Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación do primeiro disco de Talabarte
Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin Garcia, TALABARTE, FOL MUSICA e Non Si Servizos Culturais
Teñen o pracer de convidarte á presentancion de TALABARTE

Mercores 6 de Xullo
12:30 horas
Hotel Costa Vella
Rua Porta da Pena, 17


Talabarte falara do seu novo traballo e ofrecerán un pequeno concerto acustico

Tómate un piscolabis connosco, cortesía do DEZASEIS

TALABARTE é un novo concepto de formación en Galicia, estritamente acústico e baseado na música tradicional contemporánea.

Neste proxecto únense tres músicos veteranos e indispensables dentro da escena musical galega: o violín de Quim Farinha (Berrogüetto) , o acordeón diatónico de Pedro Pascual (Marful) e o contrabaixo de Kin García (Susana Seivane).

Este é o seu primeiro álbum, un traballo que respira frescura, de factura impecable, cheo de matices e de arranxos imaxinativos. O conxunto aporta un novo son que os diferenza e os identifica, o son propio de Talabarte no que destaca o virtuosismo dos músicos e a elegancia musical.

Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e doutras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias, todo aliñado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz e do folk, pasando polo tango, ata a tradición musical máis europea.

Contemporaneidade e tradición, xuntas, nun concerto diferente, sen deixar de mover os pés nin de ser indiferentes aos sentidos.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 06-07-2011 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Zurrumalla
ZURRUMALLA ?O que había? O que hai.?

Zurrumalla nace como grupo alá por febreiro do 2000, coa intención de dar resposta ás inquedanzas musicais da xente que o conforma. Dende os nosos inicios, con ensaios que foron variando de día e de lugar en función da disponibilidade particular, fomos quen de crear un pequeño mundo arredor da música da terra, no que nos sentimos ledos, unidos e satisfeitos. Pretendemos disfrutar e dignificar a música do noso país e que a nosa xente disfrute e se sinta identificada con ela.

Ao longo de todos estos anos temos tocado nun moi variado número de lugares, buscando sempre ofrecer o mellor que como gaiteiros podemos dar de nós.

Probablemente a primeira parte deste traballo ?O que había? - xa debería ter saído á venda hai tres ao catro anos, pero a diligencia non é precisamente unha das nosas virtudes. De aí que cando Inquedazas Sonoras nos convence de sacar adiante este traballo nos atopamos na encrucillada de seleccionar o material normal para un CD, e constatamos que había un material musical ligado a nós ao longo destes anos, e que nos daba mágoa desbotar por excesivo.

Por iso decidimos facer este doble CD, no que a primeira parte vai adicada ás pezas que tocamos ao longo dos primeiros sete ou oito anos de andanzas e a segunda parte vai máis adicada a temas dos últimos tempos, coa peculiaridade que son todos eles temas de composición propia.

Que ? nada, que vos guste e que disfrutedes.
Grazas por estar dispostos e dispostas a entrar neste noso pequeño pero agarimoso mundo da nosa música tradicional.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 06-07-2011 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco da Atlántica Vapora Orquestra
Esta Orquestra de Mar recupera as cancións de Vilaxoán de Arousa e proxéctaas cun selo vintage, isto é: exclusividade, historia, calidade e estilo. Ofrece con xenerosidade unha música popular regada de folque , de swing na que non faltan reminiscencias clásicas que dan forma a un particular son de aires retro-mariñeiros.

No temón da Vapora o maestro Óscar Fernádez Sanjurjo (Cempés, Bonovo) un dos músicos galegos mais coñecedor do encantamento e belesamento da música popular, acompañado dun desfile de avantaxados intérpretes entre os que descubrimos a o compositor e contrabaixista cubano José Manuel Díaz adoptado musicalmente na Galiza, que aporta a súa tarefa implacable e exquisita á escena.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 06-07-2011 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Ludoteca infantil en Xacarandaina (A Coruña)
A Asociación Cultural Xacarandaina oferta este verán a Ludoteca Infantil de Xaca que ofrece para todas as nenas e nenos de 3 a 12 anos. Diversión asegurada a través de xogos, obradoiros, cultura tradicional, baile e música, contos, cinema de animación en pantalla grande...


Este Ludoteca realizarase no local da asociación, sito na na rúa Historiador Vedía nº3, (zona rúa Juan Florez) de luns a venres, e en horario de 10:00 a 14:00. Estará dirixida por monitores titulados, cunha programación adaptada as diferentes idades dos participantes.

Este verán faremos unha única quenda durante a segunda quincena do mes de xullo, do día 18 ao 29, podendo inscribirse toda a quinceda ou facelo por días soltos, aínda que resulta máis económico a primeira opción.

Todos os interesados en inscribirse en calquera deben poñerse en contacto coa secretaría da Asociación antes do 14 de xullo. O horario de oficina é de 10 a 14 h. e teléfono de información, 981 277 315 .

De resultar do seu interese a posibilidade de contactar coa Asociación Cultural Xacarandaina, achegámoslle, o teléfono da Asociación e móbil da Presidenta da mesma:


Asociación Cultural Xacarandaina.................... 981 277 315
Belén Mato Corral ............ 687 882 824

Agradecéndolle novamente a atención prestada e o interese mostrado polos proxectos da Asociación Cultural Xacarandaina, reciban un atento e afectuoso saúdo.

www.xacarandaina.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-07-2011 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de verán no Fiadeiro (Vigo)
Estimados amigos, durante o mes de xullo realizaremos diferentes actividades para nenos e adultos.

Se os teus nen@s non teñen ocupación polas mañás O Fiadeiro ofréceche unha alternativa para todo o mes.

Tamén haberá actividades para adultos que continuarán en xullo.
No arquivo adxunto vai a información de tódolos cursos e horarios.
Interesados inscribirse canto antes.

Mais información: 629 585 355

Un saúdo

XULLO 2011 CURSOS VERÁN
LUNS DE 10.00 A 13.00 - MANUALIDADES (5-12 ANOS)

MARTES DE 10.00 A 13.00 - DEBUXO/PINTURA (5-12 ANOS)

XOVES DE 10.00 A 13.00 - INICIACIÓN Ó FOLCLORE (3-5 ANOS)

VENRES DE 10.00 A 13.00 - CONSTRUCCIÓN DE INSTRUMENTOS (5-12 ANOS)

ACTIVIDADES DE 1 HORA SEMANAL POLAS TARDES:
PANDEIRETA: LUNS OU VENRES
GAITA: MARTES, MÉRCORES OU XOVES
ACORDEÓN: XOVES

www.ofiadeiro.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-07-2011 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Festas galegas e populares en Boiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-07-2011 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
A Baña encheuse de tradición coa décima Festa Rachada
A música tradicional foi a grande protagonista do décimo aniversario da Festa Rachada da Baña do sábado. Na área recreativa de Chans participaron artistas como Tanto nos ten, Trioliro, Tinta femia, Cé orquestra pantasma, xunto co estreo de Carapaus e a presenza de grupos amigos como os Armadanzas de Laraño.

A festa, organizada polos Campantes da Baña, superou a participación doutros anos.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-07-2011 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Presentado o programa de verán Galicia é Música
O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentou onte a programación cultural prevista para este verán en Galicia. Coincidindo coa celebración do Ano da Música o seu departamento, xunto coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) traerán a Galicia 627 representacións artísticas, entre as que haberá concertos, espectáculos de danza e representacións teatrais repartidas por 200 concellos galegos.

Estas actuacións están dentro de dous programas, un deles centrado na música, Galicia é Música, que na súa primeira edición contará con 41 bandas musicais e solistas. Os concertos celebraranse ata o 23 de setembro e distribuiranse en 46 concellos da xeografía galega. Reunirán a bandas representantes de Galicia e da súa música e tamén haberá espazo para os estilos mais actuais. En total, dentro deste programa, celebraranse un total de 63 concertos. Entre os que destacan as bandas galegas como Di Elas, liderada polo actor Luis Tosar, e outros nomes galegos como Susana Seivane, Budiño, Quempallou, Banda Crebinsky, Cristina Pato ou Nadadora. Ademais, catro nomes artísticos galegos, como Xoel López, Luar na Lubre, Berrogüetto ou Mercedes Peón actuarán como embaixadores do Ano da Música en Galicia.

As representacións artísticas non se limitan exclusivamente á música, senón que haberá actuacións de maxia, danza ou circo. Estas actuacións agrúpanse dentro do programa Camiños da Cultura que levará 564 citas culturais a máis de cen concellos galegos. Os concellos queren encher os teatros, tamén en verán, con actuacións de danza, maxia ou teatro. As representacións de danza e teatro serán 241 durante todo o verán, ademais de 116 funcións de maxia e 79 de novo circo. Os concellos nos que se levarán a cabo estas actividades deberán afrontar o 45% do presuposto que ascende a un total de 800.000 euros.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-07-2011 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 4 (Luns)

Terza feira 5 (Martes)

Corta feira 6 (Mércores)
? Esquíos no Aturuxo (Boiro)

Quinta feira 7 (Xoves)
? Mercedes Peón en Muros
? XXVII Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira): Proxecto Runas: Riveira, Ulträqäns, StolenNotes, Oscar Ibañez & Tribu e Skerryvore

Sexta feira 8 (Venres)
? Doa no castelo de San Antón (A Coruña)
? XXVII Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira):Escola De Gaitas De Ortigueira, Berrogüetto, Brian Finnegan Big Band, David Pasquet Group, Urban Folk Quartet

Sábado 9
? X Festival Retrouso en Cela (Bueu)
? Marful no Cinema-Teatro de Ribadeo
? Mercedes Peón en Burela
? Coro Tradicional Cantarés do Brión en Cesantes (Redondela)
? Ataque Escampe na sala Sala Super 8 (Ferrol)
? XXVII Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira):Rua Macmillan Trio, Luar Na Lubre, The Elders, Searson, The Crass
? Serán na praia de Deilán (Santa Cristina de Cobres-Vilaboa) ADIADO
? VI Conrobla de Boimorto

Domingo 10
? XXVII Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-07-2011 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na Praia de Deilán (Santa Cristina de Cobres-Vilaboa)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-07-2011 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Suspensións varias
Avisamos dun par de actos que quedan suspendidos nesta fin de semana:

Concerto de Treixadura en Carril: Por falta de cartos o Concello de Vilagarcía suspende o concerto programado no Encontro de Embarcacións Tradicionais.

Romaría dos fachos da Peneda: Prohibición gubernativa por perigo de incendios...
A día 1 de xullo a Xunta de Galicia inda non ten en marcha o dispositivo de verán contra os lumes polo que acaban de prohibir esta Romaría que levaba 15 anos ininterrumpidos celebrandose no Viso (Redondela), polo que queda suspendida a subida á Peneda e a foliada posterior.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-07-2011 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 1 (Venres)
? Marful en Ribadavia
? Xose Manuel Budiño en Sabucedo
? Festas do barrio de San Pedro (Compostela): Banda Crebinsky, Dandy Fever e Fluzo
? Festival Arde Rande (Chapela-Redondela): Kogito, Bloquinho da Salgueira, Foxy Freire,...
? Música na noite (Calo-Teo): Ataque Escampe, Galegoz, Novedades Carmiña, Medomedá
? Sons da Lameira (Matamá-Vigo): Os irmandiños de Vincios, Os Terribles de Donas, A Requinta da Laxeira
? Serán en Maceda

Sábado 2
? Festas do barrio de San Pedro (Compostela): A Magnifique Band dos Homes sen Medo
? Festa dos fachos no monte da Peneda (O Viso-Redondela) SUSPENDIDO
? VII Foliada da Mariña en Xove (Lugo): Pradairo e Güintervan
? Miro Casabella e Xose Manuel Budiño no Var con Uve (Moaña) ás 22:30
? Quempallou en Outeiro de Rei-Lugo
? Habelas Hainas na Guarda ás 21:00
? Treixadura en Carril (Vilagarcía de Arousa) ás 23:00 SUSPENDIDO
? Certame Ricardo Portela de Viascón (Cotobade): Noitarega e A Reauinta de Xián
? Festival Asalto ao castelo de Vimianzo: Chiculate, Berroguetto, Funky Style Brass,...
? XVIII Festival do río Castro (Narahío): A Quenlla, Os Carunchos, Os Cuchufellos
? Festival Vai chorar a Cangas (Cangas do Morrazo): Skakeo, Kogito, Bastards on Parade, A Tuna Rastafari
? Sons da Lameira (Matamá-Vigo): Ruxe-Ruxe, Skunk DF, Os Podridos, Medomedá
? Música na noite (Calo-Teo): Banda De Gaitas S.R. Calo, Os Estalotes, Bellon Maceiras Quinteto, Mercedes Peón, Ulträqäns
? X Festa Rachada da Baña
? Serán na Capela de Santo Estevo, O Rodeiro, Avión

Domingo 3
? Romaría nas Festas do barrio de San Pedro (Compostela): Os Estalotes, as Pandereteiras de Toutón e Pazos de Borbén,...
? Tanto Nos Ten na Guarda ás 20:00
? Ataque Escampe no Aturuxo (Boiro)
? Susana Seivane na Porta do Sol de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-07-2011 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
1 de xullo
- Serán de Maceda

2 de xullo
- Serán na Capela de Santo Estevo, O Rodeiro, Avión

9 de xullo
- Serán na praia de Deilán (Santa Cristina de Cobres-Vilaboa)
- VI Conrobla de Boimorto

30 de xullo
- Serán no monte da Picaraña (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-07-2011 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Festivais de verán
1 xullo: Festival Arde Rande (Chapela-Redondela)
- Kogito, Bloquinho da Salgueira, Foxy Freire,...

1-2 xullo: Música na noite (Calo-Teo)
- Ataque Escampe, Galegoz, Novedades Carmiña, Medomedá
- Banda De Gaitas S.R. Calo, Os Estalotes, Bellon Maceiras Quinteto, Mercedes Peón, Ulträqäns

1-2 xullo: Sons da Lameira (Matamá-Vigo)
- Os irmandiños de Vincios, Os Terribles de Donas, A Requinta da Laxeira
- Ruxe-Ruxe, Skunk DF, Os Podridos, Medomedá

2 xullo: Festival Vai chorar a Cangas (Cangas do Morrazo)
- Skakeo, Kogito, Bastards on Parade, A Tuna Rastafari

2 xullo: Festival Asalto ao castelo de Vimianzo
- Chiculate, Berroguetto, Funky Style Brass,...

2 xullo: XVIII Festival do río Castro (Narahío)
- A Quenlla, Os Carunchos, Os Cuchufellos

7 ao 10 xullo: XXVII Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira)
- Riveira (Chile), Stolen Notes (Andalucía), Ulträqäns (Galiza), Skerryvore (Escocia)
- The Urban Folk Quartet, ...
- The Crass, The Elders, Searson, David Pasquet, Luar na Lubre, ...

15-16 xullo: Festival Revenidas (Vilaxoán de Arousa)
- Guintervan, Labregos do tempo de Sputnik, Trashtucada,...
- Uxía, Medomeda, Banda Crebinsky,...

15-16 xullo: XI Festival da Terra e da Lingua (Narón)
- Residuos atractivas, Eina, Sacha na horta,...
- Dios Ke Te Crew, arenga, Chotokoeu,...

16 xullo: Festival da Chaira (A Pastoriza-Lugo)
- Habelas Hainas, Malandrómeda, Zenzar, Tanghana Show

22 xullo: Festival Arreaocabo (Celeiro)
- Kogito, El último ke zierre, Bytheface, Yuno,...

23 xullo: Festival Sargadelos Fusión (Cervo)
- Falperrys, Clan Maragato, Medomedá,...

23 xullo: II Festival do Lea (Castro de Rei)
- Avante, Muxarega, A Banda de Balbina,...

24 e 25 xullo: Festigal (Compostela)

29-30 xullo: IV Festival Antros Pinos (Taragoña-Rianxo)
- Ruxe-Ruxe, Ultraqans, Che Sudaka, ...

30 xullo: Festixeve (Pontevedra)
- Os Cuchufellos, Ultraqans,...

Agosto


5 agosto: Lugnasad (Bretoña)
- Ultraqans,...

5 agosto: Millarock (Milladoiro-Ames)
- Ruxe-Ruxe, Zenzar,...

6 e 7 agosto: Festival de Pardiñas (Guitiriz)

12 agosto: Barqueirock (O Barqueiro)
- Zenzar, Raiba, ...

12-13 agosto: Brincadeira (Ordes)
- Europe, Ruxe-Ruxe, Kastomá, Obús, Dios Ke te Crew,...

20 agosto: Asalto ao castelo de Moeche
- Leilía,...

20 agosto: Festival de Vilariño (O Hío - Cangas do Morrazo)
- Bastards on parade,...

20-21 agosto: Festival Ponte Louco (Castro Caldelas)
- Os Tres Trebóns, Magnifique Band, El Pau, Çe Orquestra Pantasma

27 agosto: Festival do rio Belelle
Neda (A Coruña)

- Ultraqans,...

27 agosto: Festival da Lúa Meiga
O Viso (Redondela)

- Sobre Rodas, Coanhadeira, A Requinta da Laxeira


Setembro


3 setembro: Festival da Poesía do Condado
(Salvaterra de Miño)

- Ultraqans, Os Cuchufellos, ...

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-07-2011 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Susana Seivane en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-07-2011 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Maceda
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-07-2011 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
X Festa Rachada (A Baña)
Comentarios (3) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-07-2011 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
Gala Queiroa en Sada
Bueno xentiña... aquí estamos de novo, como tódolos anos, para convidarvos a un grande acontecemento para nosa asociación: a Gala Queiroa.

O día 2 de xullo na casa da cultura de Sada esperámosvos para que participedes con nós de tal acontecemento cargado de ilusión, traballo, e boa festa!

Animádevos, que este ano máis que nunca todo o que pase será "Cousa de nenos"...

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-07-2011 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Xose Manuel Budiño en Sabucedo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-07-2011 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de gaita armada na Gentalha do Pichel (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-07-2011 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Festa fin de curso de Rebulir
Desde a Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir organizamos para o Vindeiro Venres 1 de Xullo a nosa festa con motivo de peche do curso. Esta celebración xa ven sendo habitual desde os comezos da asociación, e nela pretendemos ter unha xornada de xuntanza lúdica onde membros, familiares e amigos poderán disfrutar de múltiples actividades.

Para esta edición contamos con un cartel de luxo:

19:45 h. Presentación do IV Concurso de Fotografía Antiga, e tamén presentación da nova Xunta directiva
20:00 h. Actuación de todos os grupos que compoñen a Escola: Gaiteiros, pandereteiras, grupos de baile...
21:00 h. Petiscos para membros e amigos
22:30 h. Concerto de MINI E MERO (Fundadores de Fuxan os Ventos e membros de A Quenlla)

E xa para finalizar a xornada... desprazamento ata o Serán de Maceda para continuar coa troula.

Todas as actividades celebraranse no Centro Cultural de O Picouto (Ramirás). As actuacións e o concerto serán abertos e con caracter gratuíto para toda aquela persoa que queira asistir.

Quedades convidad@s a darlle peche ao curso 2010/2011 con esta festa !!!

Asdo.

Alexandre Sotelino Losada
Director da EBMT Rebulir
Tel. 639 908 005
rebulir@hotmail.com
www.rebulir.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-07-2011 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Música na noite (Teo)
www.musicananoite.eu
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-07-2011 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do Río Castro (Narahío)
http://riocastro.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-07-2011 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Asalto ao Castelo (Vimianzo)
http://asaltoaocastelo.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-07-2011 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo)
www.sonsdalameira.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-07-2011 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Arde Rande (Chapela-Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-07-2011 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Festival A chorar a Cangas (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-07-2011 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Noite distinta en Pontecesures
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-07-2011 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0