Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XV Encontro de pandeireta galega e asturiana (Asturies)
XV edición e X aniversario do Encontro organizado pola Xuntanza Transeu. Vai ser boa.

Reservas chamando a El Sabil: 985 761 472 . info@elsabil.net.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2015 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
Nao e Banda Bassotti en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-10-2015 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Pías (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-10-2015 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
III Serán da Castaña (A Cañiza)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-10-2015 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
III Foliada de Santos (Monterroso)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-10-2015 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-10-2015 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Foliada de Sada
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-10-2015 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe ao gaiteiro (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-10-2015 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de taberna nas Pontes
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-10-2015 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Tiruleque en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-10-2015 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Sondeseu en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-10-2015 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
Maghúa en Monterroso
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-10-2015 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
Virandeira Folk en Moaña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-10-2015 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
Superoito en Carballo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-10-2015 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Esquíos en Burela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-10-2015 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Castañazo Rock (Chantada)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-10-2015 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de Música Tradicional (Teo)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-10-2015 01:51
# Ligazón permanente a este artigo
V Ruada de Teixeiro
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-10-2015 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Salceda de Caselas
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-10-2015 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
XXVII Xuntanza de gaiteiros (Fene)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-10-2015 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
Raiba e Maskarpone en Quiroga
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-10-2015 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
Espazo activo en San Miguel de Sarandón (Vedra)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-10-2015 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
Davide Salvado en Moaña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-10-2015 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
Liviao de Marrao en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-10-2015 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Charlas no Museo-obradoiro de Pablo Carpintero (Compostela)
CHARLAS NO MUSEO-OBRADOIRO DE PABLO CARPINTERO

Preséntovos un ciclo de dez charlas didácticas, moitas delas son charlas-concerto, outras obradoiros didácticos, pero todas versan sobre música en xeral e música galega en particular. O obxectivo é divulgar o que fomos aprendendo nestes últimos anos sobre diversos aspectos da música e dos instrumentos musicais, para elo, ademais das explicacións faladas, poderedes escoitar os instrumentos musicais en directo, acompañados de explicacións e imaxes e, nalgúns casos, aprender a tocalos e construílos.

As charlas celebraranse na meu obradoiro-museo, en Meixonfrío (Santiago de Compostela) e serán sempre os domingos pola mañá, dende as 11:00 ás 12:30 aproximadamente.

As prazas están limitadas a un máximo de 25 persoas. Asistir ten un custo de 12 euros por persoa. Podes reservar xa a túa praza para a charla ou charlas que queiras. Para apuntarte escrebe ao meu correo: pablo.carpin@gmail.com indicando o teu nome e a charla ou charlas ás que queres asistir, ou chámame directamente a este teléfono: 626588381.

Primeira charla:

Data: 18 de outubro


1. As gaitas de fol no noroeste da península Ibérica. Dezaseis gaitas de fol diferentes, réplicas ou antigas, que percorren a variedade de gaitas que existe desde Sesimbra ata Asturias, co seu repertorio, percusión e técnicas particulares, explicadas nunha charla dunha hora e media de duración.

O programa é o seguinte:

2. Sobre as orixes da música. Nos últimos vinte anos a neuroloxía, etnomusicoloxía e a historia teñen avanzado moito no que respecta ao coñecemento do que é en realidade a música entendida como a suma de canto, baile e música instrumental. Explicaremos as últimas teorías sobre a orixe da música, así como a súa relación evolutiva coa linguaxe falada. Tamén repasaremos os instrumentos musicais máis antigos achados ata a data, os seus representantes actuais galegos e as implicacións que teñen.

Data: 22 de novembro

3. As cadeas evolutivas de instrumentos musicais en Galiza. Entre os máis de 150 instrumentos musicais achados en Galiza atopamos cadeas evolutivas que nos conectan directamente con tempos moi antigos, principalmente a través dos instrumentos que fabricaban os nenos e as nenas. Que significa isto? Que implicacións históricas ten?

Data: 20 de nadal

4. Os instrumentos musicais femininos, orixe e evolución en Galicia. As mulleres galegas son depositarias dun coñecemento ancestral, o xeito de cantar e os instrumentos empregados son en moitos casos reliquias de tempos moi antigos, por que?

Data: 17 de xaneiro

5. As trompas. Instrumentos chamánicos reliquias de tempos pretéritos. Houbo chamáns en Galicia? Como son as nosas trompas? Con que trompas teñen que ver as Galegas? Como se toca unha trompa galega?

Data: 14 de febreiro

6. Instrumentos musicas de palla. Un obradoiro didáctico. De onde veñen? Que significado histórico teñen? Como se constrúen?

Data:

7. As palletas. Este elemento é a alma de óboes e clarinetes, pero, que tipos de palletas existen en Europa? En que aspectos as palletas do noroeste peninsular son orixinais? Por que se chaman palletas? Como se constrúían as palletas antigas? Que aporta este coñecemento ao coñecemento da orixe das gaitas de fol?

Data:

8. A orixe das gaitas de fol. Unha nova hipótese desenvolvida en base aos diferentes tipos de lingüetas que se achan en África e Europa, e que explica os achados iconográficos, históricos e organolóxicos, con audicións de moi diferentes tipos de gaitas de fol.

Data:

9. As gaitas de fol e os instrumentos aerofonos medievais. Unha nova hipótese baseada en experimentos con réplicas de gaitas á partir da iconografía que nos axudará a entender a xénese das nosas gaitas de fol e doutros instrumentos musicais, así como a súa importancia en Europa.

Data:

10. As gaitas de Pontevedra a finais do século XIX. No Museo de Pontevedra agardaba unha cápsula do tempo: gaitas, palletas, ferramentas, gravacións, partituras... ven a descubrir que teñen que ver as gaitas de Villanueva, a súa particular técnica e repertorio, coas gaitas medievais e coa orixe da muiñeira.

Data:

Pablo Carpintero
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-10-2015 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
Finou Emilio Sotelino
Emilio Sotelino Domarco, gran coñecedor da tradición folclórica galega e personaxe influinte no baile tradicional en Galicia, faleceu onte. Sotelino desempeñou o labor de director do grupo Lembranzas Galegas desde hai máis de corenta anos. Precisamente en 2013 a agrupación celebrou as súas "vodas de ouro".

Ademais Sotelino, experto en folclore, exerceu como coordinador en varias edicións do "Festival Folclórico Internacional de Vigo" en calidade de presidente da Asociación Cultural "Interfolc". Estas citas festivas consolidáronse como unha aposta pola diversidade cultural, un vistoso intercambio entre artistas de música e danza de países tan diversos como Costa Rica, Senegal ou Rusia e grupos de danza tradicional galega, citados na cidade de Vigo.

A compañía Lembranzas Galegas, con sede na Subida á Madroa de Vigo, foi fundada en 1963 e era dirixida por Sotelino Domarco desde o ano 1974. Pero xa fora fundador do grupo como bailarín.

O texto que segue foi escrito polo propio Emilio Sotelino polo 50 aniversario da formación folclórica viguesa: "No ano 1962, dona Maruja Méndez contactou cun grupo de rapaces da zona de Barreiro, Lavadores, para formar un grupo de danzas tradicional. É ese mesmo ano comezamos a ensaiar baixo a dirección de Alfonso que durante moitos anos mantívose como profesor do grupo, mentres dona Maruja Méndez era directora artística. No ano 1963 realizamos a primeira actuación como Agrupación Folclórica Lembranzas Galegas de Vigo, e esta primeira actuación celebrouse no Hotel Balneario de Mondariz. A partir deste ano foron moitas as persoas, actuacións e feitos os que fixeron que Lembranzas Galegas mantivésese nunha liña de ascenso constante a través dos anos", destacou na súa reseña. De feito, a partir do acceso do recentemente falecido á dirección comezou unha nova etapa do grupo, na que se formou para participar nos grandes festivais internacionais de Europa e España. O seu traballo estivo encamiñado a formar a bailaríns coa calidade necesaria para situalos entre os mellores grupos de danzas tradicionais de Galicia.

Sotelino chegou tamén a ser presidente da Federación Galega de Grupos de Danza, na que aínda consta entre a súa xunta directiva como vicepresidente.

Lembranzas Galegas mantén ata a actualidade unha escola de danza onde dá clase a unha media anual de 90 alumnos en gaitas, pandereitas, coro e percusión. Os grupos infantís participaron nos festivais de St. Maixent (Francia), Zielona Gora (Polonia), Zamora ou Murcia, segundo explícase na páxina web da formación.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-10-2015 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-10-2015 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Desordes Creativas (Ordes)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-10-2015 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
VI Festival Son de Trazo en Vilouchada (Trazo).
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-10-2015 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Sés no Festival da poesía en Allariz
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-10-2015 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
VI Mostra XXX Aniversario Trazantes (Tenorio-Cotobade)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-10-2015 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Serán e concertos da Marcha Mundial das Mulleres (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-10-2015 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Nova data para Treixadura e Riobó en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-10-2015 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Superoito en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-10-2015 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Sés e Ataque Escampe no Grove
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-10-2015 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0