avós, e todos acabaron gozando por igual conquistados polos ritmos das muiñeiras e os valses.

Foi a segunda vez que a orquestra que dirixe o exmiembro de Milladoiro Rodrigo Romaní viña a Carballo, pero, tras o éxito cultivado, seguramente será ben recibida en máis ocasións.
A formación viguesa foi debullando grandes temas da música tradicional galega. Algúns dos máis celebrados foron os alalás, como o de Padrón, cantado por Teresa Santamaría. A xente íase movendo nas cadeiras levada polos sones que ían debullando as zanfoñas, os violíns, as arpas, as gaitas, as requintas, as pandereteiras e as gaitas. Coa Muiñeira de Piornedo, a xente xa estaba rendida e os aplausos ían a máis ao final de cada interpretación. Outras, como o vals de O galo de Leirado acabaron palmeadas desde as cadeiras da praza. Ata se oía algún bravo. Habíaas que tamén foron tarareadas pola xente, que vía como os corenta músicos de Sondeseu ían dando grandiosidad e moitas doses de dignidade a instrumentos e temas moi coñecidos da tradición musical galega debidamente arranxados por Romaní ou Anxo Pintos (membro de Berrogüetto), entre outros músicos embarcados neste singular proxecto.

«Cante de Andarilhos»
E chegou o final do concerto cun gozado Cante de Andarilhos e a Muiñeira de Camposa, que terminou co público en pé pedindo outra máis. Non se fixeron de rogar e nada mellor para terminar que unha versión moi aplaudida de Ver bailar Carmiña, que puxo o broche final a unha actuación moi agradecida por gran parte dos presentes.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-08-2011 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Videos da expedición galega no Celtic Fringe Festival (Irlanda)
PRIMEIROS DOCUMENTOS DA EXPEDICIÓN A IRLANDA

Vídeos da "De Cuellar Suite"


A expedición galega en Irlanda que participou no Celtic Fringe Festival, nomeadamente no grande evento da programación (a estrea mundial da suite orquestral) xa ten os seus primeiros documentos online.

Podes velo na FolqueTV con momentos do concerto en Point Roses (o reel "Tension on the shore " ou o "Finale " en muiñeira), os ensaios previos en Sligo. así coma unha gravación para a RTE (Radio Televisión de Irlanda) ou actuacións no Water's Pub en Grange.

www.folque.com

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 02-08-2011 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Liorna
?Semella que sacan disco cada lustro. Como vai resistindo o seu grupo neste complicado panorama musical?
?Resistimos porque non temos pretensións, non nos marcamos obxectivos de facer un número concreto de actuacións ou vender unha cantidade determinada de discos, senón que deixamos fluír as cousas e así seguiremos ata que o corpo ature.

?Nótase un momento máis complicado para unha banda como Liorna que hai uns anos?
?O momento é difícil e nótase bastante, pero para nós, polo xa comentado anteriormente, ven sendo o mesmo dende o 2005. Tamén cremos que un grupo bo, de auténtica calidade, acaba por vencer as dificultades e sae cara adiante.

?Alberto Lago é o autor das pezas. Cando compón pensa moito xa na banda ou déixase total liberdade creativa e logo adaptan o mellor posible o tema?
?Sempre teño na cabeza as características musicais dos meus compañeiros para tentar amoldar as pezas o mellor posible a eles e logo non ter que realizar arranxos raros para que o tema funcione ben. Na voz cómpre ter un coidado grande e adoito compor pensando na tesitura da nosa cantante, para que non teña que forzar a voz e cante coa maior naturalidade posible.

?En dúas pezas contan co acompañamento da Orquestra Sinfónica de Melide. Como se deu esa colaboración?
?Pouca xente do folk galego gravou cunha orquestra e parecíanos orixinal facer uns temas con eles. Tivemos a sorte de que a Fernando Arias, director da orquestra, lle gustasen os nosos temas e incorporounos ao espectáculo Gallaecia, un proxecto que naceu hai xa bastantes anos e que por fin se puido realizar. Algúns de nós tiñamos certo respecto a traballar cunha orquestra, xa que impón contar con todos eses instrumentos, pero logo comprobas que é una auténtica pasada poder escoitar os temas de Liorna dese xeito.

?Alberto, vostede sempre aportou as pezas instrumentais da banda e dotoulle dunha sonoridade moi súa ao grupo.
?Tamén penso no grupo cando as fago, posto que teño composicións gardadas na casa que considero non van ben coas características da banda. Cando comezamos na música dixéronnos que o importante era acadar un son propio e cando presentamos este disco a Cumio, a nosa editora, comentáronnos que soaba a Liorna e iso é importante. Temos coidado en tentar non repetirnos á hora de realizar os temas. Mesturamos as instrumentais coas pezas cantadas xa que pensamos que unha obra toda instrumental pode chegara a ser, nalgún momento, un pouco dura para o ouvinte.

?E nunca perderon de vista na súa traxectoria botar un ollo á música tradicional.
?É verdade que nunca a esquecimos e neste disco metimos un canto de vodas que nos parecía precioso e daba xogo para incorporalo ao repertorio.

?Por outra banda aparecen catro pezas con derivas pop moi diferentes ao resto do álbum.
?Non cremos que esas composicións soen tan pop, aínda que resultan diferentes ao canto de vodas e son, evidentemente, menos tradicionais, aínda que non deixan de ter unha base folclórica de fondo. Aseméllanse máis ao que fixemos na nosa ópera prima que ás do disco anterior. Non existe intención de chegar a un público diferente con elas. Sabemos que non facemos un xénero musical de masas.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-08-2011 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Ialma

Literatura, cinema, deseño, música, baile... a cultura galega ten moito máis que ofrecer que gastronomía -que tamén-. E o cinco compoñentes do grupo Ialma, emigrantes galegas en Bruxelas, están dispostas a proclamalo por todo o planeta. A súa arma para conseguilo é o seu último disco, 'Simbiose', co que ademais celebran o seu dez anos de traxectoria. Música de base tradicional e influencias de múltiples estilos. O próximo día 10 de agosto actuarán no Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña francesa.

Con 'Simbiose' Ialma celebra 10 anos. O título do disco resume o que é o grupo: simbiose de música tradicional con outras. Que balance podes facer desta década?
Os últimos 10 anos de vida de Ialma podemos dicir que foron intensos! Fixemos catro CDs en 10 anos. Vivimos experiencias que nunca imaxinamos, participamos en proxectos musicais nos que a calquera lle parecería unha tolemia que un grupo de música galega estivese presente. E todos eses proxectos foron sempre acollidos de forma excepcional. Cando Ialma comezou a súa traxectoria hai 10 anos, nunca imaxinamos que estariamos aquí, e así, 10 anos despois. Todo xurdiu dunha forma natural, sen forzar nada. Ialma foise creando e evolucionando aos poucos, sen máis pretensión que ser un grupo que cante en galego e que axude a transmitir dalgunha forma a tradición galega. Pero é verdade que cando volvemos a vista atrás e vemos onde nos atopamos agora somos conscientes da evolución enorme que viviu o grupo. En calquera caso, estamos moi contentas coa situación actual do grupo e con este novo traballo!

Ialma é música e baile. Pero tamén (explícao o disco), literatura, cinema, deseño, artesanía, gastronomía, artesanía, debuxo, viticultura e humor. A literatura, e Xavier Queipo en especial, ten unha especial pegada neste disco. Como foi o proceso coas letras?
O obxectivo é que o público europeo coñeza Galicia non só a través da música, tamén da arte, literatura, gastronomía, viticultura, deseño, etc. Galicia ten moitísimo que ofrecer en moitos aspectos. Ao mesmo tempo queriamos facer chegar ao público europeo artistas que posiblemente non coñecesen e, viceversa, abrir aos artistas galegos a oportunidade de coñecer un público diferente. Pensamos que era un intercambio moi interesante. A colaboración con Queipo foi especial. A diferenza da maioría dos artistas que colaboran no CD, é un artista que tamén vive en Bruxelas, como nós. Queriamos estar rodeadas neste traballo de xente próxima a nós e con Queipo sempre tivemos unha relación especial. Ademais foi o autor dunha das letras máis especiais para nós, a do tema 'Grixoa'. En canto ás letras das cancións, hai un pouco de todo: aínda que a maioría das letras son tradicionais, é certo que outras foron composicións ou ben nosas, ou de amigos ou dalgún dos artistas que colaboran no CD, como foi o caso de Queipo e Carlos Blanco.

En máis dunha canción fálase de liberdade. O disco fainos imaxinar a mulleres que reivindican a súa liberdade. Era a idea?
Ben, todo o que compón este disco xurdiu de forma natural, non hai nada premeditado. Non fixemos nada coa intención de algo en concreto, simplemente fixemos o que nos apetecía e o que xurdía. Pero é certo que agora repasando algunhas das letras pois... Si que se podería facer unha lectura referente á reivindicación da liberdade nalgunha das cancións, o cal tampouco é tan sorprendente se temos en conta que Galicia foi sempre unha sociedade matriarcal por excelencia!

Noutras son letras tradicionais que falan de amor, do baile, da vida cotiá. Ou a versión 'Dance like a Galician'. Cancións como esta e 'Na iauga' por exemplo, transmiten moita enerxía...
En canto ás versións que hai no CD, xa no anterior traballo había unha versión dunha canción de Red Hot Chili Peppers, que transformamos en 'son Ialma'. Esta vez pensamos que o tema 'Walk like an Egyptian' era perfecta para estar nesta celebración dos 10 anos do grupo. Pensamos que a versión que fixemos encaixaba perfectamente coa atmosfera do CD. Por que non explicar de forma cómica en que consiste bailar ou vivir como un galego? A reacción por parte do público foi desde o primeiro momento moi sorprendente. A idea de facer a versión francesa do tema 'Na iauga' xurdiu unha vez que escoitamos a versión orixinal (é un tema tradicional do Quebec) e decidimos traducila ao galego. É a primeira vez que facemos un tema cantado noutro idioma que non sexa galego ou castelán. Pareceunos moi divertido e tamén unha chiscadela aos nosos amigos do Quebec.



No disco está tamén, por suposto, a emigración, como no tema 'Grixoa'. Estar en Bélxica supón a vantaxe de poder mirar a cultura galega doutro xeito?
O feito de vivir en Bélxica pero ser galegas e o feito de ir a Galicia vivindo en Bruxelas, xa fai que todo sexa diferente. É normal que haxa dificultades á hora de situar a nosa música ou mesmo a nós mesmas. É inevitable que nos vexan como 'as galegas' en Bruxelas e 'as belgas' en Galicia (honestamente, levámolo moito mellor no primeiro caso!). Pensamos que realmente temos a oportunidade de quedarnos co mellor de cada sitio: en Bruxelas sentimos como en casa e en Galicia estamos en casa, así que a experiencia non pode ser mellor, máis enriquecedora. A desvantaxa, obviamente, é non poder estar en Galicia todo o que nos gustaría.

Cando fala de Queipo, o disco destaca o seu defensa da lingua galega, "atacada por todas as frontes". Para vós, que tocades por todo o mundo, o galego nunca foi un problema. Por que se segue atacando o galego?
No que se refire á nosa música, sempre fomos moi ben tratadas, con moito respecto. Empezando xa por Bélxica, o noso país de acollida. Desde o primeiro traballo de IALMA, hai agora 10 anos, Bélxica e o público europeo sempre se mostrou moi agradecido, moi respectuoso coa nosa cultura e o noso idioma. Ao público europeo gústalle a música galega, a cultura galega, interésase por ela e espértalle unha gran curiosidade. Sendo galegas aféctanos o conflito lingüístico do galego e vivindo en Bélxica, vivimos diariamente co conflito lingüístico entre flamencos e valones! Conflitos hai en todas partes, o que pasa é que hai que saber resolvelo con moita cabeza e fiando moi fino, sen atacar. Imaxinamos que no fondo é porque ás maiorías nunca lles gustou que existisen minorías reclamando a súa propia existencia.

Na vosa música hai moita fusión: influencias do rap, do pop, da música medieval, ás veces parece que de ritmos americanos (e mesmo orientais). Hai instrumentos tradicionais da música galega e outros non tanto como o piano. É unha evolución natural na vosa traxectoria?
Todo o que pasa en Ialma é natural, non é forzado, e a nosa música xorde así. A tradición é a nosa base. Foino no primeiro traballo e segue séndoo. A nosa identidade nace na tradición, sen a tradición sería imposible facer o que facemos. Pero igualmente, gústanos mesturala con sons máis modernos, máis contemporáneos. Cremos que hai influencias das que é imposible escapar, porque vivimos con elas. Está claro que o noso estilo e a nosa música posiblemente fose diferente se vivísemos en Galicia, pois hai cousas ao vivir aquí en Bélxica que se nos escapan. Cremos que a música dun grupo é froito de moitas cousas, pero principalmente de todo aquilo que os seus membros viven diariamente, das súas experiencias, vivencias, viaxes, encontros con outras culturas, etc.

'Na iauga' aproveita unha melodía tradicional do Quebec. E 'Pa' la catedral' está en francés. Hai moitas conexións entre a cultura galega e a cultura francófona que vós respirades?
Bélxica é o noso país de acollida, o país no que vivimos. Pero sorprenderíavos o galega que é Bruxelas! Pódese sentir a presenza de Galicia en moitos aspectos da cidade: en primeiro lugar, pola cantidade de galegos que viven en Bruxelas, tanto aqueles que emigraron nos anos 50, 60, como todas as novas xeracións que tamén escolleron Bélxica como país de residencia. Ademais, Bélxica é un dos países europeos que máis peregrinos exporta a Santiago de Compostela. A cultura que nós vivimos aquí diariamente é tamén moi curiosa: vivimos nun país que ten a mesma extensión xeográfica que Galicia, no que conviven dous idiomas diferentes, no que hai unha cultura musical de excelente calidade e no que tamén hai gaitas!! Jajaja!

Algo máis que destacar?
Pois que despois dos concertos de presentación de 'Simbiose' en Madrid e Cataluña, o grupo prepárase agora para a xira do verán, na que faremos, entre outros concertos, o Festival Intercéltico de Lorient o 10 de agosto, no que contaremos con invitados moi especiais!

www.elmundo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-08-2011 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 1 (Luns)

Terza feira 2 (Martes)
? Xoan Curiel en Santiso ás 12:00
? Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia nos Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña) ás 20:00

Corta feira 3 (Mércores)
? Mamá Cabra ás 21:00 no Cantón da Leña, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
? Matamá Ensemble na Alameda de Ordes ás 21:30
? Tonhito de Poi en Sanxenxo
? V Foliada IAR (A Coruña) na Praza Pablo Iglesias ás 22:00

Quinta feira 4 (Xoves)
? Ataque Escampe na sala TheStar (Carral)
? Luar na Lubre en Ribeira
? Marful no claustro do convento de Celanova ás 22:00
? Mercedes Peón na Coruña

Sexta feira 5 (Venres)
? Susana Seivane en Ribeira
? Tiruleque en Salceda de Caselas na praza do Concello ás 24:00
? Leilía ás 22:30 no Parque Luis Seoane, Santa Cruz, Oleiros (A Coruña)
? Leña Verde en Allariz
? A Roda en Teis (Vigo)
? Ruote en Zas ás 22:30
? Anxo Lorenzo en Arnoia (Ourense)
? Capitán Furilo no pub Gatos (Melide)
? Lugnasad (Bretoña): Muxarega, Ulträqans, Linho do cuco e Pé de Boi
? Millarock (Milladoiro-Ames): Ruxe-Ruxe, Zenzar,... CANCELADO
? Patakazo Rock (Xinzo de Limia): Snatch, Recambios Tucho, Silvia Superstar,...
? Cruceiro Rock (Vila de Cruces): Kastomá, Avante, Raiba,...
? Festival Folk Pontenova (Salvaterra de Miño): Ardentía, Pontenova, A Requinta de Xián
? I Foliada do Emigrante (Barreiros-Lugo)
? I Gaiteirada do Rincón (Milladoiro-Ames)

Sábado 6
? Pablo Díaz (Tic-Tac) en Melide ás 19:30
? A Roda en Fornelos de Monte
? A Requinta da Laxeira en Teixeiro
? Susana Seivane na Cañiza
? Quempallou e a Tuna Rastafari na Romaría do San Amedio, Bon, Bueu
? Vikinsons (Catoira): Ultraqäns e Ataque Escampe
? Festival A Figheira do Meco (Siradella-O Grobe): Invivo, Oh Ke oh, Alto Volta,...
? Patakazo Rock (Xinzo de Limia): Costas, Frikipaldis, Xituma Batuke,,...
? Festa da Carballeira (Zas): Muxarega, Coanhadeira, Korrontzi, Four Man and Dog e Festicultores Troupe
? Festival de Pardiñas (Guitiriz): BloquinHo de Xermolos, Salta no Cribo, Ruaille-Buaille, Terrakota, No Reply

Domingo 7
? Leilía no Saviñao
? A Roda en Matamá (Vigo)
? Susana Seivane na Cañiza
? Habelas Hainas na Carballeira de Mosteiro (Pol) ás 17:00
? Festival de Pardiñas (Guitiriz): Cé Orquestra Pantasma, Carapaus, Riobó, Xtramonio, Ultraqans

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 01-08-2011 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0