Hoxe temos que lamentar a triste perda de Juan Bello Mallou, o gaiteiro das Casas Novas, un dos referentes fundamentais do mundo da gaita e unha figura imprescindible que sintetizaba como ningún outro o estilo dos gaiteiros de Santiago e comarca.
?Mallou? iniciosuse no mundo da gaita de neno, e dende ese intre, a música tradicional entrou na súa vida para non saír xamais.
Ao longo da sua vida acadou numerosos galardóns e ensinoulles ás novas xeracións de gaiteiros a amar a gaita e a facer da nosa música unha parte imprescindible da vida.
Unha persoa moi querida por todos, discreta e amable, que ten moito aportado á dignificación da gaita galega.
Dende a AGG lamentamos fondamente esta gran perda.
O velatorio será a partir das 17.30 horas de hoxe, na Sala 4 do Tanatorio de Boisaca, ( Rúa das Mulas S/N) en Santiago de Compostela.
Mañá ás 20.00 horas haberá unha misa no mesmo tanatorio.
Quinta feira 16 (Xoves)
? Xosé Constenla no Salón Teatro (Compostela) ás 21.00
? A Buxaina e Ghaita&cia no Furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
Sábado 18
? Brath no Auditorio de NovaCaixaGalicia de Pontevedra ás 21:00
? Cantata Vernácula na Gentalha do Pichel (Compostela) ás 22:00
? Esquíos no Rock&swing (Vigo) ás 22:30
? Narf Trío na Sala Aturuxo (Bueu) ás 22:30
? Cé Orquestra Pantasma no Local Social de A Rebusca (Manzaneda) ás 22:30
? Os Vacalouras no Furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
? II Serán na casa do pobo de Marcón (Pontevedra)
? Serán en Gargamala na casa cultural do barrio de Mourelle
? Serán de Cabeiras ( Arbo)
Domingo 19
? Sesión vermout con Zurrumalla no Furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)
Bo aninovo!
Quen vén tocar esa noite? 21h30 . Obradoiro de baile con Marcos Botana
22h30 . O Ghusto do Boi
23h15 . Xurumelo
24h00 . A. C. Rosalía de Castro (Cacheiras)
01h00 . Foliada até ás 03h00
Máis información
www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
Segunda feira 6 de xaneiro (luns)
? Danza de Reis en Riofrio (Mondariz) ás 12:30
? Danza de Reis en Guláns (Ponteareas) ás 12:30
? Danza de Reis en Santa María (Salceda de Caselas)
? Cantos e danzas tradicionais de Reis nas Cortellas (Padróns-Ponteareas) ás 18:00
? Rancho de Reis de Fozara (Ponteareas) ás 11:30
? Rancho de Reis de Pías (Ponteareas) a partir das 12:00
? Rancho de Reis de Oliveira en Santiago de Oliveira (Ponteareas) ás 13.00
? Rancho de Reis de Oliveira en Cumiar (Ponteareas) ás 18.00
Terza feira 7 de xaneiro (martes)
? Danza de Reis en Guláns (Ponteareas) ás 12:30
No sur de Galicia consérvanse as danzas de Reis asociadas ós denominados Ranchos de Reis. Estes Ranchos de Reis interpretan catro danzas diferentes:
Danza de castañolas e danza de palitroques: ambos acompáñanse de pezas de madera de buxo (castañolas ou paus) que os danzantes fan soar mentres executan a danza.
Danza de fitas: os bailadores danzan xirando arredor dun pau mentres suxeitan unha fita amarrada á punta dun poste, estas fitas van sendo trenzadas sobre o poste mentres os bailadores desenvolven a danza.
Danza de arquiños: os danzantes bailan xunguidos ás súas parellas por un pao en forma de arco decorado con fitas de cores debuxando figuras e entrelazando os arquiños de diferentes xeitos.
Ademais destas catro danzas, os bailadores adoitaban a pechar a representación bailando a xota, o valse, a muiñeira e a ribeirana.
Cada 6 de xaneiro pola tarde, na parroquia de Santa María (Salceda de Caselas)
Nestas datas tan sinaladas donde celebramos as festas do Nadal, no concello de Salceda de Caselas inténtase manter e recuperar unha antiga tradición que se viña celebrando anos atras nestas datas de Nadal concretamente no día de Reis, o chamado Rancho de Reis, rancho que ten unhas características que distan dos tradicionais ranchos que se celebran o longo de toda Galicia como pode ser o de Gulans, Riofrio ou do Norte de Portugal, unha variedade de rancho que o grupo O Seran recuperou estes ultimos anos, e na que nos o grupo Os de Sempre estamos concienciados e preparados para levar a cabo dita recuperación desta danza e na que probablemente para o proximo Nadal do 2009 poderemos danzar e tocar o Rancho de Reis, agora estámonos reunindo coas ultimas persoas que formaron o antiguo Rancho de Reis, para que nos trasmitan os 14 puntos desta danza, a musica que se tocaba e a indumentaria utilizada.
Antigamente en Salceda de Caselas existían dous ranchos, como non, o Rancho do barrio de abaixo (A Feira) e o rancho do barrio de arriba (O Barreiro), ademais da rivalidade do carnaval tamen había rivalidade co rancho de Reis, por certo tamén había o rancho de Carnaval, que diferenciaba do Rancho de Reis por ser mais numeroso e pola sua indumentaria.
Centrándonos no Rancho de reis, O rancho de Reis de Salceda, estaba formado por dous danzantes que bailaban entorno dunha figura A Dama, acompañado de gaiteiros, tamboril e bombo, polo tanto non existe a danza dos paus e dos arcos ou das cintas nin tampouco se baila dentro da igrexa. A figura da Dama esta representado por un neno (varon) vestido de Dama todo engalanado de ouro, xoias de ouro que se pedía polo barrio ou nas parroquias veciñas, sombreiro e manton, os danzantes vestían pantalons cortos e medias altas de cor blancas, na cabeza un sombreiro de duas puntas e unha castañetas nas suas mans que ían repinicando o son da danza. Na vispera do Reis, o rancho danzaban nas casas das parroquias de Salceda, deixando para o día de Reis o seu propio barrio, había persoas que acompañaban o rancho para ir pedindo nas casa si querian ver danzar o rancho, outras tiraban os fogos de palenque si os caseiros o aceptaban, o rancho danzaba na sua casa a cambio e este pagaba pola actuación e asi recaudabanse uns cartiños.
Existía unha gran rivalidade que empezaba na vispera da noite de Reis, pois os dous ranchos pelexaban por ser os primeiros en chegar a igrexa de Salceda, o que se chamaba "coller a Igrexa", as doce da noite tiraban o fogos de palenque anunciando que a igrexa fora collida. O día seguinte os dous danzantes do rancho que collera a igrexa, tiñan o honra de axudar a misa, cantar o Canto de Reis, e ser o primeiro rancho en bailar no adro da igrexa e na caso do cura co cal o outro rancho quedaba relegado a un segundo plano. Producíanse momentos de tensión na hora de coller a igrexa e segundo contan, o rancho do barrio de abaixo chegou a ir a igrexa cunha escopeta de caza para intentar desaloxar o rancho de arriba.
O vindeiro luns día 6 de xaneiro nas Cortellas (Padróns - Ponteareas) ás 18:00 da tarde, representación dos tradicionais cantos e danzas de Reis.
Como cada ano, na tarde de Reis, xuntarémonos todos nas Cortellas para a tradicional representación dos ancestrais cantos e danzas de Reis das Cortellas.
O Karaoke Popular ofrécenos cancións coñecidas por tódolos públicos e para gozar en calquera espazo ou momento de lecer.
Compartir a música pupular xunto á familia e os amigos proporciona agradables e divertidos momentos, tamén é fantástico para escolas, ludotecas, garderías, asociacións veciñáis e culturais, desenvolvendo nos máis pequenos unha función de aprendizaxe e coordinación coa escoita musical, lectura e canto.
Os temas gravados nesta compilación, atópanse reforzados melódicamente e presentan unha gran variedade harmónica e riqueza sonora; acordeón, ukelele, frautas, gaitas, tamboril,.. facilitando a súa interpretación, polo que teremos a sensación de estar cantando coa nosa propia banda.
Os arranxos dos temas foron elaborados e gravados por Rafa Crespo, Rubén Troitiño e Suso Atanes (A rianxeira, Catro vellos mariñeiros e Foliada de Tenorio).
Producido por Ton e Son para Inquedanzas Sonoras
A Regueifa · A Rianxeira · Catro vellos mariñeiros · Miñas cousas · A saia da Carolina · O Galo · O Caneco · O Burro da tía Lola · Himno Galego · Foliada de Tenorio · O Merlo · Foliada de Nadela ·O Sancristán de Coimbra · Ven bailar Carmiña ·
O músico Antón Seoane, un dos fundadores de Milladoiro, publica o libro-disco ?Do Voces Ceibes a Milladoiro? no que se ocupa de analizar polo miúdo, como protagonista en primeira persoa que foi, a época que vai dende a aparición da Canción Popular Galega, un movemento de cantautores, cancións protesta, música de taberna e influencias mesturadas que ían en coalición desordenada contra a longa sombra do franquismo, ata o nacemento e éxito de Milladoiro.
O libro sae publicado cun disco con algúns dos éxitos da época, seleccionados polo autor, no que aparecen algúns dos grandes protagonistas daquel tempo como Rodrigo Romaní ou Pilocha, entre outros, e acompañado dun DVD onde moitos protagonistas daquel tempo, non só da música, revisitan aquela época fascinante.
Novo disco de Acadacanto (Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero) publicado polo selo Músicas de Salitre, chámase A Rosa d'Adina e nel aCadaCanto musica 6 textos de Rosalía de Castro.
Catro anos despois do seu último lanzamento, e logo dunha campaña de Crowdfunding, Som do Galpom presentaban esta mesma semana Galinha de Troia, o seu terceiro disco.
O novo traballo da banda mantén a mestura de sons característica do grupo, cunha destacada presenza de hip hop e funk. A Sala Capitol acollía onte un concerto no que o conxunto estivo acompañado de Anfibia, Quico Cadaval e outros convidados.
Música para nenos e nenas de todas as idades, para que non morra @ nen@ que levas dentro! Dende sons de muiñeira ou folk ata rock and roll, chachachá ou hip hop.
A finalidade deste disco é didáctica, con letras que implican xogos e en galego como algo propio que hai que usar e ao que temos que darlle valor. Na parte musical varios temas están feitos con instrumentos pensados para nenos/as de colexios, como caixa chinesa, xilófono, cencerro e triángulo. Unha creación feita integramente en Ribeira.
Da man do colectivo autoxestionado Discos da Máquina, Caxade debuta cun elegantísimo
elepé de folk-pop independente, onde se cruzan aires balcánicos, música de bandas, folclore sen
domesticar e exquisita vocación popular.
O proxecto encabezado por Alonso Caxade ?tamén
coñecido polo seu traballo na Orquestra Os Modernos, no Cuarteto Caramuxo e mais en PELdeNOZ- incorpora a Manu Paino ?trompeta e carillón-, Manu Espinho ?bombardino- e Xosé Tunhas ?batería- para confeccionar ?un disco con letras transgresoras, ligadas á realidade cotiá e á situación actual?. ?Porque en tempos de crise intelectual, moitos pretenden converternos en moscas a danzar arredor do seu manxar favorito?, expón o propio Caxade.
Na gravación d?A dança dos moscas, cuxos temas foron compostos, arranxados e producidos por Alonso Caxade, participaron Marcos Paino e Tomás Ageitos ?na gravación e na mestura-, Dr. Chou ?no máster-, Logoferoz ?no deseño- e Ariel Ninas ?na fotografía.
Mónica de Nut canta acompañada á guitarra por Virxilio da Silva, na percusión contan coa colaboración de Marcelo Dobode e Javi JDJazz na trompeta e no fliscorno.
A cantante segue a sinsitir na combinación de música clásica, jazz, rock e tradición galega e o repertorio nace de melodías tradicionais, clásicos da música barroca e temas propios remexidos entre delays, distorsións e sons acústicos.
Acaba de publicarse CORASONS, un libro-cd-dvd que reúne fotografías, músicas e un completo traballo audiovisual sobre o proxecto que, baixo a dirección de Uxía, reúne un feixe de destacados intérpretes galaico-lusófonos. Cunha coidada edición e produción, CORASONS estará dispoñible en toda a Península.
??Corações de Galiza, Portugal, Brasil e Angola pulsando, batendo e emocionando na mesma lingua con «sotaques» diferentes?.
[CORASONS: Fragmento do limiar de Uxía]
?Cada imagem conta uma história, um momento irrepetível, adquirindo múltiplos sentidos, para quem contempla. Recriar, improvisar, jogar com os reflexos e com a desfocagem, procurar a geometria da minúcia, desafiar as sombras e a magia, ousar a poesia e a simplicidade, dar à luz cor e metáforas??
[CORASONS: Fragmento do limiar de Isabel Leal]
?Unha mostra, encontros, química, música? E amizade, por cima de todo a amizade? e a lingua común?.
[CORASONS: Fragmento do limiar de Carlos Blanco]
CoraSons é unha experiencia artística que xurdiu nas redes sociais a través da páxina ?Quem vê corações? e materializouse inicialmente nunha exposición de fotografías de Isabel Leal e nun recital posterior coa participación de varios músicos na Casa das Crechas de Santiago de Compostela.
A ese encontro seguiulle un gran concerto celebrado na Illa de Arousa ao que se sumaron máis de 40 intérpretes e que se plasmou nun documental gravado por Paco Abelleira. Agora, da man de KALANDRAKA, o proxecto que dirixe Uxía convértese nun libro-cd-dvd con 19 temas e cunha película de hora e media.
Cada imaxe conta unha historia feita canción. A natureza, a vida cotiá, a arquitectura, as sombras, a xeometría ou a imaxinación son os escenarios que se recrean partindo da forma e da simboloxía do corazón. Mais, lonxe do enfoque romántico, CoraSons trata sobre a afectividade, os sentimentos, as emocións, a amizade, e reivindica latexarmos unidos. Músicas quentes para tempos xélidos, corazón-coraza para tempos incertos.
Sae á rúa Danzas Brancas, o cuarto traballo da Orquestra Folk de Galicia Sondeseu, que segue a liña trazada polos anteriores cun indiscutible selo de calidade, innovación e proxección da música de tradición oral dende a perspectiva da creación colectiva. Este novo traballo contén temas de músicos galegos de recoñecido prestixo vinculados á propia orquestra como Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Xosé Liz e Rodrigo Romaní, así como unha versión de "O Mandil" un dos temas máis emblemáticos de Berrogüetto, arranxado especialmete para a orquestra polo seu autor: Quico Comesaña
Danzas Brancas, conta coa colaboración de Kepa Junquera que nesta ocasión se funde cos máis de corenta instrumentistas que forman a primeira orquestra folk de Europa.
Danzas Brancas resulta ser unha evocación da tradición personificada nun tipo peculiar de danza vinculada a celebracións relixiosas con forte influenza de elementos pagáns anteriores, mesmo referenciados na idade media. A gravación reflicte con fidelidade o ambiente e a enerxía que Sondeseu transmite nos seus directos, cheos de forza e poder de comunicación.
Danzas Brancas está dispoñible nas mellores tendas, Itunes Store e na propia web da orquestra: www.sondeseu.org
O libro-CD Cartas que veñen e van, con cancións de Mamá Cabra e textos e letras de Susa Herrera saiu á luz en 2006 en galego e castelán da man da editorial Primerapersona, ilustrado por Lorena Pita.
Agora, Galaxia recupera este volume e preséntao en galego nunha nova edición ilustrada desta volta por María Lires. Os temas presentan forma de cartas dirixidas a lobos, osos, gatos ou ao Pai Nadal e que convidan aos máis pequenos a cantar e a xogar.
Logo do éxito do seu Tic Tac, hai xa catro anos, Pablo Díaz continúa a súa carreira na música para os máis novos co lanzamento de Toc Toc.
A editorial Galaxia presenta este libro-disco, que conta con ilustracións de Nuria Díez e que achega un feixe de temas optimistas e con ritmo. Canda ao que dá título ao volume, tamén hai cancións dedicadas ao Apalpador, á defensa do medio ou ao coidado dos animais, todo elo con ritmos alegres e grandes doses de fantasía. Díaz conta cunha banda de apoio e inclúe no traballo instrumentos como gaita, guitarras, acordeón e percusións.
Da música tradicional ao rap a pasar polo pop. O primeiro libro-disco dos Bolechas, que se presentou esta semana, toca todos os estilos da man de dez grupos galegos. Pandeiromus, O Sonoro Maxín, Novedades Carminha, Ataque Escampe, Sés, Transilvanians, The Homens, Eladio y los Seres Queridos, Álex Casanova e AID achegan ao proxecto cadanseu tema inédito.
Os Bolechas fan unha banda inclúe ademais un libro ilustrado por Pepe Cararreiro sobre os irmáns máis coñecidos polas crianzas do país.
Tambo é un proxecto multiformato que integra nunha soa obra aspectos musicais, audiovisuais, literarios e de expresión corporal.
Naceu dunha actividade dinamizadora da biblioteca escolar do C.E.I.P. do Carballal de Marín na que o alumnado elaborou un relato que anos máis tarde propiciaría unha irmandade co C.E.I.P. A Pedra de Bueu.
Presenta unha esencia claramente educativa.
Todo o proxecto está tinguido de transversalidade tratando valores como a conservación do medio ambiente ou a discapacidade. Preparádevos para gozar con contos convertidos en canción, cancións mudadas a imaxes e imaxes transformadas en coreografías.
Sen dúbida temos ante nós un libro disco para pequechos, maiores e profesionais do ensino que presenta tódolos ingredientes para pasalo ben coas andainas dunha tartaruga ben simpática.
Conto en edición bilíngüe galego/xaponés e 6 cantigas populares en Xapón coas súas correspondentes partituras.
O libro ven acompañado dun CD coas cantigas nas súas versións galega e xaponesa.
?Pan de millo? é un libro-disco publicado por Kalandraka e dirixido a público familiar en que Migallas Teatro reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais que interpreta nos seus espectáculos e actividades de expresión dramática.
Os arranxos e adaptacións están feitos por Magoia Bodega e Paulo Nogueira, músicos e educadores, membros do grupo Treixadura e moi vencellados a proxectos de divulgación da música galega tradicional. Canda eles, intérpretes do prestixio de Pancho Álvarez, César Longa, Begoña Riobó ou Segundo Grandío, entre outros artistas.
É o segundo proxecto musical de Migallas despois de ?Canta connosco!?, considerado un ?revulsivo? no eido da música galega infantil. Co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor, este traballo está pensado para seguir practicando o xogo e a diversión, recuperar a memoria dos avós e avoas, e contribuír á transmisión da lingua. No repertorio conviven ritmos autóctonos -como muiñeiras, pandeiradas e pasodobres- con melodías de inspiración latinoamericana. Os temas de creación tratan cuestión actuais como a colaboración fronte á competición, a promoción da paz, ou o exceso de actividades extraescolares. Tamén se inclúen propostas de expresión plástica e dramática.
A partir das cancións, Dani Padrón crea unhas ilustracións que destacan pola frescura, o colorido e a ledicia que transmiten os personaxes.