Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Asturies vs Galiza: Copa Cantábrica de Billarda
4 de novembro en Castrillón (Asturies) ás 12:00

A LNB apresenta en exclusiva mundial o espectacular cartaz da Copa Cantábrica e por medio da recén creada PxA (Plataforma de xestión da Auténtica) pilotada por Fram Folgueira e Xermán Viluba faise pública a lista de convocados para defender á Galiza niste seu primeiro compromiso oficial. O PxA quere informar que será o grande Zidane da Billarda quen dirixirá á Auténtica a pé de pista exercendo de máximo responsábel técnico nas concentracións e no propio desenrolo do partido. Os elexidos son:

Bíteres: Carmiña, Bixi
Billardeiros: Daniel, Difranco Mangiavacchi
Remourelle-Bulls: Suso , Ginés
Sporting: Fram, Ivan, Calvete
Tronos: Rafa
Cornería-Team: Ginés , Juán
Conf.NorOeste: DavidEkipA: Edelmiro , Xermán
Fanecas Bravas: Ángeles, Asunción

Nota: o selecionador asturiano Xosé Pravia xa aniciou que os palanadores e palanadoras asturianos da Superliga de Billarda : Urbano , David , Chema, María e Mónica e o xogador con doble nacionalidade Hugo van formar parte da potentísima selección Astur, polo que se prevé un durísimo combate entre a sidra e o ribeiro por chegar a encher a tan desexada Copa Cantábrica.

A LNB informa que todos aqueles que queiran apoiar á auténtica nista 1º edición da Copa Cantábrica aínda están a tempo dirixíndose a (ovaral@hotmail.com) para reservar praza na Guagua e para un espectacular xantar colectivo no Restaurante Casa Adolfo de San Miguel en Pedras Blancas, a saída do teleclube de Barreiros ás 9 da mañá e o prezo son 12 euros.

www.ovaral.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-11-2007 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Castañazo Rock

A Asociación Cultural "O Castanhazo" presenta o Sábado 3 de Novembro de 2007 no mercado gandeiro de Chantada (Lugo), o CASTAÑAZO ROCK, e o dia anterior, o venres 2, actuación de Trifulca e acto seguido Jam Session na discoteca Mogay a partir das 12:00hs da noite.

O Sábado estará cheo de actividades ao redor do mundo da música:

Às 16:40hs. no Hotel Mogay, exclusiva mundial, presentación do disco ?120 Capadores?, homenaxe aos Diplomáticos de Monte-Alto.

No disco participan: Pulpiño Viascón, Zënzar, A Matraca Perversa, Banda Potemkin, Festicultores, Ruxe-Ruxe, Os Rastreros, Galegoz, Safari Orquestra, Sonoro Maxín, A Compañía do Ruído, Cuchufellos, Dixebra, Nao, Trapalhada, 3trebóns, Uli jarbanzo, Sonora Callejera, Taru e os páxaros coiro, Transportes Hernández y Sanjurjo, Lamatumbá, Estridentes, Cenk.

Despois darase paso a unha mesa redonda con o título: BRAVÚ: PASADO PRESENTE NO FUTURO
A temática versará sobre a situación da música galega anteriór a aparición do Bravú e de cómo este influíu no panorama musical e de outras artes, ata os nosos días. Tamén como creen que respira e respirará nuns nos a escena musical galega.
Todo esto visto dende fóra, dende dentro, e aderezado coas múltiplas experiencias e anécdotas que tiveron os protagonistas
coas bandas que, dun xeito ou de outro, andiveron revoloteando ó redor do Bravú.

Moderará Belén Regueira, xornalista, locutora do programa Extrarradio (Radio Galega). Participarán:
? Alberto Casal, escritor e xornalista, autor do libro ?Rock´n´grelos? actualmente é director do Xabarin Club.
? Emilio, ex-cantante de Skornabois, formación pioneira do bravú, actualmente é un integrante da Safari Orquestra.
? María Yáñez, xornalista, responsable no seu tempo do portal Bravú.net
? Manolo Rivas, escritor e xornalista, autor de numerosos reportaxes e referencias ó Bravú.
? Santiago Jaureguizar, escritor e xornalista, considerado nos seus comenzos coma escritor bravú.
? Suso Iglesias, xornalista, actual director de programación da TVG, e anteriormente director do Xabarín Club.
? Xavier Valiño, escritor e xornalista, autor do libro ?Bravú, a paixón que queima o peito?.
? Xosé Manuel Pereiro, xornalista, excantante da xa extinta formación Radio Océano, e director da revista Bravú.
? Xurxo Souto, escritor, director de programación da radio galega, donde leva o timón do programa Aberto por Reformas, ex-cantante dos Diplomáticos de Montealto, e actual integrante de Os tres trebóns.

?O bravú foi un chute nacional de autoestima emocional e de ansia musical. Nunca algo se definiu tan ben polos inimigos que ten?.
Xosé Manuel Pereiro.

Ás 17:00hs. no mercado Gandeiro, 1ª Feira do Disco Galego, pensada para divulgar e promocionar a música que se fai neste pais dando cabida a todos aqueles discos que viran a luz en Galicia nos derradeiros anos. Pensada tamén para poñer en contacto ás compañías, cos grupos, coas distribuidoras, novas tecnoloxías, e sobre todo co PÚBLICO.
Tamén terán cabida as REVISTAS, FANZINES MUSICAIS, MERCHANDISING etc.
Para aqueles GRUPOS que vo-lo montedes vós mesmos e non vos compense montar un stand propio, nen vir ata Chantada, a organización montará un stand no que teredes cabida.
Contacto: feiradodisco@hotmail.com Este endereço de email está protegido contra spam bots, pelo que o Javascript terá de estar activado para poder visualizar o endereço de email

Como en toda boa festa haberá, feira con pulpo, carne, pan e viño, e por suposto, non faltará un gran magosto e aínda por riba, de balde!!! amenizado pola charanga OS VERANEANTES.

A partires das 21:00hs, baixo cuberta e ao prezo de 2? super concerto coas bandas:

MOTOR PERKINS
OS CUCHUFELLOS
RASTREROS
RUXE RUXE
OS TRES TREBÓNS
ZËNZAR


Todo presentado por Carlos Blanco.



Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-11-2007 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto e Serán en Matamá (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-11-2007 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto Celta de Balboa (O Bierzo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-11-2007 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
INAUGURACIÓN DA IV MOSTRA DE CUARTETOS DE MARÍN
A Asociación de Gaiteiros Galegos inaugura o vindeiro venres, 2 de Novembro ás 20:00 h. no Museo Municipal Manuel Torres de Marín (Avda. De Ourense,3) a IV Mostra de Cuartetos tradicionais.

Esta actividade, promovida pola AGG e patrocinada pola Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Marín, pretende afondar no coñecemento dunha das formacións máis importantes dentro da nosa música tradicional como é o Cuarteto de dúas gaitas, tambor e bombo.

O venres 2 de novembro, as actividades comezarán cun pequeno concerto do cuarteto "Picuiña" de Marín no Museo Manuel Torres ás 20:00 h. e seguidamente, organizarase un magosto na praza da Veiguiña, que estará aberto á participación de tódolos cuartetos que o desexen, potenciando a participación de cuartetos que estean comezando e, facilitando que experimenten a sensación de animar unha festa popular como facían os cuartetos nas súas orixes. Haberá castañas de balde.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 01-11-2007 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
A Festa do Pop Galego
O vindeiro venres, 2 de Novembro, o pop galego ten a súa particular festa co concerto de presentación dos novos discos de The Homens e Fanny + Alexander.

As once xoias power-pop que fan parte de "Tres" sairon á rúa o pasado día 15 mentres que as once alfaias de pop electrónico de "Finais dos 70s, comezos dos 80s" chegaron o día 29 deste mesmo mes, ambolosdous discos editados baixo licenza Copyleft tanto dixital coma físicamente.

A cita será ás 22,00 h. na sala NASA de Compostela.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-11-2007 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0