Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Conferencia de Mini e Mero en Compostela

Adiada a semana pasada polo temporal celebrarase hoxe venres no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-01-2009 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 30 (Venres)
? Servando Barreiro no CS Esmorga (Ourense) ás 22:30
? Nova Galega de Danza no Pazo da Cultura de Pontevedra
? Galicia Século 21 ?Isolma? ás 20:30h no Auditorio Municipal de Ourense
? Transilvanians na sala 600 de Melide
? Dandy Fever no Garufa (A Coruña)
? Tanxedoras no Café Moderno de Pontevedra
? Charanga O Fiadeiro no Furancho Matamáfolc (Matamá-Vigo)
? Noite de Tasca en Senra (Oroso)
? Foliada no Salason (Cangas)
? Foliada na Cafetería Lar (As Pontes)

Sábado 31
? Festa da Reconquista en Vigo, Día da Franza: Obradoiro de danzas bretonas e concerto de Skeud (Bretaña)
? Snatch no Ardora (Porto do Son)
? O Sonoro Maxín na Iguana (Vigo)
? Kastomá na Fundación Artabria (Ferrol)
? Bock oi¡, Bretxakada, Skandalo Gz e Tuna Rastafari no C. S. O Fresco (Ponteareas)
? Os Trebellos do Morrazono Furancho Matamáfolc (Matamá-Vigo)
? Serán en Silvoso (Pontecaldelas), no adro da festa
? Serán en Arbo na Casa Cuartel da Guardia Civil

Domingo 1
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-01-2009 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
sábado 31 de xaneiro
-Serán en Silvoso (Pontecaldelas), no adro da festa
-Serán en Arbo na Casa Cuartel da Guardia Civil

Sábado 7 de febreiro
-Serán de San Vicente de Oitaven (Fornelos de Montes) na casa parroquial.
-Serán en Mouriscados (Mondariz)
-Serán no bar do Sifón (Avión)

Venres 13 de Febreiro
-Serán en Acevedo(Pontesampaio)

Sábado 14 de febreiro
-Serán dos Namorados de Toutón (Mondariz)

Sábado 28 de febreiro
-Serán de de Gargamala (Mondariz)

Sábado 7 de marzo
-Serán de Oliveira (Ponteareas)

Venres 13 de marzo
-Serán da Ermida (Pazos de Borbén)

Sábado 21 de marzo
-Serán de Moreira (Soutomaior)
-Serán en Borreiros (Gondomar)

Sábado 28 de marzo
-Serán en Chaín (Gondomar)
-II Ruada de Catoira

Sábado 18 de abril
-Serán en Fozara (Ponteareas)

Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)

Sábado 2 de maio
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
-I Serán en Boborás (O Carballiño, Ourense)

Sábado 9 de maio
-Serán en Pazos de Borbén na Praza do Concello

Sábado 30 de maio
-Serán no casino de Antas(A Lama)

Sábado 6 de xuño
-Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)

Para localizar os Seráns: Mapa dos Seráns
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-01-2009 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 9 de xaneiro de 2009
Seguimos a actualizar o Vai de baile

Vai de baile do 9 de xaneiro do 2009

Os Pastoriciños (Baralla) VS Os aderezos (Compostela)

Concurso


Xurado
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 30-01-2009 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 16 de xaneiro do 2009
E outro máis...

Vai de baile do 16 de xaneiro do 2009

Os Pastoriciños (Baralla) VS Un par de cuncas(Matamá)

Concurso


Xurado
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 30-01-2009 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Silvoso
Comentarios (5) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-01-2009 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Arbo
Comentarios (3) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-01-2009 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Skeud en Vigo este sábado
Sábado 31 de xaneiro.
Praza da Constitución ás 20:30


Como parte do programa do Bicentenario da Reconquista da Vila de Vigo

Skeud: Catro músicos apasionados da música tradicional da Bretaña.

Rémy LE BRAY: Bombarde, Hautbois, Veuze
Christophe LE ROUX: Guitare acoustique
Xavier MONVILLE: Percussions, Tuba
Murielle ROBERT: Accordéon chromatique
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-01-2009 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Salason (Cangas)
VENRES 30 DE XANEIRO A PARTIR DAS 23:00 H

FOLIADA


Toca ?FOLIADA?!!. O último venres de mes volve a música, baile e canto galego a SalaSon. Tráete un instrumento, o corpo preparado para bailar ou simplemente, moitas ganas de festa galega.

HORA: a partir das 23.00 h
ENTRADA: de balde
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-01-2009 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada nas Pontes
FOLIADA DE XANEIRO
Venres, 30 de Xaneiro


A Agrupación Alxibeira de Narón colaborará con nos na 22 Foliada correspondente o mes de Xaneiro.

Desplazaranse ata As Pontes coas suas seccions de: Gaita e Percusión, Cantareiras e Baile tradicional.

Estades invitad@s a participar, e lembrade levar instrumentos para seguila festa.

www.nocombaro.spaces.live.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-01-2009 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Caravana Galiza non se vende
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 30-01-2009 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Tasca en Oroso
"OS VIQUEIRAS DE ORDES" coa colaboración da Asociación BUXOS VERDES de Senra, organiza a 8ª edición das NOITES DE TASCA, que seguen percorrendo a comarca de Ordes.

O venres 30 chega a Oroso, no bar Zapateiro tedes unha cita a partires das 21:00 h para disfrutar da música de D. Enrique Carregal, os compoñentes de Buxos Verdes e todos os que se animen a participar.

Grazas e un saúdo.
Manuel Viqueira Noya
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-01-2009 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Previo da Festa da Reconquista en Vigo este sábado
ACTIVIDADES PARA O SÁBADO 31 DE XANEIRO (Praza da Constitución)

18:00h. Obradoiro de danzas bretonas

19:00. Entrada das tropas francesas e toma da Vila de Vigo

20:30h. Concerto de Música bretona: SKEUD


A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, como anticipo da Festa da Reconquista e dentro da programación do Bicentenario, prepara para este sábado 31 de xaneiro a lembranza da toma da vila de Vigo polas tropas francesas hai xusto 200 anos.

Así deste xeito lembraremos a revolta popular dos vigueses nas xornadas previas á conquista francesa, e a definitiva entrada das tropas napoleónicas, que apareceron tras as murallas de Vigo o 31 de xaneiro de 1809, para pedir a rendición da praza.

Ademais desta representación adicaremos o día a cultura francesa, máis concretamente á cultura popular da Bretaña, polo que contaremos cun obradoiro de danzas bretonas onde todas as persoas que se acheguen ás 18:00 pola praza da Constitución terán a oportunidade de aprender os seus bailes básicos que despois ás 20:30 poderán poñer en práctica no concerto do grupo Skeud.


SKEUD é un grupo que se achega dende a Bretaña (Franza) para amosarnos os cantos e as músicas bretonas coa esencia e a expresividade tradicional, tal e como se fai nun ?Fest-Noz? Bretón; que ven sendo algo semellante a un ?Serán? galego.

SKEUD, son catro músicos frescos e alegres na escea, con gran coñecemento da súa cultura musical, con ampla participación activa nos circuitos de Concertos / Fest Noz Bretóns e gran experiencia como nesta ocasión, fora da Bretaña; facendo concertos por Franza, Italia, Portugal, etc.

A SKEUD góstanlle as festas de torreiro onde músicos e bailaríns, coa súa proximidade, son os únicos elementos necesarios para pasar un bo rato de lecer.

A súa proposta: facer un ?SERÁN-NOZ?, convidándonos a todos a participar nese torreiro de fusión cultural e poder, deste xeito, ter a experiencia de coñecer e participar da Cultura Musical Bretona feita en Torreiro de Pedra Galega.


SKEUD son:

MURIELLE ROBERT: Acordeón cromático
XAVIER MONVILLE: Percusións

CHRISTOPHE LEROUX: Guitarra acústica

RÉMY LE BRAY: Voz, Bombarda e Oboe do renacemento


OUTRAS ACTIVIDADES

Inscrición no mercadiño tradicional da Reconquista

Está aberto o prazo de inscrición de postos para todos aqueles que estean interesados en participar no mercadiño tradicional que, con motivo da celebración da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2009, terá lugar os vindeiros días 28 e 29 de marzo. O mencionado prazo de inscrición rematará o 20 de febreiro de 2009.

As bases poden ser recollidas na sede da Asociación, na rúa Oliva 12 de Vigo ou informarse no 986-439799

Obradoiro de costura ?Fai o teu traxe para a Reconquista?
Este ano, e tras numerosas peticións, abriremos durante os meses de febreiro e marzo un obradoiro de costura onde se ensinará como facer o traxe para participar na Festa da Reconquista, dacordo cos estilos de primeiros do século XIX.

O curso comezará o mércores 4 de febreiro e continuará todos os mércores de febreiro e marzo. As prazas son limitadas e os interesados poden apuntarse na sede da Asociación, na rúa Oliva 12 de Vigo ou informarse no 986-439799.

www.avcascovello.com


Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 29-01-2009 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Esquíos
Esquios veñen de rematar a súa nova gravación, Eche o que hai! (2009). O CD está editado por Falcatruada e tamén estará en ARegueifa.net .

Son 11 temas cantados en galego e un instrumental, con eles intentan conquerir un son de directo e divertirse ó mesmo tempo que protestan un pouco.

Podedes escoitar, online, algúns temas no seu MySpace ou tamén en www.nsaio.org/esquios .

www.komunikando.net

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 29-01-2009 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Marful en Santiago de Compostela
Este xoves 29 de xaneiro, Marful volve a Santiago de Compostela. O cuarteto dará un concerto en Arteria Noroeste para 80 afortunados, que poderán gozar do son máis cercano e sentido de Marful Intimissimo.

Este será un concerto especial, no que o público poderá deleitarse con temas do seu primeiro e exitoso traballo, mesturados con novas pezas que formarán parte do segundo disco de Marful, que verá a luz este ano. A fórmula é ben coñecida: a voz e a sensibilidade de Ugia Pedreira, a guitarra de Marcos Teira e os ventos dos irmáns Pascual, ben mesturados para converter cada novo concerto de Marful nunha experiencia inesquecíbel.

Arteria Noroeste (a sé da Sgae Noroeste, en Santiago de Compostela) acolle este concerto único de Marful. A cita é o xoves 29, ás 21h, e as entradas, de 5? (4? para socios da Sgae, estudantes e xubilados), poden adquirirse na Taquilla online de CaixaGalicia ou en Arteria Noroeste.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-01-2009 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Banda Curta
A música regresa, unha década despois, á TVG
O programa, presentado por Luís Pardo, ofrecerá actuacións de bandas ao vivo, comezando por The Blows e os granadinos Lori Meyers.


No ano 2000 deixou de emitirse Chambo, o programa de música da TVG conducido por unha novísima Belén Regueira. Chambo (ou Clipmanía) foron espazos nos que a (cativa) escena musical galega de finais dos noventa (The Easytones, Fame Neghra...) amosou as súas cancións, compartindo espazo con bandas estatais do momento, como Dover, dos que sempre se recordará a súa desastrosa actuación en Chambo, moi superada pola dos Elephant Band dun Xoel López case adolescente.

Tiveron que pasar nove anos para que a TVG decidise poñer en marcha de novo un formato musical con actuacións ao vivo. Cinco anos con gobernos do PP e outros catro cun goberno bipartito do que sempre se esperou que entre os cambios que levaría á TVG estaría un programa deste tipo. Banda Curta estrearase o sábado 31 de xaneiro ás catro da tarde coas actuacións de The Blows e Lori Meyers como prato forte. Nas vindeiras semanas veremos tamén os directos de The Homens, Catpeople, Triángulo de Amor Bizarro, Najwa Nimri ou Ruxe-Ruxe.

O programa está presentado polo xornalista da Cadena SER Luís Pardo, que realiza deste xeito a súa primeira experiencia televisiva, e grávase na discoteca LP45 de Ordes, onde se pode asistir como público. Ademais da música ao vivo, o programa incluirá todas as semanas outros contidos fixos; por exemplo analizará o que foi dos grupos nacidos ao abeiro da 'Xeración Xabarín', comezando nesta primeira edición por Heredeiros da Crus. En 'ADN', preguntaranlle a distintas persoas sobre os seus gustos musicais, e este sábado será Luís Piedrahita quen responderá ao cuestionario. Ademais, Banda Curta ofrecerá entrevistas, nesta ocasión ao fotógrafo Janite, e reportaxes; este sábado visitará a parroquia de Don Ramiro, en Lalín, a aldea máis punki de Galiza, de onde saíron Motor Perkins, Skarmento, Última Sacudida ou Tiro na Testa. Finalmente, o programa emprestará unha atención particular ás novas bandas galegas, por exemplo as que forman parte da Rede Galega de Locais de Ensaio, como Agoraphobia, de Boiro, que terán o seu espazo este sábado.

Un espazo na televisión para a nova escena galega
Belén Regueira cre que o programa "non fará milagres pero axudará a darlles máis visibilidade aos grupos, a crear ou consolidar público e a demostrar a variedade e a modernidade da creación musical en Galicia". De igual xeito, para Martiño (The Homens), "moita xente vai poder saber como soa un grupo en directo e decidir se lles merece a pena ilos ver a un concerto". Pola súa banda, Carlos Valcárcel (Projecto Mourente) destaca a importancia do horario no que se emitirá o programa, que lle pode dar unha gran relevancia e seguimento.

Segundo Grandío (ex Siniestro Total e responsábel do estudio de gravación Casa de Tolos) encárgase do son das actuacións ao vivo. Martiño, de The Homens (dos que poderemos ver a súa actuación o 14 de febreiro) salienta que "unha das mellores cousas que vai ter este programa é un gran son directo; Segundo Grandío vai facer un gran traballo neste aspecto, que moitas veces é ao que menos se presta atención na tele".

Belen Regueira destaca que o programa tamén "fará algo" pola TVG: "incorporar novo público e público novo, por mudar a imaxe pública da canle e por cuestionar o mito 'telegaita'. Creo que tanto a "escena" galega como a TVG gañan lexitimidade co programa, unha porque confirmará que existe ao aparecer na tele; a outra, porque demostrará que cumpre coas súas obrigas como altofalante da creación cultural do país". Neste sentido, Alfonso Pato, á hora de falar das expectativas do programa, prefire falar de 'público' no canto de 'audiencia' e concorda con Belén Regueira en que o espazo pode atraer á TVG a televidentes que até o de agora non conectaban coa cadea.

Nove anos de silencio
Por que custou tanto poñer en marcha un formato musical na TVG? "Supoño que nos cálculos que facían os directivos da tele non compensaba o que custa un programa destes coa audiencia que eles supoñen que terá. Pero eu entendo que se unha tele pública a pagamos entre todos será para que emitan cousas de calidade e non só forralla", di o cantante de The Homens. Belén Regueira cre que puido influír "o descoñecemento ou a desconfianza sobre a dimensión real da cultura rock en Galicia", pero tamén apunta que "a xente nova cada vez ve menos televisión, e menos televisión xeralista, así que igual todos, e tamén a TVG, temos que empezar a facernos outras preguntas". Unha pregunta para o futuro.

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-01-2009 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Prazas de interinidade para profesores de música, especialidade percusión
A Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, ven de publicar no DOG un anuncio polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de percusión.

O prazo para presentar a instancia de solicitude, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais, remata o mércores 4 de Febreiro.

Podedes consultar o texto íntegro do anuncio no seguinte enlace:
Texto completo

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-01-2009 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Bieito Romero
Bieito Romeu (acordeonista, gaitero e zanfonista) móstrase tranquilo pola dobre actuación de Luar na Lubre no teatro Colón. É un proxecto que está moi traballado, cunha produción ambiciosa e que todo o grupo espera que lle guste á xente. Polo momento venderon todas as entradas para o venres e para o sábado espérase un gran cheo.

Por que tras 24 anos de traxectoria elixen este momento para facer un disco en directo?

Consideramos que é o momento adecuado para facelo. falaramos en varias ocasións de facer un disco en directo pero por condicións, contexto e medios estamos na mellor situación para levalo adiante.

Que significado teñen para a banda os invitados que lles acompañarán no escenario (Diana Navarro, Luz Casal e Pedro Guerra)?

?Nun sentido xeral trátase de valorar as traxectorias artísticas de grandes músicos como eles. Gústanos moito o que fan malia que fan música moi diferente á nosa. Precisamente por iso buscamos unha combinación exótica baseada en invitar a cantar a xente con estilos diferentes, dentro dun contexto de música galega.

Sorprende que non haxa ningún artista relacionado co folk.

Queriamos afastarnos un pouco dese tópico de estar sempre metidos dentro do mesmo corsé. Normalmente no folk adóitase invitar a xente do folk. Creo que é interesante abrir portas e ver que o noso xénero é unha música universal e que se adapta a outros estilos. Trátase de fluír por diferentes músicas e por iso creo que a combinación é a ideal.

Pensaron en invitar a Rosa Cedrón (anterior vocalista de Luar na Lubre) para celebrar os 24 anos de traxectoria?


Non. Desde un principio tiñamos claro que queriamos ter aos que estarán finalmente.

É un bo momento para a música folk?

A música folk está pasando un bo momento no sentido artístico porque nunca houbo tantos e tan bos grupos como agora. Pero iso non se traduce despois en concertos, en apoios nin en vendas. É unha contradición que haxa tanta calidade nos grupos e que o número de contrataciones e festivales decreza.

Existe unha tradición folk en Galicia que poida asemejarse á de países referentes como Irlanda ou Escocia?

A música folk galega está empezando a ter cousas que se parecen ás que levan facéndose por Europa durante moitos anos. Non é unha cuestión exclusiva dos países celtas porque en Holanda, Alemania ou Italia hai moito movemento. Aquí quédanos moito que aprender, sobre todo que a música non é gratuita. Os festivales necesitan infraestructuras propias para non depender todos os anos das administracións, da subvención de quenda ou de facer máis ou menos churrasco para que ao ano seguinte fágase o festival.

Como convive unha banda cun estilo musical afastado das pautas comerciais cunha multinacional?


A relación cunha compañía sempre dependerá de como fagas as cousas e cantos discos vendas. Como nós facemos as cousas bastante ben e encima vendemos, a compañía dános o que necesitamos: a edición e distribución dos nosos discos.

declarou que lles gustaría colaborar coa Orquesta Sinfónica de Galicia?

Non dixen explícitamente a Sinfónica de Galicia. Falei de que nos gustaría colaborar cunha orquesta porque a fusión entre folk e música orquestal é moi interesante.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2009 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na Lubre arrasa na súa casa

Aos catro minutos de empezar o concerto no Teatro Colón da Coruña, ?o público xa coreaba os temas do grupo, que gravou en directo o seu novo disco

«Chove en Santiago, meu doce amor... Chove en Santiago na noite escura». Os versos de García Lorca soaban suaves na voz de Sara Vidal, enchendo onte á noite o Teatro Colón da Coruña. Fóra, o vento e a auga golpeaban contra os cristais coma se quixesen entrar nun abarrotado teatro no que Luar na Lubre ofrecía o seu segundo concerto en dous días. O aviso inicial para o público de «non graven vídeos, non fagan fotos» era incumprido por catro cámaras e un fotógrafo que gravaban o concerto en directo.
Catro minutos despois de que a formación empezase a tocar, o público xa acompañaba coas súas palmas a música, varios temas dedicados á Costa da Morte, mentres no escenario a óptica dun faro íase multiplicando. Bieito Romero destacou que, logo de 24 anos tocando, dez discos editados, de tocar desde Canadá ata Palestina, expuxéronse gravar un disco en directo «na cidade que nos veu nacer, non cerne dela que sodes vos, a nosa xente». Tras unhas palabras de eloxio e defensa da Costa da Morte, «alí recollemos moita música e # moitos amigos», presentou o poema de García Lorca, tras o que soou, cun coro de nove amigos, outro poema: María Soliña. O grupo de acompañantes «non ten nome, bo eles se que ou teñen -chanceou Bieito-. Ou que non ou ten é ou grupo».
Celso Emilio volvería ser protagonista máis tarde cando tocaron a Pandeirada do Che, unha canción da que Romero contou a súa historia, recordando que a primeira versión da peza formaba parte do primeiro disco editado con cancións galegas en Caracas, fai agora trinta anos, e no que Celso Emilio tocaba a pandereita. Romero apuntou que os dotes como pandereteiro do poeta de Celanova eran discutibles, aínda que devandito disco, como documento, «é unha xoia».
«# zocos novos»
Os momentos emotivos do concerto mesturáronse coas bromas; así, cando Romero presentou a versión que fixeran do tema de Víctor Jara O dereito a vivir en paz, evocou o que está sucedendo en Palestina, momento no que o público o interrompeu cun emotivo aplauso. Aos palestinos, «e a todos vos pobos que están sufrindo» foi dedicada a canción.
O sorriso chegou cando o líder da formación chanceou coa indumentaria, todos eles ían de negro, excepto Sara, e explicou: «Non sei se desde aí védesvos, pero # zocos novos, zoco galego; estamos do trinque». Neste sentido, apuntou que cando actúan fóra de Galicia este calzado sorprende moito, pero no caso de onte era como unha reafirmación da súa vinculación coa terra.
Na mesma liña estivo outra das cancións, Nave , coa que tamén reivindican a súa «condición de galegos» e que foi seguida con palmas polo público, entre o que tamén gozaron do concerto dúas persoas en cadeira de rodas situadas moi preto do escenario.
A Costa da Morte volveu ter protagonismo, cando no segundo bis do concerto participou Luz Casal, moi ovacionada polo público, facendo a súa particular versión de Ao pasar por Camariñas. Atrás quedaran outros temas, o xa clásico do grupo A túa xitana , unha canción de Zeca Afonso que desde fai unha década figura no seu repertorio, o mesmo que un tema clásico da música popular dedicado a San Andrés de Teixido e en cuxa interpretación participou outro dos artistas invitados, a cantante malagueña Diana Navarro.
Tamén acompañou a Luar na Lubre, aclamado polo seu público ao longo de toda a noite, o cantautor canario Pedro Guerra cantando un poema de Xavier Corral sobre o Prestige e titulado Memoria de noite. Ao acabar, fóra seguía o temporal de vento e auga.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2009 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
2 de febreiro comeza a segunda canle da galega (G2)
A Televisión de Galicia leva tempo a preparar unha programación diferenciada para a súa segunda canle que se pode recibir a través da Televisión Dixital Terrestre (TDT) e que se traducía principalmente na retransmisión de eventos deportivos minoritarios durante as fins de semana, pero o vindeiro 2 de febreiro o cambio será substancial, e a segunda canle dixital da Galega terá unha identidade de seu.

G2 será o nome desta nova canle da TVG, que manterá as retransmisións deportivas nas fins de semana, pero que de luns a venres notarase especialmente polo reforzo da súa programación infantil e xuvenil, que se emitirá de 14:00 a 15:30 e de 17:00 a 20:30 horas, con series coma George e Marta, Megaman, O detective Conan, Martin Mistery, Pingu, Doraemon,Minuscule, Goomer, Cortomaltés e mesmo producións galegas coma Cousiñas ou O Carrabouxo. Tamén ampliará as franxas de emisión con contidos culturais e divulgativos.

www.codigocero.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2009 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de presentación do disco A Coruña Son 2008″

Hoxe mércores 28 de xaneiro ás 20:30 no Fórum Metropolitano da Coruña celébrase o concerto de presentación do disco A Coruña Son 2008, que nace como resultado do obradoiro que baixo a dirección do cantante e compositor Santiago Auserón se desenvolveu na nosa cidade o pasado mes de marzo. `

A maior parte dos artistas que participaron naquela experiencia actuarán no Fórum nun concerto no que o público que asista recibirá ademais como agasallo a edición en formato digipack do disco. O prezo das entradas será de 3 ?. As bandas que confirmaron a súa presenza no concerto son as seguintes:

- Mr Carácter: ?Xabarín Manía? (Rock galego)
- Chámalle Xis!: ?Canto aquí, canto onde me peta? (Son galego)
- doGma?I: ?A lagoa dos soños? (Pop psicodélico)
- Pablo Díaz: ?O moucho? (Novo folk)
- Siesta continental: ?Violoncello? (Cabaret-art)
- Tonhito de Poi: ?Mariñeira? (Rock galego)


O disco A Coruña Son 2008 complétase coas cancións de Nat (?Nunca te quixen?, canción de autor), O sonoro maxín (?A rúa do perigo?, reggae atlántico), D-Laxe (?Túas mans?, trip-hop atlántico) e ?A misteriosa?, versión en galego de ?La misteriosa? con tradución de Tati Mancebo e Alfredo Ferreiro e interpretada por Santiago Auserón

www.acorunacultura.org
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 28-01-2009 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
O disco de Budiño no Top 10 de Songlines
"Home", o disco de Budiño está situado no Top 10 de xaneiro da revista especializada "Songlines".

www.songlines.co.uk

XosÈ Manuel Budiño is always a musician to watch out for, continually pushing the envelope of his native Galician music further, often in more than one direction at once. Home shows his experimental journey continuing with top musicians as invited guests. The accordion of Basque trikitixa maestro Kepa Junkera opens the rumbustious ëOllin Kaní while the jazz saxophone of Jorge Pardo (key member of Paco de LucÌaís pioneering flamenco group) is there for ëOllos de Salí. And, naturally, the album features his close friend, the cutting-edge Galician singer and piper Mercedes PeÛn, who duets with herself to quite wondrous effect on the beautiful ëInmaterialí. BudiÒo loves to play around in his own recording studio and on his Mac laptop with found sounds and samples. This works blissfully with the ancient voices (from ëAires de Terraí) sampled for the mesmerising ëSempre Alal·í. The way his pipes take up the haunting vocal melody makes the piece totally thrilling. Other times this work takes more getting used to, as with the introduction to ëPedra de Abalarí, which then develops brilliantly with gorgeous violin from Jacky Molard and piano from Paulo Borges.
Hints of various Cuban riffs for the mysterious ëVia Sacra 3í with its marimba and techno touches create a tantalising effect. Straight-up stuff such as ëOrtegalí, with its dense banks of voices, and the closing solo, ëImos Djí, are terrific stuff, as is the fluid and filmic ëNacÌn Na Espumaí. There are always touches of genius in any BudiÒo disc, but Home is full of them.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-01-2009 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
O Carro e o home por fin de acceso público na arañeira
Xa está accesible en Flocos.TV o histórico documental etnográfico de Xaquín Lorenzo "O carro e o home" gravado polo 1941. Todo un documento daquela época na Galiza rural.

Recuperamos en Flocos unha película fundamental na nosa cinematografía, o documental O carro e o home, realizado en 1941 na comarca ourensá de Lobeira. Esta película é un relato liñal da vida do carro, unha "biografía do carro" formalmente emparentada coas vangardas anteriores á Guerra Civil. Finalizada a rodaxe, a película quedaría sin sonorizar. Xoaquín Lorenzo gardaría unha copia en Ourense que se montou en colaboración co Museo do Pobo Galego en 1980 por iniciativa do cineasta Eloy Lozano, e Carlos Serrano de Osma sonorizaría outra pola súa conta en 1945.

Unha grande xoia nunha pequena película. Posiblemente o mellor documental feito na Galiza até hoxe.
A voz en off é a do propio Xaquin Lorenzo


www.flocos.tv

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 27-01-2009 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe Alalá
Hoxe, martes, día 27/01/2009

Pablo Seoane é un rapaz novo que desde pequeniño soñou e se namorou da música e con ela. Desde noviño a súa dedicación é absoluta e os resultados son dous discos no mercado, premios, festivais e recoñecementos do seu traballo fóra de aquí.

A súa vida é un continuo ir e vir porque, ademais de tocar polo mundo adiante, dá clase en cinco asociacións e ten o seu traballo nun obradoiro de instrumentos de percusión. Pensan que isto non é posible? Pois si, comprobarano hoxe. As ganas, ilusión e o amor pola gaita fan de Pablo Seoane un virtuoso e unha das figuras musicais cunha carreira meteórica.

Esta noite, ademais de seguilo para ver como é capaz de estar en mil e un sitios, contaranos cal é a súa visión da música actual, as ideas que con tanta claridade nos expón, entre elas, a de "dignificar a figura do gaiteiro".
Entre ensaios, premios, festivais, actuacións, traballo, recollidas, investigación e familia, tivemos a sorte de asistir ao mellor e mais grande concerto da súa vida: Estivemos na súa voda! Pablo casou coa súa adorable María e, por suposto, fíxoo vestido de tradicional, pois o gaiteiro deu o "si quero" do único xeito que podía facelo, de gaiteiro.

Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 27-01-2009 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Novo programa de música ao vivo na TVG
A actualidade do pop e o rock consegue un espazo na TVG co novo programa BANDA CURTA

A Televisión de Galicia estreará na tarde do sábado 31 de xaneiro ?BANDA CURTA?, un novo programa musical que terá como característica principal as actuacións de grupos en directo e ante público.

O programa de unha hora de duración , dirixido por Alfonso pato e presentado por Luis Pardo, gravarase na sala Lp 45 de Ordes. ?BANDA CURTA? nace con vocación de dar a coñecer o amplo panorama da música pop e rock en Galicia, os grupos emerxentes ou as bandas que usan da rede de locais de ensaio. Para o primeiro programa estarán actuando os vigueses The Blows e os granadinos Lori Meyers. Ademais de música en directo, en ?BANDA CURTA? haberá reportaxes e entrevistas sobre todos os estilos musicais, as novidades do mercado ou a axenda de concertos.

No primeiro programa tamén haberá unha sección dedicada a saber que foi dos grupos que emerxeron coa chamada ?Xeración Xabarín?, como o caso dos Heredeiros da Crus, ou unha sección chamada Adn, no que personaxes populares como Luis Piedrahita darán a coñecer os seus gustos musicais. Unha reportaxe amosará as peculiaridades de Don Ramiro, unha aldea de Lalín na que hai ata catro grupos punkies, ou o grupo Agoraphobia, xurdido no local de ensaio de Boiro, formado por catro rapazas moi novas. Polo plató do programa tamén pasará nesta ocasión Janite, fotógrafo especializado en retratar ás estrelas do rock. Este sábado ás 4 da tarde comeza na Televisión de Galicia.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-01-2009 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 26 (Luns)
? Pedro Lamas e Jacobo de Miguel no Fórum Metropolitano da Coruña
? Trío Vaamonde, Lamas&Romero na E. U. de Formación de Profesorado de Lugo ás 21:00

Terza feira 27 (Martes)

Corta feira 28 (Mércores)

Quinta feira 29 (Xoves)
? Marful en Arteria Noroeste - SGAE (Compostela)

Sexta feira 30 (Venres)
? Servando Barreiro no CS Esmorga (Ourense) ás 22:30
? Nova Galega de Danza no Pazo da Cultura de Pontevedra
? Galicia Século 21 ?Isolma? ás 20:30h no Auditorio Municipal de Ourense
? Transilvanians na sala 600 de Melide
? Dandy Fever no Garufa (A Coruña)
? Tanxedoras no Café Moderno de Pontevedra
? Noite de Tasca en Oroso

Sábado 31
? Festa da Reconquista en Vigo, Día da Franza: Obradoiro de danzas francesas e concerto de Skeud (Bretaña)
? Snatch no Ardora (Porto do Son)
? O Sonoro Maxín na Iguana (Vigo)
? Kastomá na Fundación Artabria (Ferrol)
? Serán en Silvoso (Pontecaldelas), no adro da festa
? Serán en Arbo na Casa Cuartel da Guardia Civil

Domingo 1
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-01-2009 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 23 (Venres)
? Conferencia de Mini e Mero no C.S. Castiñeiriño (Compostela) ás 20:00
? Snatch no TBO (Noia)
? Luar na Lubre na Coruña no Teatro Colón
? Zurrumalla no furancho Matamá Folk (Vigo) ás 23h30
? Foliada dende as 21:00 no Local Social da Baña

Sábado 24
? Snatch no Muiño (Cervo)
? Tabuko Tabanka no Teatro Principal de Compostela
? A Magnifique Bande dos Homes Sen Medo, Ulträqäns e Samesugas na Casa das Atochas (A Coruña) ás 20:30
? Skandalo-GZ no L.S. A Revolta (Vigo)
? Serán de Burgueira (Oia)
? Serán no casino de Xesta (A Lama)
? Serán en Vilacova
? Serán en Paraños

Domingo 25
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-01-2009 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
E seguen os Seráns
Sábado 24 de xaneiro
-Serán de Burgueira (Oia)
-Serán no casino de Xesta (A Lama)
-Serán en Vilacova (Salvaterra do Miño)
-Serán en Paraños (Covelo)

sábado 31 de xaneiro
-Serán en Silvoso (Pontecaldelas), no adro da festa
-Serán en Arbo na Casa Cuartel da Guardia Civil

Sábado 7 de febreiro
-Serán de San Vicente de Oitaven (Fornelos de Montes) na casa parroquial.
-Serán en Mouriscados (Mondariz)

Venres 13 de Febreiro
-Serán en Acevedo(Pontesampaio)

Sábado 14 de febreiro
-Serán dos Namorados de Toutón (Mondariz)

Sábado 28 de febreiro
-Serán de de Gargamala (Mondariz)

Sábado 7 de marzo
-Serán de Oliveira (Ponteareas)

Venres 13 de marzo
-Serán da Ermida (Pazos de Borbén)

Sábado 21 de marzo
-Serán de Moreira (Soutomaior)
-Serán en Borreiros (Gondomar)

Sábado 28 de marzo
-Serán en Chaín (Gondomar)
-II Ruada de Catoira

Sábado 18 de abril
-Serán en Fozara (Ponteareas)

Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)

Sábado 2 de maio
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
-I Serán en Boborás (O Carballiño, Ourense)

Sábado 9 de maio
-Serán en Pazos de Borbén na Praza do Concello

Sábado 6 de xuño
-Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-01-2009 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 12 de decembro do 2008
Imos recuperando os videos do Vai de Baile que están pendentes

Vai de baile do 12 de decembro do 2008

Os aderezos (Compostela) VS Os Saxas (Redondela)

Concurso


Xurado
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 23-01-2009 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 19 de decembro do 2008
E outro máis...

Vai de baile do 19 de novembro do 2008

Os Pastoriciños (Baralla) VS Os aderezos (Compostela)

Concurso


Xurado
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 23-01-2009 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
Ghaiteirada na Baña.
Venres 23 dende as 21:00 h (e ata que remate) no Local Social da Baña (climatizado con lareira), que está na rúa de atras do centro médico.

Poderedes disfrutar baratamente duns chourizos ó viño, viño sen chourizos, cervexas, licor café, muita música, muito baile e muita carallada.

o motivo desta Jaiteirada é recadar algo de cartos para organizar a Festa Rachada xa que sempre andamos algo escasos.

agardámosvos e traede os instrumentos ou calzado cómodo.

unha aperta, Milio Lois.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-01-2009 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
Por un método de gaita en francés
Un grupo de galos sen vínculos con Galiza fundan unha federación nacional para defender a música e a cultura galega no país veciño

En outubro, Christophe Bertandeau estaba pasando "unha época moi mala". Tanto, que nos "momentos máis baixos" estivo tentado de aparcar para sempre os seus proxectos. O estudo sobre a gaita galega que escribe en francés polas tardes, cando sae do banco; as conferencias sobre a cornamusa que vai dando aquí e alá; o cargo de presidente do colectivo que montou en 2007 para defender e promover a música e a cultura galega en Francia. No número 12 da rue deas poètes de Saintes, unha localidade ao norte de Bordeus, está a sede da Federation Française deas Sonneurs de Gaitas et da Culture Galicienne Os Galaicos. É alí onde vive Bertandeau, que cando vén a España prefire que lle chamen Cristóbal. Os 40 membros que integran Os Galaicos, con todo, áchanse espallados por todo o país e cítanse por internet. Polas veas da maioría non corre nin pinga de sangue galego, non son "galiciens de sang", senón "d'âme, de coeur, de passions", e dedican unhas cantas horas ao día a dar "alma" e "corazón" por esta "paixón".

Recoñecen que Carlos Núñez ten boa parte de culpa. Quen ía pensar que uns franceses marcados como todos os seus compatriotas polo tópico do chovinismo ían gastar enerxías en difundir as partituras, os grupos, os discos e o xeito de facer dos luthiers galegos, pero chegou o vigués ao festival de Lorient, alguén dixo que era o Jimmy Hendrix da gaita e a música galega púxose de moda entre os que xa compraban folk bretón ou irlandés. Bertandeau, por exemplo, tocaba por entón a gaita escocesa. E quedou "namorado", "como todos os que a escoitan", da "música chea de alegría" que se facía ao final do Camiño de Santiago, un camiño que ata entón era o único motivo que espertara o interese por Galiza dos franceses. A súa primeira gaita galega tívoa logo de asistir ao Festival Internacional de Luthiers de St. Chartier. Fíxose amigo do fabricante de Carballo Francisco Calvo Regueiro, e empezou a representar os seus instrumentos ao norte dos Pireneos.

Bertandeau e Richard Bagno, outro francés prendado do galego, decidiron no verán de 2005 que había que organizarse e dous anos despois conseguiron facelo, amadriñados dende o principio por Cristina Pato. Agora Os Galaicos teñen unha tropa de padriños: ademais de Pato, están Daniel Bellón, Anxo Lorenzo, Mutenrohi, Luar na Lubre e a banda Xarabal. O último día deste ano chamounos, para ofrecerlles o seu apoio, Susana Seivane.

Os franceses tamén se aliaron cos dous centros galegos de París e o outro que hai en Marsella. Teñen unha web (www.os-galaicos.com) en francés que aos poucos van traducindo ao castelán. Ao abrila, tamén aparece a opción de consulta en galego, pero de momento non conseguiron que ninguén se ofreza para traducila. Necesitan traducir, ademais, os seus estatutos. É o requisito que lles pon a Xunta para darlles algunha axuda e facilitarlles profesores, porque eles queren organizar cursos alá. Cada vez hai máis xente que se pon en contacto cos Galaicos para pedirlles partituras, discos que a Fnac non ten e algún método de gaita en francés. De momento só lles poden facilitar libros en galego, e esperan como auga de maio o novo texto didáctico que prepara Bellón. En canto se publíque, traducirano á súa lingua.

En Francia hai 30 tipos de gaita, pero eles prefiren a galega. "Non fai falla ter raíces para amar unha terra. As raíces bótanse onde un quere", sentenza Bertandeau. Aínda que os bretóns, o único pobo galo que conservou a súa cultura celta, mírenos "con receo", seguen adiante, e montan un posto con bandeiras e libros galegos en todo festival ao que poden asistir. Agora soñan con facer, aínda que só sexa por un día, unha banda cos seus padriños. E mentres preparan a súa participación na Semana Galega de París, do 10 ao 17 de maio, están formando o primeiro grupo francés de música galega. "Vaise a chamar Noite das Meigas", conta Cristóbal orgulloso. O debú será en xullo, e estará con eles Mutenrohi.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-01-2009 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Música na Nossa no Esmorga (Ourense)
Começam as II Jornadas de Língua com atuações, conta-contos e concertos de Música na Nossa.

Vindos da Galiza, de Portugal e de Brasil, nas sextas 23 e 30 de Janeiro e do sábados 24, 31 de Janeiro e 7 de Fevereiro poderemos desfrutar de música ao vivo e de conta-contos . O próximo fim-de-semana vão começar as II Jornadas de Língua com contos e música.

Programa de conta-contos e concertos ao vivo «Música na Nossa»:

23 de Janeiro. 23h00 - CS Esmorga.
O conta-contos Celso F.Sanmartín (GZ)

24 de Janeiro. 22h30 - CS Esmorga.
Concerto de Servando Barreiro (GZ)

30 de Janeiro. 20h00 - CS Esmorga.
Conta-contos para crianças Anxo Moure (GZ)

31 de Janeiro
. 22h30 - CS Esmorga
Concerto de Rui Davide (PT)

7 de Fevereiro. 22h30 - CS Esmorga
Música e Capoeira com o Mestre Boca do Rio (BR)

Actualização: Todas as actuações terão entrada livre!!

www.agal-gz.org/blogues/index.php/aesmorga
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-01-2009 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do Serán de Prado da Canda

A AVV Santiago de Prado da Canda agradece a asistencia de músicos e bailaríns ao serán do pasado día 10.

A pesar do frío cumpríronse as expectativas previstas pola AVV.

A organización do serán de Prado da Canda do 2009 agradece a asistencia do publico que acudiu á convocatoria. A pesar do intenso frío cumpríronse as expectativas de asistencia do publico en xeral e tamén de grupos de musica tradicional como tamén bailaríns. Os asistentes deron boa conta dos chourizos, do pan de millo e do viño. Aínda que o mais celebrado foi o remate final, con chocolate ben quentiño, cousa que o publico agradeceu especialmente.

A AVV xa comeza a preparar a organización do serán do 2010. Son moitas as mostras de apoio e animo para seguir a organizar este evento que a AVV de Prado da Canda organiza con moito esforzo e poucos medios no concello de Covelo.

ASDO:
Executiva AVV Santiago de Prado da Canda.

Máis fotos en: www.pradodacanda.blogspot.es
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-01-2009 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista cos Festicultores

"Somos da festa popular a saco, é o mellor que hai"

?Queremos sementar cultura, sacala das salas e metela na rúa?. Esta é a filosofía dos reis da xolda en Galicia, que se desdobran en ?troupe? balcánica ó estilo Kosturica e en produtora ?seria? de concertos e grupos. Co obxectivo de ?traballar e traballar? afrontan o 2009 sen medo á crise buscando alianzas alén da raia e coa vista posta no bendito Xacobeo


Cultivadores de festas. A esencia galega recollida nunha soa palabra: Festicultores. Un grupo de amigos namorados do rachí puro e duro, da esencia da verbena e do pasacalles e das noites regadas pola medicina k do licor café deciden embarcarse nunha aventura para revitalizar o que máis lles gusta e fundan este clan, desdobrado en grupo e produtora e impulsor dun dos eventos musicais máis importantes do país, o Reperkusion de Allariz. Para comprender mellor esta voráxine, falamos con Xurxo Seara, un dos seus fundadores, que confesa que "agora si poden vivir da xolda".

¿Como xorde a idea de transformarvos en Festicultores?

Queriamos montar algo, xa traballabamos e sempre nos gustou a festa e organizar cousas. Miguel e mais eu estabamos en Madrid e vimos un oco para facer algo e regresamos. Agora temos en marcha moitas cousas, desde o festival Reperkusion de Allariz ata proxectos específicos, e ademais levamos grupos galegos como Banda Potemkin, Pulpiño Viascón, Sacha na Horta, Magnific Band, Miñor Swing e Festicultores Troupe.

Eses sodes vós, ¿non?

Si, é o noso grupo paralelo, o produto estrela, un pasacalles balcánico, espectacular, con teatro, sketchs e música de moita festa.

¿A paridade non vai cos Festicultores? Porque sodes todos homes...

Si, somos todos homes e traballa con nós unha rapaza. Foi casual, non buscado, porque os que montamos isto somos amigos de toda a vida e coñecémonos desde pequenos. Podería haber mozas que non habería ningún problema, mellor incluso (risos).

O voso lema é "cultivadores de festas". ¿Vénlle que nin pintado a Galicia?

Si, démoslle bastantes voltas ó nome e ao eslogan e define o que facemos, sementar festa e cultura aló por onde imos, non só a troula, senón achegar algo máis segundo o caso, o evento e claro, o que che pidan.

Facedes de todo, produtores, montades concertos... ¿en que ámbito vos sentides máis cómodos e tendes máis traballo?

A nosa especialidade está na rúa con Festicultores, cos espectáculos, que é o que máis nos gusta, sacar das salas a cultura e metela na rúa, aínda que tamén facemos outro tipo de cousas. Ó longo destes seis anos fixemos outro tipo de acordos e colaboracións coa xente que leva a Manu Chao, e con eles temos unha empresa a medias que se centra máis en artistas internacionais e que ten un equipo de son moi potente, do mellor de Galicia e incluso de Europa. É no que andamos agora, nestes momentos de crise buscamos colaboracións con empresas de fóra e de aquí para que todo saia máis barato e poder tirar para adiante.

¿Pódese vivir disto en Galicia?

Non sei, nós vivimos os catro disto (risos). O que si que hai que traballar moito, e collemos unha época na que todo está máis en alza no senso en que as festas e os eventos están cambiando un pouco, moitas comisións collen xente nova e deciden levar grupos galegos non só de folk, senón tamén de rock e tratan de mesturar, sen esquecer as orquestras. Apóstase polo moderno, por ensinar o que temos aquí, que hai moitísimo produto interesante pero descoñecido.

Falas de algo máis moderno para fuxir da imaxe de Galicia como un país de pandeireta, pero o que máis triunfa de todos modos son as festas populares porque os festivais indies non teñen moita resposta cando se fan, ¿non?

Nós somos da festa popular a saco, é o mellor que hai. Agora teñen entrada outros produtos, e apóstase polo modelo de festival con pasacalles e varios concertos. Aí ábrese un oco para este sector e, respecto do que me preguntabas se se pode vivir disto, como empresa temos moitos grupos, facemos festivais, movemos equipos de sons, pero o que é máis complicado é saír adiante como músico. Supoño que pasa aquí e en todos lados, é unha industria que non contribúe tanto ó PIB como outras como o cinema, que están máis en alza.

Agora que xa vivimos en clave electoral, ¿cres que o cambio de goberno dinamizou a vida cultural nestes catro anos?

É complicado falalo desde o punto de vista empresarial porque nós co anterior goberno só estivemos ano e medio e eran os nosos comezos. Como espectadores, creo que a evolución foi a mellor e está claro que hai que seguir adiante. A verdade é que penso que onde máis se nota é na xuntanza entre as empresas galegas, coa creación da Axencia galega de empresas musicais, que fomenta a nosa presenza en certames internacionais como o Popkorn.

O ano que vén estamos en Xacobeo. ¿Que perspectivas tendes?

Supoño que traballar como todo o mundo o máis posible, estamos sacando proxectos en marcha no noso estilo, buscando a innovación e dándolle un punto de distinción centrándonos na rúa, en espectáculos para todos os públicos. Sería o noso primeiro Xacobeo e, como empresa, estamos un pouco á expectativa, pero é unha boa época.

¿Non nos podedes adiantar algo?

Está todo no aire, pero queremos que o Reperkusion, que é noso e que está en alza, sexa unha parte importante do Xacobeo.

www.elcorreogallego.es



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-01-2009 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0