MAGOSTO POPULAR
Día 25 de outubro 08 no torreiro da festa de Matamá (Vigo)
PROGRAMACION
16.00h MUSICANDAINA sendeirismo para nen@s
Percorrido por Matamá . Polo camiño actuarán a contacontos
PAULA GOZALO e o home orquestra CE ORQUESTRA
PANTASMA. (A saída será dende o torreiro de Matamá. Se chove
faranse actividades nunha carpa).
18.30h UNHA DE PIRATAS Espectáculo de animación para nen@s
a cargo da compañia TROULA.
19.30h Reparto de castañas
20.00h OBRADOIROS: cabazas do samaín, confección de
instrumentos musicais, xogos tradicionais...
22.00h CIPRIAN E MAILO CAN grupo de música tradicional.
23.00h SERAN POPULAR trae o teu instrumento e participa.
0.00h QUEIMADA
¡¡¡ ENTRADA DE BALDE . HABERÁ CARPA POR SE CHOVE!!!
Este magosto está organizado pola Asociación de Veciños de Matamá, o Colectivo Cultural Alternativo Malaherba e a Asociación de Actividades de Ocio de Matamá.
O vindeiro venres 24 de outubro a partir das 21.00 h, Cántigas da Terra vai celebrar a primeira Foliada "Cantigas na rua" no Campo da Leña (Pza de España).
Animovos a participar connosco e co grupo invitado "Os Carunchos".
Si queredes tocar unhas pezas no escenario podedes chamar o num. 654413467.
Casa da cultura
20:30 h.
---------------------------------------------
FORM-ARTE
Mesa redonda: ?Asociacións sen ánimo de lucro e dereitos de autor
---------------------------------------------
MOSTR-ARTE
Mostras solidarias?(aberta do 24 ao 26)
---------------------------------------------
CONT-ARTE Noite de contos cos membros da A.C. Papaventos
- Taberna do Ferrador ás 22:30 h.
- Parrillada-Bar Derbi ás 23:30 h.
Sábado 25 de outubro
Casa da cultura
18:00 h.
ANIM-ARTE
Obradoiros alternativos
Malabares
Xogos de animación
Campo da festa
22:00 h.
FESTEX-ARTE+ MAGOSTO (castañas de balde)
Circo: PETER PUNK (mozo malabarista galego)
23:00 h. Grupo Folk AXOUXERE
O SONORO MAXIN
OS CHIQUILICUATRES
Domingo 26 de outubro Campo da festa
13:00 h
Sesión Vermú XANTAR TRADICIONAL
Reservas nos teléfonos: 660 327 561 ? 622 064 464 ? 679 938 060
FOLIADA: A requinta da Laxeira, Grupo de requinteiros A Gaita de Sarandón, Os Campantes da Baña, Charanga e pandereteiras Vai de Roda de Rianxo, Os Esfolladores de Illobre,?Para tocar e bailar todos; traede os instrumentos!
Haberá carpa. A participación en tódalas actividades será aberta e de balde. Zona de acampada
Organiza: Asociación Cultural San Campio. Colaboran: Concello de Vedra, Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, Consellería
de Cultura e Deportes, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Deputación da Coruña.
aCentral Folque organiza actividades de carácter pedagóxico e escénico ao redor da música popular galega.
O 1º concerto será este domingo, un concerto matutino a cargo dos mestres de aCFC Edelmiro Fernández e Francisco Estévez ?Chuco? (Gaita e tambor) ás 13.00 h no Centro Sociocultural de Conxo.
PROGRAMA
Concertos matutinos. Centros socioculturais de Santiago Domingo 26 de outubro_13.00 h
Dúo Edelmiro Fernández e Francisco Estévez ?Chuco?. (Gaita e tambor)
Centro Sociocultural de Conxo.
Domingo 2 novembro_12.30 h
Dúo Ugia Pedreira e Óscar Fernández. (Voz e sanfona)
Centro Sociocultural do Castiñeiriño.
Domingo 9 novembro_12.30 h
Mostra de instrumentos populares do mundo. Roberto Sala.
Centro sociocultural de Fointiñas.
Conversas abertas e presentacións editoriais. Auditorio da EAEM (Escola de Altos Estudios Musicais)_19.30 h Sábado 8 de novembro_
?Uxía e Emilio Cao no espello?
Presentación da revista de etnomusicoloxía Etnofolk
Sábado 22 de novembro_
?Camiños musicais por transitar?
Mesa: Ugia Pedreira, Mercedes Peón, Noel Feáns, Patxi Valera.
Presentación do espectáculo Morfasóns e do CD da AFI de Pontevedra.
Sábado 29 de novembro_
?Internacionalización da música galega?
Mesa: Olga Nogueira, Sergio Lago, Vitor Belho, X.L.Romero.
Presentación do 1º disco do grupo folque Bonovo
Concerto de Natal: 1º concerto aberto. Venres 12 de decembro_
Novas propostas do alumnado.
Auditorio da Escola de Altos Estudios Musicais.Auditorio EAEM
Cursos monográficos
Localizacións por confirmar
Febreiro-xuño 2009
Ademais fóra de Santiago estamos a organizar os seguintes eventos.
14-16 novembro. Pontevedra
?DUF?
V Encontro Internacional de Pandeiros de Mao
Febreiro 2009 - Xira Galega
Descarga ao Vivo: Cuba-Galiza
Marzo 2009 -Narón
V Encontro de Zanfona Contemporánea
Tras a realización durante o mes de setembro das Festas dos Axóuxeres 2008, chega o tempo dos Encontros dos Axóuxeres, un espectáculo para o teu bebé e para toda a familia, nun formato máis recollido.
Durante os meses de outubro e novembro, os encontros achegaranse a 9 vilas, onde os nenos poderán acudir de balde coas súas familias. Os Encontros dos Axóuxeres continuarán no primeiro trimestre do 2009, con 16 novas datas e localidades de toda Galicia.
Iso si! Non esquezas reservar a entrada previamente chamando ao número 686160879.
Axóuxeres é unha proposta para beber cantigas, brincadeiras e aloumiños, metelos nos petos e levalos para a casa, para que o galego siga pasando de pais e nais a fillas e a fillos. Ver, cheirar, gustar, tocar, escoitar, falar con todos os nosos sentidos, isto son as festas e os encontros dos Axóuxeres.
Axóuxeres é un espectáculo de palabras, arrolos, música, poesía, teatro?, un encontro para festexar a lingua galega.
Dende hai anos, en ADEGA-Lugo organizamos roteiros mensuais nos que se tenta combinar o obxectivo lúdico co reivindicativo: ao tempo que camiñamos, gozamos da natureza e coñecemos o noso país, procuramos que a nosa presenza sirva para mover conciencias, denunciar agresións ambientais, sobresaír o valor ecolóxico dos nosos espazos naturais e reclamar a súa protección. Este curso o tema da programación son os Parques Naturais, os xa declarados e propostas de novos espazos para ser declarados como tais.
Os Parques Naturais son áreas naturais pouco transformadas pola explotación ou ocupación humana que, atendendo á beleza das súas paisaxes, á representatividade dos seus ecosistemas ou á singularidade da súa flora, fauna, ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, resultando a súa conservación obxecto de atención preferente.
Dende ADEGA entendemos que a declaración dunha zona singular como Parque Natural debe ser un beneficio para a comunidade en xeral, e en especial para os habitantes dese espazo. Está en trámites a declaración de Os Ancares e O Courel como Parques Naturais, e dende ADEGA queremos apoiar esta opción, polo que decidimos dar a coñecer estes espazos a toda a cidadanía organizando case de xeito monotemático visitas a estes lugares. En ADEGA queremos que visites e goces destas marabillosas paisaxes, pero tamén que coñezas cales son as súas principais ameazas e as posibilidades que teñen de solución.
A este roteiros poden asistir socios/as ou calquera persoa interesada en coñecer o noso medio e de calquera parte de Galiza.
Os/as participantes serán informados debidamente do nivel de dificultade dos roteiros, do traxecto, dos víveres necesarios, etc. A continuación presentamos o PROGRAMA DE DESTINOS:
26 de outubro: O Courel
23 de novembro: Os Ancares
21 de decembro: O Courel
18 de xaneiro: Os Ancares
15 de febreiro: O Courel
29 de marzo: Os Ancares
19 de abril: Pena Trevinca
24 de maio: Serra do Xurés
21 e 22 de xuño: Monte Invernadoiro
Saímos sempre de diante da Escola de Maxisterio de Lugo (Av. de Ramón Ferreiro) ás 9 da mañá. Anotádevos previamente chamando ao 699626660 (Xosé Luis), 679113718 (Mariluz) ou 982240299 (local de Adega-Lugo).
O XXIV FESTIVAL DE MÚSICA GALEGA EN BARCELONA celebrarase o vindeiro 25 de Outubro de 2008 no Palacio de Congresos de Montjuïc (a carón da Praza España).
Este ano acompañarannos os grupos:
-IAR
Grupo de Baile de A Coruña
-BELLÓN MACEIRAS
Quinteto de Fene (A Coruña)
-LEÑA VERDE
Grupo Folk de Lugo
-O TEAR DE LLERENA
Grupo de Pandeireteiros (Pontevedra)
A cousa éche ben sinxela. O concurso consiste en remezclar o tema FARTO incluído no último disco Paraugas Universal. Proporcionámosche as pistas e as ferramentas, e tan só tedes que mesturalas no voso programa multipista para crear unha nova versión deste temazo. O estilo musical froito da re-mestura é totalmente libre. Todo está permitido (engadir novas pistas, engadir loops, efectos, ...).
Unha vez teñades os temas montados, tedes que envialos por email ao enderezo remixlamatumba@pai-musica.com . Inicialmente os participantes debedes enviar os tema en formato MP3 a un mínimo de 128 Kbps. Posteriormente solicitarase ao gañador o arquivo orixinal con maior calidade.
Os novos temas mesturados publicaranse nesta web para sometelos á votacións dos usuarios. O gañador será elixido cun 50% dos votos dos usuarios e outro 50% polos votos de Lamatumbá + PAI Música. O fallo farase público nas webs de Lamatumbá, PAI Música e nos medios de comunicación que así se fagan eco. O gañador tamén será notificado por email.
Podería ser un xamón da Cañiza ou un lacón con grelos, pero coido que o mellor recoñecemento que podemos facerlle ao artista gañador é facer o videoclip dese tema para promocionalo pola rede e os medios.
O prazo para entregar as mesturas remata o 27 de novembro. Logo abrirase as votacións durante unha semana, xusto despois do peche do prazo de entrega. Os temas que nos vaian chegando serán publicados na web para que poidan ser escoitados.
O Festival de Pardiñas, que se celebra cada ano no municipio lucense de Guitiriz o primeiro fin de semana de agosto, está a piques de converterse en Festa de Interese Turístico Galego, despois de que a comisión que se encarga de avaliar as solicitudes emitise o pasado 15 de outubro un informe favorábel para a súa declaración, segundo informou a AGN a alcaldesa, Regina Polín.
A Comisión de Valoración de Festas de Galiza de Interese Turístico, que depende da Subdirección Xeral de Ordenación do Turismo, emitiu un informe favorábel no que se pon de manifesto que este festival cumpre todos os requisitos para contar con esa declaración, polo que formalmente só está pendente de que sexa aprobada polo Consello da Xunta de Galiza.
Este festival naceu o 3 agosto de 1980, da man da Asociación Cultural Xermolos, coa actuación de Saraibas, María Manuela, Xoán Loura, Xosé Ramón Eiriz e Agarimo. En case 30 anos, consolidouse como unha cita cultural de referencia na provincia de Lugo, con actuacións de grupos chegados desde Finlandia, Italia, Rusia, Cuba, Portugal ou Irlanda.
Por esta cita cultural, que congrega durante todo un fin de semana centos de persoas, tamén pasaron algúns dos máis destacados representantes da música tradicional galega, como Xosé Manuel Budiño, Na Lúa ou Milladoiro, e artistas moi coñecidos doutras partes do Estado español, como Kepa Junquera.
Xosé Manuel Budiño, Mutenrohi e Narf representarán a Galicia no Womex, a meirande feira internacional das ?músicas do mundo?, que se desenvolverá do 29 ao 2 de novembro en Sevilla. Baixo a marca ?Galician Tunes?, o país contará por primeira vez cun stand propio, sobre o que os organizadores teñen posta nesta edición o seu ?foco?
O Womex terá Galicia como protagonista. Así o anunciaron onte a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo; o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará; Xabier Alonso, da Asociación Galega de Empresas Musicais, e o músico Xosé Manuel Budiño. A promoción da música galega na Womex pasa ademais pola distribución de material promocional, como folletos, unha guía panorámica da cultura e da música galega contemporánea, CDs cunha selección de 18 temas de música tradicional, portacedés e publicidade en prensa especializada, baixo a marca "Galiciantunes". Ata Sevilla desprazaranse 17 empresas relacionadas coa música galega -Abada, La Fábrica de Chocolate, Ouvirmos, Zouma, Berrogüetto, Edicións do Cumio, Muxicas, Nordesía, Falcatrada, Sul Producciones, Cávea Producciones, Pai Música, Maré, Nalgures, Lonxa Cultural, Batea e Articket-, así como a Asociación Galega de Fonografistas (Agafono) e a Asociación Galega de Empresas Musicais (Agem).
Pola súa banda, Mutenrohi, Xosé Manuel Budiño e Narf protagonizarán a Galician Focus Night que se desenvolverá o sábado 1 de novembro a partir das 21.30 horas na Praza de España, e a partir das 00.45 no Teatro Lope de Vega, no caso de Narf. Deste xeito, Budiño cumpre unha vella arela de ver representada a música galega na maior feira das músicas de raíz, xa que se trata dunha música "irrepetible e universal". Pola súa banda, Xabier Alonso, de Agem e Agafono, salientou que "estamos acadando fitos importantes, e por primeira vez a música galega estará representada por tres artistas".
A campaña coa que a Universidade de Vigo insta os estudantes e a sociedade en xeral a galeguizar os apelidos está a gozar dunha boa acollida. En menos dunha semana, a páxina web da iniciativa conta xa con case 20.000 entradas.
Chámate con xeito espertou un grande interese entre os estudantes do campus vigués, que responderon coa súa participación á iniciativa da Universidade. Henrique Costas, responsábel de Normalización Lingüística da institución, asegura que a acollida entre a comunidade universitaria está a ser ?magnífica?.
Ás case 20.000 visitas que rexistrou o portal da campaña en menos de sete días súmase o éxito do material que se repartiu entre os alumnos e alumnas. Periódicos, camisolas, mandís ou bolígrafos tinguiron o campus co lema da iniciativa e fixeron que os estudantes mesmo chegasen a facer colas para conseguir algún obxecto de merchandising. Estudantes doutras universidades están a pedir tamén material.
?Non insultamos nin violentamos?
A boa acollida de Chámate con xeito entre a comunidade universitaria contrasta coas críticas de certos sectores, entre elas do diario de extrema dereita Libertad Digital. Parte das críticas recibidas aluden os personaxes que ilustran os chamados ?castrapeiros?. ?Trátase dunha carnavalada como reclamo, pero realmente eses estamentos foron os responsábeis de que isto fose así?, sinala Costas.
?Simplemente queremos concienciar a xente de que ao igual que Sanjenjo non é correcto, Seijas e Feijóo tampouco o son en galego normativo?, engade. ?O que estraña é que dende o 1983, habendo xa daquela a forma correcta dos apelidos en galego non se fixese ningunha campaña mediática até hoxe?.
Nin en galego correcto nin en castelán correcto
A campaña Chámate con xeito recompila numerosos exemplos de apelidos deturpados. ?Oficialmente todos os topónimos galegos son Toxeiro ou Ameixeiras? pero hai quen se apelida ?Tojeiro e Ameijeiras, cando en castelán serían algo así como Aliaguero e Ciruelos?, recolle.
?Iria Quintana Muíños deberíase regaleguizar o apelido (Quintá) e Ángeles Sotelo Feijoo tería que regaleguizar o nome completo (Anxos Soutelo Feixó ou Feixoo), porque está en forma híbrida (a forma castelá sería Ángeles Sotillo Habichuelo).
Para poder escribir a onomástica con corrección a campaña da Universidade de Vigo facilita a información necesaria, tramita informes oficiais da RAG ou do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo e inclúe informes destinados aos rexistros civís que é onde se tramitan estes expedientes. ?Así, nun tempo moi breve, estas persoas deixarían de "llamarse con jeito" e pasarían a "chamarse con xeito": Carlos Oxea Lousada e Mariña Freixo Outeiro (porque en correcto castelán serían Carlos Eugenia Losada e Marina Fresno Cerro)?.
Ábrese a matrícula para a Aula Folque Infantil de Pontevedra
A Aula Folque Infantil (AFI) de Pontevedra é a sección infantil do Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque.
A AFI é un espazo musical alternativo para nenas e nenos e un lugar de ensino complementario aos conservatorios e escolas de música. É unha aula experimental coa música e baile tradicionais galegos como eixo fundamental entendida dentro do contexto global das músicas do mundo.
A Aula Folque Infantil propón aos nenos unha relación coa contorna contemplando o feito sonoro como unha ferramenta comunicativa e de autocoñecemento.
As materias de ensino son abertas e flexibéis. Hai contidos básicos de expresión corporal, canto e técnica instrumental, mais non restrinxidos, e sempre en contacto con outros módulos coma artesanía musical, gravación en estudio, videocreación, informática musical, práctica escénica,?
A AFI propón un ensino sen transmisión directa baseado nun profesor que conduza ao alumnado ao descubrimento por si mesmo dos coñecementos da materia a impartir. O mestre fornece os mecanismos de exploración interna infantil dun xeito lúdico e non traumático.
O mítico escocés Chik Mcauley, membro de bandas cómo Rua, Miro, etc... chega das highlands con Paddy Duncan e con outro amigos, para celebrar o seu 60 aniversasio com un gran concerto, seguramente será unha jam sesion para nom esquecer.
Martes 21 de outubro
Casa das Crechas, Santiago de Compostela
ás 22:00
Fuxan os Ventos expreme no seu retorno o repertorio dunha xeración
Díxoo Tareixa Novo logo da Costureira: "Hai hoxe 36 anos que nacía Fuxan Vos Ventos, no festival das San Lucas de Mondoñedo". O anaco de historia que invocaba a cantante, o pasado sábado en Santiago, foise inflamando a medida que avanzaban os 29 temas de Terra de Soños, o espectáculo de Fuxan os Ventos no seu retorno aos escenarios. Ademais da nostalxia, o regreso ao pasado tivo algo de reparación histórica. A mesma banda que triunfaba en romarías, teleclubes e tabernas, aquí e na emigración, protagonizou un verdadeiro reencontro nacional no Auditorio de Galicia. Para todos os públicos: tropa de liña e tropa lixeira, cargos dirixentes -Anxo Quintana estivo alí- e loitadores por libre da época anterior á normalización lingüística.
Ancares, con Mercedes Peón e Pepe Ferreirós (Milladoiro) á gaita, introduciu as primeiras muescas de emoción. As apoiaturas do vídeo, concibidas por Lara Bacelo para Nonsi Servizos Culturais, ensinaron o rostro de Manuel María (un dos poetas máis musicados do país) e a Manuela da Carrioza ou Darío Xohán Cabana falando dos "tempos heroicos", e introduciron planos sobre diferentes realidades da imposición idiomática.
'Cantiga de Berce'
"Todo o que queda por facer", en palabras de Carme Vázquez para a Cantiga de Berce: "Durme, meu neno, durme, niste colo, que esta terra de escravos non ten odio". "Ten séculos de espranza, agardada, que pón hoxe nos fillos que amamanta". Aquí xa houbo bágoas. Dos fillos, hoxe convertidos en pais.
A revisión dos rexistros do grupo, das panxoliñas á canción protesta, foi enhebrada por Xosé Lois Romero (Nova Galega de Danza), que coordinou o traballo dos músicos de apoio. Nove artistas, desde o clarinetista Benxamín Otero (Linho do Cuco) ou o guitarrista Guille Fernández (Berrogüetto, Espido) ao percusionista Roi Adrio ou o cuarteto de corda Saiva Nova. "Estes xa foron a escolas de música", chanceaba un paisano da idade de Moncho Díaz.
O diálogo interxeracional foise completando co pase de invitados. Ademais dos xa citados, e coas ausencias de Mini e Mero, na Quenlla desde 1984, as voces de Guadi Galego, Uxía Senlle ou Xabier Díaz, e as intervencións de Rodrigo Romaní, a cantante Sabela ou o pianista e acordeonista Miguel Lustres converteron Terra de Soños, que sairá en CD-DVD, ademais de emitirse por TVG, nunha cerimonia de dignificación da música galega. Popular, para máis acenos, e de orientación folk.
O público abrasouse as mans con pezas populares como O estraperlo, O carro, A Carolina, O Afiadore ou As pachocas, referentes dun mundo rural en extinción, aínda que as emocións máis tanxibles retornaron coas cancións melancólicas do compromiso. Desde o Iste vaise de Rosalía a Muller, coa vella letra de Marica Campo en boca de Antón Castro: "Xa poden falar en Madrid con palabras ben fermosas / que nunca, nunca, nos han pagar a nosa fame de outrora".
Logo de varios amagos, Fuxan vos Ventos chamou a todo o mundo para cantar Sementeira, o estándar de Luís Álvarez Pousa e Mini. A festa retrospectiva terminou co auditorio posto en pé, entonando con alegría o "loguiño de crarear".
Unha das voces máis representativas do que no seu día se denominou a Nova Canción Galega. Xan Fraga escribe a súa biografía ("Miro Casabella e a Nova Canción Galega") e repasa un período importante e emocionante da nosa cultura contemporánea: dende os anos 60 para acá. Anos contra a ditadura de Franco e a prol da esperanza.
O cantante valenciá Raimon e Miro Casabella ofreceron o pasado xoves un recital no Teatro Rosalía de Castro da Coruña que constituíu un verdadeiro acontecemento, co auditorio cheo de xente e arredor de dúas horas e media de actuación. Na colección Reportaxe de Editorial Galaxia, o escritor e historiador Xan Fraga propón unha viaxe pola biografía do músico galego e polos últimos anos do franquismo e os primeiros anos da democracia, sempre da man da crónica da canción galega.
Dende as primeiras grabacións en galego de Jacinta ou Luis Olivares, editadas por Edigsa/Galaxia, ás grabacións de Voces Ceibes (Edigsa/Xistral), o concerto de Raimon na residencia de estudantes de Santiago en 1967, a aparición do Movemento da Canción Popular, o nacemento da nova música folk, as colaboracións cos cantantes e a música portuguesa, a explosión do pop, etc., ata os nosos días, a crónica da música popular (e da "canción protesta", como se denominou durante algún tempo) é tamén a crónica dunha xeración.
Xan Fraga amosa, no libro dedicado a Miro Casabella, unha capacidade obxectiva para contextualizar os movementos sociais, artísticos e políticos. Nada se explica fóra do seu tempo. Manuel María, Alonso Montero, Lois Diéguez, Alfredo Conde, Xavier Alcalá... Os compoñentes todos de Voces Ceibes... Jose Afonso, Luis Cilia, Jose Mario Branco... Raimon, María del Mar Bonet, Pi de la Serra, Paco Ibáñez, Mikel Laboa...
Entre outros documentos, o libro desenterra un informe da policía política do franquismo, datado na Coruña en 1970, no que se fai un reconto miúdo da significación deste movemento cultural (Voces Ceibes e a Nova Canción Galega), con referencias concretas ás persoas máis directamente implicadas no mesmo. Tamén se inclúen, nun CD complementario, algunhas das grabacións máis significativas de Miro Casabella. www.editorialgalaxia.es
Con esta páxina queremos difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.
Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos.
Hoxe en día, debido ós cambios producidos nas formas de vida e nas actividades de lecer dos rapaces e rapazas, corremos o perigo de perder esta riqueza definitivamente. Sen rexeitar radicalmente as novas formas de diversión e coñecemento que nos ofrecen as últimas tecnoloxías, consideramos que é posible e, mesmo, moi positivo para as relacións humanas recuperar, coñecer e practicar os xogos verbais dos nosos avós.
Por moito que cambien os tempos hai sentimentos como a tenrura entre pais e fillos ou a alegría de xogar cos amigos/as que nunca cambiarán. A tradición oral ofrécenos a posibilidade de seguir expresando estes sentimentos e seguir gozando cos xogos máis sinxelos.
Moitos dos ditos populares de Galicia son comúns a varios pobos de Europa e, incluso, de América e de África, e outros son de creación xenuinamente galega. De aí a enorme variedade e as múltiples versións que podemos escoitar por veces dun mesmo recitado.
Animámosvos a participar neste proxecto achegándonos os ditos, recitados e cancións que coñezades e gozando cos que aquí descubrades. Non teñades reparo en enviarnos versións moi semellantes pois tede en conta que case todas as versións son válidas porque no seu seo latexa o xenio creador do pobo.
A páxina está aberta á túa colaboración, moitas grazas por participar.
Xa case estamos de volta e farémolo en Novembro deste ano. O equipo do programa agradecémo-lo voso apoio e fidelidade a Alalá que nos fixeron líderes a audiencia as tres últimas tempadas.
Tamén queremos recordámosvos que estamos dispostos a escoitar as vosas suxerencias sobre aquelas figuras ou agrupacións que consideredes que merecen un recoñecemento público pola súa laboura ou traxectoria na música tradicional.
O horario de emisión para a cuarta tempada será os LUNS ÁS 21:40 e comezarémos como non podía ser doutra forma de festa:
o primeiro capítulo da nova tempada tratará sobre OS SERÁNS, así que si vos queredes emocionar, rir e saber algo máis sobre a nosa cultura xa sabedes!!
A primeira abre o seu prazo de matrícula o día 23 de outubro
A primeira Escola de Música Tradicional multidisciplinar da provincia de Lugo, situada no centro Lugh 2 ?en cálea Pintor Corredoira da capital lucense-, comezará a funcionar a principios do mes de novembro. Será xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos e contará coa colaboración económica da Dirección Xeral de Xuventude ?que depende da Vicepresidencia da Xunta de Galicia- e a área de Cultura da Deputación Provincial, que achegarán uns 120.000 euros ao ano.
O prazo de matrícula para o novo curso abrirá oficialmente a próxima semana, o día 23 de outubro, coa presentación das actividades lectivas. En principio, poderán inscribirse persoas de todas as idades, para clases de iniciación ou perfeccionamento, e nenos a partir de sete anos. O catálogo de materias inclúe gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto, pandereita, percusión, requinta, linguaxe musical e investigación etnomusicológica.
As clases serán impartidas por profesores de recoñecido prestixio, que chegarán desde distintos puntos de Galicia. O secretario da Asociación de Gaiteiros Galegos, Xaneco Tubío, explicou que todo o corpo docente estará formado por profesionais ?dunha gran experiencia e cun nivel excepcional?, grazas a un coidado proceso de selección.
En principio, non hai límite de prazas para ningunha das disciplinas ofertadas no catálogo lectivo, aínda que todo dependerá da demanda que teña cada unha das materias. Nese sentido, Tubío asegurou que os promotores desta iniciativa esperan unha ?gran resposta? por parte da sociedade lucense, dado que só nas clases de zanfona que xa está a impartir en Lugo a Asociación de Gaiteiros Galegos están inscritas unhas 25 persoas.
Sexta feira 17 (Venres)
? 1º Festival Xalleiro de Regueifas e Hip-hop no Edificio Multiusos de Santa Comba
? Nova Galega de Danza en Compostela no Palacio de Congresos e Exposicións
? Ultraqans na Casa das Atochas (Montealto-A Coruña) ás 21:30
? Foliada na Guayra (Subida á Madroa-Vigo) ás 21:30 cos Gaiteiros de Monteboi
Sábado 18
? Aló Irmao: Fran Pérez e Manecas Costa en Ribadeo
? Fuxan Os Ventos en Compostela ás 21:00 no Auditorio de Galicia.
? Som do Galpón, Kogito, ... en Cangas
? Cuarteto Caramuxo no Pazo de Trasalba en Amoeiro (Ourense)
? The Turres Band na Sala Vagalume de Salvaterra de Miño
? IX Festival Algazara en Ponteareas
? Festival Galeuzca en Arzua: O sonor Maxín, Sorkum,...
? O Fiadeiro en Betanzos
? Torneo de billarda e Serán en Moaña
? IV Ruada Xiradela en Arteixo
? Serán "Val de Flores" en Valdráns (estrada Tui-Salvaterra), no Centro Cultural
Domingo 19
? XI Certame Internacional de Improvisación Oral (Valladares-Vigo): Regueifas ás 19:00
? Pablo SeoaneGrupo no Freixo (Serra de Outes) as 19:00
? Fuxan Os Ventos en Compostela ás 21:00 no Auditorio de Galicia.
? Aló Irmao: Fran Pérez e Manecas Costa en Lugo na Praza de Santa María ás 21:00
sábado 18 de outubro
-Serán "Val de Flores" en Valdráns (estrada Tui-Salvaterra), no centro cultural
-IV Ruada Xiradela no Centro Cívico Cultural de Arteixo
-Serán en Moaña (tras o torneo de billarda)
sábado 25 de outubro
-Serán da Balsa, no Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
-Serán-Magosto no torreiro da Festa de Matamá
Xoves 30 de outubro
-Serán na Sala Nasa (Compostela)
Sábado 1 de novembro
-I Foliada en Sada, na praza dos irmáns Suárez Picallo ás 20:00
sábado 8 de novembro
-Serán en Caldelas de Tui, na Carballeira de San Martiño
Sábado 15 de novembro
-III Serán en Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
Sábado 3 de xaneiro
-Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)
sábado 31 de xaneiro
-Serán en Silvoso (Pontecaldelas), no adro da festa
Sábado 7 de marzo
-Serán de Oliveira (Ponteareas)
Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)
A cinco días do primeiro dos espectáculos que suporán o regreso aos escenarios de Fuxan os Ventos, a organización vén de colgar o cartaz de ?non hai entradas? para as dúas datas (18 e 19 de outubro).
Co espectáculo Terra de soños, Fuxan os Ventos volverán subir ao palco na compaña dalgúns dos seus mellores amigos, como Guadi Galego, Uxía, Mercedes Peón, Xabier Díaz, Pepe Ferreirós, Rodrigo Romaní ou a compañía Nova Galega de Danza, para reinterpretar os seus xa clásicos temas. A cita é no Auditorio de Galiza (Santiago de Compostela) os días 18 e 19 de outubro, a partires das 21:00 h.