Nos meses de abril, maio e xuño vaise realizar un obradoiro de bordado e enfiado. As clases serán o luns de 19:00 a 20:15
Terá unha duración total de 10 h.
Profesora: Julia Pozo Datas:
16, 23 de abril
7, 14, 21, 28 de maio
4, 11 de xuño
Estrutura:
BORDADO: 4 sesións
Familiarización cos tipos de pasamanerías e guipures.
Distinción entre:
Bordado ao aire, pasamanería e guipur.
Tipos e tamaños de cortadillo cos que se pode traballar.
Interpretación do debuxo que fai o guipur / pasamanería e aplicación do cortadillo.
Traballos prácticos.
ENFIADO: 4 sesións
Saber definir un deseño.
Cálculo das febras que se precisan segundo o tipo de conta.
Cálculo do número de contas precisas segundo o longo do colar
Deseño programado en papel: modelo, medidas, tipo de contas, cores do fío.
Corrección do proxecto e montaxe do deseño.
Prazo de matrícula ata o 13 de abril.
Podedes falar con calquera da directiva
Xoves 12 de abril (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)
?Seráns en Compostela agora no Sarela!?
Vide celebrar a chegada da primavera e da choiva no serán!
Quen vén tocar esa noite? 21h30 . Obradoiro de iniciación ao baile
22h30 . O Ghusto do Boi
23h15 . Tumba e Dálle
24h00 . O Fiadeiro
01h00 . Foliada até que o corpo aguante!
Máis información www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
Hoxe xoves 12 de abril.
Casa das Campás (Pontevedra)
ás 20:00
Presentación do libro-CD "Manüele ...de pandeireta e canto tradicional" vol. 1: Serán; de Xandre Outeiro con Edicións Intermitentes. Na Casa das Campás (Vicerreitoria do Cámpus de Pontevedra), na Rua Don Filiberto
PROGRAMACIÓN
ARDE O PAZO (Mos)
14 de Abril de 2012
- Ás 10:00 h. CHEGADA DOS MARQUESES DE MÓS E APERTURA DO MERCADO.
Artesanía, productos gastronómicos, furanchos e tabernas.
- Ás 10:30 h. DEMOSTRACIÓNS DE OFICIOS TRADICIONAIS E OBRADOIROS.
Alfareiro. Obradoiro dirixido por Cerámicas AICA.
Cesteiro. Elaboración dun cabaceiro de vimbios por Carliños.
Obradoiro de forxa. Dous ferreiros de Mós traballando na fragua.
Carpinteiro-Torneiro. Demostración do oficio/elaboración de buxainas.
Zoqueiro. Demostración do oficio.
-Ás 11:00 h. Grupo de gaita e baile tradicional. TANGARAÑO.
-Ás 12:00 h. REPRESENTACIÓN:
*Chegada da Alarma de Pontesampaio advertindo o paso dun exército francés.
*Asamblea do pobo dirixida polo caudillos de Sto. Antoíño e Louriña.
*Chegada das tropas francesas do xeneral Maucune.
*Saqueo, roubos e outros abusos cometidos polos soldados franceses no mercado de Mos.
*Apresamento dos marqueses.
-Ás 13:30 h. proclama do ?Frade Giraldez?.
-Ás 14:30 h. XANTAR (polbo á feira, carne ó caldeiro, etc,?.).
-ás 15:30 h. Animación de rúa. ?LUME NA PALLEIRA?
POLA TARDE
-Ás 16:30 h. REPRESENTACIÓN:
*Chega o son das bocinas e cornos dende o alto do Penedo da Alarma.
*Os guerrilleiros da Louriña comandados polo frade Giraldez atacan ós franceses.
*Despois do ataque os franceses montan o campamento.
-ás 17:00 h. Grupo de gaitas e baile tradicional. A NOSA TERRA DE PEREIRAS.
Animación de rúa. ?LUME NA PALLEIRA?
Ás 18:00 h. Recoñecemento a os personaxes máis destacados do Val da Louriña.
Ás 18:30 h. AFORCAMENTO DOS PRISIONEIROS FRANCESES.
Ás 19:00 h. Obradoiro de BAILE FRANCÉS con Suso Monteira.
*acompañados da música de Fernando Barroso e Luis Peixoto.
Ás 19:30 h. Animación de rúa. ?LUME NA PALLEIRA?
Ás 20:30 h. Levantamento do campamento francés.
Ás 21:00 h. Volta das tropas francesas fuxindo de Tui.
QUEIMA DO PAZO (Espectáculo de efectos especiais na fachada do pazo).
A partir das 22:00 h. ACTUACIÓNS MUSICAIS. - CHARANGA CHARAMUJAS
- CÉ ORQUESTRA PANTASMA
Patrick Molard, un dos máximos especialistas en gaita escocesa do mundo, dará un concerto didáctico gratuito no Campus de Vigo.
Lugar: Sala 1 Edificio Miralles
Data: mércores 11/04/2012
Hora : 16:30 h
Patrick Molard está considerado como un dos máximos representantes de gaita escocesa no mundo. Iniciou os seus estudos de gaita en 1965 en Saint Malo e logrou un gran prestixio ao formar parte do grupo de Alan Stivell. O gaiteiro é un dos responsables directos do rexurdimento da música bretona cunha longa traxectoria na que integrou numerosos grupos (Satanazet, Ogham, Gwendal, Pennou Skoulm, Molard Trio) pero, sobre todo, con Dan Ar Bras con quen creou un excepcional dúo de gaita e guitarra.
Durante tres anos consecutivos gañou o Trofeo Macallan no Festival Intercéltico de Lorient (1980, 1981, 1982), na Bretaña. Desde 1993 forma parte do colectivo Mestres Solistas Europeos de Gaita, compartindo escenario con outros grandes solistas como os irlandeses Micheal O´Brien e James O? Brien-Moran, os escoceses Rory Campbell e Fred Morrison, os galegos Xosé Manuel Budiño, Anxo Pintos e Carlos Lorenzo, ou o asturiano Hevia, entre outros.
A ?Caravana Vilamor? inicia a promoción da longametraxe de Ignacio Vilar por toda Galicia
A promoción da película Vilamor, de Ignacio Vilar, arrincou este sábado nos cines As Termas de Lugo cunha proxección do filme que foi encontro para o equipo técnico e artístico da película, os seus familiares e os medios de comunicación. Con este evento, que incluía unha degustación do Menú Vilamor iníciase a promoción da película, na que o director e os actores protagonistas xirarán por toda Galicia a bordo dunha furgoneta, a medida que a fita se estrea nas principais salas de cine de 15 localidades galegas.
A película estréase o vindeiro 30 de marzo en Lugo e logo proseguirá o seu percorrido por cines de toda Galicia cunha estrea cada venres, ata o 16 de maio. Ademais esta presenza dos cines acompañarase coa xira promocional da Caravana Vilamor, na que Ignacio Vilar e os actores principais (Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez) percorrerán nunha furgoneta máis de 250 institutos e asociacións culturais e deportivas de toda Galicia para dar a coñecer esta película. Tamén haberá ?festas Vilamor? nas principais cidades, nas que se venderán entradas para o cinema, e sorteos e agasallos nos principais eventos deportivos do país.
Con esta xira promocional quérese demostrar que o cine galego pode ser tan comercial coma outro calquera, se se vende axeitadamente, e preténdese repetir e ampliar o éxito que xa tivera no 2008 a película Pradolongo, de Ignacio Vilar, cunha estratexia similar. Para iso activaranse unha serie de mecanismos de mercadotecnia diversos, en colaboración con empresas galegas. A gastronomía, por exemplo, vai ter un papel moi importante, xa que Vilamor é unha película moi apegada á terra e aos seus produtos. Haberá un menú Vilamor, recreado polos chef do restaurante Pepe Vieira - A cova da serpe (grupo Nove), que inclúe caldo galego, chourizo de cabaza e porco celta, empanada de costelas e outros produtos do país. Ese menú puido degustarse hoxe na primeira presentación de Vilamor.
Ademais, os actores apareceron lucindo as camisolas que creou para a ocasión a marca Rei Zentolo, que inclúen algunhas frases da película. E tamén se agasallou mel de Galicia, relacionado cunha das actividades económicas principais que se desenvolven na comuna de Vilamor. Á marxe destas accións, en internet e nas redes sociais estase realizando tamén unha forte campaña de comunicación para atraer a xente máis nova a ver a película, e prevese que a película teña continuidade na rede co proxecto transmedia ?Explora Vilamor?, que incluirá unha aplicación xeoturística para web e móbiles coa que se poderán visitar os lugares onde están localizadas as principais secuencias da película.
A partir do 4 de abril
Cine Hollywood, Monforte.
A partir do 12 de abril
Cine Gran Vía, Vigo.
A partir do 13 de abril
Cine Praza Elíptica, Vigo.
Cine Multicines Norte, Vigo.
A partir do 20 de abril
CineBox Vialia, Pontevedra.
Cine Filmax Pontiñas, Lalín.
Cines Gran Arousa, Vilagarcía de Arousa.
A partir do 27 de abril
Cine por confirmar, Santiago de Compostela.
Cine Minicines Central, A Estrada.
A partir do 4 de maio
Cine Filmax Coruña, A Coruña.
A partir do 11 de maio
CineBox Narón, Narón.
Cines Dúplex, Ferrol.
Cine Multicines Bergantiños, Carballo.
Cine A Xunqueira, Cee.
Co obxeto de promover as bandas-artistas musicais noveis da cidade de Vigo,convócase un concurso cuxo premio final será a actuación no escenario ?Concellería de Xuventude? o día ?MalaherbaRock? (7 de Xullo), dentro da 6ª edición do festival ?Sons da Lameira? que transcorrerá nos días 6 e 7 de xullo en Matamá (Vigo).
Podedes consultar as bases do concurso no arquivo adxunto, ou no seguinte enlace http://www.xuventudevigo.org/vigosonico/.
Tedes só ata o 22 de Abril para formalizar as inscripcións!!!
Agradeceríamos moitísimo a difusión deste concurso.
O Café Cultural Auriense de Ourense é o lugar escollido polo Sonoro Maxín para apresentar a súa estrea discográfica. A Onda Sonora (chega do interior) é o debut dun feixe de músicxs que levan anos facendo bailar nos torreiros de todas as festas do país. A cita é a vindeira fin de semana, venres 13 e sábado 14 de abril. GZmúsica.com vai estar aló pero para nos enterar ben do que está a argallar O Sonoro Maxín, fixémoslle unha entrevista hoxe mesmo.
GZmúsica - Cinco anos de vida, 150 concertos e sacades disco de estrea aínda agora. Nestas épocas dixitais nas que calquera grava un disco antes de subir a un escenario, por que esperastes tanto?
Sonoro Maxín - Por sorte ou por desgraza hai algunhas cousas que facemos ao revés. Sentímonos máis cómodos presentando as cancións ao vivo durante un tempo ?bastante longo, por certo :-) ? para coñecer a resposta da xente e para que vaian andando elas soas, evolucionando por si mesmas antes de rexistralas nunha gravación. As cancións deben crecer nunha viaxe de ida e volta, saen de nós e regresan cambiadas coas achegas das amizades, da familia e de toda a xente que as sinte como propias. Por outra banda, somos bastante preguiceirxs :-) .
GZm - Apostades polo formato CD, é importante para vós o soporte físico ou a escolla do CD foi por outra cousa?
SoM - Cremos que contar cun formato físico ten algunhas vantaxes, especialmente nun país no que as novas tecnoloxías non están á orde do día. Por exemplo, dá a oportunidade de escoitar o disco a xente non familiarizada cos arquivos dixitais, que non son poucxs. Tamén permite crear unha obra artística alén do estritamente musical, como é neste caso a unión das cancións coas ilustracións de David Rubín. Isto non significa que non apostemos noutros ámbitos polos formatos dixitais e que non lle demos pulo a unha forma de entender a música alternativa á da industria tradicional. O noso disco estará a libre disposición en descarga gratuíta na nosa web cando comecemos os primeiros concertos da xira, xa que pensamos que o acceso á cultura non debería ser restritivo.
GZm - Fostes gravar onda o Kaki Arkarazo, a Andoain, Gipuzkoa. Que tal a experiencia? E xa de paso, por que escollestes saír do país para gravar a vosa estrea?
SoM - A experiencia foi moi boa, tal e como agardabamos. Acostumamos a traballar con xente coa que mantemos una boa relación persoal, alén da profesional. É algo moi importante para nós. É o caso tanto de David como de Kaki, con quen é moi sinxelo traballar e ao que nos une unha boa amizade que fai que todo sexa moi doado. Coa nosa escolla non queremos desmerecer aos estudos do país, pero si é certo que gravar en Garate implica poder pasar unha tempada no caserío, no monte profundo, afastados do ruído e centrados só na gravación cun produtor de primeiro nivel con quen nos entendemos moi rápido.
GZm - Tedes unha xira ben guapa de presentación do disco, que precisamente comeza este venres 13 de abril en Ourense. Pero chamounos moito a atención as actuacións previstas para a vindeira semana, 21 e 22 de abril, cun ?concerto itinerante polos barrios de Ourense?. Explicádenos un pouco iso, por favor.
SoM - Comezamos esta fin de semana no Café Cultural Auriense con tres concertos, o primeiro o venres pola noite. O sábado faremos sesión dobre, un primeiro pase ás 19h no que realizaremos unha presentación cun pequeno concerto gratuíto para a rapazada e familias e o segundo, xa pola noite, para o público en xeral.
A semana seguinte faremos os ?Ataques sonoros?. Doce concertos en dous días, de 11h a 14h e de 17h a 20h subidos a unha furgoneta itinerante por distintos barrios de Ourense: Dende Seixalbo ao Vinteún pasando por Buenos Aires, O Couto ou o Casco Vello. Apetécenos moito facelo para achegar a música tamén a aquela xente pouco afeita a asistir a salas de concertos.
GZm - E despois da xira, que? Sabemos ben que a cousa está este ano complicada para tocar ao vivo, pero tedes xa algo atado para o verán?
SoM - Polo momento podemos anunciar que estaremos no festival ?Arrechéghate ao fento?, en Bembrive (Vigo) o 16 de xuño e no ?Derrame Rock?, en Ourense, o 28 dese mesmo mes. En breve poderemos anunciar máis datas.
GZm - E incidindo nese tema, que opinión vos merece a desaparición de tanto festival?
SoM - Con todos os recortes que se están a facer nos apoios económicos ás manifestacións culturais, o certo é que bastantes festivais desapareceron. Ora ben, segue habendo moitos que resisten mediante a autoxestión e o autofinanciamento, demostrando que hai vida alén das subvencións, mais con moito traballo e esforzo que non sempre son recompensados economicamente como merecen.
GZm - No disco aparece moita cumbia pero tamén vallenato, ranchera,... Por que tedes de sempre tanta querencia por eses estilos?
SoM - Nós tentamos facer cumbia, pero non o conseguimos. Facemos o que chamamos ?a cumbia que non é cumbia?, ou ?o baile que non é baile porque aínda está por inventar?. O mesmo pasa cos vallenatos ou rancheras... Nós sentímolo desta maneira. Gozamos coa música popular bailable, co aspecto festivo, lúdico e de combate deste lerio. Gozamos con esta música que chegou a nós grazas ás orquestras que foron a América a estudar os ritmos tropicais e que volveron para triunfar con eles nas verbenas. Desta maneira confirmamos a ida e volta das cancións, do grupo e das persoas. Outra cousa é que estes estilos, tocados á nosa maneira, non necesitan unha aprendizaxe no baile, cada quen baila como lle vai na feira.
GZm - E xa sendo un pouco menos serios, que tal a experiencia co Falete o outro día na TVG?
SoM - :-) Pois estivemos alí, escoitámolo cantar, fixémonos unhas fotos, convidámolo a vir a un concerto e pouco máis. Foi divertido.
GZm - E para rematar, contádenos que cousas novas vai atopar a xente no disco do Sonoro e nos concertos deste ano.
SoM - No disco hai una mestura de temas que vimos tocando dende o noso comezo, producidos doutro xeito, e de temas novos que fixemos para a ocasión. Tentamos coidar moito tanto a produción musical como a da arte gráfica. Puxémonos a traballar tamén en contidos que acompañarán aos temas dende a web (vídeos, remixes, textos, versións...). Realizamos un debuxo do que nos gustaría como acompañamento ao disco, algunhas cousas saíron adiante, outras esvaeceron, pero traballamos con gusto sobre aspectos das cancións que podían crecer e desenvolverse doutra maneira. O disco soa moi ben, está moi ben producido e moi ben ilustrado, e pensamos que paga a pena escoitalo e miralo. Nos concertos presentaremos o disco e varios temas novos que comezarán a rodar nesta xira e que renovan o repertorio.
Pois si. Alá foi a noite de presentación de ?máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras? na sala Capitol neste sábado 31 de marzo pasado.
Xa sabíamos que ía ser noite de alto voltaxe emocional e así foi.
Ás seis da tarde xa nos avisaban na sala que non iamos poder poñer entradas á venda en taquilla pois xa se vendera todo o aforo. Finalmente os porteiros contaron máis de 800 ialmas alí dentro e ademais todas agolpadiñas ben preto do palco de maneira que aínda daba a sensación de que ben podía entrar outro cento. Tamén sabemos que houbo moita xente que se achegou ata a taquilla e que se atopou co cartaz de ?non hai entradas? cousa que moito nos fastidiou por el@s.
As probas comezámolas ás catro da tarde e todo foi caralludo. Por alí pasaron Dios Ke te Crew, Roi Quempallou, Xabier Díaz e Bocixa Zenzar, os mellores compañeiros de viaxe do mundo para navegar esa noite ? e canta peniña nos dou que non puidera vir Esteban Skacha que tiña concerto coa súa nova bandaza ?Falperrys? por terras de Melide. Todos eles colaboraron no disco que alí presentamos dándolle contido coa súa calidade, amizade, honestidade e talento sobresaínte.
Comezaron a noite MEDOMEDÁ. Coma sempre auténticos e sólidos no musical e xenerando a súa empatía máxica e chea de boas vibracións e enerxías positivas cada vez que suben a un escenario. Para nós, falar deles xa comeza a ser complicado pois quedámonos sen palabras e adxetivos para tentar explicar o que tal son como grupo e como persoas amigas e irmáns de ruxe-ruxe. Putamente grandes MEDOMEDÁ e dende logo que non deixedes de ir velos sempre que poidades ? que o ides flipar.
Con Medomedá arrasando no palco alí estivemos agardando o noso turno nos camerinos e aínda nos dou para botarlle unhas contas. Oitavo disco. Oitava presentación. 16 anos. Mecághona como pasa o tempo. Canto nos queda pa xubilación?
E alí estábamos nós.
Moitas apertas e aloumiños.
Tempo de celebración.
Resistimos e continuamos na loita.
Acabaron Medomedá. A ovación da peña escoitámola alí abaixo como se estivese amplificada pola P.A. ? ?que puta pasada? díxonos Markinhos namais entrar pola porta do camerino.
Carlos, Diego e Piedra foron colocando todos os cacharros no seu sitio enriba do escenario. Prenderon os amplis. Déronlle unha afinación ás guitarras, prepararon a batería, colocaron os micros no seu sitio e Suso Vaamonde comezou a soar a toda leña no equipo da sala.
Xaquín coa súa nova chaqueta abriu paso a gaitazos e detrás, polo medio da case escuridade total, fomos saíndo a coller cada un a súa ferramenta.
E alí estabades vós ?
Mogollón. B@s e xeneros@s. Moita emotividade. Moi bos amigos colaborando. Moit@s amig@s berrando con nós enriba e embaixo do palco. Algún problema cun cable de guitarra que se puxo celoso, algunha sentida lembranza e moitas ganas de respirar ?
Todo o demais xa nin volo contamos ? somentes agradecérvolo e gardalo ben profundo na caixa dos días felices para recorrer á súa lembranza cando o precisemos ? grzs polo voso tempo, os vosos aloumiños, a vosa xenerosidade con nós, a vosa forza e a vosa compañía ¡!! Ruxe ruxe xa sodes máis vós que nós !!
E si, tiña razón: que puta pasada ¡!
PD. Tamén sentidas grzs ó millor equipo de traballo do mundo: a Iago Pico, master total na mesa de son. Nacho Grela, master total na mesa de luces. Nico, comendo marróns e solucionando problemas. Carlos, Diego e Piedra, que sen eles ben fodidos estariamos e Eloi, atendendo da ruxe tenda. Tamén a Maki, Antonio e a toda a peña da Capitol por tratarnos tan ben.
Corta feira 11 (Mércores)
? Patrick Molard na Universidade de Vigo ás 16:30
? Foliada no bar Rúa (San Pedro-Compostela) ás 23:00
Quinta feira 12 (Xoves)
? Roberto Sobrado no Ultramarinos (Compostela)
? Serán no Sarela (Compostela)
Sexta feira 13 (Venres)
? O Sonoro Maxín no Auriense (Ourense)
? Ardentía na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Keltoi e Skarmento na sala 600 (Melide)
? Sés na cea da república (A Coruña)
? Quempallou no Liceum (O Porriño)
? Serán en Beirán (Matamá-Vigo)
Sábado 14
? Xacarandaina no Pazo da Cultura de Narón
? Festival contra a Incinedadora (O Irixo): A Quenlla, Ce Orquestra Pantasma, Ataque Esmpae, Zenzar,...
? O Sonoro Maxín no Auriense (Ourense)
? Dios Ke Te Crew na sala 600 (Melide)
? Malvela no Liceum (O Porriño)
? Quempallou no Aturuxo (Bueu)
? Aña Urbana en Pontevedra
? Serán de Fozara (Ponteareas)
? Serán en San Cibrán (Gondomar) no torreiro da festa
Domingo 15
? Cantigas e Agarimos en Palas de Rei
? A Requinta da Laxeira e Ce Orqestra Pantasma na XXXII Exaltación do Viño da Ulla (Vedra)
VIGO 5, 6 e 7 de abril 2012
Obradoiros e Masterclass
Xoves 5 de abril 17.30 h. - Danzas tradicionais desde Galiza e Finlandia
Aberto a todo o mundo
Nivel: nivel Intermedio na danza
Ensinado por: Javier Feijóo e J-P Piirainen
Sitio: EMAO (etrad Vigo).
Alunnos: 20.
- Masterclass: A Grande Highland Bagpipe e a gaita galega
Organological Resemblance e diferenzas. Xéneros e ritmos diferentes que aloxan cada instrumento dentro de cada tradición e cultura.
Reservado a estudantes da ETRAD:
Aberto a todos os niveis.
Ensinado por: Josh Dickson e Xaquín Xesteira
Sitio: Auditorio do ETRAD
Alumnos: 50
Venres, 6.º de abril 17:30h - Obradoiro: Suite de música Tradicional desde Finlandia, Italia e Galiza
Reservado a músicos de Sibelius FBB, Tradalp e Sondeseu .
Ensinado por: profesores ETRAD e LPde TRADA, e Roope Aarnio (Sibelius Academia)
Sitio: Auditorio de ETRAD.
Alumnos: 30.
- Obradoiro: O Fiddle en Italia e Galiza: resemblance e diferenzas.
Xéneros e ritmos principais de música tradicional galega e italiana, uso do inclinar e ornamentation da man esquerda.
Reservado a músicos da Sibelius FBB, Tradalp, Sondeseu e ETRAD fiddle estudantes.
Nivel: Intermmediate.
Ensinado por: Alfonso Franco e profesorde LP do TRADA.
Sitio: Cuarto 5 (ETRAD)
Alumnos: 15.
Sábado, 7 de abril 9.30 h.
Obradoiro: Música do Fiddle en Escandinavian , unha aproximación ao Fiddle nórdico.
Xéneros e ritmos principais de música tradicional galego e finesa, uso do inclinar e ornamentation da man esquerda.
Reservado a músicos da Sibelius FBB, Tradalp, Sondeseu e ETRAD fiddle estudantes.
Nivel: Intermedio.
Ensinado por: Alfonso Franco e Päivi Hirvonen.
Sitio: Cuarto 5 (ETRAD).
Alumnos: 15.
Canto tradicional dos Alpes: polyphonic estilo
Reservado a músicos da Sibelius FBB, Tradalp, Sondeseu e estudantes de ETRAD
Nivel: Profesores
Intermedios: Tradalp Sitio de cantantes: Cuarto 4 (ETRAD)
Alumnos: 20
PEDIR Solicitudes: Até o 3 de abril 2012
Sitio: Secretaría de ETRAD.
* Calquera petición de asistencia aos obradoiros ou masterclasses na audiencia (non participando deles)/deles) tería que solicitarse na Secretaría de ETRAD se o taller ou masterclass ten bastante espazo para audiencia.
O vindeiro sábado 21 de Abril, festa rachada e convivencia astur-galaica na Costa da Morte. Será de volta na fermosa vila de Corcubión (A Coruña), na Fisterra galega.
Vide tod@s compartir anacos de cultura entre pobos curmáns, da man das pelicas e ferreñas e dos cantos ancestrais das nosas cantadeiras, que nos botarán a beillar e a troulear deica o nacer do día.
Programa.
-20,30h. Recibimento no Hotel-Restaurante As Hortensias de Corcubión, no lugar de Quenxe.
-21,00h. Cea-confraternización a base de produtos do país (mexillóns ao vapor, empanada, pescada ao forno, bo viño da terra, postre, café con ?jotas e muiñeiras?...).
-23,30h. Actuación dos grupos: -Menaxatruá cuartetu (Asturies).
-Maghúa pandereteiros (A Coruña-Galiza).
-Ao remate, festa rachada deica a alborada (cando menos!!).
Ademais, contaremos coa participación sorpresa dunhas tocadoras moi especiais... que non volo conten, hai que vivilo!!!
Inscricións.
-Chamando ao propio Hostal As Hortensias, teléfono 981 747 584.
ÚLTIMAS INVITACIÓNS PARA O CONCERTO DO SÁBADO NO AUDITORIO MAR DE VIGO
O vindeiro Sábado 7 de Abril, aqueles interesados en asistir ao concerto que terá lugar no auditorio "Mar de Vigo", e no que participarán as tres orquestras integrantes da ENFO (Rede Europea de Orquestras Folk), terán unha última oportunidade de adquirir a súa invitación.
O Concello de Vigo distribuirá 150 entradas dende dúas horas antes do comezo do concerto no despacho de billetes do Auditorio, entregándose dúas entradas como máximo por persoa
O novo traballo discográfico de Quempallou ?Vellas Novas? xa se pode escoitar e mercar nas diferentes plataformas de distribución dixital na rede. Un adianto á saida nas tendas de música habituais, nas que estará dispoñible a partires da vindeira semana.
Xunto coa publicación do seu cuarto disco, e como é habitual, o grupo prepara unha xeira de concertos para levar o seu directo polas principais vilas galegas. Deste xeito están confirmadas as seguintes datas:
- 13 de abril Bar Liceum (O Porriño),
- 14 de abril Aturuxo (Bueu),
- 17 de abril Casa das Crechas (Compostela),
- 20 de abril Auriense (Ourense)
- 27 de abril FNAC e Cova Céltica (A Coruña),
- 28 de abril Sala Super 8 (Ferrol),
- 5 de maio Festa do Muiño de Coiro (Cangas),
- 16 de maio Fábrica de Chocolate (Vigo).
?Vellas Novas? é un traballo cunha estética baseada no mundo do xornalismo, cargado de matices sonoros e variadas influencias musicais, que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas, e sobre todo a voz.
O Sonoro Maxín volve aos escenarios o próximo mes de abril, presentando o seu esperadísimo primeiro disco de estudio chamado ?A onda sonora (chega do interior)?, producido por Kaki Arkarazo, e gravado nos estudios Garate, de Andoain (Gipuzkoa) [EH], por Kaki Arkarazo e en Tooma Recordings, de Ourense, por Marcos Vázquez.
O SONORO MAXÍN SON:
- Ico: voces
- Abraham el niño: guitarras
- Samuel S. Figueiras: controlador de vento midi e frauta traveseira
- Cristina Asenjo: acordeón
- Xurxo Brea: baixo
- Jaime Mateo: batería
Deseño gráfico: David Rubín
DATAS XIRA PRESENTACIÓN:
14 e 15 de abril ? Café Cultural Auriense (ourense)
21 e 22 de abril ? Xira Itinerante polos barrios de Ourense
28 de abril ? Bar Liceum (Porriño)
29 de abril ? Sala Aturuxo (Bueu)
4 de maio ? Sala 600 (Melide)
5 de maio ? Fábrica de Chocolate (Vigo)
11 de maio ? Pub Clavicémbalo (Lugo)
24 de maio ? Sala Moon (Compostela)
25 de maio ? Sala Mardi Gras (A Coruña)
3 de xuño ? Sala A Regueifa (Ponteareas)
*Ademáis a banda ten confirmada a súa presencia no concerto homenaxe aos Resentidos (12 de maio) e na vindeira edición do Derrame Rock (15, 16 e 17 de Xuño), así como aparicións en tv, radios, etc.
Pancho Álvarez presenta ?Sonche Atlántico? o seu cuarto álbum en solitario, un traballo que mostra a evolución vital do artista na busca de novos camiños creativos e a mestura dos sons acústicos da música tradicional con guitarras eléctricas, arranxos experimentais e textos contemporáneos do recoñecido escritor galego Suso de Toro ou do artista multimedia Antón Reixa.
O álbum conten doce novas gravacións inspiradas no grandioso e inmenso Océano Atlántico, cun pé na música galega e outro pegando nas terras que comparten este océano cheo de sons procedentes do norte e do sur americanos, das costas africanas, das portuguesas, das de Irlanda e da Bretaña francesa, etcétera.
?Sonche Atlántico? contén cancións de autor e cancións con melodías tradicionais coas que Pancho ten unha especial relación emocional, un vinculo creado a través das experiencias nas súas viaxes, da xente que vive a carón do mar, co mito do fin do mundo ou coa forza da natureza e da paisaxe atlántica. Hai tamén cancións cheas de humor e de vivencias cotiás dos pobos e aldeas galegas, seguindo a liña da tradición oral da que Pancho é admirador e coñecedor.
Pancho Álvarez é un dos nomes máis destacados da música galega, desenvolve o seu particular perfil como músico utilizando instrumentos de corda: violín, viola, viola da gamba, zanfona, mandolina, bouzouki, guitarras eléctrica e acústica, guitarra tenor, ûd, cuatro venezolano e baixo. Ademais toca a concertina, o acordeón e a percusión, é compositor, arranxador, gran coñecedor do folclore e tradición da música galega, foi membro de Matto Congrio, Na Lúa, é músico estable da banda de Carlos Núñez coa que xira de cotío por todo o mundo.
Gravado o mesturado por Pancho Álvarez nun logo proceso creativo, o álbum e froito do traballo intenso na busca dun son propio que mostra a forte personalidade musical de este artista galego. Escoitamos con pracer estas grandes e sinxelas cancións de autor.
Manuela Cortizo Medal, que conserva na súa memoria centos de coplas e cantares, recibirá o máximo distintivo do Concello
Conta unha historia que un home que outrora se adicaba a transportar viño a lombos do seu cabalo atrasouse un día no seu labor. Quedou prendado do canto dunha pequena que se entretiña mentres cumpría co mandato de coidar as vacas no pasto. Aquela nena ten hoxe 81 anos e segue deleitando a quen a escoita coa súa facilidade para o canto e para gardar na súa memoria coplas e cantares que son verdadeiros tesouros da tradición oral. Manuela Cortizo Medal conserva intacto ese espírito alegre e capaz de encandear, enlazando uns versos con outros, endulzando o tempo á calor do fogar ou animando a festa coa súa pandereita. O Concello de Cerdedo decidiu en pleno distinguir a esta veciña, integrante do grupo As Cantareiras de Barro de Arén, coa súa medalla de ouro, o máximo distintivo que outorga a administración municipal.
Manuela aínda non coñecía onte a decisión do pleno de facela merecedora deste recoñecemento público. Acolleu a noticia coa alegría de ser profeta na súa terra e coa humildade que caracteriza a quen verdadeiramente merecen este tipo de distincións. "A quen non lle gusta? Paréceme que non o merezo pero... (...) Quen non vai recoller un premio?", comentaba esta cerdedense ao decatarse.
"Foi sempre moi cantarina", comenta esta veciña de Barro, cunha memoria prodixiosa para repetir sen esforzo mil e unhas coplas. "Foi un don que me deu Deus", sinala. Lembra que a súa nai e o seu pai tiñan tamén dotes para o canto e que desde pequena, cando a mandaban coas vacas, ía sempre cantando. Pero á súa boa voz suma esta cerdedense unha abraiante habilidade para lembrar as letras de antigos cantares escoitados ao longo da súa vida. Para que esta tradición oral non se perdese, o músico ourensán Xosé Lois Foxo acudiu a Manuela Cortizo para realizar unha meticulosa labor de recollida que verá a luz nuns meses, unha obra en formato libro, CD e DVD.
Ademais, as coplas desta muller de ouro foron recollidas tamén polo estudioso de Cerdedo Calros Solla no libro Cantares de Manuela de Barro, un traballo no que se inclúen máis dun milleiro de obras, algunhas delas compostas por esta veciña. Manuela non pode disimular o agarimo que lle inspira este escritor, ao que agradece profundamente a atención prestada. "É un home que para min é coma se fose un irmán", confesa.
Todo un expoñente da tradición oral, Manuela Cortizo Medal pasou por programas televisivos como Luar ou Alalá, da canle autonómica. Ademais, recibiu a medalla de ouro da Real Banda de Gaitas de Ourense.
Capaz de reproducir a letra dunha longa canción case con só escoitala unha vez, Manuela de Barro, como a coñecen moitos cerdedenses, tamén pode enlazar, con ou sen pandereita, unha infinidade de coplas. Ao preguntarlle polo seu don para lembralas, esta cantareira viaxa entre os versos que bolen na súa memoria. Os teus ollos son dous tinteiros, o teu nariz pluma cortada, os teus dentes letra miúda, os teus beizos carta pechada. Continúa sen deterse: Arrimeime a un piñeiro verde por ver me consolábase, o piñeiro como era verde, ao verme chorar choraba. Asegura que conserva coplas de amor e desamor, de algarabía ou propias de determinadas épocas do ano, como o Nadal ou o Entroido. Á túa porta vida miña, está a lúa parada, que detida tena a fermosura da túa cara, continúa Manuela, que fía estes versos con estes outros: Ni eres alto ni eres bajo, eres como yo te quiero, eres la mejor naranja que tiene mi naranjero".
Ten unha copla para despedir, como procede nestes momentos, ao Entroido: Adeus martes de Entroido, adeus meu ruadeiro, ata domingo de Pascua non toco máis ou pandeiro. Orgullosa da distinción que se lle concede agora na terra que a viu nacer, Manuela recoñece tamén que irá recoller esta medalla axiña que como a conviden a facelo. Tira de novo, desde o seu bo humor, da sabedoría popular: "máis vale paxaro en man que cento voando".
Onde sentía tocar un instrumento,alá ia»
Confesa que lle pode fallar a memoria para os asuntos de a cotío, pero ten «grabadas» un milleiro de coplas tradicionais
Ós seus 82 anos, Manuela Cortizo tense convertido nun fenómeno mediático. Na súa memoria garda máis dun milleiro de coplas tradicionais. Dela beben hai anos os grupos folk de referencia e por ela Manuela Cortizo ten recibido varios recoñecementos. Cerdedo entregoulle onte a medalla de ouro do Concello.
-¿Quen lle ensinou tantos cánticos?
-Crieime con dúas tías solteiras e unha delas, Mariana, ensinoume unha chea delas ó pé da lareira. Inda non mas dicía dúas ou tres veces e xa me acordaban de memoria. O meu pai, Ramón, tamén cantaba moito. Ensinoume O Arrieiro, a miña preferida. Non se fartan de ma pedir.
-Debe ter unha memoria prodixiosa...
-Se cadra non me acordo do que fago hoxe ou mañá, pero esas cousas téñoas todas grabadas. Inda me acordo dos versos que botaba na escola e os xestos que tiña que facer coas mans.
-¿Quen vai herdar todo iso?
-Teñen vido aquí de todos os grupos: Xirandola, Leilía, Tear de Llerena, O Fiadeiro... Eu sempre atendín a todos. A miña neta Eva, de 8 anos, tamén xa lle leva idea. Xa toca o piano e sabe moitas coplas, entre as que lle aprendín eu e as que lle aprenderon no colexio. ¡Uy, as que sabe xa ela!. Da gloria oíla.
-¿Cando empezou a súa afición ó folclore?
-Son aficionada de sempre. De nena ia ós prados e cantaba e sacaba puntos aínda que fora cara as vacas.
-¿Foi moi festeira de moza?
-Onde sentía tocar un instrumento, alá ia. Mozos tiven moitos, pero sempre me levaba máis idea cantar e bailar que o de ter mozo.
-¿É máis de cantos ou de bailes?
-Bailar tamén bailei moito, pero o que máis me gusta é cantar.
-E aínda segue dando guerra...
-Agora estou mal das pernas, pero, gracias a Dios, para cantar non me fai dano. De vez en cando aínda actuamos eu e máis as outras mulleres do grupo As cantareiras de Barro de Arén.
-Xa ten un libro coas súas coplas, outro a piques de saír e agora danlle a medalla de ouro do Concello de Cerdedo, ¿que lle parece?
-Eu nunca contei con isto. Teño diplomas, unha medalla da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, outra da Festa do Gaiteiro... O meu home tamén era amigo de tocar e bailar. Os dous dixeramos que se un morría o outro tiña que seguir igual a cantar e bailar. El morreu de repente. Eu díxenme que tiña que seguir, aínda que ó principio fíxeno bastante obrigada. A min gustaríame que o día que eu morrese fosen cantando detrás de min, pero non sei se quererán.
Ismael González revive os mozos do Rexurdimento nunha ópera con música de Mini e Mero
Unha vez, Isaac Díaz Pardo animou a Mini e Mero a probar co xénero lírico. Comezaron, así, a traballar na zarzuela A casa que nunca tivemos, con textos de Marica Campo. Pero aquela obra, ?epopeia de Galicia?, quedou inacabada, aínda que A Quenlla chegou a gravar un disco a partir dese proxecto. Desta volta, foi o cineasta e escritor Ismael González quen enleou a Mini e Mero, ademais de a un músico ucraíno, o profesor Xaxa, para compoñer nada máis e nada menos que unha ópera folk ambientada na mocidade dos pais do Rexurdimento.
Chámase Rosaliana, e o seu impulsor defínea como a ?primeira ópera nacional galega?
Chámase Rosaliana, e o seu impulsor defínea como a ?primeira ópera nacional galega?. Aínda que, para acadar este posto, ten que competir con outras obras como Camiños de Rosalía de Roxelio Groba ou O Arame, que Juan Durán e Margarita Viso recrearon, con libreto de Manuel Lourenzo, a partir dun manuscrito orixinal de Marcial del Adalid; ou O mariscal de Eduardo Rodríguez Losada, con texto de Ramón Cabanillas. O autor de Vento mareiro fixera ademais outras incursións no teatro lírico, como, co mestre Soutullo, a peza que se ía titular Galicia, 1808, perdida no 1936.
Coma estas que a precederon, Rosaliana revive un anaco da historia de Galicia dunha grande forza simbólica. Cabanillas, -apoiado por Villar Ponte-, escollera a figura de Pardo de Cela para O Mariscal. Ou o Batallón Literario para Galicia, 1808, que non chegou a rematar. Ismael González decantouse, pola súa banda, polos mozos do Liceo de la Juventud, fundado en Santiago no 1847, -no primeiro aniversario dos mártires de Carral-, para ?instruir por medio de la Literatura y las Bellas Artes?, segundo a documentación que cita Justo Beramendi en Historia do galeguismo político. Funcións dramático-líricas e bailes foron, segundo este historiador, as principais actividades do Liceo, que no 1848 se instalou nas dependencias do convento de San Agustín, daquela baleiro pola desamortización.
Nos salóns desta entidade formouse, -salienta Beramendi-, ?boa parte da segunda fornada de provincialistas e demócratas?, coma Manuel Murguía, Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal, Luis Rodríguez Seoane, Rosalía de Castro ou Juan Manuel Paz Novoa. A maior parte destes daquela mozos ?participaron activamente no movemento progresista de 1854?, -nos intentos de reforma política do Bienio Progresista, durante o reinado de Isabel II-, do que a ?manifestación máis espectacular?, -engade Beramendi no seu libro-, foi o ?famoso Banquete de Conxo de 2 de marzo de 1856?, o acto de confraternización entre obreiros e estudantes que causou máis dunha represalia por parte das autoridades.
?A historia que conto é como a de Fama, pero na Compostela do 1843"
Estes feitos históricos son o alicerce de Rosaliana, que ten a Rosalía, Aguirre, Pondal e Murguía como personaxes principais. ?Son os pais do Rexurdimento cultural, e entón os pais da nacionalidade dos galegos?, subliña González, autor do libreto. ?A historia que conto é como a de Fama, pero na Compostela do 1843. Daquela o pobo non sabía escribir, e os poucos que aprendían facíano en castelán. Xorden así as Sociedades de Fomento e Cultura. Reúnense mozos con estudos universitarios que queren recuperar a esencia de Galicia, e fundan o Liceo. Ensinaban á xente a ler e escribir, ademais de música, danza... Alí estaba Aurelio Aguirre, e con el Pondal e Murguía. Daquela Rosalía era moi noviña, e ela e Aurelio Aguirre namóranse. Eles foron, ademais, os protagonistas do Banquete de Conxo, que tamén sae na ópera. Pondal e Aguirre foron pola súa participación neste acto procesados e ameazados coa deportación ás illas Marianas?, explicou.
"Alí estaba Aurelio Aguirre, e con el Pondal e Murguía. Daquela Rosalía era moi noviña, e ela e Aurelio Aguirre namóranse"
O investigador e lingüista Francisco Rodríguez non formula dúbidas no seu ensaio Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria de que Aguirre e Rosalía estiveron ?intimamente relacionados?, e recolle o poema coa que ela o despediu tras a prematura morte del, con versos coma ?en fúnebre memoria convertida/ la flor será que a tu corona enlace?. A marcha da poeta cara a Madrid só uns días despois do Banquete é unha proba máis, segundo Rodríguez, do escándalo provocado pola contestación ideolóxico-relixiosa e política daqueles ?mozos demócratas?. A presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Helena Villar, advirte porén de que ?Rosaliana é fición, escrita a partir de feitos históricos. Por iso non é totalmente fiel a realidade?. Engade, iso si, que o texto, que puido ler hai xa tempo, lle gustou.
O encontro entre Ismael González, -que naceu no Carballiño pero vive en Madrid-, Mini e Mero produciuse en base a proxectos anteriores. ?Cando presentei o meu último libre, O crime de Oseira, foron Mini e Mero, que fixeron unha canción para os mártires de Oseira. Díxenlle a Mero que tiña que escribir algo para eles, pois xa colaboraramos máis veces. E así foi. Despois tentei poñerme en contacto co CDG, para que polo menos estudaran a posibilidade de representar a ópera. Pero a directora nin se me quixo poñer ao teléfono. Malia todo, en Madrid teño xa dous teatros interesados, e estou en conversas cun teatro de Bos Aires, outro da Habana, outro de Caracas... E tamén quero facer unha película, gravando a primeira función?, indicou González.
"En Madrid teño xa dous teatros interesados, e estou en conversas cun teatro de Bos Aires, outro da Habana, outro de Caracas..."
Deste xeito, son Mini, Mero e Xaxa os compositores da música da ópera. ?Son catro actos, e cento e pico pezas, unhas tradicionais e outras novas. Esperamos ter todo rematado para final de ano?, subliña Mero. Tamén O arame contiña música extraída do folclore galego. O xeito de levala á ópera é, -engade-, ?pois tal como é?, cos arranxos pertinentes. ?Cando Ismael nos fixo a proposta, a condición que lle puxen foi que fose en galego. Entón haberá versión en galego e versión en castelán. É unha ópera folk porque será o modo interpretativo da música tradicional, pero tamén se pode facela con música clásica. Avelino Muleiro encargouse da tradución ao galego do libreto, que contén algúns poemas pouco coñecidos. Versos que falan de amor á patria, e á matria, e á lingua. Aurelio comenta que non lle deron clase de galego... Por iso o texto vén ademais ao pelo para a actualidade?, subliñou.