Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Primeiro disco de Ophiusa
Primeiro traballo discografico do grupo OPHIUSA, "Paos", que sairá á venda na primeira quincena de Abril do 2008.

O grupo OPHIUSA nace hai dúas décadas, a mediados do ano 1986, en Santiago de Compostela. Durante case dez anos o grupo amosa o seu traballo en escenarios diversos, entre outros: Festival Cidade Vella en 1990, Auditorio de Galicia en Compostela en 1992, Esmorga Folk en Bandeira no 1994. Así mesmo realizan duas xiras polas Illas Británicas nos anos 1988 e 1990.

No ano 1995 a formación decide facer unha paréntese na súa actividade como grupo. Sen embargo a finais do ano 2005, Ramón Feáns, Paco Nogueiras e Antonio Presedo voltan a se xuntar de novo con vistas a facer unha sinxela posta en común das súas respectivas traxectorias musicais. De resultas de dita toma de contacto, e despois de comprobar a grande cantidade de ideas estético-musicais que seguen tendo en común, dez anos despois, deron o paso de retomar o antigo proxecto que representara dita formación musical, contando coa colaboración fundamental de Paulo Gacio, quen xa tivera ocasión de tocar con Ramón Feáns no grupo Driade, pero foi esta nova posta en común con Paco Nogueiras o que os animou a recuperar a antiga formación OPHIUSA, renovada coas novas experiencias acumuladas por cada un deles nas diversas bandas e formacións musicais polas que pasaron nestes anos.



Concertos:

Presentación do disco:
18 abril Santiago de Compostela, Centro Sociocultural do Ensanche
3 maio A Coruña, FNAC
17 maio Santiago de Compostela, Sala Capitol
31 maio Ferrol, Fundación Artabria
14 xuño Negreira, (A Coruña)


www.myspace.com/ophiusafolk
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 16-04-2008 02:06
# Ligazón permanente a este artigo
Ruxe-Ruxe reúne rock e melodías tradicionais en «Xigante»
Rock de sempre e música popular. Iso é o que promete Ruxe-Ruxe no seu recén editado disco Xigante.

O grupo compostelán presenta doce cancións que afondan na súa particular mestura de guitarras eléctricas e gaitas. Este sexto disco da banda está publicado por Pai Música e José Patiño, responsable de promoción do selo, asegura que debe ser «o do despegue do grupo». Patiño explica que Ruxe-Ruxe era «unha banda potente na que se mesturaban o rock, o ska e algunhas actitudes punk ». Patiño considera que a banda é «un puntal do panorama musical rock en Galicia».

O cantante da banda, Vituco, explicou que, tras doce anos de Ruxe-Ruxe, «a música se convertera nun modo de vida que consiste en estar sempre rodeados de guitarras eléctricas e cargando e descargando amplificadores». A pesar de que a visión pode ser laboral, o vocalista asegurou que non se podía falar de industria musical en Galicia. Vituco estendeu a explicación para asegurar que «se fala moito da industria, pero non existe como tal».

Profesionalización
Para o cantante do grupo, «o que se fai está destinado a sobrevivir». Engadiu que non era aínda o momento da profesionalización, por máis que «se avanzara moito nos últimos anos»: «Polo menos agora existimos como grupos e se fala de nós». Aínda así, considera que a nula atención que a Televisión de Galicia presta á música galega non axuda á súa difusión.

En canto á música de Xigante, Vituco explicou que mantiñan as influencias de sempre e que gustaban da música dos setenta do «rock clásico». O outro pau que sinalaron foi a da música tradicional. No grupo hai, segundo o seu vocalista, «un gran respecto pola música tradicional».

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-04-2008 01:31
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá de hoxe con Antón Corral
Hoxe, martes, día 15/04/2008

O programa Alalá estará cun dos luthiers mais querido e admirado deste recuncho da terra, e non hai que buscalo en ningures porque está aquí, entre nós, chámase Antón Corral, e distinguiuse por perseguir durante toda a súa vida un xeito de ser, algo que conseguiu a pesar das dificultades.

O mundo da gaita, o mundo do ensino, da construción de instrumentos, do rescate doutros como a zanfona, a requinta ou pito pastoril, a creación da Escola Obradoiro da Universidade Popular de Vigo ou a Banda de Gaitas Xarabal son un pequeno resumo de todo o que este home, fundamental para o universo da gaita, fixo e aínda fai pola paixón da súa vida.

Desde moi novo involucrouse no mundo da gaita e deixou o seu traballo de axente comercial por motivos de saúde. Lugo foi a cidade onde desenvolve a súa vida. A música que se lle meteu nos ósos de moi noviño fixo que se enrolara en varios grupos tradicionais ?"Os Garabullos do Alto", "Os Montes de Lugo" ou "Os Modernos".

No programa "Alalá" desta noite descubriremos o universo dun prodixio para a cultura musical galega: Antón Corral, pero non estará só, acompañarano no programa moitos amigos, ex alumnos, familiares... só algúns dos que admiran e queren a Antón. Ademais dos recoñecementos e premios que levou ao longo da súa vida, espérao un dos mellores que un mestre pode recibir.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 15-04-2008 00:39
# Ligazón permanente a este artigo
Malmequer no Muiño Vello de Redondela
Pois si, hoxe martes Malmequer e amigos estarán no Muiño Vello de Redondela para cumplir con varios dos artigos nos que se baseou a súa fundación: música, baile tradicional, festa e gastronomía.


A partir das 22:30 no Muiño Vello de Delio (Redondela)
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 15-04-2008 00:38
# Ligazón permanente a este artigo
Charlas e Roteiros sobre Patrimonio en Pontevedra

Organizados polas Delegacións provinciais das Consellarías de Cultura e Medio Rural en Pontevedra para divulgar o Patrimonio Arqueolóxico.
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 15-04-2008 00:34
# Ligazón permanente a este artigo
Premios Pandereteiras IX Concurso de Música Tradicional Xiradela

IX Concurso de Música Tradicional da Asociación Xuvenil Xiradela

PANDERETEIRAS/OS:

O concurso celebrouse o domingo día 13 de abril no auditorio do Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo.


CATEGORÍA A: (ata os 10 anos)
1ºPREMIO: "Meniñas" do grupo de pandereteiras Tarambainas, Lavadores-Vigo
2ºPREMIO: "Pedravixía" da A.C. Adro de Baio
3ºPREMIO: "Regalía" da AA.VV A Coteleira de Cores-Nemeño

CATEGORÍA B: (de 11 a 13 anos)
1ºPREMIO: "Morazón" da A.M.D.T. Queiroa de Mondego-Sada
2ºPREMIO: Grupo "c" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos
3ºPREMIO: "Maiola" da Asociación Cultural Virxen da Saleta de Silván

CATEGORÍA C: (de 14 a 17 anos)
1ºPREMIO: "Taín" da A.C. Adro de Baio
2ºPREMIO: "Névedas" da Agrupación Cultural Arume de Verdillo
3ºPREMIO: "Grialia"

CATEGORÍA D: (de 18 anos en diante)
1ºPREMIO: Pandereteiras "Os Muíños de Oliveira"
2ºPREMIO: "Velaí Ven" da A.C Donaire
3ºPREMIO: "Trebellos" da A.X. Regueifa
Comentarios (112) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 14-04-2008 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
O Leo: A etiqueta folk en Galiza está maldita
"A etiqueta folk en Galiza está maldita", di o filólogo Leo F. Campos, inventor do proxecto de raíz punk O Leo i arremecághona!!! "Todos o odiamos un pouco pola súa débeda histórica coas demais músicas".

O Leo, que grabou A maldición dos ghusanitos con guitarra, banda de gaitas e percusión tradicional (co tamboril de caixa e a pandeireta de pratos), revisa a estética musical e política do país con trazas glam e punk. Pero é consciente de que a súa proposta remataría en folk nos arquivos de calquera web anglosaxona, como lle pasa a Micah P. Hinson sen querelo. "A música galega que se exporta aquí é o folk comercial porque só se apostou por el", di. "Máis razóns teremos aquí para rebelarnos contra ese folk ca en USA, onde Jonathan Richman e o resto de antifolkies só espernexaban contra o patrón clásico de cantautor contestatario".

Contra o interese do folk que aspira a ser vendido coa etiqueta comercial World Music -onde se estabulan a un tempo discos de Farka Touré, Enya ou Rosa Cedrón-, Fernández comparte a necesidade de recuperar "a taberna". "A música que me gusta pasa polo riff de gaita de Galicia Caníbal ou as pandeiradas de Ataque Escampe en Galicia es una mierda. Pero tamén me gustan Os Cempés ou A Roda".

Esgotada a cuestión dos xéneros, O Leo -que agora prepara Follas de Ruta, con música en formato cd-rom e os relatos de Como ser punk en Galiza- encana folk e creative commons: "A xente de A Roda escribiu no disco Falade galego que todos os temas eran populares, e iso que moitos eran seus. Agora semella que a aspiración é a contraria".

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-04-2008 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
Programa completo do circuito 4x4
O Circuíto 4x4 levará catro ciclos de canción de autor, jazz, fusión e música tradicional e folk a 13 concellos de Galiza

Música galega e de calidade. A Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural pon en marcha por segundo ano consecutivo o Circuito Cultura Vai 4x4, unha proposta de ciclos temáticos que chegará a trece concellos de Galiza. Dezaseis grupos participan nesta programación divididos por estilos: Jazz, Canción de Autor, Música tradicional e folk e Fusión.

Desde o 18 de abril e ata o 30 de xuño, desenvolveranse 56 concertos nas localidades de Santiago, Pontevedra, Ourense, a Universidade de Vigo, Allariz, Arteixo, As Pontes, Burela, Cerceda, Foz, Gondomar, Oleiros e Ribadeo. Os primeiros concertos en celebrarse son o próximo venres, con Fía na Roca nas Pontes, Faltriqueira en Pontevedra e Leo Gianetto?s Jazz Project en Santiago.

O programa do Circuito 4x4 consta de catro ciclos.

No ciclo Música Tradicional e Folk participan Fía na Roca, Faltriqueira, Treixadura e Quempallou. Desenvolverase en Pontevedra do 18 de abril ao 31 de maio, nas Pontes do 18 de abril ao 9 de maio, en Santiago de Compostela do 25 de abril ao 30 de xuño, na Universidade de Vigo (campus de Vigo e Ourense) do 8 ao 29 de maio, en Cerceda do 16 de maio ao 27 de xuño, en Gondomar do 17 ao 25 de maio, e en Burela do 24 de maio ao 13 de xuño.

O ciclo de Canción de Autor inclúe a Narf, Rosa Cedrón, Silvia Penide e Carmen Dor. As súas actuacións poderán verse en Santiago de Compostela do 23 de abril ao ao 26 de xuño, en Ourense do 30 de abril ao 11 de xuño, e en Arteixo do 9 ao 30 de maio.

No ciclo de Fusión participan catro grupos que practican música de fusión e de vangarda: Mercedes Peón, Leo Gianetto?s Jazz Project, ISGA Collective e Víctor Aneiros Band. Actuarán en Santiago de Compostela do 18 de abril ao 18 de xuño, en Oleiros do 25 de abril ao 6 de xuño, en Foz do 16 ao 30 de maio, e en Ribadeo do 23 de maio ao 14 de xuño.

Por último, o ciclo de Jazz inclúe as formacións Abe Rábade Trío, Alberto Conde Trío, Tarela Gradín & Manuel Gutiérrez e Xacobe Martínez Antelo Quinteto. Os concertos deste ciclo desenvolveranse en Allariz do 25 de abril ao 20 de xuño.

Colaboración cos concellos

O Circuito 4x4 é unha proposta de programación cultural que a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural ofrece aos concellos. O departamento que dirixe Luis Bará asume o 50% do caché dos grupos de cada ciclo, mentres que cada concello ten que poñer o 50% restante. Deste xeito a Consellaría de Cultura dá aos municipios a posibilidade de programar propostas artísticas feitas en Galiza, de calidade contrastada e de gran diversidade estilística.

O Circuito 4x4 aposta por axudar á valoración social do traballo artístico e pola profesionalización do sector musical galego. Para acadar estes obxectivos os concertos programaranse en formato ciclo, fóra da época de verán e en teatros, auditorios e recintos pechados, nos que se cobra entrada.

CICLO DE MÚSICA TRADICIONAL E FOLK

Pontevedra
Teatro Principal, 5? (3? reducida)
18 de abril: Faltriqueira
25 de abril: Fía na Roca
24 de maio: Treixadura
31 de maio: Quempallou

As Pontes
Cine Alovi, 3? (2? reducida)
18 de abril: Fía na Roca
26 de abril: Faltriqueira
2 de maio: Quempallou
9 de maio: Treixadura

Santiago de Compostela
Teatro Principal, 5?
25 de abril: Faltriqueira
27 de maio: Quempallou
23 de xuño: Treixadura
30 de xuño: Fía na Roca

Universidade de Vigo
Sala Multiusos Edificio Facultades (Campus de Ourense)
8 de maio: Fía na Roca
29 de maio: Faltriqueira
Teatro da Cidade Universitaria (Vigo)
8 de maio: Quempallou
15 de maio: Treixadura

Cerceda
Auditorium Municipal, 3?
16 de maio: Treixadura
13 de xuño: Fía na Roca
20 de xuño: Faltriqueira
27 de xuño: Quempallou

Gondomar
Auditorio Municipal Lois Tobío, 3? (2? reducida)
17 de maio: Treixadura
18 de maio: Quempallou
24 de maio: Faltriqueira
25 de maio: Fía na Roca

Burela
Casa da Cultura, 3? (2? reducida)
24 de maio: Fía na Roca
25 de maio: Quempallou
7 de xuño: Faltriqueira
13 de xuño: Treixadura

CICLO DE CANCIÓN DE AUTOR

Santiago de Compostela
Teatro Principal, 5?
23 de abril: Narf
11 de maio: Carmen Dor
11 de xuño: Rosa Cedrón
26 de xuño: Silvia Penide

Ourense

Auditorio Municipal-Pazo de Congresos, 3?
30 de abril: Narf
21 de maio: Rosa Cedrón
31 de maio: Silvia Penide
11 de xuño: Carmen Dor

Arteixo
Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo, 3,50 ? (2,63 ? reducida)
9 de maio: Silvia Penide
16 de maio: Carmen Dor
23 de maio: Rosa Cedrón
30 de maio: Narf

CICLO DE FUSIÓN

Santiago de Compostela
Teatro Principal, 5?
18 de abril: Leo Gianetto?s Jazz Project
28 de maio: ISGA Collective
12 de xuño: Víctor Aneiros Band
18 de xuño: Mercedes Peón

Oleiros
Auditorio C.C. A Fábrica, 3?
25 de abril: Victor Aneiros Band
24 de maio: Mercedes Peón
30 de maio: Leo Gianetto´s Jazz Project
6 de xuño: ISGA Collective

Foz
Sala Bahía, 3? / 2?
16 de maio: ISGA Collective
30 de maio: Mercedes Peón

Ribadeo
Auditorio Municipal Hernán Naval, 4? / 2?
23 de maio: Victor Aneiros Band
14 de xuño: Leo Gianetto?s Jazz Project

CICLO DE JAZZ

Allariz
Salon de actos da Casa da Cultura, 3? (2 ? reducida)
25 de abril: Abe Rábade Trío
30 de maio: Alberto Conde Trío
13 de xuño: Tarela Gradín & Manuel Gutiérrez
20 de xuño: Xacobe Martínez Antelo Quinteto


Catálogo completo do programa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-04-2008 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
Adiviña: Banda de gaitas galega ou escocesa?
O eterno debate dos últimos anos, agora tamén no Youtube con estes videos tan "galegos". Iso sí, ante todo viva o espectáculo.

NF&C Pipes Band





Resposta: Banda de Gaitas Nova Fronteira e Cartelle, dos concellos de Barbadás e Cartelle (Ourense).

Coñecida entre os amigos como NF&C Pipes Band.
Comentarios (15) - Categoría: Novas - Publicado o 11-04-2008 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 11 (Venres)
? Loretta Martin na Sala Baranda do Barco
? Alba Noctua (Paloma Suanzes e Miguel Mosquera) no Salasón de Cangas
? Pai da Cana as 20:00 na Asociación de veciños de San Roque (Pontevedra)
? Renato Spenser & Cafe Cachaça na Taberna de Vi as 22:30 (Balaidos-Vigo)
? Estalotada en Compostela

Sábado 12
? Tres Peixes Voando na Sala Clavicémbalo (Lugo)
? Presentación en directo do novo disco de Ruxe-Ruxe, con Pito do Pikasso, Ultraqans e Markinhos Drinkin na Sala capitol (Compostela)
? Capitán Furilo no Vagalume (Salvaterra)
? Som do Galpóm no Pub Stereo de Laracha
? The Homens na Sala Clan (Xinzo)
? Ataque Escampe no Esmorga (Ourense)
? Serán en Angudes (Crecente)
? Serán en Santa María de Salceda (Salceda de Caselas)
? Serán do Ghaiteiriño (Aldán) ADIADO

Domingo 13
? IX Concurso de Música Tradicional Xiradela en Arteixo (A Coruña)
? A Compañía Do Ruido na Sala 600 de Melide

Segunda feira 14 (Luns)
? A Compañía Do Ruido na Sala Xesteira (Ourense)

Terza feira 15 (Martes)
? Malmequer no Muiño Vello de Redondela
? Macfeck no Dublín (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-04-2008 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
E continúan os Seráns
Sábado 12 abril:
-Serán en Angudes (Crecente)
-Serán en Santa María de Salceda (Salceda de Caselas)
-Serán do Ghaiteiriño (Aldán) ADIADO

Sábado 19 abril:
-Serán en San Pedro (Nigrán)
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-III Foliada de Cerqueda (A Coruña)

Sábado 26 de Abril:
-II Noite de Fiadeiro en Ramirás (Ourense)
-Ruada en Catoira
-Serán no Centro Cultural San Roque de Morgadáns (Gondomar)
-Serán no C.S. O Fresco (Ponteareas)
-Serán do Gaiteiriño (Aldán)

Domingo 27 de Abril:
-IV Foliada de Melide

Sábado 3 de maio:
-III Serán do Coello? en Lourido (Soutomaior)
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)

Sábado 10 de maio:
-Serán no Porriño (Praza de S.Benito)
-III Serán do Mar de Rianxo

Sábado 17 de maio
-Serán en Romaríz (Soutomaior)
-Serán en Chaín (Gondomar) no C.C. A Merced
-Serán en Redondela (Alameda)

Sábado 24 de maio
-Serán en Sobrada (Tomiño)

Sábado 31 de maio
-II Serán As Angustias (As Angustias-Nigrán)

14 e 15 de Xuño
-Foliada e Romaria do Lecer de Xacarandaina na Coruña

Sábado 28 de xuño
-Serán do Fiadeiro (Vigo))
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 11-04-2008 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
Novas fotos subidas
Seguimos a subir Foliadas e Seráns...
Hoxe toca:

Cea Amalghama e Malmequer, no furancho de Donas

Serán de Santiago de Oliveira
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-04-2008 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile (04/04/08)
Vai de baile do 4 de abril de 2008

Os Aturuxos VS Festixeiros


Concurso



Xurado

Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 11-04-2008 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto e disco de Ruxe-Ruxe
Presentación "mundial" do novo traballo de Ruxe-Ruxe:

Sábado 12 de abril na sala Capitol de Compostela ás 22.30

A entrada, á venda en Discos Gong, Tenda A Reixa e o Trasgo, ten un prezo único de 10 euros e co agasallo do novo disco.

Acompañarán a RUXE-RUXE:

* PITO DE PIKASSO
* ULTRAQANS (ex-Papaqueixos)
* MARKINHOS DRINKIN


Son unha banda que "non leva dous días" na música, como os presentou José Patiño, de PAI Música. Ruxe Ruxe son un dos grupos máis veteranos do rock galego. En doce anos, mantivéronse fieis a un estilo baseado no rock, cunha "actitude punk descaradísima" no directo, e, ao tempo, un fondo respecto pola música tradicional, facendo convivir a potencia da gaita e das guitarras eléctricas.

"Son un dos pesos pesados do noso selo", afirmou Patiño. Da media ducia de discos que sacaron, os catro últimos foron editados por PAI: Terra dos comentos,Fervendo, Comercial e este Xigantes, gravado nos estudios Casa de Tolos, de Gondomar, e producido polo propio grupo, liderado por Vituco Neira (guitarra e voz) e que completan o baixista Antón "Torroncho" Fernández, o gaiteiro Xaco Barona, o batería Álex Sevilla, Xan no saxo e coros, e Martín Zapata e Jimmy Carlitos "Wei" nas guitarras, e máis por Segundo Grandío.

Unha ducia de cancións en formato jewel box, con espectacular deseño de Xulio Zé (na portada, un dinosaurio e unhas letras xaponesas lembran a estética da serie B), e mais unha pista interactiva que permite ver o videoclip de Xigantes (obra de Miguel de la Peña e Jorge Rodríguez), integran o disco, que conta, amais, con colaboracións como as de Xurxo Souto, a lendaria voz dos Diplomáticos, García, de Dios ke te Crew, ou Bocixa, de Zënzar, en "Feliz". Tamén participan Mañufe Horns (José Pérez á trompeta, David Fernández, "Michy", no trombón, e o saxo Pablo Casal).


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-04-2008 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
IX Concurso de Música Tradicional da Asociación Xuvenil Xiradela

IX Concurso de Música Tradicional da Asociación Xuvenil Xiradela

PANDERETEIRAS/OS:

O concurso celebrarase o domingo día 13 de abril no auditorio do Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo.

Nesta novena edición contará con dúas sesións:
Ás 11:00 h da mañá para as categorías A (ata os 10 anos) e C (de 14 a 17 anos).

Ás 17:00 h da tarde para as categorías B (de 11 a 13 anos) e D (de 18 anos en diante).

Os premios serán os seguintes:

PANDERETEIRAS:

CATEGORÍA A e B:
1º premio: Trofeo e 200 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría

CATEGORÍA C e D:
1º premio: Trofeo e 250 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

No momento da calificación o xurado terá en conta:

- Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional (no caso dos cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas a peza pode ser recollida ou de composición).
- Dificultade da mesma.
- Afinación e interpretación.

Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-04-2008 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Os Tempos son Chegados en Vigo

NO MUSEO VERBUM DE VIGO, ATA O 27 DE ABRIL

A Casa das Palabras acolle, despois de que xa pasara por outras vilas, a exposición ?Os tempos son chegados?. A mostra ofrece unha curiosa visión sobre o país e sobre as características que definen a Galiza e os galegos, usando como base os versos de Pondal que, musicados por Pascual Veiga, se converteron nun dos nosos maiores símbolos: o Himno

Os tempos son chegados? é o título da exposición que, desde o martes 25 de marzo e ata o 27 de abril acolle o Museo Verbum de Vigo. A mostra, organizada pola Vicepresidencia da Xunta con motivo do cumprimento dos cen anos desde que os versos do poema Os Pinos de Eduardo Pondal acompañados da música de Pascual Veiga foran interpretados por primeira vez na Habana(Cuba) e se converteran no Himno galego, ofrece unha completa visión sobre a realidade do país.

A través de dez paneis que levan por título versos do Himno Galego, a exposición fai un percorrido onde se explica a situación xeográfica do territorio onde acontece a nosa historia (?Na costa verdecente?); os devanceiros arquitectónicos e epónimos galegos (?Confín dos verdes castros?); a orixe e o significado do escudo galego e a lenda de Breogán (?Fogar de Breogán?); a lingua e a literatura galega (?A nosa voz pregoa?); a creación dun Panteón de Galegos Ilustres (?Os bos e xenerosos?); a bandeira de fondo branco e franxa azul (?Non des a esquecemento?); a música, cantigas medievais, bailes e danzas como identidade galega (?O noso rouco son?); as datas e épocas conmemorativas (?Nazón de Breogán?); a historia e autor do Himno (?Esperta do teu sono?); e a letra orixinal do Himno, que data de 1890 (?Os pinos. Himno Galego?).

Comisariada por Miguel Anxo Seixas, a mostra itinerante antes de parar en Vigo xa estivo exposta en Ponteceso, Mondoñedo, A coruña e Lugo e posteriormente seguirá o seu camiño ata Pontevedra e Cangas do Morrazo co fin de que a visite o maior número posible de persoas. Non obstante, agora faino na cidade olívica, concello que xogou un importante papel na historia galega recente. Alí foi onde a celebración do 25 de xullo como Día da Patria Galega tomou carta de natureza, onde se acordou, nunha asemblea nacionalista, que a bandeira de Galiza ondease nos concellos, e onde a selección galega de fútbol xogou por primeira vez en 1922.

A exposición poderá ser visitada de forma gratuíta de martes a domingo na planta baixa do museo Verbum-Casa das Palabras de Vigo, na Avenida de Samil, con entrada gratuíta, unha boa maneira de celebrar o centenario daquel 20 de decembro de 1907, cando no Teatro Tacón da Habana soou aquel canto galego, do que, a partir de 1909, se xeneralizaría a súa interpretación pública en Galiza.

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-04-2008 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
XVII Festival Intercéltico do Porto

O galego Xosé Manuel Budiño e os irlandeses Beoga são os cabeças-de-cartaz do XVII Festival Intercéltico do Porto, que se realiza a 11 e 12 de Abril, no Cinema Batalha, disse à agência Lusa fonte da organização.


O festival desenrola-se em dois concertos duplos no Porto, com os grupos portugueses Galandum Galundaina e Encontros da Eira a assegurar a primeira parte dos concertos.

O grupo tradicional "Encontros da Eira", com 11 elementos, é a face mais visível da Associação com o mesmo nome (ACEE), sediada na Camacha, na Madeira, que tem como objectivos globais a investigação, a recolha e preservação e conservação de usos e costumes daquela região autónoma.
Este grupo, que tem já dez anos de carreira, abre o festival, a 11 de Abril, antecedendo o galego Xosé Manuel Budiño (gaita de foles e voz), que fecha a primeira noite do festival, acompanhado pelo seu sexteto.

Xosé Manuel Budiño começou a sua educação musical aos 7 anos, aprendendo flauta, e oito anos mais tarde, aos 15 anos, participou pela primeira vez num festival - o de Lorient, em França.
Em 1987, integrou o "Obradoiro de Instrumentos Populares" da Universidade Popular de Vigo, dirigido por Antón Corral e foi solista da banda de gaitas "Xarabal".
A partir de então, participou em diversos festivais europeus e em concursos, tendo obtido três primeiros prémios e representado, durante quatro anos consecutivos, a Galiza (na categoria de solista de gaita de foles) no Macallan Trophy, no Festival Intercéltico de Lorient.
No final de 1997 lançou o seu primeiro disco, "Paralaia", em que contava com a colaboração de Kepa Junquera, Mercedes Péon e Jacky Molard.
Com a banda "Fol de Niu", Budiño iniciou a transição entre a experiência anterior essencialmente ligada à música instrumental e tradicional e o repertório de fusão que actualmente marca o seu trabalho.
Dez anos depois da edição de "Paralaia", Xosé Manuel Budiño editou "Home", um disco que consolida uma reputação de "artista original, de criador infatigável e inovador, inventor de melodias impossíveis".
Mercedes Péon (voz), David Salvado (voz e pandeireta), Paulo Borges (voz e piano), Miguel Seoane (guitarra), Jacky Mollard (violino) e Carlos Castro (bombo) acompanham Budiño na sua apresentação no XVII Festival Intercéltico do Porto.

O segundo dia do festival arranca com os Galandum Galundaina, de Miranda do Douro, formado por Paulo Meirinhos, (voz, bombo, gaita de foles galega e percussões tradicionais), Paulo Preto (voz, gaita de foles mirandesa, sanfona e flautas), Manuel Meirinhos (voz, percussões tradicionais e flautas) e Alexandre Meirinhos (voz, caixa de guerra e percussões tradicionais)
A carreira do grupo iniciou-se em 1996 com o objectivo de recolher, investigar e divulgar o património musical das Terras de Miranda, assim como as suas danças e língua.
Desde então, impuseram-se como "embaixadores" da cultura mirandesa, tendo actuado em inúmeros festivais e concertos na Europa e América do Sul.

Cabe aos irlandeses Beoga (palavra irlandesa para vivo, animado) encerrar o XVII Festival Intercéltico do Porto.
Originária de Country Antrim, a banda nasceu depois duma intensa "jam session" que aconteceu no festival All Ireland Fleadh, em Agosto de 2002.
O som único que apresentam muito deve aos duelos entre os acordeões de Séan Óg Graham e Damian McKee em sintonia perfeita com Eamon Murray (quatro vezes campeão de bodhrán, da Irlanda) e com o pianista Liam Bradley.
Os Beoga foram nomeados em 2005 para o Prémio de melhor banda revelação da música tradicional do seu país.
Ao integrarem na banda Niamh Dunne (violino e voz), uma das melhores jovens vozes irlandesas, os Beoga confirmaram a sua reputação como um dos mais interessantes grupos a surgir na cena musical dos últimos tempos.
O seu primeiro disco foi lançado em Setembro de 2004, tendo o seu mais recente trabalho - "Mischief" (2007) - sido considerado por alguns críticos como o melhor álbum de música tradicional irlandesa do ano.

O festival tem uma extensão na Casa das Artes de Arcos de Valdevez, para onde está previsto um concerto com os Galandum Galundaina e os Beoga, no dia 12.

http://ww1.rtp.pt

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-04-2008 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
Ruxe Ruxe fanse 'Xigantes'
Un dos grupos clave do rock galego presentou o seu último disco na sala compostelá Capitol, que acollerá tamén o concerto de presentación o próximo sábado.

Son unha banda que "non leva dous días" na música, como os presentou José Patiño, de PAI Música. Ruxe Ruxe son un dos grupos máis veteranos do rock galego. En doce anos, mantivéronse fieis a un estilo baseado no rock, cunha "actitude punk descaradísima" no directo, e, ao tempo, un fondo respecto pola música tradicional, facendo convivir a potencia da gaita e das guitarras eléctricas.

"Son un dos pesos pesados do noso selo", afirmou Patiño. Da media ducia de discos que sacaron, os catro últimos foron editados por PAI: Terra dos comentos, Fervendo, Comercial e este Xigantes, gravado nos estudios Casa de Tolos, de Gondomar, e producido polo propio grupo, liderado por Vituco Neira (guitarra e voz) e que completan o baixista Antón "Torroncho" Fernández, o gaiteiro Xaco Barona, o batería Álex Sevilla, Xan no saxo e coros, e Martín Zapata e Jimmy Carlitos "Wei" nas guitarras, e máis por Segundo Grandío.

Unha ducia de cancións en formato jewel box, con espectacular deseño de Xulio Zé (na portada, un dinosaurio e unhas letras xaponesas lembran a estética da serie B), e mais unha pista interactiva que permite ver o videoclip de Xigantes (obra de Miguel de la Peña e Jorge Rodríguez), integran o disco, que conta, amais, con colaboracións como as de Xurxo Souto, a lendaria voz dos Diplomáticos, García, de Dios ke te Crew, ou Bocixa, de Zënzar, en "Feliz". Tamén participan Mañufe Horns (José Pérez á trompeta, David Fernández, "Michy", no trombón, e o saxo Pablo Casal).

Como explicou Vituco Neira, "o importante é que para nós, a música é un xeito de vida. Son doce anos de cargar e descargar amplificadores, de termos que deixar traballos para poder ensaiar... Chegou un momento en que tiñamos un feixe de cancións e queriamos sacalas á luz". Agora poderemos coñecer o resultado, ás 22.30 do sábado, na Sala Capitol. A entrada, á venda en Discos Gong, Tenda A Reixa e o Trasgo, ten un prezo único de 10 euros, que inclúe unha copia do disco, amais de coñecer aos composteláns Pito de Pikasso, "os futuros Siniestro", segundo Vituco, e Ultracáns (ex papaqueixos).

Como adianto, aquí podemos ver o videoclip:



www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-04-2008 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Adiado o Serán do Gaiteirinho

Por razóns meteorolóxicas queda adiado para unha nova data o Serán do Gaiteirinho e a homenaxe a Pepe o Choula (O Peixe) que ía celebrarse este sábado 12 de abril en Aldán.

Xa informaremos da nova data.
Comentarios (3) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 10-04-2008 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Fotobiografía sonora de Celso Emilio Ferreiro
Ouvirmos recupera en imaxe e voz a Celso Emilio Ferreiro

Detrás de cada grande autor, adoita haber unha grande historia. Para coñecer a vida persoal de Celso Emilio Ferreiro, o selo discográfico Ouvirmos presentará o vindeiro día 16 no Concello de Pontevedra unha fotobiografía sonora, ao igual que fixera tres anos atrás coa figura de Manuel María.

A obra achega unha nova aproximación ao autor de Celanova, amosando as 120 fotografías que compoñen o seu álbum familiar, cunha breve introdución a cargo de Ramón Nicolás sobre a súa traxectoria vital por Pontevedra, Vigo, Venezuela e Madrid. Tamén inclúe reproducións das portadas máis importantes das súas obras.

Adxúntanse ao volume dous CDs: un, coa voz do propio poeta recitando parte da súa obra; e outro, cunha escolma de 15 poemas musicados por grupos como Fuxan Os Ventos, Los Tamara, María Manuela, Suso Vaamonde e Voces Ceibes, entre outros.

As fotografías foron facilitadas pola Fundación Celso Emilio Ferreiro, ao igual que as gravacións coa voz do autor de Longa noite de pedra, que houberon de pasarse de cassette a CD.

Escolma musical
Por outra banda, a selección musical pertence ao arquivo de Ouvirmos, que tivo que desbotar algúns temas para ofrecer unha ampla variedade de estilos e autores, segundo explicou o responsable de Ouvirmos, Xosé Manuel Aldea.

Con todo, a maioría das cancións foron recuperadas de discos de vinilo dos anos 60 e 70, salvo un tema realizado para a ocasión pola banda de hip hop Dios Ke Te Crew, quen lle puxo son a Deitado frente o mar. Xurxo Souto encárgase de realizar unha introdución do contexto no que foron compostas as cancións a raíz dos poemas de Celso Emilio, a modo de guía.

Segundo Aldea, trátase dun libro artístico que, ao igual que o adicado Manuel María, contará con "moita acollida no mundo do ensino", xa que para os profesores resulta un material "novidoso" para espertar o interese polos autores incluídos no currículo escolar. O volume estará dispoñible en librerías a un prezo de 39 euros.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-04-2008 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
Macfeck e outros galegos do mundo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-04-2008 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Gaiteiros Galegos
O vindeiro domingo 13 de Abril de 2008 a Asociación de Gaiteiros Galegos celebra, como cada ano, a súa Asemblea Xeral Ordinaria.

Esta reunión, á que están citados todas e todos os soci@s desta entidade, terá lugar ás 11:00 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 horas en segunda convocatoria. O lugar elixido é a Auditorio da Sede da Fundación Caixa Galicia, situado na Rúa do Vilar 19, en Santiago de Compostela.

É importante que tod@s os que formamos parte da asociación asistamos á asemblea para participar activamente deste proxecto que nos une e polo que temos que traballar xuntos.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-04-2008 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Mutenrohi
XOVES, 10 DE ABRIL, 11:00 HORAS, LIVRARÍA TORGA (RUA DÁ PAZ, OURENSE)

PRESENTACIÓN DO SEU NOVO DISCO "SETE"


2.008 preséntase como un ano cheo de traballo para Mutenrohi.

Estiveron a gravar o que será o seu sétimo disco, logo duns últimos anos moi intensos, coa publicación do seu disco décimo aniversario en directo "e van dez" no ano 2.005, e despois coa xira conxunta con Cristina Pato nos anos 2.006 e 2.007, así como a gravación dun CD DVD por título "Misturados".

A todo isto hai que engadirlle a súa xira polo Reino Unido ao longo destes dous últimos anos, que os levou a tocar cos míticos Wolfstone en Escocia.
De aí xurdiu a amizade con Duncan Chisholm (violinista dos Wolfstone) que colaborou na gravación de "SETE", novo disco da banda que verá a luz a principios do mes de Abril.

Pero hai que engadir a moitos máis amigos, como a mismísima Cristina Pato, a gran voz de Eva Carreiras (OT) ou de Laura Moure, a frauta de Diego Fortes (Lume), a Banda de Gaitas de Cea (a máis laureada de Galicia) e a guitarra de Mcarballo.

Pero non queda aquí a cousa, e estarán de novo de xira polo Reino Unido, así como participarán no mítico festival de Lorient ou no Festival Celta de Isigneic (ámbos en Francia).

"Sete" representa a madurez da banda, e a fusión definitiva do pop coa tradición nun estilo xa totalmente definido que fai que cada canción soe a Mutenrohi.

En total 11 novas cancións e dous temas rescatados dun directo, entre os que cabe destacar a bellísima versión de "A Lavandeira", coa inconfundible gaita de Cristina Pato e a marabillosa voz de Eva Carreiras, ou a versión en directo xunto á Banda de Gaitas de Cea do mítico tema de Dan Ar Braz "Greenlands".

En definitiva "Sete" é máis Mutenrohi que nunca. Forza, enerxía, paixón e música de Galicia en estado puro.

www.zoumarecords.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 10-04-2008 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
Novo número de Retranca

Guionistas exacerbados crean a serie total:
MADRE CASARES... CON TETAS SI HAI PARAÍSO !!!


Seguro que algunha vez vos preguntaches como serían as series americanas se se fixesen na Telejaita?... Imaxinades se "PADRE CASARES" fora "PADRE ROUCO"?... Ese o Jack Bauer, o prota de 24 chegase ao aeroporto de Lavacolla para evitar que uns perigosos terroristas islámicos enchan o famoso botafumeiro e ántrax?... Imaxina "Mujeres desesperadas" á galega, unha serie das peripecias sexuais máis quentes da Costa da Morte... AS LERCHAS DA RIBEIRA!!!.

TODO ISTO É MOITO MÁIS EN RETRANCA... A REVISTA QUE NUNCA LERÁ PAQUIRRÍN.

MERCA A 6ª TEMPADA DA RETRANCA, A VENDA NOS QUIOSOCOS GALEGOS!!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-04-2008 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Emilio Cao
Prepara o seu quinto disco

Músico e compositor, Emilio Cao é un dos primeiros recuperadores da harpa na discografía recente do país. Os seus primeiros pasos musicais están vencellados á música pop e rock. Participou ademais en Voces Ceibes, que naquela década dos 70 despuntaban dentro do movemento da canción protesta en Galiza. En 1977 publica Fonte do Araño, un dos álbums fundamentais da historia de folk galego. Agora vén de recibir o Premio Opinión a unha Andaina Senlleira. O premio chégalle cando se ultima o lanzamento de que será o seu quinto disco, un traballo que verá a luz despois de dez anos de silencio.



Que significa recibir este premio?
Sinto que son parte dunha cadea e este tipo de galardóns non deixan de ser un recoñecemento a toda a estrutura. Cando comecei produciuse unha ruptura dentro da canción social imperante. O meu primeiro disco abriu camiño ás novas música en Galiza. Logo virían os traballos de Milladoiro e de DOA. Penso que todos somos dalgunha forma parte da cadea.

Recibir un premio así supoño que dá azos para seguir traballando. Teremos pronto noticias discográficas súas?
Agardo que si. O que acontece é que o mundo da música cambiou moito. Estiven ademais varios anos vivindo fóra e houbo avatares persoais moi fortes que me arredaron dos escenarios. Para subir ás táboas é necesario ter algo que comunicar e no que crer e, sobre todo moita forza. Agora volvo poñer a funcionar ese engrenaxe. Por iso, o premio tamén o entendo, en certa medida, como unha sorte de impulso para dar o paso definitivo, que sempre estivo presente no meu ideario. Teño xa gravado o que será o meu próximo disco. Está previsto o lanzamento para este ano, pero quero redondealo cunha xira de concertos.

A súa traxectoria como músico está moi vinculada os vaivéns que sufriu tamén o folk. Coa perspectiva que lle dá o tempo, como ve o panorama actual?
Cambiou moito. Por aquel entón, as discográficas tiñan moita forza e apoiaban ao artista. Coa caída das ventas perdeuse ese respaldo. As axencias de contratación son as que teñen agora un papel, ao meu ver, esaxerado. Perseguen organizar eventos grandes, que son os que lle reportan grandes beneficios económicos, e esquécense de protexer e velar pola carreira dos artistas. Topámonos entre dúas augas, pero teño claro que cando se pecha unha porta ábrese outra. Paréceme incríbel que unha persoa teclee teu nome en Australia e poida escoitar a túa música, ter información e o teu contacto. Por outra parte, considero necesario que o artista teña sempre presente a sensación de fracaso e de éxito. A administración quere protexer a música, pero supón un risco grande que se perda esa sensación de fracaso, porque dela se aprende. Non creo no excesivo proteccionismo das artes porque moitas veces os artistas acaban por converterse en verdadeiros funcionarios. É importante ter sitios para a nosa música pero a nosa obriga é manternos a certa distancia do poder.

Como foi o seu achegamento ao mundo da música e que o levou a apostar pola harpa?
As cousas importantes na vida de cada un veñen da man de pequenas casualidades. Eu era un músico de pop rock e topei nunha tenda de segunda man na Coruña unha harpa. Leveina a casa como todos os músicos facemos, sen saber se a ía a tocar ou simplemente quedaría nun recuncho. Un feito tan fortuíto como este levoume a onde estou hoxe. Máis alá da anécdota, detrás xa había un sentimento profundo pola música e pola composición, había unha emoción, un algo irracional que me obrigou a seguir. Abandonei a universidade e marchei a vivir a Holanda e a Francia. Precisaba unha distancia persoal e de país para ter unha mellor perspectiva. Á volta formulei o disco e publicouse. Todo arrancou con moita emoción

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-04-2008 00:39
# Ligazón permanente a este artigo
A gran farsa dos Premios da Música
Os Premios da Música, que se entregaron este xoves, elíxense nun proceso opaco e antidemocrático onde uns poucos deciden

Os Premios da Música, que se concederon este xoves 3 de abril en Valladolid, son un apaño. Uns poucos, acubillados baixo o paraugas da Academia das Artes e as Ciencias da Música, deciden como e a quen se premia. As consecuencias: a credibilidade artística dos galardóns é nula e o seu interese popular está baixo mínimos.

O apaño é explícito, de cara. Os votantes destes premios son os membros da Academia da Música, un organismo fundado pola Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) e a Sociedade de Autores, Intérpretes e Ejecutantes (AIE). O organigrama da Academia está encabezado, precisamente, por senllos presidentes das dúas anteriores sociedades: Eduardo 'Teddy' Bautista (presidente) e Luís Cobos (vicepresidente).

Con todo, os votos dos socios non deciden directamente os finalistas. Segundo figura no mesmo regulamento dos Premios, "un Panel de Avaliación, integrado por membros da Academia, poderá recorrer a un proceso de votación interna entre os candidatos máis votados para designar aos finalistas". É dicir, que unha vez recíbense os votos dos socios, uns poucos -ao parecer nunha comida-, se arrogan o dereito de "maquillar" os resultados.

O regulamento establece que se invitará a especialistas ás votacións. Público consultou a algúns dos xornalistas musicais máis relevantes do país, e a gran maioría ou non votou ou non recibe a solicitude. "É unha farsa. Non votei nin me interesa", di Julián Ruiz, crítico de música do Mundo e veterano locutor de radio. Segundo el, "quen organiza os Premios non sabe facelo, e non representa á música en España".

Darío Vico, redactor xefe de Rolling Stone, leva 20 anos escribindo de música, pero nunca lle pediron o voto. "Non coñezo a ninguén da profesión que vote. Dáme a impresión de que estes premios negócianse en comités moi reducidos", comenta.

Gañan os de sempre

Esta tempada, os candidatos a Mellor Álbum son Luís Eduardo Aute, Preguiza, Diana Navarro e Miguel Bosé. No caso deste último, pode un disco de duetos, con cancións compostas fai 20 anos, ser o mellor disco de 2008? "Ningún palmarés dos Premios da Música achegou nada -sostén Vico-; eu non digo que Papito sexa mal disco, pero que veñan a premialo como o mellor, un ano logo da súa edición... O ano que saia un disco que venda 700 copias, entón estes premios valerán para algo".

A credibilidade artística destes galardóns languidece ao comprobar que artistas tan dispares como Antònia Font e Chenoa compiten na categoría de Mellor Disco Pop. Esta kafkiana selección non estraña, xa que no regulamento dos premios non se establecen en ningún momento os criterios para avaliar os discos. Rafael Tapounet, responsable de Cultura do Xornal de Catalunya e músico, cre que "o que teñen que ver estes premios coa música é nada. Prémiase ao artista que mellor funcionou para a industria. E neste caso quen premia é SGAE, que tamén recibe diñeiro".

A órbita Bautista-Cobos

A posibilidade de que un artista que non estea na órbita Bautista-Cobos teña un lugar destacado entre os gañadores é practicamente nula. David López, director do selo independente Limbo Starr -casa de Nacho Vegas, o músico máis destacado da última década segundo a crítica especializada-, recoñece que fai tres anos que non presenta aos seus artistas aos premios. Segundo López, "a última vez que nos presentamos, Nacho Vegas foi finalista á mellor canción en asturiano. Ao final gañou un artista de folk, que ao parecer era amigo de Víctor Manuel". Víctor Manuel é membro da Xunta Directiva da Academia da Música.

A Academia non oculta unha preferencia especial pola súa Xunta Directiva. Das once edicións que se celebraron ata a data, en seis ocasións o álbum gañador era dun dos seus membros: Alejandro Sanz (1998, 2001 e 2002), Joaquín Sabina (2000 e 2003) e Paco de Lucía (2005).

Tampouco se entende que artistas consolidados como Andrés Calamaro, Os Planetas, Fito & Fitipaldis, Quique González, Bunbury ou o mesmo Nacho Vegas nunca accedan ao premio ao Mellor Álbum do Ano. "O ano pasado Nacho levou o premio ao mellor disco de rock alternativo polo seu disco con Bunbury, editado por EMI. O que non entendo é que ten de alternativo, porque é un disco de rock a secas", engade David López.

Os criterios comerciais afogan os criterios artísticos. Segundo Diego A. Manrique, crítico do País e Radio 3, "a Academia, ao depender dun organismo que recada, ten unha devoción extrema polos grandes recadadores. Non creo que ningún dos votantes póña na súa casa a Bisbal, pero xera ingresos. Está claro que non é a excelencia artística o que prima". Os de sempre xa premiaron aos de sempre. O xoves 3 de abril, en Valladolid, o resultado.

www.publico.es
Comentarios (8) - Categoría: Novas - Publicado o 09-04-2008 00:39
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de carteis XXIX Festival Irmandiño
A Asociación Cultural "Castelo de Moeche" convoca un CONCURSO DE CARTEIS, anunciando o XXIX Festival Irmandiño. As BASES que rexerán este concurso son as que se relacionan a seguir:

1.-Poderán participar todas as persoas que o desexen.
2.-O tema será libre.
3.-A realización dos traballos axustarase ás seguintes normas:

*O tamaño será de 50 x 65 cms.
*O cartel farase en dúas cores planas, máis o fondo.
*Os traballos virán montados en papel vexetal, cartolina ou similar.
*No cartel figurará obrigatoriamente o logotipo do Festival e o texto:
XXIX FESTIVAL IRMANDIÑO - MOECHE , 22 - 23 DE AGOSTO DE 2008

4.-Establécese un único premio de 210 ? e unha placa. O cartel premiado pasará á propiedade da Asociación Cultural "Castelo de Moeche", que o editará e distribuirá por toda Galicia.

5.-O xurado estará composto polos membros da Xunta Directiva desta Asociación, podendo esta delegar noutras persoas. O fallo do xurado será inapelable; podendo, o concurso, quedar deserto se o xurado considera que ningunha das obras ten méritos de abondo.

6.-O fallo do xurado darase a coñecer o 17 de maio de 2008 coincidindo co día das letras galegas.

7.-As obras pódense presentar ata o día 12 de maio; non se admitirán as que cheguen despois.

8.-Os orixinais poden estar firmados có nome do autor ou cun pseudónimo, levarán pegado polo revés un sobre cos seguintes datos do autor: nome e apelidos, enderezo e teléfono.

9.-Poderase solicitar a devolución dos traballos non premiados ata o 31 de maio de 2008; podendo a A.C. "Castelo de Moeche" dispoñer libremente dos que queden no seu poder.

10.-Os traballos enviaranse ó seguinte enderezo: CAFETERÍA SOBELAIRA, SAN RAMÓN S/N - SAN XOÁN - 15563 MOECHE (A CORUÑA)

A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.
Para máis información pódese solicitar na dirección de correo electrónico: f.irmandino@yahoo.es ou chamando ós teléfonos: 699999852 (Rafa), 670242959 (Mariña).

www.festivalirmandino.galeon.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-04-2008 00:38
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de Carteis Festival de Ortigueira
Recibidos xa preto de 150 deseños para o concurso de carteis do Festival

Auténtico aluvión de propostas.
A organización do Festival Ortigueira?08 recibira este mediodía- ao peche do prazo de entrega de orixinais na Casa Consistorial- un total de 148 carteis. Todos eles aspiran a convertirse no reclamo a utilizar na campañas de publicidade exterior da presente edición da cita folk.

A falta dos carteis que poidan chegar por correo con data de hoxe ou anterior ata o 10 de abril, a organización considera todo un éxito a iniciativa que servirá para elixir o deseño que mellor represente o espírito do Festival.

O xurado, que integrará a membros da organización y contará cando menos con dous artistas ou deseñadores gráficos de recoñecido prestixio, reunirase nas vindeiras semanas en Ortigueira. A calidade gráfica ou plástica da obra, a súa concepción, a súa eficacia promocional e as súas condicións de reprodución.

O deseño gañador reportará 6.000 euros ao seu autor, que terá que realizar as correspondentes adaptacións do cartel, por exemplo, para a súa utilización en elementos de merchandising.

www.festivaldeortigueira.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-04-2008 00:38
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco dos Gaiteiros do Incio
Os gaiteiros de Xarín realizan o seu segundo traballo discográfico


Os gaiteiros de Xarín levaban uns anos sen publicar disco. Editaran no ano 1999 o álbum Gaiteiros do Incio, zona da que son orixinarios, e desde aquela o seu labor era a de amenizar as festas nas que eran contratados. Se ben só publicaron dous álbumes, Xarín leva dúas décadas enriba dos escenarios.

Agora prepararon un novo repertorio para Galaguech, que publicarán novamente coa discográfica ourensá Zouma Records, que ten prevista a súa saída ao mercado para este mes de abril.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 09-04-2008 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
Mil festas máis para a lingua galega
Máis dun cento de concellos pactan galeguizar as súas festas

As orquestras que actúen en 119 municipios galegos deberán interpretar unha de cada catro cancións en galego. Este é un dos puntos do acordo ao que chegaron onte os representantes das principais cidades galegas e máis dun cento de municipios para galeguizar as súas festas.

A iniciativa pretende afondar na idiosincrasia lúdica de cada parroquia e foi impulsada polo Concello de Redondela, segundo sinalou a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, quen apoia a campaña, titulada Mil festas máis para a lingua galega , que agora se trasladará a cada concello e que obtivo tamén o apoio da TVG, cuxos dirixentes asistiron ao encontro ao que responderon máis dun terzo dos 315 concellos que forman Galicia.

Ante un auditorio formado por membros de concellos de todos os signos políticos, o alcalde de Redondela, o socialista Xaime Rei, recordou que «Fraga Iribarne, sendo ministro de Información e Turismo obrigou aos medios de radiodifusión a emitir un 25% da programación musical en español para evitar a invasión da música anglosaxona». «¿De que se estrañan os que agora se sorprenden porque pidamos que as orquestras interpreten un 25% do seu repertorio na nosa lingua?», preguntouse.
Rei criticou o «seguidismo dunha xeración» durante a movida dos oitenta que «viña importada de Madrid» e sinalou que nestes momento estase remontando a crise da música galega sufrida durante eses anos.

Ademais da porcentaxe de cancións en lingua galega, os concellos asinarán os contratos coas orquestras e cos provedores en lingua vernácula e falarán ata cos párrocos para que as misas maiores das festas sexan en galego e que durante a consagración se toque o himno de Galicia.

Recuperar celebracións

Os concellos crearán comisións interdisciplinares formadas por arqueólogos, etnógrafos, antropólogos e historiadores para levar a cabo un inventario do patrimonio de cada parroquia e recuperar celebracións antigas. Rei puxo como exemplo a primeira obra teatral galega, escrita por Gabriel Feixó de Araúxo en 1671, que é un entremés sobre a pesca no río Miño no que os actores son veciños da freguesía lusa de Lapela e de Caldelas de Tui. Ao seu xuízo, sería unha escusa perfecta para celebrar unha gran festa de irmandade entre portugueses e galegos.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-04-2008 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá
O Alalá do martes 8 de Abril desprázase ata a Mariña lucense, concretamente ata Xove, para achegarse a unha formación galega con máis de vinte anos de historia, xa que nesta zona a música é a protagonista da vida de moitísimos nenos e mozos da vila, grazas ao labor dun home, Xan Carballal, e a ese gran proxecto seu que se converteu na Orquestra Municipal de Xove.

A este prestixioso mestre, hai máis de dúas décadas, o concello de Xove chamouno para poñer en marcha a escola de música, e anos despois, na década dos noventa, funda a orquestra de Xove, cando aqueles cativos se presentaban como orquestra e cuns instrumentos, por aquel entón, practicamente descoñecidos no país. Despois de anos de traballo Xan chega á conclusión de que a Orquestra de Xove pode servirlle de referente a un plan de carácter sociocultural que poida cubrir as necesidades e inquedanzas musicais que están sen resposta no noso país.

Aqueles foron os primeiros pasos e desta orquestra de formación saíron unha chea de músicos que hoxe en día están a traballar en orquestras de toda España. Unha orquestra galega única en toda a comunidade que se encarga de divulgar a música de autores galegos como Pacheco, Bal y Gay ou Xoán Montes. Estes e outros compositores clásicos beberon desde sempre da música tradicional e a Orquestra de Xove quere dalo a coñecer.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-04-2008 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
II Circuito Cultura Vai 4x4
Xa esta todo listo para o II Circuito Cultura Vai 4x4 da Consellaría de Cultura

Na primeira edición do ano 2007 os seleccionados para o Ciclo de Voces tradicionais foron: Leília, Ruote, Os Carunchos e Serra-lhe aí!!! e neste ano 2008 o ciclo Tradisóns conta con Fía na Roca, Faltriqueira, Treixadura e Quempallou.

Programación Tradisóns (música tradicional e folk)

Fía na Roca
18 abril (As Pontes)
25 abril (Pontevedra)
8 maio (Ourense - Campus Univ.)
24 maio (Burela)
25 maio (Gondomar)
13 xuño (Cerceda)
30 xuño (Teatro Principal Santiago)

Treixadura Gaiteiros + Orfeón Treixadura
9 maio (As Pontes)
15 maio (Universidade de Vigo)
17 maio (Gondomar)
23 maio (Cerceda)
24 maio (Pontevedra)
13 xuño (Burela)
23 xuño (Teatro Principal Santiago)

Quempallou
2 maio (As Pontes)
8 maio (Universidade de Vigo)
18 maio (Gondomar)
25 maio (Burela)
27 maio (Teatro Principal Santiago)
31 maio (Teatro Principal de Pontevedra)
27 xuño (Cerceda)

Faltriqueira
18 abril (Teatro Principal de Pontevedra)
25 abril (Teatro Principal Santiago)
26 abril (As Pontes)
24 maio (Gondomar)
29 maio (Ourense - Campus Univ.)
30 maio (Cerceda)
7 xuño (Burela)

Por Vilas

As Pontes
18 abril. Fía na Roca
26 abril. Faltriqueira
2 maio. Quempallou
9 maio. Treixadura Gaiteiros + Orfeón Treixadura

Pontevedra
18 abril. Faltriqueira
25 abril. Fía na Roca
24 maio. Treixadura Gaiteiros + Orfeón Treixadura
31 maio. Quempallou

Universidade de Vigo
8 maio. Campus Ourense. Fía na Roca
8 maio. Campus Vigo. Quempallou
15 maio. Campus Vigo. Treixadura Gaiteiros + Orfeón Treixadura
29 maio. Campus Ourense. Faltriqueira

Burela
24 maio. Fía na Roca
25 maio. Quempallou
7 xuño. Faltriqueira
13 xuño. Treixadura Gaiteiros + Orfeón Treixadura

Gondomar
17 maio. Treixadura Gaiteiros + Orfeón Treixadura
18 maio. Quempallou
24 maio. Faltriqueira
25 maio. Fía na Roca

Cerceda
23 maio. Treixadura Gaiteiros + Orfeón Treixadura
30 maio. Faltriqueira
13 xuño. Fía na Roca
27 xuño. Quempallou

Compostela
25 abril. Faltriqueira
27 maio. Quempallou
23 xuño. Treixadura Gaiteiros + Orfeón Treixadura
30 xuño. Fía na Roca

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-04-2008 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Bieito Romero (Luar na Lubre)
"O próximo disco comezaremos a proxectalo este mesmo verán ao acabar o groso dos concertos da xira", adianta.

Os dous Premios da Música outorgados a Luar na Lubre deixaron "encantados" aos compoñentes da banda. A través do teléfono, Bieito Romero recoñecía que o galardón ao mellor álbum de música tradicional foi "toda unha sorpresa".

-Parece que están aboados a estes galardóns.
-A verdade é que con estes dous xa fan oito Premios da Música que recibimos. Conseguir un pleno ao cento por cento competindo a nivel estatal con Marina Rosell, Joaquín Díaz e Luis Delgado e conseguir o premio é para nós moi importante. Dános proxección no Estado e mostra o cariño da xente. Foi unha ledicia moi grande e un recoñecemento ao traballo de máis de vinte anos. Este tipo de recoñecementos veñen moi ben nos tempos que corren no que as cousas van fatal.

-Están acostumados a recibir premios, pero aínda así, non lles saltou o corazón cando nomearon a banda?
-Estas cousas sempre dan nervios. Malo é se non te pos nervioso, significaría que che dá igual. Pero se perderamos, quedariamos tan felices. Claro que o recibir o premio ao mellor álbum de música tradicional foi unha gran sorpresa.

-Están xa a argallar o novo disco?
-Sempre se pensa, sempre estás moendo pero aínda é cedo para traballar nel. Comezaremos a proxectalo este verán ao acabar o groso dos concertos. O disco convertiuse nunha carta de presentación para ir de xira así que haberá que sacar disco cada ano. Se non publicas parece que quedas obsoleto. Esa é a situación triste que estamos a vivir. Pero nós estamos preparados para pelexar en batallas duras aínda que lamentas a falta apoio na túa casa.

-Tan malo pinta o verán?
-Non, o verán preséntase ben, todo pinta moi ben, aínda que Galicia para nós é a gran rémora neste senso. Por fóra da comunidade, unha marabilla e estes Premios da Música ratifican esa situación, con case todos os concertos fóra dos límites galegos, en Andorra, Asturias, Extremadura, Marrocos, Bélxica, Alemaña...

-Pero no país si que son recoñecidos.
-Ninguén da Xunta nos deu parabéns nos anteriores premios.

-Ás veces, os políticos obvian estas distincións.
-Si, pero do Goberno central si que teño unha carta de Zapatero polo premio anterior. Aquí, nin unha palmadiña nas costas. Dá pena.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-04-2008 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Macfeck
O novo disco "The Last Black Sheep" xa esta grabado!


Ten 11 temas, soan 20 instrumentos, hai música de 8 paises, moitas composicións e cancións en 4 idiomas.


Faltan unhas cousas para gravar e a mestura e masterización.
Esperamos ter as copias a finais deste mes de abril.


Se queres unha, mandanos un e-mail a macfeckov@yahoo.com co teu enderezo e mandaremola...


www.macfeck.com




Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-04-2008 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores do IX Concurso de Música Tradicional da Asociación Xuvenil Xiradela

IX Concurso de Música Tradicional da Asociación Xuvenil Xiradela

Este domingo 6 de Abril de 2008 ás 17:00 tivo lugar o IX Concurso de Música Tradicional da Asociación Xuvenil Xiradela para os Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas no Centro Cívico Cultural de Arteixo.

Os premios foron os seguintes:

CUARTETOS DE GAITAS:

1º premio: Trofeo e 250 ?: RETROUSO ( ALBORADA Ó AMENCER . MUIÑEIRA DE MAIO)

2º premio: Trofeo e 150 ?: OS INTREPIDOS DA ULLA ( BRINCADEIRA E MUIÑEIRA DE SAN ADRIAN DE COBRES)

3º premio: Trofeo. COMAREA ( EI...MONEIXAS!)

GAITEIROS SOLISTAS:

1º premio: Trofeo e 200 ?: RICARDO MANUEL MOURIÑO FREIRE(ALBORADA DE POIO E JOTA DO 3)

2º premio: Trofeo e 150 ?: ADRIANA RIVAS SEIJO (DALLE UNHA VOLTA, VIDA LEDA A DO GAITEIRO E RÍO DE ANXO)

3º premio: Trofeo. ROBERTO ALLER ALCALDE ( JOTA DE SERGIO E MUIÑEIRAS DA FONSAGRADA)

Comentarios (5) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-04-2008 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0