Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chega a fin de semana
Sexta feira 27 (Venres)
? Festival A Candeloria (Lugo): Nao, Terbutalina, Boikot, Liviao de Marrao,...
? Caxade e Ruxe-Ruxe na festa do queixo de Arzúa
? Narf no Pazo da Cultura de Carballo
? Pelepau na Repichoca (A Coruña) ás 23:00
? Cantos de taberna en Pontevedra
? Foliada no Lar (As Pontes)
? Foliada no café de Mario (Vigo)
? Foliada ven respirar no Liceo (Ourense)

Sábado 28
? IV Concurso de Cuartetos do Real Coro "Toxos e Froles" (Ferrol)
? III Encontro Gaiteiro e de Cantos de Taberna en Monterroso
? Festival A Candeloria (Lugo): Ruxe-Ruxe, Sokram, Habeas Corpus, Los chicos de maiz,...
? Tino Baz no Centro Cultural da Guarda ás 18:00
? Lydia Botana ás 18:30 no ​Cine Alovi (As Pontes)
? Cantata Vernácula na Casa Aberta de Celanova ás 20:30
? Esquíos no Pub M80 (A Estrada)
? Caxade na Arca de Noé (Vilar de Santos)
? Susana Seivane na Sala Clavicémbalo (Lugo) ás 24:00
? Serán en Santiago de Oliveira (Ponteareas) no Centro Cultural Os muiños de Oliveira

Domingo 1
? Kepa Junquera e Treixadura na festa do queixo de Arzúa
? Festival Vai de amores! no auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas ás 18:00
? A Buxaina no auditorio municipal de Ribadumia ás 19:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-02-2015 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
III Encontro Gaiteiro e de Cantos de Taberna en Monterroso
III Encontro Gaiteiro e de Cantos de Taberna que o sábado día 28 de febreiro en Monterroso (Lugo).

Data: sábado, 28 de febreiro 2015
Hora: A partires das 17:30
Lugar: Monterroso, Lugo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-02-2015 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Susana seivane presenta novo disco
O novo disco de Susana Seivane está a piques de ver a luz, e para ir abrindo boca, a gaiteira lanzará esta semana o novo single "Esperando a Fiz", un pequeno avance nun formato de 3 temas tan evocadores como ?Durmíndote?, ?Momentos? e ?O primeiro baile?.

O seu próximo álbum "Fiz" publicarase a principios do vran. Será o quinto da gaiteira, e foi xestándose cando estaba embarazada do seu primeiro fillo (que da nome ao disco).

Está inspirado nel e recolle os sentimentos dese feliz estado e da chegada ao mundo de Fiz. É romántico, inspirador e tenro, posiblemente o álbum máis privado e intimista da gaiteira, feito para nenos e non tan nenos, pais e fillos de todas as idades. É evocador e hipnotizador, non poderedes deixar de escoitalo.

Estas son as datas da presentación do single e próximo disco:

Lugo, Sala Clavicémbalo, 28 de febreiro, ás 24:00h

Santiago, Sala Capitol, 7 de marzo, ás 21:30h
Melide, Pub Gatos, 28 de marzo, ás 23:00h
Allariz, Café Roi Xordo, 25 de abril, ás 24:00h
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-02-2015 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Santiago de Oliveira (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-02-2015 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
A Buxaina en Ribadumia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-02-2015 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de taberna en Pontevedra

Avance Cantos de Taberna 2015

- BARES
o MILANO dos MARES ? PANELA ????. 27 de Febreiro
o REIXAS ? NAVARRA???...................... 27 de Marzo
o LAR ? MACHUCO ????.............. ?... 24 de Abril
o BRASILIA ? REBUSCO ???????.. 29 de Maio
o TIMÓN ? DIAÑO ?????????? 26 de Xuño

- GRUPOS
* MARAVALLADA ??????????.. 27 de Febreiro
*Os PERUCOS (de Rianxo)?????.. 27 de Marzo
* MAGHUA (da Coruña)????????.. 24 de Abril
*ANTARUXAS e SORTEIROS (da Fonsagrada) 29 de Maio
* MARAVALLADA ??????????.. 26 de Xuño.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-02-2015 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Pelepau na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-02-2015 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Vai de amores en Ponteareas
PROGRAMA II EDICION CONCERTO VAI DE AMORES

VAI DE AMORES
- Jota das Neves
- Pasodoble Romántico
- Que pernas tés María

MINIMA SON
- Negra Sombra ( Letra: Rosalía de Castro. Música: A finales del siglo XIX otro gallego, Xoán Montes Capón, combinou o poema con música
- Canto de Andar ( Luar na Lubre)

PACO REPRESAS
- A praia
- La locura de vivir

PÉDËPÔTÉ
- Dous pasos de Queimadelos ( recollida na parroquia do mesmo nome de Mondariz )
- Waltz Voor Polle
- Non vou sóa ( recollida en Meder, As Neves )

SADEO PANDERETEIRAS
- Serán de Traspielas
- Canto, maneo e muiñeira de Verdillo

ALEJO AMOEDO E IRIA CUEVAS
- Os Teus Ollos, letra de Curros Enríquez e música de José Castro "Chané"-
- Lela, letra de Daniel Castelao e música de Rosendo Mato

NEREA FERNANDEZ e XABIER DOMINGUEZ
- Moon River ( Desayuno con diamantes) Henry Mancini

Entrada de balde.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-02-2015 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada ven respirar (Ourense)
Venres 27 de febreiro
Comenzamos!!!! Últimos venres de mes.


A partir das 22:30 no Liceo en Ourense
Desta volta:
Nas músicas:
Irmáns Castro e acompañantes. "Os Lubicáns"
As Lagharteiras
No final, aberto a persoas ou grupos que queirades tocar, simplesmente deberedes comunicalo ás persoas da organización para establecer unha rolda de quendas.

Baile e boa música aseguradas, vinde ghastar pista!!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-02-2015 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Tino Baz na Guarda
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-02-2015 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Café de Mario (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-02-2015 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-02-2015 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do queixo (Arzúa)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-02-2015 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival A Candeloria (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-02-2015 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
II Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo'

Poderanse inscribir nesta segunda edición do certame todas as persoas que o desexen, incluso as que participaron o ano pasado. Os únicos requisitos son que non teñan ningún material sonoro editado e que as cancións que presenten a concurso sexan inéditas e en galego.

Un EP ?xunto co deseño do mesmo?, concertos e promoción destes, así como un ano de cota de socio/a de Músicos ao Vivo son algún dos premios que poderá recibir a persoa gañadora desta segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo'. Tamén haberá novidades nos accésits da gala final, entre outras.

O Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo' está organizado polo municipio teense e conta tamén co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Gadisa.

O prazo de inscrición que continuará aberto ata o vindeiro 29 de marzo.

As bases poden consultarse na web www.concellodeteo.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-02-2015 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de colares tradicionais (Ramirás)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-02-2015 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
IV Concurso de Cuartetos Toxos e Froles
Por cuarto ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" organiza o IV Concurso de Cuartetos, con instrumentos tradicionais galegos.

A final do concurso terá lugar o vindeiro 28 de febreiro, na sede do Real Coro "Toxos e Froles", e está dotado dun premio único de 1200 euros. O prazo para a entrega das solicitudes remata o 20 de febreiro de 2015


Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico (info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:

formulario de inscripción IV Concurso de Cuartetos

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:
Bases do IV Concurso de Cuartetos

www.toxosefroles.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-02-2015 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Selección de gaiteiros solistas para o XXX Trofeo Maccrimmon (Lorient)
CONCURSO - SELECCIÓN DE GAITEIROS SOLISTAS
XXX TROFEO MACCRIMMON ? LORIENT


1. Poderán participar tódolos gaiteiros nados en Galicia que o desexen, así como aqueles que estando na diáspora teñan ascendencia galega ou acrediten pertencer a algún centro ou entidade galega.

2. O obxecto desta iniciativa é seleccionar ós catro gaiteiros que representarán a Galicia na final do XXX Trofeo MacCrimmon de Gaita, que se celebrará o 7 de agosto de 2015 durante o Festival Interceltique de Lorient. Este ano por ser o 30 aniversario, farase una edición especial para conmemoralo.

3. Establecerase unha única categoría na que participarán ata un máximo de 12 gaiteiros sen acompañamento de percusión.

4. O Concurso-Selección, celebrarase o vindeiro 26 de Abril ás 17:00 no Centro Cultural ?Rosalía de Castro? de Cacheiras - Teo (A Coruña).

5. O Concurso-Selección non terá dotación económica. Os catro primeiros clasificados serán os encargados de representar a Galicia competindo na final do Trofeo MacCrimmon. Viaxarán gratuitamente á Bretaña coa Delegación Galega do Festival de Lorient e disporán de aloxamento e dietas tamén de xeito gratuito.

6. Para a selección dos concursantes terase en conta o currículum e a gravación de audio da peza galega obligatoria que será ?Ribeirana de Ventosela?, presentada en soporte CD, que os participantes enviarán xunto coa folla de inscrición.

7. No Concurso-Selección cada gaiteiro deberá interpretar obrigatoriamente, unha peza do repertorio asturiano (Jota de Remis) e unha peza do repertorio bretón (Dans Fisel) que se adxuntan coas bases e a folla de inscrición.

8. Cada gaiteiro, ademais das interpretacións obrigadas de temas asturianos e bretóns, terá cinco minutos para interpretar repertorio galego de libre elección. As pezas que compoñan dito repertorio poderanse interpretar por separado ou en suite.

9. O tempo de actuación comezará a contar de xeito continuo co inicio da interpretación. En caso de superar o tempo establecido nas bases, o xurado poderá penalizar o gaiteiro.

10. A interpretación da música galega realizarase en exclusiva coa gaita tradicional de Galicia. Para a interpretación dos repertorios asturiano e bretón permitirase o uso das gaitas tradicionais de Asturias e Bretaña, aínda que tamén se poderá efectuar coa gaita tradicional galega.

11. Os concursantes deberán vestir o traxe tradicional galego completo, que non poderán quitar ata o final do concurso.

12. Os gaiteiros seleccionados terán que presentarse no Centro Cultural ?Rosalía de Castro? de Cacheiras-Teo o domingo 4 de Maio ás 15:30 para firmar a acta de presencia e para a realización do sorteo de orde de actuación.

13. O xurado estará composto por gaiteiros que xa gañaran o Trofeo MacCrimmon, ou que resultaran finalistas do mesmo.

14. O xurado valorará a afinación, o emprego das dixitacións, ornamentacións, recursos interpretativos, dificultade das pezas, etc.

15. O xurado será o encargado de analizar as actuacións dos participantes seguindo o estipulado nas presentes bases e nomeará ós seleccionados para a final do Trofeo MacCrimmon.

16. A inscrición no concurso implica a aceptación das presentes bases. O xurado poderá descalificar a calquera concursante que non cumpra co estipulado nas mesmas.

17. O fallo do xurado será inapelable.

Os gaiteiros que desexen participar deberán remitir a folla de inscrición, debidamente cuberta e acompañada do currículum e o Cd de audio antes do venres 3 de Abril de 2015 a:
APTO DE CORREOS 17.
CACHEIRAS ? 15883 TEO (A CORUÑA).
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-02-2015 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Construción de Palletas e Pallóns (Pantón)
O vindeiro 28 de febreiro a Asociación de Gaiteiros Galegos a través da Tradescola, organizará unha nova edición do Obradoiro de Construción de Palletas e Pallóns.

Este obradoiro, que impartirá o artesán Pontés Xaime Pena, e que terá lugar na Casa da Cultura do Concello de Pantón, é imprescindible para todas aquelas persoas amantes da música tradicional e particularmente para os alumnos que se están formando na aprendizaxe da gaita, xa que nesta xornada, poderanse adquirir unhas nocións básicas sobre a construción e a manipulación de palletas e pallóns, as peculiaridades dos materiais cos que se realizan, o trato que se lles debe dar, etc...

A Asociación de Gaiteiros Galegos, a través deste curso pretende facer fincapé no coñecemento das palletas e pallóns e a estreita relación que esta actividade ten coa interpretación do instrumento. Pretendemos que este curso sirva de ferramenta para iniciar aos asistentes nun tema que é fundamental para a perpetuación dun dos instrumentos máis emblemáticos da nosa cultura.

Datos do obradoiro:

Data: 28 de febreiro 2015
Lugar: Casa da Cultura do Concello de Pantón (Lugo)
Horario: de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.


Inscricións: No tlf: 982229966 ou no correo electrónico tradescola@gaiteirosgalegos.comEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Prezo: 20 ? (Socios da AGG/ alumnos Tradescola)

25 ? Público xeral.

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-02-2015 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 23 (Luns)

Terza feira 24 (Martes)

Corta feira 25 (Mércores)
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela) ás 23:00

Quinta feira 26 (Xoves)
? Caxade no Pazo de San Marcos (Lugo)
? Maghúa no Kunsthalle Compostela (Santiago de Compostela)

Sexta feira 27 (Venres)
? Festival A Candeloria (Lugo): Nao, Terbutalina, Boikot, Liviao de Marrao,...
? Narf no Pazo da Cultura de Carballo
? Caxade e Ruxe-Ruxe na festa do queixo de Arzúa
? Foliada no Lar (As Pontes)
? Foliada no café de Mario (Vigo)

Sábado 28
? IV Concurso de Cuartetos do Real Coro "Toxos e Froles" (Ferrol)
? Festival A Candeloria (Lugo): Ruxe-Ruxe, Sokram, Habeas Corpus, Los chicos de maiz,...
? Esquíos no Pub M80 (A Estrada)
? Caxade na Arca de Noé (Vilar de Santos)
? Serán en Santiago de Oliveira (Ponteareas) no Centro Cultural Os muiños de Oliveira

Domingo 1
? Kepa Junquera e Treixadura na festa do queixo de Arzúa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-02-2015 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de Taberna en Sarria
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-02-2015 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Najla Shami en Allariz
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-02-2015 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Sesión Vermú con Cé Orquestra Pantasma en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-02-2015 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Raiba en Burela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-02-2015 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
Pablo Díaz na Coruña
Vindeiros concertos de pablo Díaz presentando o seu novo disco: "Xente Miúda Moita Fartura" para os máis pequenos da casa.

XENTE MIÚDA, é a proposta musical máis novidosa de Pablo Díaz. Está dirixida a nenas e nenos de 0 a 5 anos fundamentalmente, e acaba de ver a luz durante o Nadal do 2014.
O creador do traballo, Pablo Díaz, rodéase nesta ocasión tanto na gravación como nos concertos en directo, dos grandes e coñecidos músicos Carmen Rey (piano e voz) e Tito Calviño (guitarra acústica), con ritmos e melodías máis cercanas para os máis pequeniños.

Os máis próximos son esta fin de semana no Fórum Metropolitano da Coruña:

-21 de febreiro: 18:30
-22 de febreiro: 12:30


O prezo das entradas é de 5? e o abono familiar 12? (3 entradas).
Venda de entradas en Servinova.com, Afundación, Billeteira do Fórum unha hora antes dos concertos.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-02-2015 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada feroz (Balboa-O Bierzo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-02-2015 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Rumbo de colisión (Cambados)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-02-2015 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
Xira Terbutalina
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-02-2015 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
O Canto das illas (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-02-2015 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Terza feira 17 (Martes)

Corta feira 18 (Mércores)

Quinta feira 19 (Xoves)

Sexta feira 20 (Venres)
? Festival O Canto das illas no Auditorio Mar de Vigo
? Narf na Aula de Cultura Xulio Cuns de Betanzos
? Sokram na Casa Tomada (A Coruña)
? Os John Deeres no Diablo Bar (Lugo)
? Terbutalina no Bar Labranza (Meiro-Bueu)
? Estalotada en Compostela

Sábado 21
? Festival O Canto das illas no Auditorio Mar de Vigo
? Festival Rumbo de colisión (Cambados): Noite fechada, Skalopendra, Leo Arremecaghoná,...
? Narf no Multiusos da Xunqueira (Redondela) ás 21:00
? Terbutalina na Taberna Marrucho (Baiona)
? Raiba no C. S. Xebra (Burela)
? II Foliada Feroz en Balboa (O Bierzo)
? Serán de Avión, na Sala de festas "Sifón"

Domingo 22
? Festival O Canto das illas no Auditorio Mar de Vigo
? Sumrrá na Casa das Crechas (Compostela) ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-02-2015 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 13 (Venres)
? lydia Botana ás 17:30 na ​Praza Maior de Ourense
? Recambios Tucho no Pub Olimpo (A Pobra do Caramiñal)
? Baile Assalto ás 21.30 na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
? Foliada de entroido en Noia

Sábado 14
? XII Festival Taiña (Goián-Tomiño): Maskarpone, Collón de Lola,...
? Marta Quintana no Museo de Pontevedra ás 20:00
? Ludovaina na Tiradoura (Cangas do Morrazo) ás 22:00
? Desequilibrio mental na sala Sonar (Compostela)
? Dakidarria na Fábrica de Chocolate (Vigo)
? Serán dos namorados de Toutón (Mondariz)

Domingo 15
? Pesdelán ás 18:30 na ​Praza de Abastos de Lugo
? I Serán de entroido, ás 18:00 na Porta do Sol (Vigo)
? Quempallou en Rianxo ás 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-02-2015 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Salason (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-02-2015 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Grande Baile Assalto en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-02-2015 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Quempallou en Rianxo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-02-2015 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Pasamento de Clemente Díaz
Mala semana para os nosos vellos gaiteiros...

Hoxe temos que lamentar un novo pasamento, foise Clemente Díaz "O Ferreiras", Gaiteiro de Ibias.

Gran gaiteiro e referente musical. Dende aquí a Asociación de Gaiteiros Galegos quere facerlles chegar o noso máis sentido pésame á familia e amigos.

Descanse en paz.

O Funeral será na Igrexa parroquial de San Antolín de Ibias, á unha da tarde do venres día 13, e, a continuación, o seu traslado ao cementerio de dita parroquia.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-02-2015 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0