Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chega a fin de semana
Sexta feira 15 (Venres)
? Duplo Son no castelo de San Antón (Compostela)
? XII Folk de Raíz (Callobre-A Estrada): Tiruleque, Regato de Matamulleres, Pandereteiras Son da Fervenza, Zurrumalla, O Arco
? Festival Revenidas (Vilaxoán de Arousa): Guintervan, Labregos do tempo de Sputnik, Trashtucada,...
? XI Festival da Terra e da Lingua (Narón): Residuos atractivas, Eina, Sacha na horta,...

Sábado 16
? Memorial Ricardo Portela(Pontevedra)
? Fiandola no Castelo de Castro de Ouro (Alfoz)
? Os Festicultores en Mugardos
? Ataque Escampe en Pontecaldelas
? Noitarega no Multiusos das Pozas (Mos)
? Festival da Chaira (A Pastoriza-Lugo): Habelas Hainas, Malandrómeda, Zenzar, Tanghana Show
? Festival Revenidas (Vilaxoán de Arousa): Quempallou, Medomeda, Banda Crebinsky,...
? XI Festival da Terra e da Lingua (Narón): Dios Ke Te Crew, arenga, Chotokoeu,...
? Serán na praia de Deilán (Santa Cristina de Cobres-Vilaboa)

Domingo 17
? Memorial Ricardo Portela(Pontevedra): Noitarega, Pradairo,...
? Invivo no Badulake (Ordes)
? A Requinta de Xian en Sarria
? Coanhadeira en Mera (Oleiros)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-07-2011 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os festivais de verán
14-15 xullo: XII Folk de Raíz (Callobre-A Estrada)
- Xuntanza dos Regatos, Esquíos, Os ke hai, Trioliro
- Tiruleque, Regato de Matamulleres, Pandereteiras Son da Fervenza, Zurrumalla, O Arco

15-16 xullo: Festival Revenidas (Vilaxoán de Arousa)
- Guintervan, Labregos do tempo de Sputnik, Trashtucada,...
- Quempallou, Medomeda, Banda Crebinsky,...

15-16 xullo: XI Festival da Terra e da Lingua (Narón)
- Residuos atractivas, Eina, Sacha na horta,...
- Dios Ke Te Crew, arenga, Chotokoeu,...

16 xullo: Festival da Chaira (A Pastoriza-Lugo)
- Habelas Hainas, Malandrómeda, Zenzar, Tanghana Show

22 xullo: Festival Arreaocabo (Celeiro)
- Kogito, El último ke zierre, Bytheface, Yuno,...

23 xullo: Festival Sargadelos Fusión (Cervo)
- Falperrys, Clan Maragato, Medomedá,...

23 xullo: II Festival do Lea (Castro de Rei)
- Avante, Muxarega, A Banda de Balbina,...

24 xullo: Festa da Fraga (As Pontes)
- Cristina Pato, Muxarega, Salsa Celtica e Berimbao

24 xullo: Festival Briga (Compostela)
- Raiba, Cuchufelhos, Su Ta Gar, Nos Ki Nasi Homi Ki Ta Mori

24 e 25 xullo: Festigal (Compostela)
- Ulträqäns, Loretta Martin, Deolinda, Dios ke te crew
- Orquestra Os Modernos, Os Carunchos, Cé Orquestra Pantasma

27, 28, 29 e 30 xullo: XXVII Festival Intercético do Morrazo (Moaña)
- Aló Django
- Tanto Nos Ten e Zurrumalla
- Davide Salvado e Uxía
- Roi Casal

29-30 xullo: IV Festival Antros Pinos (Taragoña-Rianxo)
- Ruxe-Ruxe, Ultraqans, Che Sudaka, ...
- Dios Ke Te Crew, Muyayo Riff,...

30 xullo: Festixeve (Pontevedra)
- Os Cuchufellos, Ultraqans, Os Tres Trebóns

30 xullo: Armadiña Rock (Combarro)
- Bastard on Parade, Novedades Carminha, Malkeda, Salvation Army

Agosto


5 agosto: Lugnasad (Bretoña)
- Ultraqans,...

5 agosto: Millarock (Milladoiro-Ames)
- Ruxe-Ruxe, Zenzar,...

5 agosto: Cruceiro Rock (Vila de Cruces)
- Kastomá, Avante,...

6 agosto: Festa da Carballeira (Zas)
- Muxarega, Coanhadeira, Korrontzi, Four Man and Dog e Festicultores Troupe

6 e 7 agosto: Festival de Pardiñas (Guitiriz)
- BloquinHo de Xermolos, Salta no Cribo, Ruaille-Buaille, Terrakota, No Reply
- Cé Orquestra Pantasma, Carapaus, Riobó, Xtramonio, Ultraqans

12 agosto: Barqueirock (O Barqueiro)
- Zenzar, Raiba, ...

12-13 agosto: Brincadeira (Ordes)
- Europe, Ruxe-Ruxe, Kastomá, Obús, Dios Ke te Crew,...

20 agosto: Asalto ao castelo de Moeche
- Leilía,...

20 de agosto: Noite Folk de Negreira
- Susana Seivane, A Compañía do Ruído e Fol de Veneno

20 agosto: Festival de Vilariño (O Hío - Cangas do Morrazo)
- Bastards on parade,...

20-21 agosto: Festival Ponte Louco (Castro Caldelas)
- Os Tres Trebóns, Magnifique Band, El Pau, Çe Orquestra Pantasma

26 agosto: Festidoiro (Cuntis)
- Keltoi, Fracasados de antemano, Deseqilibrio mental, Skarmento

27 agosto: Festival do rio Belelle
Neda (A Coruña)

- Ultraqans,...

27 agosto: IV Festival antifascista (Cangas do Morrazo)
- Ludovaina, Molestia, Soak, Dakidarria, Skakeo

27 agosto: Festival da Lúa Meiga
O Viso (Redondela)

- Sobre Rodas, Coanhadeira, A Requinta da Laxeira


Setembro


3 setembro: Festival da Poesía do Condado
(Salvaterra de Miño)

- Ultraqans, Os Cuchufellos, ...

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-07-2011 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Deilán (Santa Cristina de Cobres-Vilaboa)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-07-2011 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)
Xa está aberta a convocatoria para participar na XII edición do Memorial Ricardo Portela 2011, que terá lugar o vindeiro sábado día 16 de xullo e no que se outorgarán 3 premios en metálico de 1.500, 900 e 600 euros, un premio especial ?Ricardo Portela?, dotado de 600 euros para a mellor interpretación dunha peza do repertorio do gaiteiro, e un premio especial ?Seivane-Goretex?, consistente nunha gaita creada especialmente para esta doceaba edición do Memorial e que recaerá na mellor interpretación dunha peza en toque pechado.

Poderán participar agrupacións musicais tradicionais galegas no formato de cuarteto, quinteto ou sexteto, compostos polo menos por dúas gaitas, un tamboril e un bombo, sendo o principal obxectivo do certame promover a música tradicional galega, así como impulsar este tipo de formacións.

O prazo permanecerá aberto ata o día 14 de xullo e a inscrición deberá formalizarse no rexistro do Concello de; só poderán competir 25 grupos, e no caso de que os inscritos superen este número, terase en conta a orde de entrada no rexistro municipal, considerándose participantes soamente os 25 primeiros grupos rexistrados.

Na inscrición deberá constar o nome da formación, o número de componentes e o nome, enderezo e teléfono da persoa de contacto, así coma un pequeño currículo da agrupación.

class=tEnlac>www.gaiteirosgalegos.com

Sábado 16 e domingo 17 DE XULLO

XII Memorial Ricardo Portela


Sábado 16 DE XULLO
De 11:30 a 14:00 e de 18:00 a 21:30 IX Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais
Praza de Ourense

12:00 Pasarrúas dos grupos inscritos no concurso con saída na praza de Curros Enríquez

20:00 Actuación dos grupos finalistas, resolución dos premios e actuación especial Os Minhotos
Praza da Peregrina

Domingo 17 DE XULLO
De 11:30 a 14:00 e de 18:00 a 21:30 IX Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais
Praza de Ourense

20:00 Festival de música tradicional coa actuación de Noitarega e Pradairo
Praza da Peregrina
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 15-07-2011 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Duplo Son na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-07-2011 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Trobe Folk (Vedra)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-07-2011 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Revenidas (Vilaxoán)
Por motivos alleos á organización?cae do cartaz Uxía e entran como agradable sorpresa QUEMPALLOU
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-07-2011 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da Chaira (A Pastoriza)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-07-2011 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
XI Festival da Terra e da Lingua (Narón)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-07-2011 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Noalla Viva (Sanxenxo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-07-2011 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
XII Folk de Raiz (Callobre-A Estrada)
Xoves 14 de xullo
- Xuntanza dos Regatos
- Esquíos
- Os ke hai
- Trioliro

Venres 15 de xullo
- Tiruleque
- Regato de Matamulleres
- Pandereteiras Son da Fervenza
- Zurrumalla
- O Arco

A duodécima edición do Festival Folk de Raíz de Callobre arrinca hoxe ás 22.00 horas coa actuación de Xuntanza dos Regatos de Orazo, Esquíos da Estrada, Os Ke Hai da Estrada e Callobre; e Trioliro procedente de Vigo e Gondomar. Ademais, os asistentes poderán gozar dunha queimada gratis.

Mañá, estarán en Callobre Tiruleque da provincia da Coruña, Regato de Matamulleres da Estrada e Callobre, Pandereteiras Son da Fervenza de Escuadro (Silleda), Zurrumalla de Vigo e Gondomar e O Arco de Merza.

O festival contará cunha zona de acampada, pulpeiros, artesáns e un amplo aparcadoiro. As actuacións celébranse este ano, por primeira vez, no campo da festa. Os organizadores aseguran que o cambio de contorna débese "a que no campo da festa hai máis colorido e é máis enxebre". Afirman que "así axudará a crear ambiente" nunha festa que reivindica a música popular galega.

Os grupos Regato de Matamulleres e Os Ke Hai repiten actuación no festival, posto que os compoñentes forman parte da Asociación Cultural Regatos, ente organizador do festival.
Por outra banda, este ano aumentarán as exposicións dos artesáns xa que "axudan a crear ambiente", afirmou José Tato, un dos organizadores. A asociación calcula unha media de 1.000 asistentes todos os anos. Afirman que o certame "conta con moita afluencia de persoas desde a primeira edición". Os organizadores resaltan que o público do xoves está composto maioritariamente por mozos e os venres por xente de mediana idade.

O festival xurdiu hai doce anos de mans de José Tato, que por mor de ser un dos compoñentes da comisión de festas, decidiu organizalo para dar cabida á música tradicional.


Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-07-2011 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Os Cempés volven aos escenarios
A banda ferrolá Os Cempés volve aos escenarios logo de catro anos de parón

Comentaban os compoñentes de Os Cempés en xaneiro de 2007 nestas mesma páxinas que o seu adeus non era totalmenre definitivo, ?xa que iso nunca se sabe e sempre está aberta a posibilidade. ?Ao mellor dentro de cinco anos damos unha sorpresa. As circunstancias e o interese por facer cousas van mudando e non pechamos esa posibilidade?, afirmaban. Semellaron proféticas as palabras porque catro anos máis tarde un dos grupos máis queridos do panorama musical galego retoma a súa actividade e volta aos escenarios para facer bailar aos seus seareiros.

O motivo da volta vén motivado porque lles ?apetecía tocar outra vez xuntos? e teñen ?a posibilidade de facelo?. ?Óscar Fernández é o motor da banda e daquela tiña outros proxectos no horizonte, mais agora dase outravolta a oportunidade de reunirse e estamos moi ilusionados?, aseguran. A xente do folk galego sempre se laiou da separación da formación, que deixou un baleiro difícil de cubrir e agora están a constatar que ese apoio era certo: ?Dende que fixemos pública a nosa volta temos moitas chamadas e van xurdindo demandas para realizar concertos nun momento que é complicado para os artistas á hora de conseguir actuacións. Aínda que non quede ben que o digamos nós, cremos que o espazo musical que ocupabamos non resulta doado de encher?.
Agora queda ensaiar duro para non defraudar aos seareiros do conxunto, que poderán escoitar en directo parte do repertorio xa coñecido e algunhas pezas novas. A primeira ocasión de contemplalos será o vindeiro 20 de agosto no festival de música folk que se celebra en Fisterra.

Que ninguén espere grandes variacións no que atinxe á personalidade da banda, que pretende aportar nesta nova andaina ?cancións e bailes populares, e de autor, co obxectivo de sempre, que consiste en que eses temas sexan bailados ou cantados entre todos?, entre o público e eles. ?Continuaremos optando pola sinxeleza nunha formación, digamos, sen excesivas complicacuóns, mais sempre na procura de que os seis musicos soen e aporten cousas. Que conste que ser simples na concepción ás veces non resulta nada doado malia que poida pensarse o contrario?, din.

Antón Varela, Serxo Ces e Óscar Fernández son fundamentais na historia deste grupo e forman parte da nova etapa, na que estarán acompañados polas percusións de Ramón Dopico, o bouzouqui de Fer Barroso e o saxo e clarinete de Pablo Dalama, quen xa tocara algunha vez coa banda.

Os Cempés acadaran na súa traxectoria un PREMIO OPINIÓN na terceira edición dos galardóns, ao lograren o álbum Moe a moa o terceiro lugar nas votacións do xurado. E sabendo da súa retirada da actividade musical a gala de entrega dos premios na súa sexta edición, celebrada en outubro de 2007, contou con eles para realizar un concerto que servía como despedida dos palcos da popular banda.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-07-2011 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega `Constantino Bellón´ 2011
Remata o prazo este próximo venres día 15 de xullo!

Logo de acadar o apoio institucional do CONCELLO de FERROL e AGADIC, CONVOCAMOS de novo o noso Concurso na súa XX edición.


Bases do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2011

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 14-07-2011 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Dios Ke Te Crew
Rap de combate dende Galicia. O grupo máis coñecido e recoñecido da escena galega

DATA DE SAIDA: 19 DE XULLO DE 2011


Falar de DIOS KE TE CREW é falar de anos de experiencia en escenarios en centos de concertos cheos. Eles, que son auténtico i enxebre underground galaico, queren dar o salto profesional e amplificar as suas voces e a sua música a través de canles dende os que chegar a máis xente. O seu rap é claro e rotundo: a mensaxe, a denuncia e a loita son as principais ideas que enchen as suas rimas.

Neste HUMANOSE o grupo quere ofrecer unha mellora na calidade da sua música: non só as bases e os textos enganchan á primeira, se non que aforraron en medios para dar o mellor de si, sirva coma mostra a masterización en Masterdisk (NYC) por Tony Dawsey (Nas, Jay-Z, Redman, Gangstarr, Das EFX...). Tamén o formato físico do CD é espectacular, deseñado por dous recoñecidos artistas do street art: Liqen e Sekone, trátase dun digipack de 3 corpos que inclue un poster 36x36cm e un libreto con información.

DIOS KE TE CREW é ?HUMANOSE?
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 14-07-2011 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Pesdelan no Alalá

Hoxe mércores na TVG

Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.).


O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido.
Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008 facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade, en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Festival San Froilanciño (Lugo)...

É moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas.

Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade : substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben.

"Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema: o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas, para despois bailalos todos xuntos."

Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán. Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo.

Unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.

O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka,
conta ademáis coas ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos debuxantes máis relevantes
do actual panorama artístico en Portugal e leva vendidas máis de 3000 copias en tan so cinco meses.
Comentarios (2) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 13-07-2011 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Sondeseu en Pontevedra

A orquestra folk Sondeseu ofrecerá este mércores un concerto, a partir das 20.30 horas no Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra, no marco do I Festival Rías Baixas. Os 40 músicos do grupo, formados en departamento de Música Tradicional e Folk da Escola de Artes e Oficios de Vigo, representarán o espectáculo titulado 'Barlovento', baseado no seu terceiro traballo discográfico.

O director executivo de Sondeseu, Rodrigo Romaní, explicou que o grupo acaba de chegar de Italia, onde participou no segundo encontro da Rede Europea de Orquestras Folk. A iniciativa, con sede permanente en Vigo, conta con socios non só en Italia, senón tamén en Escocia e Finlandia. Precisamente, na primeira semana de setembro, Sondeseu trasladarase a Helsinki para realizar un novo concerto.

Romaní lamentou que a actual situación de crise reducira ao 50% a contratación de artistas e que sexan as orquestras que actúan en festas e verbenas as que "van resistindo", aínda que o seu volume de actuacións tamén baixou un 30 por cento.

Neste sentido, os problemas de financiamento inflúen tamén na actividade de Sondeseu, o director da cal tamén considera que "os auditorios en Galicia tampouco están preparados" para certo tipo de concertos como os desta orquestra folk que, ademais de música e canto, tamén ofrece baile.

Dende a súa estrea hai sete anos no Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Sondeseu actuou cidades españolas e europeas como Salamanca, Santander, Madrid, Cork ou Lorient. O seu repertorio instrumental inclúe zanfonas, arpas, gaitas, percusións, violíns, bouzoukis, contrabaixos e frautas traveseras.

De cara ao ano próximo, o director executivo prevé culminar o proxecto binual da Rede Europea de Orquestras Folk cun concerto da Orquestra Sondeseu, os músicos da Academia Sibelius de Helsinki, Artemotiva de Turín e a Soyal Scottish Academy od Music and Drama de Glasgow, en torno ao mes de marzo. O seguinte paso consistiría en ampliar o proxecto a catro socios máis e darlle vixencia quinquenal.

www.galiciahoxe.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-07-2011 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Novo número da revista dixital ´SonsdaGaliza´


www.sonsdagaliza.es
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 13-07-2011 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Uxía
É habitual nas artes escénicas pero non tanto na música. O mércores 22 de xuño, a cantante Uxía compartiu co seu público o ensaio xeral do seu espectáculo Meu Canto no Salón Teatro de Compostela. Unha sesión para afinar o espectáculo antes dunha xira na que percorrerá Galicia, o norte de Portugal e Madrid, e da que se extraen valiosas ideas para mellorar o espectáculo antes da súa estrea pública. Falamos con Uxía para coñecer máis sobre a experiencia.

Uxía está de aniversario. Son 25 anos como profesional no mundo da música e o disco Meu Canto(Fol Música, 2011) , gravado no Rio de Janeiro, reclama o papel da voz e do espectáculo de pequeno formato, moi próximo ao público. ?Concibimos a música como unha creación colectiva na que todos aportamos?, asegura a cantante, quen celebrou no Salón Teatro un ensaio xeral cos seus dous músicos, aberto ás suxestións do público. ?A experiencia foi tan boa que eu repito, seguro?, di Uxía entre bromas.

Que achega o público a un espectáculo musical? Para comezar, ?ao haber público, ti estás moito máis motivada para o ensaio?, sinala Uxía. Os comentarios dos participantes oriéntanse a todo tipo de aspectos ao redor do espectáculo, valiosos apuntamentos técnicos de todo tipo. ?Por exemplo, nós temos uns textos proxectados pero a miña posición impedía ao público poder lelos. Así que eles nos avisaron e eu variei a miña posición, achegándome a un dos músicos para evitar ese problema?. O máis frecuente, con todo, foi cuestións de repertorio. ?Obviamente, a selección de repertorio sempre é unha cuestión moi subxectiva, pero as achegas foron moi interesantes para decidir como rematar o espectáculo. O final sempre debe ser moi potente?, asegura Uxía, ?e grazas ao público nos orientamos en como organizar ese final?. Outras propostas son máis curiosas: mesmo lle recomendaron a Uxía levar unhas sandalias ?máis étnicas?.

Axustes antes da partida
O resultado permite arrincar cun espectáculo en mellores condicións. O equipo comezará a xira de Meu canto en Ourense introducindo xa as modificacións pertinentes achegadas no contacto co público neste ensaio. ?Ás veces os espectáculos fanse demasiado hieráticos?, asegura Uxía, ?deberan ter máis diálogo co público?. O xeito habitual que ten Uxía para achegarse ao público e saír sempre a asinar discos despois do concerto, e coñecer a opinión dos asistentes.

É un xeito moi persoal de concibir a música. ?Cada vez máis, neste mundo tan complicado no que vivimos, tan deshumanizado?, asegura a cantante, ?os artistas están colocados nun pedestal, hai que apostar por baixar á terra e amosarse sen máscaras, sen artificio, creando un contacto máis directo co público?. A crise tamén inflúe nisto: ?a xente nestes momentos percibe outros valores?.

Un clima co público
É por iso que Meu Canto é un disco moi esencial. Acompañada unicamente de dous músicos e unha escenografía de Paco de Pim que crea ?un ambiente moi especial?, a artista concéntrase no básico: ?este disco é unha especie de tributo ao meu instrumento, o canto, que aparece máis espido que nunca?. Esta sinxeleza obrígaos, tamén. ?Somos tres pero temos que soar como se foramos vinte. Eu non creo que para encher a praza dunha vila teñas que tocar rock and roll. Hai que cambiar o chip?. A artista bótase aos camiños para gozar dos valores da música ao vivo.

?A música é o único importante nisto?, asegura Uxía, ?que todo chegue dun xeito moi directo ao corazón?. A cantante valora o momento privilexiado que son os concertos para conseguir isto. ?Os espectáculos crean esa sorte de clima. O momento único e irrepetible que se crea nun concerto, coa xente que está alí recibindo ou participando, non ten prezo?. Para a cantante, a crise non está a afectar na asistencia de público aos concertos: ?mudou o formato dos concertos, e tamén o xeito de escoitar. Pero se a xente sabe onde están os concertos, aparece?.

Entre as citas do verán de Meu Canto estará Ourense, a cidade na que comezará o percorrido, Madrid, Padrón, Vilagarcía ou as portuguesas Viana do Castelo, Monçao ou Ponte da Barca. ?Son os meus 25 anos na música e quero cantar e cantar moito?, conclúe Uxía.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-07-2011 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Talabarte
Unha viaxe desde a música tradicional galega cara a outras linguaxes e latitudes. Cunha formación pouco habitual: só violín, acordeón diatónico e contrabaixo. É a proposta de Talabarte, o proxecto que une a Quim Farinha (Berrogüetto), Pedro Pascual (Marful) e Kin García (Susana Seivane). Comezaron a tocar xuntos hai oito anos. E agora acaban de editar o seu primeiro disco. Quim Farinha fálanos desta banda, unha das sete nas que neste momento anda metido.

O disco ten un nome curioso. Nada máis poñelo en internet sáenche definicións de correas...
O disco é un digipack. Optamos por non meter libreto porque non temos letras. O que fixemos foi pór definicións de Talabarte en varias linguas. É unha correa para pendurar un sable. Ou para pendurar un instrumento como un timbal... En galego é unha palabra polisémica, e pode significar persoa preguiceira. Gustounos para o disco, que ten un certo recendo a viaxe. Xa se ve na foto: as maletas... É como se viaxaramos no tempo. O digipack está moi coidado, é como un pequeno obxecto de arte. Xa que está complicado o de vender discos, quixemos ofrecerlle a quen o compre algo distinto.

Pois a foto lembra a 'Crebinsky'...
Ten un aire, si, aínda que foi feita antes. As maletas sobre a area, o mar... si levan a pensar nas crebas, e nesa viaxe atemporal da que falabamos. Porque é música galega e música de fóra, música tradicional nosa con outras linguaxes como a do tango, por exemplo.

Son moitas cancións, e boa parte delas máis longas do habitual. Dá a impresión ó escoitalo de que vos deixastes levar polo que ía saíndo...
Hai bastante improvisación, si. É un disco de 68 minutos. Porque non nos puxemos ningunha limitación, ningunha imposición de tipo comercial. Normalmente as discográficas queren que as cancións non pasen dos tres ou catro minutos, porque se son máis longas non as collen para as radiofórmulas, non as pican... Nós fixemos o que nos gusta, e nada máis. Era igual que fose raro, longo...

Nunhas predomina máis o violín, noutras o acordeón... Ademais van cambiando moito ó irse desenvolvendo, cada unha delas.
O disco é violín, contrabaixo e acordeón diatónico, basicamente. Tamén está por exemplo a acordina. A partir desa estrutura básica, dos tres instrumentos, o proxecto foi medrando, porque levamos xa oito anos tocando xuntos. Todos estamos noutros proxectos, e neste hai un vínculo de amizade forte entre os tres. Tocamos o que nos gusta, sen medos, sen prexuízos. E unha das cousas que fixemos foi xuntar varias pezas nunha. 'O Garotinho de Nebra' primeiro é o Garotinho, e despois a pandeirada de Nebra. 'Arbore-Struga' xunta unha peza rumana cunha macedonia. E o nome está formado por dous topónimos, un de cada país.

Os nomes dos temas están ben buscados... 'Ghoteando', por exemplo. E hai influencias de, desde o tango, á música magrebí ou o jazz...
Ese tema que dis son tres jotas, por iso lle puxemos ese nome. Hai neste tema un ritmo irregular, que non é algo frecuente na música galega. Como fixemos iso de xuntar varios temas nun, buscámoslles outro nome, rebautizámolos a todos. Podemos partir dun tema tradicional, pero moi tratado, entón non lle imos chamar como se chamaba orixinalmente... 'Santiagreb' é un tema tradicional galego ó que lle cambiamos o modo da escala, levándoo a escalas árabes. Por iso soa magrebí, ou mesmo podería ser do leste... A idea do disco é partir da música galega, para chegar a outras linguaxes musicais e a outras latitudes. Temos, por exemplo, dous temas dun compositor francés, 'V1'à L'printemps' e 'Le Route des Avaloirs'. Foron as dúas achegas de Pedro Pascual. Son dous temas típicos de acordeón diatónico, que é un instrumento utilizado na música tradicional de gran parte de Europa. O disco poderíase dicir que está dentro dese concepto que se está utilizando tanto en Europa que é o 'trad', que parte das músicas de raíz europeas e que xunta coa música improvisada.

'Sara' é un pouco tango. Parte das cancións lévannos como ós anos 50...
E outras poderían escoitarse dentro de 50 anos. É música acústica, que sempre envellece mellor. Hai temas que ó escoitalos nos situamos nos anos 40, pero que é música que nos pode gustar perfectamente agora. Esa é a idea. 'Vísteme a modo que teño présa' é un vals tradicional, ó que segue unha jota de Castela...

'Fendendo achas', 'Abaníqueme' e 'Arrandiando' tamén chaman a atención. Cal e a súa historia?
'Fendendo achas' é o tema máis coral do disco. Compuxémolo entre os tres. Puxémoslle ese título porque nos lembraba a música do Quebec, polo seu ritmo. Antes de poñerlle ese nome chamabámoslle, de broma, a do leñador. 'Abaníqueme' é de Pedro Pascual, que a compuxo a partir dunha gravación dos anos 40. Vai no sentido do que fai con Marful: temas deses anos. Pois esta gravación tiña unha voz que, antes de empezar a música, lle dedicaba o tema á parella da Garda Civil... 'Arrandiando' é un tema meu, que fixera co grupo co que comecei, alá polos 80. Había na Casa das Crechas unha baranda que sempre abaneaba pero nunca caía. E estivo así ata a reforma do local, hai uns poucos anos. De aí vén o título. Este tema ten algo de tango, tamén, e improvisación, ata chegar case ó Caribe...

Na presentación díxose que faciades 'música tradicional contemporánea'. É así?
A nós tampouco nos preocupa moito definir o que facemos como tal ou cal música. Iso é cousa dos críticos. Facemos música tradicional e música contemporánea, claro. Non é que fagamos algo novo, pero si pouco habitual, igual que non é moi común facelo con formación de trío.

Aló Django, outro dos grupos dos que es parte, ten conexións con Talabarte. É un xeito de respirar, despois de Berrogüetto? Como os teus concertos nas Crechas, no Pichel... Aquí non tocades todos de todo, sodes só tres...

Agora estou en sete grupos, e si hai algún punto en común con Aló Django. Pero Talabarte máis fácil non é. Non é igual que estar nun grupo grande, no que a responsabilidade parece que se comparte máis. Sendo só tres, todo o que fagas vaise notar moito máis. Por iso é máis difícil. Teño claro que o repertorio de Talabarte é o máis difícil que toquei nunca. É música acústica... De feito estamos pensando en facer unha xira por espazos como igrexas, que teñan reverberación.

www.elmundo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-07-2011 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 8 (Venres)
? Doa no castelo de San Antón (A Coruña)
? A Compañía do Ruído en Muros
? Sés no peirao de Mugardos
? XXVII Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira):Escola De Gaitas De Ortigueira, Berrogüetto, Brian Finnegan Big Band, David Pasquet Group, Urban Folk Quartet

Sábado 9
? X Festival Retrouso en Cela (Bueu) ADIADO
? Marful no Cinema-Teatro de Ribadeo
? Mercedes Peón en Burela
? Odaiko Percussion Group en Muros
? Coro Tradicional Cantarés do Brión en Cesantes (Redondela)
? Ataque Escampe na sala Sala Super 8 (Ferrol)
? XXVII Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira):Rua Macmillan Trio, Luar Na Lubre, The Elders, Searson, The Crass
? Serán na praia de Deilán (Santa Cristina de Cobres-Vilaboa) ADIADO
? VI Conrobla de Boimorto

Domingo 10
? XXVII Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira)
? A. F. Ximiela en Muros
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2011 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
Van rematando os Seráns
9 de xullo
- Serán na praia de Deilán (Santa Cristina de Cobres-Vilaboa) ADIADO
- VI Conrobla de Boimorto

16 de xullo
- Serán na praia de Deilán (Santa Cristina de Cobres-Vilaboa)

30 de xullo
- Serán no monte da Picaraña (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-07-2011 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
VI Conrobla (Boimorto)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-07-2011 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
Serán adiado en Santa Cristina de Cobres

Por mor do mal tempo previsto para esta fin de semana, e ao ser un Serán ao aire libre á beira da praia, adiase este Serán para o vindeiro sábado 16 de xullo.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-07-2011 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival Folc Illa de San Simón (Cesantes-Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-07-2011 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
X Festival Retrouso (Cela-Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2011 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro `O Traxe Muradán´

O vindeiro día 9 de xullo, ás 11 horas da mañá terá lugar na sala da antiga fábrica de conservas de Sel, en Muros, a presentación do libro ?O Traxe Muradán? de Francisco Rodríguez Fernández co prólogo de Felipe Senén e patróns de Alberto Golpe Beceiro.

Se queredes gardar algún exemprar do libro, podédelo solicitar xa, non se comercializará en librerías, véndese directamente, previa solicitude ou ben telefonicamente ou por e-mail ou na EXPOSICION DO TRAXE MURADAN, en Muros co gallo da celebración de MUROS MIRA AO MAR do 7 ao 16 de xullo.

Un saúdo, esperamos que vos guste.

GRUPO ETNOGRAFICO DAS MARIÑAS
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2011 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
Ataque Escampe en Ferrol
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2011 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de música tradicional de Riveira
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2011 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Os Chichisos na Xuntanza medioambiental de Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2011 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza o Festival de Ortigueira 2011
Xoves 7 de xullo:
- Proxecto Runas: Riveira (Chile), Ulträqäns (Galiza), StolenNotes (Andalucía)
- Oscar Ibañez&Tribu (Galiza)
- Skerryvore (Escocia)

Venres 8 de xullo
- Escola De Gaitas De Ortigueira (Galiza)
- Berrogüetto (Galiza)
- Brian Finnegan Big Band (Irlanda)
- David Pasquet Group (Bretaña)
- Urban Folk Quartet (Inglaterra)

Sábado 9 de xullo
- Rua Macmillan Trio (Escocia)
- Luar Na Lubre (Galiza)
- The Elders (Eeuu)
- Searson (Canada)
- The Crass (Galiza)

Domingo 10 de xullo
- Desfile de bandas


www.festivaldeortigueira.com
Comentarios (2) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-07-2011 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Cultura Mariñeira `Muros Mira ao Mar´
Programa Xornadas de Cultura Mariñeira "Muros Mira ao Mar" 2011

[xoves, 7 de xullo]

18.30 h. Pasaruas: Ximiela
19.00 h. Apertura das xornadas na antiga fábrica de Sel
19.00 h. Charla: ?A Fala Muradana?, Henrique Monteagudo
20.00 h. Apertura das exposicións
21.00 h. Teatro de Rúa: Circochosco no Varadoiro
22.00 h. Teatro de Rúa: Cigâni & Cía no Mercado
23.00 h. Concerto: Mercedes Peón no Curro da Praza

[venres, 8 de xullo]

11.00 h. Pasaruas: Longarela
11.00 h. Apertura do Mercado Mariñeiro, Exposicións e Obradoiros
13.00 h. Pasacalles: Xeitura
18.00 h. Navegación nos faluchos e xogos populares
18.00 h. Apertura do Mercado Mariñeiro, Exposicións e Obradoiros
18.30 h. Pasaruas: Faltriqueira
19.00 h. Presentación dos libros: ?Joaquín Vieta? e ?Tamén Navegar?
21.00 h. Teatro de Rúa: Delirium ?O que queda por chover? no Varadoiro
22.00 h. Teatro de Rúa: Peter Punk e O Neno Imperdible no Mercado
23.00 h. Concerto: A Compañía do Ruído no Curro da Praza

[sábado, 9 de xullo]

06.00 h. Concurso de Pesca de lecer
11.00 h. Apertura do Mercado Mariñeiro, Exposicións e Obradoiros
11.00 h. Pasaruas: Agrocovo
11.00 h. Presentación do libro ?O Traxe Muradán?
18.00 h. Navegación nos faluchos e xogos populares
18.00 h. Apertura do Mercado Mariñeiro, Exposicións e Obradoiros
18.30 h. Pasaruas: Galanía
20.00 h. Teatro de Rúa: Lusco e Fusco ?Viaxes? no Varadoiro
21.00 h. Teatro de Rúa: O. de T. de Muros ?Comedia de Balcón? no Mercado
22.00 h. Teatro de Rúa: Hiltoff no Curro da Praza
23.00 h. Concerto: Odaiko Percussion Group no Curro da Praza

[domingo, 10 de xullo]

06.00 h. Concurso de Pesca de lecer
11.00 h. Apertura do Mercado Mariñeiro, Exposicións e Obradoiros
11.00 h. Pasaruas: Faltriqueira
18.00 h. Navegación nos faluchos e xogos populares
18.00 h. Apertura do Mercado Mariñeiro, Exposicións e Obradoiros
18.30 h. Pasaruas: Agrocovo
21.00 h. Teatro de Rúa: Circo Claxón no Varadoiro
21.30 h. Entrega de premios no Curro da Praza
22.00 h. Concerto: Ximiela no Curro da Praza
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-07-2011 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Uxía
Uxía estará hoxe xoves 7 de xullo, ás 20:30, na Casa das Crechas, para presentar Cantos na Maré.

A obra de Uxía sempre se fundamentou en expresións musicais populares ademais de converterse en catalizador de culturas, músicas e artistas diferentes. O espectáculo Cantos na Maré, do cal é a cara visible, é boa mostra diso, traendo as mellores voces da Lusofonia para cantaren no berce da lingua común: en Galicia. Precisamente, na secuencia do éMundial, Uxía terá ocasión de presentar ao público compostelán o festival que cada ano se desenvolve na cidade de Pontevedra desde 2003. Fará-o nunha mesa redonda na que tamén estará Diana Mira, do festival andanzas e Manolo Soto, do Festival da Poesía do Condado.

P: No encontro éMundial vas falar do festival Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía, un proxecto cultural pioneiro e con xa un amplo percorrido. ¿Como e cando xurdiu a iniciativa?
R: En 2003, a Concellería de Cultura de Pontevedra, naquel momento con Luís Bará á cabeza, encomendoume elaborar un modelo de festival que bauticei como Cantos na Maré.

P: ¿Cales foron os obxectivos fundacionais?
R: Cantos na Maré - Festival Internacional da Lusofonía é un proxecto cultural pioneiro no estado español, que a través da lingua e da música traza un mapa común entre os territorios da Lusofonía que comparten raíces. E ser nós anfitrións tiña e ten un sentido. Como dicía o Carlos Santiago na segunda edición, son voces que volven á casa, que regresan ao porto, ao útero materno ...

P: Cantos na Maré serviu non só para situar Galicia no mundo, senón tamén para evidenciar con a nosa lingua que estamos no mundo?
R: Cantos na Maré evidencia que desde a lingua galega se poden tender pontes que nos acheguen a outras culturas emerxentes, á vez que sitúan a nosa cultura no mundo. É importante afianzar-las, que sexan sólidas e ben construídas, e eu creo no contacto humano, na música como vehículo ideal para construílo como bo cimento.

Xa é unha cita obrigada e consolidada, pero o noso compromiso é sorprender cada ano, lograr a fusión das voces lusófonas nunha sóa a través da música, da amizade e da festa. O mellor xeito de activar e impulsar esta irmandade non ten segredo: son o coñecemento mutuo, as melodías, a lingua común e os ritmos nosos, que nos van guiando para lograr que Cantos na Maré sexa especial, máxico e inesquecible. Tamén ten sentido fundir os diversos xéneros musicais e ritmos fillos da galega coma se fosen da familia: samba, morna, choro, alalá, rumba e baião aproveitando o legado musical que os galegos levaron alén mar.

P: ¿Está a cultura galega 'ensimesmada' ou 'pechada sobre si mesma' como afirmaba sen rubor un importante representante político?

R: En absoluto. É das culturas que mellor dialoga co mundo e que ten máis posibilidades reais de voar por riba das fronteiras porque xa o fizo no pasado e seguimos nesta senda.

P: Con todo, ¿faltan máis iniciativas como Cantos na Maré? ¿Debería haber "Cantos na Maré" en todas as cidades e vilas do País?

R: Penso que a cultura lusófona non se coñece e debería ser itinerante. Naceu con esa vontade e xa viaxou a Brasil. Só falta que se dinamice máis nas vilas e cidades galegas para que teña maior visibilidade.

P: Un festival cunha longa traxectoria detrás, dende 2003 nada menos, e polo que pasaron non só grandes e recoñecidas voces da música lusófona, pero tamén outros valores menos coñecidos. ¿Como valoras as sucesivas edicións? ¿Cumpríro o obxectivo inicialmente fixado?
R: Eu creo que si. A xente vai descubrindo novos valores e hai algo que se marcou tamén como obxectivo e que se foi cumprindo: o feito de que xurdan novos proxectos ligados ao festival como é o caso de Aló irmán! de Manecas Costa e Narf, un disco e espectáculo afro-galego que foi número 1 nas listas de RDP África, o cal demostra que durante o festival debe haber tempo para a convivencia, a festa, o intercambio ... Hai pouco tempo visitounos Ceumar, unha raíña da música brasileira que coñeceu e namorouse de Galicia no Cantos na Maré e agora regresa ... Como todas e todos, descubriron o inmenso potencial da nosa música e cultura como aglutinadora e capaz de tomar a iniciativa de promover a unión e a proximidade.

P: O encontro éMundial pretende demostrar, entre outras cousas, que grazas á nosa lingua, o galego, estamos no mundo. ¿Dende cando é Uxía consciente desta evidencia?
R: Xa hai moitos anos que son consciente desta realidade, desde que empecei a viaxar a Portugal ea coñecer a realidade lusófona na cidade de Lisboa, onde percibin que formávamos parte desta identidade. Participei en dous proxectos musicais a esta idea: sons da fala e sons da lusofonía, con Carlos Martins, Vitorino Janita Salomé, Filipa Pais, Tito París, Sérgio Godinho, Filipe Mukenga e comezou aí a inspiración para intentar algo similar na nosa terra.

P: Falando agora un pouco de ti, acabas de publicar un novo disco, Meu Canto. Con este traballo celebras 25 anos de éxito na túa carreira, pero tamén dalgún modo reivindicas ese carácter mundial do noso idioma, porque a gravación che levou nin máis nin menos que ... ao Brasil!
R: Gravei en Brasil como algo simbólico, para comunicar que temos moito en común e que o gusto polo encontro, pola festa e pola convivencia é propio das dúas culturas. Despois de facer varias e amplias xiras por este país, aproveitando esa cita anual pensei en gardar nos estudos Biscoito Fino, en Río de Xaneiro, e gozar da súa enorme experiencia no formato de guitarra e voz que eu quería probar.

Tamén pretendía demostrar que a nosa lingua é mundial e que atravesa o corazón deste país xigante que compartimos o noso patrimonio oral e inmaterial.

Os pobos galego e brasileiro non deixan de ser vellos amigos que se están a (re) atopar e eu sinto isto dunha maneira clarísima. Atopei-me e gravei con amigos e amigas que nalgún caso teñen un certo compromiso con esta realidade de Unión. Socorro Lira, que editou Cores do Atlántico, unha viaxe á nosa lírica medieval; Chico César, outro de Galicia, que animou e alento os primeiros Cantos na Maré; Lenine, que participou no último e que xa se sente galego; Xulio Santino, que pensou en nós para incluírnos nun Festival de viola caipira no interior do Brasil ... e, sobre todo, a sorpresa do descubrimento que significa Galiza e a nosa música cpara eles.

P: ¿Que significa o Brasil para ti?
R: É o país do futuro, con unha clara política de expansión e onde eu me sinto na casa. Teño necesidade de comunicación permanente co que acontece alí e coa miña xente brasilega -que xa é un termo familiar aquí e alí-, e que é a fusión total entre as dúas almas a galega ea brasileira -nunha comunión ​​que nunca antes existira e que é posible polo coñecemento e amizade mutuos. O Brasil e Galiza entenden-se de xeito natural, agora só temos que estreitar lazos e enriquecernos connosco mutuamente. Dixérom-me que un poeta de Curitiba afirmou que «o que pasa co Brasil e Galiza é amor a primeira vista", e eu estou de acordo.

P: ¿Temos, se cadra, demasiados tópicos sobre o Brasil? ¿Despois de estar alí ve-se dunha forma distinta a como se pode ver a distancia?
R: Brasil non é só o país da caipirinha, das palmeiras e das praias. É moito máis, ten moito que ver con nós e é un país pioneiro nos temas de xustiza social -mesmo coas súas enormes contradicións e problemas-. Un país, iso si, hedonista, que lle gusta a boa vida, que garda unha inmensa riqueza natural, e, como lin e puden comprobar nesta última visita, acumula as maiores reservas de optimismo do planeta.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-07-2011 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Talabarte debuta cun disco cheo de `folk sen ataduras´
Tres dos nomes máis relevantes da escena folk galega como son o violinista Quim Farinha, o contrabaixista Kin García e o acordeonista Pedro Pascual forman Talabarte, un grupo de ?folk sen ataduras? que se afasta lixeiramente do son de formacións como Berrogüetto, Marful ou a banda de Susana Seivane, formacións nas que podemos escoitar habitualmente a estes músicos. ?Talabarte é unha illa onde facemos todo o que non podemos facer nos grupos cos que colaboramos habitualmente?, sinalou Kin García, contrabaixista habitual de Seivane, na presentación do primeiro disco da formación.

Os artistas revelaron que no seu primeiro disco conxunto poderanse escoitar temas folk pero cun son máis acústico froito da fusión do violín, o contrabaixo e o acordeón diatónico. ?É habitual ver que coincidan estes instrumentos nas bandas tradicionais europeas, pero non en Galicia?, apuntou Pedro Pascual, acordeonista de Marful, quen asegurou que un dos principais atractivos do grupo é mesturar sons europeos con melodías propias da tradición galega, algo que eles definen como ?folk tradicional contemporáneo?.

Malia que este sexa o primeiro traballo de Talabarte, o proxecto conta coa ampla bagaxe destes tres músicos galegos habituais nos escenarios de toda Galicia coas súas correspondentes formacións. Os músicos levan xa oito anos forxando este novo álbum e embarcados neste proxecto paralelo ás súas carreiras profesionais que consideran xa como ?un pequeno fillo?. ?Fixemos o disco cando nos apeteceu, temos a sorte de non depender de ningún tipo de presión comercial que nos dicte o camiño a seguir?, revelou o acordeonista Pedro Pascual.

OBXECTO DE COLECCIONISTA

Ademais de coidar os aspectos referentes ó son e a calidade musical, Talabarte aposta tamén por crear un deseño atractivo no formato físico do álbum. ?Intentamos que este disco poida ser tamén un pequeno obxecto de coleccionista, case algo decorativo?, afirmou Quim Fariña, violinista de Berrogüetto, consciente da importancia de achegarlle ao consumidor un valor engadido á hora de mercar o álbum.

A portada do disco correu a cargo do artista redondelán Pablo Giráldez, quen xa elaborara as imaxes do último disco de Marful. ?Quixemos suxerir a idea dunha viaxe por diferentes culturas pero ao mesmo tempo crear unha sensación de atemporalidade? , aclara Farinha que se amosaba satisfeito polo resultado.

Non obstante, a pesares de non descoidar a edición física do álbum, Talabarte aposta por outorgarlle unha gran importancia ao soporte dixital e a difusión por medio de novas tecnoloxías, deste xeito, o novo disco está dispoñible tamén na rede e xa se pode disfrutar del en plataformas como iTunes ou Spotify.

Durante a presentación do novo CD, os tres músicos estiveron arroupados polo produtor musical de Fol Música, Nando Luaces, que destacou a calidade do traballo, e por numerosos amigos, entre eles personaxes destacados da música tradicional galega como é o caso da cantante Uxía.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-07-2011 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Roubado o Códice Calixtino da Catedral de Compostela

A realidade superou á ficción...
O famoso manuscrito do século XII, un dos libros máis importantes do mundo, desapareceu da caixa forte da catedral.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-07-2011 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
As Pandereteiras de Arcos de Mazaricos no Alalá

Hoxe, mércores, día 06/07/2011

O "Alalá" de hoxe achega unha filosofía única de vivir, sentir e cantar: a que representan As Pandereteiras da parroquia de Arcos, en Mazaricos, que atesouran un xeito de interpretar moi delas e que apenas variou no tempo.


En Arcos, o equipo do programa atopou unha riqueza musical tan grande que, dentro da mesma parroquia, cada aldea conserva unha maneira distinta de repenicar, feito polo cal os expertos consideran este recuncho galego, na aba do monte Pindo, un verdadeiro cofre do tesouro da nosa tradición musical.

Cando hai uns anos as pandereteiras decidiron xuntarse de novo para tocar, recorreron ás maiores da parroquia para que as guiasen: entre Benjamina e as irmás do Cantariño, Dominga e Manuela, que andan polos noventa anos, aprendéronlles ás demais cantareas e xeitos de interpretar que non se atopan noutros lugares.
Agora están encantadas de reunirse cada semana para ensaiar, porque ademais de manter vivas as súas tradicións, divírtense, ao igual que o facían hai anos nas fiadas, nas fouladas, no entroido, nas regueifas e nos aguinaldos de Reis e Nadal; porque entre aquela maneira de vivir e a de hoxe hai un fío que aínda non rompeu, a pesar de todos os cambios, a música.

Comentarios (2) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 06-07-2011 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0