Cansad@ de comer as uvas numha outra hora? Gostavas de celebrar a passagem do ano na tua hora?
Nom faltes e vem às 00:00 horas (1:00 hora pequeno-imperial) do 1 de Janeiro, ao pub Tira Millas de Burela. Assite à emissom ao vivo das badaladas desde a igreja de Burela com convidados supresa e disfruta com a boa música!
Segunda feira 29 (Luns)
? Cuarteto Caramuxo na Praza da Constitución de Vigo ás 19:00
? Obradoiro de Danzas de Reis na A.V. Casco vello de Vigo ás 19:30
Terza feira 30 (Martes)
? kogito,Tonhito de Poi e Rasa Loba,... no Auriense (Ourense)
? Foliada fin de ano de Xacarandaina ás 22:00h na rúa Florida (lateral da igrexa de San Nicolás, zona da praza do Humor, A Coruña)
? Obradoiro de cantos de Reis na A.V. Casco vello de Vigo ás 19:30
Corta feira 31 (Mércores)
? Foliada fin de ano no Furancho da Balsa (Vigo)
Quinta feira 1 (Xoves)
Sexta feira 2 (Venres)
? Conferencia de Mª Xosé López (Muxicas, Na Virada,...): Os Cantos de Reis na Galiza. A.V. Casco vello de Vigo ás 20:00
Sábado 3
? O Sonoro Maxín no Salón Parroquial de Ponteareas
? Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)
Domingo 4
? V Certame de Cantar de Reis (Boimorto) ás 16:30
? Saída do Obradoiro de Danzas e Cantos de Reis polas rúas do Casco Vello de Vigo ás 18:00
"Alalá", o programa das músicas e dos músicos que preservan a tradición galega, fai esta noite un repaso polos programas que marcaron todo o ano 2008 do que agora se despide, un ano cheo de viaxes e de bos momentos: dende a música galega na Arxentina e no Uruguai ata os gaiteiros da Fonsagrada; dos grupos novos que experimentan coa tradición ás pandereteiras maiores que seguen a cantar exactamente igual a como o facían as súas avoas... E neste ir e vir, sempre aprendendo das tradicións, dos vellos oficios, ou das ensinanzas que a vida deixa concentradas en frases cargadas de sentimento.
Acompañando esta ledicia de fin de ano, non faltarán a música e o bo humor xunto ás ganas de facer festa en calquera lugar, como ocorre nos furanchos onde se xunta hoxe a mocidade para tocar e bailar ás cortes nas que noutrora se facían os seráns. Este programa vai ser un dos mellores momentos do "Alalá" para despedir un ano que deu moito de si.
Sexta feira 26 (Venres)
? Machina no Pub Gatos de Melide
? Vaamonde, Lamas & Romero, Xabier Díaz en Cecebre
? Ruada en Santaia (Tordoia)
? Noite de Tasca no Bar Calviño de Pontepedra (Tordoia)
? I Foliada de Nadal na Cervexería "A Illa", no baixo da Casa da Xuventude de Cecebre (Cambre)
? Foliada no Salasón (Cangas)
Sábado 27
? Milladoiro en Ribadumia
? Faltriqueira en Quiroga
? María do Ceo no centro Social do mar en Bueu
? II Serán de Covas (Cotobade)
? Lamatumbá, Skacha, Trapallada e Tobhito de Poi no Frontón de Riazor (A coruña)
? Galiza-Angola no estadio de Riazor (A Coruña)
Domingo 28
? Machina no Aturuxo de Bueu
? Nova Galega de Danza en Rianxo
Segunda feira 29 (Luns)
? Cuarteto Caramuxo na Praza da Constitución de Vigo
Terza feira 30 (Martes)
? Tonhito de Poi e Rasa Loba no Auriense (Ourense)
? Foliada fin de ano de Xacarandaina ás 22:00h na rúa Florida (lateral da igrexa de San Nicolás, zona da praza do Humor, A Coruña)
Corta feira 31 (Mércores)
? Foliada fin de ano no Furancho da Balsa (Vigo)
Se non podes adquirir a túa entrada a través de internet, tamén tes a posibilidade de mercala nas taquillas de toda a vida. Para o partido masculino a venda presencial farase no estadio de Riazor e tamén no Pazo dos Deportes. As entradas do partido feminino en Pontevedra poderás conseguilas nas oficinas do Pontevedra C.F. e no campo o mesmo día do encontro. Aí che van algúns datos importantes sobre os prezos e os horarios de venda ao público de entradas.
Encontro selección masculina:
As entradas do Galiza-Irán poderán mercarse entre o 20 e o 26 de decembro nas taquillas do RC Deportivo, no estadio municipal de Riazor. O punto de venda encóntrase situado na grada preferente, entre as portas 15 e 16. O horario de atención ao público será de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 19:30h. O día do partido (27/12/2008) as entradas venderanse nas taquillas do Pazo dos Deportes de Riazor.
Prezos:
Preferencia inferior e lateral, Fondo Pavillón e Marcador: 8?
Preferencia superior: 10?
As entradas do Galiza-Illes Balears poderán mercarse os días 13, 14, 27 e 28 de decembro nas taquillas do estadio municipal de Pasarón. Entre o 20 e o 26 tamén se habilitará unha taquilla especial nas oficinas do Pontevedra C.F. (R/ Benito Corbal 16-1º), en horario de 9:00 h a 14:00h e de 17:00h. a 20:00 h. de luns a venres.
O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesas das altas montañas galegas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben mantidos. Logo de desexarlles que no ano vindeiro non pasasen máis fame e vivisen con fartura, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.
A tradición, recollida por Lôpez Gonçâlez nas comarcas do Courel, Lóuzara e o Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Hai quen cre que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.
Ademais, nos últimos días sóubose dun outro nome que leva esta figura no sur do país: O Pandigueiro. Este baixaba da Cabeza Grande pola banda de Trives e de que se agochaba na Raíña Loba pola banda do val do Salas. A cantiga chamábao: "Pandigueiro na noitiña, Pandigueiro vén axiña".
Cantiga de Amadora de Galego
Vai-te logo meu ninín/niniña,
marcha agora pra camiña.
Que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande,
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande,
E virá o Apalpador.
Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa vén relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
Cantiga de Amadora de Galego, labrega de 79 anos en Romeor do Courel
(Recollida en 1994 por José André Lôpez Gonçâlez)
Durante a xornada do sábado 27 de decembro os grupos de música e baile tradicional da A.F.C. O Fiadeiro inundarán as rúas do Calvario para celebrar con toda a cidadanía a inauguración do seu novo local neste barrio. Os espectáculos darán paso ao acto de inauguración da nova sede social, no nº3 da rúa Jesús Fernández.
Os espectáculos comezarán ás 11.00 e prolongaranse ata as 13.30 horas; pola tarde as músicas e bailes volverán ao Calvario a partir das 17.00 horas e ata as 20.00 horas, momento en que todos os grupos desfilarán cara ao novo local da rúa Jesús Fernández para proceder ao acto de inauguración oficial. Un acto que a asociación quere compartir con toda a cidadanía e no que haberá música, baile e pinchos para os asistentes.
Serán máis de 50 artistas quenes durante a mañá e tarde do sábado se boten á rúa para compartir cos viandantes as diferentes expresións tradicionais que a asociación cultiva desde hai máis de 10 anos. Non faltará ningún dos grupos titulares da asociación. Charanga, os grupos de baile tradicional galego, o conxunto de pandeireteiras e grupo de pandeireteiros de O Fiadeiro repartiranse para actuar polas distintas zonas da rúa peonil para que sons e bailes cheguen a todos os recunchos deste barrio vigués.
O cambio de local vén motivado pola necesidade de dispoñer dun espazo máis amplo e mellor acondicionado no que levar a cabo as numerosas actividades que desenvolve a escola e os ensaios dos grupos titulares. Trátase dun baixo mellor situado que o anterior da rúa Pombal xa que se atopa nun lugar máis céntrico e accesible, a carón mesmo da zona peonil do Calvario.
Pola Mañá:
12:00 - Prsentación: Rolda de prensa a cargo da organización.
13:00 - Sesion Vemouth: A cargo do grupo Frúa de Tenorio.
Pola Tarde/Noite:
16:00 - Exposición de diversos instrumentos musicais.
17:00 - Taller de introducción á música para bandas a cargo de Xesús (Director da Banda Xuvenil 85).
18:30 - Taller de introduccion á técnica vocal na música tradicional a cargo de Lola Fernández.
20:00 - Animacion por parte da charanga da Banda Xuvenil 85.
20:30 - Feche da exposición de instrumentos musicais. 22:00 - Inicio do Serán.
O venres 26 de decembro ás 22:00 h celébrase na Cervexería "A Illa" no baixo da Casa da Xuventude de Cecebre a I Foliada de Nadal que organizan os gaiteir@s de Cecebre .
Podedes contactar para realizar calquera consulta ou notificar a vosa presenza e participación nos seguintes enderezos electrónicos:
Unha noite de ledicia e harmonía, así se pode imaxinar que é a sensación dunha Noiteboa, que contará este ano cun escenario especial na Galega e como protagonista a considerada primeira orquestra folk de Galicia, SonDeSeu.
Sinopse de ?Especial Nadal TVG 08?
Especial Noiteboa, con SonDeSeu, a primeira orquestra folk de Galicia
Unha noite de ledicia e harmonía, así se pode imaxinar que é a sensación dunha Noiteboa, que contará este ano cun escenario especial na Galega e como protagonista a considerada primeira orquestra folk de Galicia, "SonDeSeu". Creada como un proxecto da Escola de Artes de Vigo e liderada por Rodrigo Romaní e por Anxo Pintos, a orquestra está integrada por 40 músicos, entre alumnos e profesores, que porán a proba no seu concerto desta noite a enerxía e a pureza acústica da música tradicional galega, desde o Pazo de Congresos de Pontevedra.
Desde un espírito aberto, a orquestra folk recrea un repertorio tradicional e de nova composición, un timbre fundamentalmente acústico, instrumentos do país construídos por artesáns e arranxos contemporáneos na liña do xa clásico folk galego, producidos en exclusiva para a formación polos profesores das aulas do conservatorio.
Liderada por Rodrigo Romaní (ex compoñente de Milladoiro) e por Anxo Pintos (Berrogüeto), que guiarán o concerto desta noite, a orquestra ten no seu haber dous discos, "Mar de Vigo" (2004) e "Trastempo" (2007), e envólvese nunha escena moi coidada e orixinal que lle valeu ser o grupo revelación do Festival Celta de Ortigueira na súa 25 edición.
Sobre o escenario desta noite soarán, entre outras, interpretacións clásicas da Noiteboa, como "Canto de Nadal", "O galo", "A pequerrecha", "Danza de Reis de Riofrío", "A gaita de Melchor", "Cantos de Nadal de Carois e Rinlo", e amais actuarán como solistas Soledad Giménez e Carmen Paris.
A agrupación musical percorreu escenarios diferentes entre os que figuran o Festival Celta de Orejo; Folkinvierno Las Rozas; FolkSegovia; Festival Cetfest en Cork, Irlanda; Castelo Branco, Portugal e Festival Intercéltico de Lorient, entre outros.
Despois do especial Noiteboa, a Galega ofrecerá outra vez o musical "Terra de Soños", sumándose así á homenaxe a Fuxan os Ventos, un histórico da música folk galega, no seu retorno aos escenarios despois de dúas décadas da súa última actuación. Desde o Auditorio de Galicia, os nove integrantes de "Fuxan os Ventos" farán un percorrido polos seus temas máis emblemáticos (desde o ano 1972 ata o seu último disco) envoltos por grandes artistas do panorama galego actual como Guadi Galego (Berrogüetto, Nordestinas), Mercedes Peón, Xavier Díaz (Berrogüetto, Nova Galega de Danza), Uxía, Rodrigo Romaní (Milladoiro, Lizgairo), Pepe Ferreirós (Milladoiro), a compañía Nova Galega de Danza, Miguel Lustres ou Sabela.
Sinopse de ?Terra de soños?
Coa significación de ser un histórico da música folk galega que agora retorna, a Galega acolle o espectáculo "Terra de soños", sumándose así á homenaxe a Fuxan os Ventos no seu retorno aos escenarios despois de transcorridas dúas décadas desde a súa última actuación. Nesta gala, que a TVG emitirá o sábado 13 en vez do fútbol, dende o Auditorio de Galicia, os nove integrantes de "Fuxan os Ventos" farán un percorrido polos seus temas máis emblemáticos (dende o ano 1972 ata o seu último disco) envoltos por grandes artistas do panorama galego actual como Guadi Galego (Berrogüeto, Nordestinas), Mercedes Peón, Xavier Díaz (Berrogüeto, Nova Galega de Danza), Uxía, Rodrigo Romaní (Milladoiro, Lizgairo), Pepe Ferreirós (Milladoiro), a compañía Nova Galega de Danza, Miguel Lustres ou Sabela.
O resultado desta colaboración será a emotiva interpretación de cancións que xa forman parte do acervo cultural galego, tan coñecidas como Sementeira, A Carolina ou Loguiño de crarear. Pero o grupo tamén estará arroupado pola banda dirixida por Xosé Luís Romero (Nova Galega de Danza), artífice dos arranxos instrumentais deste proxecto especial.
A emblemática formación folk, un dos estandartes da canción protesta dos anos 70, está integrada por Moncho Díaz, Antón Castro, Xoán L. Fuertes, Pedro Lucas, Tareixa Novo, Alfonso Fernández, Carmen Vázquez, Maruxa Fociños e Xosé Vázquez, que eran uns rapaces que se xuntaban para tocar as fins de semana e que participaban nun coro de misa xunto a seis rapazas.
Con oito discos editados e unha traxectoria de máis de trinta anos, "Fuxan os Ventos" conseguiu traspasar fronteiras e unir distintas xeracións ao son de cancións da cultura popular galega. Pero "Fuxan os Ventos" foi, sobre todo, un grupo comprometido coa identidade de Galicia fronte aos obstáculos que a sociedade galega tivo que superar ao longo da súa historia recente.
O "Alalá" de hoxe fainos situar no ano mil novecentos once, cando o gaiteiro José Posada emigra a Cuba, como tantos outros galegos, na procura doutra vida, pero deixou algo máis que o seu esforzo na illa, deixou o son da súa gaita. Nos primeiros anos en Cuba a música reservábase para os momentos de diversión, pero co paso do tempo, nos anos trinta, Posada funda o "Quinteto Monterrei" e compaxina o seu traballo de reloxeiro co de músico... O testemuño de José Posada non o temos pero si o de seu fillo, Rodolfo, que seguiu os pasos do pai, tocou no Quinteto con el e conserva o gran legado que el lle deixou: partituras, ferramentas, gaitas, fotos...
Como chegou este traballo do Quinteto de Monterrei a Galicia? Isto produciuse grazas á coincidencia dunha viaxe do músico e investigador Óscar Ibáñez. Alí faláronlle de que aínda vivía o fillo do gaiteiro do Quinteto e desde ese momento púxose a traballar para sacar á luz un libro CD do grupo: a gravación da "Reconstrución musical do Quinteto" tivo lugar no Teatro Principal de Pontevedra e a presentación do traballo aconteceu na Xuntanza Internacional de Gaiteiros en Verín.
É así como nesta comarca de Monterrei volveu soar a música que José Posada levou anos atrás para Cuba; é así como as melodías galegas permanecen na Habana, como o pasodobre "De Verín a Monterrei", e por esta ida e volta da música coñecemos este grande artista que o século pasado partiu para nunca máis volver.
Sexta feira 19 (Venres)
? Obradoiro de danzas de Reis no Casco Vello de Vigo ás 19:30
? Xornada da Gaita no Ateneo Ferrolán: Banda de Gaitas "Agarimo" (Ferrol) e Roncos do Diabo (Portugal)
? Xoán Curiel na Casa das atochas (A Coruña) ás 22:00
? Tonhito de Poi e Rasa Loba na sala Badulake de Ordes
? Foliada en Noia na Cafetaría Tapal
Sábado 20
? Monográfico sobre Cantos de Nadal no Salón de actos do Centro Residencial Xuvenil Lug II, de Lugo ás 11:00.
? Xornada da Gaita no Ateneo Ferrolán: Trío Vaamonde, Lamas & Romero
? Festival Son da lúa en Sobral (Soutomaior): Tres Estralos, TNT e Trioliro
? Festival de música Tradicional Rebulir en Ramirás
? Leilía en Teo, ás 22:00, no Centro Cultural A Pontevella (Pontevea)
Domingo 21
? Presentación de libro sobre o traxe tradicional as 18:00 no C.E.E Escravas da Virxe Dolorosa (Rúa estivadas 5) de Petelos (Mos)
A Asociación Cultural Tangaraño vén de escribir o libro O vestido de onte en colaboración co museo Liste.
Nel recóllense fotos e información sobre o vestido tradicional galego, e para facer a súa presentación, que mellor xeito ca un desfile da roupa da que estamos a falar. Dito desfile terá lugar o domingo 21, as 18:00 no C.E.E Escravas da Virxe Dolorosa (Rúa estivadas 5) de Petelos (Mos)
Gustaríanos contar coa vosa presenza, así coma coa vosa colaboración para dar a coñecer este evento cultural de interese para a xente de Mos e o mundo do folclore.
A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir ven de presentar o seu programa de actividades para o vindeiro mes de Nadal. A máis destacada será o III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, que se desenvolverá o día 20 de Decembro, as 19:00 h no Polideportivo de O Picouto contando con grupos de toda Galicia e algún de Portugal.
Este programa seguirá o Sábado día 27, cun obradoiro de Xogos Bailados, dirixido a xente de todas as idades. A cita será as 17:00 h no local de Rebulir situado na Praza de San Andrés ? Vilavidal.
Continuando co mesmo o Sábado 3 de Xaneiro teremos a Inauguración da Exposición ?Os tempos de antes. Fotografías Antigas do Concello de Ramirás? no Centro Sociocultural de O Picouto, este acto comezará as 18:00h.
Seguindo a Ideoloxía da Asociación, ningún dos actos suporá custe algún para os asistentes, xa que a finalidade é facer extensible a cultura a todo o mundo, sen ter que pagar por acceder a mesma.
A continuación exponse un cadro resumo co calendario destas actividades:
· - Sábado, Día 20 de Decembro ?
III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, as 19:00 h no Polideportivo de O Picouto, con grupos de Galicia e Portugal.
· - Sábado, Día 27 de Decembro ?
Obradoiro de Xogos Bailados no Local de Rebulir, as 17:00 h
· - Sábado, Día 3 de Xaneiro ?
Inauguración da Exposición ?Os tempos de antes. Fotografías Antigas do Concello de Ramirás?. As 18:00 h no Centro Sociocultural de O Picouto.
O 3º venres de cada mes na Cafetería Tapal en Noia, a partires das 22:00h da noite, convidamos a todo o que teña ganas de pasar un rato cantando, tocando, bailando, en fin que imos contar...
pois eso, en Noia, todos os 3º venres de cada mes, ok?
Tentando que a música tradicional, o folk e a música en galego feita en Galicia non sexa un fenómeno cultural estacional ligado ós festivais de verán, e buscando que a música galega forme parte dos momentos de esparcemento de todos os estamentos sociais, celebramos o ?Son da Lúa Meiga? . Como se pode observar é unha continuación do Festival da Noite da Lúa Meiga celebrada no Viso (Concello de Redondela), donde se pretende potenciar a novos talentos da música galega, principalmente no eido tradicional e folk. Contarase con grupos noveis da comarca e da provincia facilitándolles así un escaparate para amosar as súas pezas e as súas interpretacións musicais. Favorecerase tamén que os artistas conflúan nas súas actuacións facendo un final de festa donde colaboren de xeito improvisado dando renda solta á súa creatividade e facendo que os presentes tamén poidan participar subindo ó escenario.
Son da Lúa Meiga é tamén unha xuntanza da xente que vive e enreda no seu tempo de lecer coa música tradicional galega, buscando unha noite donde predomine a festa, donde grandes e pequenos poidan xuntarse a botarlle unhas muiñeiras ou uns agarrados, donde todos nos identifiquemos coa nosa música tradicional en galego.
Festival Son da Lúa Meiga
Sábado 20 de Decembro a partir das 21:30h na Casa do Pobo do Val-Sobral (Soutomaior).
Como non, estades todos convidados e seguro que valerá a pena acercarse pois esperamos montar unha boa Festa Rachada.
Actuarán:
- TRES ESTRALOS
- TANTO NOS TEN
- REGUEIFEIROS TRIOLIRO
Despois, todos aqueles que queiran tocar poderán facer toda a festa que queiran.
O Ateneo Ferrolán dentro das súas actividades de promoción da música galega ven propiciando e celebrando, case continuo, tódolos anos (dende hai 20 anos) unhas Xornadas de Gaita, como un lugar de encontro para grupos ou xentes que utilizan a gaita como un dos instrumentos básicos nas súas actuacións e composicións.
Unha das súas características específicas é a participación de grupos de música folk galega, xunto con algún autor ou grupo invitado de fora de Galicia pero, que teñan tamén na súa estrutura de acompañamento a gaita como un elemento indispensable, servindo así de contraste e comparación da nosa música coa doutras culturas e músicas afíns.
As XXI Xornadas da Gaita serán os días 19 e 20 de decembro no Ateneo Ferrolán ás 20,30 h.
Venres 19 de Decembro
- Banda de Gaitas "Agarimo" (Ferrol)
- Roncos do Diabo (Portugal)
Sábado 20 de Decembro - Trío Vaamonde, Lamas & Romero (Galicia)
Entre outros e durante vinte anos pasaron polo Ateneo Ferrolán:
Iván Costa, Baila na Criba, Carlos Zaera e Oscar Ibañez, Jean Cristophe Maillard, Raparigos, Xeremiers de Calatraba, Grupo Universidade Popular de Vigo, Fuxan Os Ventos, La Musgaña, Alfolies, John & Frances, Carlos Núñez, David Spillane & Band, Anxo Pintos, Dúo Bertrand, Patric Molard, Milladoiro, Pec-Toni, José Ferreirós, Marie Le Cam (Gaiteira Solista Bretona de Gaita Escocesa), Grupo Folk "Veria", Trío "3 das Cóxegas" e Luvas Verdes.