|
|
|
Chega a fin de semana |
|
Sexta feira 31 (Venres)
? Festival Findekflipas na Rebusca (Manzaneda)
? Victor Aneiros na sala Capitol (Compostela) ás 21:30
? Maghúa na Corte dos Bois en Sandiás Ourense às 23.30
? Maravallada no Racimo (Vigo) ás 21:00
? Foliada X aniversario na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Foliada no Lar (As Pontes)
Sábado 1
? Festival Findekflipas na Rebusca (Manzaneda)
? Pablo Díaz no Forum Metropolitano (A Coruña) ás 17:00 e ás 19:00
? Kepa Junkera no Teatro Principal de Santiago de Compostela ás 21:00
? Maghúa na Corte dos Bois en Sariabia (Allariz) às 22.30
? Sés no Auditorio de Ourense
? John Deeres e Liska! na Gentalha do Pichel (Compostela)
? IV Ruada da Ribeirana (Ribadavia)
? Serán en Meirol (Mondariz)
? Serán no Teleclub de Caritel (Pontecaldelas)
Domingo 2
? Alvariza no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 20:30 |
|
|
|
Concerto X aniversario da Gentalha (Compostela) |
|
 |
|
|
|
Alvariza en Cangas do Morrazo |
|
 |
|
|
|
Kepa Junkera en Compostela |
|
Kepa Junkera é un dos músicos vascos máis internacionais. Acabado de chegar de Irlanda, atende a Praza dende Euskadi mentres ultima os detalles do concerto que, no marco do ciclo Sons, ofrecerá este sábado en Compostela. Junkera subirá ao escenario do Teatro Principal compostelán acompañado dun grupo metade galego, metade vasco, para despregar os sons do seu último traballo, Galiza (Fol Música), un libro-disco no que homenaxea a música e a cultura galega acompañado dunha constelación de artistas do país como Xabier Díaz, Davide Salvado, Leilía, a Banda das Crechas, Luar na Lubre, Radio Cos, Os Cempés ou Uxía Senlle. Toda unha declaración de amor a Galicia.
Este disco ponnos ás galegas e aos galegos diante dun espello. Que tal saímos?
Iso teredes que dicilo vós [ri]; para min é un retrato feito dende a admiración, dende o agarimo e dende a paixón. Eu tentei facelo como o sentía, para min dende hai moitos anos a música de Galicia e a súa cultua tradicional parécenme apaixonantes, sempre me emocionou moito. Eu, que compoño temas, valoro moito as melodías tan bonitas que ten a vosa cultura. Niso me baseei; é un proxecto que para min supón un soño que se xestou durante anos e ao final tiven a sorte de realizar e estou moi agradecido. Non sería posible sen tantos amigos, sen as súas ganas e entrega; sempre recibín ese agarimo durante os 20 anos nos que me levan chamando de Galicia.
"A música de Galicia e a súa cultura tradicional parécenme apaixonantes"
O seu coa música galega xa non é un frechazo, senón unha relación prolongada...
Foi un frechazo no primeiro momento. Cando descubrín a Milladoiro, as súas melodías tan preciosa. Despois tiven a sorte de colaborar con Carlos Núñez, Xośe Manueñ Budiño, coas pandereiteras, os grupos... percorrer as festas e festivais, os lugares tan especiais onde sempre vibrei moito, sempre hai moita enerxía. Sempre hai unha forza especial, mesmo tocando os meus temas, notaba unha forza e unha enerxía moi especiais. É unha experiencia musical de moitos anos.
En Galiza non atoparemos nada semellante a outros proxectos que pouco teñen que ver co país pero que se vernizan de galegos para determinadas ocasións, con algún instrumento ou algún ritmo...
Hai moitos xeitos e moitos camiños. Eu elixín a a materia prima tal cal a recibía e eu engadinlle instrmentos que eu controlo, como a trikitixa, a txalaparta, os irrintxis... Decidín non achegar unha guitarra, un baixo ou arranxos electrónicos, preferín a esencia e estou contento co resultado. É arriscado, porque con outros instumentos se pode facer un son máis comercial, máis xeralista. Eu preferín facelo como eu o sentía e tiven a sorte de que todos os artistas me deixaron modelar as cancións. Foi un traballo común. Hai temas arranxados moi bonitos, coa Central Folque, con Rodrigo Romaní... é xente de moito nivel. Tamén estou moito contento porque no proxecto está a canteira e os nomes máis consagrados e todos tratados igual. E iso tamén é unha opción miña. Non quería os grandes nomes ao principio.
"Veño de tocar en Irlanda e é unha marabilla, pero hai algo na música de Galicia que a min me enche"
Por que Galicia e non Irlanda ou Bretaña, por exemplo?
Esta semana toquei en Irlanda e é unha marabilla, cuns músicos incribles... Pero hai algo na música de Galicia que a min me enche. Eu non non me dediquei normalmente a facer monográficos sobre culturas, eu fago a miña música con moias achegas, pero nunca un desembarco nuha cultura coma este, a este nivel... Toquei con moitos músicos irlandeses e bretóns e tamén son unha marabillla... non me gustan tanto os os sons máis globais, cánsanme antes.
Vostede distingue a Galicia física e a Galicia emocional... Que atopou nelas?
A miña experiencia sempre foi moi positiva en todas as Galicias que me atopei, dende as máis coñecidas e estereotipadas ás que hai que ir buscar, as que a través da música tiven a sorte de atopar, con tantos anfiritrións que sigo coñecendo, porqeu é inabarcable. Igual que me podo perder na cultura vasca, sempre vai haber unha vila, unha persoa especial que te vai marcar con algo novo. No meu caso, a experiencia que tiven a nivel persoal cos galegos a nivel xeográfico, físico, gastronómico... sempre foi moi positiva porque fun con esa actitude. Non fun buscar defectos, fun gozar do momento e do día a día. É totalmente recomendable.
Como se está a recibir o proxecto en Euskadi?
Recibiuse moi ben, tanto en Euskadi como entre toda a xente que me segue noutros territorios. De feito, o venres preséntoo en Ponferrada, o sábado en Santiago pero despois estou en Daimiel, en Ciudad Real, en Málaga... e vou mesturar estes temas con temas meus. A xente recíbeo moi ben, é moi agradable e moi positiva. E valórao moito porque tamén se senten parte do que lles estou contando. Canta xente non vén a Euskadi e se sente vasco? Galicia é unha cultura moi admirada e moi respectada.
"A gravación do disco foi unha festa e facelo todo en directo deulle un plus de credibilidade"
A gravación do disco tivo moito de festa ou case de romaría, pola multitude de músicos que participaron...
Non foi un traballo de tensión, foi unha festa, unha xuntanza, máis aínda porque se fixo en directo; outras gravacións por pistas son un chisco máis frías. Neste caso, optar por facelo todo en directo deulle un plus de credibilidade.
A xenerosidade é un ingrediente fundamental para un proxecto así?
Senón é imposible. Toda esta xente śentese parte do proxecto e sabe o que ten que achegar. É como se Uxía me di que quere facer unha canción de aquí [de Euskadi] e conta comigo, eu voullo dar todo, non lle vou poñer trabas. Para min é o normal, é o que eu faría, a xente sábeo. O estraño sería facelo doutro xeito.
E o amor polo propio? Hai quen di que iso non está de moda...
As modas moitas veces fainas un mesmo ou a xente que non está na mesma liña ca ti. Pódese seguir unha moda ou outra e non pasa nada. Non creo que haxa maior problema, eu non me fixen a pregunta de se está de moda facer este proxecto. Ti tes que crer no que ti sentes.
Hai quen o contrapón co ese amor polo propio co cosmopolitismo e a aposta por eses ritmos máis globais...
Eu, como calquera persoa que está conectada, tamén coñezo o que me chega, senón teríamos que ir vivir á punta dun monte e nin así. Todos coñecemos o que recibimos e o que ten o poder de chegar a unha xeralidade máis ampla xa sabemos o que é. Pero tamén se poden facer outras cousas, ti vas evolucionando e o público tamén evoluciona. Onte, lendo a revista Rolling Stone, na portada está o papa e pareceume que ten o seu punto, outro dirá que isto é un sacrilexio... De súpeto pódente levar ou non á portada dun gran medio, pero non se pode estar pensando niso.
"No espectáculo vaise atopar unha música viva, en constante evolución"
Que atoparemos no espectáculo de Galiza? Non se van xuntar todos os músicos do proxecto...
Iso tampouco se concibiu nunca. O que se vai atopar é unha música viva, en constante movemento e evolución. Fixemos un grupo vasco-galego, con Xabier Díaz coas percusións, a gaita e a voz; Pedro lamas co saxo e a gaita, e tres rapazas que colaboran: Carolina Vázquez, Cristina Pico e Cristina González. De aquí levo a txalaparta e o teclado. Con ese dúo de músicos facemos a avaliación do proxecto pero non o tocamos exactamente igual, sempre improviso, facemos variacións, experimentamos... E cando hai un festival grande, facémolo con convidados; este sábado, por exemplo, estará Uxía Senlle.
Estarán tamén presentes temas que xa son himnos, como Bok Spok?
Eses temas tamén os toco. Imos gozar moito dos concertos, porque a miña filosofía tamén é non tocar exactamente igual sempre. A Xente de Galicia vai atopar todos os temas co meu pulso, co son das nosas percusións... Ides recoñecer os vosos temas pero con sons diferentes.
http://praza.com
|
|
|
|
Maravallada en Vigo |
|
 |
|
|
|
Victor Aneiros en Compostela |
|
 |
|
|
|
Foliada no Lar (As Pontes) |
|
 |
|
|
|
IV Ruada da Ribeirana (Ribadavia) |
|
 |
|
|
|
Pablo Díaz na Coruña |
|
 |
|
|
|
Foliada X aniversario da Gentalha (Compostela) |
|
 |
|
|
|
Findekflipas (Manzaneda) |
|
 |
|
|
|
Comeza a semana |
|
Segunda feira 27 (Luns)
Terza feira 28 (Martes)
Corta feira 29 (Mércores)
Quinta feira 30 (Xoves)
Sexta feira 31 (Venres)
? Festival Findekflipas na Rebusca (Manzaneda)
? Maghúa na Corte dos Bois en Sandiás Ourense às 23.30
? Foliada X aniversario na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Foliada no Lar (As Pontes)
Sábado 1
? Festival Findekflipas na Rebusca (Manzaneda)
? Pablo Díaz no Forum Metropolitano (A Coruña) ás 17:00 e ás 19:00
? Kepa Junkera no Teatro Principal de Santiago de Compostela ás 21:00
? Maghúa na Corte dos Bois en Sariabia (Allariz) às 22.30
? Sés no Auditorio de Ourense
? John Deeres e Liska! na Gentalha do Pichel (Compostela)
? IV Ruada da Ribeirana (Ribadavia)
? Serán en Meirol (Mondariz)
? Serán no Teleclub de Caritel (Pontecaldelas)
Domingo 2
? Alvariza no Salasón (Cangas do Morrazo) |
|
|
|
Chega a fin de semana |
|
Sexta feira 24 (Venres)
? Pandereteiras Augas de Maio no Racimo Vigo ás 21:00
? Linho do Cuco no Salón Teatro de Lalín ás 21:30
? Lagharteiras no Jabuguito ás 22:30 (Cangasdo Morrazo)
? Ce Orquestra Pantasma no Furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
Sábado 25
? Oscar Ibáñez na sede de Toxos e Forles (Ferrol) ás 20:30
? Marina Oural e Ugia Pedreira na Casa das Crechas (Compostela) ás 21:00
? A Bagunda na Casa da Cultuta de Salvaterra do Miño ás 21:30
? Maghúa no pub Área Crítica (Zona Orzán, A Coruña) ás 22:30
? Tino Baz no Auditorio Municipal do Rosal ás 22.00
? Caxade no Café Arume da Bandeira (Silleda)
? Esquíos e The Brosas no Rocker (A Estrada)
? Concerto Gharbo! na Taberna de Moe (Cangas do Morrazo) ás 24:00
? Os catro quintos no Furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
? I Serán Pousos da Area no Local Multiusos do Concello de Marín
? Serán en Prado da Canda (Covelo)
? Serán en Arbo
Domingo 26
? Obradoiro de bailes agarrados na A. Vecinal Casco Vello de Vigo ás 17:00
? Charanga de Traspés ás 20:30 no Salasón (Cangas do Morrazo) |
|
|
|
Curso de bailes agarrados en Vigo |
|
 |
|
|
|
Charanga Traspés en Cangas do Morrazo |
|
 |
|
|
|
Pandereteiras Augas de Maio en Vigo |
|
 |
|
|
|
Linho do Cuco en Lalín |
|
 |
|
|
|
Esquíos e The Brosas na Estrada |
|
 |
|
|
|
Marina Oural e Ugia Pedreira en Compostela |
|
 |
|
|
|
Oscar Ibañez en Ferrol |
|
 |
|
|
|
Cea con A Bagunda en Salvaterra do Miño |
|
Este sábado na Casa da Cultura de Salvaterra de Minho
Volvem as ceias-concerto da SDC do Condado com o folk rústico da Bagunda
A Bagunda promete ?folk rústico para mover os pés? para a ceia-concerto que este sábado organiza a Socidade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado. O objectivo desta actividade, ademais de passar um bo rato, é recadar fondos para a organizaçom do vindeiro Festival da Poesia no Condado.
Esta primeira ceia do ano, que se celebra o sábado, 25 de janeiro, na Casa da Cultura de Salvaterra de Minho (Rua Rainha Dona Urraca, s/n), abre un ciclo de actividades que a SCD do Condado irá anunciado ao longo do ano e que incluem música, teatro, artesanato, formaçom ou festas populares.
A ceia do sábado começa às 21:30 hh. e inclui sopa, guiso de luras com patacas, torta de maçá e vinho do Condado. Ao finalizar, e chegado desde Vigo, o grupo A Bagunda oferecerá o seu folk ?autóctono republicano? para mover os pés de todas as pessoas assistentes à ceia. A SCD anima ao público a levar os seus instrumentos para umha repichoca ao final da actuaçom.
As ceias-concerto de 2014 incluem umha novidade: a entrada para pessoas paradas. Se o preço da entrada é de 12 euros, os trabalhadores e trabalhadoras desempregadas podem acceder com um preço reduzido de 8 euros. A SCD do Condado que solidarizar-se com esse 21,28% de povoaçom galega em idade activa que nom pode acceder ao trabalho ponhendo-lhe um pouco menos complicado acceder a esta actividade.
A reserva de entradas pode efectuar-se escrevendo ao endereço de correio electrónico info@scdcondado.org ou chamando ao 646 959 587.
|
|
|
|
Concerto Gharbo! en Cangas do Morrazo |
|
 |
|
|
|
Xira presentación de Caxade |
|
 CAXADE comeza a xira de presentación do seu disco ?A Dança dos Moscas?
Este sábado dia 25, o grupo de folk-pop CAXADE fará o primeiro concerto de presentación do seu disco ?A Dança dos Moscas? no Café Arume da Bandeira (Silleda). Logo seguiranlle Bueu, na ?Sala Aturuxo? o dia 8 de febreiro, e o ?Ultramarinos? de Compostela o 12.
En marzo estarán no Auditorio de Redondela o dia 15, o 4 de abril tocan no ?Café Pop Torgal? de Ourense, o 15 de maio no Teatro Rosalia de Castro da Coruña, o 16 no concello da Baña e o 7 de xuño na ?Sala Clavicémbalo? de Lugo. Toda a información das outras datas por confirmar, estará no web: www.alonsocaxade.com.
O disco de CAXADE, editado a finais de novembro no selo cooperativo ?Discos da Máquina?, esgotou a primeira tirada en tan só un mes á venda. |
|
|
|
VIII Serán de Prado da Canda (Covelo) |
|
 |
|
|
|
XXV Serán de Arbo |
|
 |
|
|
|
I Serán Pousos da area (Marín) |
|
 |
|
|
|
A caza do folclore (A Cañiza) |
|
Bases do concurso
A Asociación Cultural Furafollas de Oroso, pretende valorar e difundir a riqueza cultural e musical da nosa terra, a través desta segunda edición do concurso folclorico, contribuindo así o coñecemento e difusión da riqueza cultural da que contamos.
O Concurso terá lugar o sabado dia 25 de xaneiro, a partir das 17:00h en A Cañiza.
1.PARTICIPANTES:
Poderán concurrir todas aquelas persoas de calquer idade, aficionados ou profesionais do folclore galego, residentes ou non no Concello de A Cañiza.
2.OBXECTIVOS ESPECIFICOS:
Entablar lazos de amizade e confraternidade entre os diferentes grupos da rexión.
Promover e difundir o folklore rexional mantendo os valores artísticos dos nosos pobos.
Incentivar o traballo artístico a través dos valores de responsabilidade, colaboración, solidaridade, desenrolo cultural e identidade.
3.TEMATICA:
O concurso ten unha categoría de tematica folclorica galega, da danza rexional e a música tradicional.
4.PRAZO DE PRESENTACION:
Entrarán a concurso aqueles grupos que se inscriban antes do vindeiro 20 de xaneiro de 2014. Esa mesma semana os grupos recibirán a notificación do horario no que actuarán.
5.LUGAR DE INSCRIPCIÓN:
Os diferentes grupos poderán inscribirse no seguinte tlf: 699 877 593
Ou no correo: a.c.furafollas@hotmail.com
6.REQUISITOS DOS GRUPOS:
Deberán contar cun minimo de 3 parexas e un maximo de 5. Unha cantidade maxima de 2 bailes e unha peza musical, contando cun maximo de 20 minutos por grupo. Valorarase a vestimenta, a beleza do baile e da musica.
7.INSCRIPCIÓN:
Para a inscripción dos grupos deberanse abonar 20?. Este abono farase en calquer oficina do banco Santander no seguinte nº de conta: 0049-6690-91-2190024762
8.PROCESO DE SELECCIÓN:
O sabado dia 25 de xaneiro, a partir das 17:00h, actuarán os inscritos. O xurado valorará os diferentes grupos e media hora despois da ultima actuación darase o veredicto.
A entrega de premios será esa mesma noite.
O xurado estará composto por duas persoas de relevancia no mundo da cultura tradicional e un membro da organización. Farase publico o nome dos xurados unha vez remate o prazo de inscripción dos grupos.
A decisión do xurado será definitivo e inapelable.
O xurado poderá deixar deserto algún dos premios por falta de calidade ou de grupos.
9.PREMIOS:
A comunicación do fallo dos grupos premiadas farase o mesmo dia da entrega de premios.
Establecense os seguintes premios:
1º Premio: 300? + trofeo
2º Premio: 200? + trofeo
3º Premio: 100?+ trofeo
10.ACEPTACIÓN:
A participación neste concurso folclorico implica o coñecemento e aceptación das bases do concurso. Calquer incumprimento das mesmas pode ser obxeto de descalificación.
Todos os datos persoais dos participantes, en cumprimento da Lei Orgánica 15/99 do 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, estarán incluidos no ficheiro pertencente a Asociación de hosteleiros e productores de xamón da cañiza, coa finalidade exclusiva de facilitarlle información sovbre as actividades da Asociación de hosteleiros e productores de xamon da cañiza. Pode ejercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición por escrito a Asociación de Hosteleiros e Productores de Xamón da Cañiza (rua progreso 21, a cañiza).
INFORMACIÓN E CONTACTO.
A presente base legal do concurso permanece impresa na no concello de A Cañiza para a sua consulta.
Tamén se poden descargar as bases en:
www.todocondado.com
Consultas en mail:
a.c.furafollas@hotmail.com
tlf: 699 877 593
tlf: 699 877 593
|
|
|
|
Danza de Aldán |
|
Máis de tres séculos leva a parroquia de Aldán honrando a San Sebastián cunha danza tradicional executada por dez galanes e cinco damas. A xornada de onte non foi unha excepción e os danzantes foron fieis á cita. O tempo acompañou e decenas de persoas acudiron á contorna da igrexa a presenciar a coreografía. Boa parte deles inmortalizaron o momento cos seus cámaras. Nesta ocasión debutaban catro novos, o que demostra que a parroquia seguirá celebrando desta particular forma a súa devoción por San Sebastián.
Decenas de persoas apiñáronse onte no atrio da igrexa parroquial de Aldán para asistir, un ano máis, á tradicional Danza de San Sebastián, un acto que se repite cada 20 de xaneiro polo menos desde fai 335 anos. Trala misa solemne celebrada ao mediodía os dez galanes e cinco damas interpretaron este baile engalanados cos traxes típicos. Destacaba a vestimenta feminina, con longas saias brancas, numerosos broches e o famoso chapeu cunha composición foral e do que colgan longas cintas de cores.
A diferenza do ano pasado, nesta ocasión o tempo respectou e o sol, que apareceu sobre Aldán tras semanas de nubarrones, acompañou durante a mañá ás damas e galanes. Partiron da igrexa, andando de costas e danzando, sempre dando a cara ás tallas de San Sebastián e a Virxe do Carmen. Tras rodear o templo paráronse ante as imaxes nun lateral da igrexa para realizar o baile, que comeza coas cinco damas no medio dos dez galanes. A coreografía, acompañada da música dunha gaita e un tamboril, consiste en que cada dama, cos seus dous acompañantes, pasen a través do resto de danzantes. O cambio de formación é unha constante en todo o baile. Os participantes seguen a pauta marcada por un guía. As castañuelas que fan soar os galanes son un elemento importante na musicalidad de toda a escena.
Un dos últimos pasos, e dos que suscitaron maior curiosidade entre os presentes, moitos dos cales armáronse de cámaras de fotos e de vídeo para inmortalizar o evento, foi a roda que realizan as damas mentres os galanes manteñen a formación.
A danza finalizou nuevamente ante a porta da igrexa, cando as campás empezaron a soar e os lumes anunciaron a todo Aldán que a tradición estaba cumprida un ano máis.
Tralo baile chegaba a quenda dos aplausos e felicitaciones. Tanto veciños como algún que outro visitante trataban de inmortalizar o momento facéndose fotos cos participantes, sobre todo coas damas, cuxo rechamante vestido facíalles estar moi solicitadas.
Esta danza en honor a San Sebastián é unha tradición secular que, con todo, goza de boa saúde de face ao futuro. Polo menos iso despréndese atendendo á substitución generacional que se produce aos poucos. Onte foron catro os bailarines novos, todos eles moi novos: Anxo Igrexas, Cintia Fernández, Sara Díaz e María Menduíña.
"Anoteime hai varios anos porque me gusta ou baile tradicional e este ano me chamaron. A verdade é que non estiven nerviosa. Ensaiamos catro días antes dá danza de hoxe", explicaba Menduíña trala sesión da mañá.
O máis novo
Anxo Igrexas, pola súa banda, só ten 16 anos e pasa por ser o galán máis novo. "Sempre gustábame ver esta tradición e por iso me anotei. Estaba algo nervioso pero saiu todo ben", apuntaba xunto á súa familia.
Pola tarde o baile volveuse a repetir no mesmo escenario e na alameda da parroquia.
|
|
|
|
Chega a fin de semana |
|
Sexta feira 17 (Venres)
? O Sonoro Maxín no pub Gatos de Melide
? A Buxaina e Ghaita&cia no Furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
? Deus Cho Pague no Racimo (Vigo) ás 21:00
? Tino Baz na casa Gallardo (Puxeiros-Mos) ás 22:30
? Sobre Rodas ás 23:00 no Eicho de dar Queridiña (A Insua-Pontecaldelas)
Sábado 18
? Estalotada homenaxe a Mallou en Compostela
? Brath no Auditorio de NovaCaixaGalicia de Pontevedra ás 21:00
? Cantata Vernácula na Gentalha do Pichel (Compostela) ás 22:00
? Esquíos no Rock&swing (Vigo) ás 22:30
? Narf Trío na Sala Aturuxo (Bueu) ás 22:30
? Cé Orquestra Pantasma no Local Social de A Rebusca (Manzaneda) ás 22:30
? Os Vacalouras no Furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
? II Serán na casa do pobo de Marcón (Pontevedra)
? Serán en Gargamala na casa cultural do barrio de Mourelle
? Serán de Cabeiras (Arbo)
Domingo 19
? Sesión vermout con Zurrumalla no Furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
? Crema de gaita no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 20:30 |
|
|
|
O Sonoro Maxín en Melide |
|
 |
|
|
|
Cantata Vernácula na Gentalha (Compostela) |
|
.jpg) |
|
|
|
Crema de Gaita no Salasón (Cangas do Morrazo) |
|
 |
|
|
|
Deus cho pague no Racimo (Vigo) |
|
 |
|
|
|
Estalotada homenaxe a Mallou |
|
Este vindeiro sábado 18, organízase unha tocata polos actuais bares nos que se celebran as estalotadas, na memoria e honra do Gaiteiro Juan Bello Mallou. A ver se coa nosa música, podemos facer que nos escuite desde aló donde se atope.
O esquema é o seguinte:
Sande 21:30
Barranquillo 22:30
Concheiros 31 23:30
Merlego 00:30
Vémonos pois, e longa vida á memoria do Señor Mallou! |
|
|
|
Actuacións no Furancho Malaherba (Matamá-Vigo) |
|
 Este mércores(15 de Xaneiro) é San Mauro, e como non podía ser doutro xeito abriremos o furancho que está ao carón da praza de San Mauro(Matamá) durante todo o día.
Un ano mais arranca a época furancheira en MATAMÁ con gallo do San Mauro.
Mercores 15 Xaneiro: SETE CUNCAS (Festa S.Mauro)
Venres 17 Xaneiro: PANDERETEIRAS A BUXAINA.+ GHAITA E CÍA.
Sábado 18 Xaneiro: LEO I ARREMECAGONHA (2ª procesion atea) + OS VACALOURAS.
Domingo19 xaneiro: Sesión vermout con ZURRUMALLA, despois COCIDO GALEGO
Venres 24 xaneiro: CÉ ORQUESTRA PANTASMA (acompañado do coro bocasneghras) + FANFARRIA TAQUIKARDIA
Sábado 25 xaneiro: OS QUATRO QUINTOS.OS GHAITEIROS DO CASCO VELLO. |
|
|
|
|
|
|