Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Homenaxe a Morgan en Compostela (horarios definitivos)


O sábado 15 de outubro vai ter lugar unha sentida homenaxe a Morgan.


Un día especial onde se van a xuntar amigos e coñecidos para lembralo. A rúa de San Pedro e arredores serán o escenario dun día cheo de música e ledicia para honrar ao noso amigo.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2011 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
XXIII Xuntanza de Gaiteiros (Sillobre-Fene)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2011 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Oliveira, 20 anos como mestre de gaita no Centro Cultural Rueiro de Vigo
Para este sábado, 15 de outubro ás 20:30 h. na Igrexa do Cristo da Vitoria de Coia, o Centro Cultural Rueiro de Vigo ten organizado un concerto co gallo dos 20 anos (!) do meu traballo como profe de gaita ao seu servizo.

Síntome honrado por ambas cousas: o festival e as xa dúas décadas alí.

Participan: o grupo de folclore da casa (gaita, canto, baile) e mais Noitarega (máis convidados, hoxe amigos e artistas profesionais, iniciados nesta Escola)


Un saúdo
Xosé.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2011 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Circuito de Cantos Tabernarios (Mondoñedo)
Circuito de Cantos Tabernarios polas Tabernas de Mondoñedo

O alumnado e profesorado da Escola Livre da Mpg e todos aqueles músicos galegos que quixeren tán convidados ao Circuito de cantos tabernarios o vindeiro sábado 15 de outubro na Feira de S.Lucas en Mondoñedo.

Tendo como anfitrións de excepción á Asociación Cultural Gaita Escola de Masma, dinamizadores musicais da comarca e sensibeis ao Mondoñedo "terra de cregos e nobres de músicos e poetas " como decia a canción de Moncho Garcia do desaparecido e memorável grupo "Nós" dos anos 80. A taberna da Galiana, a taberna de Póngalas eran lugares fitícios ou non, transitáveis ou non no realismo máxico de Cunqueiro. En homenaxe ao seu amor tabernario e copleiro facemos este circuito, a él compositor de coplas e romances para cegos e charangas de carnaval, o Sr. Alvaro era bon coñecedor da música popular e do seu poder social.

A ASOCIACIÓN CULTURAL GAITA ESCOLA, constituese hai case dous anos, logo da inquietude dun grupo de rapaces dos Concellos de Lourenzá e Mondoñedo pola recuperación da música, da etnografía e, en xeral de todas as formas que a xente da comarca tiña como xeito de expresarse. Como primeiro obxetivo, marcámonos a posta en marcha de clases de música tradicional dirixidas a recuperar as formas de interpretar na nosa zona os instrumentos mais representativos que nela se atopan. Este ano tamén incorporamos a formación dun Coro de Canto Tradicional e de Cantos de Taberna, o cal está obtendo unha gran resposta por parte dos alumnos.
Na actualidade a asociación conta con mais de corenta alumnos de tódalas idades. Os obxetivos de Gaita Escola, aparte de impartir clases de música van moito máis aló (organizar concertos didácticos, talleres, mesas redondas, concursos, e todo o que poida axudar no desenvolvemento e no coñecemento das formas e maneiras que a xente tiña, e ten, de facer as cousas na nosa zona.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2011 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
V Concurso de Cuarteros Tradicionais de Luou - Teo

O vindeiro domingo 16 de Outubro, en Luou, Concello de Teo, terá lugar a quinta entrega do seu Concurso de Música Tradicional.

Nesta edición destaca o éxito de participación acadado, xa que serán 13 os Cuartetos que participarán nel.

Grupos participantes: Canle Dadá, GRB4!, Os Chancros, Estivada, Escabia, Altibaixo, Mulime, Gueimaría, Chiquirindaina, Paínho do mal tempo, Os Fonte Suairas, Polavila e Picuíña.

A fase previa dará comezo as doce da mañán no Local Social de Luou, e dela sairán os 8 Grupos que actuarán na fase final as seis da tarde.

Os premios serán:

1º Premio - 1.000 ? + Agasallo conmemorativo
2º Premio - 600 ? + Agasallo conmemorativo
3º Premio - 400 ? + Agasallo conmemorativo

Estades tod@s convidad@s a pasar un domingo distinto en Luou.

Graciñas e saúdos
A.C. A Mámoa
Luou - Teo
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 14-10-2011 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada de portas abertas en O Fiadeiro (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-10-2011 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Ciclo de Coros Históricos (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-10-2011 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
III Son de Trazo
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-10-2011 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na Lubre comeza de novo a procura de cantante
A que ía ser cantante do grupo durante os próximos anos tivo que apearse do proxecto

Posiblemente trátese do integrante de Luar na Lubre máis efémero da súa historia. Tanto que nin sequera transcendeu o seu nome. A que ía ser cantante do grupo durante os próximos anos non chegará a defender o repertorio dos autores de Plenilunio. A súa presentación ao gran público ía producirse o 11 de outubro no Teatro Rosalía de Castro, da Coruña. Non terá lugar. A cantante tivo que apearse do barco.

Tal e como sinalou Bieito Romero , líder da banda, á cantante éralle imposible compatibilizar o seu traballo principal coa dinámica do grupo. Os seguidores que compraran a súa entrada xa están a obter a devolución do diñeiro, mentres o grupo tómase con filosofía este pequeno tropezón: «Tingamos todo listo para mostrarnos ao público, pero, a última hora, vimos que as condicións do traballo dá que ía ser a nosa nova cantante e ou grupo eran totalmente incompatibles. En realidade foi moito mellor que pasase isto, que non empezar a funcionar coa nova cantante e, logo, ter que cambiar outra vez», reflexiona Romero .
Debido a iso, o grupo está a realizar nestes momentos un proceso de selección de vocalistas, de face a atopar a que será a cuarta cantante do grupo. Romero asegura que llo están tomando con calma, para atopar as cordas vocais que mellor se asenten no son e a filosofía do grupo. «Xogámonos a credibilidade como grupo e non queremos ser vítimas dás présas neste proceso de selección». De todos os xeitos, o prazo que contempla non indica precisamente que llo estean tomando de modo indefinido: «Eu creo que nun prazo de dez días Luar na Lubre xa terá nova cantante».

De Rosa Cedrón a Sara Vidal
A primeira cantante de Luar na Lubre foi Ana Espinosa , á que relevou Rosa Cedrón en 1996. Con Cedrón o grupo alcanzou os seus máis altas cotas de popularidade, incluíndo a mítica actuación no macroconcerto na praia de Santa Cristina en Oleiros (A Coruña) xunto a Mike Oldfield e The Corrs ante 100.000 persoas. Finalmente, Cedrón iniciou unha carreira en solitario e foi substituída pola lisboeta Sara Vidal, que este ano abandonaba a formación.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-10-2011 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
V Concurso de Cuarteros Tradicionais de Luou - Teo

Por quinto ano comprácenos comunicarvos a celebración do Concurso de Cuarteros Tradicionais de Luou - Teo. A data de celebración será o domingo 16 de Outubro no Local Social de Luou.

Como nas anteriores edicións os participantes escóllense por rigurosa orde de inscrición, realizándose fase eliminatoria ou directamente fase final dependendo do número de grupos apuntados.

Como novidade este ano creamos unha páxina en facebook na cal podedes consultar tamén a info do Concurso asi como ver as descargas:
http://www.facebook.com/acamamoa

As bases e maila folla de inscripción desta IV edición do Concurso, por se queredes participar ou ben expandila información.

http://www.myspace.com/acamamoa/blog

Agardando vervos a tod@s ese domingo despedimonos.

Moitas grazas por todo.

Atentamente,
A.C. A Mámoa
Luou - Teo
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-10-2011 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 10 (Luns)
? Miro Casabella na Praza do Campo Castelo (Lugo) ás 21:00

Terza feira 11 (Martes)
? Luar na Lubre no Teatro Rosalia de Castro (A Coruña) Adiado
? Cerne no bar Hipólito (Vigo) Adiado
? Concerto de Cegos no Camiño na Praza do Campo Castelo (Lugo) ás 21:00 con Carlos do Viso, Grupo Tendal, Luís Caruncho, Maese Seis Dedos, Mini e Mero, Salvador Lucio
? Festival Son de Trazo (Trazo), no campo de Santa Eufemia en Vilouchada: John Deeres, K-raxe, Invivo, Politóxicomanos

Corta feira 12 (Mércores)
? Uxía na Praza de Santa María (Lugo) ás 21:45
? Dios que te Crew na Praza Horta do Seminario (Lugo) ás 22:45

Quinta feira 13 (Xoves)

Sexta feira 14 (Venres)
? Nao na sala 600 (Melide)
? Victor Aneiros Band na sala Clavicémbalo (Lugo)
? Kérkennai na Fundación Autor (Sgae) (Compostela) ás 21:00

Sábado 15
? Homenaxe a Morgan en Compostela: Os Estalotes, Treixadura, Leilía, Malvela, Pandeiromus, Ruote, Brincadeira, TNT, Zurrumalla, Os Modernos, Os Carunchos, Fiandola,...
? XXIII Xuntanza de gaiteiros en Sillobre (Fene)
? Obradoiro de percusión na Casa das Crechas (Compostela)
? X Xornadas de Portas Abertas O Fiadeiro (Vigo)
? Susana Seivane nas Pontes
? Noitarega no XX Aniversario da Escola de Gaitas de Rueiro (Vigo)
? Som do Galpóm no Con do Moucho (Illa de Arousa)
? Nao na sala Zona Cero (Caldas de Reis)
? II Serán de Randufe (Achas-A Cañiza)
? Serán do Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)

Domingo 16
? V Concurso de Cuarteros Tradicionais de Luou - Teo
? Mamá Cabra en Arteixo
? Cantigas e agarimos e Cántigas da Terra no Teatro Rosalia de Castro (A Coruña) ás 19:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-10-2011 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 7 (Venres)
? V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
? Milesios e Berrogüeto na Praza Horta do Seminario (Lugo) ás 22:45
? Estalotada en Compostela
? Noites de tasca en Tordoia no café-bar Calviño

Sábado 8
? V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
? IX Edición do Festival de Cultura Tradicional na Praza de Santa María (Lugo) ás 18:00 coa A.C. Cántigas e Frores
? Pablo Seoane Grupo, xunto a Colexiata do Sar (Compostela) ás 21:30
? Deolinda na Praza de Santa María (Lugo) ás 21:00
? Kastomá e Chicharro Psicotico no pub d´Antón (Laracha)
? Snatch no Con do Moucho (Illa de Arousa)
? Xoán Curiel na Casa de Pedra en Camariñas ás 20:00
? Esquíos e Labazada na Sala Moon de Compostela ás 23:00
? Som do Galpóm na sala Palique (As Pontes)
? Tino Baz no Var con Uve (Moaña) ása 22:30
? Noitarega no Auditorio do Centro Multiusos de Mos
? II Serán en Ribadelouro (Tui) no torreiro da festa

Domingo 9
? V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
? XIII Mostra de Música Tradicional na Praza de Santa María (Lugo) ás 19:30: TNT (Tanto Nos Ten) e Tino Baz
? Pesdelán nos xardins municipais da Estrada ás 18:30
? Coral de Ruada, Os Melidaos e Cántigas da Terra no Teatro Rosalia de Castro (A Coruña) ás 19:00
? Treixadura na Praza de Santa María (Lugo) ás 21:15
? Lamatumbá na Praza Horta do Seminario (Lugo) ás 22:30
? III Festival Folc San Xoán de Vilacoba (Vilacoba-Salvaterra de Miño): Regueifeiros, Banda de gaitas Chorima, Os Carunchos ás 17:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-10-2011 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
8 outubro
- II Serán en Ribadelouro (Tui) no torreiro da festa

15 outubro
- II Serán de Randufe (Achas-A Cañiza)
- Serán do Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)

22 outubro
- Serán de Barcela (Arbo)
- Serán de A cividade (Louredo - Mos)

29 outubro
- II Fuliada de Outono (Betanzos)

31 outubro
- Seran do Samaín (Redondela) na Alameda
- IV Foliada de Sada

19 novembro
- Seran de Moreira (Soutomaior)

26 novembro
II Ruada en Loimil (A estrada) no campo da Saleta

7 xaneiro
- Serán de Regodobargo

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-10-2011 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
29ª Edición das NOITES DE TASCA en TORDOIA
O grupo de gaitas "Os Viqueiras de Ordes" continúa un ano mais ca organización das Noites de Tasca na comarca de Ordes, de outubro a xuño, todos os primeiros venres de cada mes.
Este venres 7 comeza a 4ª tempada que se celebrará no Bar CALVIÑO na Pontepedra (TORDOIA), a partir das 10 da noite.


Contan ca presenza do mestre gaiteiro EVARISTO DE SOFÁN, de 78 anos, gran artesán, ferreiro e coleccionista de instrumentos antigos.
Despois dará paso á Foliada na que poden participar todos os músicos e grupos que o desexen.

Colaboran ca organización: o concello de Tordoia e a Asociación cultural O BUXO de Tordoia.


SAÚDOS!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-10-2011 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Mostra de música tradicional do domingo das mozas (Lugo)
O vindeiro 9 de outubro - Domingo das Mozas, dentro da programación do San Froilán, Lugo volverá a acoller a XIII edición da Mostra de Música Tradicional. Despois do parón dos últimos anos, a Asociación de Gaiteiros Galegos retoma a organización desta mostra grazas ao interese en colaboración da Concellería de Cultura, Turimos e Promoción da Lingua.

Durante os anos en que a AGG colaborou co concello na organización desta mostra, Lugo foi referencia en toda Galicia, pois demostrou que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa. A mostra acadou unha grande acollida entre a xente e así, Lugo converteuse nun modelo para a integración da música tradicional nas festas patronais das grandes vilas galegas.

Un total de 13 formacións de todo o país (Gaiteiros Froito Novo, Alvariza, Tinta Femia, Faíscas de Solobeira, Picuíña, Ludovaina, Millo Verde, Abertal, Arume, Abelente, Xarín, Saíñas e Cantareiras de Alende) participarán na mostra con actuacións en todas as entradas do casco vello da cidade, así como nas rúas e prazas máis significativas estando en contacto directo cos espectadores e recollendo as máximas representacións do que é a música tradicional (grupos de gaiteiros, cantareiras, charangas...) e xa pola tarde terán lugar as actuacións en escenario, na Praza de Santa María, cos grupos TNT (Tanto Nos Ten) e Tino Bad.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-10-2011 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
III Festival Folk San Xoán de Vilacoba (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-10-2011 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Esquíos e Labazada en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-10-2011 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Kastomá e Chicharo psicótico na Laracha
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-10-2011 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
Tras o parón do pasado ano, alleo aos desexos da Asociación de Gaiteiros Galegos, a AGG volta organizar a que será a V edición do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional.

As catro edicións anteriores demostran como
esta cita anual se está a converter nun referente, xa non só para a xente que traballa no entorno da música tradicional, senón para mestres e mestras que achan no congreso unha fonte de ideas e coñecementos para desenvolver o seu quefacer diario.

Calquera cultura que queira gozar de boa saúde haberá de preocuparse de ter presenza en distintos ámbios educativos, para facer chegar a súa historia e costumes dun xeito natural, fomentando o respecto e valoración polo que é propio.
Pretendemos pois con esta actividade, amosar a riqueza da nosa cultura tradicional, incidindo na importancia que ten a transmisión destes
coñecementos para que as novas xeracións continúen a valorar, respectar e transmitir este importante legado cultural. Deste xeito consideramos imprescindible a involucración de todos os axentes educativos no eido da música e da cultura tradicional como son escolas de música, conservatorios, asociacións culturais, etc.
O Congreso de Ensinantes de Música Tradicional convértese xa, nunha actividade fundamental na que a educación é o punto de referencia e de partida no camiño a percorrer en prol da dignificación e difusión das nosas costumes e tradicións

venres, 7 de outubro
TARDE 16.00h. a 22.00h.
* 16.00 h: Recepción e reparto de material.
* 16.40 h: Acto de apertura do ?V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega?.

* 17.15 h - 18.30 h: I RELATORIO: Visita virtual á ?Casa da Gaita?. O primeiro museo galego adicado á gaita de fol. Asociación de Gaiteiros Galegos.
* 18.30 h - 19.00 h: DESCANSO.

* 19.00 h - 20.30 h: II RELATORIO: A zanfona como recurso dentro das aulas de música de primaria. Teresa Gómez.

* 20.30 h - 22.00 h: I MESA DEBATE: Estado actual da metodoloxía de aprendizaxe da zanfona en Galicia. Teresa Gómez, Paulo González, Xermán Díaz. Moderador Xaneco Tubío.

sabado, 8 de outubro

MAÑÁ 10.00h. a 14.00h.
* 10.00 h - 11.15 h: III RELATORIO: O ensino da gaita galega en nenos. Xaime Estévez.
* 11.15 h - 12.00 h: I COMUNICACIÓNS.
* 12.00 h - 12.20 h: DESCANSO.

* 12.20 h - 14.00 h: I OBRADOIRO: A música nas aulas con instrumentos humildes. Susa Herrera.

TARDE 16.00h. a 19.00h.
* 16.00 h - 16.45 h: PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL: ?Os instrumentos musicais na tradición galega?. Pablo Carpintero.

* 16.45 h - 18.15 h: II MESA DEBATE: Instrumentos cultos e populares na historia da música tradicional. Pablo Carpintero, Fernando Reyes, Luís Costa. Moderador Iván Area.

* 18.15 h - 19.00 h: IV RELATORIO: Os Morenos de Lavadores: Metodoloxía do estudo e procesos compartidos na música popular galega. Xerardo Fernández Santomé e Miguel Pérez Lorenzo.

domingo, 9 de outubro

MAÑÁ 10.00h. a 14.00h.
* 10.00 h - 11.15 h: V RELATORIO: A música galega como terapia en idades temperás. Andrea Gómez.
* 11.15 h - 12.00 h: II COMUNICACIÓNS.
* 12.00 h - 12.20 h: DESCANSO.

* 12.20 h - 14.00 h: II OBRADOIRO: O ISO ou a nosa identidade sonora. Dra. Pilar Lago (UNED).

TARDE 16.00h. a 20.00h.
* 16.00 h - 17.20 h: III OBRADOIRO: Xogos tradicionais e populares. Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.

* 17.20 h - 18.20 h: VI RELATORIO: Xosé Afonso, o cantor e a música tradicional. Xosé Pumar e Mario Correia.

* 18.20 h - 18.40 h: DESCANSO.
* 18.40 h - 19.30 h: CONCERTO: Colectivo Xosé Afonso.
* 19.30 h - 20.00 h: CONCLUSIÓNS E CLAUSURA do V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega.

O sábado 8 de outubro, de 16.00h. a 18.00h. na SALA CIRCULAR do Auditorio, terá lugar a emisión en directo dende o Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega do programa da Radio Galega ?Lume na Palleira

Podes atopar o boletín de inscrición en www.gaiteirosgalegos.com ou solicitálo na oficina da AGG. Este deberá ser enviado debidamente cumprimentado xunto co xustificante do pago bancario, ben por correo postal á dirección:
Lugar de Quintán, 3 - Viascón (Cotobade). 36121 Pontevedra,
ou ao enderezo electrónico: secretaria@gaiteirosgalegos.com.

O prazo de inscrición rematará o 3 de outubro ou cando se complete o aforo, en tal caso aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes.

Prégase comprobar dispoñibilidadede prazas e aceptación da solicitude antes de facer o pago da inscrición

Descarga o programa

Descarga o boletín de inscrición


www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-10-2011 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Seráns do Sarela (Compostela)
SERÁNS DO SARELA
?Seráns en Compostela agora no Sarela!?


Xoves 6 de outubro (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)


Logo do parón estival volvemos con novas forzas para bailar, tocar, cantar e o que faga falta! Despois de ter como sede a Sala Nasa, onde tan ben nos acolleron, trasladámonos á Discoteca O Sarela, situada en Vidán -xunto ao hospital clínico-.

Este cambio supón unha novidade chea de cousas boas, como por exemplo, ter un amplo torreiro para o baile, aparcadoiro de balde e un horario que nos permitirá facer unha foliada aberta despois de que rematen os grupos convidados de cada noite. Sen máis, agardamos vervos a todos/as por alí o vindeiro xoves 6 de outubro para as primeiras bailas outonais!

?Seráns en Compostela agora no Sarela!?

Quen vén tocar esa noite?

21h30 . Obradoiro a cargo de Marcos Botana García (Cantigas e Agarimos)

22h30 . Tabernícolas
23h15 . Pana Raiada
24h00 . A Requinta da Laxeira
01h00 . Foliada aberta ata que o corpo aguante!


Máis información

www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela

Como sempre foron... Serán!

Asociación Cultural Seráns en Compostela
www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
660 093 349
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-10-2011 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
Nova asociación de danzas en Vilagarcía
Acabamos de crear a asociación Pésdebarro.

Adicámonos basicamente a aprender, potenciar e divulgar a danza e a música tradicional e do mundo.
Estamos artellando a impartición dos cursos para este ano e buscamos profesorado para impartir Danzas do Mundo.

Agradecemos calquera información, estamos pola zona de Vilagarcía de Arousa e o noso correo é vga-arousa-danzas-do-mundo@googlegroups.com.

Grazas e Saúdos
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-10-2011 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Tequexetéldere (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-10-2011 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
Aberto prazo na Escola Livre da Mpg (Folque - Compostela)

A Escola Livre da Mpg asentada na cidade de Compostela desde hai 3 anos, abre o seu prazo de matrícula o luns 3 de outubro de 2011 e fechandose o 16 de outubro.


Esta escola é un niño de paxaro, un espazo creador de tendencias e na vangarda musical do pais. É unha canteira de sensibilización artística.
A finalidade da Escola Livre da MPG é dotar ao alumnado das habilidades básicas necesarias no desenvolvemento do seu instrumento. Esta capacitación instrumental permitiralle optar, se o desexa, aos circuítos profesionais, servíndolle aCentral Folque de plataforma, asesoramento, punto de encontro, etc. Neste sentido, aCentral Folque promoverá a convivencia entre as diferentes propostas elaboradas polo alumnado, tentando ser un verdadeiro laboratorio de formas musicais patrimoniais galegas.


O estudo regular da Escola Livre da MPG, divídese en varias especialidades (aulas) e o docente ten a liberdade de cátedra pra organizalo e adaptalo ás necesidades de cada estudante. Un músico non é mudo cara a súa formación e evolución. Crea o seu propio itinerario. É por iso que na Escola Livre da MPG o músico formula o seu propio proxecto persoal. A Escola Livre da MPG ten indicadores mais non mostra un só camiño posíbel. Existen muitas maneiras de ser músico.
A docencia é integral partindo da aula até a rúa e viceversa. O profesorado bon coñecedor dos escenarios, os encontros musicais, as jam sessions, os convivios, os ciclos de concertos teñen unha marcada liña formativa para aprender a comunicarse a través da música.


Movementos de internazionalización da Escola Livre durante o curso pasado:
Pais Vasco. Convivio com 45 músicos vascos, alumnos e profesores en Compostela proviñan da Escola Municipal de Hernani e Herri Musikaren Txokoak de Oiartzun.
Francia. Recibimento da acordeonista francesa (Bourdeaux) que veu a aprender o funcionamento da Escola Livre para estender o modelo na sua localidade, convertindose tambén na sustituta de Pedro Pascual durante un mês.
Italia. Intercambio de alumnos/as músicos co Festival de Miolati.
A Escola de Música Tradicional de Sligo convida a alumnos/as da Escola Livre ao Festival Celtic Fringe Festival, nos que ademais da ?De Cuellar Suite?, promocionarán a música galega en concertos especiais, desfiles musicais, radio e sesións locais.




DATA DE COMEZO DAS AULAS:
Luns 17 de Outubro
Venres 21 de Outubro (Aula de Percusión)




MATERIAS, MESTRES, HORARIOS, ESPAZOS:
Canto
Mestres: Paulina Ceremuzynska (coord.), Guadi Galego e Ugia Pedreira
Día de aulas: todos os luns, horario de mañá ou de tarde
Espazo: C.S.C A Trisca
Sanfona
Mestre: Óscar Fernández
Día de aulas: luns, horario de mañá ou de tarde
Espazo: C.S.C. A Trisca
Acordeón diatónico
Mestre: Pedro Pascual
Día de aulas: luns, horario de mañá e de tarde
Espazo: C.S.C A Trisca
Violino
Mestre: Gutier Álvarez
Día de aulas: luns, horario de tarde
Espazo: C.S.C. A Trisca
Frautas e requinta
Mestre: Roberto Sala
Día de aulas: luns, horario de mañá e de tarde
Espazo: C.S.C. Pontepedriña


Gaita galega
Mestre: Edelmiro Fernández
Día de aulas: luns, horario de mañá ou de tarde
Espazo: C.S.C. Pontepedriña
Percusión tradicional
Mestre: Francisco Estévez "Chuco"
Día de aulas: todos os venres, horario de mañá ou de tarde
Espazo: local daCentral Folque (Rúa Salvadas 22, Baixo)


MATRICULA:
A partir do 3 de Outubro.
A través da web www.folque.com
Nas oficinas daCentral Folque (Salvadas 21, baixo, Santiago de Compostela).




tlfe contato con a dirección Gema Perez. 698169372
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-10-2011 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Comezam de novo os cursos do Maçarico (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-10-2011 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Luz Casal e Davide Salvado en Lugo
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 05-10-2011 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
Xosá Manuel Budiño e Kepa Junquera en Lugo
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 05-10-2011 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Sokram (Dios Ke te Crew)
Humanose é un virus que chegou ó planeta Terra transformado en inxustiza, violencia, discriminación, etc. O superheroe Dios ke te crew, formado por Sokram, Mou, Jamas, García e Dj Murdock, terá como misión combatelo a través das súas verbas e instrumentos musicais. Como se de trovadores medievais se tratase, irán transmitindo a súa mensaxe polos pobos galegos e foráneos para intentar mudar de parecer as conciencias das súas xentes e para evitar que está enfermidade benévola continúe a súa propagación.
Nunha parada da súa viaxe tivemos a oportunidade de falar cun dos compoñentes desta formación musical, con Marcos, tamén coñecido como Sokram, para que nos contase de primeira man os segredos deste último traballo.

Pregunta: Desde Xénese a Humanose pasaron cinco anos. Despois deste periodo de tempo, ¿foilles moi complicado preparar o segundo álbum?

Resposta: Non, tomámolo con bastante calma xa que non estivemos os cinco anos centrados no disco, pois fixemos outros traballos. Por exemplo, algúns adicáronse a facer proxectos máis persoais como o caso de Mou, o noso produtor, que sacou un LP en solitario, ou a realizar colaboracións con outros grupos.

P: Compoñer unhas letras tan traballadas ten que ser un proceso complexo, ¿fano entre todos?
R: É un traballo en equipo, aínda que o modo de facer depende un pouco do tema. Nun principio, cando temos unha idea, traballamos coa música e coa letra. Pero non é un proceso pechado, senón que é algo aberto. Normalmente cada un escribe a súa letra pero, outras veces, facémolo entre todos.

P: Defínanos que é Humanose.
R: A enfermidade intrínseca da especie humana. Visto desde o anel de Saturno sería o virus que está infectando o planeta Terra, co que nos estamos automutilando a nós mesmos. Trátase dunha autocrítica.

P:¿Como xurdiu esa idea?
R: Está inspirada na obra Humanose [Humanosis, en castelán, aclara] dun artista galego, amigo noso, chamado Likem e que despois se trasladou máis ou menos o noso disco, da man del e Sekone. Este último é un artista de Vilagarcía de Arousa que colabora con nós nos directos facendo graffitis e tamén o fixo no deseño do anterior traballo.

P: Humanose está cheo de colaboracións de diferentes profesionais Miguel de Lira, Gilbert Carballo, Ligen e Sekone... que participaron tanto nas cancións coma no deseño da carátula. A simple vista parece un disco moi coidado.
R: Nos quixemos esmerarnos o máximo posible tanto coa música, coas letras, como nas colaboracións, coas que intentamos darlle unha parte máis humana. Tamén, o trasladamos á parte gráfica, onde queríamos reflectir unha simbiose entre a música e a imaxe, onde todo está ben definido; aínda que cada canción teña o seu universo.

P: Neste traballo cambiaron un poco o estilo musical introducindo sons eléctricos. ¿Xurdiu de xeito casual?
R: Non é que se fixera algo novo, o rap á fin é ao cabo é música electrónica, ten unha base analóxica xa sexa de samples doutras bandas ou ben secuenciada con aparellos electrónicos ou con programas informáticos. Si que é certo que hai temas que teñen unha base máis electrónica pero introducimos outros instrumentos ou músicos tocando. O que nos gusta é fusionar a parte humana ca da máquina.

P: Funky, blues, jazz, metal... ¿Que achega a mestizaxe de estilos ás súas creacións?
R: O noso gusto polo hip hop foinos levando a outras músicas. De feito, o rap bebe de toda a música negra: do funk, do rock, do soul... Nós escoitamos diferentes estilos, non só nos centramos no rap. E de ahí ben o son final do noso disco.

P: Nos directos, ¿son dos grupos que improvisan ou dos que preparan cada detalle ao milímetro?
R: Somos da segunda opción, de preparar os directos máis ao milímetro. Ás veces improvisamos e facemos unha cousa a maiores da que temos preparada pero depende do día ou da conexión que haxa co público. Pero o ser tanta xente, un dj, os grafiteiros, os integrantes de Machina, o técnico de luz, o de son? conleva que o show teña que prepararse máis premeditadamente.



XÉNESE, HUMANOSE E 'METAL'
P: ¿Adaptan a posta en escena ao lugar de actuación?

R: Si, por suposto porque non en todos os escenarios se pode facer o mesmo espectáculo. Nesta xira estamos acompañados pola banda de Machina. Pero en ocasións non se deu o caso porque o escenario non reúne as condicións, é moi pequeno e non collemos todos.

P: ¿Que achega Machina a este disco?
R: Das colaboracións que hai no LP, son os que máis participaron. Nos temas de Benvido a Mordock e Rebenta!, o baixo, a guitarra, a batería e a voz pertencen a Machina. O que lle achega é a parte 'metal' e, nos directos, conséguese un in crescendo ao levar unha banda detrás. Nós empezamos coas bases de Mou, o noso produtor musical, e despois entra a banda de músicos, que seguimos tocando con instrumentos analóxicos e con bases instrumentais-electrónicas.

P: A súa incorporación, ¿foi algo que xa tiñan preparado de antemán? ¿Xa se coñecían antes ou foi máis ben por gusto musical?
R: Foi por ambas as cousas. Coñecémonos desde que íamos ao instituto porque eles son veciños; viven nunha vila preto de Cerceda. Ademais, tamén foi por afinidade, xa que Machina non fai rap pero si un estilo musical moi cercano ó noso. Outra das razóns, foi a casualidade, hai un ano e pico organizaron unha serie de concertos na sala Nasa, nos que unha banda podía traer convidados e nos dixémosllo os membros de Machina para facer un show con eles. Como saiu tan ben e nos gustou a todos foi cando comezamos a gravar eses temas e, a partir de ahí, decidimos que nos nosos directos de Humanose iríamos acompañados da banda.

P: Un grupo consolidado, que tivo a oportunidade de masterizar o disco en New York, non atoparía moitas trabas á hora de tocar ou de vender discos...
R: Non, a pesar de que o disco saiu un pouco tarde, a mediados de xullo, e non é unha data moi recomendada para o seu lanzamento ó mercado, atopamos boa resposta por parte dos festivais e dos axentes que organizan concertos.

P: Agora botemos unha ollada ó pasado. Dios ke te crew naceu da unión de Ghamberros e boa parte dos compoñentes de 5 Talegos. Pero, ¿de onde viñeron eses apodos?
R: Depende un pouco do caso [risas]. Por exemplo, no caso de García é o seu apelido. E no de Mou, o mesmo, xa que se apelida Mourón. Jamas, vén de Jamaica; ese é un pouco máis complicado de explicar? [risas] Empezárono a chamar así uns amigos cando era máis cativo; Dj Murdock porque ten unha personalidade un pouco excéntrica e, eu, Sokram, é Marcos ó revés, que o meu nome real. Pero con este apodo firmaba os meus graffitis. A unión foi algo casual e natural porque éramos amigos e ensaiabamos no mesmo local.

P: Con Humanose, quedarían limadas as impurezas do anterior traballo, en canto a son, deseño...
R: Si, intetamos pulir as letras, facer unha estrutura dos temas que se queren tratar, que di cada un para non repetirse? Nese sentido, comémonos máis a cabeza que no anterior traballo, que foi máis espontáneo.



''INTERNET É PATRIMONIO DA HUMANIDADE''
P: Humanose está cargado de temática social. ¿Son críticos coa sociedade actual?

R: Si, cremos que é así como está este mundo; tristemente é a realidade que vivimos e, en moitos aspectos, a sociedade, pódese dicir que está nun proceso de declive, de deshumanización. Estamos vivindo unha crise económica que nos está abocando a que cada vez os dereitos sociais e esa sociedade do benestar que tanto nos venden, sexa máis ficticia; e esa democracia na que pensamos que vivimos non existe, xa que todo o mundo sabe que quen goberna este mundo, son as grandes coorporacións. E isto é o que se formula nalgúns dos nosos temas.

P: Ante esta situación. ¿O futuro da música tamén se ve negro?
R: Non, nese aspecto non coincidimos con esa visión de que a música se vai a acabar, de que a industria discográfica está indo ao tacho?É un feito sesgado da realidade. Nós cremos que compartir información é un dereito. Internet, o coñecemento, é patrimonio da humanidade. Os músicos viven de ir tocar e non coma algúns, que queren seguir perpetuando ese sistema, que levan chupando do bote de catro cancións que triunfaron nos anos 70 polos dereitos de autor que xeneran cada vez que saen na radio, na tele, etc. Nós non é que esteamos en contra de vender os nosos discos pero si queremos compartir a música. Estamos no noso dereito e se alguén non ten a economía como para mercar o disco e un colega del llo quere pasar estamos totalmente de acordo. Por iso, utilizamos as licencias creative commons en moitos dos nosos traballos.



ESPERANZA
P: A vosa ferramenta é a palabra pero como ben anticipades en Ollo ó parche, estamos ante unha sociedade de control. ¿A censura está por enriba da información?

R: Claro que si, os medios de comunicación das grandes axencias de comunicación, que marcan opinión, están a ser controlados por seis ou sete persoas. En realidade, están abocados a seguir unha liña editorial xa que se tratan de grandes corporacións que non teñen na súa man só medios de comunicación senón que están ligadas a outras empresas. Isto significa que a información que nos chega por parte dos medios, a maior parte, tampouco quero meter a todos no mesmo saco porque hai excepcións, non nos chega de xeito casual.

P: Seguindo nesta liña, en Humanose alertades da posible apocalipse. ¿Tedes unha pequena esperanza de que as vosas verbas non caian en saco roto?
R: Aos axentes culpables desta situación radicalmente non [risas]. Pero si a unha parte da poboación que nos escoita á que lle facemos pensar en algo que non o que fixera, e que cambia a súa opinión e actúa doutra maneira e se manifesta ante esa realidade imposta. Temos a esperanza de que se conseguimos concienciar a un de cada dez, xa é algo. Outra cousa é que nos creamos que o noso disco vai a cambiar ó mundo, que é algo que non vai a facer pero se sirve para algo, aínda que sexa para pouco, dámonos cun canto nos dentes.

P: As orixes desta historia comezaron con Xénese, o voso debut de presentación. Agora o capítulo observáse un pouco máis acedo con Humanose. ¿Haberá unha terceira parte?
R: Si, iso é o que temos pensado, que haxa continuidade. Se todo vai ben faremos outro disco pero non sabemos aínda cando porque agora estamos centrados na xira de Humanose durante este inverno e o verán que vén.

P: ¿Podería recomendar un disco aos lectores?
R: Vou recomendar a un artista de rap, e non un dos seus discos porque ten varios e todos son excelentes, que se chama Lyrics Born.

P: ¿Cal foi o concerto da súa vida?
R: Rage Against the Machine é unha banda de rap metal que veu a dar un concerto a Lisboa a un festival e non os vira nunca; estiveran uns anos sen tocar e logo derán unha xira por toda Europa.

P: ¿Pro SGAE ou anti SGAE?
R: Anti SGAE porque enganan á poboación facendo demagoxía para seguir lucrándose de maneira ilegal.

P: ¿Algunha noticia, máis ou menos recente, do panorama musical que chamase a súa atención?
R: Alegreime moito cando entrou a Garda Civil na sede da SGAE [risas].


www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-10-2011 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Festival De Noso (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-10-2011 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Sara Vidal (Luar na Lubre)
O grupo coruñés Luar na Lubre anunciou onte a decisión do seu vocalista, Sara Vidal, de abandonar a banda "por motivos persoais", despois de sete anos, catro discos e máis de douscentos concertos. A banda, que recentemente celebrou a súa vigesimoquinto aniversario e que foi galardoada este ano nos Premios da Música, agradece o traballo realizado por Vidal, que chegou ao grupo co difícil papel de substituír á anterior vocalista, Rosa Cedrón. Agora, Vidal pensa en novos proxectos en solitario

As letras folk de Luar na Lubre xa non soarán co acento portugués de Sara Vidal. Tras sete anos nas súas filas, a vocalista lusa deixa os micrófonos galegos para iniciar unha nova etapa na súa vida. Atrás quedará o lustro e medio de experiencias e éxitos cultivados coa banda coruñesa Luar na Lubre que aos poucos se converterán en recordos, entre eles o último Premio da Música do grupo, conseguido este ano. Estes momentos servirán de empuxón na carreira musical dunha artista que xa demostrou sobre os nosos escenarios a súa valía como vocalista.

-Tras sete anos de éxitos con Luar na Lubre, que foi o que a empurrou a pór punto e final a esta xeira?

-Basicamente foron motivos persoais no sentido de regresar a casa, de volver a Portugal. Sobre todo fágoo para estar máis preto da miña familia e para poder levar a cabo novos proxectos.

-Que lle achegou este emblemático grupo de folk na súa maduración como artista?
-A verdade é que me achegou todo. Non podo estar máis agradecida á oportunidade que se me brindou de estar en Luar na Lubre. Foi moi gratificante desde o punto de vista musical xa que foi unha experiencia moi enriquecedora, pero tamén desde o punto de vista persoal.

-Na presentación da nova vocalista de Luar na Lubre, ambas cantarán xuntas. Custaralle pasar a testemuña á súa sucesora?
-Van ser dous concertos de transición nos que claro que algo me vai a custar. Aínda así eu tampouco quero dramatizar con este cambio porque foi unha decisión moi pensada. Eu creo que os cambios son novas oportunidades e tanto no meu caso como no do grupo, este desvío de camiños traerá novas cores.

-Cara a onde camiñará o futuro de Sara Vidal neste novo período da súa vida?
-Teño que recoñecer que me gustaría sacar algo en solitario sobre música tradicional portuguesa, pero de momento aínda non. O que si que teño entre mans é un proxecto de música protesta, xa que neste mundo segue habendo moitos motivos polos que seguir reivindicando un mundo mellor, pola xustiza e a igualdade. Non pretendo crear un espectáculo partidista, senón de reflexión.

-Que diferenza á música portuguesa da galega?
-Que temos moito en común é algo indiscutible. Compartimos un patrimonio inmaterial importante, algo que tamén pretendo defender. Somos dous países irmáns que compartimos a mesma cultura e a mesma lingua. Son máis as semellanzas que as diferenzas.


www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-10-2011 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
Marta Quintana no V Festival Mundial de Arpa en Paraguai
Marta Quintana representará a España no Festival Mundial do Arpa, xunto a convidados especiais de Alemania, Argentina, Chile, Colombia, Grecia, Italia, México, e o paraguaio internacional Mariano González, para as xornadas centrais que se desenrolarán os días 7 e 8 de outubro, no Teatro Municipal de Asunción.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-10-2011 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 3 (Luns)
? Som do Galpóm na Casa das Crechas (Compostela)

Terza feira 4 (Martes)
? Festival De Noso: Cabraret, Labregos do tempo dos sputniks e Medomedá na Praza do Campo Castelo (Lugo) ás 21:00
? Quempallou e Tiruleque no Clavicembalo (Lugo)

Corta feira 5 (Mércores)
? Os Pinchacarneiros na Praza de Santa María (Lugo) ás 19:15
? X. M. Budiño e Kepa Junquera na Praza de Santa María (Lugo) ás 20:15
? Luz Casal e Davide Salgado no Pavillón Municipal dos Deportes (Lugo) ás 21:00

Quinta feira 6 (Xoves)
? Os Cempés na Praza de Santa María (Lugo) ás 21:00
? Seráns no Sarela ás 21.30 (Discoteca O Sarela, Santiago de Compostela): Tabernícolas, Pana Raiada, A Requinta da Laxeira,...

Sexta feira 7 (Venres)
? V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
? Milesios e Berrogüeto na Praza Horta do Seminario (Lugo) ás 22:45

Sábado 8
? V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
? IX Edición do Festival de Cultura Tradicional na Praza de Santa María (Lugo) ás 18:00 coa A.C. Cántigas e Frores
? Deolinda na Praza de Santa María (Lugo) ás 21:00
? Kastomá e Chicharro Psicotico no pub d´Antón (Laracha)
? Snatch no Con do Moucho (Illa de Arousa)
? Esquíos e Labazada na Sala Moon de Compostela ás 23:00
? Som do Galpóm na sala Palique (As Pontes)
? Noitarega no Auditorio do Centro Multiusos de Mos
? II Serán en Ribadelouro (Tui) no torreiro da festa

Domingo 9
? V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
? XIII Mostra de Música Tradicional na Praza de Santa María (Lugo) ás 19:30: TNT (Tanto Nos Ten) e Tino Baz
? Pesdelán nos xardins municipais da Estrada ás 18:30
? Coral de Ruada, Os Melidaos e Cántigas da Terra no Teatro Rosalia de Castro (A Coruña) ás 19:00
? Treixadura na Praza de Santa María (Lugo) ás 21:15
? Lamatumbá na Praza Horta do Seminario (Lugo) ás 22:30
? III Festival Folc San Xoán de Vilacoba (Vilacoba-Salvaterra de Miño): Regueifeiros, Banda de gaitas Chorima, Os Carunchos ás 17:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-10-2011 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
III Xornada de cultura popular galega (San Sadurniño)
2 de Outubro na Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño

Organiza: Asociación Berros Do Castro

- EXPOSICIÓN
"A tradición apícola en Galiza".(coa colaboración da AGA)

-OBRADOIRO DE MÚSICA
"Iniciación ao toque pechado na tradición da gaita de fol". (Carlos Rodríguez Osorio)

-CONCERTOS (a partir das 20:00h)
"Os Resesos" (Santiago de Compostela)
"Pandereteiras de Donaire" (A Coruña)


-DESCRICIÓN DO OBRADOIRO DE MÚSiCA
"Iniciación ao toque pechado na tradición da gaita de fol". (Carlos Rodríguez Osorio)
Presentación (10.00 h)
Contidos (10.30 a 13.30 h e de 16.00 a 19.00 h)

O curso constará de dúas partes: unha primeira parte expositiva e unha segunda parte interactiva. Na primeira parte o profesor do curso fará unha viaxe explicativa pola interpretación tradicional do toque pechado na gaita, empregando os datos recompilados nun traballo de campo de oito anos ao longo das comarcas de Arzúa e Melide, territorios onde o toque pechado na gaita de fol está moi conservado. Isto incluirá os seguintes aspectos concretos:

? Xeitos tradicionais de aprendizaxe da gaita de fol
nos nosos vellos gaiteiros (instrumentos sinxelos
para a aprendizaxe: gaitas de centeo, de sabugo,
de canaveira, etc).

? Tipoloxía das gaitas tradicionais, obradoiros, artesáns
e xeitos de construción.

? Dixitacións pechadas máis comúns nas comarcas
de Arzúa e Melide, e diferenzas con dixitacións empregadas
noutras comarcas galegas.

? Repertorio e formacións musicais máis habituais
na tradición das comarcas de Arzúa e Melide: audicións
e vídeos de gravacións de gaiteiros tradicionais.

Na segunda parte do curso os alumnos serán os principais protagonistas, xa que experimentarán a aprendizaxe de diferentes dixitacións pechadas tradicionais, comezando polas mais sinxelas e rematando polas de mais complexidade. Aproveitando a aprendizaxe das dixitacións, os alumnos poderán aprender pezas do repertorio tradicional desas comarcas.

INSCRICIÓNS
-Límite de prazas:15 participantes.

-Prezo do obradoiro: 12? en concepto de reserva e material didáctico.
O abono desta cantidade farase efectivo mediante transferencia bancaria antes do 28 de setembro.

Banco Santander Central Hispano
c/c: 0049/0085 /18/2210950670

As persoas interesadas en participar deberán enviar o xustificante de transferencia bancaria, xunto cos seus datos persoais ao seguinte enderezo de correo electrónico: berrosdocastro@gmail.com

www.ghastaspista.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-10-2011 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán de Tahúme (Riveira)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-10-2011 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en San estevo de Negros (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-10-2011 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Serán da colleita (San Tomé de Parderrubias-Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-10-2011 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0