Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concerto solidario co CS A treu! (A Coruña)
Este sábado, na Casa das Atochas contamos coa solidariedade dos Tres Trebóns cara ao Centro Social Atreu, creo qeu nos teñen preparadas algunhas sorpresas sobre o escenario, acude e difunde!!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-01-2011 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
27 de xaneiro: Folga Xeral



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-01-2011 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe xoves: As pegadas pagás
O próximo xoves, Aldan acolle unha das súas tradicións ancestrais: a danza de San Sebastián, un fito do folclore galego

Puntual na súa cita anual, cada 20 de xaneiro, celébrase na parroquia de San Sebastián de Aldán, no Concello de Cangas do Morrazo, a tradicional danza en honor ao santo patrón local. O próximo xoves será o día grande de Aldán, coa posta en escena pola mañá da realización anual do tributo ao mártir, unha das figuras da mitoloxía cristiá dentro da arte contemporánea.

A Danza de San Sebastián é unha manifestación cultural que xa aparece documentada dende mediados do século XVII, pero con toda probabilidade os seus inicios son anteriores. Trátase dunha nota de cor na grisalla da invernía de xaneiro, nunha festa que ocupa o segundo posto no calendario local, tras a celebración da romaría de Santo Amaro, tamén cun alto compoñente tradicional e felizmente recuperada, tras uns anos escuros de declive na organización.

Ao parecer a xénese da danza non atende exclusivamente a motivos relixiosos pero, en todo caso, soamente existen hipóteses sobre a súa tradicionalización, sen que de momento se presentasen probas concluentes.

A celebración dedicada ao patrón da igrexa de Aldán evolúe na súa forma actual moi vinculada ao culto cristián e á xerarquía social derivada do feudalismo. Este feito é moi rechamante e débese a que algunha das prácticas feudalistas medievais, na parroquía de Aldán, continuaron xiventes ata hai ben poucos anos.

Un asunto motivado pola presenza condal que ata a primeira metade do século XX aínda percibía parte da produción das colleitas locais, como aínda ben recordan moitos dos maiores da parroquia. Motivado tamén por este particular, a danza no soamente se realizaba no adro da Igrexa: tamén se bailaba no quinteiro do pazo do condado de Canalejas. De feito o primeiro mordomo documentado na Confraría do Glorioso Señor San Sebastián, foi Don Francisco de Gayoso e Aldao, Señor de Solar e Fortaleza de Aldao.

Na actualidade non só se realiza tras a procesión da mañá, tamén pola tarde se baila na Alameda e no Torreiro do Pazo. A danza de San Sebastián nesta forma de tradición mantense viva grazas á dedicación que, ano tras ano, diversas sagas familiares -agora agrupados nunha asociación cultural-, lle consagran ao evento, para que manteña a súa continuidade fiel a unha tradición devanceira que se transmite de pais e nais a fillas, fillos, netas e netos... O acto realízase coa participación de dezaseis bailaríns: dez homes, cinco mulleres e un guía, chamado mordomo, que se distingue por unha vestimenta diferenciada do resto e por realizar as funcións de preparación do acto, coordinación da danza e continuidade da tradición.

A vestimenta das mulleres é a máis rechamante, sobre todo polos sombreiros cubertos de flores e as fitas multicolores que penduran do seu traxe, nun conxunto que tamén inclúe mantón de Manila, mandil negro e distintos panos de cores, sobre un vestido branco. A sobriedade caracteriza a vestimenta masculina, composta por traxe e zapatos negros, sombreiro de fieltro e camisa branca. No peito levan cruzada unha banda coas cores da bandeira nacional.

O sinxelo pero emotivo acto ten unha hora aproximada de duración e para a súa relización, o santo sae da igrexa en procesión. Comezan cunha petición simbólica de permiso ao santo, que dá paso a escenificación da danza a través duns pasos característicos embuídos nun ritual que está conformado pola danza propiamente dita e pola contradanza ou epílogo no que se agradece ao santo venerado a súa dedicación ao lugar. A peza final de despedida é unha muiñeira.

A conservación deste acto na historia recente está promovida pola Asociación Cultural San Sebastián que, dende 1993 asumiron a conservación desta festa, considerada oficialmente Festa de Galicia de Interese Turístico dende o 2005. No concello de Cangas existe unha poderosa tradición deste tipo de danzas, que cos seus caracteres peculiares tamén teñen lugar, con grande sona en honor a San Roque no Hío, e a Santa María en Darbo.

Todas elas, teñen, como apuntan algún antropólogos, orixes pagás, pero a súa asimilación polo cristianismo é un feito evidente dende hai séculos. En calquera caso o próximo xoves en Aldán poderase ver un ano máis este característico acto de cultura local no que os lugareños aínda hoxe locen as súas mellores vestimentas.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-01-2011 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Recompilatorio de Quempallou
Foi aló polo ano 99 do século pasado, cando un fato de mozos de Bueu se xuntaba con outros dous do Incio para darlle forma a un proxecto que agromou vizoso de festa en festa por toda a Galiza e parte do estranxeiro.

O proxecto chamouse Quempallou, palabra sonora cunha historia que contar e que chegou incluso a coller mestiza forza naquel aturuxo en galinglish co que os teñen agasallado @s máis ferventes seareir@s no fragor da foliada: ?let?s go, Quempallou!!?.

Unha tropa que tivo que ir mudando por circunstancias naturais, mais que sempre buscou un camiño claro e dereito: a festa e o folk galego sen complexos, con calidade e orixinalidade.

Quempallou convídate a compartir estes once anos de camiño a través dunha compilación que da boa conta do que foron, do que son e do que queren seguir a ser. Benvid@ á tropa Quempallou.
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 20-01-2011 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco dos Trasnos de Moscoso
Casa da Joaquina é o segundo trabalho de Os Trasnos De Moscoso. As 7 cançoes que a formam som uma pequena viagem pelos 4 últimos anos da banda. Com este trabalho Malvares ?O último que ri? e mOn fecham a sua etapa como OTDM e abrem outra com o nome de PROJETO XIDO dentro do coletivo LÍNGUA NATIVA"


OS TRASNOS DE MOSCOSO - Casa da Joaquina


Créditos:
Letras e voz: Malvares ?O último que ri?.
Scratching: mOn
Beats: Arre-O! (Língua Nativa).

Casa da Joaquina foi gravada, misturada, masterizada e produzida em Xabelo Records por Jimi Damolinera (Bleak Days).
Faixa 5: Teoria do Flow de Mihaly Csikscentmihalyi e guitarra slide por Jimi

Desenho e fotografia: Zalo e Ingrid
Debuxo: José Nogueira ?Pito do Valente?.

Descarga o disco de balde:
http://aregueifanetlabel.blogspot.com


Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 20-01-2011 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Tambaluca
Tambaluca é un novo grupo de cantareiras que, máis aló do canto acompañado de pandeiretas, engaden a éste sons de acordeón, gaitas e de percusión tradicional.

As cancións populares de A Guarda, mesturadas co repertorio habitual das pandereteiras galegas, conforman esta nova proposta de Dos Acordes en prol da nosa música patrimonial.

Todos os temas recollidos neste CD son tradicionais, arranxados por Tambaluca: Mª Emilia Martínez Pérez (voz, pandeireta, trécola), Ana Pérez Fernández (voz, pandeireta), Margarita Martínez Lomba (voz, pandeireta), Mª Natividad Pacheco Pacheco (voz, pandeireta), Carmen Mª Pacheco Pacheco (voz, pandeireta), Verónica Collazo Cabaleiro (voz, pandeireta), Mª Josefa Baz Cadilla (voz, pandeireta, culleres), Margarita Santiago Adrover (voz, pandeireta), Carmen Rivero Alonso (voz, pandeireta, botella de anís), Carmen Luisa Rodríguez Cruces (voz, pandeireta, pandeiro), Alma Mª Caamaño Romero (voz, pandeireta, acordeón, gaita, tamboril, bombo)
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-01-2011 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Beladona
Beladona é un grupo de longa traxectoria que hoxe se atopa na vangarda do panorama folk máis contemporáneo da península.

A formación crea un espazo sonoro que parte da voz cálida e fresca de Elena Paz, arroupada de arranxos suxerentes onde a música tradicional, folk e de autor, nútrese con cores próximos ao pop e funk que non deixan indeferentes ós ouvidos que a escoitan. O son inconfundible e orixinal da banda foi premiado en tódolos concursos onde Beladona participou, ademáis de ter sido aclamados pola crítica e o público nos máis pretixiosos festivais internacionais.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-01-2011 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Carrero Bianco
En pouco máis dun ano -Carrero Bianco nacen en Ferrol na primavera do 2009- convertéronse nunha das grandes esperanzas da escena independente galega. A súa peculiar revisión da new wave levounos a defender unha proposta que poderiamos definir como a nova onda dentro a nova onda, é dicir, un cóctel explosivo no que caben o post punk, o electro e o tecnopop, todo iso aderezado cun chisco de Pegamoides, outra de Derribas Arias e Devo, e unhas pingas de metafísica. En definitiva, estamos ante un grupo con corazón 80s que actualiza a proposta para elevala a un novo nivel.

Carrero Bianco son Rocío Bianco (batería electrónica e voces), Blas Bianco (baixo e voces), Joaquín Bianco Quincho (guitarra, microkorg, voces) e Sergio aka Agostinho Bianco (teclados varios e microkorg)."

Podes descargar o disco de balde en
http://aregueifanetlabel.blogspot.com

Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 20-01-2011 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
As pandereteiras de Avión no Alalá

Hoxe, mércores, día 19/01/2011

O Alalá de hoxe achégase ata Avión para coñecer os vinte e cinco compoñentes de Flor de Toxo, un grupo moi ligado a un concello moi coñecido pola emigración a México e pola riqueza en música tradicional que atesoura, xa que non hai grupo de pandereteiras ou bailadores en Galicia que non teña no seu repertorio algunha peza saída de Avión.
Os músicos de hoxe suman estes dous elementos, que todos estiveron emigrados e que tocan a pandeireta e cantan coplas do mesmo xeito que llelo escoitaban facer ás súas avoas antes de ter que marchar a México, Venezuela ou Alemaña cando apenas tiñan quince anos.

A música foi para todos un dos recordos máis amables dos que os acompañaron nos anos que pasaron fóra de Galicia e agora que son emigrantes retornados, coa mestura de emocións e vivencias que gardan, decidiron volver xuntarse para facer desa música que escoitaban cando eran nenos un motivo de unión e de festa.

Comentarios (1) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 19-01-2011 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
A Banda das Crechas no Celtic Connections 2011
A Banda Das Cechas viaxa este venres a Glasgow (Escocia) para representar a Galicia no Celtic Connections 2011, un dos maiores festivais da World music de todo o panorama Europeo

Nesta edicion do Festival, a Banda presentará o seu primeiro disco titulado ?ABDC?, a cita será o dia 21 ás 19:30 h. e compartirán escenario co dúa de violín e violoncheo de Alasdair Fraser & Natalie Haas.


A Banda das Crechas é, en esencia, o que a música nunca debeu deixar de ser, unha ferramenta para o contacto humano, para a comunicación. A paixón é o motor deste colectivo aberto que mostra ao mundo a tradición galega no seu lado máis lúdico e participativo e onde se xuntaron tres xeracións de músicos que vibran coas nosas melodías. (Uxia Senlle)

12 potentes músicos, 12 grandes personalidades, moitos anos xuntos, un bar afincado en Compostela, longas horas tocando, un público entregado á festa e á danza, todo iso axitado nun cocktail de boas melodías galegas e europeas. Como resultado, un precioso álbum gravado coa esencia do vivo que cada mércores se pode gozar na Casa das Crechas. Máis de 6.000 persoas asisten anualmente en directo ao seu pequeno escenario estable. (FO FOL)

Comentarios (1) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 19-01-2011 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
A e-Trad participará no festival Celtic Connections

e-Trad participará no festival Celtic Connections invitada pola Royal Scottish Academy of Music
Nesta semana, unha delegación de alunos e profesores da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk desprazaranse á cidade de Glasgow para participar nun concerto conxunto con alumnos e profesores da Royal Scottish Academy, dirixidos polo prestixioso músico Phil Cunningham.


O Celtic Connections é o festival máis importante dos que se celebran en Europa en torno á musica folk e tradicional do mundo. A delegación da e-Trad realizará un concerto conxunto o dia 22 de Xaneiro no Glasgow Royal Concert Hall. A Royal Scottish Academy of Music and Drama, centro de referencia europeo, destaca polo seu departamento de música folk e tradicional, no que se ofrecen estudos de rango uiversitario.

A colaboración entre as escolas viguesa e escocesa se enmarca no programa de actividades da European Network of Folk Orquestras que lidera o Concello de Vigo a traves da E-Trad, e no que figuran a Fundación Sondeseu, a Sibelius Academy de Helsinki e a Tradalp Orchestra de Turín. A este proxecto vense de incorporar a Royal Scottich Academy e agárdase que en breve, a World Irish Academy, de Limerick (Irlanda) se xunte ás institucións xa menciona

http://e-tradvigo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-01-2011 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Mercedes Peón

A artista coruñesa vén de lograr entrar no número dous da lista World Music Charts Europe, elaborada por corenta e cinco críticos radiofónicos europeos, logo de resultar convidada expresamente pola organización do Womex para actuar no evento, o que significa que se acha nun momento álxido en canto a repercusión internacional. ?Quero tomalo con certa distancia e non alegrarme demasiado, aínda que é algo que me fai botar un sorriso de satisfacción?, comenta a popular cantante e compositora. A súa axenda internacional para o futuro xa ten datas pechadas incluso para o 2012. ?As boas críticas tidas en Europa e os concertos dados axudan a que haxa propostas para actuar fóra?.

?Creo que lle acontecera algunha vez o de interpretar algo galego e que a xente dixera que tiña semellanzas con sonoridades doutros países. Segue a pasarlle iso cando actúa no estranxeiro?
?Teño un amigo, Xaime Varela, que é mestre de bacharelato e ten relación cos estudantes de Erasmus, aos que pon música galega. Cando soa algunha peza miña provoca que se abra unha porta á comunicación e xente de nacionalidades diversas lévanlle logo discos da súa terra.

?Está a actuar moito en solitario, co que vostede denomina performance, e supoño que levar este disco, con moitos cambios de ritmo, a un escenario non resulta sinxelo.
?É algo complicado de ver e facer, andas ao límite do desastre aínda que a alguén lle poida semellar sinxelo. Cando actúo soa domino todo o que acontece e resulta máis doado que cando traballa coa banda porque iso require un traballo profundo con cada músico, e os arranxos non son algo standard. Coa performance non vou a todos os lugares. Sucedeume unha vez en Polonia que actuei para miles de persoas nun festival e non estaba convencida que fose o escenario ideal para esa proposta, pero saíu tan ben que o público se volcou e ata berrou o meu nome para reclamarme novamente no escenario. Penso que a miña música non é para todos os públicos, non é amable e cómpre parar un tempo para deixarte involucrar no mundo sonoro que propón a compositora.

?Xa que falamos dos directos, anda a traballar coa banda que porá en escena Sós. Que se atoparán os espectadores?
?Van atopar un son contundente, con graves potentes, preparado para levar a miña música a un gran escenario. Estou oito horas diarias deseñando tema por tema e abstraída completamente co que me enche a alma. É un traballo precioso. Logo recuperaremos nos recitais algúns temas dos discos pasados, aos que fixen novos arranxos.

?E dende que debutou con Isué un dos seus puntos fortes é un directo tremendamente efectivo e potente.
?Tiven trocos de músicos na banda porque non podo supeditar a creatividade á persoa que contratas, por moito que a valores. Se o directo non se asemella ao álbum, se é distinto ou está mal defendido non hai nada que facer. Cómpre realizar propostas que teñan algo que dicir.

?Sós é unha obra conceptual.
?Un traballo no que uns temas me levaron a outros e o que os vai unindo é a creación electro-acústica e os sons que fun recollendo coa miña gravadora polo mundo adiante. En Sao Paulo estiven un día enteiro percorrendo a cidade e logo recollín as miñas emocións sonoras, gravei cinco horas, e magnifiqueinas. Lembro estar no hotel e ver aparecer un helicóptero tan perto que vin a faciana do piloto. A obra nace das miñas lembranzas. da memoria sonora e do meu aspecto de compositora contemporánea. Estiven mesturando o disco durante un mes con Jose Puga, con quen tiven moitas conversas creativas. Cando fago un álbum conto quen son eu, as miñas reflexións sociais e debo ser tan sincera que non teño ningún pudor. Pola contra, nunha obra de encarga non falo de min mesma e sería difícil descobrir que son eu a autora do traballo.

?E sempre tendo de referente a música do país e a súa faceta contemporánea.
?Son unha compositora de aquí e agora e quen somos nós musicalmente sempre está latexante na miña obra. Espero continuar polos camiños creativos que transito, elucubrando e investigando espazos sonoros. Quero seguir descobrindo novos timbres e manter a investigación polirítmica. Son contratada por festivais de world-music e música contemporánea e neses circuítos o que poden ver e escoitar é a unha artista con toda a forza que supón ser de onde son.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2011 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Dicionario da música popular en Galicia
'Dicionario da música popular en Galicia' é unha obra de consulta cuxa autora, Olga M. Camafeita Longa, formula tamén como percorrido pola nosa historia e maneira de vivir. Edita Morgante.

O Dicionario de Música Popular en Galicia xorde froito de varias casualidades: a curiosidade da autora, a oportunidade de encauzala como Proxecto Fin de Carreira e o entusiasmo do Director deste Proxecto (Gonzalo Navaza). Así se redactou este compendio de termos que ten o obxectivo de permiti-la catalogación terminolóxica dun campo pouco estudado, e de paso facilita-lo achegamento ó tema a quen o desexe e idealmente suscitar o interese de quen nunca pensou que a tradición musical galega fora tan rica e atraínte.

O Dicionario da música popular en Galicia propón definicións para os principais termos relativos á arte da danza, a cantiga e a harmonía. Desde os principais xéneros musicais (por exemplo hai un apartado amplo adicado aos diferentes tipos de cantares) ás pezas do traxe de baile galego, pasando polos instrumentos, movementos na danza ou maneiras de tocar.

Completa guía para afeccionados, tanto á música como á historia cotiá. Olga Camafeita converteu este traballo no seu proxecto de fin de carreira e ela mesma recoñece que a profundación no mundo da música é "máis rico e atraente do que moitos poderían pensar".

Olga Camafeita Longa naceu en Santiago de Compostela e é licenciada en Traducción e Interpretación pola Universidade de Vigo. Foi precisamente durante os seus estudos que entrou en contacto coa música tradicional e popular galega da man de grupos folclóricos vigueses como Xalgarete e O Fiadeiro, o que fixo espertar o seu interese e conciencia sobre a recuperación das tradicións do noso país.


Edita Morgante.


Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 18-01-2011 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Un galego entre os apóstolos da cultura inmaterial
O pasado mes de novembro, a Unesco facía pública a lista das novas manifestacións culturais que pasarían a integrar a lista do Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Entre as escollidas estaban candidatas hispanas como o flamenco e os castells. Ese labor correspondeulle a un comité que, dende agora, contará cun galego nas súas fileiras. Trátase do lucense Pablo Carpintero.

Doutor en Ciencias, Historia da Música e da Arte, leva case vinte anos dedicado ao estudo do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia. Carpintero é o autor d?Os instrumentos musicais na tradición galega, libro editado polo Proxecto Ronsel, do que forma parte, onde están reflectidas a historia e a evolución de 150 instrumentos usados en Galicia até o século XX.

?A designación de Pablo quere dicir que é un dos maiores especialistas do mundo no seu campo?, indica Iván Area, coordinador do Proxecto Ronsel. ?Isto é un premio ao traballo que fixemos dende Ronsel nestes últimos anos en xeral, e cos instrumentos musicais en particular, permitindo ademais a calquera persoa que analice o que facemos, grazas á colaboración semanal con Xornal de Galicia e Xornal.com ou a nosa canle en Youtube?, engade Area.

Carpintero lembra como foi informado da súa designación pola Unesco. ?Mandáronme unha carta o pasado mes de setembro para ver se quería ser parte do comité, e, por suposto, respondín que si. Cara a finais do pasado ano comunicáronme a miña inclusión definitiva no comité de doce que seleccionará entre as candidaturas a ser Patrimonio Cultural Inmaterial?.

QUE É O PATRIMONIO INMATERIAL?


O concepto de Patrimonio Cultural Inmaterial ?tamén chamado Patrimonio Vivente? naceu en 1990, como contrapartida ao Patrimonio da Humanidade, pero non sería até 2003 cando, tras unha convención, a Unesco decretase a protección para esta clase de Patrimonio.

Segundo esta convención, Patrimonio Cultural Inmaterial fai referencia ás ?prácticas, representacións, expresións, coñecementos e habilidades, así como aos instrumentos, obxectos e artefactos relacionados coas comunidades, os grupos e os individuos?.

O obxectivo da Unesco é ?a protección de todo o patrimonio ameazado polos factores que tenden a homoxeneizar e estandarizar unha civilización global, recuperando e difundindo os valores e a cultura, o patrimonio oral e, en definitiva, todo o que está en perigo e sexa merecedor de dito status?.

Para iso, dende a sociedade dependente das Nacións Unidas creouse un sistema de listado que inclúe algúns deses elementos anteriormente descritos. Algúns deles son, ademais do flamenco e os castells ?incluídos o ano pasado?, o tango arxentino; o entroido de Binche (Bélxica); a técnica de cocción tradicional da cerámica de ladón de Longquan (China) ou a fabricación de tecidos de codia en Uganda. Para Pablo Carpintero, a súa inclusión no comité da Unesco vai supor ?moito traballo e moi duro?. ?Agora en xaneiro temos unha primeira reunión na que recibiremos información das 56 candidaturas, entre as que teremos que elixir as que serán incluídas na lista este ano 2011?, indica o membro do Proxecto Ronsel.

?Esa só será a primeira reunión, pois teremos que ir a París até en tres ocasións antes de poder dar os nomes dos integrantes definitivos; só podo dicir que vai ser duro escoller entre tantos candidatos?, conclúe Carpintero.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2011 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Luns 17

Terza feira 18 (Martes)

Corta feira 19 (Mércores)

Quinta feira 20 (Xoves)
? Danza de San Sebastián en Aldán (Cangas do Morrazo)

Sexta feira 21 (Venres)
? The Homens e Projecto Mourente no auditorio da Area Panorámica de Tui ás 20:00
? Musgafol no Auditorio Pazo da Cultura de Pontevedra ás 21:00
? Irtio na Fabrica de Chocolate (Vigo) ás 22:00
? Noitarega no furancho Matamáfolc (Vigo) ás 23:00

Sábado 22
? The Homens e Projecto Mourente no Centro Social de Padrón ás 20:00
? Coro Cantares de Brión e Cántigas da Terra no C.C. De Vincios (Gondomar)
? Pradairo no Auditorio da Ramallosa (Teo)
? Os Tres Trebóns no C.S. A Casa das Atochas (A Coruña) ás 21:00
? Serán en Ribadavia
? Serán en Parada (Pontecaldelas) a carón da capela

Domingo 23
? The Homens e Projecto Mourente na Biblioteca de Marín ás 20:00
? BellónMaceiras Quinteto no Auditorio Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo ás 20:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2011 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 14 (Venres)
? Pelepau no Furancho Matamáfolc (Vigo)
? Zurrumalla no Furancho A Rianxeira (Vigo)
? The Homens e Projecto Mourente no Teatro Principal (Pontevedra) ás 20:00
? Serán de San Amaro - Traspielas (Fornelos de Montes)

Sábado 15
? Presentación do disco de Freixo as 19h na casa na Casa Dopeso nas Pontes con Bicarelo
? Festa presentación Galeoke en Ferrol na sala Super 8 ás 23:00
? The Homens e Projecto Mourente no Auditorio Municipal de Lalín ás 20:00
? Çe Orquestra no Furancho Matamáfolc (Vigo)
? Serán de Prado da Canda (Covelo)

Domingo 16
? The Homens e Projecto Mourente no novo salón de actos do concello de Fisterra ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-01-2011 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
No 2011 seguen os Seráns
14 de xaneiro
- Serán de San Amaro - Traspielas (Fornelos de Montes)

15 de xaneiro
- Serán de Prado da Canda (Covelo)

22 de xaneiro
- Serán en Ribadavia
- Serán en Parada (Pontecaldelas) a carón da capela

29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.
- Serán de Arbo no cuartel

12 de Febreiro
- Serán dos namorados (Toutón-Mondariz)

19 de Febreiro
- Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)
- Serán en Ventín (Fornelos de Montes)

26 de febreiro
- Serán en Mouriscados (Mondariz)
- Serán en Mondariz no pavillon deportivo (ó lado da igrexa)

6 de marzo
- II Serán de entroido no Casco Vello de Vigo

12 de marzo
- Serán de Laxoso

9 de abril
- Serán de Angudes (Crecente)

16 de abril
- Serán nas Estacas - Fornelos de Montes (Bar/Restaurante "O Chalán")

7 de maio
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)

14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa

28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela

2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara

7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)

17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa

Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-01-2011 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Prado da Canda (Covelo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-01-2011 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Disco de Freixo
O vindeiro día 15 de Xaneiro as 19h terá lugar a presentación do disco de Freixo na casa na Casa Dopeso nas Pontes.

Ademáis de contar coa presencia deste ilustre gaitero de 92 anos (Manuel Vicente Castro Fernández) como artista principal tamén estarán colaborando o dúo Bicarelo formado por Alfonso Cheda e María Xosé López (dúas zanfonas e dúas voces).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-01-2011 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Çe Orquestra Pantasma por Matamá
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-01-2011 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
De xira por Galiza
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-01-2011 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
Festa presentación Galeoke en Ferrol
Festa presentación GALEOKE (Karaoke galego: Os resentidos, Projecto Mourente, Berrogüetto, Quant,...) + DJ ÁBRETE DE ORELLAS + DJ MATACHIN


SALA SUPER 8.
Sábado 15 de xaneiro
23:00 H.
Entrada Gratuita
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-01-2011 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
Pelepau no furancho Matamáfolc (Matamá-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-01-2011 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
Apertura do Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-01-2011 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
Laboratorio de composición e arranxos
Laboratorio de composición e arranxos. Anxo Pintos
Días 21 e 28 de xaneiro de 2011
De 17h a 20h (6h)
Aulas da e-Trad
20 prazas
Teórico e práctico
Último día de matriculación o 14 de xaneiro 2011 (na oficina da e-Trad de luns a venres de 16h a 19h)

Introdución ao arranxo e composición sobre formas musicais da música tradicional galega. Teoría e práctica.

Preferencia de praza para aqueles alumnos do itinerario profesional que teñan elexida na matrícula a opción "cursos de curta duración". Curso con valor académico na e-Trad: computable por 6h

http://e-tradvigo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-01-2011 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Monográfico: Cordas Folque

O próximo curso monográfico que aCentral Folque organiza será o de Cordas Folque os vindeiros sábado 22 e domingo 23 de xaneiro (horario de mañá) en Santiago de Compostela co multinstrumentista portugués Luis Peixoto.

Este é un curso para instrumentos de corda pulsada, fundamentalmente bouzoukis, mandolinas, cavaquinhos,... segundo as preferencias do alumnado. Destinado a calquera persoa interesada en coñecer os ritmos máis importantes e técnicas avanzadas para esta tipo de instrumentos. O curso ten un prezo de 50 ? (8 horas lectivas).

Luis Peixoto é un novo intérprete multiinstrumentista de Coimbra cunha dilatada carreira profesional como mestre e membro de bandas salientábeis do panorama actual do folque portugués coma Dazkarieh ou a Stockholm Lisboa Project ademais de ter colaborado con Sebastiao Antunes, Quadrilha, UxuKalhus, Galandun Galandaina, entre outros. Actualmente tamén toca na banda de Anxo Lorenzo e o seu novo disco "Tirán" onde Peixoto se encarga de tocar as guitarras.


Para inscrición contactar con infofolque.com, +34 881 031 829

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-01-2011 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
Os Irmáns Lamas de Calo no Alalá

Hoxe, mércores, día 12/01/2011

O "Alalá" de hoxe recolle a historia da formación "Hermanos Lamas de Calo", que comeza en 1910 cando seis membros dunha familia deciden formar un sexteto. Cen anos despois, descendentes dos fundadores e antigos membros do grupo decidiron volver coller os instrumentos e lembrar aqueles tempos.


A pesar de comezar só coas gaitas como instrumentos de vento, rapidamente o "Sexteto Enxebre Hermanos Lamas de Calo" incorporaría o clarinete e o saxo, unha combinación instrumental que naquel tempo supoñía toda unha novidade polo que os chamaban para todas as festas. Antes da Guerra Civil, o grupo era moi coñecido, pero o da contenda foi un episodio traumático para eles, xa que levou por diante a vida de dous dos músicos do sexteto; pero os que quedaron souberon refacerse e continuaron co nome do grupo nos anos 40. Desde aquela, durante o século XX, "Hermanos Lamas de Calo" continuou incorporando novos músicos, mantendo sempre o nome e a esencia do sexteto orixinal.

Cando a primeira formación creou o sexteto en 1910, seguramente lles resultaría difícil imaxinar que un século máis tarde se lles faría unha homenaxe en que se expuxeron partituras antigas, instrumentos e fotos das formación; e grazas a esta homenaxe da asociación "A Regionalista", descendente dos Lamas e antigos membros do grupo, cos que esta noite falará "Alalá", decidíronse a coller outra vez os instrumentos.

Comentarios (1) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 12-01-2011 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na sala Nasa (Compostela)
Xoves 13 de xaneiro (21h)
Sala Nasa (Rúa de San Lourenzo nº 51, Compostela)


Serán: festa participativa propia do tempo en que non hai verbenas, e que comeza,claro, polo ?serán?, á tardiña.. Poderiamos dicir que é un ?circuito de inverno?, o mellor xeito de facer festa, tocar, cantar e bailar...

Quen vén tocar esta noite?
21h . Obradoiro de baile a cargo de Óscar Cobos
22h15 . Limagoia
23h . Pana Raiada
23h45 . Gharatusas


Máis información
www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-01-2011 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Mercedes Peón sitúase como número dous na World Music Charts Europe
A lista elaborada cada mes polos corenta e cinco profesionais radiofónicos encadrados na World Music Charts Europe é un referente para os profesionais europeos que se moven neste ámbito profesional.

Medio millón de persoas consultan a web da organización, con sede en Alemaña, e os artistas que saen na lista dos vinte mellores traballos teñen un lugar perfecto para que os programadores musicais os sigan con atención.
A coruñesa Mercedes Peón vén de acadar a segunda posición na lista deste mes de xaneiro, un logro importante que lle pode servir para relanzar a súa andaina internacional. A artista sempre tivo tirón internacional e recentemenmte participou, como convidada pola organización, no Womex, a gran feira das músicas de raíz, e alí deixou unha gran impresión. Iso é o que afirma Albert Reguant, de Catalunya Radio, membro da World Music Charts Europe etamén do xurado dos PREMIOS OPINIÓN, quen non ten dúbida que a actuación da galega ?chamou moito a atención e non me extraña que agora estea tan alto na lista. Para quen non a coñecía, ver aparecer unha muller soa que fai moitas cousas diferentes, con cambios de ritmos constantes, resultou un descubrimento. Foi un concerto potente e deixou unha gran sensación de enerxía na súa proposta. Realmente resultou espectacular?.

Sobre a proposta incluída no seu máis recente álbum, Sós, incide Jose Miguel López, de Radio-3, outro xornalista que comparte xurado na lista europea e nos premios organizados por este xornal, quen subliña que Mercedes ?é unha artista que mestura moi ben a tradición e a vangarda, ofrecendo unha linguaxe anovadora, e ese aspecto sempre estivo moi ben considerado á hora de votar no panel europeo de ritmos de raíz, xa que se procura apostar por proxectos musicais que teñan unha certa carga de renovación?. Para a presentación en directo do seu novo traballo, Mercedes Peón está a ensaiar arreo coa nova banda que estará con ela enriba dos escenarios galegos. Dende o comezo da súa carreira, o directo é un dos puntos fortes desta artista que volca no palco a súa enorme enerxía.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-01-2011 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
O gaiteiro Freixo publica o primeiro disco con 92 anos
O Freixo por fin verá gravado o seu repertorio musical. Ese que leva interpretando á gaita desde hai oito décadas, vendo como o seu mundo mudaba sen que o instrumento deixase de amosar profundos sentimentos.

O disco do gaiteiro Freixo

É Manuel Vicente Castro. Maís tamén é o Freixo. Leva 79 anos coa gaita ao lombo. Toda unha vida animando a troula e a festa e agora, ben vello, vai pasar á historia. Freixo vén de gravar un disco aos 92 anos e vaino a presentar o sábado, 15 de xaneiro, na Casa Dopeso das Pontes, xunto ao dúo Bicarelo de Alfonso Cheda e María Xosé López..

Manuel pode ser tamén dos gaiteiros de máis idade de Galiza en activo e para el é moito, pensando que colle o seu instrumento por vez primeira aos dez anos. Seica non tivo mestre de música e que aprendeu de seu o suficiente para suavizar o seu servizo militar cun destino de gaiteiro.

Antes xa percorrera a súa comarca e contorna animando calquera festa maior ou menor. Na súa madurez formou parte de Os Ponteses, un grupo que marcou xeracións de bailes soltos e agarrados. Tamén animou con outros coma el a charangada Palla Mollada polo barrio das Campeiras. Mais o seu territorio de actuación non só foi As Pontes senón que o seu xeito e as súas décadas de tocar a gaita foron coñecidos por toda Galiza. Moitos gaiteiros tomaron del pezas e ollaron como os seus dedos atacaban o punteiro.

Freixo deulle tempo a moita xente a coñecelo en foliadas e verbenas. Os músicos da súa vila levan anos recoñecéndolle a súa habelencia e bo facer gaiteiro con premios e homenaxes.

Desta vez a posta colectiva foi por agasallarlle unha gravación que lles deixase constancia do seu repertorio ás xeracións do futuro. Na primeira edición publícanse 500 copias do traballo.

Chegou en forma dun cd con 21 escollidos temas que foi gravado no conservatorio das Pontes por Paco Xarel con coordinación e idea de Manolo Lamas e Bieito Rivas. Muiñeiras, valses, xotas e até rumbas e pasodobles que Freixo interpreta acompañado de Aurora Maceira e Hugo Arias. Manuel Vicente Castro, Freixo, anda contento como se fose un rapaz que comeza.

www.anosaterra.org


Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 12-01-2011 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Arrolos de salitre?, un traballo que serve para descubrir novas voces
O dúo formado por Xabier Díaz e Guillerme Fernández decidiu dar un novo paso discográfico ofrecéndolle unha oportunidade a nove voces para que interpretasen os temas creados e arranxados por eles. As voces que participan en Arrolos de Salitre son Davide Salvado, Jara Ortiz, Uxía Cribeiro, Xoán Curiel, Alba Gutiérrez, Fani Otero, María Xosé Silvar, Carlos Álvarez e Diego Calviño.

Fernández comenta que lles apateceu contar con eles ?para facer patente a existencia de novas voces, de novos talentos máis aló dos nomes xa coñecidos no panorama musical galego. Foron escolmados por coñecemento directo, por seguir nalgún momento as súas carreiras e parecernos idóneos para este traballo, e noutros casos por recomendación directa dalgún colega de profesión?. En canto á escolla dos temas, salienta que os tradicionais ?son froito dun proceso de búsqueda e selección dentro do que nós chamamos Arquivo de Salitre (resultado dos traballos de recollida levados a cabo por Xabier durante moitos anos). En canto ás composicións, tentamos que estivesen no seu tratamento impregnadas do substrato do tradicional, para procurar unha certa coherencia estilística na obra?.

Hai unha aposta no álbum polas voces masculinas, que por momentos semellan esquecidas na nosa música. ?Iso non é máis que unha demostración plausible de que existen voces masculinas, de que non é certo ese argumento permanente sobre a ausencia de voces de home dentro do panorama musical?. Nos últimos anos realizáronse diversas propostas de música para nenos, pero esta obra resulta novidosa respecto ao xa realizado. ?Pensamos que este tipo de traballos son absolutamente necesarios para, por unha banda, axudar ao contacto dos máis cativos coa música e, por outra banda, fomentar o contacto coa fonética dunha fala propia, mesmo antes de aprender a falar. Tendo en conta traballos anteriores realizados para nenos, como Tic-Tac, Na punta do pé ou A nena e o grilo, estes arrolos veñen a configurar un novo espazo, antes baleiro, de música para cativos?, sinala Fernández.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-01-2011 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a José Luis Dopico
Dopico combina o labor de mestre en Rianxo coa investigación a prol da cultura galega; acaba de editar o cancioneiro popular más antigo de Galicia

Atende José Luís Dopico -nado na Illa de Arousa, pero afincado nas terras barbancesas- no seu lugar de traballo, o colexio de Taragoña (Rianxo), que actualmente dirixe. Non fala nunha estancia calquera. Faino nunha aula moi especial. É o museo do centro, un espazo onde se poden atopar dende vellos apeiros de labranza á historia dos músicos rianxeiros. Nótase a man deste home, que se define como «músico antes ca nada», nas paredes e murais. «A verdade é que dende que nos deron o premio Antón Fraguas e puidemos poñer en marcha o museo intentamos facer cousas interesantes, por exemplo, temos moitas partituras antigas e temos, quizais, unha das máis importantes coleccións de fotos das bandas de Rianxo», di mentres sinala ás imaxes que saúdan dende o fondo da aula rianxeira.

-Deberiamos empezar falando do seu gran traballo, de que editou o cancioneiro popular máis antigo de Galicia, pero antes teño que preguntarlle por todo isto, ¿como é que este colexio ten un museo tan apegado á música, é cousa súa?
-Eu fixen, en colaboración cos alumnos, algunhas cousas. Temos, por exemplo, a historia da familia dos Pinchudos, unha das sagas máis importantes de músicos de Rianxo. Esta terra é terra de músicos. Rianxo é música en grande maneira; hai que pensar que xa os seus grandes intelectuais eran músicos. De aí que no museo do colexio, aínda que tamén temos unha parte de etnografía, tratemos este tema cos cativos.

-Xa que falamos de cativos, conte os seus comezos na música cando era neno... alá na Illa de Arousa...
-Pois aínda que nacín no Grove, efectivamente, de pequeno xa fun para a Illa de Arousa, e é aí, nesa Arousa sen ponte na que iamos en motora ao instituto, onde tiven o meu primeiro mestre de música. Precisamente, foi un home de Taragoña, Fortunato Iglesias, que fora represaliado e que marchara para a Illa. Era un clarinetista fabuloso.

-De aí pasou a formar parte do grupo Leixaprén, ¿que recordos ten desa etapa?
-Foi unha época hippie, de moi bos recordos. Despois involucreime na creación do conservatorio folk de Lalín e tamén me convertín en mestre. De feito, no Barbanza, dei clases en sitios como Olveira. E agora exerzo en Taragoña, de aí que fixara a miña residencia en Rianxo, onde espero xubilarme.

-¿Como xurdiu o de empezar a investigar no eido da música tradicional galega?
-A primeira vez foi por encargo dunha editorial, traballei sobre os cantos e bailes de Galicia. Despois, grazas a uns amigos que me fixeron chegar fotocopias dun manuscrito que se conserva no museo de Pontevedra, xurdiu o de Marcial Valladares. Empecei a tirar do fío, contactei coa familia e empecei a investigar na súa casa, na Estrada, onde atopamos outro manuscrito, de puño e letra, de Valladares. É dicir, o Ayes de mi país. En determinado momento decidín que había que editalo, e para iso apoieime en Isabel Rei, profesora de guitarra e ademais natural da Estrada.

-¿Que importancia ten ese cancioneiro popular?
-Moita, é o primeiro do que se ten constancia, xa que data de 1865. Ayes de mi país é fundamental por ser unha obra pioneira. Incluso a nivel da península, é moi importante, xa que ten unha data moi antiga. Ademais, inclúe unha parte literaria interesante, con letras en galego, onde se empeza a ver o influxo tamén do castelán, por exemplo en coplas relacionadas co porto de Vilaxoán.

-¿Queda moito por facer en relación coa música tradicional galega, ou xa se investigou dabondo?
-Queda case todo por facer, alguén ten que botar man disto. Non sei se hai que facer un arquivo, ou cal é a fórmula, pero hai moito que traballar. A nivel local pódese facer moitísimo pola música tradicional galega, iso dende logo. É máis, deberíase facer canto antes. Xa digo, temos o deber de recuperar toda esa riqueza existente.

Para achegarse ao mundo de Marcial Valladares, Dopico contactou cos seus herdeiros, e traballou na casa do ilustre, no municipio pontevedrés da Estrada. Di que foi unha experiencia moi enriquecedora.
-Conte como foi traballar na casa de Valladares...
-Marabilloso. A súa casa está como el a deixou. Hai instrumentos da época, como un piano e unha frauta, e moitísimas partituras.

-¿Seguirá investigando na mesma liña, con Marcial Valladares como referente?
-A verdade é que Valladares dá para investigar durante toda unha vida. A súa xenerosidade fixo que os seus textos e partituras tivesen influenza noutros autores e estean presentes en moitas partes.
-¿Que tal a relación coa súa familia?
-Estupenda, colaboraron en todo momento con nós.



La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-01-2011 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Construíndo a Cultura 2000/2010
O mesmo día que se inaugura a denominada Cidade da Cultura en Compostela, 'A Nosa Terra Diario' ofrece un percorrido no que se sinalan e marcan os fitos que, ao parecer da súa redacción, significaron unha achega de orixinalidade, compromiso e creatividade na construción da cultura galega do século XXI. Nesta primeira entrega analizamos a evolución da música entre o 2000 e o 2010

No 2000, cando se abría nova década e nova centuria, Manuel Fraga iniciou a carreira por construír no Monte Gaiás de Santiago uns edificios que resumisen a idea política e cultural do daquela presidente de Galiza. Hoxe os primeiros resultados inaugúranse coa presenza dos Príncipes de Asturias, Felipe de Borbón e Letizia Ortiz.

Mentres as lousas ían ocupando o cume do Gaiás, a cultura galega continuaba en construción. En paralelo, desde todas as direccións, criterios, tendencias e xéneros. Tomaba vía propia fóra do vieiro institucional, mostrando un vizo e orixinalidade que merecen ser lembrados nas décadas seguintes.

Música tradicional

Nesta primeira entrega, que será diaria e tentará atinxir todas as disciplinas artísticas, é o tempo de destacar a música tradicional e a música moderna.

No eido patrimonial, destacan traballos de artistas xa veteranos antes da década 2000-2010, caso de Fía na Roca, Berrogüetto, Milladoiro e Uxía. Tamén a eclosión dun novo xeito de actualizar a música máis nosa aos novos gustos e tendencias. É o caso de Nordestinas, Susana Seivane ou Guadi Galego. Outros nomes, como o de Carlos Núñez ou Xosé Manuel Budiño souberon medrar en cada traballo e ofreceren a súa mellor versión nos discos que agora mentamos.

Novas tendencias musicais

Ao tempo, a música galega buscaba o seu sitio aproveitando o que se estaba a facer no resto do mundo. Esa linguaxe e mensaxe orixinais deu grandes froitos. Atrás quedaron os experimentos por normalizar e daquelas grandes experiencias xurdiron novas formas de comunicar música. Ás veces seguindo a vrea da tradición, caso de Os Cempés, Lamatumbá ou Os Diplomáticos de Monte Alto. Outras adaptando aos nosos ritmos propios ritmos alleos como o hip-hop (Dios ke te crew, Emilio José) ou actualizando o rock con propostas de primeirísimo nivel que van máis alá de seguir a moda doutras latitudes (The Homes, The Noise Project, Fanny e Alexander).


Dez anos de música tradicional

-Liorna, Liorna (2000)
-Isué, Mercedes Peón (2000)
-Hepta, Berrogüetto (2001)
-Contravento, Fía na Roca (2002)
-Mares de tempo, Susana Seivane (2004)
-Orvallo, Miro Casabella (2004)
-Carlos Núñez & amigos, Carlos Núñez (2004)
-25, Milladoiro (2005)
-Nordestinas, (2007)
-Entre Trastes, Entre Trastes (2007)
-Home, X. M. Budiño (2007)
-Coplas para Icía, Xabier Díaz (2007)
-Eterno Navegar, Uxía (2008)
-Diacronías, Lizgairo (2008)
-Benzón, Guadi Galego (2009)


Novas tendencias

-Circo Montecuruto, Os Cempés (2000)
-Presentimento, Manuel Seixas (2001)
- Komunikando, Os Diplomaticos de Monte Alto (2003)
-O blues do amanecer, Víctor Aneiros Band (2004)
-Lume (para que saia o sol), Lamatumbá (2005)
-A ferro e lume, Scacha (2006)
-Xénese, Dios que te crew (2006)
-Finais dos 70s, comezos dos 80s, Fanny e Alexander (2007)
-Manifesto Dobarrista (2007)
-3, The Homens (2007)
-Xigantes, Ruxe Ruxe (2008)
-Chorando apréndese, Emilio José (2009)
-Asuntos que se resolven co tempo, Noise project (2010)
-Manual de seducción, Marful (2010)
-A nena e o grilo, Magín Blanco (2010)


www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-01-2011 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Vigo avaliará obras mestras da humanidade
Pablo Carpinteiro, artesán e investigador do Proxecto Ronsel, acaba de ser escollido para ser un dos doce membros independentes que integrarán o órgano consultivo da Unesco para avaliar nada menos que as «obras mestras da humanidade». As propostas presentadas forman parte dunha lista de salvagarda urxente.

Carpinteiro, ex profesor de Bioquímica, músico e investigador centrado na recuperación das tradicións musicais de Galicia, terá nesta encomenda que ter en conta, ademais do seu criterio persoal, cuestións técnicas marcadas desde a Unesco para «decidir que manifestación cultural ten prioridade, porque todas merecen a pena pero algunhas corren máis perigo ou son máis útiles», opina.

A primeira toma de contacto será este mesmo mes en París, nunha reunión na que os doce membros desta comisión recibirán o dossier coa documentación das 56 candidatas a formar parte do Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco o próximo ano. Desde ese momento, empeza o traballo para entregar en xuño un informe no que valorarán se se adecúan ou non ao que pide a Unesco. Con todo, haberá que esperar a novembro para saber que formará parte da nova lista na que hai un mes entrou, por parte española, o flamenco, a dieta mediterránea, os castells ou o canto da Sibila de Mallorca.

O nomeamento de Pablo Carpinteiro supón un recoñecemento aos catro anos de traballo co Proxecto Ronsel, que xurdiu en colaboración entre a Xunta, a Universidade de Vigo e as da Coruña e Santiago, co obxectivo principal da realización do inventario, salvagárdaa e a posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) de Galicia. O artesán é consciente de que a súa designación forma parte dun todo e que non estaría dentro desa comisión se non fose polo proxecto que, por outra banda, recibe desta forma o beneplácito internacional. «Galicia ten un dous mellores especialistas en patrimonio inmaterial do que deberiamos sentirnos orgullosos», destaca Iván Area , coordinador do proxecto.

Coa colaboración de medio centenar de especialistas, Ronsel elaborou un plan baseado na necesidade de tender unha ponte entre as administracións, as universidades, as asociacións e as propias comunidades de portadores do «coñecemento tradicional».

O lucense Pablo Carpinteiro leva 18 anos indagando en moitos aspectos dun patrimonio vivo e fráxil, motor da diversidade cultural. Unha das habilidades polas que máis se lle coñece é pola súa especialización na construción de todo tipo de instrumentos musicais tradicionais galegos. Os seus saberes, ademais, gárdanse nun libro que é un tesouro enciclopédico de referencia: Os instrumentos musicais na tradición galega, que se recollen nunha publicación de 500 páxinas ilustradas con mil imaxes, avalada pola Unesco e editada por Ronsel.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-01-2011 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
O baile na punta do pé
'Na punta do pé' recolle bailes tradicionais galegos e portugueses
Trátase dun audio-libro editado por Kalandraka destinado a mozos e adultos
Para facelo percorreron Galicia en busca do patrimonio oral das aldeas


Cando din que Galicia esconde un segredo, non menten. Aínda que habería que puntualizar esta afirmación, porque non é un, senón moitos. Así o demostra o traballo realizado polas coreógrafas Montse Rivera e Mercés Prieto, creadoras de Pesdelán, unha agrupación musical que está revolucionando o mercado rexional do audio-libro.

Tras moitos anos de baile, coreografías e clases de danza para nenos, estas dúas galegas puxeron rumbo ao interior de Galicia co obxectivo de pór a bailar á xente. Levaban con elas unha gravadora e unha petición, canto menos, curiosa: convencían aos paisanos de que lles cantasen. Ás veces, ata de que lles bailasen. Pero non servía cunha balada calquera, senón que soamente estaban interesadas naquelas cancións que aprenderon dos seus antepasados, as que se transmiten oralmente e que poucos se molestan en conservar.

O resultado pódese comprar agora en tendas. Chámase 'Na punta do pé', e é o primeiro traballo discográfico da agrupación Pesdelán. Editado por Kalandraka, este libro-cd-dvd naceu como unha aposta editorial diferente, das que se contan cos dedos dunha man.

"Nós queriamos pór á xente a bailar, aínda que sabiamos que era unha proposta arriscada porque aquí non se editan moitas obras deste tipo", conta unha deshidratada Montse Rivera, instrutora de baile. Acáballe de dar un 'meneo' importante aos pais e nenos que acudiron á presentación do libro na Coruña. foi unha hora de concerto e baile.

A cofundadora de Pesdelán, Mercés Prieto, viviu moitos anos en Lisboa, onde este tipo de audio-libro é máis popular. Así que, tomando o mercado editorial portugués como inspiración, lanzáronse a facer esta "tolemia de proxecto" que acabou tendo nome propio.

'Na punta do pé' está composto de "temas con bailes sinxelos, que achegan algo a nivel didáctico", explica Rivera. Por unha banda, atópase unha serie de pezas portuguesas, adaptadas para esta gravación. Polo outro, hai unha mestura de rumbas, pasodobres e folklore galego cuxos acordes recuperan a cultura participativa das festas dos pobos.

Pequenos e maiores lánzanse ao centro da pista e seguen as instrucións de Rivera, que, 'pinganillo' en boca, vailles ditando os pasos a realizar durante este ou outro tema. Nós dependemos 100% do público, porque se o público non quere bailar non podemos facer nada, di, coma se iso lles preocupase. Pero a acollida é inmensa. Pesdelán contaxia a todos os presentes esa vitalidade desbordante que transmite a música en directo.

O grupo tamén adapta o seu repertorio "ao público para o que esteamos actuando, comenta Rivera, que sempre pon como exemplo o concerto que ofreceron en Santiago de Compostela, durante as festas do Apóstolo do ano pasado. Vías a todo tipo de xente bailando: desde o neno que está cos pais ata o turista xaponés. Foi moi emocionante. Por iso 'Na punta do pé' non é soamente para nenos. Nun principio pode parecer así, pero ao final resulta unha desas obras transversais, que a pode usar desde un monitor da terceira idade ata un profesor que desexe animar os contidos da súa materia.

Moi na liña de Kalandraka, cuxos audio-libros son dos máis demandados entre educadores polo seu alto contido didáctico, 'Na punta do pé' converteuse non só nun éxito de vendas (a primeira edición xa está case esgotada), senón nunha lección de historia, patrimonio e lingua galegos. O libro conta, ademais, coas impecables ilustracións de Joãou Vaz de Carvalho, un dos artistas plásticos máis prestixiosos do actual panorama artístico portugués.

www.elmundo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-01-2011 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0