Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XIV Festa do pescador de Masma
XIV Festa do pescador de Masma

Todas estas actividades terán lugar na parroquia de Masma (Mondoñedo) no lugar da Retorta e comezarán a partir das 16:30 horas do sábado 5 de maio.

SÁBADO 5 DE MAIO

16:30 horas. Xogos Tradicionais, coa colaboración da Asociación de recuperación de xogos tradicionais ?O Cadaval?, da parroquia de Pacios no concello de Castro de Rei.

16:30 horas. Pasarrúas dos grupos participantes.

19:30 horas. Actuación das agrupacións de baile de nenos medianos e adultos da Asociación Cultural ?Pena do Golpe? de Mondoñedo.

20:30 horas. Actuación das agrupacións de pandeireta e de gaita da Asociación Cultural ?Pena do Golpe? de Mondoñedo.

22:00 horas. Actuación dos seguintes grupos:
OS CARUNCHOS
AIZGORRI (Nafarroa)
ARDENTIA
FESTICULTORES


DOMINGO 6 DE MAIO

8:00 horas. Comezo do concurso de pesca, na modalidade de pesca sen morte.

12:00 horas. Pasarrúas a cargo do cuarteto tradicional ?Os Reichos? de Lourenzá.

14:00 horas. Xantar de confraternidade amenizado polo cuarteto de Gaitas ?Os Reichos? de Lourenzá.


ORGANIZA:
ASOCIACION DE PESCADORES DO RIO MASMA
ASOCIACION CULTURAL PENA DO GOLPE

PRA MÁIS INFORMACIÓN PODEN DIRIXIRSE AOS SEGUINTES TELÉFONOS:

Víctor: 677 34 34 29
Xosé Luís: 608 98 74 74
Álvaro: 686 664 834
Xan Carlos: 605 788 699

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 03-05-2007 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá con Josefa de Bastavales este 1º de Maio

Josefa de Bastavales é unha caixa de sorpresas, e para sabelo Alalá estará con ela. Ten 74 anos e ademais de ser un dos personaxes máis queridos da música tradicional galega, amiga de cantar, tocar a pandeireta e bailar desde ben cativa, xa pasaba dos sesenta cando andou de viaxe musical por Francia nin máis nin menos que con Manu Chao e fixo entrevistas para a televisión a músicos como Compay Segundo, Os Chieftains ou Cesaria Évora.

Neste programa amósanse as distintas vidas de Josefa. A da muller que traballou sempre no campo, coidou do home e de seis fillos nacidos en catro partos (tivo dous de xemelgos), e a da artista que coa súa alegría e forza vital engaiolou a un grupo de músicos novos, entre os que están Manu Chao, Xurxo Souto e Pinto de Herbón, que a adoran.

Ademais de escoitar o amplísimo repertorio de Josefa, que a súa memoria prodixiosa foi atesourando desde a infancia, escoitarémola cantar con Manu Chao, que compuxo o seu célebre ?Desaparecido? na cociña de Josefa; verémola bailar co acordeón de Xurxo Souto e botar unha regueifa con Xurxo e Pinto de Herbón, acompañados á guitarra por Manu.

Quen dá máis?.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 01-05-2007 00:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0