Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Para escoitar
Achegamos os distintos programas relacionados co Folk que se emiten na Galiza para os que non poideron escoitalos en directo:


Lume na Palleira (26/05/2012)




Lume na Palleira (27/05/2012)




Folk in Trio (25/05/2012)


Concerto de Quempallou na Fábrica de Chocolate (Vigo) o 16 de maio de 2012, emitido por Planeta Furancho na Radio Galega Música


Comentarios (0) - Categoría: Programas de radio - Publicado o 31-05-2012 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Videos do XXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina (Gaiteiros solistas)
1º premio: Iago Prieto Castroda,


2º premio: Javier Vázquez López


David Fernández Vaamonde


Adrián Cruz Rama


Marcos Castro González


Roberto Aller Alcalde


Santiago Lage Souto
Comentarios (4) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 31-05-2012 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Van chegando os Festivais de verán 2012
Xuño


1 e 2 de xuño: VI Festival Alternativo Millo Verde(Redondela)
- Dios Ke Te Crew, Invivo,...
- Guinterva, Terbutalina, Chotokoeu,...

8 e 9 de xuño: Barricas Folk Rock (Ames)
- Berrogüetto, Anxo Lorenzo, Manolo Tena y la Banda de Nash, Coanhadeira, Abóbriga, Maghúa, Maianas e Doctor Snob.
- Los Suaves, Miguel Costas, Brothers in Band, Riff Raff, Medomedá, Desequilibrio Mental, Labazada,...

16 xuño: Festifolk (Mugardos)
- Assembly Point, No Combaro, Os Da Troula Folk, Estimaba Que Viñeras

16 de xuño: Festival ao Son do Masma (Celeiro de Mariñaos)
- Tumba e dalle, Os Modernos, tanto Nos Ten, Quempallou

16 de xuño: Festival A Rebuska (Manzaneda)
- Dios Ke Te Crew, Kussondulola, Figli di madre ignota

16 de xuño: Festival Arrechéghate ao fento (Bembrive-Vigo)
- O Sonoro Maxín, Dakidarría, Bongo Botrako, La banda de Andrelo

28, 29 e 30 de xuño: Festival Derrame Rock (Ourense)
- Los Suaves, Gatillazo, Miguel Costas, O Sonoro Maxín, Festicultores, Cuchufellos, Ulträqäns,Final Concurso Radio Galega.

- Loquillo, Sepultura, Banda Bassotti, Burning, Hamlet, El Último Ke Zierre, The Toasters, Vita Imana, Dr. Explosión,Los Chikos del Maiz, Novedades Carminha, Machina, Kambotes, Deniro, Clockwork, Switchtense,International Hardcore All Stars (Hardcore Tribute) Ramons (Tributo a Ramones), Motörhits (Tributo a Motörhead)

- Los Enemigos, Heredeiros Da Crus, Bad Manners, Rosendo, Reincidentes, Non Servium, Gustavo Cordera, Avalanch, Angelus Apatrida, Habeas Corpus, Dakidarria, Manolo Kabezabolo, Mitocondrias, Forraje, Zenzar, , Metallica Tributo, Orkesta Paraiso (Tributo clásicos rock estatal)

Xullo


6 e 7 de xullo: Sons da Lameira (Matamá-Vigo)
- O Fiadeiro, Abóbriga, Zurrumalla, Cuchufellos
- Dios Ke Te Crew, Falperrys, Dakidarría, Escuela de Odio

7 de Xullo: XIX Festival do río Castro (Pantón)
- Escola de Música Tradicional do Concello de San Sadurniño,Habelas Hainas,Tanto Nos Ten e Sacha Na Horta

7 de xullo: Festival Música na noite (Calo-Teo)
- Os Cempés,...

7 xullo: Festival Asalto ao castelo (Vimianzo)

12 ao 15 xullo: XXVII Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira)
- Avelaíña, Rastrexos project, Alén de Ancos, Harmonica Creams
- Bagad Glazik Kemper, Stolen Notes
- Oban Pipe band, The Rua Macmillan band

14 de Xullo Nordestazo Rock (Malpica de Bergantiños)
- Heredeiros da Crus, Dios Ke Te Crew, Skarallaos, Moon Cresta,...

20 e 21 de xullo: Festival Revenidas (Vilaxoán de Arousa)
- Guezos, Dios Ke Te Crew, The Booze, The Mighty Calacas
-Os Cempés, Skatalities, Esne Beltza, O Sonoro Maxín,...

21 de xullo: Festival Arreaocabo (Celeiro-Viveiro)
- Heredeiros da Crus,...

21 de xullo Festival da Chaira - Lugo
-Bastards on Parade, The Skarnivals,...

24 xullo: Sargadelos Fusión
- Recambios Tucho, Medomedá, The Brosas, Los Eternos

27 de xullo: Festival Antrospinos (Rianxo)
- Os Cempés,...

Agosto


3 e 4 de agosto: Festival Son Rias Baixas (Bueu)
- Heredeiros da Crus, Soziedad Alkoholica, Def con Dos,...

4 e 5 de agosto: Festival de Pardiñas (Guitiriz)

9, 10, 11 e 12 de agosto: Brincadeira Rock in Cambre

17 e 18 de agosto: XXXIII Festival Irmandiño de Moeche

18 agosto: Festival Pontelouco (Pontecaldelas)
25 agosto: Festival do río Belelle (O Roxal-A Coruña)
- Os Cempés,...

Setembro

Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-05-2012 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Xosé Romero
"Fol de Feitizo Redentor" o novo disco de Xosé Romero

O inmenso gaiteiro Xosé Romero publica o seu último disco acompañado de bos amigos e grandes músicos. Pasados os 80 anos este compositor de melodías que xa parte da música popular galega -por exemplo, a "Camposa" é del- continua a facer boa música.

"Fol de feitizo redentor" é o título do disco que acaba de publicar coas colaboracións de Kinho Saburido, Andrés Vilán, Lola Fernández e Miguel Fraguas, Manolo Maseda, Alberto Coya, Cristian Silva, Iván Costa, Fernando Peón, Alba Gutiérrez e Milo Romeu. Incluso as audiencias alleas á música tradicional coñecen ao mítico grupo "OS Rosales" de Xosé Romero.

http://gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-05-2012 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Balakandra

Desde San Sadurniño chegan os novos sons de Balakandra, a banda que se creou nesa localidade no ano 2004. Folkfusion con orgullo da música propia.

O 2004 foi o ano e a localidade de San Sadurniño foi o lugar que viron nacer a Balakandra. A banda é a evolución do mítico Saraibas e o seu son sabe a orgullo galego, soa a ritmos de folkfusión e cheira á experiencia que só poden dar os anos de dedicación. As súas actuacións en directo non deixan indiferente a ninguén.

O froito dunha extensa traxectoria farase público a finais do mes de maio. A constancia e a paixón materializaranse en forma de disco para a satisfacción das persoas que os seguen desde os seus inicios. Este levará por título o propio nome da formación musical, Balakandra.

Temas como ?Ai, la-le-lo?, ?Falsos con pedigree? ou ?Soleando? formarán parte do seu álbum. Ademais este último foi o escollido pola banda para a gravación do seu último videoclip, rodado na propia localidade da maioría das persoas que compoñen o grupo, San Sadurniño.

Amparo Calvo, Martín Sanjurjo, Abel Leonardo, Rubén Lamas, Manuel Dopico, Alejandro Rey e Farru Rodríguez farán oficial a publicación do seu disco o próximo 27 de maio no Auditorio de Narón. As datas oficiais faranse públicas na súa propia páxina web.

www.sermosgaliza.com

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-05-2012 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
Videos e fotos do concurso de baile Azaloira (A Bandeira)
Fotos:
Achegamos as fotografías realizadas polo noso compañeiro Edu das actuacións do concurso de baile Azaloira (A Bandeira) para quen estea interesd@.

https://docs.google.com


Videos:
1º posto: A Ponte Vella, de Reis (Teo)




2º posto: Donaire (A Coruña)




3ºposto: Traspés (Vigo).

Trébebe (Marín)

Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-05-2012 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación oficial do novo disco dos Cempés
PRESENTACION A MEDIOS E AMIGOS

Luns 28 de Maio
19 horas
CASA DAS CRECHAS
Santiago de Compostela


O Luns 28 na Casa das Crechas terá lugar a presentacion oficial do disco que fixemos entre todos.
É un acto para Prensa, colaboradores e alguns invitados. Na parte de abaixo do bar, ás 19h. celébrarese a rolda de prensa e tocaremos 4 ou 5 temas acompañados de algúns dos músicos da Escola Livre da MPG.

Se asiste moita xente, seguramente terá que limitarse o acceso, pero despois estaremos por alí tomandolle unhas cervexas , vémonos entón na Casa das Crechas ata horas non mui indecentes..... que ao dia seguinte temos que seguir pola mañan coa promoción.....

Os Cempes voltan aos escenarios cun novo album para celebrar os 20 anos que pasaron dende o seu primeiro concerto.

Para gravar este traballo contaron coa colaboración das Mozas e Mozos da Escola Livre da MPG, con músicos invitados como Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, Tiago Pereira, José Diaz, Benxamin Otero, Pablo Doval...

Unha selección especial de música bailable, do mellor da tradición musical galega ao estilo inconfundible de Os Cempés.

TENTEMOZO é un proxecto que foi posible grazas ós seguidores e amigos de OS CEMPÉS, as suas aportacións económicas a través de crowdfunding, o seu calor e apoio foron decisivos para gravar este traballo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2012 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do XXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
Xacarandaina leva a tradición ao Ágora
O XXIII Concurso de Música Tradicional permitiu recoñecer a experiencia de distintos grupos de toda Galicia


O edificio máis vangardista da cidade, o Ágora, engalanouse de tradición cos participantes no XXIII Concurso de Música Tradicional da asociación cultural Xacarandaina, que un ano máis busca «poñer en valor o traballo realizado, ao longo do ano, dos mellores grupos de baile e música que participen, tendo en conta a autenticidade, dificultade e orixinalidade das pezas».

A xornada de mañá estivo centrada nos pandereteiros máis pequenos e nos gaiteiros solistas. Ante un público entregado, formado por familiares e amigos, na categoría de pandereteiros de ata 9 anos resultaron seleccionados para:
- o primeiro premio o grupo Quintán, do CEIP Mondego de Sada;
- co segundo, Laretas, da asociación Tarambainas de Vigo;
- e co terceiro, as Garatuxiñas, da asociación A Raigañas de Cerqueda.


Mentres que no apartado de 10 a 13 anos, os galardoados foron:
- en primeiro lugar a asociación Seixebra, de Moraña;
- en segundo posto quedou Cirro, da asociación Queiroa de Sada,
- e en terceira posición o grupo B da asociación cultural Rosalía de Castro, de Cacheiras
.

No apartado de gaiteiro solista,
- o primeiro premio recaeu en Iago Prieto Castroda, de Castromao,
- en segundo lugar seleccionouse Javier Vázquez López
- e o terceiro premio levoullo Gaibor.


Pola tarde, tocoulle a quenda aos cuartetos, acaparando os tres primeiros premios, da categoría ata 16 anos, os grupos:
- O capitán co ghalleto, da asociación Galanía de Muros,
- O Castro de Miño
- e Os Xaramiños de Muxía.


Ao só presentarse catro participantes á categoría de cuartetos maiores de 17 anos só se entregou un premio, que foi para Fol de Coiro, da asociación A Rianxeira, de Matama.

No apartado de pandereteiros de 14 a 17 anos, levou
- o primeiro premio Meniñas, da asociación Tarambainas, de Vigo;
- o segundo, Lanzalía, do Castro de Miño;
- e o terceiro Farraxeira, da A.F. San Lourenzo, de Agualada.


No apartado de maiores, obtivo
- o primeiro premio C.C. A Pontevella;
- o segundo para Lilaina, da sociedade O Castro, de Miño;
- e o terceiro foi para A.F.C. As Lagharteiras, de Mos.


Xacarandaina despediu o certame deste ano animando a participar na Foliada de San Xoán que se celebrará, o próximo 16 de xuño, no anfiteatro do parque de Santa Margarita , onde ademais de música e baile haberá unha gran sardiñada. Será a véspera da celebración da XII Romaría do Lecer, onde actuarán os distintos grupos da asociación.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-05-2012 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 25 (Venres)
? Os Carunchos en Casa Gallardo (Puxeiros-Mos) ás 22:30
? Moxenas Musical Galego no Auditorio do C. C. de Beade (Vigo) ás 21:30
? Crema de gaita no Liceum (O Porriño) ás 23:30
? Lulavai no pub Gatos (Melide) ás 24:00
? Sés na sala A Fundación (Melide) ás 23:00
? Narf no auditorio do Concello de Vigo ás 21:00
? O Sonoro Maxín na sala Mardigras (A Coruña)
? Banda Crebinsky, O Leo e Arremecagoná e Xoel López no Festival de Cans (O Porriño)
? Foliada Ven Respirar (Ourense) na Praza de San Martiño
? Foliada Cantos de taberna en Pontevedra

Sábado 26
? I Encontro Musical Oza 2012 (Oza-A Coruña)
? Quodlibet coa soprano Esperanza Mara, as pandereteiras Maianas e Alvaro Novegil no Teatro Principal de Pontevedra ás 21:00
? Loretta Martin na sala 600 (Melide) ás 24:00
? Pentalfa no Liceum (O Porriño) ás 23:30
? Zurrumalla na Casa dos Druidas (Vilaboa) ás 24:00
? Xabier Díaz no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 22:30
? Miguel Alonso na sala TBO Lounge (Noia)
? Raiba no Avante (Compostela) ás 22:30
? O Sonoro Maxín, Sés, Habelas Hainas, Anxo Pintos, Serxio Cés e Aerolineas Federales no Festival de Cans (O Porriño)
? Festival Noite Irmandiña (Seixalvo-Ourense): Tabú, The Turre`s Band, The Teta`s Van, A Compañía do Ruído e Sesión de Puntxica.
? Manguelo Folk (Orazo-A Estrada): Os Carunchos, Xuntanza dos Regatos, Tanto Nos Ten, A Requinta da Laxeira, Ce Orquetra Pantasma
? VII Serán Mar de Rianxo
? Serán en Arcade (Soutomaior) a carón da estación de tren ADIADO
? Serán dos Maios en Queimadelos (Mondariz)

Domingo 27
? XXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina (A Coruña)
? II Raxada Ghaiteira (Couso-Gondomar)
? Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)
? Balakandra no Auditorio Municipal de Narón ás 20:30
? Aquí há baile no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 20:30
? Guezos na Regueifa (Ponteareas) ás 21:00
? Berroguetto na Festa da Cereixa de Beade (Vigo) ás 21:00
? Zurrumalla no Aturuxo (Bueu) ás 21:30
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 25-05-2012 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Serán dos Maios (Queimadelos-Mondariz)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-05-2012 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Serán Vai de Roda (Rianxo)
Comentarios (8) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-05-2012 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada Ven Respirar (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-05-2012 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Tarde de Fiadeiro en Vide (As Neves)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-05-2012 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de taberna en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-05-2012 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
II Raxada Ghaiteira (Couso-Gondomar)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-05-2012 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
I Encontro Musical Oza 2012 (Oza-A Coruña)
O 26 de maio a partir das 17:30 h a AAVV Oza-Gaiteira-Os Castros organiza no novo Parque de Oza o Primeiro Encontro Musical Oza 2012.

Isabel Risco será a encargada de presentar este primeiro encontro de música Tradicional do Concello de Oza no que participarán os seguintes grupos:

- XEBRE Escola de Música tradicional da AAVV Oza-Gaiteira-Os Castros
- O AMANEXO Grupo de Pandereteiras de Dexo-Oleiros
- FROUMA Grupo de Gaitas de Oleiros
- OS GAITEIRIÑOS Coro de A Gaiteira
- CANTOS DE TABERNA Grupo coral da AAVV Agra do Orzán
- TONECHO CASTELOS e PABLO ESQUEIRA Dúo de Violín e Acordeón
- TOMBALOBOS ORQUESTRA Grupo folk

Haberá posto de bebidas e petiscos.

Celebrase o centenario da desaparición do Concello de Oza pola anexión deste co Concello da Coruña e revindicase a casa do concello de Oza para casa museo ou uso veciñal.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-05-2012 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Aquí há baile na Galiza

BAILES CONCERTOS E AULAS EN GALICIA

Dia 24 de Maio
CONCERTO nos Lusco e Fusco en PONTEVEDRA

Dia 25 de Maio
CONCERTO no Malas Pécoras de SANTIAGO

Dia 26 de Maio
AULAS E BAILE na Gentalla do Pichel en SANTIAGO

Dia 27 de Maio
AULAS E BAILE na SalaSon en CANGAS


O Grupo Aqui Há Baile surxiu en Setembro de 2011 a partir do convite da PédeXumbo para dinamización do repertorio Alentejano para baile.
Sérgio Cobos, director musical, reuniu un grupo de músicos profesionais residentes em Évora, que teñen excelentes percorridos en diversos proxectos musicais.

"Aquí há baile" o domingo 27 ás 20:30 no Salason Cangas:

"Danzas com alma atlántica.
Alentejo. Mais alá do rio Tajo.
Unha bailarina de natureza viva, que baila co corpo. Lindo.
... Un bandolin, um cavaquiñ e un ukelele, travesos e alegres, prontos para sorprender. Gracioso.
Un acordeón, imaxinativo e prudente, que abraza as músicas, enamorado delas. Amable.
Un violoncelo solemne e prestixioso, amigo, grande, poderoso. Bonito.
Unha voz, que leva con ela todos os instrumentos. Que leva con ela o calor, a choiva e o frio.
O drama e a alegria dos pobos do Alentejo. Além do Tejo. Espectacular. Aqui há baile!"
Sergio Cobos

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-05-2012 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
XXVI Día da Muiñeira en Arteixo
A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo, convoca o XXVI Día da Muiñeira que terá lugar o próximo día 10 de xuño, ás 18:00 h. na Avda. do Balneario.

BASES DO XXVI DÍA DA MUIÑEIRA


1. Poderán participar no mesmo todos aqueles Centros, Grupos Folclóricos, Asociacións Xuvenís, etc., que o desexen.

2. Cada Centro, Asociación, etc. poderá inscribir o número de grupos que o desexe.

3. Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou unha uniformidade.

4. A Muiñeira a bailar será a ?MUIÑEIRA DE MURADELLE? (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas. Bailarase catro veces con breves descansos.

5. O prazo de inscripción remata o 6 de Xuño. As follas debidamente cumplimentadas deberán enviarse a:
Correo ordinario: Asociación Xuvenil ?Xiradela?,
Polígono de Sabón, 5.
15142 Arteixo.
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es

6. Os grupos inscritos deberán concentrarse diante do Pazo dos Deportes (zona escolar), ás cinco da tarde.

7. Haberá un agasallo para cada Asociación e merenda para tódolos participantes.

Tlfnos. de contacto: 981641125 (Xiradela), 675527543 (Raquel)
620187774 (Tania)
650145608 (Mariña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-05-2012 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
XXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina (A Coruña)
XXIII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA

A Asociación Cultural Xacarandaina celebra coma tódolos anos este domingo 27 de maio o seu XXIII Concurso de Música Tradicional.


O XXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina terá lugar o día 27 de maio no Auditorio do Centro Ágora da Coruña, en sesión de mañá ás 11:00 h. e en sesión de tarde ás 17:00 h.

Este concurso consta de tres modalidades diferentes: pandeireta, cuartetos de gaita e gaiteiro solista. Esta última modalidade incorporouse o ano pasado como novidade, aínda que cando se creou o Concurso, hai xa 23 anos, era a única modalidade instrumental. A división das categorías realízase do mesmo xeito que no concurso de baile, aínda que varían segundo as modalidades: no apartado de pandereteiras cóntase con catro categorías, no de cuartetos de gaita cóntase con dúas categorías, e no apartado de gaiteiro solista existirá unha única categoría.

No concurso poden participar grupos de Asociacións folclóricas, Centros Parroquiais, Asociacións Culturais e Recreativas e Asociacións Xuvenís etc. procedentes de toda Galicia. Todos os grupos participantes deberán cumprir as bases do concurso, onde se indica que é obrigatorio o uso de traxe tradicional. Concederanse tres premios por categoría, que se determinará pola media das idades dos compoñentes do grupo e ningún deles superará a media da categoría en máis de dous anos.

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, quedando descualificado o grupo que exceda dito tempo. O xurado no momento da cualificación terá en conta: autenticidade e dificultade da peza, afinación e interpretación e expresividade na interpretación.

En cada unha das categorías serán concedidos tres premios:

1º PREMIO: trofeo e 250 ?
2º PREMIO: trofeo e 150 ?
3º PREMIO: trofeo

O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio do mundo do folclore, e serán alleos á Asociación Cultural Xacarandaina.

Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-05-2012 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Festival do Río castro (Narahio-San Sadurniño)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 25-05-2012 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto presentaci​ón do Grupo A Píntega Marela da Escola de Música Tradiciona​l Galega A Píntega Marela (Madrid)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-05-2012 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
IV Encontro de Escolas adultas (Teo)
O vindeiro Sábado 26 de Maio de 2012 a partir das 9 da noite, terá lugar na casa común de Rarís (Teo),o IV ENCONTRO DE ESCOLAS ADULTAS.
Nesta edición

Participan as seguintes Asociacións:

-"Relúa" da S.R San Xoán de Calo (Teo).

-Pandereteiras de Arcos (Mazaricos)

-Coral Castrosúa (Santiago de Compostela).

-"Carabuñas" Asociación de Mulleres Rurais de San Andrés de Vea.

-Asociación Musical "O Recobio de Vaamonde" (Teo)

-A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-05-2012 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
97º aniversario Toxos e Frores (Ferrol)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 25-05-2012 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
IX Manguelo Folk (Orazo-A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 25-05-2012 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos no Festival de Cans (O Porriño)
CONCERTOS

Mércores 23 de maio

O SERÁN DOS VECIÑOS
Pandereteiras de Cans | Feiticeiras | Voces das Rías Baixas
Os veciños e veciñas de Cans, verdadeira alma mater do festival, inauguran a novena edición amosando o seu talento musical. Despois das actuacións das xa veteranas neste serán Pandereteiras de Cans, Feiticeiras e Voces das Rías Baixas, sumaranse moitos músicos dos arredores na fin de festa.
Mércores 23 | 21.30h. | Baixo de Moncho

Xoves 24 de maio

NOITE V CLIPSGERMÁN COPPINI DJ
Xoves 24 | 1.00h. | Bar Tubulart (O Porriño)

Venres 25 de maio

UNIVERSO CREBINSKY
(pasarrúas+concerto+estrea de videoclip)
Venres 25 | 21.00h. e 23.30h. | Camiños e Torreiro de Cans

XOEL LÓPEZ
Venres 25 | 0.30h. | Torreiro de Cans

DISCO CHIMPÍNDJ RISCO NO DISCO (Isabel Risco)
Venres 25 | 2.00h. | Torreiro de Cans

O LEO I ARREMECÁGHONA,
Venres 25 | 3.30h. | Bar A Escola Vella (Cans)

Sábado 26 de maio

Os VERANEANTES + LAJARETAS
Como vén sendo habitual, a música acompañará a procesión de chimpibuses e animarán os camiños de Cans. Os Veraneantes e os Lajaretas serán os encargados de orixinar ese ambiente festeiro con melodías aceleradas e desbarre de proporcións descoñecidas.
Sábado 26 | 15.30h. | Camiños de Cans

SÉS.
Sábado 26 | 16.30h. | Voulevar

PINTOS+SERXIO CES
Sábado 26 | 17.30h. | Jaliñeiro Unplugged

HABELAS HAINAS
Sábado 26 | 18.30h. | Voulevar

MULLET
Sábado 26 | 19.00h. | Jaliñeiro Unplugged

O SONORO MAXÍN
Sábado 26 | 19.30h. | Torreiro de Cans

BRUNO T. FORD
Sábado 26 | 20.30h. | Voulevar

AEROLÍNEAS FEDERALES
Sábado 26 | 0.30h. | Torreiro de Cans

DJ LAGARTIJA
Sábado 26 | 2.00h. | Torreiro de Cans

DJ CREBINSKY
Sábado 25 | 3.30h. | Bar A Escola Vella (Cans)






Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-05-2012 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
IV Noite Irmandiña (Seixalbo-Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 25-05-2012 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Son do Cortello (Lourido-Soutomaior)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 25-05-2012 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
Programa Fol in Trio
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-05-2012 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Para ir a unha espadela
A exposición 'Para ir a unha espadela', unha mostra sobre o traballo de talla de madeira que nos remite ao proceso tradicional de transformación do liño. A mostra inaugúrouse no Museo do Pobo Galego o xoves 24 de maio.

Un dos máis fermosos exemplos da nosa arte popular está presente nas espadelas e os espadeleiros do Val de Vea, case descoñecidos para o público en xeral e incluso para moitos etnógrafos que tenden a clasificar estas manifestacións coma portuguesas.

Do cultivo do liño no Val de Vea sabemos por diversas fontes que dan fe da súa importancia, igual que a elevada produción está testemuñada pola existencia dun trillo para o liño no lugar de Curuxeiras (Santeles), en A Estrada. Pero é o instrumental máis miúdo, espadelas e espadeleiros, o que, unido ao anterior, nos dá unha idea da importancia económica da produción do liño e do seu alto valor social no que concorren as relacións de veciñanza que levan parellos os traballos comunitarios.

O traballo de transformación do liño, case exclusivamente feminino, era un proceso moi longo e laborioso que requiría un grande esforzo por parte de numerosas persoas. Consta de catro fases principais: o cultivo e a colleita, a obtención da fibra, a transformación en fío e a elaboración de tecidos.

Na maioría das fases o volume de traballo era tal que as mulleres da casa non eran suficientes para afrontalo, razón pola que pedían axuda ás parentes e veciñas. Estas xuntanzas, baseadas na reciprocidade e na gratuidade, remataban sempre nunha festa á que acudían os mozos e a veciñanza, converténdose nun acontecemento social, sobre todo para as mulleres, pola vinculación do seu lecer cos traballos colectivos femininos.

Cada muller acudía ás espadelas levando a propia ferramenta, espadela e espadeleiro, profusamente adobiadas cos máis diversos motivos decorativos (rosáceas, soles, rodas, abanos, cordóns, custodias e corazóns con incrustacións de cristais e espellos) e con policromía variada. Non cabe dúbida de que esta ferramenta tamén outorgaba certo prestixio social á propietaria, que a amosaba nas concorridas espadelas e presumía da súa feitura.

Para estas mulleres a súa ferramenta contaba cun valor engadido: o feito de tratarse de obxectos que pasaban de xeración en xeración. Algúns, regalos de mozos coma sinal de compromiso, outros encargados a carpinteiros da zona e, nas casas de menos recursos, algún membro da familia ?pai, tío, avó ou irmán? copiaba agarimosamente os modelos dos carpinteiros simplificando tallas e motivos.

Esta mostra pretende, pois, dar testemuño dunha singular manifestación, xa non só laboral, senón tamén artística, onde a cultura popular aínda garda sorpresas.

Axenda:
Inauguración: xoves 24 de maio, 19h30
ata o 17/06/2012
Horario: de martes a sábado, 10h00-14h00 e 16h00-20h00
domingos e festivos, 11h00-14h00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-05-2012 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Para escoitar

Tras a nosa experiencia radiofónica en Lume na Palleira tentaremos de colocar no blog os distintos programas relacionados co Folk que se emiten na Galiza para os que non poideron escoitalos en directo:


Lume na Palleira (19/05/2012)


Lume na Palleira (20/05/2012)



Folk in Trio (18/05/2012)
Comentarios (1) - Categoría: Programas de radio - Publicado o 25-05-2012 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na Lubre presenta novo disco
O grupo galego de folk Luar na Lubre presentou o seu novo traballo, «Mar Maior», unha proposta musical na que estrean voz, Paula Rei, e coa que reivindican a unión entre Galicia e Irlanda.

Tras 12 discos editados e máis de 350.000 copias vendidas, Luar na Lubre volve ás súas orixes cun disco de inspiración medieval que recorre á lírica galaico-portuguesa para profundar na unión entre os finisterres atlánticos, Irlanda e Galicia.

«É o mellor traballo de Luar na Lubre», asegurou o líder do grupo, Bieito Romero , durante a rolda de prensa de presentación do disco celebrada na fundación Paideia da Coruña.

A banda galega, con nove premios da música no seu haber, atrévese por primeira vez a elaborar unha banda sonora inspirada no «Leabhar Ghabhala Eireann», o «Libro das Invasións de Irlanda», escrito polos monxes irlandeses no século XII, unha das obras de referencia da súa historia.

O texto, referencia en Irlanda, narra a lenda de como os descendentes do rei celta de Galicia Breogán conquistan a illa que avistaban desde o faro de Brigantia, hoxe chamada Torre de Hércules da Coruña, desde a que saíron os Milesianos, liderados por Mil, neto de Breogán, para conquistar Irlanda.

«Non queremos abrir polémicas sobre celtismo ou non celtismo, senón pór en curiosidade o Leabhar Ghabhala Eireann», subliñou Romero. «Detrás da nosa música pretendemos que haxa cultura», engadiu.

Romero aproveitou o acto para reivindicar a música galega como «marca de identidade universal» e reclamou un maior apoio das institucións.

Luar na lubre, que este ano cumpre o seu vixésimo quinto aniversario, mantén a súa aposta folk inspirada na música tradicional galega con temas como «Camiño de Caión» ou «Pasar pola Coruña». Así mesmo, abordarán a lírica galaico-portuguesa musicando poemas do rei Alfonso X ou de Martín Códax.

O disco, editado por Warner, sairá á venda o 5 de xuño e ao día seguinte estrearase en directo no Círculo de Belas Artes de Madrid.

Despois o grupo comezará unha xira que os levará por Murcia, Valladolid , Xirona, Barcelona, Cádiz, Sevilla, Cantabria, Logroño, Palencia ou Cáceres.

Así mesmo, participarán nos festivais da Guitarra de Córdoba; no do Ebro, en Zaragoza, e na cita internacional do Folk, en Segovia.

A xira servirá para dar a coñecer á nova voz de Luar na lubre, a coruñesa Paula Rei, quen substitúe como vocalista á portuguesa Sara Vidal.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-05-2012 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Abe Rabade presenta novo disco hoxe en Ourense
A Modo (Karonte) é o quinto proxecto do pianista de jazz Abe Rábade á fronte do seu trío.

Amodo (amodo) parece ser tamén a actitude do compositor galego nesta fase da súa traxectoria, proporcionando ao seu traballos o tempo suficiente de maduración antes de selalos nunha gravación. Abe Rábade Trío presenta esta nova proposta hoxe 24 de maio en Ourense (Café Latino, 22.30 horas).

-Este «A Modo» segue a liña do seu anterior disco, «Zigurat», pero talvez pero con máis marxe á experimentación...
-Agora mesmo, eu concibo o trío como unha banda en proceso e este disco foi madurado en directo e por iso creo que o cambio de repertorio de Zigurat á Modo é moi gradual e nada forzado, por iso creo que é unha continuación do anterior, pero en realidade é un disco distinto e haberá que analizalo coas súas propias claves.


-Abre o disco co tema «9 contra 4», corte que ten moito de experimentación rítmica.
-Certo, o tema enlaza co 7 contra 5 de Zigurat. Son pezas experimentais influenciadas polo sistema rítmico hindú, que cruza ritmos. Polo tanto, a idea é que todo o tema se beneficie de toda esa riqueza rítmica.

-Destaca a empatía de todos os membros do trío. ¿Decidiu deixar máis liberdade a Pablo Martín Caminero e Bruno Pedroso?
-Levamos catro anos tocando xuntos e podemos enfrontarnos ao repertorio sen papeis. A idea é potenciar ao máximo o son dos tres como solistas, así como a interacción e a dinámica entre nós. Con todo isto claro, unha vez encima do escenario podémonos dedicar a aspectos máis abstractos do proceso e intentar que o concerto sexa poderoso a nivel emocional para o público.

La Voz de Galicia

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-05-2012 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
'Hostias para todos' no novo disco de Terbutalina
?Hostias para todos? é o novo traballo da Terbutalina. Gravado a comezos do 2012 en Portugal en cuestión dunhas horas, reflicte segundo o grupo de Muros o que califica o seu son: ?sinxelo e suxo?.

É, tamén, o primeiro traballo da Terbutalina coa súa actual formación, de cinco membros. As composicións continúan na liña do ?gastropunk? amosado en ?Broncodilatador?, o seu primeiro LP. Son sete cancións dun ton máis escuro no que hai desde punkeiradas como ?Picolo (vas de verde)? ou ?O teu corpo pide jerra? a outras alternativas, como ?Xira Funeraria? ou ?Suisidarse?. Tal e como afirman os Terbutalina, este traballo pode resumirse en tres palabras: ?Estupidez, fame e velocidade?.

O disco publicarase o vindeiro 24 de maio. Poderase descargar de balde desde o BandCamp da propia banda e desde outras plataformas habituais. Lucirá capa deseñada por Arinspunk e o videoclip do tema ?Suisidarse? acompañará a súa presentación.

A Terbutalina nace entre Ventín, Muíño do Vento e Esteiro (condados do estado de Muros) no 2010. Ex-membros de grupos como THE, Metralla, Skaiola Borrokal ou Süiss dan en se xuntar, tirar para adiante e elaborar unha recua de temas a medio camiño entre o rock de garaxe, o punk e outros sons.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-05-2012 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Mónica de Nut Trio

Os composteláns Mónica de Nut Trío presentan o seu novo disco "Mónica de Nut Trío".

Este primeiro traballo de Mónica de Nut Trío, a partir de letras do poeta pontevedrés Manuel Cuña Novás e de Mónica de Nut e con música da propia Mónica e mais de Paco Dicenta, foi totalmente autoxestionado e editado no selo Free Code, se ben podes escoitalo e descargalo en mp3 neste enlace web, dentro da pestana "Mónica de Nut Trío".

Mónica de Nut Tríos supón unha feliz mistura de jazz contemporáneo, música de tradición galega e de raíz, delicados sons procedentes da música electrónica, experimental e clásica.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-05-2012 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Projecto Mourente volta con A pior
A pior é o título do novo traballo de Projecto Mourente. Carlos Valcárcel renova a súa aposta polo pop electrónico cun álbum de dez cortes no que conta con colaboracións de diferentes músicos do país como The Homens ou Andrés Boado.

Polo momento a obra está dispoñible unicamente en edición dixital no web Bandcamp, aínda que Valcárcel está a negociar a posibilidade dunha edición física que prevé financiar mediante Crowdfunding. Para setembro ten previsto desenvolver os concertos de promoción do no álbum que está autoeditado. A gravación realizouse de xeito doméstico e a mestura e a masterización correou por conta de Tomás Ageitos nos estudios de A Ponte.

Começou a contagem regressiva: já temos data para o lançamento digital de ?A pior?. Será o 22 de maio? se nada se torce. Os dez temas estarám disponíveis no Bandcamp do Projecto Mourente, onde, se che parece bem, poderás fazer achegas económicas. ?A pior? também se poderá escuitar e comprar no Spotify, no Itunes e noutros sites de descarga e partilha de músicas. O preço de saída é de 6?. Também poderás descarregar o novo álbum gratuitamente no site de Komunikando. Haverá ediçom física? Isso dependerá de ti, da gente, de se gostades das canções e sobretodo da demanda que houver.

No álbum colaborárom muitas persoas. The Homens tocam em ?Afilia-te!?, onde o Xocas mesmo passou polo vocóder. O Martin Wu toca também a guitarra em vários temas máis. Alguma guitarra pudemos salvar também do Álex López, que acompanhou o Projecto Mourente nos concertos do ?Kara.o.ke?. Mar K John canta em ?Alguém que me queira? e Quincho Araújo, dos Carrero Bianco, toca a guitarra em várias canções. Fazendo coros, além de Yolanda, colaborou também Andrés Boado. Todos passárom polo apartamento da Almáciga ao longo de todo o tempo que demorou a gravaçom do álbum. Foi um prazer tê-los na casa. De novo, nengum vizinho protestou e já alá vam dous álbuns que se gravárom alô!

Para fazermos ?A pior? nom houvo pressa nenguma. É o que tem o DYS. Porém, si houvo algum quarto que se empregou em levar os temas aos estúdios d?A Ponte. Ali um paciente Tomás Ageitos aquelou o som e deu-lhe jeito às canções. Muito se aprendeu com el!

Agora que todo chega ao final estamos um pouquinho tristes porque para o Projecto Mourente o realmente divertido foi sempre juntar gente para fazer músicas na casa. A partir do 22 de maio, e baixo licença Creative Commons, o álbum já nom será só nosso, será sobretodo vosso! Se tedes preguntas ou ideias para o projeto, podedes achegá-las polo Twitter (@pmourente) ou na nossa página do Facebook. Contades para trás connosco?

www.projectomourente.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2012 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0