Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comeza a semana
Segunda feira 31(luns)

Terza feira 1 (Martes)
Emilio Cao ás 20:30 horas no Auditorio Padre Amoedo de Pontevedra, detrás da Igrexa de San Bartolomeu.

Corta feira 2 (Mércores)
? Foliada na Casa das crechas (Compostela)

Quinta feira 3 (Xoves)
? The Homens na Casa das Crechas (Compostela)
? Quempallou en Arteria Noroeste (Compostela)

Sexta feira 4 (Venres)
? Recambios Tucho no Capital (Ourense)
? Noise Project na sala 600 (Melide)
? Lamatumbá na sala The Star (Carral)
? Festival Tod@s paramos o Galicia Spitit (Ferrol): Zenzar, Os tres Trebóns, Sonoro maxín, Katomá,...

Sábado 5
? V Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva gaitas de fol do noroeste en Poio
? Nordestin@s no Rosal (Pontevedra)
? Lamatumbá na sala 600 (Melide)
? Luar na Lubre na Praza da Quintana (Compostela)
? Som do Galpóm no Con do Moucho (Illa de Arousa)
? Ruxe-Ruxe na sala El Tunel (A Coruña)
? Mercedes Peón na Casa das Ciencias (A Coruña)
? I Festinao (A Estrada): Nao, Primitve, Esquíos e For Home Use Only
? XI Encontros de Música Tradicional en Carboeiro
? Serán do Remuiño (Paraños-Covelo)

Domingo 6
? V Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva gaitas de fol do noroeste en Poio
? XXXI Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina no teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
? Luar na Lubre no Auditorio de Galicia (Compostela)
? Os Carunchos en Paraños (Covelo)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2010 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
XXXI Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

Poñémonos en contacto con vos para convocar o XXXI Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina.

Este ano terá lugar o domingo 6 de Xuño, adiantamos a data e a diferencia doutros anos, este ano celebrarémolo pola tarde. Será no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

No caso de dúbidas, as resolveremos por e-mail info@xacarandaina.com ou por vía telefónica 981 277 315.

BASES DO XXXI CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL

Teatro Rosalía de Castro, A Coruña
6 de xuño 2010

1. Neste concurso poden participar grupos de asociacións folclóricas, recreativas, culturais, de veciños, centros parroquiais, etc.

2. Os grupos poden ser mixtos, femininos ou masculinos, e estarán formados como mínimo por oito persoas (agás cando as características do baile o precisen).

3. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.

4. A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o
límite da categoría en máis de dous anos.

A: ata os 8 anos inclusive.
B: de 9 a 12 anos inclusive.
C: de 13 a 16 anos inclusive.
D: de 17 anos en adiante.

5. Cada grupo terá que levar o seu acompañamento musical: gaiteiros, pandeireteiras... que deberá
estar presente no escenario, vestindo o traxe tradicional.

6. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda ese tempo quedará descualificado.

7. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E., pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago á asociación correspondente. De darse o caso que o baile presentado fora recollido polo Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina, deberá contar coa súa autorización.

8. En cada unha das categorías serán concedidos os seguintes premios:
1º premio: trofeo e 350 ?
2º premio: trofeo e 200 ?
3º premio: trofeo.

9. O xurado estará composto por persoas alleas a A. C. Xacarandaina. O xurado terá a liberdade de
esixir o D.N.I. ou libro de familia, así como establecer premios desertos se así o considera
oportuno.

10. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
- Autenticidade da peza.
- Dificultade técnica.
- Calidade na execución.

11. O concurso terá lugar o domingo 6 de xuño POLA TARDE, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña ,sito na rúa Rego de Auga. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico.

12. A participación neste concurso implica a aceptación das bases xa expostas.

13. O prazo de inscrición remata o día 22 de maio, debendo enviar debidamente cumprimentada a folla de inscrición por:
- CORREO ORDINARIO AO LOCAL SOCIAL:
A. C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- CORREO ELECTRÓNICO: info@xacarandaina.com
- EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRICIÓNS.

NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESA DATA.
A A. C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315
info@xacarandaina.com
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 31-05-2010 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso Querostar
A Sala The Star [Carral] presenta o concurso de música en directo QUEROSTAR, un certame que permitirá a oito grupos, elixidos nunha votación popular no ciberespacio, tocar na Sala The Star, cada xoves de xullo e agosto.

As tres mellores bandas, segundo a opinión dos asistentes ao concerto e dun xurado independente, actuarán nun festival en setembro do que sairá o gran gañador!!
Premios:

Os premios son:
1º: 1.000?
2º: 500?
3º: 300?

Todos os grupos que queiran participar en QUEROSTAR poden apuntarse na páxina web www.querostar.com

O prazo de inscrición rematará o día 27 de maio.

www.querostar.com

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 31-05-2010 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
Máis Música (+msc) en Ourense
Máis de 50 grupos ourensáns realizaron xa a súa inscrición para participar no +msc 2010. Debido ao éxito da convocatoria, a Concellería de Cultura de Ourense decidiu ampliar os tres espazos urbanos que acollerán concertos o día 21 de xuño, habilitando un palco máis no barrio do Couto.

A convocatoria continúa aberta, até o 31 de maio, a todos os grupos ourensáns, aínda que se valorará que todos ou algúns dos seus membros pertenzan á cidade e que non teñan participado no anterior +msc 2009.

Os interesados poden obter máis información e realizar a súa inscrición on line a través da páxina web www.maismusica.org.

Os grupos seleccionados terán a oportunidade de actuar dentro dalgún dos catro escenarios urbanos que se habilitarán durante as festas de Ourense o próximo día 21 de xuño.

Na edición do +msc do ano pasado, un total de 27 grupos ourensáns tiveron a oportunidade de dar a coñecer as súas propostas musicais a través dos cinco espazos de concertos que se situaron en diferentes barrios da cidade.

O programa +msc naceu cos obxectivos de: canalizar eficazmente todas as experiencias dos músicos amateurs e profesionais da escena ourensá, mobilizar a presenza dos colectivos emerxentes e acceder en grupo a espazos de comunicación que de forma individual lles estarían vetados á maioría dos músicos.
En definitiva, +msc é un punto de encontro onde pór iniciativas en común e realizar un intercambio efectivo de ideas e proxectos como paso imprescindíbel para a difusión comercial da música de Ourense.

www.maismusica.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2010 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 28 (Venres)
? Concerto especial de Os Cempés no Grove
? Moxenas Musical Galego ás 21:30 no Auditorio do C. C. de Beade (Vigo)
? Fía na roca no Auditorio de Valga (Pontevedra)
? Som do Galpón no Trocolo (A Coruña)
? Guezos no Tarabela (Lalín)
? Skacha na Iguana Club (Vigo)
? Capitan Furilo na sala Baranda (O Barco de Valdeorras)
? Esquíos na sala Jazzmin, O Carballiño
? Maghúa na Repichoca (A Coruña) ás 22:30
? Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
? Foliada Ven Respirar no café Ollo Ledo (Ourense)
? Noites de Tasca no bar-restaurante Casa Vella, en Abellá - Frades.

Sábado 29
? Festival polo levantamento do veto a Astano a partir das 12 da mañá no paseo marítimo de San Valentin (Fene)
? Pablo Carpintero, regueifas e foliada no Viso (Redondela)
? Os Melidaos presentan disco no Multiusos de Melide ás 20:30
? Recambios Tucho no Con do Moucho (Illa de Arousa)
? Guezos na Praza de San Marcial (Ourense)
? Muiñada no muiño da Pedrosa (Bembrive-Vigo)
? Serán de Coto (O Carballal-Vigo)
? Serán en Rebordáns (Tui)

Domingo 30
? Festa de Recreación Histórica de A BELA AURIA (Ourense)
? Chotokoeu en Cambre
? Tarde de Fiadeiro en Vide (As Neves)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2010 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
29 de Maio
- Serán de Coto (O Carballal-Vigo)
- Serán en Rebordáns (Tui)

30 de Maio
-Tarde de Fiadeiro en Vide (As Neves)

5 de xuño
- Serán do Remuiño (Paraños-Covelo)

11 de xuño
- Serán no Alto do Viso-Redondela (a estrada que sobe A Peneda)

12 de xuño
- Foliada na casa de veciños de Baíña (Baiona) (no antigo torreiro da festa, ó lado da autopista)
- Serán en Freaza (Fornelos de Montes) organizado por Eugenio da Pedra Quetiña de Touton.

19 de xuño
- Serán da "Noite da Moura" no campo da festa de Rebordechán (Crecente)
- Serán do mar de Baiona

20 de xuño
- Foliada de lembranza na Ponte de Mourentán (Arbo)

26 de xuño
- Serán en Fornelos de Montes

3 de xullo
- Serán das Meghallas en Pereiras (Mos)

7 de agosto
- Serán en Valadares (Vigo) no monte dos pozos
Comentarios (3) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-05-2010 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Carballal (Cabral-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-05-2010 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
¡Xa imos na Foliada 34!

Os Trevillas xunto as Cantareiras de Alende, tócalles rematar as Foliadas de Esta temporada.

Os Trevillas é o grupo pontes con mais anos de experiencia na música tradicional, levan 15 anos "mallando" e hai Trevillas para rato.


As Cantareiras de Alende serán as responsables de pechar as Foliadas esta temporada.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-05-2010 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Tasca en Frades
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-05-2010 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
I tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)
O vindeiro domingo 30 de Maio o grupo "Saia de lan" formado polas pandereteiras e gaiteiros de Vide e a "Asociación Cultural Vidense", celebraremos en Vide (As Neves) a I tarde de fiadeiro.
Comentarios (9) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-05-2010 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco dos Melidaos
O día 29 de maio ás 20:30 h no Edificio Multiusos de Melide o grupo tradicional Os Melidaos presentan o seu novo disco Que ben baila, que ben baila.

ESPERÁMOSVOS!

www.frouma.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2010 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
Maghúa na Repichoca (A Coruña)
Maghúa achegaremo-nos para botar unhas pezas a este local coruñés, que tanto leva feito pola nosa música mais tradicional...

Despediremos o mes de maio a partir das 22.30, entre amigos, viño, e contigo, se queres...


Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2010 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
ACentral Folque aborda O Grove

Os três cempés com maiusculas voltam ás andadas musicais, desta vez numa Goleta no Grove.
O venres 28 no porto do Grove de 22h a 23 horas e no segundo pase de 00h em diante.
Oscar, Sergio e Tonecho com amigos.


acentral aborda.
www.folque.com

mais info.
http://www.folque.com/actualidade/nova.php?id=388&lg=gal

........e logo, non vas ver Os Cempés xuntos de novo?
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2010 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos, Regueifas e Foliada no Viso (Redondela)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2010 14:51
# Ligazón permanente a este artigo
Muiñada no muiño da Pedrosa (Bembrive-Vigo)
O 29 de maio estaremos moendo inninterrumpidamente no muíño da Pedrosa.

Os cativos poderán debullar espigas, moelas e recoller a fariña.Tamén poderedes colaborar na sementeira de unha leira con millo corvo e millo branco.

Teremos unha pequena mostra de aparellos de labranza así como proxectaremos fotografías de canastros e muíños da parroquia.
Poderás degustar pan de millo e empanada feita por veciños da parroquia e acompañalos cun viño.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

A partires das 16.00 h,
? estarase moendo ininterrompidamente;

? os mais cativos poderán debullar as espigas,moelas e recoller a fariña ;

? poderás colaborar na sementeira de millo corvo e millo branco nunha leira próxima.

? Proxección de fotografías de muíños e canastros da parroquia no muíño do Buraco.

? As 19.00 h actuación de ?Cans de palleiro?

Haberá :
-Mostra de aparellos.
-Venda de Pan de millo corvo, empanadas de millo e viño


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2010 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Xunt@s por Astano (Fene)
O vindeiro Sábado 29 de Maio, Galiza Nova xunto có BNG de Fene organizaremos un festival reivindicativo polo levantamento do veto. Será a partir das 12 da mañá no paseo marítimo de San Valentin (Fene)

Contaremos con actividades para tódolos públicos durante todo o dia para que todo o mundo poda achegarse e participar neste acto có que pretendemos amosar, unha vez máis, o noso compromiso coa comarca, có naval e por suposto có noso futuro.

¿vas quedar na casa?

Comentarios (3) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-05-2010 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto fin de xira de Guezos en Ourense
Sábado, 29 de Maio, ás 23:30 horas na Praza de S. Marcial (Zona Vella de Ourense), celébrase unha gran Festa-Concerto polo fin de xira "Dez Primaveras" do grupo ourensán Guezos.

A entrada será de balde e haberá licor café gratis para tod@s, deliciosas bicas para mollar no licor, camisetas e CDs do grupo a 5?! e, por suposto, unha gran festa sonora ofrecida por Guezos.

Si, escoitáchedes ben, Bica e Licor Café de balde!!

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2010 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Skacha pecha xira en Vigo
Pois si, o vindeiro venres 28 de Maio a banda viguesa Skacha, estará novamente na Sala Iguana Club de Vigo dando o concerto que pecha a xira galega de presentación do seu recente disco "Catro".

Tal acontecemento dará comezo as 00:00 horas e custará 5?.

Por certo que estarám moi ben acompanhados polos amigos gamberros de Lovercans.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2010 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
Festa de Recreación Histórica de A BELA AURIA (Ourense)
A cidade de Ourense retrocederá ao movemento cultural e actividade artística de principios do século XX na I edición da Festa de Recreación Histórica 'A Bela Auria', que terá lugar o próximo domingo 30 de maio no IES Otero Pedraio e o Xardín do Posío da capital de As Burgas.

O certame pretende retroceder no tempo e trasladar á cidade comezos do S.XX, ata 1936, nunha época de efervescencia cultural, literaria e artística. Para iso, preto dunha trintena de asociacións e entidades, como Aula de Música Tradicional Gomes Mouro, Grupo de Música Tradicional Rebulir, A Coral de Ruada, Orfeón Unión Ourensana... entre outros, participarán e colaborarán nas actividades que se desenvolverán ao longo do día, entre as 10.30 horas e as 23.00 horas.Durante toda a xornada dominical as actividades incluídas na primeira edición de 'A Bela Auria' se distribuirán entre o IES Otero Pedraio e o Xardín do Posío da cidade de Ourense.

En concreto, o instituto acollerá tres concertos de corais, un ciclo de conferencias e dúas exposicións, unha sobre libros antigos e outras con fotografías, que levará por título 'Ourense na memoria'. A parte lúdica do festexo terá lugar no Xardín do Posío, espazo reservado para talleres, bailes tradicionais, unha exhibición de esgrima histórica, pasarúas, animacións teatrais e cinema ao aire libre con proxección de películas antigas. Todo nun clima lúdico e trouleiro que será o dominante durante a xornada.

Para máis información podedes consultar as páxinas:
- http://www.belaauria.com/
- http://belaauria.wordpress.com/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2010 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición Faustino Santalices en Ribadavia
O vindeiro sábado 29 de maio ás 12,30 horas terá lugar a inauguración da exposición temporal
FAUSTINO SANTALICES. TRADICIÓN MUSICAL GALEGAno Museo Etnolóxico, rúa Santiago 10, Ribadavia.



Ao finalizar, Félix Castro Vicente interpretará unha peza con unha das gaitas de Fausltino Santalices.

Agradecendo de antemán a colaboración na difusión desta exposición, reciba un cordial saúdo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2010 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de gaita en nivel avanzado na Escola de música tradicional de Ourense

Ola a todos, este sábado comeza o curso de gaita en nivel avanzado na Escola de música tradicional de Ourense.
Toda a información en:


http://aoftou.spaces.live.com/

Un saúdo

Organizan:
EMT- Escola de música tradicional de Ourense,
Asociación Ourensá de folclore tradicional - Gomes Mouro.

· Mestre: Xosé Miguélez


Nivel avanzado:

1ª aula, sábado 29/05/10

9:30-10:00 Presentación e reparto de materiais didácticos
10:00-10:30 Organización das sesións de estudo para gaiteiros
10:30-11:30 Traballo sobre a posición co instrumento, exercicios de quentamento e hixiene postural.
11:30-12:00 Descanso
12:00-13:00 Afinación: a afinación natural, a serie de armónicos como referencia para a afinación da gaita galega. Entrenamento auditivo para o gaiteiro.
13:00-14:00 Análise e interpretación das obras a traballar no curso - proceso a seguir para a aprendizaxe dunha peza musical na gaita galega

2ª aula, sábado 05/06/10

9:30-10:00 Presentación de novas publicacións para gaita galega
10:00-10:30 Práctica da lectura á vista na Gaita
10:30-11:30 Empalletado, elección da palleta e a súa manipulación
11:30-12:00 Descanso
12:00-13:00 Ornamentación da liña melódica, criterios estéticos e diferentes tipos de adornos.
13:00-14:00 Traballo sobre a técnica no instrumento, dixitación, articulación e ornamentación. Estudos técnicos para Gaita.

3ª aula, sábado 12/06/10

9:30-10:00 Fontes de estudo para o repertorio do Gaiteiro
10:00-10:30 Presentación de novas achegas para o instrumento
10:30-11:30 Afinación do punteiro, dixitacións alternativas, afinación con instrumentos temperados. Punteiros en diferentes afinacións na mesma peza.
11:30-12:00 Descanso
12:00-13:00 Vencer ás pasaxes musicais complicadas (técnicas de repetición, inhibición, variación rítmica).
13:00-14:00 Audición e crítica das obras traballadas no curso.

4ª aula, sábado 19/06/10

9:30-10:30 Notación musical para a Gaita Galega.
10:30-11:30 Estudo da linguaxe tradicional na Gaita galega, o proceso de transcripción. Gravacións históricas da Gaita galega
11:30-12:00 Descanso
12:00-14:00 Audición e crítica das obras traballadas no curso.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2010 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
Curso monográfico internacional con Luis peixoto (Compostela)
Cordas em Portugal: cavaquinho e bandolim

Está a rematar o prazo de inscrición a este magnífico curso co mestre portugués Luis Peixoto (Dazkarieh, Anxo Lorenzo Band, Stockholm Lisboa Project,...) que terá lugar este domingo 30 de maio en Santiago.

Para formalizar a inscrición, escribir un mail a info@folque.com ou chamar ao +881 031 829.


O vindeiro domingo 30 de maio Luis Peixoto, ofrece un curso sobre corda pulsada aplicada a dous dos instrumentos máis carismáticos do país veciño, de grande trandición en pulso e púa. Son dous cursos onde se presentará a técnica básica, afinación, colocación de acordes, repertorio,... para calquera nivel: básico e avanzado.

É posíbel adquirir o instrumento para o curso (90 ? max. o cavaquinho, 130 ? max. o bandolim) desde Portugal que traerá o propio mestre. Avisar canto antes.

Inscricións en info@folque.com ou no +34 881 031 829

Curso Monográfico de Cavaquinho e Bandolim, por Luís Peixoto.

Máis nformación
www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-05-2010 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
Pinchadas de música galega en Ourense
Os próximos fins de semana as mozas e mozos que queiran sair pola noite en Ourense e gozar da música en galego poderán facelo grazas a Galiza Nova.

Para pasalo ben con música galega de fondo só tes que acudir ás seguintes quedadas:

- 29 de maio: Pub Ingravito
- 5 de xuño: Bar Par
- 12 de xuño: A Esmorga
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2010 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá coas pandereteiras de Ultreia

Hoxe, xoves, día 27/05/2010

Din os estudosos que hai pandereteiras desde hai milleiros de anos; desde os inicios da música, desde que se inventou a agricultura, cando as mulleres se xuntaban para realizar os labores e despois empregaban os cribos para facer festa. Desde aquela ata hai cen anos a cousa cambiou lentamente. Pero no último século os cambios producíronse a toda velocidade e nada teñen que ver as vidas das pandereteiras actuais coas das súas avoas, se non fose pola música, as pezas herdadas e a maneira de expresar os sentimentos con unha pandeireta ou con un aturuxo.

As pandereteiras póñenlle a mesma paixón cando tocan hoxe nun escenario que cando antes o facían nun serán despois da malla, coa paixón coa que tocan as pandereteiras de Ultreia, que levan dezasete anos tocando xuntas e recollendo pezas nas catro provincias e polas zonas que comparten cultura con Galicia, como o Bierzo, Asturias, Zamora e o norte de Portugal. Estas pezas son as que despois intentan transmitir ao público con fidelidade, sen apenas arranxos, pero con unha técnica froito de moitos anos de ensaio xuntas, que fai que sexa unha verdadeira delicia escoitalas.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 27-05-2010 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Enrique Otero
O GAITEIRO DO FRAGOSO, como el mesmo gustaría que o recordaran, é un personaxe clave para comprender e coñecer boa parte do mundo da gaita en Galicia e imprescindible para o que pode considerarse Vigo e comarca.Hoxe en día é o mellor expoñente da tradición gaitística galega.figura de transición entre o gaiteiro rural tradicional e o gaiteiro urbano,pero tamén entre o gaiteiro de oído tradicional e o gaiteiro músico actual.

Por ende, organízaselle un máis que merecido acto de homenaxe que terá lugar o vindeiro sábado 19 de Xuño no auditorio do Conservatorio Superior de música de Vigo.

Posterior á homenaxe haberá unha cea, que ten prazas limitadas no Restaurante Rocamar de Baiona (40? praza). Para inscribirse podedes contactar coa secretaría da Asociación de Gaiteiros Galegos no telf 986 84 70 74 ou no correo secretaria@gaiteirosgalegos.com

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2010 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Éxito das II Xornadas de Baile Tradicional
O Centro Sociocultural do Castiñeiriño acolleu a numerosos bailadores na II edición das xornadas.

Numerosos asistentes participaron nas ?II Xornadas de Baile Tradicional?, xornadas que naceron fai un ano coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.


Nestas xornadas, ás que asistiron profesionais do mundo da danza e do ensino en xeral, ademáis de numerosas persoas vinculadas á cultura galega, presentáronse métodos e materiais didácticos para achegar o baile non só ao ambito das asociacións culturais, senón a toda a poboación. Para impartir as distintas aulas e obradoiros da xornada contouse con Gustavo Couto, Xabier Iglesias, Luis Prego, Serxio Cobos e Pablo Díaz, todos eles mestres e bailadores de recoñecido prestixio no ambito do baile tradicional.

Para iniciar as xornadas, Xabier Iglesias presentou a publicación ?Así fan os Bailadores...? e Gustavo Couto presentou ?Bailaben?, dous métodos de aprendizaxe do baile tradicional galego que pretenden ser ferramentas de axuda para toda a xente que estea interesada na aprendizaxe do mesmo.

Posteriormente e ao longo de todo o día, ofrecéronse aos asistentes distintos obradoiros para o aprendizaxe de xogos bailados, muiñeiras, xotas e bailes agarrados así como unha mesa redonda que tratou a situación actual e o futuro do baile tradicional en Galicia.

Para a realización desta xornada a Asociación de Gaiteiros Galegos contou coa colaboración da Concellería de Cultura e Centros Sociais do Concello de Santiago.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2010 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Respetemos o Serán
Carta no Faro de Vigo

Estamos asistindo na actualidade, a un movimiento fenomenal referente á música e canto popular de tradición. Os seráns, fiadas, foliadas ou ruadas segundo o que se lle chame en cada lugar, están sendo celebracións moi aceptadas, e o obxectivo é: facer festa empregando o canto, a música e os instrumentos tradicionais. Hai que diferenciar un serán de calquera outra troula, pois se ben ten un sentido lúdico, tamén leva engadido o espírito e a filosofía propios de épocas pasadas.

Non debemos chamar seráns, ós festivais ou pupurris musicais, que a miúdo se organizan con diversos fins. O serán é, esmorga de balde para quen queira cantar e tocar, só fai falla, respetar o xeito tradicional de facelo e as normas que cada organización impoña. Os grupos nos amosan a súa sabedoría e arte, emulando aquelas cantareiras con pandeireta ou outros elementos de percusión como a lata, tixolas, culleres etc. As cantareiras, foron o referente máis grande desta festa do común. A Gaita e o acordeón, instrumentos máis escasos naquelas xeiras, eran moi valorados, e onde acudía un gaiteiro, o serán pasaba a ser de luxo. Xotas, muiñeiras e agarrados, puñan movemento a aquelas xuntanzas da mocidade.

O rexurdimento desta ancestral festa na nosa provincia, parte dende hai preto de 20 anos en Paredes (Ponteareas) cunha muiñada e serán. A iniciativa partiu de Domingo Amoedo, home sensible que non foi indiferente ás cantigas de súa nai. Posteriormente, en Pazos de Borbén, xuntou Domingo ás poucas cantareiras e pandeireteiras que aínda recordaban aquelas xoldas tan prezadas ata os anos cincuenta do século pasado, así, espertaron de novo os vellos cantares. As adurmiñadas e oxidadas ferreñas, poñían son a anos de esquecemento; e as pernas cansas e traballadas de mulleres da postguerra, sacaban puntos de baile escondidos xa, no seu subconsciente. As pandeireteiras da Ermida, Sequeiros e Moscoso "competían" con agarimo e paixón, poñendo en proba a súa recen achada memoria histórica do serán. En sucesivos anos, Domingo e seu amigo Manolo "o gaiteiro da nave", foron fomentando pequenos encontros polas parroquias de Pazos que se extenderon máis tarde, cara Toutón, San Vicente de Oitavén, Traspielas, Freaza, Gargamala, Meirol, Soutomaior?.

O serán, non é facer festa, para pasalo ben sen máis. Debemos conservar o seu purismo, e só, dende o compromiso e amor polo noso, dende a sinxeleza e espontaneidade das nosas aboas cantareiras e dende a sensibilidade, conseguiremos reproducir no futuro, as mesmas cantigas con fidelidade. As pandereteiras da Ermida, case todas octoxenarias, son un referente activo do que eran noutrora as cantareiras dos seráns, e fonte, onde aínda bebemos os que queremos preservar a nosa lírica popular sen contaminar.

Non lixemos estas xuntanzas e non destruamos a nosa etnografía musical, que é, parte do rico patrimonio inmaterial que aínda temos. Debemos diferenciar entre unha lareira e unha vitrocerámica, entre unha Festa dos Maios e un concerto de panxoliñas, entre unha festa medieval e unha de roqueiros, aínda que nas dúas, vaiamos disfrazados. Ou acaso debemos cantar alalás nunha mostra de habaneras...?

Carmen Álvarez Domínguez - Soutomaior

Espero que compartades a miña reflexión sobre o Serán. Últimamente, só semella, unha festa para pasalo ben e comer. Clarinetaes, saxos, guitarras eléctricas e incluso baixos están invadindo a nosa festa máis ancestral. ¡DEFENDÁMOLO!
Apreixos
Carmiña
Comentarios (8) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-05-2010 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Nova Galega de Danza
Nova Galega de Danza aposta pola fusión do tempo
O director da compañía, Vicente Colomer, asegura que "Tradicción", o seu último espectáculo, "rompe as paredes imaxinarias"

Hoxe remata a súa andaina pola Expo de Xangai onde levaron unha escolma destas novas artes escénicas galegas. O director artístico de Nova Galega de Danza, Vicente Colomer, non ten reparos en recoñecer que "todos os que pertencemos ás artes escénicas somos un pouco tolos".

¿Cal foi o punto de partida?

Fixemos unha viaxe ás raíces e desde aí creamos un estilo contemporáneo. O espectáculo medraba e pouco a pouco rompimos as paredes imaxinarias.

¿Pódese dicir que é unha fusión?
A danza tradicional é a nosa ferramenta principal. Cada espectáculo deixa mil portas abertas. A partir de aí empezamos a crear. Hai que vela para definila pero podería dicirse que é unha fusión de ambas. A maior virtude é ter unha música como a que temos. Esa imbricación de música e danza, do antigo e o novo, nunca é forzada. Nós xogamos con texturas. Cando bailas un maneo é como se estiveras untando e cando bailas unha xota é como se estiveras cortando.

O novo espectáculo chámase "Tradicción" ¿Por que?
Chámase Tradicción, con duas c, porque mestura con adicción apostando sempre pola música galega. Facendo un espectáculo único. Trátase de profundizar no estudo do noso folclore para acadar un movemento nacido no pasado. Non é un traballo fácil. É unha estrutura estable, unha implicación de todos os membros da compañía entre os que destaca o labor de Jaime Pablo Díaz, e do director musical Pedro Lamas

Volvamos ó principio. ¿Como foi a receptividade do público?
Moi boa. Temos que dicir que tanto a xente que vén do mundo tradicional como a purista aplauden o noso traballo porque é un traballo honesto, é crible. Chega o espectador. O espectador deixa de xuzgar e entra de xeito directo no espectáculo.

Falas dun traballo pouco recoñecido...
Moi pouco recoñecido.. Desde aquí quero profundizar niso. Hai tantísima xente nova en Galicia que inviste o seu tempo libre en subirse a un escenario cun traxe e amosarnos as danzas tradicionais. É un traballo impagable.

¿Cres que Galicia se pode vivir da danza?
É complicado. Podes se tes a facilidade de ser intérprete e á vez es mestre. De todos xeitos, non me gusta falar en negativo. Parece que somos a irmá pobre e creo que temos que mirar máis para nós e para as axudas que poidan vir, pero os bailadores onde temos que estar é enriba dos escenarios, e ter a oportunidade de amosar o noso traballo.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-05-2010 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Ugia Pedreira
A intérprete fala sobre o disco ?Descarga ao vivo? e os proxectos da Central Folque

Ugía Pedreira é unha das grandes voces do país. O seu talento e a súa visión artística convertérona nun referente musical. Difícil de clasificar e contraria a enfundarse en etiquetas, Pedreira conta cun repertorio que inclúe un feixe de estilo que vai dende o folk até os boleros. Os seus inicios musicais chegaron da man do grupo Chouteira e de colaboracións tan heterodoxas que lle permitiron abrirse a diferentes estilos e sensibilidades musicais. Directora da Central Folque, Ugía Pedreira amosa un compromiso claro polo patrimonio musical de Galicia e pola recuperación de sons propios. Ese compromiso que comparte con todos os que forman a Central Folque amósase no disco e no DVD Descarga ao vivo. Cuba-Galiza, no que músicos galegos e cubanos compartiron o escenario para recuperar as melodías esquecidas polo tempo. Os lectores de Xornal teñen unha oportunidade única para adquirir este álbum imprescindible polo prezo de 11,75 euros.

Que significou para a Central Folque levar a cabo esta iniciativa que deu froito ao disco Descarga ao vivo?
Foi a nosa primeira produción internacional e contou cunha duración longa no tempo. Foi un proxecto moi ben estruturado. Houbo unhas primeiras viaxes ao Estudo Superior de Arte e logo chegou a investigación musical de Ramón Pinheiro, da que xurdiu o libro A la Habana quiero ir. Todo iso ao redor da música galega en Cuba. Así conseguimos sacar un repertorio emblemático e longamente esquecido en Cuba de galegos que compuxeron aló. Polo tanto, levan o sabor cubano implícito. Digamos que é galego nas formas e no máis sutil. É tenramente galego. Neste proxecto falouse con musicólogos, investigadores e con antropólogos, tanto na investigación como no concerto.

Existen tantas relacións musicais?
Non se pode escribir unha historia dun pobo sen contar coa outra. Non se pode falar de música cubana sen contar coa galega nin se pode falar de música galega sen ter en conta a Cuba. Houbo unha relación moi grande na illa cando moitos galegos chuparon da teta dunha negra.

Somos pobos irmáns?
A historia é o que di. Non podo engadir moito máis. Un dos maiores emblemas de Cuba era o Centro Galego que agora chaman Ballet Nacional e o Teatro García Lorca. Pero sempre foi un edificio emblemático de Cuba. Na Illa, dicirlle a un Cubano que es galega significa situarte nun mapa. Saben perfectamente quen e como es. Se o dis en Australia, non saben en que parte do mapa caes.

E A Central Folque non está pensando en desenvolver proxectos e investigacións musicais sobre as relacións do son galego con outras latitudes?
Estamos traballando noutro proxecto que está levando o propio Ramón Pinheiro. Trata sobre o canto improvisado, a regueifa. Centrámonos no norte de Portugal e no norleste brasileiro. Aí atopamos moitas cousas semellantes e moita literatura galego-portuguesa. Nós temos moito que dicir nese sentido, porque o galego é o pai e a nai do portugués que se fala en todo o mundo.

Haberá entón un espectáculo como Descarga ao vivo a partir desta nova investigación?
Non falamos de espectáculo ningún. Agora hai unha investigación e non sabemos onde nos vai levar. Isto pode dar un videoclip, un filme, un documental ou nada. Neste traballo intelectual e de procura temos que facerlle caso ao proceso e ver a sinerxia que hai entre a xente que está a traballar. Non hai un fin inmediato, non é un ben de consumo inmediato e non estamos na velocidade capitalista. A Central Folque elixiu sempre a velocidade do mar, nós imos navegando como van as mareas.

E cara onde levan as mareas á Central Folque?
Agora temos moitos portos abrigados e moitos camiños abertos. Temos concertos, temos a Escola Livre e tamén temos un lindo proxecto que consiste no desenvolvemento social e turístico dunha vila a través da música. Algo estraño para un concello, xa que en Galicia non é nada habitual, pero noutros lugares do mundo si que se fai. Concretamente, estamos a traballar con Vilaxoán.

Dentro desas mareas das que falamos, en que máis traballa Ugía Pedreira?
Estou a piques de sacar un libro de poemas e cancións feitas en todos estes anos. Consiste nun agarimo para todos eses compositores que tamén escriben letras, aínda que nunca se lles conceda o Día das Letras Galegas. O título é Noente Paradise. Se todo vai ben, en dous meses xa estará listo.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-05-2010 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Loretta Martin
Os coruñeses Loretta Martin veñen de retomar a súa carreira musical. O grupo toma o seu nome dun personaxe da canción de The Beatles Get Back, que significa regresar, por iso Brais Morán, guitarra e voz, asegura que «agora todo cadra mellor que nunca».

-¿Por que este regreso tras dous anos de silencio?

-Porque a música é unha necesidade e unha forma de vida. Fran Sanz [baixo] e mais eu somos moi amigos e sempre tivemos en mente a volta do grupo.

-Presentan un cambio na formación. ¿Que outras novidades vai atopar o público?
-O son e o ritmo son os mesmos. Retomamos a liña de sempre de Loretta Martin, con novos temas e a incorporación de Miguel Cabana en vez de Iago Otero, que sempre vai ser un piar fundamental para o grupo.

-Díxose que inventaran o funk galego. ¿Está de acordo?
-É moito dicir, porque é un estilo bailón, que sempre está de moda e do que hai moitos grupos en Galicia. Pero si que é certo que nese momento [o grupo naceu no 2002] fomos pioneiros ao apostar pola nosa lingua.

-¿Por que esa aposta?
-A iso sempre respondemos igual: ¿e por que non? O galego é a lingua na que nos expresamos, e é coma outra calquera.

-¿Nunca a viron como unha limitación para chegar ao público de fóra?

-Temos tocado en Cataluña e Portugal e comprobamos que non o é. Gusta e mesmo se valora máis: transmítense a fonética e o ritmo, e veno como algo exótico e semellante ao portugués, que está a triunfar na música comercial. Se a xente escoita cancións en inglés sen saber o que din, ¿por que non vai ser igual co galego?

-¿Pensan xa na posibilidade dun segundo disco? (Editaron «Paraíso distante» no 2006).
-Sempre está en perspectiva, e máis porque o primeiro funcionou ben e vendéronse moitas copias. Pero estamos empezando a soar de novo e hai que ir amodo. Agora o primeiro é encher nos concertos

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-05-2010 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
A agardada volta dos Loretta Martin hoxe en Compostela
Volta á escena musical a banda coruñesa Loretta Martin, que entre os anos 2002 e 2008 espallou por toda Galicia o seu particular xeito de facer funk.
O Ultramarinos é o lugar escollido para a presentación oficial deste regreso tan esperado.
Fai funky, meu!

www.myspace.com/lorettamartin

Lugar: Bar Ultramarinos Casas Reais, 34 (Compostela)
Data: martes, 25 de maio de 2010
Prezo: 5 ?
Horario : 22:30

Despois de dous anos afastados dos escenarios e con case dez de música ás nosas costas, estamos de regreso, cargados de enerxía, ritmo e liberdade. Danzade malditos, Loretta Martin está na casa!!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-05-2010 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do XXI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

Categoria A
1º Quintán'' da A.N.P.A do CEIP-Mondego
2º Escola municipal de Folclore-Betanzos
3º Adro'' da A.C Adro-Baio

Categoria C:
1º Morazón da A.M.D.T. Queiroa-Mondego
2º Chiculateiras'' da A.X.''Xiradela''-Arteixo
3º Mar Adentro'' da A.C As Neves -Buzantes

Categoría D:
1º A.F.C. "As lagharteiras"
2º "Lilaina" da A.C. O Castro - Miño
3º "Taravela" da A.X. Xiradela - Arteixo

Benqueridos amigos,

A Asociación Cultural Xacarandaina ven de convocar o XXI Concurso de Música Tradicional. Este ano terá lugar o día 23 de maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, en sesión de mañá e tarde.

Como todos os anos existirán dúas modalidades: pandereteiras e cuartetos de gaita.

BASES DO CONCURSO
XXI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
Teatro Rosalía de Castro, A Coruña
23 de maio 2010

1. Neste concurso poden participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc.

2. Constará de dúas modalidades:
-Pandereteiras/os
-Cuartetos, quintetos ou sextetos, que levarán unicamente gaita e percusión tradicional galega.

3. A modalidade de pandereteiras/os distribúese en catro categorías:

Categoría A: ata 9 anos inclusive.
Categoría B: de 10 a 13 anos inclusive.
Categoría C: de 14 a 17 anos inclusive.
Categoría D: de 18 anos en adiante.

4. A modalidade de cuartetos distribúese en tres categorías:
- Categoría A: ata 13 anos inclusive.
- Categoría B: de 14 a 17 anos inclusive.
- Categoría C: de 18 anos en adiante.
A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, tendo en conta que ningún deles debe superar o límite da categoría en máis de dous anos.

4. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.

5. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E. pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago á asociación correspondente.

6. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
Autenticidade da peza.
Dificultade da mesma.
Afinación e interpretación.

O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS A A. C. XACARANDAINA
O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA, ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERA OPORTUNO.

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda dito tempo quedará descualificado.

8. Os premios serán os seguintes tanto na modalidade de pandereteiras/os como na de cuartetos:
1º premio: trofeo e 250 ?
2º premio: trofeo e 150 ?
3º premio: trofeo

9. O concurso terá lugar o domingo 23 de maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, sito na rúa Rego de Auga, 37. O concurso desenvolverase ao longo de todo o día, mañá e a tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico.

10. O prazo de inscrición remata o día 8 de maio debendo enviar debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta por:
- CORREO ORDINARIO AO LOCAL SOCIAL: A. C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- CORREO ELECTRÓNICO: info@xacarandaina.com
- EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRICIÓNS.

11. NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESA DATA.

A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315 info@xacarandaina.com

Podedes solicitar as bases e folla de inscrición mediante correo ordinario ou electrónico (info@xacarandaina.com);
o prazo remata o 8 de maio.

Esperamos contar con vós, e pregámosvos lle deades a maior difusión posible do mesmo.

MOITAS GRAZAS,
Comentarios (23) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-05-2010 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Ayes de mi País: o cancioneiro de Marcial Valladares
DOS ACORDES PRESENTA un novo libro
"Ayes de mi País", o cancioneiro de Marcial Valladares


Acábase de publicar unha edición crítica do primeiro e até agora inédito cancioneiro de música popular galega, "Ayes de mi país", compliación feita por Marcial de Valladares a mediados do século XIX e que nunca foran publicadas na súa totalidade. DosAcordes edita este traballo feito polos investigadores José Luis do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartin.cunha oferta de lanzamento de 30 ?. Mira aquí o enlaceda nosa loxa.

O traballo cun cancioneiro é sempre unha labor de comparación e limpeza, xa que cada lectura se converte nunha actualización do rexistro. O investigador ten que saber que na cadea de custodia que vai desde o informante até o neo-usuario do obxecto folclórico, hai sempre unha perda de información difícil de recuperar.

Desde o punto de vista do bibliófilo, no caso de Ayes de mi país estamos ante o mellor dos escenarios posibles. O autor é unha personalidade no mundo da cultura de Galicia e da súa obra literaria e filolóxica hai unha considerable bibliografía posto que se lle ten rendido tributo coa celebración no seu nome do Día das Letras Galegas de 1970.

Do texto en cuestión, Ayes de mi país, contouse cun manuscrito autógrafo e dous apócrifos, varios fragmentos autógrafos máis, e unha considerable tradición indirecta. A súa parte literaria foi xa publicada polos biógrafos de Marcial Valladares, polo que optamos por unha edición diplomática.

Coas partituras foi imprescindible a edición do facsímile, toda vez que como álbum fica a día de hoxe inédito, e porque se trata dunha obra orixinal dunha gran singularidade temporal; foi escrita en 1865 de puño e letra do seu autor, o que a sitúa na prehistoria da bibliografía etnomusical galega ao tempo que a converte nun auténtico tesouro, patrimonio histórico-artístico do noso país.

Esta edición crítica quere achegar ao lector unha partitura actualizada, depurada de erros, aseada antes de ser presentada en público. Para por en papel esta edición crítica os autores recadaron non só as distintas variantes de cada número do Ayes..., senón que alén diso, puxeron baixo o microscopio cada unha das creacións musicais de Marcial Valladares, escasas, máis igualmente pertinentes.

Para esta reconstrución fai falta unha múltiple perspectiva que aúne historia, musicoloxía, lingüística, estética e un gran etcétera difícil de abranguer: o que nós estamos a ofrecer é simplemente unha proposta interdisciplinar elaborada desde a honestidade e o traballo de moitos anos.

www.folque.com

www.dosacordes.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 25-05-2010 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Dj Son1c lanza o seu segundo tema en galego
Dj Son1c lanza o seu segundo tema en galego coincidindo co día das letras galegas

Dj Son1c lanza o seu segundo tema dance en galego chamado "SEN TI" baixo o selo catalán de Moguda. Pódese descargar de balde dende a web oficial de Moguda.

Felipe Tarrio alias Dj Son1c é da Coruña e lanzou o seu primeiro tema en galego chamado "A FESTA NON VAI PARAR" que causou unha gran acollida na xuventude e nas discotecas do noso País.

Pica aquí para baixar o tema

Dj Son1c "SEN TI"


DJ Son1c feat. Isis - A festa non vai parar



Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 25-05-2010 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
O rapeiro El Puto Coke en galego
EL PUTO COKE *NOVO MAXI* IRMÁN / G-g-A-a-L-EGO

Despois dunha longa espera, El Puto Coke, Mc e un dos produtores máis prolíficos dos últimos tempos, irrompe no panorama sonoro con dous temas en galego, como adianto do seu último e anhelado traballo.

Desta maneira, El Puto Coke, quere homenaxear a súa terra, Galicia, cun maxi dos temas ?Irmán?, co que fai un chamamento ao ?irmán? galego, e ante o convencemento das súas palabras e feitos históricos, leva o galego a unha reflexión sobre o seu propio pasado. Está producido polo propio Coke, que para esta ocasión elixiu como sample (mostra) principal un fragmento da canción de Juan Pardo ?Irmán Daniel?, no que recita o poema de Cabanillas para Castelao. Por outra banda, en ?G-g-A-a-L-EGO? defende o uso do galego, unha lingua que, tal e como Afonso x o Sabio dicía, era perfecta para a poesía e a música; para este tema conta coa produción de Bleis e a colaboración do recoñecidísimo gaiteiro Anxo Lorenzo por cortesia de Zouma records.Tamén cabería destacar as aportacións de Wöyza e Dj. Fabián, presentes en forma de guindas en ambos os temas.

Igualmente, avánzase aquí parte do traballo de imaxe que se está a realizar en colaboración cos fotógrafos Gayo, baixo a dirección artística de Juan Salgueiro, e para o que se contou co vestiario do deseñador Cristóbal Vidal, estilismo de Ani Boado e maquillaxe de Silvia Fervenza.
Está dispoñible para descarga de balde en www.licorkafe.com dende o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, este ano dedicado ao escritor falecido Uxío Novoneyra quen, ademais de deixar a súa pegada na escritura da nosa lingua, é pai do rapeiro compostelán e amigo de Coke, El Galgo.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 25-05-2010 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0