Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Centenar e medio de gaitas para un sobrevivente
Piloño homenaxeou a dous músicos afogados nun accidente en 1969 e ao único que se salvou

A homenaxe era para o trío, pero só un puido dar as grazas. Jesús Espiño foi o único sobrevivente nun tráxico accidente que en 1969 acabou coa vida dos outros dous integrantes do grupo de gaiteiros de Piloño. Jesús puido contalo, pero o seu pai, Carmelo Espiño, e Enrique Silva, faleceron afogados no río Ulla. Regresaban de actuar na parroquia de Novefontes e cruzaban en barca a canle fluvial. Chegando á beira pontevedresa, a barca foi arrastrada pola corrente e os dous gaiteiros foron tragados polas augas.

O tráxico suceso foi recordado onte polo actual grupo de gaiteiros de Piloño, que quixo render tributo aos seus predecesores musicais. Fíxoo cun completo programa musical no que participaron máis de 150 músicos de doce formacións. Entre elas non podía faltar a agrupación organizadora -presidida por Ramón Mella- que interpretou o pasodobre O Cabezudo.
O primeiro temporal do outono non logrou deslucir a xornada. A carpa que cubría a Carballeira dás Escolas Vellas garantiu a celebración. Ademais dos alumnos da escola de gaitas de Piloño e dos integrantes do grupo local, na carballeira tamén actuaron as agrupacións Xirandola de Bandeira, O Arco de Merza, o grupo Raiolo de Vedra, A Carballeira de Cercio, o grupo de acordeóns de Vila de Cruces e Os Xuncos de Lalín. Na homenaxe tomaron parte ademais Fialato de Bandeira, Simsón de Cruces, a agrupación de baile Punteirolo de Vila de Cruces, a Banda de Gaitas Os Dezas de Moneixas e, como solista, Tamara Soto interpretando a Muiñeira dá Solaina.

O actual grupo de gaiteiros de Piloño cumprirá tres anos en novembro. Conta con once músicos en activo e 25 en período de formación na escola do colectivo. A homenaxe de onte foi un recoñecemento público das novas xeracións de gaiteiros locais ao trío que sementou en Piloño a afección á música tradicional.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-10-2011 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
XII Xornadas de danza e música tradicionais galegas (Vigo)
BASES DE PARTICIPACIÓN NAS XII XORNADAS DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAIS GALEGAS

1. A Concellaría de Festas do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc as XII Xornadas de danza e música tradicionais galegas, que terán lugar os días 30 de outubro e 19 e 27 de novembro de 2011 no Centro cultural de Valadares.
O acto de presentación será o domingo, 30 de outubro, ás 19:00 horas.
O día 19 de novembro, sábado, actuarán seis agrupacións ás 17:00 horas e outras seis ás 20:00 horas.
O día 27 de novembro, domingo, ás 19:00 horas, terá lugar a final das xornadas.


2. Nestas xornadas poderán inscribirse todas aquelas agrupacións de danza e música galegas que o desexen e pertenzan a unha entidade legalmente constituída, sen ánimo de lucro. O grupo terá obrigatoriamente un mínimo de cinco parellas mixtas no escenario, e os seus compoñentes deberán ser maiores de 15 anos. Neste sentido o xurado poderá requirir a presentación dalgún documento de identificación de calquera das persoas participantes.

3. A solicitude de inscrición realizarase en impreso normalizado no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei, s/n ? 36202 VIGO) ou ao fax 986 22 16 66, ata as 13:30 horas do día 15 de outubro de 2011. O devandito impreso de solicitude poderase conseguir na oficina de Información do Concello de Vigo ou a través da páxina web www.vigo.org.

4. O comité organizador das xornadas terá por compoñentes tres membros da Asociación Cultural Interfolc e un técnico do servizo de Festas do Concello de Vigo. Este Comité seleccionará entre todas as solicitudes recibidas un total de doce agrupacións. Teranse en conta os seguintes criterios: calidade do grupo, experiencia nacional e internacional, participación noutros certames ou festivais, premios obtidos, número de compoñentes.

5. As agrupacións participantes comporanse necesariamente de corpo de baile e grupo de acompañamento, e vestirán todos eles o traxe tradicional. Ningún bailarín ou grupo de acompañamento poderá tomar parte nas xornadas con máis dunha agrupación; isto sería motivo de descualificación para as agrupacións implicadas.

6. Cada agrupación seleccionada bailará en dúas intervencións diferenciadas, cunha duración mínima de 3 (tres) minutos e máxima de 5 (cinco) minutos cada unha delas (o cómputo do tempo de cada peza iniciará cando soe algún instrumento ou voz de canto) e que deberán indicar no impreso de solicitude de inscrición, xunto co seu historial completo e detallado; non poderán ser cambiadas sen consentimento do comité organizador. As agrupacións que se clasifiquen para a fase final deberán cambiar unha das pezas obrigatoriamente.

7. A orde de actuación das doce agrupacións seleccionadas decidirase mediante sorteo público (ao que poderá asistir un representante por cada grupo) que se realizará na Casa do Concello o día 18 de outubro de 2011 ás 12:00 horas.

8. O xurado das xornadas será designado polo comité organizador e estará presidido pola concelleira de Festas do Concello de Vigo ou persoa en quen delegue. Como vogais actuarán catro persoas de recoñecido prestixio, relacionadas co mundo da danza e da música tradicionais galegos. Como secretario/a actuará un/unha empregado/a municipal designado/a polo comité organizador, con voz e sen voto.

9. O xurado valora de 0 a 10 puntos a cada agrupación e terá como base fundamental os seguintes criterios: calidade artística dos bailaríns, grao de dificultade e autenticidade das danzas interpretadas e do vestiario utilizado, valor interpretativo do grupo de acompañamento. Será motivo de descualificación non axustarse ós prazos de tempo estabelecidos para cada danza na base número 6.

10. O veredicto do xurado farase público ao remate da segunda quenda de actuacións, e pasarán á fase final as seis agrupacións que obteñan maior puntuación, que volverán actuar con dúas danzas o día da final seguindo rigorosamente a orde inicial. En caso de empate resolverá o voto de calidade do presidente do xurado.

11. Os premios estabelecidos polo comité organizador serán os seguintes:
1º premio: 2.000 euros, medalla e diploma.
2º premio: 1.000 euros, medalla e diploma.
3º premio: 500 euros, medalla e diploma.
4º, 5º e 6º clasificados: accésit de 200 euros.
Premio especial ao mellor grupo de acompañamento: 300 euros.
Premio especial ao mellor vestiario de grupo: 500 euros.
Premio especial á mellor actuación de danza tradicional con coreografía arranxada: 1.000 euros.
O xurado non poderá deixar deserto ningún dos devanditos premios.
Estes premios estarán suxeitos á normativa fiscal que sexa de aplicación. O comité organizador aboaraos, mediante transferencia bancaria, nos quince días hábiles seguintes ó final das xornadas, así como os gastos de desprazamento. Co obxecto de realizar estes pagamentos, as agrupacións deberán achegar obrigatoriamente á solicitude de inscrición unha fotocopia compulsada do CIF e unha certificación bancaria.

12. O veredicto final do xurado farase público tras a actuación das seis agrupacións finalistas e da correspondente deliberación. A continuación entregaranse os premios.

13. O comité organizador aboaralle a cada agrupación participante de fóra do termo municipal de Vigo a cantidade de 300,00 euros en concepto de gastos de dietas e desprazamento e 150,00 euros no caso das agrupacións da cidade. Así mesmo, aboaráselles estas mesmas cantidades aos seis finalistas pola segunda asistencia ao acto final. Os devanditos gastos deberán acreditarse cos correspondentes xustificantes.

14. A organización das xornadas declina calquera responsabilidade sobre os posíbeis accidentes ou danos que os participantes poidan sufrir durante a súa participación.

15. A mera solicitude de inscrición nas xornadas supón a aceptación plena das presentes bases. Así mesmo, os veredictos do xurado serán inapelábeis.

16. O comité organizador e o xurado quedan facultados para resolver as posíbeis controversias ou dúbidas que poidan xurdir na interpretación das presentes bases, así como para tomar iniciativas que contribúan ao bo desenvolvemento das xornadas.

17. Os espectáculos incluídos nas xornadas serán destinados ao público en xeral. O acceso ao recinto das actuacións será publico e gratuíto, limitándose o número de asistentes ao aforo do dito recinto.
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-10-2011 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO ?IAR? DO FOLCLORE GALEGO


Poñémonos en contacto con vos para informarvos de que o vindeiro 10 de Decembro do 2011 ás 19:30 h. terá lugar no Teatro Rosalía Castro o Festival Folclórico no que será entregado o PREMIO ?IAR? DE FOLCLORE GALEGO correspondente a súa XX edición.


Queremos animarvos a coñecer o Premio IAR de Folclore Galego, que levamos realizando dende hai 18 anos. Agora ben, se tes algún tipo de vinculación co folclore galego, ¡ANÍMATE! ou ¡ANIMA!, propoñendo a túa candidatura ou a terceiras persoas para ser galardoado, como foron no seu momento os que referenciamos no Anexo.

Unha vez máis, insistimos especialmente en que calquera persoa, grupo ou asociación que realice unha labor de potenciación, traballo, coñecemento, e demais pola nosa cultura pode optar a este Premio. É a nosa mais sinxela maneira de recoñecemento.

Axuntamos as bases que rexerán a XX EDICIÓN DO PREMIO ?IAR? DE FOLCLORE GALEGO no caso de estar interesados en participar no mesmo, ou ben propor candidaturas, o prazo atópase aberto ata o 25 de Novembro.

As candidaturas deberán remitilas a :

XURADO PREMIO ?IAR? DE FOLCLORE GALEGO
R /CERCA, 30 BAIXO, 15009-A CORUÑA
iargrupo@hotmail.com


O fallo do xurado e a entrega do Premio terá lugar durante o FESTIVAL.

O Premio ?IAR? de Folclore Galego nace no ano 1992, coa vontade de dar un recoñecemento público non crematístico, e coa finalidade de premiar cada ano a persoa física ou xurídica, grupo, asociación, entidade ou institución, á que se lle teña recoñecido o seu labor neste campo, durante a súa traxectoria, ou a que máis destacara durante o ano anterior no seu traballo polo folclore deste país.

Con posterioridade, acordouse valorar o desenvolvemento dunha traxectoria prolongada de traballo no folclore galego e no somentes ao labor no último ano.

As bases polas que se rexeu dende o inicio ata o día de hoxe a concesión anual do Premio ?IAR? son as seguintes:


1. Poderá concorrer á obtención do Premio ?IAR? toda persoa física ou xurídica, agrupación, asociación, entidade ou institución radicada en calquera parte do mundo, adicada á potenciación e fomento do folclore galego, nos eidos da investigación, música, baile, canto e vestiario; pódense outorgar incluso a título póstumo, segundo a valoración do xurado.

2. As candidaturas poderán presentarse diretamente ou a través de terceiras persoas que poidan propoñelas.

1. O prazo de presentación de candidaturas para o Premio ?IAR? está aberto ate o 25 de Novembro, valorando nesta decimoitava edición o labor realizado ata finais do ano 2010, en calquera das facetas relacionadas co folclore galego.

2. As candidaturas deberán ir acompañadas dun ?currículo? da/o candidata/o e unha memoria dos traballos realizados ata o ano anterior.

3. As candidaturas deberán remitirse por correo ordinario ao Grupo de Bailes Populares ?IAR?, sito na Rúa da Cerca 30-baixo, 15009 A Coruña, ou ao correo electronico iargrupo@hotmail.com , a atención do Xurado Premio ?IAR?

4. O Premio ?IAR? será outorgado por un xurado composto por tres destacadas personalidades do mundo folclórico galego, nomeadas pola Directiva do Grupo de Bailes Populares ?IAR?, e a/o Presidenta/e do Grupo de Bailes Populares ?IAR?, que actuará como Secretaria/o, con voz e sen voto. Ningún membro do xurado poderá ter relación direta con ningunha das candidaturas presentadas.

5. Non poderá presentarse o/a gañador/a dalgún Premio ?IAR? anterior.

6. O xurado poderá declarar deserto o Premio, se non atopa méritos dabondo nas candidaturas presentadas.

7. O Premio ?IAR? 2011 fallarase antes da celebración da XX edición do Festival de Premio ?IAR? de Folclore Galego, que terá lugar no Teatro Rosalía Castro, o vindeiro 10 de Decembro de 2011.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-10-2011 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 24 (Luns)

Terza feira 25 (Martes)
? Assembly Point na Casa das Crechas en Compostela 22:30
? Doa en Lugo na Escola de Maxisterio ás 20:30

Corta feira 26 (Mércores)
? Assembly Point no Clavicembalo - Lugo 23:00

Quinta feira 27 (Xoves)
? Som do Galpóm no Lusco e Fusco (Pontevedra)
? Assembly Point na Fábrica de Chocolate - Vigo 22:30

Sexta feira 28 (Venres)
? Raiba no pub Gatos (Melide)
? X Gala Premios Opinión no teatro Colón (A Coruña)ás 20:30: Sondeseu e Axada

Sábado 29
? Xoán Curiel no Auditorio Municipal de Ourense
? Rosa Cedrón e Cristina Pato no Auditorio Ilduara de Celanova
? Banda Crebinsky no Teatro Principal de Pontevedra
? Snatch no Muiño (Cervo)
? Raiba na sala A Reserva (Carballo)
? Castañazo Rock (Monforte de Lemos): Skarallados, Falperrys, Reincidentes,...
? II Fuliada de Outono en Betanzos
? Serán en Pontesampaio
? II Serán Ledicia (Burela)
? Serán-Magosto de O Porriño

Domingo 30
? Real Coro Toxos e Froles e Cántigas da Terra no Teatro Rosalia de Castro (A Coruña) ás 19:00
? Ith na sala 600 (Melide)

Segunda feira 31 (Luns)
? Esquios e K-raxe no pub d´Antón (Laracha)
? Seran do Samaín (Redondela) na Praza da Casa da Torre
? IV Foliada de Sada
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-10-2011 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 21 (Venres)
? Machina e K-raxe no pub Gatos (Melide)
? Raiba no pub d´Antón (Laracha)
? Eigualdeixa na Sala Baranda (O Barco de Valdeorras)
? Terbutalina en Sanxenxo
? Assembly Point FNAC Coruña 19:30 e na Cova Céltica na Coruña ás 22:30
? Os Carunchos no Liceum (O Porriño) ás 23:30

Sábado 22
? I Obradoiro Maghúa de Folclore Galego (A Coruña)
? Mesa redonda: Músicas en feminino. As mulleres e a música en Galiza.(Guadi Galego, Olga Nogueira e Ugia Pedreira) ás 12.30h na casa da xuventude de Mondoñedo
? Patrick Molard na Cidade da Cultura (Compostela) de 12:00 a 13:30
? Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xabier Díaz no Liceum (O Porriño) ás 23:30
? Rosa Cedrón e Cristina Pato no Teatro Principal de Pontevedra ás 21:00
? Som do Galpóm no Café Maltés (Ferrol)
? Kastomá e Chicharro Psicotico no Filomatic (A Coruña)
? Ruxe-Ruxe no Badulake (Ordes)
? Encontro de Pandeireta Galiza-Asturies en Oviedo
? Festival Grelo Folc (Monfero): Ondas Martenot, Orquestra Os Modernos, Os Cuchufellos, Estimaba que viñeras
? Espazo activo da Ulla (San Miguel de Sarandón-Vedra): Os Carunchos, Tantos Nos Ten, Banda Balbina
? Magosto - Foliada no local social da Ponte Vella, en Reis - Teo
? Serán de Barcela (Arbo)
? Serán de A Cividade (Louredo - Mos)

Domingo 23
? Espazo activo da Ulla (San Miguel de Sarandón-Vedra): foliada con A Gaita de Sarandón, Silandeira, Os Abrentes de Cerdedo, Xarandeira, Arnmadanzas de Laraño,...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-10-2011 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
22 outubro
- Serán de Barcela (Arbo)
- Serán de A cividade (Louredo - Mos)

29 outubro
- II Fuliada de Outono (Betanzos)
- Serán en Soutomaior
- II Serán Ledicia (Burela)
- Serán-Magosto de O Porriño

31 outubro
- Seran do Samaín (Redondela) na Praza da Casa da Torre
- IV Foliada de Sada

4 novembro
- Serán de Outono en Ponteareas, no pavillón do Colexio La Inmaculada

19 novembro
- Seran de Moreira (Soutomaior)

26 novembro
II Ruada en Loimil (A estrada) no campo da Saleta

7 xaneiro
- Serán de Regodobargo

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 21-10-2011 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada 25 Aniversario da Asociación A Ponte Vella (Teo)
O próximo sábado 22 de Octubre, celebrarase o Magosto - Foliada con motivo do 25 Aniversario, pero esta vez será no local social da Ponte Vella, en Reis - Teo. A hora será a partir das 22 horas!

Mencionar que teremos uns invitados, e sobre todo, uns amigos moi especiais para nós, que veñen directamente dende ó País Vasco. Tratase de Airiños Galegos Doce Albor de SanTurtzi. A Ponte Vella tivo a ocasión de ir alá no mes de Maio, para a celebración das Letras Galegas, e agora é o turno dos Galegos-Vascos que veñan ó Concello de Teo para realizar outro evento máis do 25 Aniversario.

Ademáis teremos como invitados a:

Xeitosos de Trazo
Retrouso de Ouzande
Raiolo-Vedra
Pandereteiras o Lecer-Mazaricos
Pandereteiras de Arcos
A.C. Nós de Sobradelo
Ruadeiras de Loimil
Aderezo-Ancorados

Non fai falta decir que a charanga e as pandereteiras da Ponte Vella tamén tocarán durante a larga noite de festa que imos a ter!

¿Que máis decir? Pois que contamos cun moi amplo aparcadoiro (xa que o local da Ponte Vella está pegado ó campo de fútbol do Praíña) e para todos aqueles que non sepan onde é, o local está na carretera de Santiago-A Estrada, ó ladiño de Pontevea. Divisase desde a carretera. E o máis importante, haberá barra con precios anticrise!!! (coma sempre nos eventos da Ponte Vella). E claro, que soe haber nos magostos?? Pois eso, que tamén habrá castañas para todo o mundo!

e......ESCEARIO LIBRE! podrá anotarse quen queira.

Esperamos que veñades para celebrar connosco o noso cumpreanos!

1 apertiña, Javi Magariños!

Máis info: www.apontevella.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-10-2011 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Espazo activo da Ulla (San Miguel de Sarandón-Vedra)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-10-2011 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Grelo Folc (Monfero)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-10-2011 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Kastomá e Chicaro Psicótico na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-10-2011 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Eigualdeixa no Barco de Valdorras
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-10-2011 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Terbutalina en Sanxenxo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-10-2011 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
I Obradoiro Maghúa de Folclore Galego (A Coruña)
Comentarios (5) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-10-2011 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Assembly Point - Novo disco e xira de presentaci​ón
Co motivo do lanzamento do seu primeiro traballo discográfico, editado conxuntamente por Zouma Records e a compañía portuguesa Vachier & Associados, Assembly Point desembarca en Galicia para ofrecer a súa música en directo.

Tres músicos, tres países, e unha mesma paixón: a música folk acústica. Deste xeito Fernando Barroso no Bouzouki, Eoghan Neff ao violín, e Luis Peixoto na mandolina presentan un novo proxecto cargado de experiencia, enerxía e tradición.

Vindeiros concertos:
21/10/2011 - FNAC Coruña 19:30
21/10/2011 - A Cova Céltica - Coruña 22:30
25/10/2011 - Casa das Crechas - Compostela 22:30
26/10/2011 - Clavicembalo - Lugo 23:00
27/10/2011 - Fábrica de Chocolate - Vigo 22:30



Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-10-2011 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
XI Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana

O sábado 22 de Outubro, ímoslle tod@s ata Asturies, participarmos na décimo primeira edición desta xuntanza de convivencia e recoñecemento mutuo cos nosos curmáns astures. O catalizador xa o sabedes, os cantares e bailes das dúas terras sempre acompañados do son de pelicas e ferreñas.


Será como de costume no enxebre local El Sabil, situado no fermoso Conceyu de Santu Adrianu (www.elsabil.net). Dende alí, se chegades cedo, poderedes facer rutas turísticas pola marabillosa montaña astur; coidado cos osos!! .

-20:30 h. Será a hora na que nos xuntaremos tod@s no Sabil. Algo máis tarde teremos a consabida cea-confraternización con menú a base de produtos da terra (...asturiana hehehe), que unha boa ?folixa? presta ben máis co bandullo cheo.

-23:00h. (hora aproximada, que xa se sabe). Concertos das Pandereteiras Bouba (Tordoia e Ordes) e máis dos anfitrións, Menaxatrúa tríu (Uviéu).

-1:30h-.... A partir de aí xa sabemos que todo se empeza a poñer turbio e xa un non sabe moi ben se toca pandeireta galega ou asturiana, pero a festa e o bo ambiente de intercambio están máis que garantidos ata que os corpos non dean máis de si.

E cando sexa hora de ir deitar algo a cabeza, teremos o aloxamento ben preto, no albergue do que dispón o propio Sabil, mesmo a carón do local.

O prezo estipulado é de 35 Euros de nada, así que os cartos non son excusa!!

Información e Inscricións:

-Chamando ao propio. El Sabil: 985 761 472 . info@elsabil.net
www.elsabil.net.

NON VOS DESPISTEDES,
PRAZAS LIMITADAS!!!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-10-2011 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
VI Xornadas Museísticas (A Capela)


A Casa Museo atópase no lugar de O Pazo, no termo municipal da Capela.
Os accesos están sinalados a partir da AC-564, a estrada que enlaza o Concello de Cabanas co de As Pontes.
Unha das vías de acceso é dende uns metros antes da Casa do Concello da Capela, pola pista que leva ata a Central Hidroeléctrica.

Museo Etnográfico de A Capela
www.museodacapela.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-10-2011 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Baile Tradicional na Asociación O Formiguiño (Ourense)

Acabamos de crear unha nova Asociación Recreativo Cultural, chamada O Formiguiño

O curso vai dirixido tanto a persoas que xa teñen nocións de baile e queren mellorar os seus coñecementos e base, como a aquelas que comezan dende cero. Non se establece tampouco ningunha franxa de idade, pois as clases pretenden ser abertas e divulgativas.

As Clases son de hora e media os SABADOS pola tarde de 18 a 19:30 horas.
Na Escola de Música Tradicional de Ourense, Tras Bloque 8, Baixo. Barrocás

A MATRICULA é de 6?/ano.
E a COTA MENSUAL de 10 ?.

Como MESTRES contaremos con:

Pedro Manuel Alonso López (Albendeira - Vigo)
Javier Garaloces Fernández (A Buxaina, O Fiadeiro - Vigo/Ourense)

Interesados póñanse en contacto con nos:
oformiguinho@hotmail.es
Telf: 684 056 580

Contamos con vos!
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-10-2011 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Monográfico de `danzas do mundo´ no Centro SocioCultural de Vilaxoán

A Asociación Pesdebarro pon en marcha este sábado o seu primeiro curso monográfico de ?danzas do mundo? que será impartido por Mercedes Prieto. O curso, que terá un custe de 10 euros para socias/os e 15 euros non socias/os, desenvolverase este sábado 22 de outubro, en horario de 10:30 a 13:30 e continuara de 15:30 a 18:30.
As interesadas/os en participar no mesmo poden inscribirse no teléfono 615863500 ou no enderezo electrónico moreirafontan@hotmail.com .


No curso farase un percorrido polas máis destacadas e coñecidas danzas tradicionais do mundo, incluindo, por suposto, a danza galega.
Entre outros moitas danzas, os alumnos terán a oportunidade de aprender a bailar valses, chotis, jotas, muiñeiras, gabots, ándro, etcétera.

Todo elo combinado coa aprendizaxe de técnicas de relaxación, estiramentos e outros exercicios que complementan á danza.
O curso está dirixido a todo tipo de público sen límite de idade. Tampouco se require ter coñecementos nen nocións previas sobre baile nin danza tradicional.

A profesora
Mercedes Prieto é licenciada en Danza pola Facultade de Motricidade Humana de Lisboa. Traballou na Escola Superior de Educación como profesora asociada de danza formando animadores socioculturais e mestres de infantil e primaria. Forma parte do grupo Pesdelán, grupo que ten como obxectivos a investigación e divulgación de danzas tradicionais galegas e portuguesas a través da formación en talleres e bailes.
É bailarina das compañías de danza GS21 e Bruma.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-10-2011 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Novo DVD de Victor Aneiros
VÍCTOR ANEIROS AO VIVO (2011)

Concerto gravado no teatro Jofre durante o ciclo OUT JAZZ FERROL 2010. Coa colaboración da Concelleria de Cultura do concello de Ferrol, GSeis Audiovisuais, Radio Galega, Infernos. TV, Babel de Sons e coa particiapción da Deputación da A Coruña.

1.- Iago
2.- O ceo está chorando
3.- Miña bala perdida
4.- Lupanar de cristal
5.- Same old blues Don Nix
6.- Damn right, I've got the blues
7.- Na barra
8.- Axúdame
9.- Autor de westerns
10.- Un tute á morte
11.- Bule bule
12.- Sombras de Compostela

Ficha Técnica
Víctor Aneiros: Guitarra e voz
Roberto Pérez Vilariño: Guitarra
Manuel Guitiérrez: Piano
Marcos Sánchez: Batería
Víctor Gacio: Baixo
José Somoza: Trompeta
Roberto Somoza: Saxo tenor
José Rodriguez: Saxo tenor
Pedro Lamas: Saxo barítono
Mauri Sanchis: Organo hammond
Julie Guravich: voz



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-10-2011 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Circio
CIRCIO é unha compañía de música e danza aberta a novas formas de expresión que fusiona a danza e a música tradicional con outros estilos.

A súa primeira produción, Baile de Soños, é un espectáculo con música en directo, no cal se narra a historia dunha nena que viaxa nos seus soños a un mundo fantástico de música e danza, mesturando sentimentos de alegría e tristeza. O amor e o desamor flúen a través das melodías creadas polos músicos ao mesmo tempo que unhas marionetas bailan ao cobrar vida.
Quen non soñou con bailar? Ás veces os soños só se cumpren nos propios soños... non deixes que isto suceda: fai realidade o teu...

Artistas no disco: Laura Puga, Alba Malvido, Kinhos Saburido, Patricia López, Sergio Cobos, Cristina Sánchez



Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-10-2011 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Leilía
LEILÍA
conSentimento

A finais do 89 decidimos dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces, convencidas de que o canto galego, pola súa singularidade e forza, debía ter un espazo propio nos escenarios.

ConSentimento é un homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega. Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeiras, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza.


Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, propoñemos neste quinto traballo unha concepción musical acorde a unha nova realidade. Un disco no que apenas tres instrumentos: guitarra, acordeón e contrabaixo, abrigan á perfección a beleza do canto tradicional os versos de varias das mellores poetas galegas da actualidade: Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre.










LEILIìA - ConSentimento from merlo branco producións on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-10-2011 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Mamá Cabra
Editorial Galaxia publica Xa me tardan estes Magos, o novo libro-disco de Mamá Cabra, ilustrado, coma o exitoso Ola, ola, la!, por Kristina Sabaite, un libro-disco no que, como en anteriores traballos de Mamá Cabra, participaron importantes poetas galegos, como son Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e a propia Gloria M. Roel, vocalista do grupo e que desta volta se anima tamén a componer letras.

Un mollo de cancións para esperar con máis ilusión a chegada dos Magos. Unha presada de temas para cantar, para bailar, para choutar coa mesma ledicia e enerxía que sempre atopamos nos discos de Mamá Cabra.

Dende esta ligazón pódese descargar de balde a canción titulada ?Tres Reis en Bicicleta?: http://www.editorialgalaxia.com/weblog/?p=12486
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-10-2011 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Malvela
O venres 21, as 12.00 horas, no Museo do Pobo Galego en Compostela, presentación para medios e amigos de "Raianas" o novo álbum de MALVELA

Este venres 21, ás 12.00hr no Museo do Pobo Galego, MALVELA presenta o seu novo disco RAIANAS. Veremos o "como se fixo" o disco e o novo videoclip, haberá unha rolda de prensa coas intervención de Malvela, Uxía, Carlos Blanco, a poeta de Mos María Magdalena e Fernando Luaces. E, como non, botaranlle un par de pezas e poderemos desfrutar dun aperitivo preparado polas propias mulleres de Malvela para a ocasión, acompañado dun viño arraiano de Salvaterra do Miño... ^_^ E tamén presentarán as súas bonecas de papel!!!! vémonos aló!!!

Malvela é un grupo de mulleres de distintas xeracións, dos 86 anos da Señora Carmen aos 32 de Raquel Senlle, preocupadas por rescatar do esquecemento os cantos vellos da comarca de Mos-Porriño na fronteira con Portugal. O grupo naceu dun curso de cantos populares impartido por Uxía na súa aldea natal, Sanguiñeda.

No ano 2002 publicaron o seu primeiro álbum, agora presentamos Raianas é o seu 4ª álbum gravado ao vivo. Teñen realizado numerosas actuacións en directo que as confirmaron como unha das propostas máis atractivas da música galega, cunha gran capacidade para conectar con públicos de idades e procedencias diversas.

Malvela transmite neste álbum un ambiente festivo coa forza e convicción naturais coa que estas mulleres se empregan cada vez que pisan un escenario. Un concerto seu é sempre emocionante e participativo, unha ocasión única para gozar da mellor música popular.

As cantareiras Malvela están acompañadas polo seu grupo habitual e por convidados como Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e a poeta de Mos María Magdalena.

Raianas é unha viaxe pola música de ambas beiras do Miño, na que aparecen cantos tradicionais e actuais e no que soarán temas novos xunto con algúns dos máis coñecidos do grupo, como a versión de ?O Pirimpimpín? que se escoita na serie Padre Casares, que por primeira vez será gravada en disco. O álbum centrarase no repertorio raiano, nun afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco.

En palabras de Uxía, directora artística do proxecto, ?Trátase de facer visíbeis os vínculos, a identidade histórica e lingüística entre as dúas beiras do Miño, pai da nosa terra. Eses vínculos concrétanse en forma de disco 'raiano', que pretende ser unha ferramenta excepcional para que Galiza e o norte de Portugal teñan a través da música relacións cada vez máis estreitas, como un 'matrimonio' de amor interesado?.

Malvela son:
Señora Carmen, Silvina, Fita, Clara, Carmiña, Carmen, Lina, Maruxa, Aurita, Dina, Teresa, Adela: voces.
Ana Senlle: voz, pandeireta e dirección vocal.
Gustavo Domínguez: acordeón e arranxos.
Sérgio Tannus: Guitarra, cavaquiño e viola caipira.
Raquel Domínguez: gaitas (en Do, Re e Sib) e frautas.
Anxo Pardo: tambor, pandeiro e tarrañolas.
Pablo Ces: bombo

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-10-2011 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Vive unha nova aventura musical con Os Cempés
No 2012 cumplense 20 anos do primeiro concerto de Os Cempés. Este ano donde brilla mais ca nunca o calendario maia, acolle un novo disco do grupo que quere desde o inicio do proceso compartilo contigo. Un disco de creación e financiación colectiva.

A través da páxina www.verkami.com e www.folque.com e a paxina do grupo seguiremos xuntos todo o proceso do novo disco de Os Cempés.

Creación colectiva. www.folque.com
Queres grabar con Os Cempés?

-A Escola Livre da Mpg participa activamente no disco. É unha actividade paralela ás aulas para mestres, alumnado e exalumnado que traballarán en conxunto para aportar e adaptar os timbres de diferentes instrumentos neste repertorio escollido.

Financiación colectiva ou "crowdfunding" www.verkami.com
Queres apoiar economicamente o disco e desfrutar de todo o proceso?

Precisaranse aportacións económicas segundo as distintas posibilidades.

Poderemos seguir a grabación e en comunicación entre as personas que apoiamos o disco.

Poderemos disfrutar do Concerto de Presentación, do Disco físico e mesmo dun Concerto Privado en casa... as condicións de mecenagzo, patrocinio e apoio estarán indicadas en Verkami a partir dos primeiros dias de novembro, estaremos atentos/as!!! dia...


www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-10-2011 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Sorteo de cinco entradas dobles para a Gala X Premios Opinión
Sortearemos cinco entradas dobles para este evento no que actuarán Sondeseu e a banda Axada, creada especialmente para a ocasión e dirixida por Pedro Lamas, na que farán sete versións de pezas incluidas en discos gañadores de estos importantes premios.



Alí recollerán Sondeseu e Mercedes Peón o primeiro premio conxunto e Berrogüetto o terceiro desta décima edición do galardón, unha noite chea de artistas galegos desfrutando da nosa mellor música.



Queres optar a unha? Moi sinxelo, manda un correo electrónico a folkintrio@gmail.com co teu nome completo e o teu teléfono e no programa do venres 21 diremos se son túas.



Moita sorte!



.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-10-2011 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Ruxe-Ruxe vai quentando o seu novo disco
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-10-2011 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Malvela presenta novo disco


Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-10-2011 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Premio Xabier Prado Lameiro para colectivo Castro Floxo de Ourense
O luns, día 10 de outubro de 2011, reuniuse o xurado nomeado pola Coral De Ruada para estudar as candidaturas presentadas para a segunda edición do PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, co que se pretende, segundo contemplan as súas bases, ??premiar, de xeito simbólico, o labor desinteresado daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, fundamentalmente no eido do folclore e, máis concretamente, na música popular e polifónica galegas.?

O xurado estaba formado por:

?Presidente: Emilio Rodríguez Portabales (Vicepresidente Primeiro da Coral De Ruada).
?Secretario: Manuel Souto Prieto (Secretario Xeral da Coral De Ruada, con voz pero sen voto).
?Vogais: Eladio Quevedo Almoina (Presidente da Coral De Ruada), Antonio Piñeiro Feijóo (Xornalista e Director da revista Auria), César Francisco González Fernández (Director da Plataforma Independente de Teatro de Amoeiro PITA), Xosé María Carballeira Anllo (Coautor dos Dicionarios Xerais de Lingua Galega e Director do IES ?Universidade Laboral? de Ourense.
O xurado acordou, por unanimidade:

Conceder o PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, organizado pola Coral De Ruada de Ourense, na súa segunda edición, correspondente ó ano 2011, ó colectivo Castro Floxo de Ourense polo traballo que ó longo de máis de trinta anos levan realizando no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da danza, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que a acompañan, como son a música, as súas vestimentas e os costumes que xiran arredor da mesma.

A cerimonia de entrega do premio terá lugar o día 27 de outubro, ás 20,30 horas, no teatro Principal.

www.coralderuada.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-10-2011 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Éxito da homenaxe a Morgan




Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-10-2011 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 17 (Luns)

Terza feira 18 (Martes)

Corta feira 19 (Mércores)

Quinta feira 20 (Xoves)

Sexta feira 21 (Venres)
? Machina e K-raxe no pub Gatos (Melide)
? Raiba no pub d´Antón (Laracha)
? Eigualdeixa na Sala Baranda (O Barco de Valdeorras)
? Os Carunchos no Liceum (O Porriño)

Sábado 22
? I Obradoiro Maghúa de Folclore Galego (A Coruña)
? Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xabier Díaz no Liceum (O Porriño)
? Rosa Cedrón e Cristina Pato no Teatro Principal de Pontevedra
? Som do Galpóm no Café Maltés (Ferrol)
? Kastomá e Chicharro Psicotico no Filomatic (A Coruña)
? Ruxe-Ruxe no Badulake (Ordes)
? Encontro de Pandeireta Galiza-Asturies en Oviedo
? Festival Grelo Folc (Monfero): Ondas Martenot, Orquestra Os Modernos, Os Cuchufellos, Estimaba que viñeras
? Espazo activo da Ulla (San Miguel de Sarandón-Vedra): Os Carunchos, Tantos Nos Ten, Banda Balbina
? Magosto - Foliada no local social da Ponte Vella, en Reis - Teo
? Serán de Barcela (Arbo)
? Serán de A Cividade (Louredo - Mos)

Domingo 23
? Espazo activo da Ulla (San Miguel de Sarandón-Vedra): foliada con A Gaita de Sarandón, Silandeira, Os Abrentes de Cerdedo, Xarandeira, Arnmadanzas de Laraño,...

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-10-2011 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores do V Concurso de Música Tradicional de Luou

Os grupos gañadores do V Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo celebrado este pasado domingo 16 de Outubro son:

1º Premio - Painho do Mal Tempo (A Estrada)
2º Premio - Canle Dadá (Vilagarcía)
3º Premio - Gueimaría (Ribeira)


Dende a organización agradecer enormemente a todolos asistentes ó evento e ós nove grupos participantes:
Picuiña, Os Fonte Suairas, Os Chancros, Mulime, Escabia, Chiquirindaina, Painho do Mal Tempo, Canle Dadá e Gueimaría.

Xa só nos queda decir, se hai sorte ... de aquí nun ano!!!!
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 17-10-2011 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 14 (Venres)
? Nao na sala 600 (Melide)
? Victor Aneiros Band na sala Clavicémbalo (Lugo)
? Kérkennai na Fundación Autor (Sgae) (Compostela) ás 21:00
? Fluzo ás 22:30 na Fiesta de los Maniquíes (Vigo)
? Leo e Arremecaghoná no Pelusco (Pontevedra) ás 22:30
? Banda Baile Asalto no Xancarajazz (Vigo) ás 00:30

Sábado 15
? Homenaxe a Morgan en Compostela: Treixadura, Leilía, Malvela, Pandeiromus, Ruote, Brincadeira, TNT, Zurrumalla, Os Modernos, Os Carunchos, Fiandola,...
? XXIII Xuntanza de gaiteiros en Sillobre (Fene)
? Circuito de Cantos Tabernarios (Mondoñedo)
? Obradoiro de percusión na Casa das Crechas (Compostela)
? X Xornadas de Portas Abertas O Fiadeiro (Vigo)
? Susana Seivane nas Pontes no Auditorio Municipal "Cine Alovi" ás 20.00
? Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Guadi Galego ás 21:30 na praza do Balneario de Arteixo
? Noitarega no XX Aniversario da Escola de Gaitas de Rueiro (Vigo)
? Som do Galpóm no Con do Moucho (Illa de Arousa)
? Nao na sala Zona Cero (Caldas de Reis)
? II Serán de Randufe (Achas-A Cañiza)
? Serán do Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)

Domingo 16
? V Concurso de Cuarteros Tradicionais de Luou - Teo
? Mamá Cabra ás 18:30 h a praza do Balneario de Arteixo
? Cantigas e agarimos e Cántigas da Terra no Teatro Rosalia de Castro (A Coruña) ás 19:00

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2011 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
15 outubro
- II Serán de Randufe (Achas-A Cañiza)
- Serán do Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)

22 outubro
- Serán de Barcela (Arbo)
- Serán de A cividade (Louredo - Mos)

29 outubro
- II Fuliada de Outono (Betanzos)

31 outubro
- Seran do Samaín (Redondela) na Praza da Casa da Torre
- IV Foliada de Sada

19 novembro
- Seran de Moreira (Soutomaior)

26 novembro
II Ruada en Loimil (A estrada) no campo da Saleta

7 xaneiro
- Serán de Regodobargo
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-10-2011 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán de Randufe (Achas-A Cañiza)
O grupo A Ruada de Randufe da Cañiza, organiza o seu segundo serán. O campo de fútbol do barrio de Randufe, na parroquia cañizense das Achas, acollerá o II Serán de Randufe.

A partir das 21:30 horas, do sábado, 15 de Outubro, dará comezo a festa, os organizadores ofrecen chourizos, pan e viño e sen faltar o chocolate.

www.blogoteca.com/pradodacanda




SERÁN DE RANDUFE - A CANIZA from forxa on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-10-2011 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
IV Serán do Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-10-2011 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0