Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Seguen os Seráns
Sábado 9 de maio
-Serán en Pazos de Borbén na Praza do Concello
-Serán de San Benito no Porriño a carón da capela de S. Benito
-Seran no Muiño de Fausto en Coiro (Cangas do Morrazo).
-Serán en Vincios no adro de Santa Mariña

Sábado 16 de maio
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
-Ruada en Cerdedo
-Serán no campo de futbol de Sobrada
-Serán na praza da Veiguiña de Marín

Sábado 23 de maio
-IV Serán Mar de Rianxo
-Serán en San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
-3º seran do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas do Morrazo).
-Serán na Asoc. Veciños do Freixo (Vigo)

Sábado 30 de maio
-Serán no casino de Antas(A Lama)
-Serán do Coto, en Carballal (Cabral-Vigo)

Sábado 6 de xuño
-Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)

Venres 12 de xuño
-Serán no Vilar-Pontesampaio

Sábado 13 de xuño
-Serán no casino de Xesta - A Lama

Sábado 20 de xuño
-Serán na Carballeira dos Padros de Xesta - A Lama

11 de xullo
-III Serán na Ribeira do Rio Miño (Amorin- Tomiño)
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-05-2009 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 27 de marzo
Vai de baile do 27 de marzo de 2009

Os Bugalleiros (Ames) vs Os Aturuxeiros (Barcelona)

Concurso


Xurado
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 08-05-2009 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Serán no Porriño
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-05-2009 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
V Edición de Venrespirar
Seguen os venrespirar en ourense!!!

Festas itinerantes de música e baile, organizados por "algaravía" e "aoft gomes mouro".
Realízanse en diferentes locales da cidade de ourense e coinciden este ano, no primeiro venres de cada mes salvo en maio, que será o segundo, o dia 8, (comezan as 22:30)

Aquí tedes as datas e lugares:

8 de maio..........Don Gaetano
5 de xuño..........Ollo Ledo


Estas festas están abertas a toda a xente que queira vir e participar, xa sexa tocando, bailando, cantando ou simplemente
Tomándolle algo e disfrutando do ambiente

Quedades todos convidados a vir e participar!!!

http://aoftou.spaces.live.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-05-2009 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Festa dos Maios no Casco Vello de Vigo

Domingo 10 de maio na Praza da Constitución


As 17:30 representación dos Maios.
Ás 18:30 concerto presentación do novo disco de OS CARUNCHOS.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2009 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Os Carunchos presentan novo disco en Vigo

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2009 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Noite nova da música e baile tradicional na Coruña
Participa na festa que mozos e mozas de Donaire, Xacarandaina, Arestora, Cántigas da Terra e Iar teñen preparada nas rúas da Coruña dentro da programación da Noite Nova dos meses de Marzo-Abril-Maio.

Sábado 9 de maio de 20:00 a 21:00

Ao rematar, haberá unha foliada con todos os grupos na Praza de María Pita.

Posibles emprazamentos:

DONAIRE: Praza da Galera
XACARANDAINA: Obelisco
ARESTORA: Praza de Lugo, diante da FNAC
CÁNTIGAS DA TERRA: ....?
IAR: Xardíns de Méndez Nuñez
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2009 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Regueifas na biblioteca
Hoxe venres 8 de maio ás 19 h na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago.

A Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal acolle un espectáculo de regueifas a cargo da Asociación ORAL de Galicia. A regueifa é unha cantiga entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Pode verse certo parecido coa tenzón medieval, mais a regueifa é máis popular.

O acontecemento terá lugar no Salón de Actos da bilioteca, avda. de Xoán XXIII, s/n 15704.
+ info: 881 999 401


www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2009 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Pepe Vaamonde Grupo presenta ?Introterra? en concerto
Será o venres 8 de maio ás 21 h. en ARTeria Noroeste no parque de Vista Alegre en Compostela.

O evento, de carácter gratuíto, terá lugar no recinto compostelán (Parque de Vista Alegre. Rúa das Salvadas, 2A) o venres 8 de maio ás 21:00 horas. Aínda se poden solicitar invitacións en ARTeria Noroeste.


Introterra é o terceiro disco de Pepe Vaamonde Grupo, gravado nesta ocasión nos prestixiosos estudios PKO de Madrid. Vaamonde, natural de Visantoña (A Coruña), é un dos gaiteiros máis galardoados nos 90 en Galicia. No seu grupo acompáñano Pipo Alvariño (guitarra), Nacho Tobío (acordeón), Xesús Vidal (baixo) e Andrés Vilán (batería e percusión).

Introterra, o traballo que presentan en ARTeria Noroeste, é un repertorio de estilo persoal que mestura a música tradicional galega coas correntes máis vangardistas do folk europeo. O concerto deste venres en Compostela é gratuíto e de acceso limitado.

Para reservar invitacións, abonda con solicitalas na billeteira de ARTeria Noroeste ou nos teléfonos 981.569082 / 981.581821.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2009 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
II Festa Trecatorzeadora (Salceda de Caselas)

www.trezecatorzeando.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2009 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festas do Incio
O Incio celebra as festas patronais os días 8, 9 e 10 de Maio

Os festexos comezan este venres pola noitiña cunha sardiñada e pancetada popular e concertos ata altas horas da madrugada


A comisión de festas do Incio, formada por un grupo de mozos desta localidade, ultima os detalles dos actos festivos das festas patronais que comezan este venres 8 de Maio e se prolongarán durante toda a fin de semana. Levan varios meses traballando para acadar os recursos necesarios e organizar un completo programa no que non faltarán as Orquestras, Charangas e Banda de Música, pero tamén os concertos de grupos para a xente máis nova. Segundo o presidente da comisión, Manuel Maceda, ?Tentamos facer un programa de festas diferente, no que ademais de orquestras haxa outro tipo de actuacións e actividades todo o día e para toda a xente?.

O venres 8, pola noitiña, comezan os festexos cunha pancetada e sardiñada gratuíta e a tirada do folión a cargo de Fuegos Pin. A partires das 22:30 celebraranse os concertos dos grupos: Gaiteiros novos do Incio; O Sonoro Maxín, de Ourense; A banda do Watio, de Ribeira e Colloada Salvaxe, de Sarria.

O sábado 9, a Charanga NBA será a encargada das alboradas, sesión vermú e concerto de tarde, para dar paso a festa e verbena coa Orquestra Suavecito e A Tuna Rastafari, que dende o Morrazo nos trae a súa mestura festiva de rancheras, rumba e reggae.

Para o domingo 10 está prevista a actuación na sesión vermú e nun concerto de tarde da Banda de Música de Paradela, financiada pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, a través da Area de Cultura. Tamén pola tarde haberá xogos e animación para os cativos e pola noite a Orquestra Poceiro será a encargada de amenizar a festa e verbena.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2009 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Músicas inmigradas
A partir do venres 8 de maio a e-Trad de Vigo vai desenvolver un ciclo adicado ás ?músicas inmigradas?, protagonizado por músicos que residen en Galicia pero que proceden de tradicións distintas á nosa.

Cada xornada do ciclo, que se celebrará durante os vindeiros 3 venres, contará cunha parte expositiva, dando conta das características máis salientables de cada cultura, e outra musical, na que se reclamará a participación do público para conquerir un encontro ou intercambio entre culturas.

A actividade celebrarase no patio interior da Escola de Artes e Oficios e estará aberta ao público.

Programa:

Venres 8 de maio de 2009:
?Cultura de Recife? Brasil
Renato Spencer

Experto en música Nordestina do Brasil

Venres 15 de maio de 2009:
?A Tabla indú?
Vikas triparti

Tablista benarés

Venres 22 de maio:
?Músicas Balcánicas?
Piotr Lublin

Violinista polaco

Máis información en: <http://e-tradvigo.blogspot.com/>
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2009 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada didáctica de baile tradicional, canto e pandeireta
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para o vindeiro día 10 de Maio, unha xornada didáctica en Ribadeo dedicada ao baile tradicional e ao canto e pandeireta.

Esta xornada, na que se impartirán varios obradoiros, estará guiada por duas profesoras da Tradescola, Montse Rivera e Uxía Cribeiro.
Nesta actividade, que terá lugar no IES Dionisio Gamallo Fierro, poderemos disfrutar de obradoiros de iniciación e perfeccionamento tanto de baile como de canto e pandeireta durante todo o día.

Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

Montserrat Rivera Crespo:
Directora durante cerca de 9 anos do corpo de baile e pandereteiras da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, desenvolve unha incesante actividade como mestra de baile, pandeireta e canto tradicional galego tanto a nivel nacional, como internacional.
Dende o ano 1989, forma parte do grupo de pandereteiras Leilía co que ten publicados catro traballos discográficos, e colaborado en innumerables traballos discográficos e audiovisuais (Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Brigada Victor Jara, etc.)
Poseedora dun valiosísimo arquivo audiovisual froito de máis de 20 anos de investigación etnográfica, actualmente compaxina a súa vocación docente coa participación como xurado na sección ?Vai de Baile? do programa ?Luar? da TVG, o asesoramento na confección de traxes tradicionais no establecemento ? A Mouga?, a representación artística de destacados grupos de música galega e a actividade artística como compoñente grupos Leilía e Pèsdelán.

Uxía Cribeiro Galego:
É actualmente mestra en Galén Centro Educativo e profesora de canto na escola de música Cantarela.
Ten formación en canto tradicional , en técnica vocal , percusión tradicional e canto no conservatorio Folque de Lalín, así como un Posgrao en música tradicional pola Universidade de Santiago de Compostela.
Así mesmo posúe experiencia en agrupacións tradicionais. Foi membro no grupo Alfolíes e actualmente é compoñente do grupo Pesdelán.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2009 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
XX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
XX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

BASES

1. É un concurso no que poderán participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais, etc.

2. Constará de 2 modalidades:
­ Pandereteiras/os
­ Cuartetos, quintetos ou sextetos, que levarán únicamente gaita e percusión tradicional galega.


3. Na modalidade de pandereteiras haberá 4 categorías:
­ Categoría A: ata 9 anos inclusive.
­ Categoría B: de 10 a 13 anos inclusive.
­ Categoría C: de 14 a 17 anos inclusive.
­ Categoría D: dende 18 anos en adiante.

Na modalidade de cuartetos, haberá 3 categorías:
- Categoría A: ata 13 anos inclusive.
- Categoría B: de 14 a 17 anos inclusive.
­ Categoría C: maiores de 18 anos.

A categoría determinarase pola media das idades dos componentes, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.

4. É obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. No momento da calificación, o xurado terá en conta:
­ Autenticidade da peza
­ Dificultade da mesma.
­ Afinación e interpretación.

O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERASE.

6. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

7. Os premios serán os seguintes, na modalidade de pandereteiras e cuartetos:
1º premio: trofeo e 250 ?
2º premio: trofeo e 150 ?
3º premio: trofeo


8. O concurso terá lugar o domingo 10 de Maio no Teatro do Colexo Calvo Sotelo de A Coruña, pola mañá para as categorías A e B coa súa entrega de premios correspondente, e pola tarde para as categorías C e D, coa súa entrega de premios correspondente. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.

9. O prazo de inscripción rematará o día 30 de Abril debendo enviar debidamente cumprimentada a folla adxunta por:
- CORREO ORDINARIO AÓ LOCAL SOCIAL: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía, 3 soto 1, 15004 A Coruña.
- CORREO ELECTRÓNICO: info@xacarandaina.com
EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRIPCIÓNS.

10. NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRIPCIÓN POSTERIOR A ESA DATA.

A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Telf: 981 277 315



Comentarios (35) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 08-05-2009 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
VII Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.

VII Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.
VII Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.


O sábado 9 de Maio gozaremos por sétima vez da convivencia e recoñecemento mutuo cos nosos curmáns. O catalizador, os cantares e bailes das dúas terras sempre acompañados do son de pelicas e ferreñas.
Será como de costume no enxebre local El Sabil, situado no fermoso Conceyu de Santu Adrianu.

Contaremos coa participación dos grupos de canto tradicional:

-Veña que vai! (O Morrazo-Galiza).
-Pandereteres de Nerbia (Asturies).


O prezo, incluindo cea-confraternización; durmida no albergue e máis almorzo, é de tan só 35 ?.
As inscricións realizaranse directamente no albergue El Sabil (Asturias): tlf. 985 761 472. www.elsabil.net
Comentarios (4) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-05-2009 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Skacha presenta novo disco en Vigo

Venres 8 a partires das 22:00h (con estricta punktualidade) na SALA HAVANA 20 (Rogelio Abalde, 20 - Zona Churruca) de Vigo. Entrada 5 euros

Soará boa música ambente, entre outros e como adianto, o novo disco dos Skachitas que chamarase 'CATRO', e haberá boa música ao vivo e algunha que outra pequena sorpresa.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2009 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Victor Aneiros en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2009 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
O fin do rural galego?

Hoxe xoves 7 de maio as 19:30 horas comeza o Ciclo de Conferencias O FIN?
DO RURAL? GALEG0? no Edificio Municipal do Areal (Antigo Reitorado da
Universidade de Vigo- rúa Areal 46, Vigo)


Hoxe: "As Encrobas: Un caso de transformación rural na Galiza"

O ciclo, organizado polo CAT Centro de Artesanía Tradicional do Concello de Vigo, quere reflexionar sobre as transformacións socioculturais dos espazos rurais galegos. Durante os xoves do mes de maio un conxunto de relatores, cun amplo curriculum de investigacións e publicacións en materia de antropoloxía e etnografía, analizaran as relacións entre as Galizas rural, rurbana e urbana, para comprender mellor onde estamos e a donde queremos ir.

Paralelamente o día 13 de maio as 19:30 h, proxectarase o documental ?Queda alguen aí?? (44 minutos de duración), realizado por Rafael CID e producido por TVE Galicia, no que a través dun acontecemento singular na aldea de Pedroso (Concello de Riós-Ourense) comprenderemos mellor as causas do despoboamento do rural galego. A continuación realizarase unha mesa redonda na que se anailizaran as causas dese despoboamento.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2009 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada na Fábrica de Chocolate
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-05-2009 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
5.000 nenos e nenas no comezo do Correlingua

Perto de 5.000 nenos e nenas percorren as rúas de Vigo na defensa do galego nunha nova edición do Correlingua

Pouco despois das dez e media da mañá milleiros de escolares comezaban a chegar á Praza do Rei para participar nesta nova edición do Correlíngua, que comezou o 5 de maio simultáneamente nas cidades de Vigo e Pontevedra, e que percorrerá até o 15 de maio as distintas comarcas do noso país, achegando o galego aos máis novos e desde actividades que xa comezaron desde o inicio do curso para fomentar o uso do galego e a normalización e difusión do noso idioma. En Vigo foron perto de 5.000 rapaces e rapazas as que participaron da manifestación e do espectáculo final que se celebrou no Parque de Castrelos con teatro, música e participación destes nenos e nenas.

Na Praza do Concello Bieito Lobariñas e Luis Caruncho inauguraron coas súas regueifas esta novena edición do Correlíngua, que contou cunha alta participación de centros e alumnado, que chegaron a ser perto de 5.000 mozos e mozas.

Mobilización polo centro de Vigo

Despois dun pequeno acto de inicio na Praza do Rei daba xa comezo a manifestación destes milleiros de rapaces e rapazas, que percorreron a Avda das Camelias até chegar á Praza de América, desde onde baixaron até o Parque de Castrelos.

Actuacións no Correlingua

Ao longo do percorrido participaron animando esta mobilización o grupo Fantoche Bag, con zancudas e cabezudos. Ademais no Parque de Castrelos, o grupo de teatro Chévere interpretou unha pequena peza, na que se simbolizaba a través dunha recreación de "Star Wars" a necesidade de continuar a falar o galego para manter a nosa identidade como galegos e galegas.

Manifesto do Correlingua

Tamén desde este escenario de Castrelos, un grupo de nenos e nenas dun centro de ensino da comarca de Vigo, concretamente de Panxón, deu lectura ao seu manifesto, gañador do concurso de manifestos desta edición do Correlingua, no que sinalaban: "Hai quen non quere que se dean as clases en lingua galega nas áreas que pola Lei de Normalización Lingüística se teñen que dar en galego; que din que se está impoñendo o galego no ensino. Prefiren que os seus fillos e fillas aprendan inglés e non galego. Pódese falar en galego, sen que por iso deixemos de aprender outras linguas. Na actualidade o galego non se impón, mais ben o que se impón é o castelán, pois é a lingua maioritaria. Se non facemos por remedialo, seguirá a mesma situación, ou mesmo empeorará, e cada vez haberá menos número de galegofalantes novos, o que levará consigo que a lingua galega se perda. Está nas nosas mans cambiar a situación. Falemos en galego!"

Por último, Hugo Torreiro, gañador do 'A polo Ghit Correlingua 2009', cantou varias cancións, nun ambiente cheo de festa, calor e sorrisos.

O Correlingua está organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Federación de Ensino da Confederación Intersindical Galega (CIG-Ensino), e os concellos de Santiago, Lugo, Pontevedra e Vigo

www.galizacig.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-05-2009 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Bonito discurso de Belén Regueira sobre a lingua galega
Verbas de Belén Regueira ao recoller o Mestre Mmateo 2008 á mellor comunicadora de TV.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-05-2009 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
A vitoria de Feijoo é unha volta atrás, propia dun país suicida
Mini e Mero foron recoñecidos recentemente co Pedrón de Ouro. En colaboración co Museo do Pobo colgarán na rede centos de pezas musicais recollidas durante anos.

"O Pedrón de Ouro é un premio moi serio, moi importante para nós, que nolo concedan invítanos a reflexionar". Mini non deixa de recibir chamadas. É venres 17 de abril e acaba de facerse público o recoñecemento do Pedrón de Ouro. Felicitacións e solicitudes de entrevistas, que atende dende Boimorto, onde vive e dá clase no colexio dende hai anos, coa mesma amabilidade e ánimo co que acode a calquera lugar ou iniciativa onde o chamen para colaborar. É un premio a case corenta anos de traballo de recuperación e difusión do patrimonio inmaterial; "fixemos o que nos gusta -di-, hai moita xente que fai o mesmo ca nós, pero son menos coñecidos seguramente porque non teñen a oportunidade de cantar en directo".

"Somos unha correa de transmisión; só intentamos devolver o que o pobo nos deu a nós. Este premio que nos recoñece a nós, entendémolo como un recoñecemento ao país, á súa riqueza". Na Terra Cha, no Courel, en Boimorto, en Mesía..., Mini e Mero recolleron centos, milleiros quizais, de pezas musicais, de cantigas, de versos, de melodías. Agora queren asegurar que este tesouro estea organizado e dispoñíbel para que calquera o poida coñecer e usar.

Dende hai un tempo traballan co Museo do Pobo nun proxecto para colgar na rede este patrimonio de todos. Nos vindeiros meses poderanse ver os primeiros resultados, ao redor de cen cortes de audio que se irán ampliando no futuro con moitas máis pezas e outros materiais, como fotografías e vídeos. "Hai cancións galegas e cancións de fóra que chegaron nalgún momento e callaron no pobo: está o que a xente nos contou", di Mini, que se laia de que agora os músicos galegos que comezan achéganse a este saber popular de xeito mediado, viciado a través das reinterpretacións que fixeron uns grupos e outros".

O futuro da lingua
A nova da concesión do Pedrón de Ouro chega dacabalo da elección de Alberto Núñez Feijoo como presidente de Galiza e na véspera da súa investidura pública, en Compostela. "A vitoria de Feijoo é unha volta atrás, propia dun país suicida, propia dun país que se odia a si mesmo", fala claro Mini, que engade "ódiase a si mesmo porque non se recoñece, non se valora. Non somos mellores que ninguén, pero tampouco somos peores; somos valiosos". Mini agoira que na lingua se vai producir un "retroceso": "Estes tipos van conseguir que nos desgaleguicemos todos, impoñéndonos unha lingua que pode que sexa irmá, pero que nos é allea, e canto máis se nos impoña, máis allea nos vai ser".

Mini, como mestre, coñece ben a cuestión da lingua no ensino: "O outro día no Parlamento alguén xa lle deixou claro a Feijoo que nos poucos centros nos que durante estas décadas se cumprira a Lei de Normalización, os rapaces saían con plena competencia nas dúas linguas; nos que non se cumpre, saían só con competencia en castelán. Quen incumpre, pois a normalización, quen incumpre ese bilingüismo do que eles tanto falan?". "Como vexo o futuro? Véxoo como o vía hai corenta anos", conclúe Mini: "Hai que traballar".

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-05-2009 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá co gaiteiro José María Lagares

Hoxe, martes, día 05/05/2009

O gaiteiro que presenta o "Alalá" desta noite, José María Lagares, naceu en Santaia de Moar, en Frades, pero nos anos 50 tivo que emigrar para Brasil e chegou a São Paulo
onde traballou como cobrador do tranvía e camareiro; a base de esforzo e axuda da familia, abriu un restaurante que pronto gañaría sona en São Paulo, porque Zé Lagares acompañaba os pratos e as comidas con muiñeiras e xotas que aprendeu en Ordes. Así foi gañando a vida e criando os dous fillos que tivo, xunto a unha terceira filla adoptiva de orixe brasileira.

O irmán de "Zé Lagares" chamábase Ricardo. Se "Zé" era o gaiteiro da familia, Ricardo foi o birindeiro. Ao ver os vídeos que mostran das xuntanzas que facían na casa cando "Zé" ía pasar as vacacións a Galicia dan ganas de sentar con eles. Ricardo foi quen compuxo a canción de "Manuel do Campo", un orgullo para toda a familia Lagares porque dende que a inventou Ricardo cántase por todo Galicia e, ao parecer, tamén por Brasil
Comentarios (1) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 05-05-2009 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
O disco de Machina, de balde


www.machinagz.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-05-2009 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Augusto Canário, cantor de desafíos
?É um suceso?, así definen en Portugal as actuacións do cantor de desafío con máis sona. Augusto Canário acómpañase dunha concertina para interpretar as desgarradas. O seu éxito levouno a publicar dez discos e a saír agora a rúa cun novo dvd, medio tecnolóxico habitual para promover o repertorio dos tocadores.

Augusto Canario, cantor de desafíos
É minhoteiro, cada pouco achegase a Galiza e, segundo asegura, en cada un dos cds ?introduzo unha canción con cheiro á vosa terra?. Ten tres discos de ouro, está arriba nas listas de vendas, a pesar da pirataría, que tamén afecta a Portugal? e de estar aquí no Minho, moi lonxe de Lisboa, onde se move todo o cotarro?. Pero onde Augusto Canário desata toda a súa impronta e capacidade improvisatoria é no directo. Nos cantares de desafío, os portugueses aplauden e vitorean cada verso rematado con inxenio, coma se fora unha labazada que conectase coa faciana do boxeador rival, neste caso tocador.

Adicouse, nos inicios, á música tradicional. Nos primeiros oitenta, con apenas vinte anos, recollía música nos lugares máis afastados, formando parte do grupo ?Cantores do Minho?. Nas seleccións de discos anuais inclúense os seus temas. O disco representativo do 2007 estaba encabezado polo tema ?O gato da vizinha? de Canário e amigos.

Como empezou?

Aos vinte anos aprendín duns vellos os retrouxos do desafío. É a mellor maneira de empezar neste mundo. Daquelas un grupo de amigos decidimos crear un grupo ?Cantores do Minho?, todos os temas que interpretabamos eran tradicionais, recollidos nos lugares do norte. Cando fixemos vinte cinco anos de historia, celebramos unha festa e decidimos deixalo, foi cando emprendín este novo camiño, se queres máis comercial.

Moitos anos que conlevan bastantes discos?

Dez e todos con moi boas vendas. En todos incluín algún tema con cheiro a Galiza. Vou moito por aí. Os meus duelos con Lois Caruncho son moi divertidos. Agora en Portugal gustan os DVD en directo, por que os cantares ao desafío tamén teñen moito de expresión corporal e non só de música. Levó xa tres, o último está sacado do forno.

Boa parte do ano adícaa a actuacións para a emigración?

A partir de setembro estarei en Luxemburgo, Francia, Belxica, Toronto, Nova Iorque, Bos Aires e algúns lugares de África que aínda non temos definido. Os emigrantes recíbennos cos brazos abertos. Nós tamén lle debemos ese aprezo e por iso esas turnés sen fin. Até o natal non regresamos a Portugal.

A concertina é unha compañía inseparábel?

É un instrumento tradicional cada vez máis dignificado. Temos xuntado máis de oitocentos tocados en Monção e na Peneda. A concertina dá alegría e baile, non necesita outra compaña musical para facer unha festa

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-05-2009 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Milladoiro. Os que abriron o camiño
Milladoiro, pioneiro na renovación da música tradicional, fai 30 anos nos escenarios

Foi en 1977, nun cine de Padrón. Actuaba un cantautor que, nun momento dado, anunciou ó público: "Chegou a hora do descanso. Mentres, déixovos cuns gaiteiros". Dous dos asistentes foran alí precisamente para ver ós ninguneados gaiteiros, un trío chamado Faíscas do Xiabre. Os admiradores, Antón Seoane e Rodrigo Romaní, tamén músicos, aproveitaron para falar con eles e facerlles unha proposta. "Como se nos foramos declarar", recordaban anos despois. Os gaiteiros, Xosé Ferreirós, Moncho García Rei e Nando Casal, dixeron que si. O 15 de maio de 1979, aquel matrimonio musical entre un trío de música tradicional e dous intérpretes cunha traxectoria entre o folclore suramericano e o pop e unha inquedanza polos sons medievais, daba nos Salesianos da Coruña o seu primeiro concerto. Desde entón, Milladoiro pisou arredor de mil escenarios en todo o mundo, gravaron 23 discos e fixéronse o referente internacional da música galega. Agora cumpren, aínda que non teñen moi claro como o celebrarán, os seus 30 anos de existencia.

Milladoiro foi a primeira experiencia consolidada da reivindicación da música tradicional, nun contexto no que o pouco que quedaba dela eran os vellos gaiteiros. "Pasará á historia como unha formación quintaesencial, como o gran grupo galego e, por extensión, un dos máis grandes en todo o Estado, no rexurdir do folk tras a ditadura. O asombroso é que soubesen cimentar uns principios estéticos que, tres décadas despois, seguen vivos e vixentes. Non eran só uns rapaces voluntariosos que se sacudían as rémoras do franquismo, senón uns estudosos que se tomaron sempre moi en serio o seu traballo", achega o crítico de EL PAÍS Fernando Neira.

Con esa bagaxe de temas e aires que se perdían, interpretados con instrumentos populares e medievais, o grupo creou un estilo persoal que difundiu en escenarios de todo o mundo, de Xapón a Amsterdam, labrándose un circuíto propio, fóra dos centros da emigración ou das programacións ministeriais. O ano pasado foron un dos convidados a celebrar o centenario do Palau de la Música de Barcelona, e xuntaron a 2.000 persoas con entradas de 40 euros, apunta o crítico de folk Óscar Losada. "Son a elegancia suprema, tiveron e teñen un nivel de calidade do que nos temos que sentir orgullosos", considera Losada, que recoñece que se especializou nese tipo de música baixo a influencia da banda.

Non é frecuente dar primeiro e dar de cheo, como deron co seu primeiro disco, tamén do 79, A Galicia de Maeloc. Quizais por iso, posiblemente a maior contribución do grupo foi a de abrir a billa que deu saída a outros grupos de música folk ou tradicional, seguiran o seu estilo ou optaran por outro distinto. "Milladoiro é o folk. Foi unha iniciación persoal para min e tamén unha colectiva. Quitáronnos os complexos, e foi como o agromar da música nunha cidade asolagada", di coa súa característica paixón o músico e escritor Xurxo Souto, outro adolescente alcanzado pola onda expansiva daquel primeiro disco. "Voluntaria ou involuntariamente, influíron a toda a xeración que apostou por un son estritamente acústico. Algúns confesarano de mellor grao ca outros, pero é evidente que o seu influxo se estende polas xeracións posteriores. O caso de Luar na Lubre é o máis claro, pero desde Carlos Núñez a Berrogüetto ou Fía na Roca, criáronse con Galicia no país das marabillas, aínda que logo desenvolveran outras propostas", sinala Fernando Neira.

A gaiteira Susana Seivane confésao de bo grado. "Son unha institución, tanto popular como musical. O mesmo que The Chieftains poden ser en Irlanda", asegura, e recorda que foi coa familia toda, cando aínda non cumprira os tres anos, a un concerto do grupo no Palau de Barcelona. "Mentres vivimos en Cataluña, viámolos sempre que tocaban alí, e nas viaxes en coche ata Ribeira de Piquín, eu ía atrás coa súa musica nos cascos. Eu penso que todos os gaiteiros de agora tiñamos a Milladoiro nos reprodutores musicais, e a min foron os que me animaron a emprender a carreira de solista", comenta Seivane desde Madrid, mentres mestura os temas do seu novo disco, no que inclúe algunha peza do repertorio da banda.

Un outro referente, Xosé Manuel Budiño, está de acordo. "Son os culpables de que me dedique a isto. Fun a un concerto deles en Pontevedra cando tiña uns 10 anos, e de repente vin a color que faltaba, rompéronme os esquemas porque pintaban a música tradicional, cada instrumento era unha paleta. A partir de aí fun un rapaz que lles daba a lata despois dos concertos, preguntándolles que frautas utilizaban, que micrófonos...". Bieito Romero, o líder de Luar na Lubre, foi dos que asistiron a aquel concerto dos Salesianos. "Abríronnos os ollos a todos os que gustabamos da música galega, e mesmo ós que non lles gustaba recoñecían que facían un traballo impecable. Foron os primeiros que abriron as fronteiras e tiveron moito recoñecemento popular. Quizais agora non é unha banda tan sorprendente, pero marcaron un antes e un despois", sinala. "Foron sempre coherentes a un son, e é certo que a súa evolución sempre foi moi pudorosa. Non podemos pedir a todos os grupos que se reinventen en cada álbum. Tampouco o fai Dylan", analiza Neira.

Hai dous aspectos que fan de Milladoiro unha banda un tanto atípica. O primeiro, a súa estabilidade. Quitado Rodrigo Romaní, que escolleu voar en solitario en 2000, mantense o núcleo fundador, ó que Xosé A. Méndez se sumou en 1984. Polo posto de violinista pasaron Laura Quintillán, Michel Canada e agora Harry c. A saída de Romaní trouxo a Roi Casal (que acaba de emprender a súa carreira como solista) e Manú Conde. Poucos cambios para tres décadas, nunha formación de oito. "Seguimos sendo amigos e pasándoo ben cando nos xuntamos porque non temos relacións extramusicais, non quedamos para xantar ou para saír", asegura Moncho Rei. A segunda rareza é que non teñen axente, nin mánager, nin optaron nunca por vivir exclusivamente da música. "Podiamos vivir dela, e quizais así acadariamos máis esplendor e máis proxección, pero tamén teriamos menos control do que facemos, menos liberdade para decidir se nos apetece algo ou non. Todo ten as súas consecuencias", reflexiona Rei.

Aquel camiño que abriron é hoxe unha autoestrada, conclúen os membros da banda cando botan unha ollada ó traxecto de 30 anos. "Agora hai un circuíto onde tocar que antes era inexistente, e a música tradicional está normalizada, ten o futuro ou polo menos o presente asegurado", di Pepe Ferreirós. Tamén o deles. "O fundamental é que disfrutes. Se te repites ou non o pasas ben, mellor que quedes na casa. Eu sígoo pasando ben nos concertos, sígome emocionando. Se non o fas, estás enganando a quen te escoita", asegura o primeiro dos Faíscas que colaborou con Seoane e Romaní naquel disco antecesor que lle deu o nome á banda.

O certo é que despois de toda unha vida, a Milladoiro aínda lle seguen pasando cousas. Na súa xira polos Países Baixos o ano pasado, en Eindhoven achegóuselles unha muller holandesa que tiña toda a súa discografía e que quería presentarllos ó seu marido, que non os coñecía a pesar de ser galego. En Amsterdam, outra fan pediulles unha foto dedicada para depositala no cadaleito do seu compañeiro. Milladoiro está agora en plena presentación de A quinta das lágrimas, o novo traballo que publicaron no pasado Nadal, e pensan celebrar o 30 aniversario dalgún xeito. "Non sabemos moi ben. O que si nos gustaría é poder facer algo extraordinario... aínda está pendente a edición integral da noso discografía, temos moito material en vídeo que queremos editar. Por ter, temos material ata para facer unha exposición. Depende de se hai apoio, porque se non hai propostas, ó mellor é que non se ve necesario facer nada", comenta Moncho Rei.

www.elpais.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-05-2009 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Pepe Vaamonde
O grupo incorpora composicións tradicionais cantadas no seu terceiro traballo, «Introterra», gravado en Madrid

A Fundación Autor da SGAE presentou onte o terceiro disco do Pepe Vaamonde Grupo, que leva por título Introterra , un traballo gravado case todo nos prestixiosos estudios PKO de Madrid, autoeditado pola banda e distribuído por Lonxa Cultural, no que a formación segue «vertebrando» a súa música «cos elementos naturais», neste caso coa terra, tras inspirarse na auga e no vento nos seus discos anteriores.

Segundo Pepe Vaamonde, líder e gaiteiro da banda coruñesa, con este traballo a formación continúa a facer «música tradicional, folk clásico, profundando na esencia da música tradicional». A maioría das composicións que recolle Introterra son propias, «composicións que -aclara Vaamonde-, no tocante ás melodías, ben poderían ser de hai uns cen anos, ou polo menos a inspiración vén de aí».

Soamente os temas cantados son tradicionais neste último traballo do grupo. «A voz ten bastante presenza neste disco. De feito, no álbum anterior metemos dous temas, pero non os levamos ao directo. Neste disco tiñamos a idea de meter tres temas cantados que tivesen moita importancia porque hai moita música do país por facer, e tamén para levar ao directo», di Vaamonde.

A decisión de gravar nos estudios PKO obedece a que «hai mellor infraestrutura e outra calidade», comentou o músico galego. Isto permitiulle, por exemplo, gravar as gaitas cun micro do ano 1955, «case unha reliquia, pois hai moi poucos, pero que lle dá un timbre moi natural ao son». Non obstante, o Pepe Vaamonde Grupo, aclara o seu fundador, «é un grupo de directo totalmente. Somos un grupo máis de tocar fóra, ao aire libre, que é onde mellor funcionamos».

Este gaiteiro, que con tan só 15 anos comezou a compoñer pezas para a gaita e nos anos noventa gañou a maior parte dos concursos, racha con certa idea existente de que os gaiteiros galegos non teñen moi boas relacións. «Penso que estamos un pouco illados porque tamén calquera gaiteiro forma parte dunha escola ou crea unha propia -argumenta Pepe Vaamonde-. Aquí non hai unha maneira fixa, como na música clásica, do que é o concepto de beleza de son. Hai xente que toca máis duro, que toca máis brando, que ten este timbre, aqueloutro, que toca cun artesán de gaitas ou que toca con outro, cunha palleta ou outra. Non hai nada estandarizado. Entón, cada un busca o seu oco, e todos somos un pouco diferentes. Eu penso que iso é o que fai que nos illemos un pouco, pero nunca ata o punto de levarnos a matar nin moito menos».

O músico galego pensa que, en canto aos espazos de actuación para a música folk en Galicia, «non hai un número de concertos amplo». Considera que só funciona o verán cos festivais, polo que entende que «habería que introducirse un pouco no que son as festas, nas verbenas dos pobos, collendo mercado ás orquestras, que é onde está o groso do mercado».

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-05-2009 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestación dos alumnos da Escola de Artes e Oficios de Vigo
Decenas de manifestantes cortaron o tráfico no nó de Isaac Peral.

Con veos negros de viuvez, vestidos de loito e provistos dunha bandeira cun crespón tamén escuro, máis dun centenar de profesores e alumnos da Escola municipal de Artes e Oficios "tomaron" a glorieta do nó de Isaac Peral ás 19.00 horas de onte e conseguiron colapsar a circulación pola zona durante case trinta minutos. Fixeron unha ofrenda cunha coroa de flores negras e violetas en "desagravio" á memoria de García Barbón ante a súa estatua. Houbo condutores que se baixaron do coche preguntándose o motivo do corte e algúns xestos de intranquilidad ao volante.

Os manifestantes só tiñan autorización para concentrarse alí, non para cortar o tráfico; así que percorreron a distancia desde o edificio de García Barbón pacíficamente polas beirarrúas ao son de gaitas e tras concluír a terceira asemblea. Alí comunicaron que o número de firmas recollidas xa supera as 15.000 e que seguirán o calendario de reunións. Tamén aplaudiron a intervención do PP no pleno no que se aprobou o traslado da Escola. "Profesores e alumnos faremos ou imposible para non irnos de aquí. Piripiripí, a escola di que non, ou alcalde di que si". Un cántico no que se encerra a súa reivindicación de non trasladarse do edificio.


www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-05-2009 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 4 (Luns)
? Colvalblú na Casa das Crechas (Compostela)

Terza feira 5 (Martes)

Corta feira 6 (Mércores)
? Lucía Martinez cuarteto na Borriquita de Belém (Compostela)
? Chotokoeu na sala Rum Rum (Ferrol)
? Foliada-Serán na Fábrica de Chocolate (Vigo)

Quinta feira 7 (Xoves)
? Bellon Maceiras Dúo no Castelo de San Felipe (Ferrol) ás 14:00
? Snatch na Casa das Crechas (Compostela)

Sexta feira 8 (Venres)
? Victor Aneiros na Sala Capitol (Compostela)
? Pepe Vaamonde Grupo en Compostela
? Skacha no pub Havana 20 (Vigo)
? A Tuna Rastafari no Auriense (Ourense)
? Chotokoeu na sala Sete Flores (O Carballiño)
? O Sonoro Maxín no Incio
? Som do Galpóm en Fene
? Zurrumalla na Taberna Vai de Vi (Vigo) ás 23:00
? Estalotada no Sande e Concheiros (Compostela)
? Ven Respirar en Ourense no Café-Bar Don Gaetano

Sábado 9
? Guezos en Allariz
? Ataque Escampe no Jazzmin (O Carballiño)
? Chotokoeu no Bar de Juan (Anoeta) de Vigo
? O Sonoro Maxín, Os Tres Trebóns, O Leo e Arremecaghona e Dakídarria en Salceda de Caselas na Festa Trececatorzeadora
? Som do Galpóm en Silleda
? Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana en Astuias
? "Noite Nova" con Xacarandaina, Donaire, Iar, Arestora, Cantigas da Terra,... polas rúas da Coruña ás 20:00
? Serán en Pazos de Borbén na Praza do Concello
? Serán de San Benito no Porriño a carón da capela de S. Benito
? Seran no Muiño de Fausto en Coiro (Cangas do Morrazo).
? Serán en Vincios no adro de Santa Mariña

Domingo 10
? Festa dos Maios no Casco Vello de Vigo: Presentación novo disco dos Carunchos
? XX Concurso de música tradicional Xacarandaina
? Som do Galpóm no Auriense (Ourense)
Comentarios (8) - Categoría: Novas - Publicado o 04-05-2009 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Covalblú na Casa das Crechas
Hoxe luns 4 de Maio o grupo galego de folk Covalblú actuará na Casa das Crechas de Santiago a partires das 22:30 horas, na primeira das actuacións por toda Galicia que farán os próximos meses presentando o seu primeiro traballo discográfico "Mai".

Froito da experiencia conquerida polos seus membros noutras formacións (Sete Saias, Faltriqueira, Quempallou, Fuxan os Ventos, etc...), Covalblú xorde coma grupo no ano 2007 por mor das inquedanzas que os seus cinco compoñentes amosan pola música tradicional galega. Tras dous anos de existencia, Covalblú acaban de editar "Mai", unha opera prima en clave de folk, onde ademais atópanse outros estilos musicales como a música tradicional galega, bossa nova ou o blues.

Clara Pino: arpa e voz.
Ruben Abel: guitarra.
Alfonso Abel: violoncello e voz.
Roi Adrio: percusión.
Azucena Castro: violín.


www.myspace.com/covalblu
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-05-2009 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Programación do Liceum (O Porriño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-05-2009 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Programación da Casa das Crechas (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-05-2009 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Reserva de prazas para a Tradescola de Lugo

A TRADESCOLA ABRE O PERÍODO DE RESERVA DE PRAZAS PARA O VINDEIRO CURSO 2009-2010

A partir do día 14 de Abril ábrese o período de reserva de prazas na TRADESCOLA, o centro de ensino da música e do baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos. Situado na cidade de Lugo, é un centro de formación cunha proposta educativa destinada a que o alumnado adquira unha formación integral na música e no baile tradicional.


A TRADESCOLA conta actualmente con 150 alumnos matriculados e con un equipo docente formado por 9 mestres de reconocido prestixio no eido da música e o baile tradicional, que imparten aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación. Os mestres e mestras implicados neste proxecto educativo son: Bruno Villamor, Emilio Mesias, Luis Correa, Marisa Da Pereira, Montse Rivera, Pedro David Lamas, Uxia Cribeiro, Xela Conde, Xose Lois Romero Cajigal. Todos eles son recoñecidos profesionais e contan cun dilatado curriculo, como músicos e como docentes, no eido da música tradicional galega.

Coa intención de complementar a formación do alumnado impártense cursiños monográficos e realízanse outras actividades relacionadas coa difusión da cultura tradicional. O obxectivo é ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional e poder colaborar con asociacións de toda a provincia, a través da realización de outras actividades relacionadas co ensino da música e baile tradicionais. A actividade da escola, aínda que centrada en Lugo, trasládase así, a través de diversas accións formativas, ás distintas comarcas da provincia.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-05-2009 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Carpenta (A Coruña)
O día 1 de maio celebrarase na adega O Carpinteiro da Ronda de Outeiro, 198 da Coruña, outra Noite de Carpenta, esta vez, a edición XXIV.

Se eres gaiteir@, percusionista, bailador,... ou gustas de cantar e pasar unha boa noite de venres en boa compañía nono podes perder. Comenza a partires das once da noite e dura o que resista o corpo.

ANIMÉDEVOS!

www.frouma.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-05-2009 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0