A recentemente constituida Asociación Cultural Ximbaleu, está a organizar un gran acto reivindicativo en contra de Feira de Abril organizada polo Concello de Baiona.
O acto consistirá na realización dunha gran concentración de Gaiteiros, pandereteiras, regueifeiros,.... esta sábado 26 de abril dende as 12h. ata as 24 h. O punto de encontro será no parque da Palma as 12h.
Dende Baiona queremos convidar a todos e todas a participar deste acto reivindicativo e acudir con gaitas, pandeiretas e moitas ganas de Festa.
Esperamosvós a todos/as este Sábado 26 en Baiona.
Manifesto:
SOBRE A IMPROCEDENCIA DA FEIRA DE ABRIL EN BAIONA
Os días 25, 26 e 27 de abril de 2.008 a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), o Concello de Baiona e Escola de Flamenco de Baiona están a preparar a 1ª Feira de Abril en Baiona remedando a aquela de Sevilla. Segundo se fala por aí, o pouco que se sabe, o venres 25 sairán as carrozas de cabalos do Castelo cara a praza do concello. Sábado 26 desde as 11h. da mañá ate as 12h. da noite queren poñer música ambiental, xa sabedes de cal, todo o día e actuacións nun gran toldo instalado na dita praza con casetas, incluídas. O domingo 27 máis do mesmo pero até as 9h. do serán.
Está ben que a Escola de Flamenco de Baiona mostre os seus bailes como fan outras escolas de baile de Baiona, ou alumnos de tai-chi ou as magníficas costureiras que fan traxes para a Arribada. O que parece non estar ben e que se lle dediquen tres días a esta festa cos cartos do orzamento da cultura do concello e dos que aportan comerciantes e empresarios á súa asociación.
Abondaría, si, dedicarlle unhas horas á Escola de Flamenco para que os seus membros, dirixidos por esa grande profesional que é Tatiana, a neta de señora Amelia A Curuxeira, mostren as súas habilidades bailaoras.
Ademais entenderíamos esta festa no medio dun maremágnum de expresións de distintas culturas pero sempre prevalecendo a nosa e non organizando o propio Día das Letras Galegas a Festa da Bicicleta facendo fuxir á xente de Baiona no canto da organización ese día, esa semana e todo o ano de actos lembrando a figura, de Xosé María Álvarez Blázquez con vinculacións miñoranas e incluso baionesas. Ese día das letras era ben artellar unha Feira do Libro dentro da rede de Feiras Culturais ademais subvencionadas pola Xunta (ollar DOG 9/abril/2008).
Cremos polo tanto que é unha irresponsabilidade social e cultural a organización desta Feira. Non esquezades, gobernantes, comerciantes e empresarios que os mariñeiros de Baiona manteñen viva logo de máis de 500 anos a danza das espadas expresión gremial enorme, chea de forza e aproveitando isto organizar, por exemplo, unha xuntanza encontro ou se queredes chamádelle feira de danza de espadas da Península Ibérica. Acordádevos do noso que o tedes esquecido e abondo traballo custou manter vivo este baile orgullo dos que nos sentimos baioneses e temos claro a Baiona e O Val Miñor que queremos.
Por todo isto, cidadáns baioneses que integran a Asociación Cultural Ximbaleu, non convencemento de que a sociedade non se articula só desde a clase política senón que a súa organización civil ten moito que dicir, por isto anunciamos que en Baiona o sábado 26, desde as 12h ás 24h percorrerán as rúas e prazas da vila grupos de gaitas, pandeiretas, poetas e regueifeiros no 1º SERÁN Á BEIRA DO MAR ? BAIONA 2008.
Malvela estará de xira por Arxentina presentando os temas do seu disco "Da miña xanela á túa" (PAI Música).
O grupo de cantareiras de Mos permanecerá no país latinoamericano até o 2 de maio.
Malvela Despois de ofrecer ducias de concertos en Galiza tras a publicación do seu terceiro traballo discográfico e de que un dos seus temas fose escollido como a canción principal da banda sonora da serie Padre Casares que emite a TVG, as mulleres de Malvela cruzarán o Atlántico para achegar a música tradicional galega a Arxentina.
O vindeiro 26 de abril as cantareiras de Mos, de idades comprendidas entre os 26 anos da gaiteira Raquel e a os 82 da Señora Carmen, iniciarán unha xira de presentación do repertorio que compón Da miña xanela á túa, o seu terceiro disco, gravado nos estudios Casa de Tolos de Gondomar baixo a produción de Segundo Grandío.
Malvela actuará no colexio Santiago Apóstol, no Centro de Residentes de Mos e no Teatro Bambalinas da cidade porteña.
A cantante Uxía Senlle, madriña do grupo dende que formación xurdiu dun curso de canto popular impartido por ela mesma, acompañará a Malvela durante a súa estancia no país americano.
Tras máis de dúas horas analizando os centos de propostas presentadas, un xurado presidido polo alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, elixiu este mediodía na Casa Consistorial ao deseño titulado "En el festival" como cartel oficial da edición 2008 da cita folk. O seu autor embolsarase nada menos que 6.000 euros.
O concurso convocado para seleccionar o afiche do Festival Ortigueira xa ten gañador. O cartel presentado por José Ángel Ligero Martínez será finalmente o que utilice a organización do evento, que terá lugar do 10 ao 13 de xullo, nas súas campañas de publicidade exterior.
O xurado integrado por Quim Farinha, músico de Berrogüetto; o interiorista, Alejandro Gómez Álvarez; o fotógrafo e autor de varios dos carteis históricos do evento, Álvaro Fernández Polo; o director do Festival, Fran Rivera; o coordinador do evento, Alberto Balboa, o xerente do Xacobeo, Ignacio Rodríguez Eguibar, e o propio rexedor do municipio optou, de entre os 214 en liza, por este deseño chegado desde Navarra.
O tribunal considera que o cartel triunfador é o máis eficaz desde o punto de vista publicitario de cantos se presentaron. O gañador recibirá un premio de 6.000 euros e deberá agora presentar diferentes adaptacións do cartel, por exemplo, para a súa utilización nos imprescindibles produtos de merchandising do festival.
José Ángel Ligero, nado en Alfaro- La Rioja en 1972 e residente en Peralta- Navarra, é xa todo un veterano neste tipo de concursos. Ao de Ortigueira suma o cartel anunciador do entroido de Burgos, da XX edición de Mercoequip 2008, o das festas de Corella, o das festas de San Juan Mártir e Santa María a Real de Nájera...
A organización promoverá en próximas datas no claustro da Casa Consistorial de Ortigueira unha exposición cos mellores carteis presentados ao concurso.
O Verbum celebra o venres o seu quinto aniversario cun espectáculo de danza e entrada gratuíta durante toda a semana
O Verbum - Casa das Palabras cumpre xa cinco anos da súa apertura, e para celebralo acollerá o venres, 25 de abril ás 20 horas, un espectáculo de danza inspirado nas tradicións galegas, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Cultura, Xesus López. Ademais, a entrada será gratuíta durante toda a semana, ata o 27 de abril e ao longo do ano desenvolveranse diversas exposicións temporais que queren transmitir ?de forma clara e contundente? cal é o espírito do Verbum, ?un centro expositivo adicado á palabra como concepto amplo, como elemento de expresión, de transmisión e de creación, como elemento patrimonial e, en definitiva, como sinal da nosa cultura?.
Xesus López salientou que as exposicións temporais e as actividades programadas para os vindeiros meses súmanse á exposición permanente que acolle o Verbum, organizada en 29 cubos e desenvolvida en 83 módulos nos que se tratan os temas dos que trata o museo, ?sempre ao redor da comunicación humana?. Neste sentido, o concelleiro de Cultura sinalou que boa parte da programación xirará en torno á divulgación da tradición oral, achegando ao visitante á propia historia e servindo como reforzo da memoria. Ademais o Verbum acollerá mostras relacionadas coa literatura, dende presentacións de libros a conferencias, entre outras actividades, e tamén acollerá a novos creadores que utilicen a palabra como elemento de expresión e que traballen as verbas dende diferentes disciplinas. Pero como as palabras ás veces non son suficientes, ?a música e a danza tamén serán protagonistas no museo?.
En canto as exposicións temporais organizadas, a primeira delas xa pode visitarse no museo. Trátase da mostra ?O Himno. Os tempos son chegados?, que conmemora o centenario da primeira interpretación do himno galego o 20 de decembro de 1907 na Habana. Pode visitarse ata o vindeiro domingo, 27 de abril. A seguinte exposición prevista, ?O Vieiro da Franqueira?, céntrase na ruta de peregrinación ao Santuario da Franqueira e amosará os seus recursos naturais, etnográficos e a
arquitectura popular, entre outros aspectos. Poderá visitarse do 13 ao 25 de maio. Xa de cara ao verán está prevista a montaxe de ?Do Gaudeamos Igitur ao Venceremos nós?, unha exposición que reconstrúe as mobilizacións estudantís en Santiago de Compostela durante o curso 1967/68, encadradas na loita antifranquista.
En canto as actividades, ademais do espectáculo de danza que terá lugar o venres 25 de abril a partir das 20 horas, con motivo do Día Internacional da Danza, o 29 de abril ás 19 horas, representaranse varias pezas curtas en diferentes espazos do museo. Trátase, segundo indicou o concelleiro de Cultura, ?de reivindicar a danza como unha disciplina de todos e para todos, de achegarnos a ela dende unha perspectiva aberta, cercana, integradora e divertida e de entendela como forma de expresión daquilo que levamos dentro?.
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, organízase unha actividade dirixida a escolares en forma de xincana literaria coa fin de achegalos á figura de Xosé María Álvarez Blázquez que terá lugar os días 29 e 30 de abril; e 6, 8 e 9 de maio. Xa o propio Día das Letras Galegas, o 17 de maio de 10 a 19 horas, farase unha lectura pública e gravada das obras de Álvarez Blázquez. Para escolares tamén está dirixida a iniciativa ?O ladrón de palabras?, que terá lugar os días 22, 23, 29 e 30 de maio. É unha actividade baseada na creación de caligramas a partir do conto ?O ladrón de palabras?, de Anxo Fariña.
O día 6 de xuño está prevista a emisión dende o museo da XIV edición do programa ?Ponte?nas ondas?, e pola noite terá lugar un concerto no aparcadoiro exterior do Verbum no que Luar na Lubre serán os protagonistas. O día seguinte, 7 de xuño, será unha xornada adicada á realización de graffitis a partir de letras e palabras ao aire libre.
Finalmente, desenvolverase un apartado específico de obradoiros e actividades de fin de semana, dirixidos especialmente ao público infantil e familiar. Baixo o título de ?Falemos de poesía? xa se están a desenvolver diversas actividades didácticas sobre este xénero literario, a través das obras de tres importantespoetas da literatura galega no século XIX, pertencentes ao Rexurdimento, como Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Pondal. Esta iniciativa está dirixida a nenos e familias a partir de 5 anos e a seguinte cita é o domingo 27 de abril, de 12 a 13:30 horas. No laboratorio de escoita e experimentación sonora, dirixido a nenos de 8 a 12 anos os sábados 3, 10, 24 e 31 de maio, a organización tratará de que os rapaces experimenten por eles mesmos os principais procesos creativos que acontecen no mundo sonoro e a súa interrelación práctica con outros proxectos semellantes noutros eidos artísticos. Os domingos 4, 11, 18 e 25 de maio, de 12 a 13:30 horas desenvolverase o proxecto didáctico ?A Linguaxe das flores?, dirixido a nenos a partir dos 5 anos, no que se invitará a coñecer o fermoso mundo das flores, xa que cada flor é capaz de transmitir unha mensaxe ou un sentimento. Finalmente os domingos 1, 8, 15 e 22 de xuño, de 12 a 13:30 horas, os nenos a partir dos 5 anos poderán disfrutar cos Barballocas, catro personaxes que dedican a súa vida a defender e a potenciar o uso da lingua galega.
Preto de 40.000 rapaces de 13 comarcas galegas participarán no Correlingua
Nos días previos ás Letras Galegas, e para lembrar que a defensa do galego é unha carreira de fondo que se prolonga durante os 365 días do ano, preto de 40.000 rapaces participarán no Correlingua, unha carreira de remuda que comezará o día 6 de maio na Coruña e que rematará o 16 en Ourense, despois de percorrer 13 comarcas galegas, baixo o lema En galego cabe todo.
A oitava edición da actividade, organizada pola Asociación Socio Pedagóxica de Galicia, a CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e os Concellos de Lugo, Vigo, Pontevedra e Santiago, entre outras entidades, presentouse este luns en Santiago, onde se entregaron tamén os premios dos concursos do Manifesto do Correlingua e de Banda Deseñada, no que participaron máis de 500 centros.
Anxo Louzao, de CIG Ensino, remarcou a importancia destas iniciativas nuns "momentos difíciles para o noso idioma". "O mundo do ensino é un ámbito fundamental para normalizar o galego", afirmou Louzao.
Así o cre tamén Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, quen salientou o feito de que sexa a xente nova a que defenda o dereito a vivir en galego. E lembrou que para este Mes das Letras está convocada outra mobilización: a manifestación que o 18 de maio partirá da Alameda de Santiago para rematar na Quintana en defensa do galego.
Pola súa banda, o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, en representación dos departamentos da Xunta que colaboran nesta iniciativa, sinalou a "mobilización e o compromiso" necesario por parte da cidadanía e das institucións para "superar os obstáculos" do galego.
O Correlingua partirá da Coruña o día 6 de maio, para continuar ao día seguinte en Ribeira e Ferrol; o día 8 en Foz e Vilagarcía; o día 9 en Lugo; o 12, en Santiago; o 13, en Pontevedra; o 14 en Vigo; o 15 de maio en Salceda de Caselas e Monforte de Lemos, e por último, o día 16 en Verín e Ourense.
Ao final das carreiras repartiranse premios entre os 'linguatletas' e celebrarase unha festa coa actuación de Sinefrés, o grupo de Boiro gañador do A Polo Ghit da Correlingua, organizado pola Radio Galega, así como do Xabarín Club da TVG, e con espectáculos teatrais de Touriñán e Marcos, Ppablo e Ghazafellos e do Grupo Chévere, entre outros.
Premios
De entre os manifestos presentados, premiouse o presentado polo grupo de 3º de ESO do CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral (A Coruña), mentres que o premio de Banda Deseñada recaeu no grupo de 5º de Primaria do Colexio Pepe de Xan Baña de Santa Comba (A Coruña).
O manifesto gañador, titulado 7 marabillas fai fincapé na idea de que "en galego cabe todo". Os premiados participarán nos programas Vive o Monte e Entre mareas, no caso do Manifesto, e os gañadores de Banda Deseñada participarán no Proxecto Terra.
O xurado outorgou varias mencións debido á "alta calidade" dos traballos presentados para o grupo de 1º de Bacharelato do IES Xermán de Ancochea da Pobra de Trives e o IES Río Miño de Rábade, na sección de Manifesto, e para o grupo de Educación Infantil do CPI Afonso VII de Caldas de Reis e o de 5º de Primaria do Colexio A Cristina de Carballo, en Banda Deseñada.
Un tótem é un faro para os navegantes da terra. E Narf, como é máis coñecido o compostelán Fran Pérez, navegou.
Abofé: A súa música, que se presenta por vez primeira ao vivo en Compostela, xa paseou por Cabo Verde, Mozambique, Brasil, Cuba, Inglaterra, Portugal? e de todos eses lugares foi recollendo influenzas sonoras, até dicir que TOTEM (falcatruada?07) cheira a flamenco, a bossa, a jazz... e a rock and roll.
Nesta primeira actuación da xira de presentación de TOTEM, Fran Pérez (voz e guitarra) estará acompañado pola súa banda: Marcos Teira (guitarra e coros), Pepe Sendón (percusión e coros), Quiné (batería) e Zé Lima (contrabaixo).
Mércores, 23 de abril - Teatro Principal de Santiago de Compostela
xoves 24 de abril LUGO ? Falcultade de Veterinaria
mércores 30 de abril OURENSE ? Auditorio Municipal
venres 30 de maio ARTEIXO ? Centro Cultural e Cívico
O alcalde de Cervo autoriza 82 vivendas sobre un castro
O Concello de Cervo, na Mariña lucense, outorgou tres licenzas para levantar 82 vivendas sobre o castro da Atalaia, na localidade de San Cibrao. A pesar de que a Dirección Xeral de Patrimonio paralizara a obra durante un mes, o promotor continuou as escavacións en canto obtivo a licenza da corporación que preside Afonso Villares, do Partido Popular.
Os veciños que habitan nas inmediacións do castro, agora parcialmente destruído, entregaron 300 firmas para intentar para as obras. Patrimonio confirmou que no lugar apareceron restos "castrexos e galaico-romanos".
Denúnciase a súa actitude hostil da emisora contra o idioma
Respaldando o chamamento feito polo Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), a CIG tamén se suma ás concentracións convocadas por esta organización, fronte aos locais da Cope das principais cidades galegas, para o mércores 23 de abril. O lema da convocatoria de mobilización é "A Cope quere amordazar a nosa lingua. Non llo imos permitir" e con ela quérese manifestar un claro rexeitamento á política de agresión contra o galego practicada polo grupo mediático da Conferencia Episcopal.
Nesta ocasión, a hostilidade da emisora dos bispos manifestouse a través dunha denuncia presentada perante o Consello Xeral do Poder Xudicial contra a xuíza Ana López-Suevos Fraguela, quen está á fronte do Xulgado do Social número 2 da capital galega. Na devandita denuncia, o avogado da Cope ceibaba a súa animadversión e os seus prexuízos sobre o galego, cuestionando a validez dun xuízo e unha sentenza (que lle era desfavorábel) porque se produciran no idioma de país, algo que evidentemente non só entra dentro da lóxica máis normal senón que ten plenas garantías legais para que sexa así, até o punto de que a denuncia vén de ser arquivada polo CXPX.
Así e todo, esta actuación da Cope, cuestionando a lexitimidade do galego nun ámbito como o xudicial (que se por algo salienta a nivel de usos lingüísticos, é pola escasa presenza da lingua galega), está a ter contestación desde diferentes sectores. Profesionais do Dereito e da Xustiza están a asinar un manifesto de apoio ao labor da xuíza denunciada. Así mesmo, diversas organizacións, entre elas a CIG e a Mesa, difundiron hai días cun comunicado de prensa censurando a actitude da Cope por esta cuestión. Igualmente o asunto tivo repercusión parlamentaria, a través dunha pregunta realizada polo grupo do BNG na Cámara galega.
Dentro da contestación social á postura da Cope, está agora este chamamento feito polo MpDC e que está a ser secundado por diversos colectivos, organizacións e persoas a título individual, chamamento a mobilizarse e a concentrarse diante dos locais da Cope das sete cidades galegas para o mércores 23 de abril ás 20 horas.
Queria informarvos de que esta semana lle roubaron a gaita a un rapaz de Vedra, na zona de Riazor, na Coruña.
É de granadillo en Si natural e fabricada por García de Riobó. o punteiro é de Mouriño. o fol e encarnado e ademais é bastante recoñecible, xa que ten un gaiteiros bordados.
no caso de que alguén saiba algo de ela por favor que dea novas aquí na lista ou no tlf. 696740502 (Emilio).
Sexta feira 18 (Venres)
? Som do Galpom na Sala A Ventana de Laxe
? Loretta Martin no Badulake (Ordes)
? Fía na Roca nas Pontes (A Coruña)
? Faltriqueira no Teatro Principal de Pontevedra
? Humor Neghro en Baiona
? Ataque Escampe na Casa Encantada de Compostela
? Ophiusa no Centro Sociocultural do Ensanche (Compostela)
? Contracocheno na taberna de Isaac (Cabral-Vigo)
Sábado 19
? Presentación do novo disco de Skarnio na Iguana Club de Vigo
? Ataque Escampe no Clavicémbalo de Lugo
? Os Trasnos de Moscoso no Estación Leñaverde de Boiro
? Faltriqueira na sala The Star de Carral (A Coruña)
? Os Cuchufellos e Ultraqans na Festa da Sidra (Chantada)
? Sondeseu en Riotorto
? The Homens no Fardela (Vilalba)
? Os Carunchos no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 22:30
? Serán en San Pedro (Nigrán)
? Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
? III Foliada de Cerqueda (A Coruña)
Domingo 20
? A Compañía Do Ruido no Salón Parroquial (Ponteareas)
? Pepe Vaamonde Grupo en Riotorto
Sábado 19 abril:
-Serán en San Pedro (Nigrán)
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-III Foliada de Cerqueda (A Coruña)
Sábado 26 de Abril:
-II Noite de Fiadeiro en Ramirás (Ourense)
-Ruada en Catoira
-Serán no Centro Cultural San Roque de Morgadáns (Gondomar)
-Serán no C.S. O Fresco (Ponteareas)
-Serán do Gaiteiriño (Aldán)
Domingo 27 de Abril:
-IV Foliada de Melide
Sábado 3 de maio:
-III Serán do Coello? en Lourido (Soutomaior)
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
Sábado 10 de maio:
-Serán no Porriño (Praza de S.Benito)
-III Serán do Mar de Rianxo
Sábado 17 de maio
-Serán en Romaríz (Soutomaior)
-Serán en Chaín (Gondomar) no C.C. A Merced
-Serán en Redondela (Alameda)
Sábado 24 de maio
-Serán en Sobrada (Tomiño)
Sábado 31 de maio
-II Serán As Angustias (As Angustias-Nigrán)
14 e 15 de Xuño
-Foliada e Romaria do Lecer de Xacarandaina na Coruña
O Concello de Riotorto celebra a segunda edición da Feira de Artesanía do Ferro durante o 19 e o 20 de abril para renderlle homenaxe á figura do ferreiro e para poñer en valor a tradición herdada.
A historia de Riotorto vai parella á ferraría, o etnógrafo Antón Fraguas xa recollera nos seus escritos a tradición artesanal dos ferreiros de Riotorto. O ferro estaba envolto por un halo de misterio, mesmo se convertera no eixo central de mitos e de lendas. Balcóns, reixas, sachas, rellas... todo Riotorto é testemuña dun traballo artesanal que chega aos nosos días nas mans de vinte ferreiros que continúan o labor dos devanceiros.
Co fin de reivindicar a figura do ferreiro e de poñer en valor a tradición herdada, Riotorto, un dos concellos cunha ratio máis alta de artesáns en relación ao total da poboación galega, celebra a II Feira de Artesanía do Ferro. O municipio pretende recuperar e impulsar o oficio apoiando a incorporación de xente nova que elabore novos produtos e novas técnicas para facer de Riotorto o referente do ferro do país.
A feira vai máis alá do sector do ferro. Porén, organizarase un espazo no que outros comerciantes e industriais de Riotorto exporán os seus traballos. Os hostaleiros da localidade tamén participarán nas actividades para promocionárense.
O Concello de Riotorto, co apoio da Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto, da Consellaría de Innovación e Industria e da área de Cultura da Deputación de Lugo, introduce por vez primeira nos actos da feira obradoiros de ferro para os visitantes e para os riotortenses máis pequenos.
O programa Sábado 19
16 horas. O Mago da Fraga. ?Historia e técnicas tradicionais da ferraría? por Miguel Abraira. Centro Sociocultural.
18 horas. Ferreiravella. Demostración de técnicas tradicionais da ferraría. Área de Recreo.
22 horas. SonDeSeu en concerto.
Domingo 20
10 horas. Feira de Artesanía do Ferro. Exposicións. Demostracións. Teatro de rúa, xogos populares, ruadas...
12 horas. Inauguración a cargo do conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e do alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez.
20 horas. Pepe Vaamonde Grupo en concerto
A banda ourensá xa ten listo o seu 'Paraugas universal', do que xa se pode escoitar 'Camiños', en cuxo vídeo colabora 'o home do tempo'.
Paraugas universal foi gravado nos últimos meses de 2007 nos estudios de Casa de Tolos, en Mañufe (Gondomar), e é distribuído por Pai Música. Despois de máis de dous anos de xira ininterrumpida desde o lanzamento da súa anterior gravación, os ourensáns escolleron a produción de Segundo Grandío para darlles forma ás súas novas cancións.
No disco hai (non podía ser doutro xeito) moita festa, e moita alegría. Xa en novembro Iván Varela salientaba a alegría que lles producía gravar con bo tempo e nun entorno natural fermoso, unha alegría que se seguro se reflectiría no disco: "Está moi ben erguerse pola mañá e ver a Ría de Baiona e o bo tempo que estamos tendo en novembro. Cando gravamos en Euskadi hai dous anos era un vendaval detrás doutro, chuvia, vento...".
No disco hai cumbias, merengues e pasodobres, pero tamén ritmos novos, como funky e hiphop. E moitas outras sorpresas, comezando polo single de presentación, en cuxo vídeo colouse Santiago Pemán, cantando e bailando, e mesmo despedíndose cun boas noites, e ata mañá.
Día: 19 de Abril.
Pateada: Circular Arga de S. João (Portugal)
Por primeira vez visitaremos a Serra D?Arga e faremos unha pateada que nos dá unha volta pola serra pasando polo mosteiro de S João, pola Pedra Alçada a mais pola aldea de S. João.
Saída: Almas perdidas ás 9,30. (Baixo do pavillón polideportivo do Berbés en Vigo).
Percorrido: Circular
Duración aproximada: 4,5 horas mais paradas
Lugares de Interese:
Mosteiro e aldea de Arga de S. João.
Camiños enlousados.
Pozas con posibilidade de baño.
Pedra Alçada. Paisaxes montañesas.
Por terceiro ano consecutivo, a Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda (parroquia pertencente ó Concello de Malpica) organiza a III Foliada.
Queremos agradecer a tódolas persoas que se deron cita o ano pasado nas Escolas de As Pozacas para pasar unha noite divertida e facérnola pasar tamén a nós.
Convidámosvos de novo este ano no mesmo lugar o 19 de abril a partir das 22:30 da noite.
O que queira pode vir cear alí connosco por un módico prezo. Teremos unha gran carpa e un gran palco para dar renda solta á calquer mostra artística (cantar, tocar, bailar, contar chistes, en fin o que se tercie). Ademáis a noite estará amenizada polo grupo de música tradicional "Media Ducia" formado por 6 músicos de prestixio da Comarca de Bergantiños.
O músico ofrece un espectáculo que xira arredor da manivela: unha zanfona, unha caixa de música e un órgano de barbaria. Música creada para estes tres instrumentos, dende as músicas tradicionais ao jazz.
Tres instrumentos de manivela; a zanfona do século XX, e dous instrumentos mecánicos; a caixa de música do século XVIII e o órgano de barbaria, fabricado cara a 1880 por Thibouville, unidos por un enxeño electronico do século XX, unha pedaleira que grava as melodías en directo e despois lánzaas para improvisar sobre a rixidez das cancións programadas nos cartóns que len os instrumentos mecánicos.
Xoves 17 de abril de 2008 ás 21:00
Organizado pola Universidade de Vigo
Lugar: Casa das Campás (Sede da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra)
Pontevedra
Antes do Concerto de Germán Díaz haberá un espectáculo de Clown