Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Adianto en mp3 dos novos discos de Budiño e Narf
A discográfica Falcatruada presentou un novo portal "www.clubedixital.com" onde poderán descargarse de balde cancións de grupos pertencentes á dita discográfica.

Asi podemos xa disfrutar de cancións de discos como o de Nordestinas, The Homens, Loretta Martin, Xose luis Romero,...

E en primicia tres pezas de dous novos discos que están a piques de publicarse:

"Home" de Xose Manuel Budiño (saírá á venda o 27 de novembro
"Totem" de Narf (sairá á venda o 20 de novembro)

www.clubedixital.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2007 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
Home: O novo disco de Xose Manuel Budiño
Home

01. Pedra de Abalar
02. Ollos de Sal
03. Ortegal
04. Inmaterial
05. Ollin kan
06. Sempre Alalá
07. Vía Sacra 3
08. Shokran
09. Nacín na Espuma
10. Imos Dj

Home é o novo álbum de Xosé Manuel Budiño, un traballo cheo de vitalidade onde as melodías nacen da experienza e da influenza das viaxes do artista na xira que o levou durante un ano enteiro por diferentes lugares do mundo: Sofía, Bos Aires, México D.F., Dublín, Milán, Líbano, Siria ou Marrocos.

Xosé Manuel Budiño asume novamente el soíño as composicións, arranxos, gravación e produción do disco. Porén, non se presenta só no eido musical: en Home conta coa especial colaboración de Jorge pardo (saxo), Paulo Borges (piano), Jacky Molard (violín), Paco Charlín (baixo), Mercedes Peón (voz), Carlos Castro (percusións), Kepa Junkera (trikitixa), Antón Reixa? ou Xoel López, de Deluxe (voz en Ollos de Sal).

Con Home nace tamén un novo espectáculo: unha nova banda onde as novas tecnologías e as videocreacións están mesturadas coas músicas de raíz, especialmente de orixe galega.

Home estará dispoñíbel a partires do 27 de novembro, coincidindo co décimo aniversario da publicación do seu primeiro traballo discográfico. Co lanzamento iníciase, ademais, unha nova xira de Xosé Manuel Budiño que o levará polos diferentes lugares da escena multicultural do mundo. A estrea será nos festivais británicos do 2008, comezando polo Celtic Connections de Glasgow: o 19 de Janeiro no mítico Fruitmarket.

www.xosemanuelbudino.com

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 12-11-2007 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Totem: O novo disco de Narf
Totem

1. Autobiografía
2. Santiago
3. Afroblues
4. 25 de abril
5. O que non sabe
6. O noso son
7. Galician Lullaby
8. soneto da Seta e o Neto e máis na Nata e o Soto
9. nao ten voçé
10. Mercedes
11. Nosa Señora de Belén
12. Espranza
13. Quero ser Tambor

Dispoñible dende o 20 de novembro

Árabe, flamenco, brasileiro, africano... as orixes da música de NARF son infinitas. Tras o éxito de Só Tambor, o seu segundo disco está composto por melodías pop que lle dan forma a sons de todo o mundo. Narf estivo a presentar en Inglaterra as súas novas cancións, de aí a denominación do seu novo álbum: TOTEM

Cando un viaxa polo mundo adiante alimentado por ningunha outra cousa que o interese pola arte, é bom deixar pegadas sobre as encrucilladas de camiños para atopar o camiño de volta a casa. Un tótem é un cruceiro sen brazos, un faro para os mariñeiros de terra. I este tótem marca máis de 20 anos de camiño, un camiño que comezou cando Narf deixou a súa casa con nada máis ca unha guitarra ao lombo.

Narf levantou este tótem cada día, con mimo e agarimo, con furia e paixón, aquí podemos atopar o canto delicado e o berro atroz, aquí están as fantasmas dos antergos, o choro dun neno, o beixo dun amante e os ollos no futuro. Aquí o amor é o que máis dá e o que máis nos doe. O que comezou coma un tótem persoal foi, finalmente, un tótem para todos nós. Porque neste TOTEM tamén se poden escoitar as voces e ver as sombras daqueles que tiñeron a sorte de camiñar un cacho canda el.





Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 12-11-2007 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Do Bravú a Galiciantunes
Hai dez anos a música galega viviu unha das súas máis importantes revolucións. O movemento Bravú, que celebra estes días aniversario, supuxo unha ruptura e marcou tendencias. Claro que aquilo foi só un comezo, e desde aquela sucedéronse, na última década, varias fases e tendencias ata a situación actual. Facemos un repaso por este panorama da man de varios profesionais do mundo da música, que achegan visións non sempre coincidintes sobre esta situación.

Unha xuntanza de músicos e xente na cultura nunha taberna de Viana (Chantada), marcaba o comezo do Movemento Bravú. Era 1997. Hai pouco máis dunha semana, a noticia era a presenza da música galega na principal feira dedicada á World Music do planeta, a Womex de Sevilla. Que aconteceu polo medio?

Desde os estudios

Arturo Vaquero, responsable dos estudios lugueses Abrigueiro e creador el mesmo no ámbito da música electrónica, ten claro que aquela xuntanza deixou pegada. ?O Bravú foi un movemento moi forte nos seus comezos. Supuxo unha puñada de forza á música e unha chegada de ar fresco ao rock galego. O mesmo que comunidades coma Euskadi xa levaban moito tempo co rock vasco e cousas así, agradeceuse ese movemento aquí?. O impacto, segundo Vaquero, transcendeu o propio xénero do rock que caracterizou o movemento. ?Toda a música que se fai sempre ten a súa difusión e a súa mestura noutros estilos. De feito, penso que xente que estaba facendo Bravú daquela, agora está noutros grupos traballando outros estilos pero sen esquecer aquelas bases. Creou unha escola en canto ao que é o espírito das cancións, na mensaxe e nas letras. Eu véxoo agora en tendencias mais electrónicas coma o hip hop ou trip hop?, explica.

Despois do bravú

Tamén para Pepe Carreira, xornalista musical que leva o programa ?Deriva Atlántica? na Radio Galega, existe unha pegada deste movemento noutras músicas. ?Penso que o Bravú pegou sobre todo na cuestión da autoestima. Demostrou que se podía facer música en galego e que chegase ao público. Ademais, chegou a moita xente nova, que viu que había persoas próximas a eles que podían facer música, e iso abriu en certo xeito unha porta e animou a moitos a se meter no tema?, lembra Carreira. Desde a experiencia de Vaquero, pouco despois do Bravú ?comecei a escoitar e mesmo a traballar nalgún proxecto de músicos que eran algo mais electrónicos, coma Safari Orquestra, ou grupos de hip hop coma Dios ke te Crew, que mantiñan en certo xeito a esencia do Bravú dos Eskornabois e de toda aquela etapa dos Diplomáticos?. Tampouco esquece o responsable dos estudios Abrigadoiro a eclosión metaleira que se deu no noso país e que aínda amosa certa vitalidade. ?Tamén houbo esa explosión do metal pero, non sei por qué, non terminou de callar como nos gustaría. Quedou un pouco máis agochado e foi unha pena?, lembra. En xeral, despois do Bravú semella que o noso panorama musical quedou un pouco baleiro. ?Quizais si se deu iso, pero penso que aí entraron moitísimos factores. Desde a administracións, por exemplo, só se enchían ocos e se facían festivais sen involucrar o colectivo da música. Entón iso xerou unha certa falta de expectativas na xente. Pero de calquera xeito a música non deixou de existir e de ter presenza en Galicia?, lembra Carreira. A maiores disto, ?algo que fallou tamén nos noventa foi o mercado interno, que é algo importantísimo?.

A constante folk

De xeito paralelo a estes movementos, Vaquero retrata unha década na que o folk gozou dunha xeral boa saúde, malia ás diferenzas que houbo entre aqueles anos en que os nosos músicos tocaban con Mike Oldfield e as actuais propostas de mestizaxe. ?O tema do folk penso que estivo, está e estará, porque traballa unha fórmula moi achegada á música tradicional que nunca pasa de moda. Con maior ou menor presenza pero sempre vai estar aí. Iso non vai pasar, por exemplo, con cousas máis caducas como pode ser o bravú, o heavy ou a musica electrónica?, sinala. Pola súa banda, Pepe Carreira destaca que neste tempo ?o folk ou neofolk marcou un antes e un despois en canto á dar a coñecer o potencial que había no país fóra das nosas fronteiras. Hai referencias coma Milladoiro, Carlos Núñez ou Berrogüetto que están presentes en calquera feira internacional?.

A evolución tradicional

A completar esta visión, Óscar Losada, xornalista, organizador dos premios ?La Opinión? de folk e mais editor da revista ?O cartafolk?, sinala a importancia do actual panorama deste estilo. ?De catro ou cinco anos para acó, si houbo un movemento claro que se concentra en poucos músicos pero que, con moitos proxectos, diversificaron e enriqueceron a música de raíz?, explica. Refírese a traballos coma os de Espido, Marful, Nordestin@s, ou Nova Galega de Danza, que traballan na fusión de estilos coa raíz, aos que Losada suma ?outros grupos que aínda sacarán disco coma Talabarte Trío, ou Bonovo, que penso que vai abrir outras vías?. Para este especialista, está claro que ese movemento é a principal novidade da música de raíz na última década. Ao tempo, Losada recoñece que implica unha mudanza na sensibilidade folk ao longo destes anos. ?Agora iso estase a ver con naturalidade, hai doce ou trece anos non se vería do mesmo xeito. Precisabamos abrir campos cara a outros camiños e outros tipos de público?. Sobre a posible pegada do Bravú no folk galego, non lle concede unha especial importancia. ?Paréceme que foron dous vieiros diferentes. Aínda que o Bravú tiña algúns toques de raíz, non deu tampouco en ningunha tendencia de folk-rock?, explica.

A outra actualidade

Seguindo coa actualidade, e malia ás continuas novas sobre concertos e lanzamentos discográficos que imos vendo, Vaquero albisca un panorama ?moi estancado en canto a ideas, salvo algúns grupos coma Safari Orquestra, Galegoz, Dios Ke te Crew ou Loretta Martin. E isto para Galicia é moi pouco, isto tería que estar cheo de grupos con tendencias de todos os estilos. Quizais as discográficas se animan menos e hai máis propostas individuais, pero paréceme que tanto o mercado coma o sistema de discográficas e de estudos está algo parado?. Nese sentido, valora especialmente o traballo de promoción internacional da música que está a desenvolver o IGAEM coa presenza en feiras internacionais e a marca Galiciantunes. ?Este tipo de axudas veñen moi ben para erguer un pouco o ánimo dos grupos, facéndolles un circuíto de concertos ou dándolles un apoio internacional para que se poidan ver fóra?, conclúe.

Eclosión

Contraposta á percepción de Vaquero, atopamos a impresión que ten Carreira sobre a actualidade musical. ?Estamos a ollar a eclosión musical máis importante que se viu na nosa historia?, sinala, sen esquecer os movementos que xurdiron a finais dos setenta e a coincidir coa Movida viguesa. ?Estanse editando discos con moita calidade e temos aí cousas coma o jazz. Penso que de aquí vai saír algo gordo?. Nese sentido, sinala, ?parécenme moi atinados os procesos que están a facer desde a administración á hora de colocar a nosa música en feiras internacionais?. Canda á promoción exterior, ?agora hai un mercado asentado de consumidores de música feita no país, e iso paréceme fundamental?, completa a lembrar fenómenos coma o éxito do proxecto Nordestin@s, que saíu hai agora un ano.
Dun xeito ou doutro, está claro que as cousas mudaron o seu na última década. Quédanos agora agardar por onde van ir os camiños da nosa música nos vindeiros anos. E quizais, dentro dun tempo, unha nova celebración lembre algún evento de actualidade como un novo fito fundacional para os nosos sons.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2007 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-11-2007 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-11-2007 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada na Coruña
O vindeiro 10 de Novembro do 2007 terá lugar no Parque de Eirís da cidade da Coruña unha foliada, coincidente co 25 Aniversario do Grupo de Bailes Populares ?IAR?

Queremos convidarvos desfrutar da festa, ou mesmo a intervir (cantando, bailando, etc), posto que despois das actuacións de rigor, a participación será libre. e a mesma dará comezo ás 21:00h.

En caso de que queirades vir, e non saibades o camiño, rogamos que vos poñades en contacto con nós, para indicarvos, ven a través dun mapa que vos remitiremos por correo electrónico (no correo do Grupo de Baile: iargrupo@hotmail.com), ou telefónicamente (Servando López: 639516194), do xeito máis sinxelo posible a forma de chegar.

R /CERCA, 30 BAIXO 15.009 A CORUÑA
iargrupo@hotmail.com
FAX:981133646

Se non queredes perdervos unha festa memorable, non podedes faltar.

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 10-11-2007 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Caroi (Cotobade)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 10-11-2007 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
III día do Peón
III Día do Peón

Este 9 de novembro foi a data elixida por Brinquedia para a celebración da 3ª edición do Día do Peón. A estacionalidade deste xogo ven marcada na fraseoloxía galega por dous refráns tais como Polo San Martiño, peóns ao camiño e Polo Santo Amaro, peóns ao faiado, substituindo a palabra Peón nalgúns lugares por Pión ou Trompo e mesmo existindo algúns refráns máis como Pola Santa Olaia, peóns á borralla.
O grande suceso acadado nas pasadas edicións, chegando aos máis de 4 milleiros de participantes o ano pasado, impulsados nomeadamente por distintos centros de ensino de todo o país, fai-nos reflexionar sobre as potencialidades deste pequeno brinquedo, que con un rico contido oral apegado á nosa cultura nos proxecta dentro do ludismo universal.

Tambén coñecido como trompo, buxaina, pión, trompa, sevillana? este xogo está feito en madeira torneada; con un cravo de ferro na súa punta (ferrón) e un anaco de madeira redondo que sobresae na parte superior (o pirucho).

Convócase esta xornada por terceiro ano consecutivo, e seguindo coa liña de traballo habitual, co obxectivo de promover e potenciar a práctica do xogo tradicional, ademáis da nosa fraseoloxía e do patrimonio inmaterial. Vai dirixida -nomeadamente- a 3 sectores da sociedade:
- Centros de Ensino
- Concellos
- Asociacións

VENRES 9 DE NOVEMBRO ÁS 12 DA MAÑÁ é o momento elixido para bailar os milleiros de peóns conxuntamente en todo o país.
Porén, o obxectivo desta convocatoria vai máis aló do propio día, polo que se propoñen diversas actividades a realizar apartir de agora en cada lugar. Entre outras prantexamos:

- Conseguir un peón para cada persoa.
- Decorar cadaquén o seu peón.
- Promover actividades de contacto interxeneracional (investigación nos fogares ou no contorno).
- Deseñar cartaces alusivos ao Día do Peón 2007.
- Facer exposicións con distintos tipos de peóns.
- Axudar a que se aprenda a bailar o peón.
- Realizar exhibicións de bailes do peón.
- Convocar aos Centros Sociais para os actos do día 9, conxuntamente cos centros de ensino.
- Publicitar as actividades nos medios de comunicación locais.
- Concentrarse en prazas públicas ou coorganizar os actos do día 9 de novembro entre varios centros

Brinquedia agradece se confirme a participación nesta actividade, indicando -se for posíbel- o número de participantes, nome da entidade e actividades desenvolvidas, para dimensionar a campaña do xeito máis aproximado posíbel. Estas confirmacións pódense dirixir por correo-e a: brinquedia@gmail.com, ou neste mesmo web, facendo un comentário desta nova.

www.xogospopulares.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-11-2007 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
Xa na rúa a nova revista de humor Retranca

CORREDE QUE SE ACABAN...!!! Avalanchas de galegos e galegas botáronse hoxe a mercar o primeiro número de Retranca. Lóxico, ninguén quere agardar a morrer para lernos.
A que agardas? baixa ao teu quiosco máis cercano e mércaa antes de que a muller da foto arramble con todo e empapele a súa casa coas nosas páxinas!


http://revistaretranca.blogspot.com/
Comentarios (6) - Categoría: Novas - Publicado o 09-11-2007 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-11-2007 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Cea Malmequer-Amalghama

Continuando con esa fraternal irmandade entre Amalghama e Malmequer, este venres 9 de novembro celebraráse o noso II Encontro Festivo-Gastronómico, como bos galegos que somos e xunto a un bo cocido, botaremos unhas boas repichocas e bailes, disfrutando dos bos compañeiros de viaxe e mellores amigos...o de mellores pandereteiros e bailadores deixarémolo en suspense até despois da cea.

Unha aperta a tod@s e vémonos no Furancho de Donas este venres.

Lembrade levar gañas de festa e de pasalo ben.

P.D.: Punto de encontro, ás 22:00 diante do pavillón das Travesas

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2007 15:39
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro polas mámoas de Candeán (Vigo)

A terceira proposta do programa "Camiña e coñece" percorrerá este domingo as mámoas de Candeán

O roteiro polas mámoas de Candeán é o percorrido elixido para desenvolver o vindeiro domingo, 11 de novembro, a terceira proposta do programa "Camiña e coñece".

O obxectivo desta iniciativa radica en "dar a coñecer o patrimonio cultural e natural da cidade á vez que fomentar os hábitos saudábeis".

Nesta ocasión o percorrido terá unha duración aproximada de tres horas, durante as cales os participantes serán guiados por tres expertos, como son Xoán Colazo, comuneiro da Comunidade de Montes de Candeán; Santiago Vázquez, arqueólogo que dende 2006 dirixe as intervencións arquelóxicas das mámoas de Candeán; e Elisa Pereira, arqueóloga que tamén ten participado nas distintas excavacións levadas a cabo na zona.

O percorrido comezará ás 10.30 horas na Unión Veciñal de Candeán (rúa Devesa, 25), seguirá polos campos de fútbol da Madroa e rematará, aproximadamente, ás 13.30 horas no parque forestal do Vixiador.

En total, visitaranse doce mámoas, dúas delas restauradas, e unha na que se completou o proceso de excavación, así como o contorno natural no que están situadas. Ao remate do percorrido, no parque forestal do Vixiador, os participantes disporán de dous autobuses para facilitar o retorno ao punto de orixe na Unión Veciñal de Candeán.

O programa de "Camiña e coñece" para 2007 iniciouse en xuño cun percorrido polo Casco Vello e o Ensanche, e continuou en setembro pola senda do Lagares. A participación é libre, gratuíta e aberta a persoas de todas as idades.

A única recomendación a ter en conta é o emprego de roupa e calzado cómodos "acordes co tempo".

Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 08-11-2007 15:03
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Verdegaia
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 08-11-2007 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Roteiro de Congostra

Día: sábado 10 de Novembro
Pateada: Circular Chã de Lamas (Portugal)


A vida continúa.

Esta é unha pateada amable. Prados, ríos e arboredas. Muíños, regueiros e carballeiras frondosas. Cha de Lamas foi unha colonia agrícola desenvolvida durante o salazarismo para a promoción da agricultura intensiva. Agora queda alí unha forma de poboamento curiosa. Hai un centro de interpretación da Paisaxe Protexida de Corno do Bico que poderemos visitar.


Saída:
Almas Perdidas (baixo o pavillón polideportivo do Berbés) ás 9,00.

Percorrido:
Circular en forma de 8

Duración aproximada:
4/5 horas

Lugares de Interese:
Paisaxes, campos de mámoas, centro de interpretación, colonos de Cha de Lamas.

Dificultade:
Baixa.

Organización:
Se o tempo está chuvioso atención ao calzado, pode haber zonas encharcadas. Hai baño e para as cañas haise que desprazar un pouco ao final.

Saúdos
Congostra
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 08-11-2007 00:34
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Cogarro pola Serra do Courel
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 08-11-2007 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Fanny + Alexander
O dúo compostelán edita o seu segundo álbum, Finais dos 70s, comezos dos 80s, no que converten o verso libre de nove poetas contemporáneos en alfaias de pop electrónico. Alén disto, no álbum, disponible nas tendas , pero tamén en descarga gratuíta no netlabel A Regueifa Plataforma , hai algunha sorpresa: unha remestura a cargo de Projecto Mourente, a relectura do S.O.S. de Manuel Antonio que Fanny + Alexander fixeran hai un tempo, ou a versión completa do Berlín de María Lado musicado precisamente por F+A. Ah, e un regaliño máis: a versión galega do "Panic" de The Smiths, que nos leva dende o "pánico nas rúas de Vigo, pánico nas de Compostela..." até un retrouso que se vai repetir moito nos vindeiros meses "imos queimar a disco, meterlle ao papán do DJ, porque a música que anda a poñer non di nada sobre a nosa vida, ¿que che dixen? Merda de DJ". O disco é unha delicia, unha hora de música e poesía que engancha e que ás veces fai tremer. A beleza é ás veces terrible (...)

Este disco contén algunha das letras mais fermosas da historia da musica galega. Non teño na cabeza moitos discos contemporáneos, e moito menos en Galicia, baseados case en exclusiva en poemas musicados. ¿Regresan Voces Ceibes pero electrónicos?


A verdade é que a intención era esa, recuperar a tradición que había nos 70s, un fenómeno que, visto con perspectiva, deu á poesía galega un caracter verdadeiramente popular xa que foi quen de popularizar obras que doutro xeito nunca terían saído dos andeis das librarías. Se hoxe en día a xente sabe de memoria versos de Celso Emilio, Curros, Manuel María ou Rosalía é grazas a esta promiscuidade entre música e poesía que se deu nos 70s. Ademáis pensa que na época era xeralizado, non só se cinguía a Voces Ceibes, facíao dende Amamcio Prada até Juan Pardo pasando por Los Tamara. No noso caso a dificuldade sempre reside en percurar poemas mínimamente "modernos", que concorden no ton, no estilo e nas temáticas cos postulados etico-estéticos de Fanny e Alexander. Por certo que a diferenza do noso debut, Lusco e Fusco, neste disco todos os empréstitos son de poetas contemporáneos, dende María do Cebreiro a Daniel Salgado pasando por Elvira Riveiro, Pilar Pallarés ou Lois Pereiro. A única que se sae un pouco desta liña é María Silenzo, baseada nun poema que Carvalho Calero escribiu na súa mocidade, en plena guerra civil. Aínda asi, a súa temática -a sinistralidade laboral- segue tan vixente coma entón asi que non desentona en absoluto.

¿Por que o título: "Finais dos 70, comezos dos 80"?

Aínda que non é un disco conceptual si queriamos porlle un título "xeracional". En certa maneira enlaza co que se ven chamando a xeración Songoku, que é a que nasceu neses anos, os que nos perdimos a movida pero vivimos o Bravú e o Xabarín, os que aforrabamos para mercar un CD cada tres meses, os que non soupemos o que era falar coa nosa primeira moza por un teléfono movil e bebimos nos bares no canto de nos parques. Eses pequenos grandes detalles que marcan as diferenzas entre unha xeración e a posterior. Evidentemente o espazo temporal do título tamén ten moito que ver coa música xa que case todas as influenzas que sobrevoan sobre os temas do disco son desa etapa do século XX.

¿Hai algún poeta co que aínda non traballarades e ao que vos gustaría poñerlle unha bola de discoteca aos seus versos?

Faltounos un pelo para musicar uns versos da amiga Yolanda Castaño, ao final ese tema quedou nun caixón. E menos mal, que co recente affaire Yolanda-Aduaneiros igual se interpretaba coma unha mostra de apoio ou algo. Que conste que nós somos filoaduaneiros de vello.

Defíneme a "postpunkeirada" (titulo dun dos cortes do álbum, realizado a partir dun poema de Lois Pereiro)

O título orixinal era "electropunkdeirada", que case que a definía moito mellor. No primeiro disco metimos un tema, Lene, no que poñíamos as percusión tradicionais ao servizo do pop e a electrónica. Con Postpunkdeirada a idea era levar o concepto máis alá, enriquecendo a fórmula e mesturando gaitas, cunchas, pandeiretas e pandeiros con sintetizadores, caixas de ritmos e guitarras eléctricas. Nese tema a receita sería un terzo de electrónica, un terzo de punk-rock e un terzo de música tradicional galega. No fundo é levar a proposta dos Resentidos ao século XXI.

Traballades sobre textos poéticos alleos, ¿como é o proceso de creación?

No musical é moi natural, sempre e cando o texto sexa inspirador e afin. En xeral o máis complicado é adaptar os poemas ás músicas xa que a maioría dos poetas dos que gostamos soen empregar métricas libres, cun estilo cercano á prosa. Moitas veces non queda máis remedio que deconstruir o poema e voltalo construir de novo.

Xa sei que tedes un millón de influencias, e seguramente das máis delas nin sequera sodes conscientes. ¿Algún grupo que vos impactara nos últimos tempos e que pensades que si influiu no son deste album?

Si, dende logo, todo o que escoitamos na nosa vida está ai. Pero está claro que o último que escoitas sempre está máis presente. No disco hai pegadas de grupos ben diversos que van do electrónico ao pop máis espido, dende Ladytron a Belle & Sebastian. Pero aínda que no disco hai dous experimentos mesturando outros estilos con música tradicional galega, Postpunkdeirada e Cando eu era mozo, eu creo que a todos os temas do disco os cubre a moi abrigosa manta do pop, na percura da melodía e da canción redonda que emociona e é lembrada ao momento.

Grazas por "Pánico", unha cancion necesaria, que podería converterse en todo un himno. ¿Como xurdiu? ¿Foi un intento consciente de facer un "Panic" en galego, como fixera Fangoria en castelán? ¿Ou saiu de casualidade e aí quedou?

Foi a típica cousa que se che ocorre ás 4 da madrugada cando estás nun local e o DJ non para de poñer a peor música do mundo. Pensamos que se houbese un tema equivalente ao dos Smiths estaría ben que a xente o cantase e empregase coma arma contra os DJs papáns, que son lexión, dende os que se cren músicos até os que se cren que por mercar un par de pratos en Ebay xa teñen background musical suficiente e non son máis que cutres Jukeboxes. A versión é, igual que a orixinal, un canto ao bon gosto e ao criterio musical.

Por certo, moi bo o vídeo de Amei-te tanto . ¿Quen é o autor?

Os tres videos que temos até agora fixemolos nós mesmos, igual que o deseño gráfico do disco. Gustanos poder facer todo o que teña que ver con F+A, ter o control creativo total. E en xeral, nisto dos videoclips, cunden moito máis as boas ideas que 3.000 euros. Non hai máis que ver os boísimos videos de Niño y Pistola e 6PM, tamén realizados polos propios grupos.

Faise música en galego en todos os estilos, mesmo música bailable en calquera discoteca, por exemplo a que facedes vós, ou Mourente, Colectivo Oruga, etc., pero nas discotecas de Galicia seguen sen entrar, o mesmo que nas listas de hits tipo 40 Principales, ¿como potenciar a industria musical galega?

Sinceramente creo que o que se está facendo dende as institucións (Rede Galega de Música ao Vivo, Rede Galega de Locais de ensaio...) é o camiño, está sendo moi importante xa que apoia e pon as infraestruturas pero non orienta, algo fundamental. E sobre a industria, pois tendo en conta que a nivel mundial está a esmorecer vexo un futuro feliz e non moi lonxano en que non exista, onde as relacións entre os artistas e os ouvintes sexan directas, sen intermediarios. Non hai máis que ver o caso do novo disco de Radiohead para comprobar que a industria non vale para nada. E quen quera vivir da música que traballe, ou sexa, que dea concertos, coma sempre se fixo antes de existir os malditos royalties. Ademais estamos vendo como a xente non paga 15 euros por un disco pero si 30 por un concerto. O negocio está ai, evidentemente.

Fanny+Alexander, Homens, Mourente, Leo, Apenino, Ataque Escampe, 6pm, Niño y Pistola, novas cousas de TAB e moitos outros discos novos: ¿Significarán estes ultimos meses de 2007 a madurez da música galega?

Si, levamos dende 2006 anunciando o do mellor momento que se recorda da música galega. Agora chegaba o auténtico exame, o da continuidade, o dos segundos discos. Eu creo que o nivel se está a manter e aínda por riba non paran de sair propostas novas. Este final de 2007 promete ser o da confirmación.

¿Vaise poder escoitar a Fanny+Alexander en directo máis veces? Mira que a Mourente xa non hai quen o baixe dos escenarios...

Si, seguro que si. Temos ademáis unha vantaxe importante pola natureza da nosa música, que podemos adaptar o noso formato e as propias cancións á situación, tanto podemos dar un concerto case acústico en plan intimista e con ar experimental e co público sentado como podemos poñer a todos a bailar cun formato 100% festa rachada.

Links relacionados:
http://www.myspace.com/fannyealexander
http://www.aregueifa.net/fannyalexander.htm


www.sono-tone.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2007 00:31
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2007 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza-Camerún
Finalmente será Camerún a selección que se enfrentará a Galiza o 27 de decembro en Balaídos.

Haberá que apuntar esa data no calendario, un novo partido de ambiente excepcional nas bancadas.

Asímesmo este ano presentaráse a primeira selección feminina galega de futbol, que enfrentaráse tamén aa mesma data e no mesmo campo á selección feminina do Camerún.

Coa creación desta nova selección feminina (que se une ás xa existentes seleccións de balonmán e baloncesto), seguese a avanzar no proxecto de creación e apoio ás seleccións nacionais galegas.


27 de decembro de 2007
Galiza-Camerún
Estadio de Balaídos (Vigo)


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2007 14:51
# Ligazón permanente a este artigo
Novas da Escola de artes e Oficios de Vigo
Os alumnos da Escola de Artes e Oficios convocan unha concentración pola precariedade

A asemblea de alumnos da Escola Municipal de Artes e Oficios decidiu convocar unha concentración pola situación precaria na que se encontra o centro. Será o vindeiro luns ás 19.00 horas no edicifio da escola.
Ao termo da mesma celebrarase unha asemblea na que se decidirán as medidas a adoptar para pór fin á situación irregular.

A asemblea celebrou o luns unha reunión para tratar a problemática que afecta ao colectivo ao non comezar as clases e ante os rumores do futuro incerto dalgúns alumnos. Acordou solicitar unha entrevista coa concelleira de Educación.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2007 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Serán-Foliada na Fábrica de Chocolate

Este mércores 7 de novembro continua a tempada de Seráns na sala Fábrica de Chocolate de Vigo.

Nesta nova xeira corresponderán os seráns aos primeiros mércores de cada mes para que non haxa problemas de lembranza.

Agardamos a todos os festeiros que se animen a baixar até a rúa Rogelio Abalde e purrar por unha festa mensual onde poidamos tocar e bailar a gusto.

Serán na Fabrica de Chocolate
Cada primeiro mércores de mes
A partires das 22:30
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-11-2007 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
Audiovisuais da Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2007 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués

Programa da Mostra de Patrimonio Cultural
Inmaterial Galego-Portugués


Na Praza da Ferrería, en Pontevedra
MÉRCORES 7, DÍA DA ORALIDADE

Mañá
obradoiros de 10:00 a 14:00:

Olaría (Tomás López, de Corbelle, Proendos, Sober, Lugo)
Regueifas (O Caruncho e o Pinto d?Herbón)
Forxa (Oliverio Alvarez, Queixoiro, A Fonsagrada, Lugo)
Luthería (Germán Arias, Sarria, Lugo)
Ourivaría (Arlindo, Oficina do Ouro, Sobradelo da Goma)
Redeiría (Beatriz Molanes de Cangas e Josefa Abal de Cambados)
Cantos de cego (Carlos do Viso)
Torneiro (Oli Xiraldez, Cascandelo, Balcaide, Teo)
Obradoiro de xogos tradicionais organizado pola Asociación Brinquedia

Tarde:
Continuación dos obradoiros da mañá, de 16:00 a 19:00, e conferencias:

17:30 Descuberta e partilha dum patrimônio comun. Alvaro Campelo (Universidade de Porto) e Xerardo Pereiro (UTAD).
18:10 Vida e Fala do afiador ambulante. Antonio Fidalgo Santamariña (Universidade de Vigo).
19:00 Acto de inauguración oficial da mostra.
19:30 Proxección do documental Ainda há pastores? de Jorge Pelicano.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2007 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
Exposicións permanentes da mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2007 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
Encontros dos axóuxeres para bebés e familia

Coa idea de contribuír a animar os pais e as nais a transmitirenlle a lingua aos fillos desde que nacen, a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha a iniciativa Encontros dos Axóuxeres para bebés en familia, que se desenvolve en distintas localidades de toda Galiza durante o mes de novembro.

A diferenza coa Festa dos Axóuxeres, estes encontros musicais de outono terán lugar en recintos pechados e nun ambiente recollido. De feito, o aforo é limitado para 20 bebés e os/as seus/súas acompañantes.

Para asistir é preciso reservar praza chamando ao teléfono 981 555 930.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2007 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
Estudo sobre a gaita na Universidade de Wisconsin
O traballo xa figura na web da organización educativa xunto a outros informes relacionados co celtismo

The celtic legacy of the gaita in galician music é o título do traballo que ao longo de catro anos preparou o director da Real Banda-Escola de Ourense, Xosé Lois Foxo, por mor dun encargo da profesora de Antropoloxía da Universidade de Wisconsin, Bettina Arnold. A través da páxina web da universidade americana pódese consultar o traballo científico que, como curiosidade, ofrece a oportunidade de acceder a diversas melodías, a través do formato MP3, simplemente con clicar no lugar correspondente.
Foxo destaca a peculiaridade que supón facer un traballo deste tipo, escrito en inglés, e que ten como principal obxectivo o de demostrar o celtismo da música galega. Non en balde o estudo inclúese no centro de estudos celtas do departamento de antropoloxía, que conta coa publicación electrónica chamada e-keltoi, a través da cal se visiona o traballo de Xosé Lois Foxo e o doutros estudiosos do celtismo en Europa. A través das 52 páxinas coas que conta o estudo, o musicólogo ourensán ofrece ao lector as diferentes variantes por áreas que existen na tradición gaiteiril, o seu entroncamento e as súas similitudes.
Nacemento nos castros
Xosé Lois Foxo reflexiona sobre o nacemento da música celta ao redor dos castros ou sobre os parecidos entre os tipos de música de áreas de países diferentes. Foxo inicia o estudo falando da gaita como o símbolo principal de irmandamento entre as rexións celtas e a partir de aí fai un estudo exhaustivo do instrumento.

www.lavozdegalicia.es

A análise ofrece a posibilidade de escoitar exemplos de melodías

O estudo de Foxo ofrece a posibilidade de escoitar exemplos das melodías. A alborada de Rosalía de Castro, Muiñeiras dá Valiña dá Osa e Veiga de Forcas, Alalá do Courel ou o cantar de seitura de Manzaneda son algúns dos exemplos que se mostran a través do traballo científico que establece como conclusión que a música de Galicia e outras comunidades de España e Portugal presenta claras similitudes con rexións de Escocia, Gran Bretaña e Irlanda. Hai que ter en conta que se trata dun traballo dirixido a un público que descoñecen a tradición celta que existe en Galicia.

Xosé Lois Foxo púxose en contacto hai catro anos con Bettina Arnold por mediación dun profesor sueco. Hai unha semana, o ourensán terminou o traballo, e o autor espera que en breve o estudo sexa traducido ao alemán e ao castelán, e véxase publicado como libro.

www.lavozdegalicia.es

Revista ekeltoi

The celtic legacy of the gaita in galician music
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-11-2007 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Novas da Escola de artes e Oficios de Vigo
O PP critica a decisión de trasladar a Escola de Música Tradicional

A concelleira do grupo municipal do Partido Popular, Marta Iglesias, criticou a decisión do goberno local de emprazar a futura Escola Municipal de Música Tradicional, integrada ata o momento no organismo autónomo da Escola de Artes e Oficios, no solar anexo ao colexio Doutor Fleming, xa que esta localización estaba destinada a albergar unha infraestrutura de carácter social que inclúe un centro sociocomunitario veciñal, así como un centro de rehabilitación psicosocial e laboral.

Marta Iglesias denuncia que esta decisión tomada pola concelleira de Educación, Laura López Atrio, non se comunicou debidamente aos integrantes da Xunta Reitora da Escola Municipal de Artes e Oficios, durante a reunión que mantiveron o pasado xoves. «O único que se trasladou foi a intención de que as clases de música tradicional continuarían impartíndose no mesmo centro, a pesares do cambio de xestión», afirmou a concelleira popular Marta Iglesias .

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-11-2007 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Xose Manuel Budiño o 27 de novembro

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-11-2007 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chantada reviviu o mito bravú
Centos de personas participan nos actos programados no novo Castañazo Rock. Unha mesa redonda analiza a escena actual

«Un chute nacional de autoestima emocional e de ansia emocional». Iso foi o rock bravú en palabras de Xosé Manuel Pereiro, monfortino, xornalista e cantante de Radio Océano, un dos grupos percursores daquel movemento nacido en 1994 na cantina da aldea chantadina de Viana. A descripción de Pereiro figura na folla promocional de 120 capadores, o disco homenaxe aos Diplomáticos presentado onte en Chantada nun dos actos programados dentro do novo Castañazo Rock.

As cancións do disco, revisións de letras do grupo que liderou Xurxo Souto desde o barrio coruñés de Montealto, abriron a media tarde o festival e deron paso a unha mesa redonda que se celebrou no hotel Mogay. Moderado por Belén Regueira, presentadora do programa Extrarradio da Radio Galega, no coloquio participaron Xosé Manuel Pereiro, Xurxo Souto, a xornalista María Yáñez, o crítico literario Xosé Manuel Eiré e o escritor Xavier Valiño. Faltaron o xornalista Santiago Jaureguizar e o escritor Manuel Rivas, que a última hora tivo que marchar a Arxentina por razóns de traballo.

No debate, seguido por unhas duascentas persoas, Xurxo Souto recordou que o manifesto fundacional do bravú foi ideado na cea previa ao segundo Castañazo Rock baixo a dobre premisa da distorsión musical e o idioma galego, «o que nos caracterizaba a todos por riba de disquisicións ideolóxicas ou formais máis espesas». Para Pereiro, o do bravú foi o triunfo do auténtico contra a música «de plástico» dominante ata os primeiros noventa.

Como a maioría dos participantes na mesa redonda, Xavier Valiño evitou lamentar o esmorecemento de todo aquilo. «O bravú durou o que tiña que durar», pero relacionou aqueles anos coa vitalidade da actual escena musical en galego. «A efervescencia de agora pare de aí», dixo. Porén, o chantadino Xosé Manuel Eiré, que repasou a efímera pegada do bravú na literatura, si bota en falta un maior grao de compromiso ideolóxico nos grupos novos. «O bravú case foi unha miragre -retrucoulle María Yáñez-, e hoxe a situación tende á normalidade, con tendencias moi diversas; antes había pouco público e moito fan e hoxe pasa o contrario».

Ao tempo que empezaba a mesa redonda, abrían no mercado gandeiro os postos das discográficas e distrbuidoras que participaron na primeira edición da Feira do Disco Galego, outra das convocatorias do novo castañazo. A presenza de público no recinto do campo da feira foise incrementando a medida que avanzaba o día. Ás nove da noite estaba previsto o arranque do acto central do día, o concerto cos grupos Rastreros -reunidos de novo para a ocasión-, Os tres trebóns. Ruxe Ruxe, Motor Perkins, Zënzar e Os Cuchufellos.

www.lavozdegalicia.es

Rastreros e Os Tres Trebóns foron os triunfadores do Castañazo Rock
O concerto reuniu en Chantada a preto de dúas mil persoas e prolongouse ata as seis da madrugada


Ao redor de dúas mil persoas asistiron ao concerto que se celebrou a noite do pasado sábado en Chantada e que foi o acto central do Castañazo Rock.

O comezo estaba previsto para as 21 horas, pero demorouse ata case as 22.30, en parte para solucionar algúns problemas de son. O grupo Zënzar foi o encargado de abrir o lume nun escenario polo que pasaron Motor Perkins, Os Cuchufellos, Rastreros, Ruxe Ruxe e Os Tres Trebóns.

O público acudiu ao concerto con ganas de gozar e entregouse aos artistas desde o principio. O primeiro grande momento da noite foi a actuación dos Tres Trebóns, actual grupo do ex integrante dos Diplomáticos, Xurxo Souto. Ao marxe da marcha que de seu adoitan ter as súas actuacións, neste caso a emoción foi en aumento cando un a un foron subindo ao escenario ata unha vintena de artistas amigos da banda que corearon algún tema.

Esta actuación era das máis esperadas ao presentarse dentro dos distintos actos do Castañazo Rock apenas unhas horas antes o disco compacto homenaxe aos Diplomáticos, un traballo que contén 20 temas de distintos grupos. Esta produción sairá ao mercado o próximo mes de decembro.

O mellor da noite faltaba aínda por chegar e fíxose esperar ata as 2.30 da madrugada cando saíron ao escenario os catro compoñentes do grupo local Rastreros, formación que levaba unha longa tempada sen pisar os escenarios.
Os músicos saíron ao escenario cunha camiseta co nome do seu ex compañeiro Xullo, falecido hai pouco tempo e ao que dedicaron a súa actuación de onte.

O público non cesou de acirrar todas as cancións da actuación de Rastreros, que foron obrigados a interpretar unha grande parte do seu repertorio e que, ata, víronse obrigados a facer un bis antes a insistencia dos asistentes. Con tanta emoción non é de estrañar que o tempo, milimetrado ao máximo para cada grupo neste tipo de actuacións, excedésese un pouco e o concerto prolongásese ata preto das seis da madrugada.

A noite foi perfecta para a banda chantadina e ata o equipo de son, que lles fixo pasar un calvario aos Cuchufellos, afinouse como por encanto para que Rastreros soasen de marabilla nunha noite máxica para eles e para centos de afeccionados que estaban a desexar verlles de novo en acción.

Ao marxe dos seis grupos, merece un á parte o presentador do acto, o polifacético actor Carlos Blanco , que soubo manter o ritmo durante toda a noite coas súas ocorrencias e orixinal xeito de presentar como nel é habitual

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-11-2007 08:47
# Ligazón permanente a este artigo
Video do Magosto-Serán de Matamá
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 06-11-2007 08:47
# Ligazón permanente a este artigo
Cine non sonoro con música en directo

Lugar: Auditorio Municipal do Concello de Vigo.
Praza do Rei sn
Horario: 20,30 horas
Prezo: Entrada: 2.-?


Cine non sonoro con música en directo: Mitos en branco e negro

Luns, 05 de Novembro de 2007 [20:30]
"The Kid"
(EEUU, 1921).
Director: Charles Chaplin.
Música en Directo, Cuarteto Ancestral:
Afonso Franco, Violín
Alfonso Merino, Violín
Lago Mouriño, Piano
Felipe Gonzalez, Clarinetista


Luns, 12 de Novembro de 2007 [20:30]
"Metrópole"
Alemaña, 1926).
Director: Fritz Lang.
Música en Directo, Cuarteto Do Noroeste:
Marcos Seoane, Violín
Isabel Abril, Viola
Gabriel George Tanasescu, Violonchelo
Zita Tanasescu, Piano


Luns, 19 de Novembro de 2007 [20:30]
"Carmen"
(Alemaña, 1918).
Director: Ernst Lubitsch.
Música en directo: Grupo ARSENIO MARTINS ENSEMBLE

Cine non sonoro con música en directo: Paixón e suspense.Alfred Hitchcock:

Luns, 26 de Novembro de 2007 [20:30]
"The Lodger" (O enimigo das rubias)
Gran Bretaña 1927.
Música en directo: Grupo ARSENIO MARTINS ENSEMBLE


Luns, 03 de Decembro de 2007 [20:30]
"Easy Virtue"
Gran Bretaña 1927.
Música en directo: Grupo Arsenio Martins
Ensemble


Luns, 10 de Decembro de 2007 [20:30]
"The Ring"
Gran Bretaña 1927.
Música en directo: Grupo ARSENIO MARTINS ENSEMBLE

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-11-2007 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
Non ao Plano Acuicola: Marcha a Corrubedo

INFORMACIÓNS PARA ACHEGARSE AO CABO

* A Vía Rápida do Barbanza está pechada, polo que é importante saír con tempo para chegar ás 12:00 ao Porto de Corrubedo. Aos que se acheguen da Galiza Norte aconsellámoslles ir pola estrada Santiago-Noia e desviarse a Corrubedo un chisco antes de chegar a Ribeira. Os que veñan da Galiza Sur terán que coller a vella estrada Padrón-Ribeira, pasando por Boiro e a Pobra do Caramiñal. Sendo domingo pola mañá o tráfico é pouco, pero cando menos se emprega media hora máis do normal en chegar a Corrubedo.

* Aparcadoiros: a entrada ao cabo de Corrubedo ten unha recta ben longa con arcéns suficientemente anchos para aparcar vehículos (ver mapa). Non se poderá aparcar no porto, polo que haberá que deixar os coches e autobuses nesa estrada ou na estrada do faro. Haberá policía local para regular esta cuestión.

* Corrubedo é un pobo pequeño e os seus servizos son limitados. No entanto existen algúns negocios de hostalería á entrada do pobo e tamén no porto. Ribeira está a só 7 quilómetros.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-11-2007 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Cambio de datas no Serán de Parderrubias
Por causas de forza maior, tivo que cambiarse a data do serán en Parderrubias (Salceda de caselas), e queda aprazado para o venres da semana que ven.

SERÁN SAN TOMÉ EN PARDERRUBIAS (SALCEDA DE CASELAS).
VENRES 9 DE NOVEMBRO A PARTIR DAS 20:30 NO TORREIRO DA IGREXA. CON CARPA.


Disculpade as molestias.
gracias e un saudo.

www.xunco.org
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-11-2007 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Novas da Escola de Artes e Oficios de Vigo
Tras un mes impartindo clase sen case a metade dos profesores, a Escola de Artes e Oficios podería volver á normalidade. Na reunión da Xunta Rectora -celebrada o martes pasado- acordouse contratar aos nove docentes que se atopan en situación ilegal debido á súa eventualidade.

Unha decisión que non garante que os máis de 300 alumnos afectados polo atraso no inicio das clases -neste momento hai 1.400 matriculados-poidan comezar a súa preparación de forma inmediata. "No caso dos profesores de artes plásticas, a solución continúa sendo temporal e o proceso levará bastante tempo", explica Elvira Larriba, integrante da Xunta Rectora.

Os nove profesores -5 da sección de música e 4 de artes plásticas- solicitaron unha inspección de traballo o pasado mes de xuño trala que se constatou a ilegalidad na que incurrira o Concello mantendo os contratos eventuais destes 9 docentes. Un feito que levou á presentación dunha demanda xudicial contra o Concello que aínda está pendente de resolución e que podería agravar o problema e atrasar, aínda máis, o inicio das clases.

A solución acordada pola Xunta Rectora da Universidade Popular será a de contratar como interinos -dous por un ano e outros dous de forma indefinida- aos catro profesores de artes plásticas. Proceso para o que aínda hai que convocar e resolver o concurso.

Os cinco profesores da sección de música tradicional tamén serán contratados, pero mediante un convenio entre o Concello e a Fundación SondeSeu. A solución neste caso pasará pola segregación da rama de música da Escola de Artes e Oficios e a creación dunha Escola Municipal de Música Tradicional que pasará a depender da concellaría de Educación. Así e todo, as clases continuarán impartindose no actual edificio mentres non se atope unha ubicación.

www.farodevigo.es

Sempre se quixo manipular a escola´

Á indignación dos máis de 300 alumnos que aínda non puideron iniciar as súas clases, engadese o malestar de parte dos docentes da Escola de Artes e Oficios. "O problema é que sempre os políticos quixeron manipular a escola, e esta queda a disposición do capricho do que vén", critica un dos profesores que prefire manterse no anonimato.

Na actualidade exercen 22 docentes na Universidade Popular, dos cales só seis teñen a praza en propiedade. "Se queren unha solución de verdade, non entendo por que non convocan oposicións para cubrir as prazas", propón este profesor. "Hai interinos que cobran máis que os titulados", engade.

Malia a solución acordada na Xunta Rectora -que aínda non se reuniu logo dun mes funcionando sen case a metade de profesores- non todos están convencidos de que se arranxou o problema, e ata critican a separación da rama musical.
"Estamos aínda sen director -non entendo por que se cesou ao anterior- e aínda non está aprobado o plan de actividades", expón.

A posibilidade de que se incentive a rama de artes e oficios co traslado da escola de música a outro edificio, tamén se descarta por parte dalgúns docentes. "Será a longo prazo, porque agora non hai orzamentos", sentenza.

www.farodevigo.es

Traslado de música popular a outro edificio

O edificio da Escola de Artes e Oficios quedará liberado da rama musical en canto o Concello atope unha ubicación para a Escola Municipal de Música Tradicional que se creará mediante un convenio coa Fundación SondeSeu. "A miña intención era conservar ao profesorado actual debido á gran calidade que demostraron. Por iso, o grupo de música folk da Universidade Popular converterase nunha Escola Municipal", explica a concelleira de Educación, Laura López Atrio.

A Escola estará dirixida por Rodrigo Romaní e a súa ubicación podería ser un edificio de propiedade municipal sito nas proximidades do colexio Fleming, segundo anuncia a concelleira de Educación.

Director
Outra das decisións tomadas na Xunta Rectora foi a de convocar un concurso para a elección do director da Escola de Artes e Oficios. Institución que continuará durante varios meses sen órgano executivo, pois aínda non se fixou unha data para a convocatoria.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-11-2007 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Un vídeo do Courel e Luar na Lubre supera as 450.000 visitas en YouTube
A iniciativa xurdiu como forma de pedir no portal de Internet a declaración da serra como parque natural




Unha sucesión de belas imaxes características da serra do Courel -aldeas de tellados de lousa, montañas abruptas, bosques, ríos, fervenzas, rabaños de vacas e ovellas-, tomadas da TVG e a música de fondo de Terra, un tema do grupo Luar na Lubre gravado no 2001. Con estes ingredientes, o vídeo editado fai uns cinco meses no portal YouTube para reivindicar a declaración da serra lucense como parque natural logrou rexistrar máis de 450.000 visitas -onte pola tarde andaba por 456.723-, o que constitúe sen dúbida un dos maiores éxitos do ciberespazo galego.

O vídeo, de preto de seis minutos e elaborado principalmente a base de imaxes gravadas no seu día para o programa de TVG Galicia para ou mundo , péchase cunha serie de fotografías que mostran o forte impacto ambiental e paisaxístico das explotacións louseiras da serra. Baixo o título «Axuda urxente para O Courel», unha mensaxe escrita pide apoios para salvar «ou territorio de maior biodiversidade de Galiza» e acusa ao Goberno autonómico de non esforzarse suficientemente por defender o patrimonio natural da zona: «A Xunta de Galicia, na mesma liña que ou anterior Goberno, vai declarar xa unha miniatura de parque natural non Courel, só a efectos propagandísticos, para disimular a inminente autorización de catro novas macrocanteiras».

Ao final do vídeo aparece o nome da organización Adega. No entanto, o coñecido colectivo ecoloxista sinala que a montaxe audiovisual non foi unha iniciativa súa. «Foi un traballo feito por voluntarios que quixeron cedelo para que ou empregásemos na defensa do Courel», sinala a este respecto Daniel Vispo, vicepresidente de Adega.

A páxina de Internet de Adega e outras webs ecoloxistas conteñen ligazóns cara ao exitoso vídeo, que anima tamén aos seus visitantes a entrar na Rede para apoiar a campaña a favor do parque natural do Courel.

www.lavozdegalicia.es

www.adega.info
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 02-11-2007 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0