Logo do seu debut como solista con Árnica Pura, o cantante e percusionista Davide Salvado ten prevista a saída ao mercado da súa segunda entrega discográfica, que se vai titular O ladrón de amorodos.
No traballo conta coa colaboración de Mercedes Peón. O disco está inspirado nos deseños do artista William Morris.
O músico estará presentando ao público coruñés a súa nova obra o 28 de maio cun concerto a celebrar no teatro Colón ás 20.30 horas.
O vindeiro 23 de febreiro de 10:00 a 14:00 h celébrase un Obradoiro de palletas e pallóns no local da AAVV Oza-Gaiteira-Os Castros na rúa da Mercéd, 56-baixo de A Coruña impartido polo artesás Jesús Miranda.
Para máis información ou inscribirte chama ó número 670 872 388.
Por segundo ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" organiza o II Concurso de Cuartetos, con instrumentos tradicionais galegos.
A final do concurso terá lugar o vindeiro 23 de febreiro, na sede do Real Coro "Toxos e Froles", e está dotado dun premio único de 1200 euros. O prazo para a entrega das solicitudes remata o 15 de febreiro de 2013
Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico (info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:
Prezad@ amig@:
O vindeiro domingo 24 de febreiro (Día de Rosalía e 176 aniversario do seu nacemento), celebraremos a ?Alborada para Rosalía?, un acto promovido pola Fundación Rosalía, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos.
Dende a AGG animamos a que todos os grupos de música tradicional e gaiteir@s que o desexedes, saiades ás rúas, camiños, prazas, lugares simbólicos...para dar unha alborada de gloria en honra á poeta padronesa entodas as vilas e cidades do país.
Xa podes consultar toda a información sobre a Alborada para Rosalía e deixar constancia da túa participación, ou da do teu grupo, no seguinte enlace: http://rosaliadecastro.org/chamamento-gaiteiros/
Neste enlace atoparás información para promocionar e compartir este evento, para localizar a actuación do teu grupo, e as distintas maneiras de subir as fotos ou os videos das vosas actuacións ás redes sociais. Que todos saiban que hoxe a gaita galega non chora, que canta...
Un saúdo
Asociación de Gaiteiros Galegos
Sexta feira 15 (Venres)
? Mini e Mero, Habelas Hainas e Os John Deeres no C.S. A Gentalha do Pichel (Compostela)
? Skandalo GZ e Liorta na sala Nube Negra (Ponteareas)
? Uxía e Sés no Teatro Principal (Compostela) ás 21:00
? Martelo na Disco Tasca (Redondela)
? Davide Salvado no Liceum (O Porriño) ás 23:30
? Virandeira Folk na Taberna Rianxeira (Matamá-Vigo) ás 23:00
? Foliada na parrillada A Chainza, (Obre-Noia) ás 22.30
Sábado 16
? Roi Casal na praza da Ferraría (Pontevedra) ás 21:00
? Xacarandaina no Teatro Colón (A Coruña) ás 22:00
? Festival o Pelusco na sala Karma (Pontevedra): Guintervan, Skandalo GZ
? Serán dos Namorados (Toutón-Mondariz)
Domingo 17
? Sons de Gaita. Concerto benéfico en Narón: Bellón Maceiras, Balkandra, Alén de Ancos,...
? Banda Baile Asalto no Salason (Cangas do Morrazo) ás 20:00
O vindeiro sábado 16 de Febreiro ás 21:00, Roi Casal e a súa banda pecharán as celebracións do entroido pontevedrés cun concerto na Praza da Ferrería.
Roi Casal porá en escea un espectáculo preparado para tal ocasión no que se poderán escoitar temas do seu traballo ?O Boticario Gaiteiro?, que o arpista gravara xunto con Nando Casal en 2004 para homenaxear o centenario da gravación do primeiro disco de música tradicional galega por parte de Perfecto Feijoo e o seu coro ?Aires da Terra?.
Este ano cúmprese tamén o centenario da morte do loro Ravachol, a entrañable mascota que Perfecto Feijoo tiña na súa botica da Praza da Ferrería. Por iso Roi afirma que ?danse moitas circunstancias que fan que este concerto sexa especial, a miña zanfona é unha réplica exacta da que tocaba Perfecto; Nando e máis eu tamén somos boticarios e músicos; tocaremos a escasos metros de onde el tiña a botica e temos o repertorio adecuado para o momento adecuado. Quero agradecerlle ao Concello de Pontevedra que nos dese a oportunidade de pechar o entroido deste ano cun concerto tan especial?.
Para esta ocasión, ademáis da súa banda habitual, Roi contará coa colaboración de Nando Casal (Milladoiro) e Xaquín Xesteira (Treixadura), duas das figuras máis destacadas da música tradicional do Pais.
?Levamos unhas semanas traballando no espectáculo cunha única premisa: o público poderá bailar e cantar coa mesma música que soaba en Pontevedra hai 100 anos pero arranxada dende un punto de vista actual. Será un gran concerto, estou seguro? afirma o arpista galego.
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e Uxía presentaron o concerto que a artista dará dentro do ciclo Sons?13 e no que presentará o seu traballo Meu canto. Este concerto inaugura a serie Cantigas de Mulleres, inspirado no CD homónimo editado por Fol Música, unha compilación baixo a dirección artística de Uxía e que pretende ser unha escolma das mellores voces femininas da escena galega e unha mostra do gran talento e calidade das nosas artistas.
Na rolda de prensa tamén participou Sés, que será a artista convidada do concerto de Uxía e a protagonista do segundo concerto de Cantigas de Mulleres, o 7 de xuño. O concerto de Uxía será o venres 15 de febreiro, a partir das 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas, 10 euros anticipada (12 ? na billeteira) están xa á venda na billeteira do Teatro Principal, aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas.
Meu canto é unha relectura dos temas fundamentais do repertorio en directo de Uxía e temas que ata agora nunca tiña abordado. Unha proposta limpa de artificios na que o fundamental é a súa excepcional voz. Meu canto porque a maioría das cancións conteñen a palabra canto porque este disco é unha reflexión sobre o acto de cantar, as emocións que provoca, a voz, a esencia... Nesta ocasión, a súa travesía lévanos a Brasil, onde foi gravado este traballo coa produción do prestixioso músico Jaime Alem (produtor de Maria Bethânia), o talento e a complicidade do virtuoso instrumentista Sérgio Tannus e as colaboracións de Lenine, Socorro Lira e Fred Martins. No concerto estará acompañada de Sérgio Tannus: guitarra, viola caipira, cavaquinho e pandeiro; Xoan Porto: guitarra, acordeón e percusión e, como diciamos, como invitada especial. Sés
Cantigas de Mulleres entrou recentemente nas prestixiosas listas europeas de World Music, WMCE (World Music Charts Europe) e recibiu eloxiosas críticas na BBC, revistas especializadas de todo o mundo e programas de radio de toda Europa. E acadou importantes premios, como o Mellor Album de Raíz nos Premios da Música Independente e Premio Opinión á mellor artista e traxectoria de música folk, no 2012.
Uxía, a voz do Atlántico
Vinte e cinco anos de carreira artística convértena nunha das voces máis populares e valorizadas da nosa lingua. As súas cancións seguirán tendo a presenza latente da música tradicional, cun tratamento innovador. Unha voz máis contida e máis profunda ca nunca. Unha voz que amosa toda a forza e toda a vulnerabilidade coa que Uxía chegou a este punto do camiño, coa convicción de que un pobo que cantou desde tempos inmemoriais non pode perder un instrumento tan fundamental como a propia voz, o propio canto, Meu canto.
Uxía, unha das voces máis populares do mundo lusófono, é creadora e directora artística do máis importante Festival da Lusofonía, Cantos na Maré, que se celebra cada ano en Pontevedra.
En palabras de Uxía, "Así somos (as mulleres) nós no canto... forza matriz, mulleres-sol*, das que non se arredan, das que non temos pelos na lingua, das que non cantamos só ás pombas e as flores, das que facemos cantigas na nosa lingua e coidamos a valiosa herdanza das cantigas das nosas avoas, pandeireta en man, Morganas que berramos forte ou docemente susurramos unha nana, mulleres que sabemos que a revolución pendente, a do século XXI é a nosa, cando mostremos as nosas cores, e en todas partes resoe o cantar forte e poderoso das mulleres deste país que tamén ten nome de muller".
* (definición de Xurxo Souto para referirse ás mulleres da música galega)
Sés, artista convidada e protagonista do próximo concerto
Sés é o proxecto musical da cantautora coruñesa María Xosé Silvar: ritmos americanos repensados en galego e en feminino, letras escritas a conciencia e unha actitude enérxica e independente enriba e debaixo do escenario. Así se presenta ela. Formada na música e no baile tradicional, María Xosé Silvar é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso ACoruña Son, apadriñado por Santiago Auserón. Logo de colaborar con grupos coma Zënzar ou Xabier Díaz, en 2010 María Xosé Silvar ficha pola produtora carralesa Airapro, que fai de Sés un dos seus proxectos insignia e coa que publica en 2011 Admirando a condición, o primeiro disco de Sés, un proxecto 100% en galego e 100% en feminino.
Despois de case tres anos e 100 concertos de Sés por toda Galicia e parte do estranxeiro -a maioría deles, no formato acústico-, a carismática María Xosé Silvar xa é unha figura consolidada e todo un referente de creatividade e independencia artística na música galega.
Neste concerto colaborará con Uxía e o 7 de xuño será a protagonista do segundo concerto de Cantigas de Mulleres no Principal, onde presentará o seu novo disco, que sairá a luz a finais de abril.
Sábado 16 de febreiro
Teatro Colón (A Coruña) ás 22:00
Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, procedente da tradición do pobo, continuada polo pobo e para o pobo. Por isto leva desde 1992 apostando pola dignificación da nosa cultura levando a escena o folclore tradicional, pretendendo demostrar que o folclore tradicional pode competir como espectáculo con calquera outro.
Con "Galizien Amerika Linie" Xacarandaina pretende achegar ao público un fenómeno importantísimo na nosa historia contemporánea máis recente: A Emigración.
Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" por Rosalía de Castro.
Dende a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo, estanse a organizar distintos actos para conmemorar os cento cincuenta anos desta obra única.
Logo de que a Real Academia Galega se puxese en contacto coa Asociación de Gaiteiros Galegos para a organización dunha destas actividades, a AGG decidiu unirse a estas entidades para promover a ? Alborada para Rosalía?, un acto no que se homenaxeará a Rosalía de Castro, unha das meirandes escritoras en lingua galega.
Na vindeira mañá do domingo 24 de febreiro, aniversario do nacemento da escritora, animamos a que todos os grupos de música tradicional e gaiteir@s que o desexen, saian ás rúas, camiños, prazas, lugares simbólicos..., para botar unha peza na honra da poeta, podendo espallar unha octavilla co manifesto adxunto, que explica o motivo e razón da iniciativa.
Para poder amosar a todos os grupos participantes, e ver así o que ocorre nos distintos lugares de Galicia, os grupos e/ou persoas que participen gravarán a interpretación dunha peza ( a elexir por cada grupo) e subirán o video a unha canle de Youtube na mesma mañá do domingo. (A gravación podería ser co teléfono, ou con cámara de video, ou incluso se non se pode facer gravación se poderían enviar fotografías ? as instruccións para subir o video enviaranse próximamente e poderanse consultar en www.rosaliadecastro.org )
A partir deste material, iriamos dando conta do recibido, de xeito que dende o mesmo día poidamos ver o que ocorreu en todo o pais.
Animámosvos a participar e a difundir esta actividade para conseguir que non quede ningún recuncho de terra sen o son das nosas gaitas en honor á Rosalía.
Agradecemos a tod@s os participantes que nos indiquedes a través do correo secretaria@gaiteirosgalegos.com ou dos tlfs. 982229966 / 986847074 o lugar e a hora na que ides a interpretar a peza.
Que todos saiban que hoxe a gaita galega non chora, que canta...
ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O II CURSO DE DANZA TRADICIONAL GALEGA ?VAGALUME? 2013
2 e 3 de marzo do 2013 en Alcalá de Henares (Madrid). O curso terá 10 horas de duración
Sergio Cobos será o mestre que dará o curso.
INSCRICIÓNS
Os datos para a inscripción son os seguintes:
- Nome e apelidos
- D.N.I.
- Teléfono
- Enderezo electrónico
COMPRE ADXUNTAR O XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO DA MATRICULA
As inscricións pódense enviar a:
email:galiciahenares@hotmail.com
telf.: 670588667
Prezo da matrícula:
40? e 30? para socios/as da Asociación Galega Corredor do Henares e para os alumnos do centro colaborador.
PAGAMENTO NA CONTA: 2080 0614 42 3040000129 Nova Galicia Banco/ EVO
Os gastos de estadía en Alcalá correrán a cargo dos asistentes pero se chamades con tempo facilitaremosvos números de teléfono de hoteis cercanos ao lugar de desarrollo do curso.
En breve publicaremos a programación completa do curso na paxina web.
www.galiciahenares.wordpress.com
Sexta feira 8 (Venres)
? Rebeliom do inframundo na sala O Torreiro da Festa (Vigo) ás 22:45
? Ultraqans na sala Garufa (A Coruña) ás 23:00
? Skandalo GZ na Gentalha do Pichel (Compostela) ás 21:30
? Foliada no Salason (Cangas do Morrazo) coas Lagharteiras ás 23:00
Sábado 9
? Mamá Cabra en Culleredo ás 18:30
? Leo e Arremecaghona no C.S en pé (Pontevedra) ás 23:00
? II foliada do entroido na casa cultural de Coto Sobreiro(Achas-a Cañiza) ás 21:00
Domingo 10
? Davide Salvado ás 17:30 e 18:30 na Confitaria-café La Esquina de Arzúa
Xa sabes a festa tremenda que se vai montar en SalaSon: música, baile e canto tradicional para recibir ao entroido como merece.
Abrirán a foliada, ás 23.00 h, o grupo vigués de pandereteiras ?AS LAGHARTEIRAS?, sete mulleres con rodaxe noutras formacións tradicionais que transformaron este grupo nunha asociación cultural para dar continuidade a un intenso traballo de compilación, conservación e transmisión da nosa música.
Dúas cousas importantes: traede instrumentos (gaitas e percusión) e vinde disfrazados.
Sexta feira 1 (Venres)
? Guintervan no Salason (Cangas do Morrazo)
? 3 Estralos en Lourido (Soutomaior)
? Foliada no C.S. en Pé (Pontevedra)
? Foliada Venrespirar no Liceo de Ourense ás 22:30
? Noite de Tasca en Oroso
? Serán de San Xoán de Tabagón (O Rosal)
Sábado 2
? Festival infantíl de música e baile tradicional en Coruxo (Vigo) ás 18:00
? Roi Casal e Banda no Auditorio de Rianxo
? Recambios Tucho no Con do Moucho (Illa de Arousa)
? Os Podridos no San Brais (Vigo)
? Luar na Lubre en Pontevedra
? Serán da Ribeirana (Escola de Música Tradicional do Ribeiro) en Ribadavia
? Serán de Meirol (Mondariz)
? Serán de San Blas, en Salcedo (Pontevedra)
? Serán en Tui nas instalacion da antigua fabrica de boinas (fronte o xinaxio Di Som)
Domingo 3
? Foliada Intertasca en Laracha
? Os Vacalouras e O Leo no San Brais (Vigo)