Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Serán obreiro nacionalista en Ponteareas
O mércores 30 de abril, víspera do festivo 1º de maio, celébrase en Ponteareas o 1º Serán obreiro nacionalista, desde as 20h. no parque da feira vella (parque da concordia).

A organización convida a participar a todas as persoas que queiran festexar o día da Clase Obreira para reivindicar os dereitos acadados tras anos de loita obreira , e que nestes momentos están seriamente ameazados: dereito á sanidade, educación, vivenda e traballo digno, en Galiza.

Haberá música, verbas, pinchos (chourizo, ourella...) e viño de balde.

No caso de choiva trasladarase ao patio cuberto do colexio Nosa Sra. dos Remedios (nº1).

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-04-2014 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación na Coruña de `Os contos de Joselín´
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2014 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
Jam Folc en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2014 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
Feira da primavera no barrio de San Pedro (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2014 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
XXV Festa do Muiño (Coiro-Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2014 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
Brañas Folc en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2014 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
Alvariza en Rianxo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2014 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folclórico en Ortigueira
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2014 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Cantata Vernácula na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2014 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
VII festa Trezecatorce (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-04-2014 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán de Cumiar (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-04-2014 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Cabral (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-04-2014 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
VI Ruada de Boborás
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-04-2014 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do coello (Lourido-Soutomaior)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-04-2014 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán no cumio de Monte Lobeira (Vilanova de Arousa)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-04-2014 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán de Cela (Mos)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-04-2014 15:46
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán da lamprea (Arbo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-04-2014 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de tasca en Cerceda
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-04-2014 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 28 (Luns)

Terza feira 29 (Martes)

Corta feira 30 (Mércores)

Quinta feira 1 (Xoves)
? Narf no Salason (Cangas do Morrazo)
? I Serán no Cumio do Monte Lobeira (Vilanova de Arousa)

Sexta feira 2 (Venres)
? García MC no Aturuxo (Bueu)
? Alvariza no Bar Alameda (A Estrada) 22:30
? Noite de Tasca en Cerceda
? Estalotada en Compostela na Gebntalha do Pichel
? II serán no torreiro nas Festas de Santa Mariña de Cabral (Vigo)
? II Serán da Lamprea (Arbo)

Sábado 3
? Festa trezecatorce (Salceda de Caselas): Cuchufellos, The Lakazans,...
? Os Estalotes na Feira da Primavera (Rúa San Pedro, Compostela) ás 21:00
? Cantata Vernácula na Cova Céltica (A Coruña)
? Gram poder no Salvaxe (Ordes)
? Tiruleque e Alvariza no Muiño de Coiro (Cangas do Morrazo)
? Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
? II Serán de Cumiar (Ponteareas)
? Serán do Freixo (Valadares-Vigo)
? Serán de Boborás, no colexio
? II Serán de Cela (Mos)

Domingo 4
? Trofeo Maccrimmon de Lorient en Cacheiras (Teo)
? Alvariza no auditorio de Rianxo ás 19:00
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2014 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados II Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés 2014

Dende a Asociación Cultural Traspés, queremos agradecer a participación a todas as agrupacións que asistiron, tamén a artesáns, empresas e colaboradores, e como non, a ese público entregado, xa que sen eles, vós e nós este concurso non sería posible. Pedir desculpas polos problemas que puidese haber na organización, ano a ano iremos mellorando.

Sigamos traballando todos unidos pola nosa Galiza, polas súas culturas e tradicións.

Aquí deixámosvos os resultados do noso II Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, moitas felicidades a todos:

Categoría A:
1º Premio: Tolerías, da CCAD de Áreas. Ponteareas.
2º Premio: Arrieiras, da A.X. Xiradela de Arteixo.
3º Premio: Escola de pandeireta, do CE?IP do Hío.
Accésit de vestiario: Pipiriteiros, da ACV Cascovello de Vigo.

Categoría B:
1º Premio: Seixebra, da AC Seixebra de Moraña
2º Premio: Meniñas, da ACF Tarambainas de Vigo
3º Premio: Grupo B, da AC Rosalía de Castro de Teo
Accésit de vestiario: Titiriteiras, da ACF Tarambainas de Vigo.

Categoría C:
1º Premio: Trébede, AC Loaira, de Marín.
2º Premio: Pandereteiras da AC Rosalía de Castro, Teo.
3º Premio: Lagharteiras, da ACF Lagharteiras, de Mos
Accésit de vestiario: do GBMT Tahúme, de Ribeira.

Noraboa a todos os premiados!!!
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-04-2014 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere (A Estrada)

Así quedaron os premios no X Concurso de Baile Tradicional que organizamos dende Tequexetéldere.

*** Categoría A
1º.- Grupo A da Escola de Cantigas e Agarimos.
2º.- "A Telleira" do C.C. A Ponte Vella
3º.- Grupo D da Escola de Cantigas e Agarimos.

*** Categoría B
1º.- "O Muiño da Retorta" do C.C. A Ponte Vella
2º.- "Sete Ferreñas" da AMBT Vai de Roda de Rianxo.
3º.- "Chavián" da AC A Mamoa de Luou

*** Categoría C
1º.- "Tras do Eo" do C.C. A Ponte Vella.
2º.- "Nove Ferreñas" da AMBT Vai de Roda de Rianxo.
3º.- "Ñañaras" da A.C. Saiñas de Xove

*** Categoría D
1º.- "A Burga" do C.C. A Ponte Vella.
2º.- A.C. Os Xeitosos de Trazo
3º.- Grupo A da A.C. Armadanzas de Laraño.

A todos eles parabéns e ao resto dos participantes, moitas grazas pola vosa confianza neste concurso.
Esperamos volver a vervos o ano que ven.

Unha forte aperta a todos

A Ponte Vella volve copar 5 premios no X Concurso Tequexetéldere
Logra tres primeiros, un segundo e un accésit ao mellor vestiario - Cantigas e Agarimos vence na categoría A

Un ano máis, o Centro Cultural A Ponte Vella de Pontevea, no veciño municipio coruñés de Teo, volveu ser a formación que cultivou máis premios do Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere da Estrada, organizado por esta agrupación co apoio do Concello da Estrada. Logrou 5 dos 16 galardóns que estaban en liza no certame. Os diversos grupos de baile cos que competiu nas 4 categorías establecidas -A para bailaríns de até 10 anos, B para os de entre 10 e 12, C para os de 12 a 16 anos e D para os de máis de 16- coparon tres primeiros premios, un segundo así como un accésit a mellor vestiario establecido para as categorías C e D.

A Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos foi a clara vencedora na categoría A. O seu grupo C gañou o ouro pola súa interpretación da Xota e Muiñeira de Liñares e o seu grupo D, o bronce polo seu Muiñeira de Toutón. A prata foi para A Telleira do Centro Cultural A Ponte Vella pola súa Muiñeira de Zobra.

Na categoría B, impúxose O Muíño da Retorta do Centro Cultural A Ponte Vella pola súa posta en escena de Pola Vila de Sarceada. Segunda quedou Sete Ferreñas da Asociación AMTB Vai de Roda de Rianxo con Mañanitas, Joyta e Retrembau de Balouta. Seguiulle na clasificación a Asociación Cultural A Mamoa de Luou coa Munheira de Arca.

Nestas dúas categorías, Vai de Roda cultivou con Sete Ferreñas o accésit ao mellor grupo de acompañamento galardón, que tamén merecería nas categorías C e D Nove Ferreñas, tamén da agrupación rianxeira. O accésit a mellor vestiario das categorías A e B foi para Remuiños da AC Mar de Arousa, que interpretou a Muiñeira de Barro de Arén. O accésit a mellor vestiario en C e D alcanzouno Tras do Eo da Ponte Vella, que bailou Xota e Muiñeira de Enxilde e tamén lograría o primeiro premio da categoría C. Nove Ferreños de Vai de Roda quedou segunda nesa sección e Ñañaras da Asociación Cultural Saiñas de Xove lograría o bronce coa Xota de Anxeriz (Tordoia).

Na categoría D, A Burga da Ponte Vella alzouse coa vitoria pola súa Muiñeira de Visantoña de Santiso, seguida da Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo co Manco de Imondo e do grupo A de a Asociación Cultural Armadanzas de Laraño coa súa Xota e Muiñeira de Axeitos-Ribeiro.

No concurso déronse cita 32 agrupacións de baile de toda Galicia. Fóra de concurso, actuaron pandereteiras, grupos de baile e cuarteto de gaita de Tequexetéldere. A décima edición do seu concurso volveu ser un éxito en participación de público.

www.farodevigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-04-2014 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
Resultado do VI concurso de cantos de taberna (Melide)

O grupo de música popular dezano Os Sin Son Ghaiteiros gañaron o sábado o VI Concurso de Cantos de Taberna celebrado en Melide.

O certame formó parte das actividades da X Foliada de Melide e tomaron parte 18 agrupacións galegas e de Euskadi. Os grupos comezaron a tocar ao mediodía con 20 minutos por concerto e ao finalizar a concurrida celebración o xurado, formado por donos dos bares da localidade, decidiu que Os Sin Son eran merecedores da primeira posición, que conleva un premio en metálico de 1.200 euros e un concerto.
O grupo está formado por Manuel Otero (gaita), Rocío Mosquera (acordeón), Sanse (pandeireta), Fran Quinteiro (choca) e os irmáns Manolo e Toño Vidueiros á percusión tradicional.

Segundo foi Casa da Troula (Rekalde) e terceiro Abóbriga, de Baiona.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-04-2014 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
Trofeo Maccrimmon de Lorient
CONCURSO - SELECCIÓN DE GAITEIROS SOLISTAS
TROFEO MACCRIMMON ? LORIENT


1. Poderán participar tódolos gaiteiros nados en Galicia que o desexen, así como aqueles que estando na diáspora teñan ascendencia galega ou acrediten pertencer a algún centro ou entidade galega.

2. O obxecto desta iniciativa é seleccionar ós catro gaiteiros que representarán a Galicia na final do XXVIII Trofeo MacCrimmon de Gaita, que se celebrará o 2 de agosto de 2014 durante o Festival Interceltique de Lorient.

3. Establecerase unha única categoría na que participarán ata un máximo de 15 gaiteiros sen acompañamento de percusión.

4. O Concurso-Selección, celebrarase o vindeiro 4 de Maio ás 17:00 no Centro Cultural ?Rosalía de Castro? de Cacheiras - Teo (A Coruña).

5. O Concurso-Selección non terá dotación económica. Os catro primeiros clasificados serán os encargados de representar a Galicia competindo na final do Trofeo MacCrimmon. Viaxarán gratuitamente á Bretaña coa Delegación Galega do Festival de Lorient e disporán de aloxamento e dietas tamén de xeito gratuito.

6. Para a selección dos concursantes terase en conta o currículum e a gravación de audio da peza galega obligatoria que será ?A gaita de Melchor? de Iván Costa.
presentada en soporte CD, que os participantes enviarán xunto coa folla de inscrición.

7. No Concurso-Selección cada gaiteiro deberá interpretar obrigatoriamente, unha peza do repertorio asturiano e unha peza do repertorio bretón que se adxuntan coas bases e a folla de inscrición.

8. Cada gaiteiro, ademais das interpretacións obrigadas de temas asturianos e bretóns, terá cinco minutos para interpretar repertorio galego de libre elección. As pezas que compoñan dito repertorio poderanse interpretar por separado ou en suite.

9. O tempo de actuación comezará a contar de xeito continuo co inicio da interpretación. En caso de superar o tempo establecido nas bases, o xurado poderá penalizar o gaiteiro.

10. A interpretación da música galega realizarase en exclusiva coa gaita tradicional de Galicia. Para a interpretación dos repertorios asturiano e bretón permitirase o uso das gaitas tradicionais de Asturias e Bretaña, aínda que tamén se poderá efectuar coa gaita tradicional galega.

11. Os concursantes deberán vestir o traxe tradicional galego completo, que non poderán quitar ata o final do concurso.

12. Os gaiteiros seleccionados terán que presentarse no Centro Cultural ?Rosalía de Castro? de Cacheiras-Teo o domingo 4 de Maio ás 15:30 para firmar a acta de presencia e para a realización do sorteo de orde de actuación.

13. O xurado estará composto por gaiteiros que xa gañaran o Trofeo MacCrimmon, ou que resultaran finalistas do mesmo.

14. O xurado valorará a afinación, o emprego das dixitacións, ornamentacións, recursos interpretativos, dificultade das pezas, etc.

15. O xurado será o encargado de analizar as actuacións dos participantes seguindo o estipulado nas presentes bases e nomeará ós seleccionados para a final do Trofeo MacCrimmon.

16. A inscrición no concurso implica a aceptación das presentes bases. O xurado poderá descalificar a calquera concursante que non cumpra co estipulado nas mesmas.

17. O fallo do xurado será inapelable.
Os gaiteiros que desexen participar deberán remitir a folla de inscrición, debidamente
cuberta e acompañada do currículum e o Cd de audio antes do venres 11 de Abril de 2014 a:

DELEGACIÓN GALEGA DO FESTIVAL INTERCÉLTICO DE LORIENT.
APTO DE CORREOS 17.
CACHEIRAS ? 15883 TEO (A CORUÑA).


Bases
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-04-2014 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
XXV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina (A Coruña)

O vindeiro 11 de maio terá lugar a celebración do XXV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina, coma nas últimas edicións realizarase no Centro Sociocultural Ágora.

Podedes inscribirvos a través da nosa páxina web www.xacarandaina.com, enviando a vosa solicitude por correo electrónico a info@xacarandaina.com ou por correo ordinario ó enderezo Rúa Historiador Vedía nº3 15004 A Coruña.

BASES DO CONCURSO
XXV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
Centro cultural Ágora, A Coruña
11 de maio de 2014


MODALIDADES:
A) PANDERETEIROS/AS
B) CUARTETOS, QUINTETOS OU SEXTETOS.
C) GAITEIROS SOLISTAS

1. Neste concurso poden participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc... nas modalidades de pandereteiras/os e de cuartetos de gaitas, así como tódolos gaiteiros solistas que o desexen.

2. A modalidade de pandereteiras/os distribúese en tres categorías:
Categoría A: ata 10 anos inclusive.
Categoría B: de 11 a 16 anos inclusive.
Categoría C: de 17 anos en adiante.

Nas modalidades de pandeireta a categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, tendo en conta que ningún deles debe superar o límite da categoría en máis de dous anos.

3. A modalidade de cuartetos establécese unha única categoría sen límite de idade.

4. Na modalidade de gaiteiros solistas establécese unha única categoría sen límite de idade.
As gaitas deberan ser galegas, quedando excluidas as foráneas. O gaiteiro poderá levar un so acompañante (por exemplo, tamboril, caixa, pandeireta ou calquer instrumento de percusión considerado tradicional, quedando excluidos os de material sintético).

5. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego en tódalas modalidades (pandeireta, cuartetos e gaiteiros solistas)

6. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E. pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago ó grupo correspondente.

7. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
Autenticidade e dificultade da peza.
Afinación e interpretación.
- Expresividade na interpretación.
O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS A A. C. XACARANDAINA.
O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA, NON PODERÁN QUEDAR PREMIOS DESERTOS EN NINGUNHA DAS CATEGORÍAS.

8. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para realizar a súa interpretación. O grupo que exceda dito tempo quedará descalificado.

9. Os premios serán os seguintes en tódalas categorías de tódalas modalidades.
- 1º premio: trofeo e 250 ?
- 2º premio: trofeo e 100 ?
- 3º premio: trofeo
Se o número de grupos participantes nunha categoría é inferior a cinco,
outorgarase un único premio. (Trofeo e 250 ?)

10. O concurso terá lugar o domingo 11 de maio no Centro Cultural Ágora da Coruña, sito na rúa Ágora s/n - 15010. Está previsto que o concurso se desenvolva ó longo de todo o día, mañá e tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente.
A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ó concurso vía correo electrónico.

11. O PRAZO DE INSCRIPCIÓN REMATA O DÍA 26 DE ABRIL.

12. Este ano pódense realizar as inscricións a través da nosa páxina web www.xacarandaina.com, ou da mesma forma que en edicións anteriores, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta por:
- Correo ordinario ó local social: A.C.Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- Correo electrónico: info@xacarandaina.com

13. EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRICIÓNS E NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESTA DATA.

Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público tanto no local coma na web www.xacarandaina.com, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.

A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315 info@xacarandaina.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-04-2014 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
XIV concurso de baile tradicional Azaloira (Bandeira)

Con motivo do 15º aniversario da Asociación de Baile Xuvenil Fortín da Pomba de Bandeira, temos o gusto de convidarvos á XIV edición do concurso de baile tradicional galego "AZALOIRA" que este ano terá un carácter infantil-xuvenil como premio á labor das nosas escolas de baile tradicional.

O concurso terá lugar o día 18 de maio ás 18:00h. no auditorio Manuel Dopazo de Bandeira.


XIV concurso de baile tradicional galego ?Azaloira?

Bases de participación

? establécencese dúas categorías de participación no concurso:
Categoría a: nenos e nenas de 8 a 12 anos.
Categoría b: mozos e mozas de 13 a 16 anos.
O 80% dos compoñentes de cada grupo participante en cada categoría terá que estar comprendido na media da idade respectiva.

? o mínimo de parellas de cada grupo participante será de catro.

? será obrigatorio vestir traxe tradicional galego e os acompañamentos serán en directo.

? cada grupo terá unha intervención única que non poderá superar os cinco minutos de duración.

? os grupos serán admitidos por rigurosa orde de inscripción ata un máximo a delimitar pola organización.

? o xurado estará composto por tres membros expertos na música e no baile tradicional galegos, actuando como secretaria -con voz pero sen voto- a concelleira de cultura do concello de silleda. Os premios non poderán quedar desertos.

? a asociación de baile xuvenil ?Fortín da pomba? actuará a modo de exhibición.

? a entrada no auditorio Manuel Dopazo de bandeira será, coma sempre, de balde.

? premios:
Categoría a:
1º premio: 400 euros e trofeo.
2º premio: 250 euroe e trofeo.
3º premio: 150 euros e trofeo.
Categoría b:
1º premio: 500 euros e trofeo.
2º premio: 300 euros e trofeo.
3º premio: 150 euros e trofeo.

? prazo de inscripción: do 1 ao 25 de abril de 2014 (ambos inclusive) por correo electrónico ao seguinte enderezo: fortindapomba@yahoo.es.

Para calquera dúbida podedes contactar coa presidenta de fortín da pomba (josefa) no seguinte número: 667492672. Cada colectivo enviará tantas follas de inscripción como grupos da asociación participen no concurso.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-04-2014 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de construción de palletas (Bergondo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-04-2014 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de técnica vocal (O Carballiño)
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-04-2014 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Guillade (Ponteareas)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 26-04-2014 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Beirán (Matamá)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-04-2014 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana

Sexta feira 25 (Venres)
? Festa Folk in Trio (A Coruña)
? Machina e Transilvanians na sala Karma (Pontevedra)
? Cantos de Taberna en Pontevedra
? X Foliada de Melide
? Os Caruchos e Pelepau no Inquedanzas (Tui)
? Clave de fado no de Catro a catro (Vigo)
? Pandereteiras Borreiros no Racimo (Vigo) ás 21:00
? Serán de Beirán (Matamá-Vigo).


Sábado 26
? Concurso Cantos de Taberna en Melide
? Aña urbana (Pontevedra)
? Concerto solidario co Sáhara (Bandeira-Silleda): Leilía, Ninho no Cuco,...
? Festival Antrospinos Miúdo en Rianxo
? III Festa da Sementeira do Millo en Matamá (Vigo): Zurrumalla, sacha na horta,...
? O Caimán do Río Tea en Ponteareas
? O Son da triga e Fanfarria Taquikardia no Inquedanzas (Tui)
? Nao e Vicky Polard na sala Capitol (Compostela)
? Familia Caamagno e Frenaso no calsonsillo na sala Karma (Pontevedra)
? Machina na sala Karma Filomatic(A Coruña)
? Anxo Lorenzo en Melide
? A Bagunda no Contrabajo (Vigo)
? Riobó no Liceum (O Porriño)
? Serán en Guillade (Ponteareas)
? Serán de Catoira, no edifico Felipe Aragunde

Domingo 27
? III Festa da Sementeira do Millo en Matamá (Vigo)
? II Concurso de canto e percusión tradicional Traspés (Vigo)
? X Concurso de Baile Tradicióna​l Tequexetél​dere (A Estrada)
? Contracocheno no Inquedanzas (Tui)
? Caxade e Radio Cos en Melide
? Ardentía no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-04-2014 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Os D´abaixo (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-04-2014 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
I Memorial Henrique Otero (Vigo)
xa está dispoñible o primer audio do Proxecto Homenaxe, neste caso o homenaxeado é o mestre Henrique Otero.

https://soundcloud.com/proxectohomenaxe/homenaxe-a-henrique-otero-foliada-da-xunqueira-e-rompedouro
Homenaxe a Henrique Otero, "O Gaiteiro de Fragoso"
Juan Pena, Luís Correa "Caruncho" e Carlos Estévez - gaitas
Xaime Estévez - acordeón
Manuel Alonso - tambor
Xosé Mª Gutierrez - bombo

Proxecto "Homenaxe" consta dunha serie de gravacións homenaxeando a artistas, grupos... É un proxecto aberto a calquer músico relacionado coa música tradicional e sen ánimo de lucro no que poden participar todos os que queiran en base a uns certos criterios:

- Máximo unha peza por homenaxeado.
- Non aparecerán os nomes dos grupos participantes senon os membros que participen na gravación a título persoal.
- Tódalas gravacións faranse cun carácter altruísta.
- As gravacións colgaranse nun portal en internet para un libre escoita.
- etc.

Proxecto Homenaxe - Idea orixinal de Rubén Troitiño
www.facebook.com/proxectohomenaxe e www.rubentroitino.com
Máis información: rubentroitino@gmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-04-2014 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
A Bagunda en Arzúa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-04-2014 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos no Inquedanzs (Tui)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-04-2014 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Pandereteiras Borreiros no Racimo (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-04-2014 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0