Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Financiamento do primeiro disco de Martelo

MARTELO conclúe un ano trepidante no que o proxecto poderoso e contundente do power rock trio galego non deixou indiferente a ninguén que tivera a sorte de toparse con eles ao vivo. MARTELO editará o seu primeiro disco con 13 temas combativos, orixinais e corrosivos. Apoia e difunde!! Aquí e agora!!

MARTELO é power rock de orixe galega dirixido por Xacobe Martínez Antelo (baixo e voz), Manuel Cebrián (guitarra) e Max Gómez (batería).

QUÉ QUEREMOS FACER
Editar o primeiro ataque discográfico.

PARA QUÉ PRECISAMOS DA VOSA COLABORACIÓN
Os cartos solicitados serán para a última fase do proxecto discográfico. O disco está gravado por Xurxo Pinheiro, e agora toca Misturar, Masterizar, Deseñar e Fabricar os discos. Parece pouca cousa, pero é unha das partes máis costosas de todo o proceso, e por eso solicitamos apoio, para que sexa o mellor e o máis rápido posible. Canto máis recursos teñamos, mellor será a edición, e mellores serán as condicións de traballo dos técnicos, deseñadora, fotógrafo, etc... Detrás de MARTELO hai moita máis xente do que te poderías imaxinar. Como o proxecto está tan avanzado, as recompensas non se farán esperar. Un motivo máis para sumarte á campaña e axudar na súa difusión!!!

CALENDARIO PREVISTO
A nosa previsión é iniciar iniciar a campaña de Verkami a mediados de Xullo. E polo tanto, a finais de Agosto teríamos a campaña rematada. Se todo vai como esperamos, antes de que remate setembro, estarán tódalas recompensas enviadas. O merchandising de MARTELO que entra nas recompensas estará listo nunha semana dende que deamos a orde, e a fabricación do disco tardará dúas semanas. Só faltas ti!!!

Para participar no financiamento: http://www.verkami.com/projects/5938-edicion-do-primeiro-disco-de-martelo#

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-07-2013 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
Financiamento para o XXVII Festival da Poesía (Salvaterra de Miño)

Este ano o Festival da Poesia quere ser o XXVII Festival da Poesia. Para o ser, tem que se manter, e, para se manter, necessita dinheiro. Nom queremos renunciar às exposiçons, nim ao comboio de baixa velocidade, nim à música, nim à poesia, nim ao bar, nim a projectar as curtas do Festival de Cans, nim aos passa-ruas, nim à festa infantil.

Queremos que o nosso público o tenha todo. No festival e na vida: queremos umha vida digna, direito à sanidade e ao ensino, a teito, á alimentaçom, a um trabalho que nom nos roube o tempo e a saúde, a umha estrutura que dea cobertura às pessoas em situaçom de dependência, a um sistema económico que nom expolie os nossos recursos, a umha vida amável.

Por isso berramos ?Desobediência?: para que nom lhe quitem às pessoas para dar-lhe aos bancos. Para que nom abandonem as iniciativas culturais populares para dar-lhe ao mamotreto da Cidade da Cultura.

POR QUE O NECESSITAMOS E QUE IMOS FAZER COM O DINHEIRO?

A SCD do Condado fai, em 2013, 40 anos. O Festival da Poesia começou-se a organizar em 1.981, e, salvo umha breve parada, autogeriu-se, pagou-se e celebrou-se em vinte e seis ediçons. Desde o início a associaçom financiou-se com quotas de sócios/as, organizando jantares e festas, solicitando doaçons, vendendo livros e outros materiais?

As subvençons para associaçons culturais nim se convocam, e a aportaçom económica do Concelho de Salvaterra reduziu-se um 60% nestes últimos dous anos. A gente tem menos dinheiro e essas quotas, as pequenas publicidades e as aportaçons baixam... por isso precisamos estender a solidariedade e sermos muita mais gente a colaborar, ainda que aportemos um pouquinho menos!

O dinheiro que se recade com esta iniciativa vai servir para pagar às poetas, aos grupos musicais, às empresas de som, iluminaçom e palco, a ediçom da antologia poética do festival? Queredes conhecer o programa deste ano? Visitade a nossa página web!

http://scdcondado.org

Para participar no financiamento: http://www.verkami.com/projects/6146-xxvii-festival-da-poesia-no-condado-desobediencia

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-07-2013 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
XXXV Día do enxalzamento do traxe galego (Compostela)
A Asociación do Traxe Galego celebrará o vindeiro día 27, sábado, a XXXV edición do tradicional Día do Traxe, no marco das Festas do Apostolo, organizada polo Concello de Santiago, e para o que a entidade fai un chamamento á participación, convidando a todas as personas interesadas en tomar parte nos desfiles que se poñan en contacto con eles.
Para calquera información pódese chamar o número de teléfono 671165545.

O vindeiro dia 27 de xullo, sábado, dentro do marco das festas do Apostolo, celebrarase a XXXV EDICION DO DIA DO ENXALZAMENTO DO TRAXE GALEGO en Santiago.

Organizado polo Concello de Santiago coa colaboración da Asociación do Traxe Galego, dividese en duas partes:

Concuso de Traxes Tradicionais, previa inscripción, e que se celebrará dende as 16,00 horas no Museo do Pobo Galego en Santo Domingo de Bonabal.

Desfile de Traxes Tradicionais polas Ruas de Compostela.

Mañá: Concentración no Paseo Central da Alameda as 10,30 horas. Saía as 11 horas do Paseo Central da Alameda, Rua Nova, Platerías, ata a praza do Obradoiro. Misa na Catedral de Santiago, e seguidamente desfile dende a Praza das Praterias ata o Concello onde o Sr. Alcalde e Corporación Municipal recibirá ós participantes.

Tarde: As 19,30 horas, sairá o desfile dende San Domingos de Bonabal cara a Praza da Quintana, onde os participantes do Concurso farán un pase e seguidamente entrega de premios.

Solicitan a colaboración de todas aquelas persoas que queiran participar neste día, paseando polas Ruas cos traxes, participando nos desfiles, e como non, no Concurso.

O importante e que Santiago se encha de xente amosando a nosa tradición.

Para calquera información, podedes chamar o telefono da Asociación 671-165545.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-07-2013 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
Habelas Hainas en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2013 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
Esmorga Popular en Sarria
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2013 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Das Kapital na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2013 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 15 (Luns)

Terza feira 16 (Martes)

Corta feira 17 (Mércores)
? María Fumaça nos Xardíns da Deputación de Lugo ás 18:30
? Coro Tradicional Cantares do Brión na praza do Concello de Baiona ás 23:00

Quinta feira 18 (Xoves)
? Uxía nos Xardíns da Deputación de Lugo ás 21:00
? X Festival Revenidas(Vilaxóan): The Lakazáns, Borderline 79, Leo e Arremecaghona,...

Sexta feira 19 (Venres)
? X Festival Revenidas (Vilaxóan): Ruxe Ruxe, Zenzar, Ultraqans, Banda Fura Fura, Obrint Pas,...
? Moxenas Musical Galego en Salceda de Caselas ás 22:30
? II Foliada de verán en San Vicente de Trasmañó (Redondela)

Sábado 20
? X Festival Revenidas(Vilaxóan): Os Diplomáticos de Montealto, Fermín Muguruza, A Compañía do Ruido, O Caimán do río Tea, Martelo,...
? Festival da Chaira (Baltar-A Pastoriza): Zenzar, Milesios, Skandalo GZ, Son do Galpóm,...
? Concerto pola Soberanía (Ribadeo): Arenga, Skohlma, Carmen Rodríguez
? Festaberta BNG (Fene): Ultraqans, Familia Caamagno, Estimaba que viñeras, Tremebundos
? Chotokoeu e Nao no Carballiño ás 22:00
? Das Kapital no Mardi Gras ( A Coruña)
? Heredeiros da Crus en Betanzos
? Serán e IV Festival Illa de San Simón (Redondela): Tanto Nos Ten, Pelepau

Domingo 21
? Urbano Cabrera con Abóbriga na Praza do Concello de Baiona ás 23:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-07-2013 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
II Foliada de verán en San Vicente de Trasmañó (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-07-2013 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festival Folk Illa de San Simón (Cesantes-Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-07-2013 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da Chaira (Baltar-A Pastoriza)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-07-2013 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Heredeiros da Crus en Betanzos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-07-2013 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Rexurdimento galego no Carballiño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-07-2013 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto pola Soberanía (Ribadeo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-07-2013 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Festa aberta BNG (Fene)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-07-2013 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 12 (Venres)
? XIV Memorial Ricardo Portela (Pontevedra): Os Melidaos ás 21:00 na Praza da Ferraría
? Festa da cultura: Os Carunchos, Pelepau e Zurrumalla ás 22:00 na Porta do Sol (Vigo)
? XIV Folk de raiz (Callobre-A Estrada): Xuromelo, Regato de matamulleres, A banda de Balbina, Os d´baixo
? III Festival Oubeade (Beade-Vigo): Rojo Dos, Beer Seeekers,...
? Festival Intercéltico de Ortigueira: Birimbao, Escola de gaitas de Ortigueira, Riobó, Kan e Guidewires
? Diplomáticos de Montealto, Bastards on Parade e Trapallada no Club do mar de San Amaro (A Coruña) ás 21:00
? Mamá Cabra na Praza do Concello de Carballo ás 22:00
? Guintervan en Romariz (Soutomaior)
? Pesdelán en Bertamiráns (Ames) ás 20:00 e 22:00
? Uxía no Gaiás (Compostela) ás 21:00
? Sés e Terbutalina en Outes

Sábado 13
? XII Festival Retrouso (Cela-Bueu)
? XIV Memorial Ricardo Portela (Pontevedra): Zurrumalla ás 21:00 na Praza da Ferraría
? Festa da cultura: Os Terribles de Donas, Xistra de Coruxo e Abóbriga ás 22:00 na Porta do Sol (Vigo)
? III Festival Oubeade (Beade-Vigo): Skandalo GZ, Kogito, Os Podridos, Pelepau,...
? Nordestazo Rock (Malpica de Bergantiños): Loquillo, Corizonas, Hamlet, Costas
? Festival Intercéltico de Ortigueira: Gwendal, Banda Crebinsky, Bagad Glazik Kemper de Breaña, Dominic Graham School of Irish dance, Dán, Harmónica Creams
? Sondeseu e Os Cempés en Outes
? Caxade na Cidade da Cultura (Compostela) ás 21:00
? aCadaCanto no Auditorio Municipal de Cedeira ás 22:00
? I Foliada de Cee

Domingo 14
? Mamá Cabra na Praza do Concello de Negreira
? Festival Intercéltico de Ortigueira
? Das Kapital no Bar Labranza (Bueu)
? Treixadura no Campo da Festa (Frades)
Comentarios (0) - Categoría: Malmequer - Publicado o 12-07-2013 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
I Foliada de Cee
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-07-2013 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en Cuntis do libro sobre Mallou
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 12-07-2013 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
XIV Folk de raiz (Callobre-A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-07-2013 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Ortigueira
Xoves 11 de xullo
20:15 h- Inauguración musical
Praza de Isabel II

22:00 h- Sesión de concertos
Escenario Estrella Galicia

Proxecto Runas + Os Cempés
Escenario Estrella Galicia
Guezos (Galicia)
Folk on Crest (Castela e León)
Boc (Illas Baleares)
Ruaille Buaille (País Vasco)
Os Cempés (Galicia)


Venres 12 de xullo

22:00 h- Sesión de concertos
Escenario Estrella Galicia
Birimbao (Galicia)
Escola de gaitas de Ortigueira (Galicia)
Kan (Irlanda)
Guidewires (Irlanda)
Riobó (Galicia)


Sábado 13 de xullo
20:00 h- Concerto de Sylvain Barou TríoTeatro de Beneficencia Entrada: 3 euros

22:00 h- Sesión de concertos
Escenario de Estrella Galicia
Bagad Glazik Kemper (Bretaña)
Banda Crebinsky (Galicia)
Dominic Graham School of Irish dance (Irlanda)
Dán (Irlanda- Escocia- Bretaña)
Gwendal (Bretaña)
Harmonica Creams (Xapón)


Domingo 14 de xullo

12 h- Desfile de bandas
Saída dende PRAZA DE ISABEL II
Escola de Gaitas de Ortigueira
Banda de gaitas de Ladrido
Bagad Glazik Kemper
Banda de gaitas Concello dos Blancos
Banda de gaitas Manxadoira
Banda de gaites Soto Rei
Banda de gaitas Agarimo
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-07-2013 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Oubeade (Beade-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-07-2013 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
XII Festival Retrouso (Cela-Bueu)
Algo se coce en Cela...
Marmuran as veciñas que o vindeiro sábado 13 de xullo haberá moito movemento na parroquia e que o punto onde se concentrará toda a actividade será no eirado de Cela.
Parece ser que alguén vai montar un bochinche, con bebidas e comida... fálase tamén de que haberá camisetas moi chulas, e diferentes modelos, tallas e cores... tamén hai un ruxe ruxe de que incluso haberá un palco...

Non cabe dúbida, todo isto ten que ser obra da Asociación Cultural Retrouso de Cela.

Efectivamente, veñen de confirmarmo, chega o gran evento do ano, xa non queda nada, xa está aquí o XII Festival Retrouso!!!

Este ano participarán:
- Grupo de gaitas Retrouso
- Rancho Folclórico Catel-Cunha
- Grupos de baile Retrouso
- Bando Rabudo
- Ludovaina


Vinde, mozos e mozas, que a festa promete. Din que ao rematar o festival vaise armar unha boa foliada... eu non sei se será certo, pero o que si sei é que a parroquia cheira a festa!!! :)

E para que cheguedes dereitiños ao eirado sen dar voltas, aquí vos deixamos unha ligazón coa localización:
https://maps.google.es/maps
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-07-2013 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
Novo video de Arrhythmia
Video realizado durante a gravación do sinxelo "III" de Arrhythmia, nos estudios Abrigueiro en octubre do 2012.

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 10-07-2013 15:03
# Ligazón permanente a este artigo
Video de A Tarantela Rabuda
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 10-07-2013 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Videoclip de María Fumaça .
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 10-07-2013 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
Novo video de Sés
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 10-07-2013 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
Videoclip de Terbutalina
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 10-07-2013 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
Videoclip de Martelo
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 10-07-2013 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro video de Ludovaina
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 10-07-2013 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Uxía no Gaiás (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-07-2013 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Guintervan en Romariz (Soutomaior)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-07-2013 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 8 (Luns)

Terza feira 9 (Martes)
? Odaiko Percussion na Praza do Concello de Salceda de Caselas ás 20:30
? Chorouvía no muiño de Delio (Redondela) ás 22:30

Corta feira 10 (Mércores)
? Astarot en Negreira

Quinta feira 11 (Xoves)
? Mercedes Péon na terraza das Adegas Martín Códax (Cambados) ás 20:30
? IV Folk de raiz (Callobre-A Estrada): Trioliro, Os ke hai, Carapaus, Banda Baile Asalto
? III Festival Oubeade (Beade-Vigo): Carcomedhi, Strangled,..
? Festival Intercéltico de Ortigueira: Guezos, Ruaille Buaille, Boc e Folk on Crest

Sexta feira 12 (Venres)
? XIV Memorial Ricardo Portela (Pontevedra): Os Melidaos ás 21:00 na Praza da Ferraría
? Festa da cultura: Os Carunchos, Pelepau e Zurrumalla ás 22:00 na Porta do Sol (Vigo)
? XIV Folk de raiz (Callobre-A Estrada): Xuromelo, Regato de matamulleres, A banda de Balbina, Os d´baixo
? III Festival Oubeade (Beade-Vigo): Rojo Dos, Beer Seeekers,...
? Festival Intercéltico de Ortigueira: Birimbao, Escola de gaitas de Ortigueira, Riobó, Kan e Guidewires
? Diplomáticos de Montealto, Bastards on Parade e Trapallada no Club do mar de San Amaro (A Coruña) ás 21:00
? Pesdelán en Bertamiráns (Ames) ás 20:00 e 22:00
? Uxía no Gaiás (Compostela)
? Sés e Terbutalina en Outes

Sábado 13
? XIV Memorial Ricardo Portela (Pontevedra): Zurrumalla ás 21:00 na Praza da Ferraría
? Festa da cultura: Os Terribles de Donas, Xistra de Coruxo e Abóbriga ás 22:00 na Porta do Sol (Vigo)
? III Festival Oubeade (Beade-Vigo): Skandalo GZ, Kogito, Os Podridos, Pelepau,...
? Nordestazo Rock (Malpica de Bergantiños): Loquillo, Corizonas, Hamlet, Costas
? Festival Intercéltico de Ortigueira: Gwendal, Banda Crebinsky, Bagad Glazik Kemper de Breaña, Dominic Graham School of Irish dance, Dán, Harmónica Creams
? Sondeseu e Os Cempés en Outes

Domingo 14
? Festival Intercéltico de Ortigueira
? Das Kapital no Bar Labranza (Bueu)
? Treixadura no Campo da Festa (Frades)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2013 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Cultura 2013 (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2013 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
XIV Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)
Venres 12 e sábado 13 DE XULLO

XIV Memorial Ricardo Portela. Homenaxe a Xan de Campañó


Un ano máis xa está aquí o Memorial Ricardo Portela que organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración co Concello de Pontevedra. Nesta ocasión continuamos na liña trazada a anterior edición coa colocación da mostra de artesanía e os concertos na Praza da Ferrería e pasarrúas ao longo de todo o día. Ademais aproveitaremos a ocasión para facer unha homenaxe ao emblemático gaiteiro Xan Tilve Castro, máis coñecido como Xan de Campañó de quen Ricardo Portela aprendeu o seu bo facer coa gaita.

Esperamos contar coa vosa compañia!!

Programa

Venres 12 DE XULLO
De 17:00 a 21:30 X Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais
Praza da Ferraría

19:30 Pasarrúas de Os de Algures
Nas Prazas e rúas da cidade

21:00 Actuación do grupo Os Melidaos
Praza da Ferraría

Sábado 14 DE XULLO
De 11:30 a 14:00 e de 18:00 a 21:30 X Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais
Praza da Ferraría

12:00 Pasarrúas dos Picurruchos
Rúas e prazas da cidade

19:30 Pasarrúas dos grupos Abelente e Ludovaina
Nas Prazas e rúas da cidade

21:00 Actuación de Zurrumalla

Previo ao concerto do sábado, celebrarase a homenaxe a Ricardo Portela e a Xan de Campañó na que contaremos cunha representación de ámbalas dúas familias e na que o artesán Pablo Carpintero fará soar a gaita de Xan de Campañó como a mellor homenaxe que lle podemos ofrecer.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2013 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Momento Coruñento (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-07-2013 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
XI En contro de embarcacións tradicionais de Galicia (O Freixo-Outes)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2013 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0