Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Serán do Gaiteirinho
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-04-2008 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Emilio Cao acada o Premio Opinión a unha Andaina Senlleira
Emilio Cao acada o PREMIO OPINIÓN a unha Andaina Senlleira

O seus catro primeiros álbumes son unha referencia fundamental para entendermos a historia do folk galego. O artista leva xa unha década sen editar unha nova obra.

Emilio Cao editou no ano 1977 Fonte do Araño, un disco que, xunto á Galicia de Maeloc, dos Milladoiro, marcou a toda unha xeración, que atopou nesas propostas o camiño para entender como se podía facer unha música de raíz galega con sentimento e calidade. O santiagués sempre foi un artista singular e único, posto que mentres o vieiro aberto por Milladoiro foi seguido por epígonos que tentaban achegarse ao realizado polos mestres, durante moito tempo, demasiado, non existían voces neste país que exercesen o papel de cantautor folk que desempeñaba Cao.

En 1980 sacou A lenda da pedra do destino e dous máis tarde No manto da auga, nos que volvía amosar todas as súas capacidaes expresivas acompañado da súa inseparable harpa, un instrumento que engadía unha peculiaridade sonora a unha personalidade artística acusada e que legou para a historia do folk galego temas inesquecibles que as novas xeracións farían ben en recuperar. O álbum Amiga alba e delgada pecha o que poderiamos considerar a súa primeira etapa, constituída por unha obra que contén momentos fascinantes e representaba unha illa dentro dun panorama folk que tampouco estaba sobrado de artistas talentosos.

Anos máis tarde realizou un traballo complicado ao musicar a poesía de Manuel Antonio no álbum Cartas Mariñas, que deixa algún tema sobranceiro, desa colleita especial de Cao.
A súa última obra é Simbad en Galicia, o traballo menos conseguido dunha carreira que agora se ve recompensada co PREMIO OPINIÓN a unha Andaina Senlleira na súa primeira edición. Os méritos acadados desde aquel debut hai máis de trinta anos convenceron a un xurado fomado por Xoán Manuel Estévez, Xosé Manuel Budiño e quen isto subscribe.

O gañador do PREMIO OPINIÓN pasará automaticamente a ser parte integrante do trío que decide o galardón a unha Andaina Senlleira, de aí a presenza do gaiteiro moañés.
É unha mágoa que o compostelán leve xa unha década sen editar un novo traballo porque a súa creatividade sempre resultaría de agradecer.

Cao manifestou a súa satisfacción ao se enterar da concesión do novo premio e interpretouno como "unha palmada no lombo para dar azos de cara ao futuro, para dicirche que estás aí e quizais que espabiles un pouco. Sempre é moi agradable que che concedan un galardón", sinalou. O músico pasou nestas tres décadas por todo tipo de vivencias e foi parte integrante da evolución tida polo folk galego.Podemos rematar cunha anécdota cun toque frívolo, por unha vez e sen que sirva de precedente, xa que Emilio Cao é o único artista do folk galego que saíu espido nas páxinas do semanario Interviú. Porén, ao mellor existe unha reflexión seria sobre este asunto, xa que esa publicación daquela consideraba interesante que un músico folk ocupase as súas páxinas e iso pode indicar que a súa popularidade non era tan escasa.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-04-2008 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Ruxe-Ruxe
"Non comprendemos por que non hai un programa de música na TVG"

A banda de Aríns publica novo disco, Xigante, que presentarán en directo na Sala Capitol de Compostela o 12 de abril.


Ruxe Ruxe regresa á ruta e aos escenarios con Xigante, un álbum con estética setenteira (de aí tamén o vídeo no que pasean por riba de Compostela coma se fosen Godzilla) e son igualmente clásico, máis rockeiro. O disco estará na rúa o 12 de abril, o mesmo día que presentan os seus novos temas nun concerto na Sala Capitol. Como eles recoñecen, están "que suben polas paredes" por regresar aos escenarios.

Cando teremos o Xigantes na rúa?
A idea é telo para o 12, xusto. Porque o que queremos é dar un disco con cada entrada, a un prezo único de dez euros, que non é unha entrada barata, pero tampouco cara, e levas o disco de balde. Vai ser un concerto espectacular, con Markinhos Drinkin, Ultraqüans (tres dos antigos Papaqueixos, baixista, batería e guitarra), e Pito de Pikaso, que son uns rapaces, pero parecen Siniestro Total, teñen ese rollo.

Que hai de novo no novo disco de Ruxe Ruxe?
O novo disco cambia no sentido de que curramos moito máis o son. A banda vai mellorando cada ano, tamén, e neste disco conseguimos plasmar exactamente o que queriamos facer. Queríamos que soase máis cru, máis cremoso, parece un disco vello, un disco dos anos setenta. Buscamos facer un rollo moi roqueiro, moi do rock dos anos setenta.

E o vídeo. Como xurdiu a idea?
O vídeo fixérono nos estudios de Casa de Tolos, que agora fan moitos produtos audiovisuais. E saíu así, nin o currramos, nin había un storyboard. Había un chroma e como hai un vídeo dos Stones que ten ese rollo, pois así foi. Non deixa de ser moi kitsch, nótase que é cutre, e alí teñen medios para facelo moi ben, pero queriamos que quedase así.

Estades alí por riba das rúas da zona vella, entre a Catedral...
Si, o que pasa é que a xente que gravou as imaxes non é de Compostela, e por iso gravou a Catedral, cousa que non nos fai moita gracia, porque é caer no tópico.

Tampouco sae demasiado...
Si, pero a min rállame, tío. E non teño nada en contra. Do clero si, pero non do edificio. Pero a idea era esa, igual que as películas de Godzilla, ou do Gorila Ataca, nesas películas, e en Ed Wood, todo moi cutre.

E que tal a gravación en Casa de Tolos?
Xenial. Xa é o cuarto disco que gravamos alí. É aí en Mañufe, nunha aldea de Gondomar, e é como estar nunha eira dunha casa, é moi guai. O que nos leva aí é Segundo (Grandío), que leva traballando con nós dende o 2002 e entende moi ben ao grupo, é unha grande influencia. Tamén Siniestro é unha grande influencia para nós. Segundo influíu na maneira en que madurou o grupo.

Canto tempo durou a gravación?
Nós gravamos moi rápido, en catro días. O que buscamos é que sexa algo moi instantáneo, como unha foto: o que hai é o que se ve. Ás veces, se ti a algo dáslle moitas voltas, ao mellor noutras músicas mola, pero na nosa cargaríalo de algo que desvirtúa a idea que querías transmitir.

Siniestro colabora neste disco?
Non, noutros si que colaboraron Julián Hernández e Miguel Costas. Neste hai un tema no que están Xurxo Souto, Bocixa dos Zënzar e García dos Dios ke te Crew, que colaboran en Feliz, unha canción de sete minutos que está moi guai.

É máis fácil para un grupo saír adiante agora que cando comezastes vós?
Agora é máis fácil. A informática democratizou todo. Ti podes ir a un grande estudio, e facer un traballo da hostia, pero tamén podes facer un traballo da hostia na casa. Agora con dous mil euros podes mercar un ordenador e un micro e facer un traballo totalmente profesional. Agora conta o enxeño. Antes podía gravar en catro pistas, pero soaba como o carallo.

E o tema de tocar?
E despois esta ese tema, claro. Aló polo ano 2002 ou 2003, se cantabas en galego e non lle cantabas ao amor, case non podías tocar en ningún sitio; nós estivemos algún verán facendo dous ou tres concertos. De feito case non había grupos cantando en galego, porque era dificilísimo, pechábanse moitas portas e de feito desapareceron case todos os festivais. E aguantamos tres ou catro grupos, nada máis. Politicamente dábannos unha importancia que non tiñamos, porque nós non íamos cambiar o voto de ninguén. Agora en cambio, estamos nun momento caralludo, hai moitos grupos de moitos estilos, os medios están axudando moito. E está tamén internet, que non sei se é o medio máis importante, pero alí espállase todo.

Xa dicides que sodes dos poucos grupos que aguantastes dende os noventa, e pillastes o final do bravú...
De feito cando nacemos nós, había moitas reticencias á hora de empregar o termo bravú. Pero se resultaba que se eras da aldea, facías rock e metías un gaita, eras bravú, pois nós eramos os máis bravús de todos. Era unha etiqueta, non tiña máis importancia.

Credes que era necesaria a recuperación que se fixo este ano, co Castañazo, o disco dos 120 Capadores...?
Si, pero tamén é un rollo de amizade. Nós colaboramos no dos 120 Capadores porque nos encantaban os Diplomáticos, e fomos ao Castañazo porque nos levamos xenial con Rastreros. Non fomos reivindicar nada, pero si que é certo que hai que ter boa memoria, con Diplomáticos e con outros grupos, como Corosi Dansas ou Xenreira. Nós tivemos a sorte de ter uns profesores de luxo, porque compartimos escenario con todos estes. Agora pasaron doce anos e están todos máis gordos (risas). Agora os Diplomáticos parecen uns tipos que comeron aos Diplomáticos (risas).

Seguides ensaiando no cortello?

Si, claro

Pero por necesidade ou porque de verdade ten mellor acústica?
Ten dúas cousas que son moi importantes: que ten uns muros gordísimos e non molestas a ninguén, e despois que ten unha acústica moi boa, e despois que é o sitio que temos, que non temos outro. De todas formas tampouco é un cortello, xa; foi un cortello, agora é un local de ensaio. Cando nos metemos nós alí até houbo que romper os bebedeiros das vacas e houbo que botarlle cemento á chapa, porque aquilo era unha corte de vacas; botámolas fóra un venres e o luns xa estabamos tocando. Agora están todas as paredes cheas de fotos.

É coma un museo do grupo...
Si, toda a xente que vai alí flipa, porque hai cartaces e fotos dende a época que empezamos.

Con quen vos gustaría tocar?
Cos Pogues. Pero o importante é tocar e pasado ben. No fondo fainos a mesma ilusión tocar cos Pogues que con Ataque Escampe. E o que nos mola. De feito levamos un tempo sen tocar, mentres estivemos gravando o disco, e estamos que subimos polas paredes.

E despois do disco tedes novos proxectos. O aínda é moi cedo?
Nós a verdade, unha vez que gravamos un disco xa estamos pensando no seguinte. E a verdade é que temos un proxecto de gravar un directo para o ano que vén.

É que o voso directo...
Si, o que pasa é que eu cando vexo un concerto de calquera outro grupo digo 'que bos son, dios'. Nós non sei se somos bos ou malos, pero si que é certo que os nosos directos funcionan. Ideas temos moitas para facer cousas. Pero é como un dito que dicía Xurxo, algo así como 'córrevos máis a cabeciña que o almanaque'.

Como é unha semana na vida de Ruxe Ruxe? Cantos días ensaiades?
Mínimo ensaiamos dous días á semana, quedamos os martes e os xoves, dende as nove e media até as once e media, ou doce. Polo grupo pasou moita xente nestes doce anos, e agora os que estamos agora é unha gozada, porque levámonos xenial. E non é raro que despois dun ensaio vaiamos comer un churrasco por aí. Somos como unha parella recén namorada.

Canto de importante é que haxa grupos en galego?
Home, eu non sei, supoño que escoitar música en galego axuda a normalizalo. Pero é que no noso entorno o galego non ten ningunha crise, non temos ningún problema. Alí ninguén fala castelán, nin inglés nin en alemán; o galego é a única ferramenta de comunicación. Chega un xornal en castelán e no bar alguén le un titular en castelán e a noticia coméntase en galego. A crise vén porque aquí non valoramos o idioma que temos, e seguimos pagando as cousas do pasado. Pero o galego hai que normalizalo nas escolas, non é o traballo dos grupos, e tampouco creo que os grupos vaian salvar o galego, nin os escritores. Axudas a que sexa algo normal, pero hai que salvalo nas escolas, e meternos na cachola que é o noso idioma, un idioma fermoso, e para a música un idioma moito máis válido có castelán.

Estráñavos que siga sen haber un programa de música da TVG?
Seguimos sen comprender por que non o hai. Suso Iglesias é un punkie, é un tipo que se manifesta como un roqueiro, e un amante da música e un galeguista, pero na Galega non hai un puñeteiro programa de música. E sería moi importante. Porque se na tele saen grupos cantando en galego, igual os rapaces de Catoira que están todo o día falando en galego, á hora de montar un grupo cantarán en galego e non en castelán ou en inglés. E é caralludo que os grupos vexan que se cantas en galego vas ter unha repercusión, por exemplo como xa está pasando na radio.

www.vieiros.com
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 07-04-2008 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de Baile (28/03/08)
Vai de Baile do 28 de marzo de 2008

Bailadores da Telleira Vs Froles de Lavadores

Concurso



Xurado

Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 05-04-2008 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 4 (Venres)
? Kogito no Liceum do Porriño
? Som do Galpom no Badulake de Ordes
? Capitán Furilo no MardiGras (A Coruña)
? Noite de Regueifas con Luis Caruncho, Pinto de Herbón e Benito Lovariñas no Bar Mosqueiro en San Mamede (Vedra)
? Festa 7º aniversario do Cineclube Compostela: Emilio José, Ataque Escampe,... na Gentalha do Pichel
? Ven respirar no Foula (Ourense)
? Tres Peixes Voando no Pub Crooner (Compostela)

Sábado 5
? I Torneo de Billarda en Torroso-Mos ás 16:00
? Cortexo de Honra a Curros Henríquez mo Cimiterio de San Amaro (A Coruña) ás 17:30
? Som do Galpom na Sala Universal de Cedeira
? Ultraquans no Esmorga (Ourense)
? Carlos Blanco e Manecas Costa (Humor Neghro) en Cangas do Morrazo
? Kiosko das Almas Perdidas (con Mercedes Peón) no Auditorio municipal de Narón
? Leo i Arremecaghoná! no Mogay de Chantada
? Capitán Furilo na Sala Planeta de Sarria
? Carmen Dor no Roi Xordo de Allariz
? Loretta Martin e The Homens na Sala Breogain (Vigo) CANCELADO
? Serán en Batalláns-Lentille (As Neves)

Domingo 6
? IX Concurso de Música Tradicional Xiradela en Arteixo (A Coruña) ás 17:00
? Carlos Blanco e Manecas Costa (Humor Neghro) en Vilagarcía de Arousa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-04-2008 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
E continúan os Seráns
Sábado 5 abril:
-Serán en Batalláns-Lentille (As Neves)

Sábado 12 abril:
-Serán en Angudes (Crecente)
-Serán do Ghaiteiriño (Aldán)

Sábado 19 abril:
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-Serán en San Pedro (Nigrán)
-III Foliada de Cerqueda (A Coruña)

Sábado 26 de Abril:
-II Noite de Fiadeiro en Ramirás (Ourense)
-Ruada en Catoira
-Serán no Centro Cultural San Roque de Morgadáns (Gondomar)
-Serán no C.S. O Fresco (Ponteareas)

Sábado 3 de maio:
-III Serán do Coello? en Lourido (Soutomaior)
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)

Sábado 10 de maio:
-Serán no Porriño (Praza de S.Benito)
-III Serán do Mar de Rianxo

Sábado 17 de maio
-Serán en Romaríz (Soutomaior)
-Serán en Chaín (Gondomar) no C.C. A Merced
-Serán en Redondela (Alameda)

Sábado 24 de maio
-Serán en Sobrada (Tomiño)
-Serán do Coto (Carballal-Vigo)

14 e 15 de Xuño
-Foliada e Romaria do Lecer de Xacarandaina na Coruña

Sábado 28 de xuño
-Serán do Fiadeiro (Vigo))
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-04-2008 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Pelo gato 24
Presentación en Santiago de "Pelo Gato 24: Cantigas e xogos para nenos"

Este sábado día 5 de Abril a partires das 12:00 h, na recentemente inaugurada Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela (Avda. Xoán XXIII), será a presentación oficial de "Pelo Gato 24: Cantigas e xogos para nenos", un libro, disco e DVD impulsado pola Asociación de Gaiteiros Galegos co obxectivo de difundir os xogos e as cantigas tradicionais galegas entre os máis pequenos.

Gravado nos estudios Casa de Tolos e co-editado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e PAI-Música, "Pelo Gato 24" consta dun libro, un CD de 13 cantigas e un DVD cun documental sobre os xogos tradicionais , un "como se fixo", ademais de varios videoclips e playbacks das cantigas.

Na parte musical, baixo a dirección de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, conta coas importantes colaboracións de Leilía, Fuxan os Ventos, Migallas, Xabier Díaz (Berrogüetto), Mercedes Arribe, Sonia Lebedynski (Fía na Roca), Señora Carmen, Xurxo Souto, César Longa (Treixadura), Begoña Riobó, Pancho Álvarez, Segundo Grandío, Xosé Liz e a charanga "Vai de Baile".

Na presentación dividirase en dúas partes ben diferenciadas, unha primeira cunha rolda de prensa encabezada por D. Luís Bará en nome da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, D. Pablo Carpintero da Asociación de Gaiteiros Galegos e con D. Paulo Nogueira e Dª Magoia Bodega, responsables da dirección musical, que amosarán aos presentes os contidos do traballo; e unha segunda parte cunha mostra en direto de varios xogos populares galegos, feita por un grupo de 25 rapaces dirixidos polo colectivo Brinquedia.

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-04-2008 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Premios da Música 2008

A lista da XII Edición dos Premios da Música onde os artistas galegos participaron son os seguintes:

Soamente Luar na Lubre gañou nas dúas candidaturas onde participaba

Mellor Álbum de Jazz.
.-"50 años de Europa-50 años de jazz", de The All Star's Blues Band.
.-"Colina, miralta, sambeat", de Perico Sambeat Trío.
.-"Live at the village vanguard", de Bebo Valdés e Javier Colina.
.-"Projecto Miño", de Baldo Martínez.

Mellor Álbum de Fusión.
.-"07 Instrumental", de Joan Bibiloni.
.-"Armonitango", de Antonio Serrano.
.-"Cinema do mar", de Carlos Núñez.
.-"Con otro aire", de Chambao.

Mellor Álbum de Música Tradicional.
.-"AS-SIRR", de Luis Delgado.
.-"Camiños da fin da terra", de Luar Na Lubre.
.-"Canciones populares del siglo XVI. Francisco de Salinas", de Joaquín Díaz.
.-"Classics catalans...", de Marina Rossell.

Mellor Canción en Galego.
."Aiché" de Mercedes Peón.
."Canto de andar" de Bieito Romero.
."Ollos de sal" de Antón Reiza e Xosé Manuel Budiño.


Os gañadores coñeceronse na gala da XII Edición dos Premios da Música, celebrada onte 3 de abril en Valladolid.

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 04-04-2008 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Pradolongo estreado en Vigo
O filme 'Pradolongo' estréase en Vigo hoxe venres, 4 de abril, nos Multicines Gran Vía e Norte.

'Pradolongo' é un filme producido en Galiza e rodado en galego do director Ignacio Vilar. O filme está protagonizado por Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto.

O cine vai a Mahoma. Iso debeu pensar o cineasta ourensán Ignacio Vilar, ao ver que «a cosa está moi malita» para o cine, e máis cando se trata de cine Made in Galicia. Así, co fin de captar espectadores para a súa nova película, titulada Pradolongo, o director está percorrendo a xeografía galaica palmo a palmo. Curiosa é tamén a súa, llamémoslo así, «estratexia de distribución», cando é máis certo que se trata dunha cuestión de economía: Só hai un par de copias do filme, e no canto de tirar o diñeiro investindo en máis para ter asentos medio baleiros, o que se decidiu é moito máis intelixente: ir rotando as cintas de sala en sala.

A estrea tivo lugar a semana pasada na Rúa de Petín e seguiu no Barco de Valdeorras. Entre unha e outra, xa sumaron máis de seis mil espectadores a base de tesón, amor polo cine e capacidade para contaxiarllo aos que lle oen falar do seu proxecto.

Hoxe, Pradolongo chegará a Vigo. Poderase ver nos cines Gran Vía e nos Norte, e para volver encher o auditorio, xa desembarcou na cidade o aparato de difusión «porta a porta» do incansable Vilar. Así, o equipo pasou esta semana percorrendo centros educativos e Asociacións.

É a historia de tres amigos da infancia que ven deteriorar a súa amizade a medida que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas. Raquel, Martiño e Armando son tres amigos que acaban de cumprir a súa maioría de idade. O verán preséntase como todos os demais, con festas, tardes no río..., pero esta vez nada vai ser igual. O amor que os dous raparigos comezan a sentir por Raquel e a posible venda, á pezarrera do pai de Armando, de Pradolongo, un prado de alta montaña pertencente á familia de Martiño, obrígaos a reconsiderar os soños e os vínculos que os mantiveron unidos desde a infancia.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-04-2008 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Lentille-Batalláns (As Neves)

Recuperación dun novo Serán, primeiro que realizan os veciños de Lentille-Batalláns.

Para chegar até alí hai que coller a saída de Batalláns na Autovia Vigo-Ourense e seguir as indicacións que van poñer os veciños organizadores.

Sorte e que siga a cundir o exemplo de recuperar a música e o baile tradicional como xeito de diversión e festa.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-04-2008 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
Festa 7º aniversario Cineclube Compostela
FESTA DO SÉTIMO ANIVERSARIO DO CINECLUBE DE COMPOSTELA

VENRES 4 DE ABRIL. A PARTIR DAS 20:00 HORAS:


Proxección:
Whisky a esgalla!
(Whisky Galore!, Alexander Mackendrick, 1949, Escocia, 82′)

Teatro:
Berrobambán Teatro

Concertos:
Emilio José
Ataque Escampe
Labregos do tempo dos Sputniks (O Leo i Arremecághona!!! + García DKTC)

E ademais:
Libros de Estaleiro Editora, discos de Ataque Escampe, camisolas pola cultura libre...
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-04-2008 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
I Torneo de Mos de Billarda

Aberta a inscrición para o I Torneo de Mos de Billarda

O 5 de abril ás 16:30 en Torroso, concello de Mos, viviremos un momento histórico: dará inicio o primeiro campionato de billarda da Conferencia Sur da LNB. Pr fin as pinchas voarán no sur de Galicia nunha competición oficial.

Desde xa está aberta a inscrición. Basta con enviar un email ao enderezo lnb.sur@gmail.com. E tamén vos podedes inscribir o propio día do torneo entre as 16 e as 16:15 horas. A inscrición é individual, pero os xogadores poderán ademais agruparse en equipos de 4 a 6 persoas.

Emulando aos nosos mentores do norte, o premio ao gañador individual será un lacón, acompañado dun bo mollo de grelos. Para o equipo triunfador, a recompensa será un queixo e un marmelo. Premios gastronómicos para encher o bandullo despois do esforzo.

Xogaremos coas reglas oficiais da LNB, que aos que esteades alí vos explicaremos en detalle, pero que basicamente son as seguintes: dous xogadores enfróntanse, e van golpeando a pincha (ou billarda) alternativamente para introducila entre dous paus (o varal) a uns 50 metros de distancia. O que o consiga en menos golpes é o gañador. Iremos xogando ata chegar á gran final! E os xogadores acumularán puntos para decidir cal é o equipo con maior puntuación que se proclame gañador.

A organización terá material para todos os que asistan. Aínda así, convidámosvos a que fagades o voso material: pinchas ou billardas, de entre 15 e 25 centímetros de lonxitude e rematada en punta, e paláns ou pateiros, os paus maiores cos que golpear a pincha, duns 60 centímetros de lonxitude.

E non esquezades que, por suposto, o obxectivo é pasalo ben volvendo xogar á pincha. Apuntádevos!

http://lnb-sur.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-04-2008 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Cortexo de Honra a Curros Henríquez
Hai cen anos, un multitudinario desfile acompañaba o cadaleito de Manuel Curros Enríquez ao coruñés cemiterio de San Amaro.

Este sábado, 5 de abril, o Concello Herculino organiza un roteiro de homenaxe que comezará as cinco e media da tarde e que pasará polos diferentes puntos da cidade relacionados coas nosas letras. O percorrido estará amenizado coas actuacións musicais de Cántigas da Terra, Toxos e Froles e Follas Novas e El Eco, e contará coa participación de diferentes persoeiros que explicarán aspectos da vida e obra de Curros.

O acto comezará ás 17.30 horas no cemiterio de Santo Amaro e finalizará no monumento de Francisco Asorey, nos xardíns de Méndez Núñez da cidade herculina, despois de realizar varias paradas en diferentes puntos do percorrido que será conducido pola propia concelleira e o bibliotecario e arquiveiro da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luis Axeitos.

Hai cen anos o cortexo fúnebre de Curros Enríquez reuniu "miles de persoas" nas rúas da cidade "cunha capacidade de convocatoria só equiparable á de reis e caudillos"; e considerou que Enríquez é, xunto con Rosalía de Castro, o poeta galego da obra do cal máis cancións se realizaron.

CORAIS.

Por iso a homenaxe do sábado terá un lugar protagonista para as corais como Follas Novas, Cántigas da Terra, El Eco, e Toxos e Frores, que actuarán nos distintos puntos do percorrido que contará coa presenza da conselleira de Cultura, Anxela Bugallo; e o alcalde da Coruña, Javier Losada.

Co obxectivo de que o percorrido sexa "unha metáfora esperanzadora da morte á vida", a comitiva partirá do cemiterio de Santo Amaro, cunhas palabras do presidente da Asociación da Prensa da Coruña, Manuel González Menéndez; para rematar no monumento construído na súa honra.

Entre ambas as dúas paradas a comitiva pasará polas escolas Curros Enríquez, lugar no que realizará o seu discurso o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja; na RAG, onde o seu presidente Xosé Manuel Barreiro lle renderá unha homenaxe; e o concello da Coruña, coas palabras do presidente da Deputación coruñesa, Salvador Fernández Moreda.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-04-2008 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
4 º Festival Río de Músicas en Vedra
4 º festival Río de Músicas en Vedra:

* 4 de abril ás 23:30 - noite de REGUEIFAS - con LUIS, PINTO e BENITO - no Bar Mosqueiro en San Mamede

* 11 de abril ás 23:30 - noite de BLUES / JAZZ - ILDE LATINJAZZ - no Bar Patio en Sta. Cruz de Ribadulla

* 25 de abril ás 23:30 - noite de FADO - FADO DE PORTUGAL - no Bar A Ponte en Ponte Ulla

* 9 de maio ás 23:30 - noite de MEXICO - MARIACHIS TRIO - no Bar Elite en Vilanova

* 16 de maio á 1:00 - noite de ROCK - INVIVO- na Disco Metro de Sta. Cruz de Ribadulla
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-04-2008 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
IX Concurso de Música Tradicional da Asociación Xuvenil Xiradela
IX Concurso de Música Tradicional da Asociación Xuvenil Xiradela

O vindeiro día 6 de Abril de 2008 ás 17:00 terá lugar o IX Concurso de Música Tradicional da Asociación Xuvenil Xiradela para os Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas no Centro Cívico Cultural de Arteixo.

Os premios serán os seguintes:

CUARTETOS DE GAITAS:

1º premio: Trofeo e 250 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.

GAITEIROS SOLISTAS:

1º premio: Trofeo e 200 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.


Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-04-2008 02:48
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas sobre o Réxime Laboral e Fiscal para Actividades Artísticas
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o sábado 5 de abril as "Xornadas sobre o Réxime Laboral e Fiscal para Actividades Artísticas".

Terán lugar na Aula Sociocultural da Fundación Caixa Galicia, en A Coruña, cun horario de 10:00 a 14:00 horas.

O obxectivo destas xornadas é o de analizar a casuística fiscal das relacións que se producen entre os promotores de eventos culturais e os artistas musicais, ademais de establecer o marco fiscal e laboral de cada relación.

Dende a AGG cremos que é necesario informar e dar a coñecer dunha forma pedagóxica as diferentes opcións legais, fiscais e contables das que se dispoñen para exercer actividades culturais.

Para asistir a estas xornadas é necesaria unha inscrición previa que deberá realizarse antes do 3 de abril. Esta inscrición é totalmente gratuita.

Tod@s aqueles interesad@s poderán formalizala a través do correo electrónico: secretaria@gaiteirosgalegos.com ou ben no teléfono 986 847 074

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-04-2008 02:04
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do 2º Serán do Ghaiteirinho

PRESENTACIÓN DO 2º SERAN DO GHAITEIRIÑO

Mércores, 2 de abril - 22:30 H. na Fabrica de Chocolate Clube de Vigo


O serán do Ghaiteirinho terá lugar en Aldán o vindeiro sábado 12 de abril

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-04-2008 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
II Noite de Fiadeiro en Ramirás (Ourense)

A menos dun mes da II Noite de Fiadeiro xa temos practicamente ultimados todos os detalles. Recordamos que a data na que imos a celebrala é o derradeiro Sábado de Abril, que este ano é día 26.

Comezaremos arredor das 8:30 da tarde na Praza de San Andrés que estará cuberta cunha carpa e adornada con luces. Na mesma Praza estará un posto de pulpo e unha taberna para poder mollar as gorxas segundo vaia avanzando a noite. O cartaz do evento e o programa publicaremolo nuns dias na nosa páxina/blog www.rebulir.blogspot.com.

Ata o momento colaboran con nós 10 colectivos:

- Escola Provincial de Danza ? Castro Floxo ( Ourense )
- AOFT Gomes Mouro ( Ourense )
- Grupo Coanhadeira ? Música en Galego ( Ourense )
- Grupo Folk Vichelocrego ( Ourense )
- Grupo de Baile Tradicional Solpor ( Celanova )
- Grupo de Música Tradicional Airiños do Arnoia ( Arnoia )
- Grupo Pandereteiras Debanadoira ( Maceda )
- Grupo de Música Tradicional MaÇaeda da Limia ( Maceda )
- Grupo de Música Tradicional do Concello de Paderne de Allariz
- Grupo de Pandereteiras Alicornia ( Soutomaior ? Pontevedra )

Patrocinándonos O Concello de Ramirás e a Deputación de Ourense. E sempre contamos coa axuda e apoio dos membros, nais/pais, amigos e colaboradores da Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir.

Esperamos vervos a tod@s o día 26 Bailando, Cantando, Tocando en definitiva Pasándoo ben. Xa vos avanzaremos mais detalles, porque ai que deixar algunha sorpresa no tinteiro.

Para vir desde Vigo:, pódese coller a saída da A-52 na Cañiza e vir por Cortegada ou por Crecente ata chegar a Vilavidal (Ramiras ). Chégase nunha hora aproximadamente

Para vir desde Ourense:, coller a OU-540 ata Celanova, e na entrada de Celanova desviarse no primeiro semáforo a dereita e seguir pola OU-531 ata chegar a Vilavidal ( Ramiras ). Chégase en 30 ou 35 min.

www.rebulir.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-04-2008 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
O Alalá de hoxe con Henrique Otero
Hoxe, martes, día 01/04/2008

Cal é o significado da antiga expresión "gaiteiro de solfa"? Antigamente coñecíanse como aqueles que sabían solfexar, que eran capaces de interpretar unha partitura. Pero isto para os vellos gaiteiros de oído podía non ser bo, pois moitos opinaban que un músico nunca podía chegar a ser un bo gaiteiro. Na cidade de Vigo viviu toda a vida o gaiteiro protagonista desta noite: Henrique Otero. Home disciplinado e gaiteiro dos de antes.

Henrique Otero ten algo que o diferencia do resto dos gaiteiros e isto comeza na infancia, pois cando era un neno puido completar os estudos básicos e aprender unha das paixóns da súa vida, o solfexo, o que lle permitiu ser o primeiro mestre oficial de gaita en conservatorio; crear o primeiro método de aprendizaxe e poder compoñer novas cancións superando con iso o repertorio tradicional que empregan os gaiteiros vellos.

Podemos dicir de Henrique Otero Covelo que é un gaiteiro de alma, apegado á súa querida cidade de Vigo; un gaiteiro íntimo, compositor e incluso escritor de poemas. Dentro do envoltorio dese home recto e disciplinado hai un auténtico gaiteiro vello. Un gaiteiro de solfa: o Gaiteiro do Fragoso.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-04-2008 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
Bases VII Concurso de baile tradicional Vilagarcía 2008

*Poderán participar todos os grupos de baile galego ata un máximo de 5 (en cada categoría) e que cumpran os seguintes requisitos:

*Serán grupos mixtos, formados polo menos por cinco parellas (sempre e cando as características do baile non requiran outro tipo de formación).

*Se non se cubre o cupo na categoría ?B? poderán participar grupos que non sexan mixtos.

*Cada asociación só poderá participar con un grupo en cada unha das categorías .

*Os/as bailadores/as unicamente poderán concursar nun só grupo.

*Deberán posuír grupo de acompañamento propio de cada asociación.

*Irán ataviados con traxe tradicional (tanto o grupo de baile como o de acompañamento).

O concurso celebrarase o sábado 24 de maio ás 19:00 horas no Auditorio de Vilagarcía

*Premios Categoría "A" (a partir de 15 anos)

Primeiro: 900 euros e trofeo
Segundo: 400 euros e trofeo
Terceiro: 250 euros e diploma
Premio do público

Premios Categoría "B" (menores de 15 anos)

Primeiro: 350 euros e trofeo
Segundo: 200 euros e diploma
Terceiro: diploma
Premio do público

*A orde de intervención dos grupos determinarase mediante sorteo (uns días antes)

*Cada grupo disporá dunha única intervención cunha duración máxima de 6 minutos.

*Haberá un pequeno pasarrúas antes do comenzo do concurso.

*A organización declina calquera responsabilidade sobre posibles accidentes ou danos durante a participación no concurso.

*O premio do público decidirase entre o público presente mediante unha votación e posterior reconto.

*O xurado estará composto por persoas expertas na materia e a súa decisión será inapelable.

*Valorarase a autenticidade, calidade dos bailadores, dificultade, vestiario, posta en escena, e calidade do grupo de acompañamento,

Estas bases están suxeitas a calquera modificación previo aviso ós grupos participantes.

A valoración do cumprimento destas bases recae na organización.


O GRUPO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL MALVEIRAS actuará a modo de exhibición.


FOLLA DE INSCRICIÓN


Por e-mail: malveiras@malveiras.com ou grupomalveiras@gmail.com

(se non se recibe un e-mail ou chamada de teléfono é que non se recibiron as bases)

INSCRICIÓN: ANTES DO 15 DE ABRIL

PARA CALQUERA DÚBIDA PODEN CHAMAR
Ó TELÉFONO: 607 606 312 JOSÉ EIRAS

CATEGORIA NA QUE PARTICIPA ?A? ___ ?B?___

(Se a mesma Asociación quere participar nas dúas categorias, debe cubrir dúas follas )

NOME DO GRUPO
_________________________________________________

ENDEREZO DO GRUPO E CORREO ELECTRÓNICO:
_________________________________________________

NOME E TELÉFONO DA PERSOA DE CONTACTO
_________________________________________________

PEZA A INTERPRETAR E CARACTERÍSTICAS DO BAILE
_________________________________________________

Nº DE PARTICIPANTES

BAILARÍNS________PANDEIRETEIRAS_______GAITEIROS__


www.malveiras.com
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 01-04-2008 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Xantar Gaiteiro

O pasado Domingo 30 de Marzo, a Asociación de Gaiteiros Galegos celebrou o seu tradicional encontro na XIII edición do Xantar Gaiteiro.

Máis de 150 persoas deronse cita no restaurante do Hotel Jorge I da cidade de Lugo para disfrutar dun bo xantar na compaña de algúns dos máis ilustres mestres da nosa música tradicional. Deste xeito, ao remate da comida, puideronse escoitar as interpretacións de Desiderio Sampaio, César Fernández, Manolo Viqueira, Nela ou O Freixo de As Pontes, quen, con case 90 anos, é un dos gaiteiros de maior idade en activo. Todos eles foron presentados por David Amado, quen puxo a nota de humor cos seus atrevidos monólogos. Grupos como o cuarteto de Marín Picuiña, Os Melidaos, Caivanca, Millo Verde ou Os Viqueiras completaron unha xornada musical que se prolongou ata a noitiña.

Podedes ver diversas fotos do evento no seguinte enlace:

Fotos XIII Xantar Gaiteiro

www.gaiteirosgalegos.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-04-2008 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
Disco de Pradairo

O grupo Pradairo nace tras a fusión, ou deberíase dicir a aliaxe?, de dúas formacións, por un lado Acibeche, grupo de pandereteiras de Compostela e polo outro Xa son faif, agrupación de corte instrumental procedente de Teo formada por saxo, acordeón, gaitas e percusións.

Con esa semente, xuntáronse os dez membros de Pradairo nun local da Asociación Castro Lupario de Calo e nel chegaron a montar un repertorio que en pouco tempo xa sentían deles. Logo gravaron unha maqueta, presentaronse ó Certame de Radio Obradoiro, e... soou a gaita!! Gañaron!!

O resultado ten a portada que mirades ó lado e del podedes escoitar varios temas na páxina web do grupo. Por qué o disco chámase así, ALIAXE? Eles explican que a súa música ?é unha reinterpretación da tradición, mesturando as diferentes vertentes radicionais?.

Pradairo - Aliaxe

"Hoxe en día está cada vez máis de actualidade a fusión de músicas de todo o mundo como medio de enriquecemento artístico, así existen xa proxectos que mesturan flamenco, música africana, folk, música actual ou música tradicional con resultados cada vez máis enriquecedores"."Dende Pradairo decidimos investiga-las posibilidades de facer esta ?fusión? creativa sen necesidade de atravesa-las nosas fronteiras, mesturando tódalas vertentes da música tradicional galega dende as pandereteiras ás charangas pasando polos cuartetos de gaitas ou a música coral".

No disco mestúranse temas ensinados por Felisa Segade de Leilía, temas sacados de recompilacións de música galega como Raiceiras ou Tecnosaga, un tema recollido por Luis Prego e varios temas recollidos ou creados polo propio grupo.

PRADAIRO SON:

  • Ana Belén Ferreira (pandeireta e voz)
  • María Alejandra Golán (pandeireta e voz)
  • María de los Ángeles Ferreira (pandeireta e voz)
  • María Elena Ferreira (pandeireta e voz)
  • Nuria Golán (pandeireta e voz)
  • Esteban Lamas (acordeón e voz)
  • José Antonio Ferreira (gaita voz e bombo)
  • Ricardo González (percusións)
  • Roberto Rama (saxo e voz)
  • Carlos Mosquera (gaita e voz)

www.pradairo.es

www.merlobranco.com

Comentarios (4) - Categoría: Discos - Publicado o 01-04-2008 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0