● 19:45. Contacontos infantil do libro O cociñeiro Martiño. Xerais. Coautor Iago López. Espazo infantil
● 20:15. Herdeiras. Musicarte.
Presentación do proxecto musical con Carmen Penim. Espazo foro
● 20:30. Os amigos dos Músicos.
Gran Derby Records. Presentación de disco. Con Jaime Mateo, batería e voz, Arcadio Nóvoa, guitarra e voz, Raúl Diz, guitarra e voz, Daniel Alonso, guitarra e voz, Druso L. Pedrouzo, teclado, e Álvaro A. Rivera, baixo. Espazo carpa
● 20:30. Virapé. Servando Barreiro.
Danzas do mundo participativas.
Con Lena Andrea Ullrich, voz, frautas, saxo e acordeón, e Servando Barreiro, voz, guitarra e concertina. Espazo infantil
● 21:30. 15 anos con SonDeSeu.
Concerto inaugural. Nalgures Producións. Convidados: Rosa Cedrón e Orfeón de Treixadura.
Espectáculo de pago. Entradas 10 euros máis gastos de xestión en www.ataquilla.com.
Sábado 3
● 11:45. Feminino Plural. Dezdedez
Xestión Cultural. Música con Silvia Penide e Carla López. Espazo carpa
● 12:45. GZMusica.com.
Asociación Cultural Borneira Audiovisual. Espazo foro
● 12:45. Ecuacións. Xoán Curiel.
Con Xoán Curiel, guitarras e voz, Jorge Juncal, teclados, Pablo Vidal, contrabaixo e Mila García,
violonchelo. Espazo carpa
● 13:30. Blues do País. Con Bieitta
James (a Diva Rural) e Pepe King (o bluesmanciño que a acompaña). Espazo carpa
● 16:30. A banda dos cueiros.
Espazo Lectura. Espazo carpa
● 17:00. O censor de monstros. Barafunda. Espazo infantil
● 17:30. Cousas de papá. Xerais.
Con Héctor Lorenzo, Xaquín López Fariña, violín, Carlos Freire, percusións e Natalia Pajarito (voz). Espazo carpa
● 17:45. Presentación da «MARCA CE» dos Brinquedos Miudiño. Con César Freiría. Espazo foro
● 17:45. Hocus pocus. O Mago Paco. Espazo infantil
● 18:30. VaiOviravai. Galaxia.
Teatro musical e familiar ao redor do álbum ilustrado-CD «As andanzas de Paio» do Grupo OViravai. Espazo carpa
● 18:30. Canta connosco. Migallas Teatro. Kalandraka. Con María Campos e Carlos Yus, de Migallas, e a presenza do ilustrador Óscar Villán e o realizador de videoclips José Miguel Sagüillo. Espazo infantil
● 18:45. O desconhecido. Berlai.
CUNDE.gal. Presentación daBanda Deseñada-CD con Xiao Berlai e co ilustrador Ernesto G. Torterolo. Espazo foro
● 19:30. Deserto de centos. Sonia Lebedynski. CUNDE.gal. Presentación do disco da cantante Sonia Lebedynski, cos músicos Roberto Comesaña, Rubén Barros, Jose Díaz e Carlos Freire. Espazo carpa
● 20:30. Eladio y los seres queridos. Esmerarte. Cos músicos Eladio Santos, Marcos Vázquez, Oscar Durán e David González. Espazo carpa
● 21:30. Paralaia 20. Budiño.
Espectáculo central. Con Xosé Manuel Budiño, gaita, Isaac Palacín, percusións, Sérgio Tannus, guitarra, viola, caipira, Cibrán Seixo, violín, Santiago Cribeiro, acordeón, Fran Sanz, baixo, e Antonio Rodríguez,trombón, bombardino. Convidada especial: Mercedes Peón.
Espectáculo de pago. Entradas: 14euros máis gastos de xestión en www.ataquilla.com. Auditorio
Domingo 4
● 11:15. Son. Paloma Suanzes.
Musicarte. Con Paloma Suanzes, guitarra e voz. Espazo carpa
● 12:00. A voz do vento. A Mesa.
Concerto con Fran Amil e A Tribo Incomprensíbel. Espazo carpa
● 12:00. María Fumaça. Aire.
Editorial Galaxia. María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida. Ducias de artistas cantando a alegría de vivir. Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco, o noso Rui, Familia Domínguez Senlle e moitas amigas e amigos... viaxan nun librodisco.
Espectáculo de pago. Entrada: 6 euros máis gastos de xestión en www.ataquilla.com. Auditorio
● 12:15. Obradoiro de xogos educativos para nenas e nenos entre 2 e 14 anos. Galileo. Espazo infantil
● 12:30. Barriga verde sen volta de folla. Asociación Morreu o Demo. Espazo libro
● 13:30. Coro Galego Cántigas e Frores. Con repertorio lugués dos anos vinte e trinta. Espazo carpa
● 16:30. Tic tac toc de Pablo Díaz.
Editorial Galaxia. Con Pablo Díaz, voz, guitarra, clarinete, gaita, harmónica, Diego Barral, guitarras, Antón Díaz, baixo eléctrico, Álex Fente, acordeón, Carlos Freire, batería e Olga Kirk, voz, baile e percusión. Espazo carpa
● 17:20. Sindicato da Noite.
Inquedanzas Sonoras. Presentación da banda galego-cubana con José Manuel Díaz, baixo, Su Garrido, cantante, Felipe Villar, guitarrista, Max Gómez, batería e Álex Salgueiro, teclados. Espazo carpa
● 18:00. Os soños na gaiola. Títeres Alakrán. Os soños na gaiola de Manuel María é unha obra de monicreques para público infantil e familiar. Con Títeres Alakrán e o dramaturgo e director Roi Vidal. Espazo infantil
● 18:00. Torre de Breoghán.
Abano Producións. Proxección do documental sobre a última produción musical do grupo folk Luar na Lubre xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia e coloquio con Chelo Loureiro, produtora, e Jorge Coira, director. Salón de actos
● 18:10. Ezetaerre. Atadeiras.
Con Petrowski, Pirola e Garchu, gañadores do III concurso Revenidas de Música Emerxente que presentan o seu primeiro longa duración. Hip hop con bases folk. Espazo carpa
● 19:00. Zurrumalla. Inquedanzas Sonoras. Presentación do segundo disco do grupo que leva por título «Camiño por ti». Espazo carpa
Coma en tódolos gremios, no dos mariñeiros tamén había gaiteiros, moi ben considerados polo resto dos seus compañeiros, pois entre a súa equipaxe sempre viaxaba unha gaita.
O que estes mariñeiros gaiteiros conseguían coa súa gaita, non só era que os seus compañeiros e eles mesmos desfrutasen da nosa música tradicional naquelas longas viaxes fora do seu fogar.
O que estes mariñeiros fixeron foi moito mais, eles foron quen de levar a música tradicional galega polo mundo adiante a través do mar, sobre os barcos, entre as redes, aos portos doutras latitudes,? Convertendo ao mar, en algo mais que nunha reserva de peixe, ou nunha ruta comercial.
Foron estas xentes do mar, coas súas tradicións e o seu saber-facer que o cabo dos séculos foi deixando por todo o mundo, pegadas do noso devir, da nosa fala, da nosa cultura e por suposto, da nosa música.
Para coñecer esta realidade máis de preto a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o vindeiro sábado 03 de decembro pola tarde a Xornada: "A Gaita no Mar", que terá lugar no Club de Mar de San Amaro (A Coruña).
Contaremos cun relatorio de Xurxo Souto sobre os Gaiteiros do mar, a proxección do documental "Dos Gaiteiros do Mar" codirixido por Xurxo Souto xunto a Marín Rodas. E para o peche, un concerto cos Gaiteiros do Mar.
Programa:
Iniciarémos a xornada ás 17.30 horas cun relatorio a cargo de Xurxo Souto sobre os Gaiteiros do mar, no que poñerá de manifesto cal foi e segue sendo o importante papel destos gaiteiros.
Seguidamente, ás 18:15 horas terá lugar a proxección do documental Dos gaiteiros do mar, codirixido por Xurxo Souto xunto a Marín Rodas e producido por Borneira Audiovisual, que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, a Terranova, a Namibia.
Para rematar,ás 19.00 horas contaremos coa actuación do grupo ? Os Gaiteiros do Mar? formado por Manolo de Donón e Lito de Pinténs ( gaitas), Feliciano de Donón ( tamboril), Manuel Martínez Santomé ( bombo) e o Peix de Aldán ( percusións varias) que nos ofrecerán un concerto para o peche da xornada.
Sábado 26 de novembro ás 10:00h
Ceip Lope de Vega (R/ Emilia Pardo Bazán 121, Vigo).
O maneo é unha das variantes máis comúns da jota na comarca de Bergantiños. Cando na copla (punto), ten un toque diferenciado e característico o do resto das jotas de toda a xeografía galega. Tamén se extende, en menor medida a zona de Ordes (Tordoia e Trazo).
A música sempre é interpretada por pandeiretas.
Destaca, tamén, na realización dos puntos, xa que, adoitan facerse cuns adiante/atrás arrastrados, con pausa e elegancia. Na súa forma máis común, o maneo faise en 2 filas, unha de homes e outra de mulleres, aínda que existen variantes no posicionamento do baile nalgunhas zonas.
Neste curso aprenderemos a:
Aprendizaxe de movementos no ritmo.
Diferenciación dos puntos segundo a zona á que pertenzan:
Erbecedo(Coristanco)
Limiñoa(Ponteceso)
Imende(Carballo)
Anxeríz(Tordoia)
Realización dunha estructura completa dun baile.
Os interesados poden poñerse en contacto no correo electrónico ofiadeiro@ofiadeiro.com ou chamade ó 629585355/986253585.
Uns poucos datos do Mestre, Javi Pose:
Empezou a bailar alá polo ano 1993 na Escola Municipal de Danza de Vigo con Wenceslao Cabezas (Polo), da que deu o salto á ACF O Fiadeiro, de Vigo 8 anos despois baixo a dirección de Francisco Javier Feijoó (Chisco), e anos máis tarde no grupo ?A Buxaina? de Coruxo.
Actualmente é membro da formación titular de baile da ?A.C. Xacarandaina? de A Coruña, e participa activamente no espectáculo ?O Poder do Arcabuz?, xunto a compañía ?Quique Peón Cia?.
En 2012 decide dedicarse por completo á docencia do baile tradicional, na ?ACF O Fiadeiro?, impartindo iniciación ao baile tradicional a nenos e adultos. Pouco tempo despois, en xuño de 2013, incorpórase como monitor de baile na ?AAVV Santa Mariña? de Cabral, e como director de baile da ?AC Os Muiños? de Oliveira, en Santiago de Oliveira Ponteareas e en 2014 comeza a dirixir a ?AC A Vella Barca?, do concello de Arbo e por fin, en 2016, toma a dirección do grupo ?Refaixos e Polainas? de Baldráns, parroquia pertencente ó concello de Tui.
Vaise presentar en directo na sala Capitol en Compostela o sábado 10 de decembro acompañados de DESEQILIBRIO MENTAL e as entradas están á venda na Gramola, no Bar-Tolo, na Reixa Tenda e en www.ruxeruxe.com a 5 ? ou a 10 entrada + cd !! Deseqilibrio Mental + ruxe ruxe !!!
Musicalmente non teñen moito que ver, pero acordaron desaparecer case ao mesmo tempo.
Nos dous casos anunciaron a súa desaparición mediante comunicados nos seus muros de Facebook. Quempallou apunta que "logo de dezaoito veráns cheíños de concertos, de catro traballos orixinais e algúns outros extras, aproveitamos o remate desta campaña 2016 para dar por finalizada a nosa actividade. Marchamos ben contentos co traballo feito e compartido con tanta e tanta xente ao longo de tanto tempo".
No caso de Camarada Nimoy a marcha prodúcese logo de dous discos autoeditados e unha grande acollida de público e crítica nun momento no que "despois deste tempo quedaba meterse a por outro disco e sair novamente a defendelo, pero moitas cousas internas e externas dificultan este proxecto que nunca tivo axudas de ninguén para seguir funcionando deste xeito".
Tardaron once anos en publicar o seu primeiro álbum, pero semella que os vigueses de Zurrumalla están a lle coller o ritmo. Catro anos depois daquel O que había... e o que hai ve a luz Camiño por ti.
O novo álbum, que se á luz da man de Inquedanzas Sonoras, achega dezasete temas de estilos variados a manter o estilo peculiar do sexteto, que mestura acordeóns, gaitas, perdusións e saxo nun son que anova a partir da nosa tradición. O álbum gravouse nos estudios A Lagharteira e Ancestral Estudios, por Isaac Millán.
Baixo o selo Discos da Máquina o seu cuarto álbum de estudio, no que a banda do Deza continúa a liña de exploración dos sons de banda de música desde as raíces folk: Desta volta, o octeto mesmo se atreve con achegamentos ao jazz e presenta tres temas cantados como grande novidade. Carlos Quintá, Benxamín Otero, Pablo Doval, Pablo Bernárdez, Xián Herrera, Miguel Touriño, Pablo Pardo e Marcos Pérez mesturan rumbas, mazurcas ou jotas sempre a manter un son bailable e festivo.
Milladoiro en Ortigueira é un CD-DVD que recolle a actuación da banda neste mesmo evento en 2014. Para alén dunha actuación ao vivo no que a banda percorre boa parte dos seus grandes éxitos, o volume achegar tamén un documental sobre a vila e os comezos e a evolución do seu célebre festival. O álbum, editado por Cormorán Producións, elaborouse coa colaboración do Concello de Ortigueira.
Xa se poden escoitar en varias plataformas dixitais os primeiros temas de Os amigos dos músicos, título homónimo ao grupo e primeiro disco da banda ourensana Os Amigos dos Músicos.
O selo Gran Derby Records representa á banda e edita este traballo. A banda está formada por Jaime Mateo, Arcadio Nóvoa, Raúl Diz, Daniel Alonso, Druso Pedrouzo e Álvaro A. Rivera. xa está dispoñible o seu primeiro vídeo co tema A Bnada que abre o disco. O vídeo está escrito, dirixido e realizado por María Grande, artista que temén se encargou do deseño da portada do disco.