Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Traballando no III Congreso de Ensinantes
A pasada fin de semana do 7,8 e 9 de decembro tivo lugar o II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. O evento estivo organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración ca ASPG e a CIG Ensino, e patrocinado pola Dirección Xeral de Creación de Difusión Cultural da Xunta de Galicia e a Concellería de Cultura do Concello de Santiago. Tamén colaboran as Universidades de A Coruña e Vigo xunto co Auditorio de Galicia.

Ao acto inaugural asistiron as seguintes personalidades:

? D. Xosé Luis Bará Torres ? Director Xeral de Creación e Difusión Cultural
? D. Nestor Rego Candamil ? Concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais do Concello de Santiago
? D. X. Anxo Varela Centelles ? Técnico do departamento de promoción cultural do Xacobeo.
? D. Luciano Fernández Martínez ? Membro da Xunta Directiva da ASPG
? D. Anxo Louzao Rodríguez ? Secretario Nacional de CIG-Ensino
? D. Santiago Caneiro Aneiros ? Presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos

Foi, sen dúbida, un fito histórico, non só pola calidade dos relatores, senón tamén pola cantidade de congresistas inscritos, xa que se completou o aforo de 260 prazas, o que demostra o grande interese suscitado polos debates, obradoiros e relatorios que se programaron así como polas propostas que poden xurdir deste importante evento.

Tamén queremos agradecer publicamente ás institucións que colaboraron para levar adiante este complexo proxecto, ós relatores, participantes en mesas e congresistas, a súa amabilidade e bo facer, que contribuíron a que todo o congreso se desenvolvera nun excelente clima de traballo.

A Asociación de Gaiteiros Galegos pretendeu coa realización deste segundo congreso, promover lazos de coñecemento, recoñecemento e confianza entre os distintos ámbitos educativos da música galega, co obxecto de permitir unha comunicación fluída de experiencias e para, poder pór en marcha iniciativas conxuntas que teñan continuidade no futuro, no que xa estamos a traballar coa preparación do terceiro Congreso.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2007 00:42
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Roteiro de Congostra

Día: 15 de Decembro.
Pateada: Circular Monte Faro (Valença)
Saída Nº 77

Para compensa-los excesos que hai con ceas de empresa e derivados e os que ainda están por vir. Cambiamos de rollo. Desta vez toca subir un monte. E baixalo, claro.

Saída:
Día 15, ás 9,00 nas Almas perdidas (Baixo o pavillón polideportivo do Berbés)

Percorrido:
Circular

Duración aproximada:
5 ou 6 horas (con paradas incluidas)

De Interese:

Mosteiro de Ganfei
Mosteiro de San Fins
Santo Ouvido
Monte Faro
Miradouro de Santana

Dificultade:
Media baixa.

Organización:
Comezamos en Ganfei, perto do Mosteiro, cunha subida importante ampliando vistas sobre o Miño. Xa no alto do Faro hai onde comer e onde beber. Na baixada pasaremos polo santo Ouvido e San Fins. Baixaremos a Verdoejo e terminaremos cun tramo de ecopista para regresar a Ganfei. Ao acabar temos falado de ir cear por aí.

Saúdos
Congostra
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 13-12-2007 00:42
# Ligazón permanente a este artigo
XX Aniversario da Casa Galega de Hospitalet
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2007 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
Xa á venda o CD de Xosé Luís Miguélez
Quería informarvos que o meu CD "Esperanza" atópase xa á venda nas tendas de discos e na web da editorial Dos Acordes www.dosacordes.com

Este traballo recolle da gravación ao vivo do meu concerto de fin de carreira, na especialidade de "música tradicional galega" polo Conservatorio Superior de música de Vigo, do que agora se cumple un ano, feito que aproveitamos para editar o CD.

Tedes moita máis información nas webs
www.xlmiguelez.com
e
www.myspace.com/xlmiguelezesperanza

O prezo nas tendas será de 12?.
Si estás a vivir fora de Galicia ou non o atopas nas tendas, a través da web da editorial podese mercar cunha oferta de lanzamento de tan só 10?, 3? de gastos de envio (si pagas con tarxeta de crédito) ou de 10? 5,60? (se preferes pagar contra reembolso).
Para os países da Unión Europea o prezo é de 10? 15? de gastos.
Resto dos países 10? 25/30? dependendo da modalidade de envio.

O link directo para mercalo de este xeito é http://www.dosacordes.com/web/tienda.php?ide=77

Este sábado día 15, no programa da Radio Galega "Lume na Palleira" entre as 16:00 e as 18:00 faremos unha pequena presentación do CD.
(O programa retrasmitirase en directo dende o auditorio de Ourense, dentro da programación do "Día do orgullo gaiteiro", organizado pola Aula Gomes Mouro e a AOFT)

Espero que vos guste.

Un saúdo e grazas.
XL Miguélez

Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 13-12-2007 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso pola Selección Galega

Concurso sobre a "festa do fútbol galego" do 27 de decembro

O 27 de decembro, en Vigo, celébrase a festa do fútbol galego, que se abrirá ás dez da mañá cos partidos das categorías inferiores e que finalizará ás 21.00 horas, co Galicia-Camerún.
E para animar máis esta festa, a Dirección Xeral para o Deporte convocou un concurso de lemas e outro de fotografías, cos partidos das seleccións como base.

A través da páxina web www.ofutbolgalegoune.eu, os afeccionados ó fútbol poden colaborar na ambientación do partido, e de paso optar a gañar camisetas da selección. No concurso pódese participar desde hoxe: búscase un lema que mesture a paixón pola selección con elementos do himno galego, para conmemorar o centenario.

Os tres mellores lemas serán proxectados nas pantallas de Balaídos durante os partidos da selección feminina (fronte a Cataluña, a partir das 18.30 horas), e posteriormente da masculina.

Do mesmo xeito, para premiar a forma en que cada afeccionado vive a festa do fútbol o día 27, convocouse un concurso de fotografías para recoller en imaxes unha xornada que debe ser memorable. As fotografías poderán versar sobre os propios partidos, ambiente ou actos paralelos...

Toda a información sobre estes dous concursos, a través dos cales se poderán conseguir equipamentos da selección galega, está dispoñible na citada páxina web, na que ademais se informa da reserva de venda de entradas.

www.ofutbolgalegoune.eu
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2007 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Ghaita Depedra

Unha firme promesa de futuro

Aínda que formado inicialmente no ano 2001, o grupo foi sufrindo diferentes cambios entre os seus compoñentes que lle restaban a necesaria estabilidade e que os obrigaban a refacer por completo o repertorio. Conseguido o obxectivo de manter unha certa estabilidade de compoñentes e instrumentos, o seguinte paso era o de gravar a súa música. Ese paso foi tamén superado ?con nota? nas catro pezas incluídas na súa primeira maqueta, que nos ofrece os temas: ?Pito Fóra/Reises?, ?Jaraxó?, ?Jota De Paredes? e ?Doa O Teu Reel?

O que xa podemos considerar como formación "estable" de Ghaita Depedra está composta polas seguintes persoas:

Xosé Varela: un precoz músico que comezou os seus estudos musicais á idade de 7 anos, que formaron parte de grupos como Reviravolta, Xarín Gaiteiros do Incio ou Nus, e que na actualidade continúa a súa formación como instrumentista, compaxinando o traballo con Ghaita Depedra coa participación en distintos proxectos como a Orquestra Folc Sondeseu, o grupo de cantareir@s da A.C. Cántigas e Frores de Lugo e o grupo Cantatí.

Lourdes Armesto: Comezou co baile tradicional na A. C. Cántigas e Frores de Lugo aos 17 anos, para posteriormente ser membro fundador do grupo Reviravolta, cos que gravou o disco O Miño non pasa por Escocia. Actualmente forma parte tamén do grupo de cantareir@s da A. C. Cántigas e Frores e do grupo Cantatí.

Pablo Condo: Tomou contacto coa percusión folk nun curso impartido por David Otero en Lugo no que aprendeu a tocar o bodhran­. Colaborou con Verdegaia e con Sete Raposos Mortos.

Luís Rodil: Comezou a tocar a gaita na Fonsagrada tendo como mestre a Pepe Vaamonde e a frauta traveseira con Cándido Díaz. Realizou estudos clásicos de frauta traveseira nos conservatorios de Lugo e Santiago de Compostela. Tocou en grupos como Os Gurumantes e os asturianos Cádaba e tamén é membro do grupo Reviravolta.

Xavi Fernández:
Comeza a tocar a guitarra aos 10 anos. Aos 14 inicia os estudos de guitarra no conservatorio de música de Lugo, no que aguanta tres anos como boamente pode. Aos 18 forma parte do grupo La Posada del Fracaso que interpretaba versións de Joaquín Sabina. Poucos anos despois un grupo de afecionados á música, que formaban parte da asociación O Trasniño do Bosque, formaron o grupo Verdegaia no cal se introduce de cheo na música Folk.

Con eles falamos da traxectoria artística de Ghaita Depedra.

O grupo Ghaita Depedra naceu na cidade de Lugo nunha data inesquecible ¿non?

Así é. Un amigo, co que coincidiramos como compoñentes doutro grupo, comentounos a posibilidade de participar nun concerto benéfico. Con catro temas que xa tiñamos montados e algúns máis que fomos preparando decidimos dar o paso adiante. Xusto cando rematabamos de falar, e de poñernos de acordo sobre a posta en marcha o proxecto, foi cando apareceu na televisión a noticia de "Pentagon on fire". Era o 11 de setembro de 2001.

A partir de aí ¿comezastes a traballar en serio?

Quen nos coñece sabe que isto non pode ser serio (risas). Bromas á parte, é evidente que estes seis anos de traballo non cundiron como noutras formacións, xa que o grupo foi pasando por moitos cambios. Contabamos cuns compoñentes e un repertorio montado en base a eles que, ao marchar algúns dos músicos, tivemos que refacer por completo. Coa actual formación, que xa podemos considerar estable, levamos aproximadamente un ano e medio de traballo.

Ese tempo deu xa como froito a vosa primeira maqueta. A experiencia da gravación ¿que tal foi?

Moi satisfactoria. Os catro temas que incluímos na maqueta foron gravados en dous domingos nos estudios Abrigueiro, contando coa grande axuda de Arturo Vaquero como técnico de son. Foron en verdade dous días moi intensos, de moito traballo, pero que deron un resultado do que todos nos sentimos orgullosos.

E un disco completo de Ghaita Depedra ¿cando contades con poder publicalo?

Para un obxectivo como ese sempre son necesarios tres elementos: vontade, repertorio e cartos. Vontade témola de sobra e pezas no repertorio contamos coas suficientes. O último dos elementos aínda non o temos, pero agardamos poder conseguilo coa venda dos exemplares desta primeira maqueta.

Aqueles que estean interesados ¿onde a poden mercar?

Pódena mercar nos nosos concertos, en distintos e coñecidos puntos habituais de venda deste tipo de música e, por suposto, por medio de internet poñéndose en contacto connosco a través da páxina oficial do grupo.

Nesa páxina definídesvos como grupo de "Música Folk de Lugo". Explicádenos un pouco esa definición.

A verdade é que o tema das "etiquetas" deixámosllo aos profesionais dos medios de comunicación, nós limtámonos a facer a música que máis nos presta. O motivo real de empregar os termos Folk e Lugo foi con vistas ao buscador de páxinas Google; dese xeito, calquera que faga unha búsqueda empregándoos atoparase con Ghaita Depedra. Outra mostra de que a definición da nosa música é algo que non nos quita o sono tédela na páxina que estreamos en myspace, tiñamos que incluír tres definicións e decidimos que foran: folk, celta e comedia.

Ademais de conseguir reunir os cartos necesarios para a gravación e publicación do disco, ¿cales son os seguintes obxectivos que vos marcades?

O principal para nós é seguir divertíndonos e gozando coa música que facemos. Ademais, esperamos conseguir que a nosa maqueta soe moito e en moitos lugares e que nos chamen para tocar en moitos sitios. Non somos un grupo que se marque determinados obxectivos a medio ou longo prazo, o que pretendemos e consideramos básico é manter a boa relación musical que temos entre nós. O resto irá saíndo pouco a pouco.

Máis información en: www.ghaitadepedra.com ou www.myspace.com/ghaitadepedra

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2007 00:39
# Ligazón permanente a este artigo
IV DIA DO ORGULLO GAITEIRO

No nome da AOFT GOMES MOURO de Ourense, estou encantado de convidarvos, un ano mais, e xa van catro, aos actos do IV DIA DO ORGULLO GAITEIRO, a celebrar o vindeiro fin de semana. A "filosofía" do que pretendemos co día do Orgullo quedou bén reflexada no seguinte artigo;

http://www.culturagalega.org/temadia_arquivo.php?id=9056

Este ano temos actividades toda a fin de semana, como segue:

SáBADO, 15 DE DECEMBRO: (Todas as actividades na sala Anexa do Auditorio Municipal de Ourense)

16:00 a 18:00 - Emisión en directo do Programa: "LUME NA PALLEIRA",
con Emilo Españadero coa intervención e presentación do cd "As fontes Musicais" do Gaiteiro JUANJO FERNÁNDEZ (mais info
www.agaitadofol.com), o grupo COANHADEIRA (mais info www.coanhadeira.com), XAVIER BLANCO, e X.L.Miguelez Pilís, que tamén presentará o seu novo disco. Tamén estarán presentes os "homenaxeados" deste ano

18:15 a 19:00 - Charla didáctica: "OS INSTRUMENTOS POBRES" con XAVIER BLANCO
Mais info: http://www.xavierblanco.es.vg/

19:00 a 19:30 - ACTO DE HOMENAXE: Ao programa "ALALÁ" da Radio televisión de Galicia e ao Sr. ANTÓN GONZÁLEZ FRANCO", membro fundador do grupo de gaiteiros "Os Francos" de Ourense

19:30 a 20:30 - Actuación de PABLO SEOANE co seu novo traballo, "Fluíndo en Pechado"

21:30 - "CEA DO ORGULLO GAITEIRO"
No Servicio de cociña de "AIXIÑA", rúa da Farixa 7, na Finca Sevilla, ao lado do Pazo de deportes, "Paco Paz" Prezo da cea 18? - Para Alumn@s e soci@s da AOFT GOMES MOURO 15?

*Para a cea hai que reservar via email: gomesmouro@mundo-r.com ou no
teléfono: 609022512 durante a semana*

DOMINGO 16 DE DECEMBRO: (Domingo de Lecer - Carpa da explanada das Burgas


12:00 a 14:00 - XORNADA DO TRAXE GALEGO
, (Colabora: Centro Xaquín Lorenzo Xocas), onde amosaranse diferentes tipos de traxes, explicaranse as partes e onde anímamos a que todo o mundo participe indo vestido.
Amenizado con Música e baile

-17:00 a 19:00 "Gaiteiros de Castro Floxo" e "Gomes Mouro"

En fin, agardamos que vos animedes a participar, e que lle fagades chegar a información a quen lle poidera interesar.

Saúde e orgullo
Fran X Gomez
www.gomesmouro.tk
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-12-2007 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Sonoro Maxín

Presentación oficial do proxecto Sonoro Maxín

O Sonoro Maxín xorde quentiño neste ano 2007 en Ourense a partires da xuntanza de vellos amigos e coñecidos da música galega, que forman ou formaban parte de proxectos como Lamatumbá, Cinnamon Gun, Mutenrohi ou The Pigmalions.

O Sonoro Maxín parte da convicción de que a cumbia é a soberana absoluta das verbenas, que converte o torreiro da festa nun baile tropical onde cada un manda na súa forma de bailar, onde cada un inventa o seu propio baile. É na procura deste baile sen fin onde se move O Sonoro Maxín avanzando dende a cumbia á rumba, do reggae ao ska

www.myspace.com/osonoromaxin


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-12-2007 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Novas do dúo Bellón Maceiras

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-12-2007 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
The Turre´s Band en Vigo

Na Fábrica de Chocolate

Xoves, 13 decembro - 22:30 H.
Entrada Única 3?
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-12-2007 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
Comezo da terceira xeira de Alalá
Hoxe martes, às 21:40

Precedido do éxito de público, sendo martes tras martes líder na súa franxa de emisión; e do éxito da crítica cos premios da Crítica de Galicia e da Academia Nacional de Televisión; chega este martes, ás 21:30, a terceira tempada de Alalá. O programa, que dirixe Senén Bernárdez e presenta Pilar G. Rego, está inmortalizando as vidas dos xenios da música tradicional de Galiza.

Con Alalá regresan á pantalla da TVG os músicos máis incribles da nosa tradición musical que transmitiron durante anos o peso do saber secular da tradición musical galega. Pero con eles tamén estarán os grupos de nova creación que parten da tradición como filosofía musical.

Así, a terceira temporada vén chea de novos músicos e novas historias que nos farán rir e chorar os martes pola noite, no caso de hoxe cunha presentación estelar: un programa dedicado ao mellor músico de trompa de Galiza, César Fernández, que ademais é un gran gaiteiro e todo un catedrático na universidade da vida.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-12-2007 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
Serán da Sala Nasa
O Mércores 12 ás 22:00h celébrase un novo Serán de outono.

Unha cita para todos aqueles e aquelas que queiran pasar un serán de ruada practicando os bailes tradicionais co acompañamento musical de catro agrupacións: Donaire, Os Campantes da Baña, Brincadeira e Os Republicanos.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-12-2007 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
Encontros dos Axóuxeres tamén no Nadal

Os Encontros dos Axóuxeres continúan durante o mes do Nadal.

Programa de Nadal:
15 de decembro no Carballiño, con Mercedes Peón.
20 de decembro en Salvaterra, con Mercedes Peón.
22 de decembro no Milladoiro (Ames), con Guadi Galego,
23 de decembro na Illa de Arousa, con Mercedes Peón.


Nos encontros, as familias reciben tamén cantigas tradicionais e xogos de iniciación que se inclúen na denominada Xeración E Logo!, da que parte os Encontros dos Axóuxeres, e que consiste na entrega a todas as mulleres embarazadas dun maletín con distintas propostas para impulsar a transmisión familiar da lingua.

Coa idea de contribuír a animar os pais e as nais a transmitiren a lingua aos fillos desde que nacen, ponse en marcha a iniciativa Encontros dos Axóuxeres para bebés en familia, que se desenvolve en distintas localidades de toda Galicia durante o mes de novembro.

A diferenza coa "Festa dos Axóuxeres", estes encontros musicais de nadal terán lugar en recintos pechados e nun ambiente recollido. De feito, o aforo é limitado para 20 bebés e os seus acompañantes.

Lembra: reserva a túa praza canto antes no teléfono 981 555 930.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-12-2007 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Totem no CGAC
Narf presentou o seu "Totem" no CGAC

Fran ou Narf, dereito e revés. Rodeado da súa tribo artística deixounos lamber un anaquiño dese paraíso chamado Totem.

Despois do seu primeiro disco "Fran Pérez directo en Compostela", xa temos nas tendas e na rede (Falcatruada.com) estas trece pezas que se remexen entre a música de raíz, o acústico e o eléctrico.

Para febreiro do 2008 comezan a presentalo ao vivo co ánimo de espallar a súa Galiza imaxinaria polo mundo. Poderemos velo polas salas galegas e de seguro soarán por escenarios de Europa e América.

Saboreade tamén este bocadiño que pode animarvos a buscar o voso propio TOTEM

Video da Presentación:
www.anosaterra.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2007 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
Cancioneiros
Celebrando o 40 aniversario do seu nacemento, a Fundación Pedro Barrié de la Maza decidiu poñer en marcha o Proxecto Cancioneiros, unha iniciativa centrada na reedición crítica de dous dos máis importantes cancioneiros galegos (o de Torner e Bal y Gay e o de Casto Sampedro). Ese Proxecto da Fundación Barrié inclúe tamén a convocatoria do concurso Festival Folk Cancioneiros, dirixido a grupos e solistas que presenten un 25% de repertorio recollido dalgún deses cancioneiros. O prazo de presentación das gravacións remata o vindeiro 16 de decembro

Carlos Villanueva. O Catedrático de Música da USC é o responsable do estudo crítico da reedición do cancioneiro

O primeiro dos cancioneiros en ver de novo a luz editorial é o compilado polo investigador asturiano Eduardo Martínez Torner e o musicólogo lucense Xesús Bal y Gay, unha das obras de referencia imprescindible para todos os interesados na música tradicional galega. O responsable do estudo crítico desta reedición foi o Catedrático de Música da Universidade de Santiago de Compostela, Carlos Villanueva Abelairas, con quen falamos da axitada historia dese Cancioneiro.

Cando recibiches o encargo de preparar o estudo crítico desta reedición do Cancioneiro de Torner e Bal y Gay ¿como te sentiches?

Moi feliz e ilusionado porque o ofrecemento dun traballo destas características é, para calquera investigador, como un doce moi apetitoso; é un traballo que permite mergullarse nun tema tan marabilloso como o trasfondo do cancioneiro, poñendo ao descuberto moitos aspectos da propia historia de Galiza. Eu xa levaba tempo traballando con materias de Bal y Gay e cando me ofreceron levar adiante este proxecto foi como un agasallo. Defínoo como un agasallo porque non foi algo que eu propuxera, senón que a iniciativa partiu directamente da Fundación Pedro Barrié de la Maza e da súa directora, Marta Rey, que foi quen decidiu reeditar o Cancioneiro coincidindo co 40 aniversario da propia fundación.

Sitúanos no tempo a orixe deste cancioneiro.

O traballo de compilación do cancioneiro foi encargado no ano 1928 a través do Centro de Estudos Históricos, no que investigadores como Menéndez Pidal (entre outros) se dedicaban principalmente a traballos filolóxicos. De aí sae a oferta, a Martínez Torner e Bal y Gay, dunha bolsa de estudos para recoller material folclórico durante cinco anos e editar posteriormente ese material nun cancioneiro.

Fálanos das figuras deses dous investigadores responsables da compilación, comezando pola de Torner.

Martínez Torner era o xefe do equipo e tiña unha moi dilatada experiencia, era mestre do Conservatorio de Madrid e contaba coa experiencia de moitos anos traballando no tema dos cancioneiros; non soamente en Asturias, onde foi o responsable do Gran Cancioneiro da Música Popular Asturiana, senón que xa levaba bastante tempo traballando con Menéndez Pidal na recolla de romances e cancións, que eran o seu tema estelar. Foi unha persoa moi interesante, xa que non posuía soamente unha gran sabedoría como investigador senón que, ademais, era un home moi implicado socialmente. Torner consideraba que a música tiña que estar intimamente unida á divulgación; de tal xeito que á súa figura están ligadas as edicións de cancioneiros infantís para escolas, moitos arranxos sinxelos de música para formacións corais populares e mesmo o traballo das Misións Pedagóxicas, creadas no ano 1935 pola II República Española e nas que foi o responsable das actividades musicais. Ademais, estaba implicado coa Institución Libre de Ensinanza e penso que era un home cunha personalidade, social e política, moi fonda.

Fálanos tamén da figura de Xesús Bal y Gay.

O mentor de Bal y Gay foi López Suárez. El foi quen llo presentou a Martínez Torner e os puxo a traballar xuntos, cando Bal y Gay comezaba as súas actividades musicais. Rapidamente este último foi avanzando no traballo de investigador, sobre todo no tema dos criterios da investigación, e en moi pouco tempo puxéronse ao mesmo nivel en canto ás achegas. Ese crecemento da figura de Bal foi causa do distanciamento entre os dous responsables do cancioneiro; por cuestións máis intelectuais que persoais, xa que os dous traballaban nunha mesma liña de tipo ideolóxico.

Ese progresivo distanciamento entre eles, ¿ata que extremos chegou?

Ata a separación definitiva no ano 1932. Martínez Torner quedou entón como encargado da edición dos materiais pero, lamentablemente foi abandonando o tema pouco a pouco e o cancioneiro non se chegou a editar ata o ano 1973.

Por causa da Guerra Civil tanto Torner como Bal y Gay tiveron que marchar ao exilio, a países distintos, pero non puideron levar consigo a totalidade dos materiais recollidos. Un gran número de fichas da investigación foron atopadas posteriormente por casualidade, ¿non?

Así é, ata o ano 1938 non se tivo noticia delas e foron rescatadas en Madrid por Higinio Anglés. Tal como narra Bal y Gay nas súas memorias, cando Higinio recollía os últimos papeis do Centro de Estudos Históricos achegóuselle un bedel preguntando: "¿que facemos con estes papeis? ¿tirámolos?". Eses "papeis" eran boa parte do ficheiro da investigación e o propio Higinio levounos ao Instituto de Musicoloxía de Barcelona.

¿E a partir de aí?

Ata o ano 1949 non se lle puido comunicar a Bal y Gay que as fichas foran recuperadas e que as tiña a súa disposición se desexaba retomar o proxecto de publicación do cancioneiro. Pero non foi ata o ano 1968 cando Filgueira Valverde recolleu o ficheiro e o levou a Madrid, para que Bal y Gay puidera retomar o traballo reunindo as fichas que el mesmo conservara coas que foran rescatadas. Neste punto hai que comentar que as fichas que Martínez Torner levou con el para o exilio aínda hoxe non foron atopadas.

Nesta reedición do Cancioneiro reúnense nun mesmo volume as dúas partes nas que foi editado, por fin, no ano 1973. Aquela edición en dous volumes, ¿a que foi debida?

Esa era unha obsesión de Filgueira Valverde, que tiña manía por aquilo de "burro grande, ande ou non ande". Sempre lle gustaron as edicións en tamaños moi grandes, a de 1942 do Cancioneiro de Casto Sampedro (que tamén foi da súa responsabilidade) tina tamén un tamaño moi pouco práctico, con moitos espazos en branco, para o traballo cotián con el. O manexo dese tipo de volumes resulta moi incómodo á hora de situalos nun atril ou de facerlles unha fotocopia. Nesta nova edición reúnese todo o cancioneiro e redúcese o tamaño a un 80% do que foi a primeira edición.

O obxectivo dunha obra destas características ¿cal é?

Na época na que se encargou a primeira edición existía unha profunda ideoloxización do que era un cancioneiro, había un trasfondo de rexeneracionismo e un desexo de salvar o que estaba en risco de desaparecer. Esa era a obsesión de Xesús Bal, que non se perderan cousas sen rexistralas por escrito; para el, un vello que morría era unha memoria que desaparecía. Pero na actualidade, este tipo de cancioneiros poden servir tamén para que xentes doutras latitudes, doutras culturas, coñezan a fabulosa riqueza do folclore galego. Penso que a posibilidade de acceso a este tipo de obras non precisa de ninguha escusa, senón que é unha obriga da nosa sociedade.

Máis información e bases do Concurso Festival Folk Cancioneiros en: www.fbarrie.org

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2007 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Polafías: Encontros de Tradición Oral
Velaquí as Polafías



A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) difunde na súa web os vídeos das Polafías realizadas en Cerdedo e Vilar de Santos

As polafías teñen unha duración de 70 ou 80 minutos e compóñense dun divulgador ou especialista, que introduce e comenta as principais características das pezas e xéneros literarios amosados; e dun músico, que interpreta romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Porén, a parte máis importantante da velada, os verdadeiros protagonistas, son os veciños de cada lugar onde se desenvolve a polafía.

Nas últimas semanas celebráronse encontros en Serra de Outes, Mondoñedo, Vilar de Santos e Cerdedo. Dende esta semana, pódense ver os momentos máis destacados das polafías destas dúas últimas vilas na páxina da AELG.

www.axendaaelg.blogaliza.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2007 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
Nº 2 de Retranca esta semana á venda.

O nº 2 de RETRANCA saiu onte da imprenta, a comezos da semana que ven chegará aos quioscos galegos.

Iso sí o novo nº 2 chega con novidades, 8 páxinas máis do xornal que mellor limpa o chan: A NOSA PEDRA, unha nova sección do debuxante chileno Alberto Montt, un seguimento a fondo da Comisión de Investigación da Cidade da Cultura e todalas túas series preferidas, TODO POLO MESMO PREZO!!!


NON TE QUEDES SEN ELA, RESÉRVAA NO TEU QUIOSCO!!!

www.revistaretranca.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2007 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folk Cancioneiros
Remata o prazo do Concurso Festival Folk Cancioneiros

A Fundación Pedro Barrié da Maza, con obxecto de potenciar e fomentar entre os grupos folc afeccionados o interese polo repertorio do Cancionero galego, de Torner e Bal y Gay, e do Cancioneiro Musical de Galicia, de Casto Sampedro e Folgar, cuxas reedicións críticas preparou con motivo do seu 40º aniversario, convoca o concurso Festival Folk Cancioneiros.

O intérprete ou grupo máis destacado será premiado con 6.011 euros, a gravación dun disco editado pola Fundación e a participación nun concerto compartindo escenario cunha consagrada formación de folk galega.

A documentación deberá enviarse antes do 16 de decembro de 2007 ao enderezo da Fundación Pedro Barrié de la Maza, Cantón Grande nº 9, 15003 - A Coruña, nun sobre rotulado ?Festival Folk Cancioneiros?.

Bases convocatoria

Impreso de solicitude

Cancioneiro Galego

Cancioneiro Musical de Galicia


Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-12-2007 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
DVD de Siareiros Galegos

Após vários meses de trabalho e coincidindo com a nova campanha nacional posta em andamento para reclamar a oficialidade, Siareir@s Galeg@s lança um DVD que documenta as jornadas nacionais em defesa das selecçons nacionais dos dous passados anos.

Este trabalho audiovisual, intitulado "1996-2006. 10 anos luitando por Galiza", é um pedaço importante dessa história ocultada, tersiversada e criminalizada que as organizaçons e colectivos populares vamos tecendo nesta Galiza do Século XXI.

Siareir@s Galeg@s nom lança este DVD com a simples vontade de documentar os últimos anos da luita polos direitos nacionais da Galiza, no terreno desportivo, senom que quer homenagear o combate quotidiano desta naçom chamada Galiza e o seu povo trabalhador. Nada melhor que este trabalho, que documenta que na Galiza ainda existem jovens que se rebelam.

Nos próximos dias as distintas Assembleias Comarcais de Siareir@s Galeg@s organizarám apresentaçons do DVD por toda a geografia da Galiza, das que informaremos pontoalmente desde a nossa web.

Animamos-vos dendê aqui a fazer a apresentaçom do DVD no vosso povo ou comarca,se é que ainda nom esta preparada,so envia-de um correio a nacional@siareirasgalegas.org e alguém do colectivo nom tardara em pôr-se em contacto.


Vigo
Quarta feira 12 de Dezembro
ás 20hh no C.S. A Revolta(R/Real 32 Casco-Velho)

Corunha
Quinta feira 13 de Dezembro
ás 13hh na sala 1A da facultade de direito

Compostela
Quinta feira 13 de Dezembro
ás 22hh no C.S. A Gentalha do Pichel (R/Santa Clara 21 rés do chao)

Ferrol
Sábado 15 de Dezembro
ás 20 hh no C.S. da Fundaçom Artabria (R/Travessa de Batalhons nº 7 rés do chao)

Cangas
Quinta feira 20 de Dezembro
ás 20:30hh no C.S. A Tiradoura(Reboredo)

Cuntis
Sábado 22 de Dezembro
ás 19:30hh na casa da cultura Roberto Blanco Torres

Ponte-Vedra
Sábado 22 de Dezembro
Hora por confirmar no C.S. A Revira (R/ Arcebispo Malvar, 33 rés do chao)

www.siareirasgalegas.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2007 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
27 de decembro: Festa do Futbol Galego
O 27 de Nadal Vigo será sede da gran Festa do fútbol galego.

Dende as 10.00h da mañá, as nosas seleccións de fútbol, masculinas e femininas, crearán unha tea de convivencia e fútbol co que gardar na historia o último venres do 2007.

Estes son os horarios dos encontros:

10.00h: Estadio Municipal de Bouzas
Selección Galega vs Selección de Braga (Sub18 masculina)

12.00h: Estadio Municipal de Bouzas
Selección Galega vs Selección de Braga (Sub16 masculina)

13.30h: Estadio Municipal de Bouzas
Selección Galega vs Selección de Braga (Sub16 feminina)

15.30h: Estadio Municipal de Bouzas
Selección Galega vs Selección de Braga (Sub18 feminina)

18.30h: Estadio de Balaídos
Selección Galega vs Selección de Catalunya (Absoluta feminina)

21.00h: Estadio de Balaídos
Selección Galega vs Selección de Camerún (Absoluta masculina)



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2007 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
Á venda as entradas a grupos para o Galiza-Camerún
Entradas para o partido da Selección Galega en www.deportegalego.eu

Reserva e venda de entradas a grupos
(do 29 de novembro ao 13 de decembro)

Poderase realizar a reserva de entradas por dúas ví­as:

* A través de www.deportegalego.eu
* Por teléfono: 902.90.50.51 (Fundación Deporte Galego, de 9 a 14h).

A venda de entradas a grupos rematará o 13 de decembro ás 14:00 horas. Para formalizar a reserva ví­a internet, empregarase sempre o seguinte modelo de formulario.

Tarifa de prezos por zonas

* Marcador: 8 ?
* Río Alto e Río Baixo: 10 ?
* Tribuna: 15 ?

Tarifas a grupos (por zonas homoxéneas)

* Ata 19 entradas: por tarifa
* Entre 20 e 100 entradas: por tarifa, obtendo a maiores un 30% das entradas mercadas en invitacións.
* A partir de 101 entradas: por tarifa, obtendo a maiores un 40% das entradas mercadas en invitacións.

Convocatoria:

-Porteiros: Diego López (Vilarreal), Roberto Fernández (Sporting de Xixón), Queco Piña (Racing de Ferrol).

-Defensas: Michel Salgado (Real Madrid), Iago Bouzón (Recreativo), Adrián López «Piscu» (Deportivo), Francisco Noguerol (Albacete), Rubén González (Celta), Antonio Barragán (Deportivo), Jonathan Aspas (Piacenza/ITA), Roberto Lago (Celta), Luis Castro «Sito» (Ipswich Twon/ING).

-Centrocampistas: Borja Fernández (Valladolid), Emilio Viqueira (Levante), Roberto Trashorras (As Palmas), Jonathan Vila (Celta), Nano (Cádiz), Iago Iglesias (Elxe), Pablo Álvarez (Deportivo), Julio Álvarez (Numancia), Diego Castro (Sporting de Xixón).

-Dianteiros: Jonathan Pereira (Racing de Ferrol), Pablo Couñago (Ipswich Twon/ING), Nacho Novo (Glasgow Rangers/ESC).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2007 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chegou a fin de semana
Sexta feira 7 (Venres)
? Zenzar no Ogmios de Cariño
? The Turre´s band na sala Karma de Pontevedra
? Nao na Artabria (Ferrol)
? Festa da liberdade na Sala Nasa (Compostela) con Som do Galpom, Ataque Escampe, Os de Quistiláns, Ugía Pedreira,...
? II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela
? Ruxe-Ruxe en Muxía
? Serán na Casa do Pobo de Val-Sobral (Soutomaior)

Sábado 8
? Som do Galpom na Sala Star de Carral (A Coruña)
? Guezos no Café Concerto Antano de Outes
? Nao no Clavicémbalo (Lugo)
? Ruxe-ruxe no Vagalume de Salvaterra
? Tino Baz no C. C. Torrente Ballester de Ferrol ás 22:30
? Cuchufellos, Pé de boi e Pulpiño Viascón en Neda (A Coruña)
? Gravación do CD-DVD Ao Vivo da Compañía do Ruido en Boiro (A Coruña)
? II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela

Domingo 9
? II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela
? Nova Galega de Danza en Ribadumia ás 19:00 no Auditorio Municipal
? Real Coro Toxos e Froles no Teatro Jofre de Ferrol ás 20:30


O resto da axenda onde sempre: Axenda
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-12-2007 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe ao Voluntario en Muxía
Día 7 de decembro

Benvida aos voluntarios
17.00. Acto de benvida dos voluntarios.
18.00. Inauguración da Praza do Voluntario
19.00. Inauguración da Sala Museo do Voluntariado
21.00. Comida de confraternidade cos voluntarios
23.00. Concerto de música: Ruxe-Ruxe

* Durante toda a tarde, haberá todo tipo de actividades lúdicas na vila de Muxía paralelas ao programa oficial

Día 8 de decembro
Xornada do Voluntario.
Sala Museo do Voluntariado
9.30. Inauguración
9.45. Mesa Redonda. "Consecuencias do Prestige".
11.15. Café
12.00. Mesa Redonda. "O voluntariado. A marea branca en Muxía".
17.00. Mesa Redonda. "Os medios de comunicación: un exercicio en liberdade".
19.00. Mesa Redonda. "O Movemento Social: Nunca Máis".

Mesas Redondas

As consecuencias do Prestige.
Invitados: o Director Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental da Consellería de Medio Ambiente, un representante
dunha entidade bancaria, e sendos representantes das universidades de Santiago de Compostela e de Vigo.
Modera o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Muxía.

O voluntario. A marea branca en Muxía.
Invitados: unha agrupación local de Protección Civil, un representante da Dirección Xeral de Protección Civil e o movemento do Voluntariado (Vicepresidencia).
Modera Antonio González del Oso,Presidente da Agrupación Local de Protección Civil de Muxía.

O papel dos medios de comuicación na catástrofe do Prestige. Un exercicio de liberdade.
Invitados: destacados xornalistas dos medios de comunicación que cubriron a catástrofe do Prestige.

Nunca Máis. Un movemento solidario.
Invitados: Uxía Senlle, Rafa Villar e Manuel Rivas.
Modera Rubén Cela, Director Xeral de Xuventude.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-12-2007 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega

Este venres 7 de Decembro, ás 16:30 h., terá lugar a inauguración oficial do II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.

Previamente, ás 16:00 h. realizarase a recepción e o reparto de material a tódolos inscritos, que este ano alcanzan unha cifra importante, o que demostra o interés suscitado por este proxecto e os seus contidos.

Durante a fin de semana do 7, 8 e 9 de Decembro, poderanse escoitar un total de cinco relatorios levados a cabo por importantes investigadores e docentes galegos que tratarán temas tan interesantes como os ?coidados básicos da voz e exercicios prácticos para cantar dun xeito saudable?; ?xogos populares e tradicionais galegos?; así como a ?aplicación das novas tecnoloxías no ensino da música tradicional?.

Tamén contaremos con obradoiros prácticos como por exemplo un ?taller de construcción de xoguetes sonoros? ou ?cantigas para os máis pequenos?. Estes relatorios e obradoiros alternaranse con mesas redondas onde se debaterán temas relacionados coa música tradicional, e ademais presentaranse as comunicacións seleccionadas entre as propostas recibidas para este Congreso.

Atoparedes toda a información necesaria nas novas do noso portal e manterémosvos ao tanto do desenvolvemento xeral de todas as actividades.

www.gaiteirosgalegos.com

Información

Programa

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-12-2007 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Gravación ao Vivo da Compañía do Ruido
O Sábado día 8 de Decembro, A Compañía do Ruido celebra un concerto na rúa en Boiro para grabar o CD/DVD do que será o seu último, que non derradeiro, traballo.

A festa-concerto comezará a partir das 21:00hs., a entrada é de balde e haberá carpa e autobús gratuito entre Riveira, Palmeira, Pobra e Boiro entre as 20:00hs. e 24:00hs., e de volta entre as 2:00hs. e as 4:00hs.

Xá sabedes, hai que ir alá... A todo Punkchi!!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-12-2007 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto pola Liberdade

A sexta-feira, 7 de Decembro, vaise celebrar na Sala nasa de Compostela o ?Concerto pola Liberdade? da Plataforma Cidadá Que Volten a Casa!.

Con esta actividade preténdese concienciar sobre a situación das/os cidadás/ns galegas/os Giana Rodrigues e Ugio Camanho, e difundir socialmente a solidariedade com as/os mesmas/os. Vai ser unha noite chea de sorpresas, coa subasta de diferentes obxectos, entre eles algúns elaborados pola presa galega.

Este concerto solidário vai contar coa presenza de voces significadas do panorama cultural galego, como Ugia Pedreira ou Marcos Payno, e grupos máis novos como Som do Galpom, Ataque Escampe, e Os de Quistiláns. Ademais, García de Dios Ke Te Crew e O Leo i Arremecághona van interpretar o seu espectáculo ?Labregos do Tempo dos Sputniks?. Apresentan o espectáculo Clara Gayo e Chiqui Pereira.

O ?Concerto pola Liberdade? celébrase a sexta-feira, 7 de decembro, a partir das 21.30 hh., na compostelá Sala Nasa (Rua San Lourenzo, 51-53).

Vaise cobrar unha entrada de 6 ? coa que recaudar fondos para contribuír ao financiamento das viaxes de visita aos/às presos/as.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-12-2007 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Videoclip de Narf
Intoducción e Video clip sobre o tema Santiago do disco totem de Narf.
Realizado por Xavier Belho e con a participación do actor Victor Mosquera


Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 07-12-2007 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
NHU: Pioneiros do rock en galego
30 ANOS DA PUBLICACIÓN DO ÚNICO ÁLBUM DE N.H.U.

N.H.U. só editaron un álbum, pero o seu rock progresivo en galego segue sendo obxecto de culto. Esta fin de semana o seu vinilo chegou aos 240 euros en eBay.

En 1978 o folk, a música de raíz celta estaba de moda en toda Europa, principalmente grazas ao éxito do bretón Alen Stivell, de Gwendal ou Pentagle, e ao fío dese éxito Galiza viu o nacemento, entre outros, de Milladoiro ou o importantísimo disco Fonte do Araño de Emilio Cao. Un día Nonito Pereira, produtor destes álbums, recibiu a visita de Xoán Piñón, que lle falou dun grupo de rock compostelán chamado N.H.U. A clave para vender o disco ás produtoras madrileñas era incluír algún elemento de folk, unha gaita, como xa fixeran ese mesmo ano Goma2, primeiro grupo galego que mesturara sen complexos a guitarra eléctrica coa gaita.

A gravación do álbum
Con esa encomenda marcharon N.H.U. a Madrid, aos estudios de Zafiro. Pero non fixeron caso, no lugar do son prometido, gravaron un excelente e pioneiro álbum de rock sinfónico e progresivo. Recibiu moi boas críticas, pero non tivo unha boa distribución: "había tendas en toda España que tiñan o noso disco no escaparate, pero só a caixa, non lles chegara exemplar ningún, non nos axudaron a movelo", lembra Xosé Ferreiro, batería da banda. Canda a Xosé, N.H.U. formábano o seu irmán Xulio Ferreiro, Roberto Abal, Xurxo Pérez, Xosé Ferreiro e Tino Grandío, coas colaboracións eventuais de Ricardo Máiz e Cuchús Pimentel, fillo de Alonso Montero. Por certo que o nome da banda non responde a un afán reintegracionista, aínda que moitas veces ao pronuncialo, en moitos lugares aparecese escrito "Ñu". En realidade N.H.U. é o acrónimo de "Una Noche Hermosa".

O grupo formárase en 1974, "tocando pachanga nas salas de festa", pero entre 1975 e 1976 os membros da banda foron chamados á mili. Ao seu regreso comezou a aventura de gravar o disco e de buscar locais nos que tocar: "non era doado que nos deixasen tocar en certos sitios, a xente non estaba afeita a esta música, así que lle dicíamos que ademais de guitarras eléctricas tiñamos instrumentos clásicos, como violíns e frautas, o que era certo", di Xosé. Así conseguiron actuar, por exemplo, na Aula de Cultura de CaixaGalicia de Compostela, un concerto presentado por Benedicto e no que se xuntou tanta xente que mesmo romperon as portas do local. Os seus concertos eran basicamente instrumentais, moi densos, con longuísimas cancións cunha gran parte de improvisación, a constante presenza dun órgano hammond e guitarras psicodélicas.

240 euros en eBay
O álbum é unha alfaia para coleccionistas de todo o mundo, un disco e un grupo de culto, non só no Estado Español, senón en Alemaña, Canadá ou Xapón. Como informa Sono-tone pechouse unha subhasta no eBay do Reino Unido do que xa é o disco galego máis valorado a nivel internacional, cunha poxa final (realizada por un coleccionista de Canada) de 240 euros. "Nin eu teño o disco orixinal", di Xosé, "manda carallo". O disco é agora propiedade da multinacional BMG Ariola, que mercara RCA, que antes adquirira Zafiro. E alí está, no fondo dun catálogo, á espera dunha nova reedición. No ano 2000, de feito, reeditouse xa en Alemaña, recollendo de novo fantásticas críticas.

Tiñan material para un segundo álbum que nunca chegaría: "era difícil darlle saída a esa música en Galicia". De feito a banda continuou tocando en salas de festas e algúns dos seus membros, coma o propio Xosé Ferreiro, seguen na música, no grupo Os Apóstoles. O seu disco homónimo contiña cancións como "Na terra do verde chan", "A Titiritada", "Friki & Alexo", "Doente", "Hay un tren" ou "A trancas e barrancas". E cantaban en galego, como destacaban no texto de presentación do álbum: "Tratamos de facer camiño e cantamos en galego porque é un idioma que nos gusta. A nosa música para vós".

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-12-2007 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos na maré 2007

CANTOS NA MARÉ Documental

do mércores 12 ao sábado 15 de decembro
Proxeccións de documentais - Casa das Campás -entrada de balde-

Ábrese a programación desta V edición do festival coa presentación destes tres documentais, que a partires das raíces máis fondas amosan en imaxe o desenvolvemento musical e cultural de distintos territorios da lusofonía.

Quintal do Semba
pases en aberto: mércores 12, xoves 13 (16.30h)

Paulo Flores, director do documental, cantor e compositor angolano, representa o expoñente máximo do Semba na actualidade angolana e conmemora, ademais, os seus 20 anos de carreira. O documental reúne algúns dos expoñentes best-seller da música angolana arredor do proxecto dos máis tradicionais ritmos do Quintal do Semba: ao Vivo país. Paulo Flores, Carlitos Vieira Dias, João Ferreira, Dalú Rogée e Nanutu, entre outros, amosan un repertorio que presta unha viva homenaxe aos músicos que loitaron para a supervivencia do Quintal do Semba.
Duración: 133 min.
Director: Paulo Caldas

Só concertinas
pases en aberto: venres 14 e sábado 15 (17.30 h)

O acordeón, e máis concretamente a concertina (ou acordeón diatónico) é o gran protagonista deste documental de música vibrante, sinxela e festiva sobre a música do norte de Portugal, a "região do Minho".
Duración: 50 min
Director: Víctor Coyote
Alén Filmes

Lusofonía, a (r)evolução *
pases en aberto: mércores 12 (19h) e sábado 15 (13h e 19h)

Lusofonia, a (r)evolução é a carta de visita sobre a identidade musical lusófona. Este é un evento a escala mundial orientado á formación de músicos, DJs e produtores, que acontece unha vez ao ano. A súa produción durou cerca de dez meses, e ten como base 35 entrevistados, 33 bandas e videoclips e bibliografía. O seu obxecto foi a fusión entre elementos musicais autóctonos de Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Cabo Verde, San Tomé - Príncipe e Guinea Bissau, e a súa integración en xéneros de música urbana actual. O resultado deste cruzamento é o nacemento de produtos musicais específicos da lusofonía, revelando unha identidade singular no escenario mundial.
Duración: 60 min
Dirección e produción: Red Bull Music Academy
Produción executiva: Mariana Moore

CANTOS NA MARÉ Encontro
xoves 13 e venres 14 de decembro

Encontros con artistas da lusofonía -Casa das Campás e Pazo da Cultura-

A programación destes encontros, estará orientada ao coñecemento da música lusófona co obxectivo de pór en valor a ?elaboración? do programa, o achegamento de artistas de diferentes países da lusofonía e espallar o coñecemento musical.

Dirixido aos máis novos, emprégase a música como medio para dar oportunidade á comunidade infantil e mocidade, sería un momento de encontro coa música dun xeito real, interactivo e dinámico. O fin desta acción é conectar o evento coa poboación a través da interacción directa, e así pór en valor o espectáculo ao tempo que se espalla a cultura musical.

Vai dirixido aos colexios e institutos de Pontevedra e a afeccionados da música a través de colectivos.
Os horarios dos encontros estan planificados segundo a súa natureza.

Encontro cos estudantes de secundaria, xoves 13 (10.30 h)
Pazo da Cultura
Asistencia ao ensaio xeral e coloquio cos artistas
Encontro cos estudantes universitarios, xoves 13 (19 h)
Casa das Campás
Proxección documental Só concertinas
Presenta: Víctor Coyote, director
Duración: 50 min
Alén Filmes
Intervención unplugged cos artistas Ceumar (Brasil) e Paulo Flores (Angola)
Presenta: Camilo Franco, xornalista
Encontro cos nenos aula folque, venres 14 (19h)
Pazo da Cultura
Obradoiro, visita ao ensaio xeral e intercambio musical cos artistas

CANTOS NA MARÉ Rede
venres 14 decembro

Encontro profesional - Casa das Campás, (19h)
É posíbel unha rede de intercambio cultural entre os territorios da lusofonía? Que poderiamos gañar? Talk-show con xestores culturais internacionais do mercado europeo, Brasil e Portugal

Por vez primeira, e co obxectivo de contribuír a este intercambio cultural, a organización do festival crea ?Cantos na Maré. Rede?, un espazo aberto de reflexión e debate (formato talkshow) entre axentes culturais internacionais, xornalistas e xeradores de opinión.
Co obxectivo de deseñar ferramentas que posibiliten a proxección a escala global, establécese esta activade cara profesionais, orientada á busca e contribución a un intercambio real de proxectos de cooperación e desenvolvemento económico, social e cultural.
Este espazo de encontro pretende iniciar un camiño de sinerxías que intensifiquen eixes no mercado global da lusofonía, contribuír a explorar e intercambiar impresións sobre o mercado da diversidade atlántica e impulsar procesos de converxencia que potencien e reforcen ás industrias culturais da lusofonía, así como futuros proxectos de coprodución. Este encontro profesional desenvolverase en formato talk-show coa presenza de programadores internacionais, xestores culturais e xornalistas de Galiza, Brasil, España e Portugal,

Duración: aprox. 2h

CANTOS NA MARÉ Espectáculo

Festival Internacional da Lusofonía. Pazo da Cultura - sábado 15 (21h)

Artistas convidados
Uxía (Galiza)
Paulo Flores (Angola)
Mercedes Peón (Galiza)
Ceumar (Brasil)
Nancy Vieira (Cabo Verde)
JP Simões (Portugal)

Banda Base
Paulo Borges (piano e acordeón); Manecas Costa (guitarra); Paco Charlín (baixo);
João Ferreira (percusión); Jon Luz (cavaquinho); Quiné (batería); Amadeu
Magalhães (cordas, frautas...); Davide Zaccarías (cello); Óscar Fernández
(acordeón e zanfona)

Venda de entradas
Anticipada: 10 ?
Venda de entradas desde o 3 de decembro en www.caixagalicia.es ou no 902 43 44 43
Taquilla -sábado 15-: 11 ?
Teatro Principal: de 11.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 19.00 h
Pazo da Cultura: de 19.30 h ao comezo do espectáculo
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-12-2007 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Xa á venda o disco homenaxe a Diplomáticos de Montealto
Vinte bandas galegas homenaxean aos Diplomáticos.

Hai xa dezaseis anos dende que os Diplomáticos de Monte Alto sacaron o seu primeiro disco, irrompendo no panorama musical galego co bravú. Agora, as bandas galegas réndenlles homenaxe.

Unha mestura de rock e carraxe con acordeón e alegría xurdiu do encontro entre Rómulo Sanjurjo e Xurxo Souto co guitarrista Guni, o baixista Afonso Moram e o batería Berto Moram aló a comezos dos 90. Dende aquela primeira Arroutada pangalaica até Kömunikandø, xa sen Souto, pasando por Parrús, Avante toda! e Capetón, os Diplomáticos crearon co bravú algo máis ca un novo estilo musical.

Agora, 120 capadores (komunikando.net-falcatruada 07), que xa se pode comprar en www.trastenda.com, e a vindeira semana nas tendas de discos, recolle o tributo de vinte bandas galegas.

Esta iniciativa de Komunikando.net e do Centro Social Atreu, agrupa dende os Rastreros de Chantada até Ruxe-Ruxe, dende A Matraca Perversa até Pulpiño Viascón, Galegoz ou os asturianos Dixebra? Ao estilo da Gallaecian Metal Compilation e o Manifesto Dobarrista (falcatruada 07), esta é unha compilación da música galega contemporánea que demostra de novo a súa forza.

www.anosaterra.com

Vai xa para dezaséis anos que Os Diplomáticos de Monte Alto botaban enriba da mesa unha boa arroutada. Méritos sobráronlles para entrar a formar parte do olimpo da música galega: polo seu son único e senlleiro, un rock alegre a golpe de acordeón, por liderar unha revolución social e artística que deu en chamarse bravú. Pero, sobre todo, por poñer en pé aos cen mil gaiteiros que agochaba esta terra?

A iniciativa de Komunikando.net e do Centro Social Atreu conseguíu arrincar 20 petiscos da música galega actual para esta homenaxe: dende os míticos Rastreros de Chantada, que volveron ao torreiro para este tributo, até os Festicultores, Lamatumbá ou Os Tres Trebóns, a actual banda de Xurxo Souto, voz nos Diplomáticos.

No dobre disco 120 Capadores atopamos a particular versión do Gaiteiro de Dixebra, o Castiburón dos Cuchufellos, Esta noite hei de ir aló d?O sonoro maxín e até o Subastado da Banda Potemkin, aínda que tamén as particulares revisións de Galegoz ou Safari Orquestra. Porén, o disco inclúe catro temas inéditos dos Diplomáticos ao vivo.

www.trastenda.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-12-2007 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Xose Manuel Budiño
O músico Xosé Manuel Budiño acaba de presentar o seu cuarto álbum, Home, un traballo feito integramente en Galicia pero con vocación universal.

Pregunta: Como se debe ler o título, á galega ou á inglesa (que significa "fogar")?

Resposta: Como ti queiras, porque en realidade nace con ese punto de ambigüidade. O 'leitmotiv' do disco é ese ano e medio de viaxes, no que estivemos por catro continentes, viaxando dende Bulgaria a Arxentina, México, Líbano, Marrocos, Dublín... Cada vez que chegaba a casa, viña cun feixe de melodías para colocarme no estudio e empezar a traballar nel. Foi un ano e medio entre viaxes, volver a Galicia e compoñer, arranxar e producir o que ía ser o disco, ata que se foi dando forma e deu este Home.

P: E desas achegas dende distintas culturas que se reflicten no disco, cales resaltaría?

R: Creo que todo, no subconsciente están todas estas viaxes. Pero non collín melodías doutras localidades, ou emulei a música que escoitaba, senón que volvín máis á música galega e conpuxen sobre a base musical que teño dende moi novo. Aínda que si fago referencia a todas estas viaxes. Como no tema Shokran, que significa 'Grazas' en árabe, pola acollida que tivemos no Oriente Próximo e en Marrocos. Era inevitable darlle as grazas á xente que tan ben nos tratou e que nos ensinou outra realidade que non é a que vemos aquí, que é distorsionada.

Colaboracións amigas
P: O tema multicultural non se reflicte só na música, senón tamén nas letras...


R: Sobre todo nos títulos. Nas letras, contei con Mercedes Peón, que canta o tema Inmaterial, do que fixo a letra. Hai outro tema escrito por Antón Reixa, Ollos de sal, cantado por Xoel López, de Deluxe. Tamén hai un tema tradicional, porque sempre me gusta facer unha chiscadela en cada disco á música tradicional.

P: Non se atreve vostede coas letras?

R: Non, prefiro contar con xente amiga, síntome moi cómodo compoñendo música para compartila con amigos e que eles dean outro punto de sal.

P: A colaboración de Xoel López pode atraer máis 'indies' ao folk?

R: É algo que non pensamos, porque nos coñecemos dende hai tempo e sempre existiron ganas de colaborar xuntos e cantando en galego, a Xoel apetecíalle moito. É curioso como empeza facendo letras en inglés e pasa ao castelán e agora o estamos traendo ao galego tamén. Xurdiu dunha forma natural. De feito, esta fin de semana estiven en Madrid con el na gravación do novo DVD en directo, con Amaral, Josele Santiago, e quixo convidarme a min tamén a que estivera coa gaita.

A frescura do directo
P: Ao ser un disco xurdido a raíz dunha xira, ten ese punto de espontaneidade do directo?


R: A min gústame que a xente veña á casa para compartir e exprimir ao máximo antes de encender as máquinas e poñerse a gravar. Gústame ese punto do directo porque é moi espontáneo, pero só se consegue na primeira ou na segunda toma. O disco está cheo de primeiras tomas e de intentar conseguir esa frescura.

P: Haberá que agardar ata Glasgow para velo sobre o escenario?

R: Si, estamos conformando a nova banda e presentarase en Glasgow o 19 de xaneiro. A partir da semana que vén, estarei na Habana para o centenario do himno galego. Despois de volver da Habana comezaremos de cheo co espectáculo que será musical pero tamén haberá videoproxecións, un deseño escénico, hai moita xente que nos está botando unha man, non só do mundo da música senón da multimedia, realizadores, vestiario...

P: Cada vez é máis importante a posta en escena...

R: Desde logo. Hoxe en día está moi ben a enerxía que flúe nun escenario, pero tamén hai algo máis que me gusta traballar, como a videocreación, a posta en escena, o deseño...

A influencia da vida, e da terra
P: Cal foi a evolución dende Paralaia, publicado hai dez anos, a hoxe, con Home?


R: Os catro discos son evolucións lóxicas. No primeiro disco tiña xa o meu propio estudo, pero vai cambiando con cada disco. A tecnoloxía vai cambiando e posibilita poder ter en cinco minutos unha gravación feita en Nova York. A tecnoloxía xoga un papel importante pero creo que a evolución a dá a vida mesma, as viaxes e a xente que vas coñecendo e o que vas palpando e absorbendo.

P: En todo ese tempo, a familia diríalle máis dunha vez iso de "déixate de gaitas"...

R: (Risos) Eu creo que xa están moi habituados. Empecei dende moi pequeno a tocar, dende os sete anos e xa forma parte do ambiente que se respira na familia.

P: Hai presenza do Morrazo, a súa terra natal, no disco?

R: Hai moita presenza, porque se gravou todo no meu estudo. Os fotógrafos son do Morrazo, o deseño aínda que é de Enric Francesc, vive no Morrazo... practicamente fíxose todo aquí. Ademais edítao unha discográfica galega, o disco fabrícase en Galicia, xa non tes que ir a Holanda ou Madrid como antes... É un produto integramente feito en Galicia. Estamos contentísimos con eso.

www.xeracion.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-12-2007 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
Narf
Narf é unha das caras de Fran Pérez. A máis simbólica ou a máis tranquila. Narf está de volta dunha longa viaxe mundial e dun percorrido musical paralelo. Volveu para chantar un Tótem a maneira de cruceiro que sinale de onde veñen todas as músicas que forman parte do seu novo disco. Unha música do mundo que Narf considera «silvestre».

Musicalmente, Fran Pérez explica que o título do álbum amosa as súas intencións: «É un disco poliédrico, que marca un momento particular, no que hai moitas capas que se foron superpoñendo: desde a máis persoal ás influencias».

Narf explica que é un disco vivencial e que pesan sobre el as últimas viaxes. «Representa o punto de encontro de influencias musicais que se foron xuntando de maneira pode que azarosa ou pouco marcada polas afinidades xenéricas».
O músico sinala que as influencias son tanto vitais como musicais porque, segundo explica, non é «moi técnico na música». «Se estou en Cabo de Verde non fago unha morna, pero a música inflúeme igual», di.

Aínda que Narf puidese ser a cara máis acústica de Fran Pérez, o guitarrista pide calma ao barrio do rock ao asegurar que en Tótem hai «máis guitarras eléctricas que nunca». «Tamén veño de rock, pero nos discos as guitarras sempre están temperadas.». O carácter eléctrico das cancións vaise notar nos concertos, segundo Narf, nos que tamén quere que se note «esa condición múltiple deste disco».

Para o artista antes e agora coñecido como Fran Pérez hai dous argumentos fundamentais que percorren o disco, ademais da música, por unha banda está o seu «retrato simbólico, non literal». Por outra parte, «é un disco feito arredor dunha tribo artística da que eu podo ser a cara ou o catalizador, pero que ten para min unha importancia moi grande». Narf refírese a xente que participou con el en diversos proxectos; «desde Fausto Isorna, que fixo o deseño do disco, ou Xelís de Toro, que vai a participar na posta en escena, ata Carlos Santiago e Manel Rodeiro». Explica Narf que son xente coa que fixo «cousas diferentes e agora quería volver a facer algo con eles; non é un asunto de nostalxia, é como encontrar á xente despois de moito tempo e preguntarlle como vai a vida».

Narf leva unha temporada de viaxes e concertos entre puntos tan distantes xeográfica e culturalmente como Maputo e Brighton, pero explica que, aínda que os públicos sexa moi diversos, «a xente quere o mesmo». O músico asegura que «o mundo anda a golpes, pero a xente busca cousas que compartir e iso é o que quero facer eu, aínda que non entendan o idioma».
Iso é o que define o que denomina «música silvestre». Narf dálle ese nome porque «é como as flores do monte, son naturais e son bonitas». Asegura que cando a música é silvestre «vai máis ao estómago e logo pode ir ao corazón». Neste sentido apunta Narf que «o norte ten saudades do sur porque bota de menos algo do primitivo». O músico considera que Galicia ten unha vantaxe, porque «estando no norte aínda non perdeu de todo a naturalidade».

Fran Pérez non se considera un veterano, pero lembra que «en Galicia sempre houbo unha gran actividade musical, non é de agora». Describe a súa traxectoria como un «avance en espiral», porque «é como volver a pasar polos mesmo lugares pero a outro altura». No mediodía do deste luns, no CGAC, primeira cita do novo Tótem de Narf.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-12-2007 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
A Nosa Terra diario dixital dende hoxe


www.anosaterra.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 05-12-2007 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada na Fábrica de Chocolate
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-12-2007 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de construción de palletas e pallóns

Esta ponte o xoves 6, venres 7 e sábado 8 de decembro, a Asociación Cultural Retrouso (Bueu) vai celebrar un Obradoiro de construción de palletas e pallóns.

O horario será de 4 a 7 da tarde e o custo é de 10 euros. Impartirao o artesán e gaiteiro do Hío Cristóbal Prieto.

Tedes toda a información no cartel adxunto e no blog http://www.blogoteca.com/retrouso

Agradeceriamos que llelo pasasedes aos que pensedes que poidan estar interesados...

un saúdo!!
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 04-12-2007 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0