Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GS21 en Cangas este Sábado

Data: Sábado 26 de xaneiro
Lugar: Auditorio municipal de Cangas do Morrazo
Hora: 20:30 h.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2008 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
Moxenas Musical Galego en Goián este domingo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2008 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra

Día: 26 de Xaneiro.
Pateada: Cangas ? Facho - Liméns
Saída Nº 78


Volvemos cruza-la ría. Aquela pateada que fixemos de noite en Agosto polas praias de Cangas agora repetímola de día, un chisco mais curta.

Saída:
Día 26 de Xaneiro ás 9,00 nas Almas perdidas (Baixo o pavillón polideportivo do Berbés )

Percorrido:
En forma de 9

Duración aproximada:
8/9 horas (con paradas incluídas)

De Interese:
Praias, Cabo Home, Facho, Santuario de Berobreo

Dificultade:
Media, por que é algo longa.

Organización:
Temos que levar coches a Liméns así que convén organizalo ben porque o tempo vainos facer falla. Saímos de Cangas e seguímo-la liña de costa ata o Monte do Facho, logo volvemos polo interior ata Barra e regresamos a Liméns onde terémo-los coches.

Para contactar: congostra@hotmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 24-01-2008 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Retos de futuro para Berrogüetto
O grupo Berrogüetto anunciou hai uns días un importante cambio entre os seus compoñentes, unha remuda significativa que era comentada nos círculos habituais do folk galego, pero que precisaba dunha confirmación oficial por parte do grupo. Unha substitución de tanto peso podería ter consecuencias negativas noutras formacións, pero unha das características deste grupo desde o seu nacemento foi a de ofrecer sempre unha imaxe colectiva das sete grandes individualidades que o compoñen

Confirmada xa a noticia un dos compoñentes de Berrogüetto, Guillerme Fernández, que xa compartiu distintas experiencias profesionais (en paralelo ao seu traballo con Berrogüetto) coa nova incorporación ao grupo, Xabier Díaz, nos explica as novidades e os proxectos de futuro dun dos grupos máis senlleiros na actualización e na innovación da tradición musical galega.

Xa hai un tempo que existía un ruxe-ruxe que falaba dun posible cambio entre os compoñentes de Berrogüetto. Ao final conirmouse ¿non?
Así é, finalmente producíuse ese cambio e podemos confirmar a decisión de Guadi Galego de deixar a formación.

Guadi deixa o grupo pero sen rencores nin malas historias por ningunha das partes ¿non?
Por suposto, a música é unha parte moi importante dentro das nosas vidas pero hai outras partes que son aínda máis importantes, como as relacións persoais, familiares e de amizade. A propia Guadi comentaba hai uns días nunha entrevista que, a pesar da súa marcha, sentía que Berrogüetto era a súa familia e nós sentimos o mesmo. Aínda que decidira marchar, seguímola considerando parte de nós.

Do achegado por Guadi, nos seus dez anos de andaina con Berrogüetto, ¿cal é a vosa valoración?
Cando Guadi comezou a traballar connosco era unha nena moi nova que, pese a que levaba xa bastante tempo tocando e participando noutros proxectos musicais, tiña moi pouca experiencia no mundo artístico; na relación co "gran público" era bastante novata (como moitos de nós) e nestes dez anos a súa evolución foi moi visible. Do achegado por ela ao grupo está o máis visible: a súa voz e o seu estar; pero tamén outras cousas, como o seu talento para a composición. Hai xa tempo que se convertera nunha parte moi importante do grupo e, de seguro, que a imos botar sempre en falta.

Unha vez decidido por parte de Guadi que abandonaba o grupo e asumida a cuestión pola vosa parte ¿como foi o proceso para escoller substituto?, ¿fixestes un cásting ou algo semellante?
O primeiro paso foi superar a sensación de medo que tiñamos, pola sorpresa e por non saber moi ben como resolver a cuestión. O seguinte paso foi pensar en distintas posibilidades para cubrir a baixa e si que pensamos na posibilidade dun cásting. A decisión non era doada porque atopar unha persoa que reunira as características que precisabamos non era fácil, porque tiña que ser alguén que cantase, que tivese relación co mundo da música tradicional galega, pero ao mesmo tempo tamén co da música máis contemporánea, e que tocase algún instrumento como a percusión ou a gaita, resultaba bastante complicado. Pero tamén é certo que, pola escaseza de posibles "candidaturas", a nosa decisión non foi moi difícil; o que me parecía máis difícil era que esa persoa aceptara pero afortunadamente, despois de meditalo un tempo (que tampouco foi moito), mostrouse entusiasmado coa idea e remataron as nosas incertezas. A persoa escollida foi Xabier Díaz.

Coa decisión de escoller unha voz masculina para Berrogüetto ¿tratades de evitar posibles comparacións?
En parte si porque a incorporación doutra voz feminina levaría, indudablemente, a que o público agardase ver un reflexo de Guadi; pero foi algo que non condicionou a nosa decisión, xa que en principio non descartabamos a posibilidade doutra voz feminina. O que si temos claro é que a incorporación de Xabier despexa esa posibilidade de comparación.

¿Que pensades que lle vai achegar Xabier Díaz a Berrogüetto?
Principalmente o seu gran talento. Xabier é unha persoa que posúe unha creatividade extraordinaria que, ademais, vai acompañada da súa gran calidade como persoa e como intérprete. A súa presenza vaise notar, de seguro, en moitos aspectos como o da composición por exemplo. Ademais están todas as vivencias que se comparten cando formas parte dun grupo e que, polas experiencias persoais que xa eu vivín con el, estou seguro de que serán moi positivas.

A súa adaptación ao repertorio do grupo ¿que tal vai?
Este vai ser un ano que podemos cualificar como "de transición" no que Xabier se vai ter que adaptar ao repertorio que estabamos interpretando en directo, aos temas que antes cantaba Guadi ou tocaba a gaita. El non ten ningún tipo de problema xa que, como ben di: cantar é o meu traballo. Conta ademais coa vantaxe de que xa coñece bastante ben o noso repertorio, de feito participou anteriormente nalgún dos nosos discos e dos nosos concertos. A única teima que ten agora mesmo é a de "quitarlle ferruxe aos dedos", xa que levaba bastante tempo centrado na súa carreira como cantante e tiña algo abandonada a gaita. Pero polo demais todo vai rodando á perfeción.

Este será daquela un ano de transición, pero tamén de novos proxectos, coas miras postas na preparación do que será o quinto disco de Berrogüetto ¿non?
Cando falo de transición refírome ao máis próximo, aos concertos que temos previstos de aquí ao verán, pero si que comezaremos a traballar e preparar o novo disco contando xa coas valiosas achegas de Xabier.

Nese novo disco ¿podemos agardar moitas sorpresas?
En Berrogüetto temos un xeito de traballo un tanto peculiar no que se refire ás novas pezas do repertorio, cada un chega ao ensaio coas súas propias ideas e entre todos as retocamos, ás veces as "destrozamos", e lles damos mil voltas. Agora vai haber unha persoa nova participando nese proceso, o que xa implica
unha posibilidade de cambio, pero será o tempo o que nos desvele o camiño, así que imos agardar para dar unha resposta máis concreta a ese asunto.

¿Para cando un concerto de presentación oficial ao público de Berrogüetto con Xabier Díaz como compoñente do grupo?
O primeiro concerto terá lugar, casualmente, o 30 de marzo na cidade da Coruña. Digo casualmente porque é a cidade na que reside Xabier e iso pode converter a actuación nunha experiencia moi intensa.


www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-01-2008 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Guadi Galego
Para Guadi Galego, Berrogüetto ?o grupo no que foi cantante e gaiteira durante dez anos? representou unha ?escola de aprendizaxe e de madurez artística?. Malia a boa relación que segue mantendo cos seus compañeiros, decidiu deixalo ?por cansazo?. Este ano quere descansar e tomar con calma os proxectos de Espido e Nordestinas cos que seguirá traballando

Leva nos ollos o mar de Cedeira en días de temporal. Fala con naturalidade e séntese orgullosa de ser gaiteira. Non quere pensar que lle deparará o futuro, senón vivir un ano con calma. Guadi Galego acaba de anunciar que deixa Berrogüetto, o grupo do que foi voz durante dez anos, por cansazo. Agora pensa en centrarse nos seus outros dous proxectos, Espido, con Guillermo Fernández e Nordestinas con Abe Rábade e Ugía Pedreira.

¿Por que decides deixar Berrogüetto tras dez anos de música xuntos?
Hai moito tempo que o pensaba. O que pasa é que nunca tomas unha decisión tan importante cun mes, sobre todo se non hai mal ambiente ou non tes un desgusto ou unha enfermidade. No meu caso foi unha decisión meditada por cansazo. Pensei que ao mellor en medio ano era capaz de remontar pero vin que non, que ía esgotándome por momentos e que aquilo cada vez era máis cansazo. Porque para non estar a tope non ten sentido.

¿Esixíache máis esforzo o grupo que os outros dous proxectos, Espido e Nordestinas?
Ben, esixe un traballo distinto, esixe moito máis compromiso. É un grupo moi enerxético, hai que esforzarse moito e tamén ten moitos concertos, sae máis fóra. É un grupo con máis xente: por iso era o que máis enerxías me roubaba.

¿Que balance fas deste tempo no grupo?
Pois moi positivo. Para min foi unha escola de aprendizaxe, de madurez artística e, sobre todo, Berrogüetto é a miña familia. Persoalmente, a relación entre os sete é impecable. Por iso tardas máis en tomar este tipo de decisións.

¿É unha decisión de ida e volta ou é definitiva?
Non, é definitiva porque na música non hai idas e voltas, deixas o tren e segue para adiante. Se queres cóllelo e se non déixalo. Ao mellor dentro de dez anos hai un reencontro, pero ademais agora hai outra persoa.

¿Seguirás colaborando con eles?
En principio non. Quedar a medias tampouco tiña moito sentido. Eles van facer o seu quinto traballo. A miña intención é descansar este ano seriamente, levando proxectos como Nordestinas e Espido que son máis pequenos e que requiren menos esforzo. De feito, Nordestinas foi un proxecto ao que lle teño moito cariño no que Ugía (Pedreira) xunto con Abe (Rábade) facemos cancións do norte e que ao mellor non tiven tempo para dedicarlle todo o que quixera a ese proxecto. Este ano gustaríame facelo.

¿Que proxectos de concertos tes con Nordestinas e Espido?
Con Espido fixo dous anos que sacamos disco e queriamos facer outro traballo, dunha maneira máis tranquila. E con Nordestinas, temos un concerto agora en marzo en Coruña, outro en xuño en Compostela. A nosa intención é tocar este espectáculo por Galicia e por fóra.

¿Propuxécheste ter unha carreira en solitario?

Non, de momento non. Para facer un traballo en solitario tes que ter moitas cousas que dicir, tes que estar moi segura de que tipo de traballo queres facer e non é o meu caso. Non saio de Berrogüetto para facer un disco en solitario.

¿Tes pensado avanzar no teu traballo como compositora?
Si, gustaríame moito compoñer para outra xente pero iso xa é máis como te vai levando a vida. Se a xente te chama e che pide temas, marabilloso, eu encantada. Paréceme moi interesante pensar en compoñer para outra xente. Compoñer cada vez divírteme máis, e a música tradicional cada vez gústame máis.

¿Que che achega o traballo de Nordestinas?
O traballo de Nordestinas foi como un capricho. Berrogüetto ten moitísimo que ver comigo, é música tradicional, folk, e eu ademais son gaiteira, é música instrumental. Ugía e eu fixemos este traballo e chamamos a Abe máis tarde. E pensamos en facer os temas que cantabamos dende pequenas e que nós cantabamos nas casas cos nosos pais. Fixemos temas presentes tamén mirando cara ó pasado, ó mar do norte. Poucas veces tes a oportunidade de facer algo así e con tanta elegancia como Abe arranxou Nordestinas. É como un caramelo.

¿Que importancia lle dás á lingua á hora de compoñer ou interpretar as cancións?
Eu creo que a lingua ten a importancia segundo cada un a sinta. Nestes últimos tempos teño a sensación de que falar galego e cantar en galego significa estar concienciado. Eu creo que iso é un erro, porque a lingua ten que ser algo natural na xente e que non sexa un complexo nin para ser máis nin para ser menos. A lingua dun pobo ten que xurdir con naturalidade. ¿Por que eu canto en galego? Porque me expreso en galego e é como sinto que me expreso mellor. Iso non significa que non cante algún día en inglés ou en francés, aínda que me custe máis. As miñas cancións probablemente sexan en galego aínda que non descarte facer letras noutro idioma. Coa lingua non se pode ter complexos.

Parece que a lingua se está institucionalizando.
Non pode ser un complexo nin para ben nin para mal. E iso politicamente igual. Politizar a lingua é matala. Aínda que inevitablemente neste país se falas galego é que ou es "de aldea" ou "nacionalista". Iso fai que a música en galego se limite, porque aínda temos moitos complexos coa lingua.

¿Cales dirías que foron até o de agora as túas principais influencias na música?
Sempre escoitas cousas distintas. Eu teño claro cales son as miñas influencias. Dende logo, a música tradicional aínda que eu non son unha cantante tradicional. Tamén a música instrumental me inflúe. Escoitei moita música portuguesa dende pequena e por suposto, a música máis actual, máis pop. Algunhas composicións miñas teñen un punto pop.

¿Como afectou nacer en Cedeira na túa forma de entender a música?
Cedeira é unha vila, non é un pobo pequeno, e no seu momento, cando o mar era un punto importante na súa economía, era unha vila moi próspera. Cando vives nun lugar así, iso crea un rebumbio. Había un nivel cultural en Cedeira incrible porque chega un momento no que había tres coros, unha banda de música, grupo de baile, de teatro... E houbo grupos de cantantes dende os anos 60 que compuxeron música. Meu pai era músico afeccionado. Estar rodeado desa xente, vaite contaxiando. Cedeira aínda é un sitio no que o Día de Reis se sae a tocar.

Participaches nos encontros dos Axóuxeres dirixidos aos nenos máis pequenos, ¿como foron?
Foi algo totalmente distinto. Aí si que non hai complexo ningún. Foi moi divertido cantar para os nenos porque sempre tiñas que estar chamando a súa atención. Eran nenos moi pequenos, entre seis meses e tres anos. Ao mellor se fosen máis maiores funcionaría mellor.

Despois de toda esta actividade, quédache tempo para impartir clases no Conservatorio e na Academia da Música A Berenguela, ¿gústache a docencia?
No Conservatorio, de momento, estamos nunha etapa de tránsito, a ver se empezamos a funcionar en breve. Na Academia de Música levo doce anos traballando, é case como unha cuestión de familia. Hai anos que teño máis tempo e lle dedico máis tempo e outros que teño menos e lle dedico menos, pero sempre collo algo para non desvincularme. Gústame moito porque é unha cousa distinta. É moi divertido. Alí dou linguaxe musical e algunhas clases de canto. É unha escola enfocada ao clásico. Os nenos son esponxas, saben o que lles gusta. Non se formulan se é música tradicional ou africana.

Tamén participaches nun acto para conmemorar o centenario do Himno galego, ¿como foi a experiencia?
Ben, moi curta porque a verdade é que foi un acto aquí para a emigración e fixemos dous temas. Estivo ben. Despois houbo actos concretos en cada capital e a nós tocounos un acto para as viaxes que fai a xente da emigración cando vén aquí no verán.

Tamén ofreceron un concerto solidario cos Tres do Eixo no Auditorio o 14 de decembro.
Si, foi superemocionante para min. Cando te chaman para facer un concerto dese tipo, ao mellor sabes de que vai a noticia pero sen fonduras. Entón infórmaste e para min foi moi emocionante. Paréceme unha situación realmente ridícula no que a xustiza se refire, totalmente inxusta e de botar a correr. Deberiamos ser un pouco racionais e empezar a pensar se a nosa xustiza nos protexe. Se iso serve para que por presión social, sintan que hai que reflexionar, creo que para algo serviu.

¿A música galega vive un bo momento?
Si, eu creo que estamos nun dos mellores momentos da música galega porque está diversificada. Debemos aprender a facer música galega, en galego, sen complexos, pensando no que realmente che gusta facer, nas túas influencias e non pensando na lingua, para que sexa algo natural. A música galega leva moitos anos de formación, hai moitos músicos no país, hai unha canteira de músicos de jazz, de rock bravú dende os Dipolomáticos... Os músicos están moi ben formados e os cantantes tamén. Coa música tradicional estamos nun momento boísimo porque está diversificada: que un día vas escoitar hip hop e outro folk, e outro, música de autor en galego. O importante é saír de aquí porque aínda que en Galicia se comeza a consumir música en galego e a xente empeza a comprar música no país, saír fóra é moi difícil.

Do mar de Cedeira á pedra de Santiago
Guadi Galego naceu en Cedeira, onde a música se vincula dende sempre ás tabernas e ao mar. Seu pai era músico, unha paixón que ela mesma continuou como gaiteira, pianista e vocalista no grupo Berrogüetto, unha experiencia que acabade deixar para dedicarse a outros proxectos.

Co grupo gravou os seus últimos tres albums,Viaxe por Urticaria, Hepta ou 10.0, este último para celebrar o décimo aniversario da banda. Sons distintos nos que agora se centrará con Guillermo Fernández, con quen canta no dúo ?Espido?.

E con Ugia Pedreira e Abe Rábade ?Nordestinas? continuará reinterpretando as cancións tradicionais do seu norte, que se foron transmitindo de xeración en xeración.

Hai máis dunha década que deixou o mar de Cedeira pola pedra de Compostela onde imparte clases na Academia de Música A Berenguela.
Cre que o que lle falta á música galega é atopar espazos fóra do país, levar os concertos máis alá das nosas fronteiras para darse a coñecer.

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-01-2008 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Nace a Conferencia Sul da LNB

Despois das xa constituidas Conferencia Norleste e da Conferencia Noroeste
Nace a Conferencia Sul da LNB!!

Totalmente emocionados escribímosvos ista nota anuncaiándovos o nacemento da Conferencia Sul da LNB (Liga Nacional de Billarda) un feito histórico que fostes vos os primeiros en reivindicar, pásovos o contacto de Moises que é o coordinador por se algunha ou algún, queredes unirvos á imparábel revolución billardeira que invade a Galiza enteira.

Por certo na LNB temos tamén un myspace con temas exclusivos de bandas galegas feitos para apoiar ista revolución deportiva , http://www.myspace.com/LNBBILLARDA.

Forza e que a brisa atlántica invada as ferreñas e billardas da Conferencia Sul!!

www.ovaral.blogspot.com

LNB-Conferencia Sul:
Contacto para os interesados en participar na Conferencia Sul:

Moisés
moisesaj@yahoo.es


Animadevos a participar na LNB!!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-01-2008 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Gravación do novo disco de Ruxe-Ruxe
...o día 21 de xaneiro comezamos de maneira intensiva a gravación do novo disco dos ruxe ... todo está planificado para que o traballo remate a mediados de febreiro e para que esté na rúa a mediados de marzo ... xa vos iremos informando ...

www.ruxeruxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 23-01-2008 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
Novos Encontros dos axouxeres
"Rou, rou, xouxigou, tu que vas e eu que vou "
Fermosas pezas de música infantil para descargar, na web de Política Lingüística.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística programa novos Encontros dos Axóuxeres en Ribeira, Betanzos, Monforte e Ribadavia e inclúe na súa web descargas de música infantil en galego.

Así, pezas que forman parte da tradición musical do país como Señor Noé e Parrulos, polos e galiñas contan cunha versión descargábel de letra e música para que os pais poidan cantar cos pequenos na intimidade familiar.

En canto aos 'Encontros', Ribeira acollerá o día 25 a actuación de Mercedes Peón, que tamén estará o día 27 en Monforte. Betanzos e Ribadavia contarán coa presenza de Uxía durante a fin de semana do 8, 9 e 10 de febreiro.

www.vieiros.com

Descargas dos temas:
www.xunta.es/linguagalega/canta_cos_axouxeres

Coa idea de animar os pais e as nais a transmitiren a lingua aos fillos desde que nacen, ponse en marcha a iniciativa Encontros dos Axóuxeres para bebés en familia, que se desenvolve en distintas localidades de toda Galicia durante os meses de outono e inverno.

A diferenza coa Festa dos Axóuxeres, estes encontros musicais de inverno terán lugar en recintos pechados e nun ambiente recollido, nos que as artistas cantan sen micrófonos ao pé dos asistentes e aprenden cantigas. De feito, o aforo é limitado para 20 bebés e os seus acompañantes.

Lembra: reserva a túa praza canto antes no teléfono 981 555 930.

Ribeira, venres 25 de xaneiro ás 18:00
Auditorio municipal
Mercedes Peón

Monforte, domingo 27 de xaneiro ás 12:00
Edificio Multiusos
Mercedes Peón

www.galegoelogo.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-01-2008 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Traballo de Mutenrohi

Xa poden escoitarse as primeiras premesturas do novo disco de Mutenrohi, que levará por título SETE.

Son dous pre-mesturas do futuro disco, polo tanto non van ser definitivas.
Disfrútaas.

-A Lavandeira-
Coa colaboración de Cristina Pato á gaita, e Eva Carreras á voz. A letra, baseada en coplas tradicionais, é de Eva Carreras, que involucrouse fortemente neste traballo

-Greenlands-

Mítico tema de Dan Ar Braz, é una gravación en directo que pechará o CD.
Coa colaboración de MCarballo (na guitarra eléctrica) e a Banda de Gaitas de Cea, a banda de gaitas máis laureada de Galicia.

O CD estará disponible a finais de febreiro de 2.008 e colaborarán:
-Cristina Pato
-Duncan Chisholm , (Wolfstone)
-Guillerme Ignacio (Quempallou)
-Diego Fortes (Lume)
-Eva Carreras (OT)
-MCarballo
-Laura Moure (Gañadora 2006 Festival do Landro)


Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 23-01-2008 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá de hoxe
Hoxe, martes, día 22/01/2008 ás 21:40

O programa desta noite é todo un curso sobre o Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia. Trátase do Proxecto Ronsel, unha iniciativa das tres Universidades galegas que se botaron ás aldeas para estudar e pór en valor o patrimonio cultural inmaterial. Un programa que amais vai ser un curso acelerado sobre os galegos: "Un Alalá sobre a Universidade da Vida".

Galicia vive no século das cidades, da tecnoloxía, das grandes empresas. Nun presente tan obsesionado con saber cara a onde imos que comete o erro de esquecerse de onde vimos. Factores como esta mentalidade ou o paso do tempo fixeron que os galegos perderamos boa parte do noso patrimonio cultural, o que significa rexeitar de nós mesmos. Por iso é necesario revitalizar a tradición, pero facelo ben, partindo da recompilación e do estudo, que son dúas das bases do "Proxecto Ronsel", unha iniciativa das tres universidades de Galicia e outros organismos que se lanzaron ás aldeas para estudar e revitalizar o chamado patrimonio cultural inmaterial.

Coa intención de concienciar a sociedade da necesidade de salvagardalo, o "Proxecto Ronsel", organizou a "Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués" na cidade de Pontevedra, que pretende reflectir a diversidade patrimonial inmaterial poñendo ao alcance de todos os coñecementos tradicionais para entender que se poden adaptar e vivir con eles na sociedade actual.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-01-2008 00:39
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Ardentía en Vigo
ARDENTÍA

Mércores, 23 de xaneiro - 22:30 H.
Entrada Única 3?


La Fábrica de Chocolate Club - Vigo
(Rogelio Abalde, 22)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-01-2008 00:38
# Ligazón permanente a este artigo
Lizquente ocaso do folk galego

Os protagonistas deste estilo musical son case unánimes ao apuntar un estancamento e un ciclo baixo na súa distribución, que non na súa calidade.

Fálase moito do folk. Ás veces, cunha sensación marrada. Existe unha conciencia popular de que a única música galega que se promove en Galicia é a de influencia tradicional. Esa da gaita. Porén, se botamos unha ollada ás axendas de concertos dos principais grupos e solistas de folk galego, dende xa hai uns anos, vaise percibindo unha mingua no número daquelas actuacións que corresponden ao territorio nacional. Poden pasar meses sen que haxa ningún concerto deste estilo musical. Hai que falar entón dunha deformación na percepción da realidade cultural?

Existen máis facilidades que nunca para achegarse á súa aprendizaxe e o número de alumnos inscritos nas escolas de música tradicional é cada vez máis elevado. O número de grupos que se dedican ao folk multiplícase cada ano e a creatividade está en alza. Países como Brasil, México ou Alemaña disfrutan e piden concertos dos grupos galegos. E, pola contra, en Galicia percíbese a falta dun circuíto estable de salas que acollan as actuacións e un deserto na gravación de discos.

Facendo unha análise do estado actual do folk dende o propio folk, preguntando ós seus protagonistas sobre o estado da situación que están a vivir, atópase case unanimidade ao facer referenza a un estancamento ou ciclo baixo, á perda progresiva de importancia dentro de Galicia. A que mellorou demasiado rápido e voltou caer. Á falta de usuarios que estean dispostos a pagar por consumilo. Hainos máis optimistas que outros ao pensar nun repunte.
Pero é que serán quen o optimismo e o entusiasmo da xente do folk de turrar desta música cara un novo amencer ou acabará esta etapa de merma por se converter no principio do tépedo ocaso dunha tradición que comeza a esmorecer na noite do seu derradeiro día?

AS PREGUNTAS
1. Hai grupos con concertos no estranxeiro, pero vese unha falta na oferta no territorio nacional, cre que isto indica un declive do folk galego en Galicia?

2. Cre que hai en Galicia unha concepción de que a música folk ten que ser subvencionada e de que a xente non está disposta a pagar por ela?

3. Considera que o incremento na demanda actual de clases de música tradicional pode ser un pulo para o folk ?

4. Que perspectivas ve para o futuro deste estilo?


BIEITO ROMERO
Membro de Luar na lubre
"Hai unha sensación de baleiro"

Nós notámolo máis que nunca. Levamos dous anos practicamente fóra, onde enchemos e a xente paga por vernos. Nós non podemos queixarnos pero dá mágoa que na terra moitos non se impliquen coa música de seu. Hai unha sensación de baleiro.

Si. Aquí non se vende música. É unha cultura de grifo aberto. Algo que non pasa nin en outros lugares nin con outros estilos. En Galicia case ninguén valora no senso de pagar 20 euros. Porque os grupos teñen uns gastos; trátase dun traballo diario e non podes depender só de que a administración te contrate.

É que o problema non é de nivel, nin de calidade. E está tamén a cuestión de que é difícil vivir sendo profesional disto.

Queda a resistencia, como toda a vida. Hai que agardar a que o tempo diga as cousas. Pero hai veces que dan ganas de tirar a toalla, cando ves que dende a propia casa non valoran o que fas, porque, que che queda entón?

UXÍA
Cantante
"Estamos nunha clara etapa de recesión"

É unha clara etapa de recesión. En Galicia aínda hai moito camiño por andar. Hai inciativas louvables pero aínda resta consolidar os concertos de inverno en pequenos auditorios e crear algúns novos.

Hai pouco hábito mais pouco a pouco se irá resolvendo na medida en que existan máis iniciativas de concertos de pago.

Hai maior creatividade que nunca e quizáis isto dea unha volta ás raíces e unha maior devoción polo autóctono e auténtico .

Na música hai ciclos e isto non quere dicir que non rexurda en breve.

XOSÉ LIZ
Profesor de requinta e membro de varios grupos de música
"É un cancro que está en etapa avanzada"

Si, é bastante evidente. Estase a dar unha emigración laboral. Con toda a boa música, grupos e material que hai! Pero non temos nin un circuíto de concertos, nin un mercado, nin produtoras.

Ese é un cancro que se atopa agora en etapa avanzada, porque cando non te contrata a administración non actúas. A xente non está acostumada a pagar pola súa propia tradición e agora é difícil que collan o hábito.

Ten aumentado moitísimo o número de alumnos e isto amosa que a música tradicional segue viva e que ten grande importancia no mundo urbano. Pero antes era máis sinxelo porque, a menos que un fose moi malo, xa conseguía quince ou vinte concertos en verán. Agora, nada. É un baixón, é lamentable.

A aspiración é que en cuestión de tempo se monte un pequeno circuíto cunha rede de locais con música en vivo. Esa é a primeira porta de entrada. Porque o mercado está a tocar fondo, e agora só queda subir. O protagonista do cambio é o propio consumidor deste tipo de música e ideoloxía.

ANXO PINTOS
Profesor de zanfoña e membro de Berrogüetto
"Houbo contratos, non subvencións"

Hai unha certa estacionalidade e por iso en inverno decae o número de concertos.
Si, pero este non é un fenómeno único da música tradicional.

É que tampouco estivo especialmente subsidiada. Estivo subvencionada para o público, pero para os grupos era un contrato, non unha axuda económica sen retribución.

Si, porque hai unha demanda constante e un moi bo nivel. Cidades como Vigo son tremendamente musicais.

O estado da música dende o punto de vista creativo é moi forte. A situación mellorou moito, aínda que quede moito por loitar.

XABIER ABAD
Membro de Beladona e Xarabal
"O ciclo tan beneficioso dos anos 90 parou"

Si, o ciclo tan beneficioso que se deu nos 90 parou. Os medios de comunicación deixaron de dar tanta cobertura e é tamén complicadísimo sacar un disco se non tes cartos ou un padriño achegante.

Non creo que a xente diga iso de pagar se é un día festivo no que non teñen problemas de horario. Porque a xente do folk, que o segue móvese, desprázase. Inflúe tamén a idade e o tempo libre do que se dispón.

Si, e é necesario coñecer a música tradicional, de raíz de recollida. Agora adquirimos unha cultura máis positiva.

Creo que imos polo camiño de repuntar. Neste ciclo baixo o que se precisa, sobre todo, é apoio mediático e discográfico. Porque eu creo que os que se implican con este estilo son moi leais e compran o disco.

ANTÓN CORRAL
Artesán de gaita
"Estabamos peor na miña época, cando empecei"

A década pasada foi moi positiva, tal vez a mellor. Estamos estacionados.

Si, pero non é certo que estea subvencionada. Hai músicos tan bos como eses dos que sempre se fala que non tiveron a oportunidade de gravar un disco. E a Administración tampouco sabe moitas veces o que é que apoia.

Si. No relativo á construción de instrumentos tradicionais, estamos bastante ben. Pode que falemos xa de calidade e que os que sexan realmente bos se conten cos dedos dunha man, pero están a aparecer novos artesáns das escolas. Que nos vaiamos retirando é lei de vida.

Era peor a miña época, cando eu empecei, e imos mellorando pouco a pouco. Polo menos cada ano vai saíndo un artesán novo que destaca.

CHISCO
Profesor de pandeireta e canto
"Estamos a vivir un nivel baixo de moda"

Hai, sen dúbida, menos oferta. E é aínda máis perceptible para os ques están fóra do mundiño. Estamos a vivir un nivel baixo de moda .

Non é polo apoio, é máis porque a iniciativa privada da xente e das asociacións, que cansaron de ser os únicos en tirar dela.

Espero que si. É moi crecente o interese por parte da xente urbana, aínda que estea a diminuír o número de xente nova, porque os pais xa non os meten tanto. Pero hai un importante xermolo entre a xente de entre vinte e corenta anos. Tamén sería importante que se dese algo na materia de música do ensino público.

Baixamos da crista na que estabamos hai uns anos e teremos que saír deste val. Hai oscilacións e problemas que son insolventables, pero hai un interese moi grande por recuperala.

XOSÉ MANUEL BUDIÑO
Gaiteiro
"Todo depende da calidade das propostas"

Iso pasa porque hai festivais que reúnen música do mundo, pero tamén hai aquí. Eu teño concertos por Galicia cada vez que saco un disco, como me pasa agora con "Home". Depende da calidade das propostas. O que pasa é que cada artista e cada grupo é un mundo distinto, non creo que sexa un problema de encasillar.

Non. Eu creo que estamos nun momento esplendoroso, e vese nas foliadas e seráns que hai.

Cada vez hai máis xente e nova música, de autor, de raíz, aínda que teña certas peculiaridades.

Son optimista porque as cousas son distintas.

XAVIER ALONSO
Avogado durante anos na produtora "Nordesía"
"Outra moda como a que houbo non haberá"

Era a consecuencia lóxica a unha situación que se vía vir. Hai unha saturación de grupos. Non é porque sexan malos pero non hai oferta para todos eles. Trátase unha cuestión de mercado. Posiblemente se modificaron os gustos de consumo. Houbo anos nos que as institucións públicas só contrataban música galega de barata achega e tamén subiron os cachés. Xa se sabe, cando o caldeiro se enche... Seguen os que se consolidaron de aquela.

Durante moito tempo foi así. Fixéronse concertos con fins electorialistas e espallouse moitísimo a música. Isto levou a un desprestixio porque se unha música a tes ou tiveches gratis, por que vas paga agora? Tampoco é que estivese subvencionada, tan só contratada. E distorsionouse o mercado porque a Administración podía pagar máis que as entidades privadas e moitos cachés quedaron sobrevalorados.

A música tradicional como tal, sen ser adaptada, en cen anos resultará arcaica. Iso non quere dicir que non fagamos por recuperala, pero non debe procurar o éxito comercial, só o didáctico.

Creo que o futuro será igual que o presente. Hai unhas figuras que se manterán, media ducia das máis senlleiras e aparecerá algún novo grupo que terá certo éxito, é algo inevitable. Pero outra moda como a que houbo non haberá.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-01-2008 00:38
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Guadi
Nos ambientes do folk foi unha auténtica bomba informativa o anuncio da saída de Guadi Galego da formación de Berrogüetto e a entrada de Xabier Díaz como novo cantante.

A artista atópase moi cansa e decidiu non seguir se non podía facelo ao 100%. Anceiamos que colla novos folgos e continúe con forza cos seus proxectos, sexan os actuais ou calquera outro que xurda no futuro, porque o folk galego non debe prescindir dunha persoa tan valiosa como ela. Nos últimos anos amosou posuír talento e capacidade de traballo para estar con acerto en varios grupos.

-A pregunta inevitable. Porque decidiu deixar a banda?
-É unha decisión que xa viña de tempo atrás. O que ocorre é que nunca queres precipitarte e ademais era necesario cumprir os compromisos do verán coa banda. Fundamentalmente marcho por cansazo. Precisaba tempo para min e estar neste grupo queima moita enerxía e as viaxes tamén cansan bastante. Teño claro que agora non podería estar a tope e por iso prefiro marchar. Nun concerto quero dalo todo e para facelo á metade é mellor non continuar. Pódese dicir que estou saturada de escenario.

-Ten vostede algo que ver coa decisión de incorporar a Díaz?
-Eu din algúns nomes, pero a decisión non foi miña. Para min, a elección de Xabier é a mellor posible. É o mellor candidato, un músico moi preparado, máis ca min, e coa súa entrada vai cambiar o son do grupo e daralle outro carácter á formación. Tiveron moita sorte en dar con el.

-Chama a atención que se vaia cando no último disco vostede ten máis participación que nunca nas composicións.
-Déusenos moita cancha a Guillermo e a min nesta obra e ao mellor podía tocarnos menos na seguinte. En Berrogüetto as forzas van rotando e sempre foi unha banda como tal, non un conxunto de músicos que se une. Existe unha gran diferencia entre eses conceptos. Lévome o mellor desta banda: a música e a madurez artística. Tamén a madurez persoal, que é a que che fai ser un bo artista. Gocei de momentos moi bos. Sinto admiración por eles. Neles teño compañeiros e amigos. E ninguén pode negar que sempre existen momentos malos, mais no noso caso nunca chegaron ao terreo persoal. Creo que me levo mellor con eles que nunca. Son tantos anos de convivencia que xa sabemos todos de que pé coxeamos. Tamén penso que este ano tocamos mellor que nunca.

-Volcarase agora co trío Nordestin@s e co dúo que formou con Guillermo Fernández?
-Vou descansar, mais non pecho as actividades con esas formacións. Co dúo xa realizamos os temas para o segundo disco, pero non sei aínda se o sacaremos este ano. O de Nordestin@as depende bastante das actividades, que son múltiples, dos meus compañeiros. Estaría ben poder ter este ano uns trece ou catorce concertos con eles. Creo que será un ano de tránsito e o que non pensei é saír como solista. Teño claro que seguirei compoñendo pezas, bastante variadas conceptualmente, pero tamén pode que as toquen outros artistas, como xa ocorreu, nalgunhas ocasións, no pasado. Agora céntrome nas clases que dou na escola Berenguela, en Compostela, e espero o que suceda co equipo docente no Conservatorio Folque de Lalín.

-A intención do conxunto é editar este ano o adiado álbum sobre as enerxías renovables. Como xa é un proxecto que vén de moi atrás, vai participar nesa obra?
-Pois non sei realmente o que pensan facer. Gravamos eses temas hai tempo e a miña intención non é a de facelo de novo.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-01-2008 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Xabier Díaz
-Tivo que pensar moito para dar o paso de entrar a formar parte de Berrogüetto?
-Primeiro fiquei abraiado coa proposta e logo tomeime o meu tempo. Debía valorar como afectaba aos meus outros proxectos. Como solista traballo con Guillermo Fernández e como el é o guitarrista do conxunto podiamos compaxinar ben as datas. Logo estaba Nova Galega de Danza e, neste caso, debemos procurar un substituto para cando eu non vaia ás actuacións. Cando tiven a xuntanza con eles cadaquén espuxo as súas ideas e chegamos a un acordo. Eu non quería exercer só como cantante, senón aportar o que puidese da miña impronta á banda. Supoño que o meu rexistro como intérprete tradicional pode ser aproveitado.

-Considérao un paso adiante na súa andaina polo que representa o grupo no folk galego?
-É unha banda á que admirei desde que publicaron o seu primeiro disco. Daquela eu estaba entre os espectadores disfrutando con eles e agora teño a posibilidade de compartir escenario. A verdade é que, se o pensas, resulta alucinante. Síntome arroupado por unha gran banda e apetecíame desde hai tempo cantar cun grupo e se ademais soan tan potentes e poderoso, moito mellor. Pisarei escenarios polos que seguramente non pasaría nunca e iso resúltame atractivo.

-Non poñerán agora de moda a bandas con voz masculina.
-O país debe normalizarse tamén nese apartado, pero nunca conveñen os excesos. Berrogüetto sempre foi pioneiro en rachar cos moldes e amosar un xeito diferente de facer folk no país. Agora volven realizalo coa decisión de ter un cantante varón.

-Tamén tocará a percusión e exercerá de gaiteiro, faceta súa que descoñeciamos.
-Sempre me gustou tocar a gaita e ando a traballar duro porque debo interpretar un repertorio esixente. Na medida das miñas posibilidades, ofrézome ao grupo para o que precisen.

-Está a preparar o repertorio do disco 10.0. Sabe que serán inevitables as comparanzas con Guadi Galego?
-Agora o que nos preocupa é certa premura de tempo para preparalo con certa solvencia e plasmalo nos escenarios. En canto domine as pezas, xa terei máis tempo para reinterpretalas ao meu xeito. En calquera caso, non imos pór patas arribas o álbum. Cando chegue un novo disco do grupo supoño que as comparanzas desaparecerán bastante.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-01-2008 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
Danza de Aldán
O bo tempo acompañou os bailes, que congregaron por centos de persoas no atrio da igrexa canguesa

Acompañados polo bo tempo e os fieis. Así danzaron onte damas e galanes en Aldán, nunha cita que destaca pola vistosidade das cores que elas levan nos seus traxes e o cerimonial.
Como en edicións anteriores, os protagonistas foron cinco damas e dez galanes, que fixeron as delicias do público asistente, procedente da zona do Morrazo e tamén dos municipios dos arredores. á fronte de todos eles, o guía encargouse de dirixir a posta en escena, que tivo lugar no atrio da igrexa de Aldán pola mañá, e que se repetiu logo pola tarde. A danza está declarada, xunto coas que O Hío e Darbo, de interese turístico e os primeiros indicios probados da súa existencia remóntanse a 1678, xa que é neste momento no que se ten constancia documental. A pesar diso, descoñécese con seguridade a antigüidade das tres danzas, que se supón que naceron como pagás e foron posteriormente sacralizadas. Segundo o arqueólogo José Suárez Otero , que se refire en concreto á do Hío, unha vez que o ritual se converte en relixioso, este perde o seu sentido lúdico e deixa de ser un baile de galanteo para converterse nunha ofrenda.

Tras a procesión
De feito, a cerimonia prodúcese logo da procesión na que saen San Sebastián, a Cruz e a Virxe do Carmen. Os participantes bailan sen dar nunca as costas ás imaxes e antes de iniciar a danza, realizan as venias de rigor ante o santo e ante a Cruz.
Primeiro tres cara adiante e logo outras tres ao regresar á posición. Despois, antes de entrar na igrexa, bailan a danza completa, que acaba en muiñeira

www.lavozdegalicia.es

Máis no blog de Castinheiras
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-01-2008 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
Domingo Oleiro
O sol avivou o domingo oleiro en Xinzo

O bo tempo animou a participación nunha xornada que se centra no baile de olas de barro, que inexorablemente acaban rotas en mil pedazos ao caer ao chan

Todo discorre en Xinzo segundo o guión e o ciclo xa coñecido: domingo fareleiro, domingo oleiro e domingo corredeiro, ata chegar á festa total, que este ano se adianta, cousas do calendario, ao primeiro fin de semana de febreiro. Pasado por auga o anterior domingo, o fareleiro, coa consecuente incomodidade e frustración, o domingo oleiro devolveu onte a alegría, iluminado por un sol espléndido, ceo limpo e ausencia de auga.

Nada que ver coa intensidade dos días grandes, con miles de persoas nas rúas da capital da Limia, pero foron centos de persoas as que onte se deron cita na vila para asistir ao sempre rechamante baile de ondas, as vasijas de barro que voan de man en man ata acabar rotas en mil pedazos nalgún momento, para regodeo da maioría, aínda que entre os máis mozos o sentimento é sutilmente diferente. A todos gústalles prolongar esa festiva pachanga, pero nalgún momento ha de finalizar. E termina, claro, aínda que logo sígase a festa en rúas e bares da vila.
O programa do domingo oleiro abrírono onte á primeira hora da tarde os máis mozos.

Os nenos son a garantía da pervivencia da festa e iso téñeno claro na vila, animándoos non só co disfrace pantalla tradicional, sempre máis fácil de explicar, senón co resto dos rituais.
Hora e media despois, o protagonismo é para os adultos. Dos caramelos que enchen as primeiras ondas xa non queda rastro. Para as segundas, confeti, fariña ou auga. Aquí xa se bailan as ondas en serio. A experiencia éo todo entre os participantes. Só interveñen quen saben e a pesar diso, como onte mesmo, a calquera lle pode caer unha onda ou rozarlle a cabeza, coa consecuente escandalera de sangue. Nada grave, pero incómodo.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-01-2008 00:36
# Ligazón permanente a este artigo
A polo Ghit do Correlingua

Escolle o teu grupo favorito no A POLO GHIT DO CORRELINGUA!
descarga, escoita e vota!

O grupo gañador actuará nas festas do Correlingua 2008


Ao Correlingua imos de festa. Celebramos que somos galegos, que temos unha lingua de noso, unha lingua viva que estamos dispostos/as a empregar en toda parte.

Como non hai festa sen música, queremos que escollas o teu grupo galego favorito de entre os que aquí hai.

Descarga as cancións, compárteas coas túas amizades, coméntaas e vótaas.

365 días. En galego cabe todo. Porque podemos falar, cantar, bailar e escoitar en galego. Xa podes ter o teu mp3 en galego co 'A polo Ghit do Correlingua!'

www.correlingua.org

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-01-2008 00:33
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro xogo de rol en galego
Xa está a venda o primeiro xogo de rol en galego nunha Galiza castrexa fantástica

O xogo de rol Titúlase As Crónicas de Gáidil e os seus autores, Paulo Fernández e Nacho Rodríguez, ambientaron a aventura nunha Galiza castrexa fantástica poboada por druídas que cren en Lugh, xigantes, trolls, fadas, fomorianos e polas forzas da escuridade que serven á Dana.

Argumento

'O trono de Breogantia está en perigo. As terras dos lugóns ameazadas. As costas de Artabria en chamas. A beiramar tamarca arrasada e as ruelas de Libredón inzadas de inimigos?.

Con estas premisas dá comezo As Crónicas de Gáidil, o primeiro xogo de rol en galego. Os seus autores, Paulo Fernández e Nacho Rodríguez, crearon como pano de fondo da aventura un mundo chamado Gáidil, unha Galiza castrexa que tira da fantasía e das lendas das denominadas culturas celtas para dotala de deuses, feitizos, poderes e de personaxes extraordinarios.

O manual acaba de saír do prelo da man da editora ourensá Difusora de Letras, Artes e Ideas, que con este proxecto inaugura unha nova liña de traballo.
Como calquera xogo de rol, As Crónicas de Gáidil propón un mundo, unhas regras e uns personaxes, pero o desenvolvemento da historia depende da imaxinación dos xogadores.

Baixo a ollada atenta do narrador, cada un dos participantes dotará os seu personaxe de características propias, como o xeito de vestir, a fala, as teimas e mesmo os poderes. Comeza entón o xogo.

Xogo

O único que se precisa é papel, lapis goma e uns cantos dados de seis caras. A pesar de que moitos xogadores gostan dos de catro, oito, dez e vinte caras, os creadores optaron polo de seis pola súa accesibilidade e para que resulte máis familiar a aqueles que nunca participaron nunha partida.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-01-2008 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Os Alegres Premio Cidade de Pontevedra
Os Alegres"

A agrupación "Os Alegres" atribuíu o seu nomeamento ao traballo realizado desde 1939 en favor da cultura tradicional galega e a súa cultura musical, mediante a recuperación de partituras, vestiario e instrumentos.

O director do grupo, Dionisio Aboal, anunciou que con motivo deste galardón "Os Alegres" van organizar anualmente en Pontevedra un festival para mostrar o resultado do seu traballo.
Aboal prevé que a partir do próximo mes de febreiro xa saia á venda o sétimo disco da agrupación, a modo de homenaxe ao gaiteiro Ricardo Portela e no que participaron músicos de toda a comarca.

Ao longo da súa traxectoria, "Os Alegres" actuaron en localidades de toda Galicia, España e en centros galegos no exterior, ademais de colaborar con outros artistas como Carlos Núñez.

A candidatura de "Os Alegres" foi presentada polo grupo "Os Chichisos".
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-01-2008 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Lume na Palleira
O Sábado 19 de Xaneiro, no Recuncho da Palleta, Pablo Díaz Carro vai a seguir co seu ciclo adicado ó canto en cada unha das catro provincias galegas, centrándose esta vez no canto con e sen acompañamento percutivo na provincia de Ourense.

Visitaremos musicalmente concellos como: A Bola, Lobios, Bande, Calvos de Randín, O riós...e analizaremos os acompañamentos percutivos desta provincia como a lata de pimentón (antigamente de gas de carburo), a cazola (tixola de rabo longo tanxida cunha chave de grandes dimensions), cunchas, culleres e como non a pandeireta, así como os diversos ritmos e xeitos interpretativos no canto.

Con este ciclo de programas, tratase de amosar as letras das cantigas, os sons, e formas de tocar e cantar que hoxe en día se conservan en distintas zonas de Galicia co obxectivo de que non se perda nada do noso patrimonio cultural.

Lembrade que a emisión de "Lume na Palleira" é os sábados de 16:00 a 18:00 h. en "RADIO GALEGA MÚSICA", con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na "RADIO GALEGA".

www.gaiteirosgalegos.com

Lume na Palleira
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2008 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 18 (Venres)
? Loretta Martin no Ogmios de Cariño
? Festival Treme a Terra en Pontedeume: Bonovo, Motor Perkins, Som do galpóm,?

Sábado 19
? Presentación do disco 120 Capadores en Elviña (A Coruña): O Leoiarremecaghoná, Lamatumbá, Ruxe Ruxe, Ulträqäns, DJ Ivan Dezine,... ás 20:30
? Moving Hearts (con Donal Lunny, Davy Spillane,?) no Auditorio de Galiza en Compostela ás 21:00

Domingo 20
? Danza de Aldán ás 12:30 e ás 17:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2008 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Moving Hearts en Compostela
Sábado 19 de xaneiro ás 21:00 no Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela

Para comezar o ciclo Sons da Diversidade 2008 chega ao Auditorio de Galicia a banda irlandesa Moving Hearts, que revolucionara o folk nos anos 80, reunida de novo en Dublín a principios de 2007 para catro concertos consecutivos. Desta experiencia naceu Live in Dublín, un CD acompañado dun DVD de imaxes gravadas durante as actuacións.

Moving Hearts é un mítico grupo irlandés formado por Donal Lunny, Davy Spillane, Eoghan O'Neill, Keith Donald, Matt Kellaghan, Noel Eccles, Anto Drennan, Kevin Glackin e Graham Henderson.

Moving Hearts planea reunirse algunhas veces ao ano para interpretar o seu son único ao novo público e aos vellos seguidores. Compostela contará co privilexio de escoitar en directo Live in Dublín e gozar da música desta prestixiosa formación.

O prezo das entradas é de 15 euros, con descontos do 50% para estudantes e xubilados.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2008 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Danza de Aldán o 20 de xaneiro

A Danza de San Sebastián de Aldán caracterízase pola gran afluencia de persoas que veñen a admirala a pesar de ser no mes de Xaneiro.
A celebración ten lugar no Adro da Igrexa de San Cibrán de Aldán, aínda que as veces repítese no mesmo día noutro punto desta parroquia.
Ata o ano 1995, o baile celebrábase polas tardes no patio do Pazo dos Condes de Aldán.

Actualmente báilase pola mañá ó remate da misa solemne das 12:00 h. e pola tarde vólvese bailar aínda que sen conexión relixiosa en dúas ocasións: ás cinco no ?Torreiro?. No caso de chuvia celébrase sempre no colexio das monxas de Aldán.

Este baile ten a consideración de danza ancestral xa que existe documentación que proba que se bailaba xa en 1.678, (o que significa que no ano 2008 cumpre 330 anos ininterrompidos de vida) data na que se constituíu a confraría do Santo e quedou constancia de que o mordomo foi Joseph Francisco de Gayoso e Aldao, antepasado dos condes de Canalejas.
A pesar de que non se coñece nin a orixe, nin o significado, sábese que durante séculos a danza estivo relacionada tanto cun carácter votivo (enfermidade) como coa nobreza local.

Os danzantes son veciños ofrecidos ó santo sexa pola súa conta ou pola dos seus familiares, en cumprimento dunha promesa, aínda que isto foi cambiando xa que empezaron a bailar simplemente porque lles gustaba.
A organización desta danza corre a cargo da Asociación Cultural San Sebastián e dun mordomo, que recada pola parroquia o diñeiro necesario para cubrir gastos, entre os que se inclúe a tradicional cena do 19 de xaneiro.

A DANZA

A danza componse de dez galáns, cinco damas e un guía. Ata hai 40 anos era interpretada unicamente por homes.

O baile ten especial brillantez pola mañá, cando se baila ante o santo, durante a procesión que se celebra diante da igrexa parroquial cunha duración aproximada de corenta minutos.

Comeza coas venias a San Sebastián e á Cruz. Os danzantes inclínanse seis veces ante cada imaxe: tres veces cando se achegan e outras tres ó volver á posición inicial.
A Virxe do Carme acompaña ó Santo, arroupado por unha gran póla de limoeiro, e á Cruz.

O guía dirixe en todo momento os movementos do grupo, que baila seguindo ó son da gaita e o tamboril e acompañados do ritmo que fan soar as castañolas dos galáns no inicio de cada compás.
Esta clásica danza finaliza cunha muiñeira a modo de contradanza.

A VESTIMENTA DA DANZA DE ALDÁN

A actual vestimenta dos Galáns de Aldán, en cor e en estilo negro, presenta un traxe de vestir con camisa branca, gravata gris, zapatos de sola, sombreiro e unha banda que cruza polo peito. Os Galáns da Danza de Aldán levan como complemento unhas castañolas que tocan durante o baile.
Esta banda é de cor púrpura, unha tonalidade que coincide coa do manto do Santo, aínda que durante moitos anos foi substituída pola cor da bandeira española. Ademais, a do guía distínguese da do resto dos galáns por ser de cor malva.

A vestimenta das Damas de Aldán é semellante á empregada na Danza e Contradanza de Darbo. O traxe das mulleres consta dunhas enaguas brancas con puntillas bastante anchas por riba das cales visten un mandil negro con pedrería de acibeche.
A camisa ten a mesma cor que as enaguas con moitos bordados e colo subido. Compleméntase cun vistoso mantón de Manila que se pon polos ombreiros prendido con broches de fantasía deixando ó descuberto a pecheira da camisa sobre a que caen numerosos colares de pedrería de varios tamaños.

Na cabeza, sombreiro de palla, adornado cunha rechamante composición floral artificial de diversas cores da que penden pola súa parte traseira numerosas e longas cintas de cores que chegan cos seus flocos case ata o chan.
Pendentes e sortellas complementan este vistoso e pesado traxe que fai que os movementos das Damas sexan repousados e lentos.


www.danzaldan.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2008 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Impresionante festa para o 19 na Coruña
O sábado día 19 de xaneiro, no barrio de Elviña (A Coruña), onde a sociedade "Tempo Novo", haberá un enorme concerto-romería con motivo da grandiosa apresentación do disco "120 Capadores" en Homenaxe aos Diplomáticos, a partir das 21:00 horas, haberá carpa, e unha xigantesca degustación popular de callos ao Bravú, viño e puros...

Apresentará "Pulpiño Viascón"

Actuarán:

-O Leo i Arremecaghoná
-Lamatumbá
-Ruxe-Ruxe
-Ulträqäns
-Sesión co DJ Ivan Dezine
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-01-2008 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Treme a Terra: o primeiro festival do ano
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-01-2008 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Acción de Apoio a Díaz Pardo
O vindeiro sábado 19 de xaneiro a Rede de Acción Sociocultural Arredemo presenta o seu novo portal de comunicación no Instituto Galego de Información (IGI) a días escasos do afastamento definitivo de Isaac Díaz Pardo da dirección do Grupo Sargadelos e da máis que posible liquidación do proxecto cultural a el asociado.

No contexto desta agresión e aloxado no portal, reábrese o Foro Negro (ver anterior edición) como punto de encontro, reflexión, debate e denuncia das outras tantas agresións que estamos a padecer no social, no ambiental, no político e no cultural. Participa na construción da Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo contribuíndo a tecer a rede de todas e todas. Confirma a túa asistencia individual ou do teu colectivo aquí: foronegro@arredemo.info. Consulta de seguida o calendario e o texto programático

Calendario

Día 19 Xaneiro.

Mañá: Presentación oficial do xornal Galicia e do portal de comunicación Arredemo.

Tarde: Apertura do Foro Negro

Debate: ?A necesidade de gobernar o descontento?
Organización da rede de distribución do xornal Galicia

Día 23 Xaneiro.

Mañá: Presentación aos medios do xornal Galicia
Tarde: Recepción solidaria de Isaac Díaz Pardo antes da xunta de accionistas do IGI.


O Xornal Galicia, acción en rede contra o silencio.

O Instituto Galego da Información naceu no ano 1977 co propósito de dar fundamento e sostén, dentro do novo espazo democrático aberto tras o franquismo, ao xornal Galicia, un proxecto editorial ao servizo do país, feito en galego e comprometido de seu coa nosa sociedade. Unha utopía que por diversas circunstancias nunca chegou a bo porto. Diante da liquidación case segura do IGI na xunta de accionistas do 23 de Xaneiro do 2008 que afastará definitivamente a Isaac Díaz Pardo da dirección do grupo Sargadelos, desde a Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo e o colectivo Burla Negra, en colaboración con Novas da Galiza e outros colectivos sociais e culturais do país e moitas persoas absolutamente inconformes con este sacrificio ruín, decidimos dar testemuño deste acto de violencia contra a nosa cultura realizando por primeira e última vez aquela utopía tan vella como aínda necesaria, editando polos nosos propios medios o número cero do xornal Galicia. Un exemplar que alén do seu valor testemuñal, quere tamén deixar constancia de que hai unha cultura viva, libre e irredutible que continúa a traballar e crear no día a día esa Galiza Imaxinaria que soñaron os devanceiros e que homes e mulleres como Isaac Díaz Pardo salvagardaron da barbarie fascista para nós e para os que veñan e as que veñan despois de nós.

Trátase dunha iniciativa que por unha banda pretende expresar de xeito activo a solidariedade de amplos sectores sociais e culturais do país coa figura de Isaac Díaz Pardo. Os pormenores de todo este proceso inzado de infamia e indignidade, son de sobras coñecidos, sendo un dos principais propósitos da edición do xornal non tanto relatar as maquinacións da actual directiva do grupo Sargadelos para afastar da dirección do grupo ao seu fundador como deixar memoria do momento histórico no que se liquida un proxecto cultural de máxima transcendencia na historia contemporánea de Galiza.


Por esta razón, a edición do xornal quere atender por outra banda, e de xeito moi especial, ao momento social e cultural que atravesa o país desde diferentes contextos e puntos de vista. O territorio, a lingua, a cultura, a economía, a política, a ecoloxía, a comunicación, a educación... son a penas algúns dos temas a abordar coa intención de propor unha reflexión colectiva en formato xornalístico que contextualice a liquidación do proxecto Sargadelos cos ollos postos no presente e no futuro da nosa sociedade.

A idea do xornal Galicia xurde tamén asociada á presentación do novo portal de comunicación da Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo, prevista hai tempo para este mes de Xaneiro. Dadas as circunstancias, pareceunos boa idea solicitar de Isaac Díaz Pardo e dos traballadores do IGI, o propio espazo do Instituto para realizar esta presentación, se cadra un dos últimos acontecementos culturais que terán lugar no seu interior e solidarizarnos deste xeito coa súa loita nun momento decisivo.

O IGI ten un significado especial na xestación do propio proxecto Arredemo, pois foi neste espazo onde o colectivo Burla Negra, na secuencia da catástrofe do Prestige, convocou o Foro Negro en Decembro de 2003 do que saíron as bases para a organización dunha rede de acción socio-cultural que abrise un novo espazo de comunicación ao servizo dos movementos sociais galegos.


En recoñecemento da cerna espiritual do proxecto histórico impulsado polo Laboratorio de Formas, comprometido tanto coa recuperación da memoria histórica como coa proxección da nosa cultura no mundo, e debedores como galegos e galegas do esforzo e a intelixencia depositada polos seus fundadores na transmisión da nosa identidade cultural, queremos recuperar o Foro Negro, nesta nova andaina da Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo, como un foro de reflexión social e cultural aloxado na rede, que será presentado o día 19 no IGI conxuntamente co portal de comunicación e o xornal Galicia. E neste sentido gustaríanos convidarvos a todos e todas a asistir, tanto ao Foro, onde será presentado o xornal e o portal, como ao acto de solidariedade con Isaac Díaz Pardo e os traballadores do IGI o día 23 de Xaneiro no mesmo instituto.

www.arredemo.info
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2008 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Galician Night no Celtic Connections 2008 de Glasgow (Escocia)

" GALICIAN NIGTH IN CELTIC CONNECTIONS 2008 "

Galician Night featuring Xosé Manuel Budiño, Mercedes Peón & the Anxo Lorenzo Band
Saturday 19th January 2008, 9.30pm
Old Fruitmarket


Galicia is famous for its summer festivals, and tonight we bring a taste of that Spanish Celtic experience to wintry Glasgow, complete with three of the region's top contemporary artists.

A supremely gifted, audaciously inventive exponent of the gaita, or Galician bagpipes, Xosé Manuel Budiño first honed his craft at the celebrated Pipe School of Moaña, going on to fuse this traditional grounding with rock, funk, world and dance-music elements.

Featured on Budiño's new CD is the extraordinary, incandescent voice of Mercedes Peón, another of tonight's performers, accompanied by her own high-octane band. Also a noted gaita player, she too cross-fertilises traditional styles and material with a welter of modern influences, and is a hugely charismatic live performer.

Completing the line-up will be the Anxo Lorenzo Band, made up of an exciting new breed of musicians who see no barriers when experimenting with traditional and contemporary music.


www.celticconnections.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2008 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Novas da Escola de artes e Oficios de Vigo
Medio milleiro de alumnos da Escola de Artes e Oficios aínda non comezaron as clases

Medio milleiro de alumnos da Escola de Artes e Oficios atópanse á espera do comezo das clases por problemas coa contratación de profesores.
O Partido Popular denunciou onte que desde o dous de outubro estéase dando escusas aos alumnos con sucesivas datas para o inicio do curso, algo que aínda non se produciu.
A oposición esixe ao alcalde que comunique unha data definitiva para acabar coa confusión creada na actualidade e recorda que se están incumprindo as promesas, incluído un acordo plenario a instancias do grupo popular.

Vacante
Outra das demandas pasa polo nomeamento dun director, do que na actualidade carece o centro, unha vez cesado o anterior. Desde entón a dirección está vacante e a responsabilidade depende dun supervisor, a pesar de que Abel Caballero comprometeuse a nomear en breve un director.
A estas alturas os alumnos xa non se cren nada, despois de que se pospuxo o inicio das clases polo menos en catro ocasións. De momento xa perderon o primeiro trimestre e sospeitan que polo ritmo das xestións van camiño de perder o segundo.
A concelleira Lucía Molares cualificou onte os feitos de moi graves e achacounos á incapacidade de xestionar do actual goberno municipal.
O primeiro atraso comunicouse o 2 de outubro e pospuña o inicio do curso para o 17.
Efectivamente nesa data comezaron as clases, pero só unha parte, mentres que o resto deixábase para novembro. Nese mes volveuse a informar de que as materias que aínda non empezaron faríano en decembro, antes de nadal, mentres que na actualidade os alumnos reciben por resposta cando chaman para interesarse que pregunten en febreiro a ver se cun pouco de sorte.

A situación afecta a materias como encadernación, pintura, palillos, música moderna, gaita, zanfona, violín folk e canto popular.
O problema radica na necesidade de cambiar o modelo de contratación do profesorado.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2008 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Ribeira
Este sabado 19 de xaneiro a partir das 22.30 da noite gran carallada en ribeira no bar a telleira (cantina do centro social do grupo tahume).

Esperamosvos alí a todos cada quen co que queira, pandeiretas, gaitas, pernas, ?.


Que non falte nin dios!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Un saudo
Fran

Pasadeooooooooooooooo!!!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-01-2008 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
Espirse ao xeito non tradicional
O blog do noso amigo Edu lembra este simpático strepstease realizado no Luar da TVG.


Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 17-01-2008 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
Rock galego: Participar e debater en Komunikando
PARTICIPAR E DEBATER por Bocixa

Penso que ante o comentario de Esquios sobre a SGAE é interesante falar e debater sobre diversos temas. Aí vai a miña idea:

Desde a páxina convido a cada grupo que se apuntou a Komunikando para que fale e diga se está disposto a entrar nun debate de cara a elaborar un texto conxunto e consensuado se é posible sobre os temas que nos preocupen, temas de interés xeral e non caendo en particularismos. Deberiamos empezar a propoñer puntos que cada banda considera importantes e pasadas unhas semanas veremos o número de grupos interesados en participar.
Unha vez sabido esto, entre eses grupos, nomear unha comisión que convocaría unha posterior reunión de cara a debater, cara a cara, eses temas, logo de cadaquen presentar as propostas por escrito.
Temos que ser operativos xa que o tempo para as reunións, é ouro, en non entrar en batiburrios que non levan a ningures. Por iso penso que cada banda debe nomear un representante con voz e voto.

Desde o meu punto de vista a SGAE é un punto importante a tratar:

-Posicionamento ante o seu funcionamento, campaña en contra, etc.
-Listado de problemas xerais para as bandas de rock galegas e trasladar eses puntos reivindicativos a quen proceda.

Eu particularmente apunto a administración pública, dígase Consellería de Cultura, industria, etc. pois penso que aparte de promover os circuitos do IGAEM apenas hai outras campañas e inversións de cara a axudarnos. Si existen con outros grupo de "novas músicas", que se están a converter nos abandeirados da cultura galega e que parece son os novos herois da canción neste país de cara ao extranxeiro.

Quen decide os artistas que viaxan a feiras internacionais?
Son os artistas das productoras "oficiais" deste país os novos Juan Pardo, Ana Kiro ou Amistades Peligrosas?

Con todo o respeto para eles claro, debemos facer valer o trato igualitario e que se nos teña en conta. As productoras como empresas privadas poden levar adiante os seus programas, pero se de cartos de todos se trata, o conto cambia. Non deben de ter o monopolio dous notas que programan ao seu antoxo manexando carto público como en toda a era PP para converter a industria musical galega nun monopolio de 4 empresas que elixen aos seus propios artistas para os grandes eventos.
En resumo... quero saber que cartos se destinan a promoción da música, a onde van parar, quen se beneficia e baixo que criterios, resultados, etc.

Outras preguntas:
Cales son os plans de Cultura de cara ao XACOBEO do 2010?
Anunciaron hoxe que teremos en Galiza grandes artistas internacionais. Van contar con nós? ou haberá que facer coma en épocas pasadas para que o rock, ska, punk, etc. galego teña presenza neses escenarios sen que sexa de forma marxinal.

A TVG vai contar con nós para un programa de música en directo? ou seguiremos co Luar eternamente sen máis espazos nesta canle de TV?

Queremos opinar, contar, saber!!!!!!!!!!! eu polo menos.
Así un longo etc. que penso debemos plantexar aos nosos gobernantes con toda claridade.
Pese a elo insisto... debemos ser solidarios e pensar no ben común e non no particular, consensuar, reclamar e ser comprensivos entre nós e cos nosos interlocutores.
Primeiro aclararnos e logo transmitilo.
Quen se anima? na nosa man está... eu vou de cabeza.

Unha aperta a tod@s de Bocixa (Zënzar)

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2008 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
Debut de Xabier Díaz con Berrogüetto
Xabier Díaz debutará como cantante de Berrogüetto no teatro Rosalía.

O compositor e cantante Xabier Díaz debutará como vocalista de Berrogüetto no concerto que a agrupación ofrecerá o vindeiro domingo, 30 de marzo no teatro Rosalía de Castro.

A vocalista Guadi Galego deixou definitivamente Berrogüetto o pasado venres para dedicarse por completo aos seus proxectos persoais e, segundo afirmou a LA OPINIÓN, xa non participará nos concertos que o grupo teña no futuro.

"Agora xa é cousa de Xabier", afirmou a cantante e gaiteira, en referencia aos compromisos que a formación ten xa pechados.

O coruñés Xabier Díaz asume, deste xeito, as actuacións de promoción do último disco da formación, 10.0, no que a vocalista é Guadi Galego.

As entradas para asistir ao debut de Xabier Díaz á fronte de Berrogüetto están xa á venda na páxina web www.caixanova.es; no número de teléfono 902 504 500 e na taquilla da praza de Ourense, aos prezos de seis, sete, nove e trece euros.

Este concerto está enmarcado dentro do ciclo Música con raíces, no que participarán Emir Kusturica and The No Smoking Band, Elíades Ochoa e os xaponeses Tao, entre outros moitos.

A relación de Xabier Díaz co grupo Berrogüetto vén xa de lonxe e, entre as colaboracións que fixo con eles destaca o Canto de Monzos que cantaba, xunto a Guadi Galego, no terceiro disco da formación: Hepta.

Xunto a Guillermo Fernández, o guitarrista de Berrogüetto, Díaz traballa no proxecto Nova Galega de Danza, como cantante, e xuntos crearon tamén o selo discográfico Salitre, do que naceron os dous traballos que Xabier Díaz gravou en solitario, Salitre e Coplas para Icía.

www.laopinioncoruna.es

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2008 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Xabier Díaz
Xabier Díaz debutará como cantante de Berrogüetto no teatro Rosalía. "Non teño pensado deixar a Xabier Díaz nun estante apartado. Terei que reaxustar as velocidades".

Xabier Díaz colle o relevo que Guadi Galego deixou o pasado venres á fronte de Berrogüetto aínda que iso non signifique que deixe todos os seus proxectos particulares a un lado.

-Como será este primeiro concerto?
-A información que eu teño é que imos presentar os temas de 10.0. Así que o que vou facer será cantar ese repertorio.

-Introducirán algún tema de Salitre ou de Coplas para Icía?
-Non, será estrictamente Berrogüetto o que soe no concerto.

-Ilusionado?
-É unha nova experiencia moi excitante porque son uns músicos excepcionais; é un grupo de calado e de longa traxectoria tanto dentro como fóra do país e claro que estou emocionado por traballar con eles.

-Vese a longo prazo en Berrogüetto?
-Iso non se sabe nunca, é coma en calquera outro tipo de relación. Oxalá sexa para un percorrido moi longo, a min gustaríame que fose así, porque iso significaría que estamos gozando co que facemos e con esa intención empezamos.

-En que plano quedará a súa carreira en solitario?
-Seguirá paralela á de Berrogüetto, por un lado, e á de Nova Galega de Danza, polo outro, porque tampouco vou deixar esa actividade, aínda que terei que reaxustar as velocidades.

-Compón xa o seu terceiro disco?
-Si, estamos traballando Guillermo [Fernández] e mais eu e xa vai bastante adiantado. Non sei se para o 2008 ou principios de 2009. Non teño pensando deixar a Xabier Díaz nun estante apartado.

-Que lle gustaría achegar a Berrogüetto?
-Ilusión. Tanto a deles por atoparse cun músico novo, como a miña por entrar nunha formación que ten unha dinámica determinada de facer as cousas. Procurarei achegar o meu espírito e a miña maneira de ver a música popular e a de autor.

-Tocará ademais de cantar?
-Creo que gaita e percusión.

-Dende cando sabía que sería a voz de Berrogüetto?
-Dende hai dous meses, máis ou menos.

-Debuta na súa cidade...
-Vai ser moi especial, porque o Rosalía é o meu teatro fetiche sen lugar a dúbidas, e creo que iso me fará sentir máis a gusto.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2008 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
Avalancha de novidades en Galicia
A crise discográfica non impide unha avalancha de novidades en Galicia
O rexurdir dos grupos folk e o asentamento dunha das mellores xeracións do pop marcarán o ano onde o abaratamento das gravacións de discos converterá o 2008 nun ano de alta edición musical


A industria discográfica está cambiando as súas prioridades. O disco empeza a deixar de ser o centro económico das empresas, que están traspasando os seus esforzos a conseguir cos artistas acordos globais que inclúan a explotación dos seus concertos en directo e a venda dos seus temas a través de soportes de gran crecemento comercial, como son os teléfonos móbiles. Con todo, en escenas como a galega a edición de álbums parece aumentar en lugar de baixar.

Razóns emocionais -o orgullo que a un artista prodúcelle un disco non cambiou- e o abaratamento dos sistemas de gravación e edición -calquera pode entrar nun estudo e imprimir uns centos de copias do que grave por uns 2.000 euros- son os alicerces nos que se asenta a boa saúde editora dos músicos galegos.
A pesar de que no 2007 unha nova xeración de poperos do país ofreceu unha colleita histórica -aí quedaron os estupendos traballos de bandas como Triángulo de Amor Bizarro, Fanny & Alexander, Meu, The Homens ou Nadadora-, durante o 2008 o folk recuperará o seu lugar de privilexio na música do país.

Cos discos de Budiño e Xúa! aínda quentes, nos próximos doce meses visitarán os escaparates os novos traballos de históricos como Brath, tras as súas celebracións dos 25 anos como grupo; Uxía, que facía oito anos que non editaba álbum; Bonovo, un debut no que están depositadas parte das esperanzas de progreso do folk galego; e Mutenrohi, que contará na súa nova gravación coas colaboracións de invitados como Duncan Chisholm (Wolfstone) ou Cristina Pato. Bandas como Xarín, Serra-lhe Aí, as cantareiras de Tanxedoras ou os dous recompilatorios de música tradicional que Sons Galiza editará serán outras das novidades. Unha das guindas ao pastel de raíz tradicional porao o grupo de galegas-caboverdianas Batuko Tabanka, que tras anos de actuacións lanzarán tamén un disco. Marful, unha das grandes sorpresas da actual escena do país, tamén editará cedé.

Os escritores terán o seu lugar na música do 2008. Así, Eloi Caldeiro musicará a Álvarez Blázquez, protagonista do Día dás Letras Galegas, mentres que Ouvirmos lanzará unha fotobiografía sonora de Celso Emilio Ferreiro, que inclúe versións cantadas dos seus poemas. O mesmo selo continuará a súa serie de itinerarios musicais, que recollerán o patrimonio sonoro e artístico de Vigo, Ourense, Lugo, Monforte e Santiago.
Tamén recuperarán gravacións de principios de século de Cantigas dá Terra.

No pop e no rock, Elodio e os seres queridos xa teñen novo álbum na rúa, mentres que se esperan os traballos de The Blows (unha das grandes promesas do pop galaico), Safari Orquestra, Lamatumbá, unha nova banda formada por Magín Blanco e os mestres ourensáns da melodía Burgas Beat; e o veterano MCarballo. O rap do novo combo Licor Café será outra das novidades.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2008 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
Os mellores discos galegos do ano 2007

VOTACIÓN EN SONO-TONE.NET

Ataque Escampe, Nadadora, Narf, Apenino, Noise Project, Galegoz e Nouvelle Cuisine completan os dez mellores discos de 2007 para os lectores da revista.


A música galega está a vivir un momento emerxente. Xa o pasado ano, cando a revista dixital Sono-tone realizou a súa primeira votación dos mellores discos galegos do ano, a calidade dos álbumes máis votados, na súa meirande parte discos de debut, amosaba a boa saúde da escena galega. Un ano despois, a segunda votación popular volve ofrecer un panorama do que nos podemos sentir orgullosos.

O álbum de debut de Triángulo de amor Bizarro foi, para os lectores da revista, o mellor disco galego do ano (217 votos), seguido do Tres, de The Homens (195) e Finais dos 70, comezos dos 80, de Fanny & Alexander (178). Ás portas do podio ficaron os Ataque Escampe (171), co seu ep Ed Wood e a invasións dos paraugas asasinos, Nadadora con Hablaremos del miedo (169), e Narf con Totem (167). Completan os dez primeiros Apenino (Un rayo de sol), Noise Project (Teleclube), Galegoz (Revolution Dance) e Nouvelle Cuisine (Autodictado). Seis dos dez discos, en galego.

Na votación do 2006 os gañadores foran 6PM (Far from perfect, Junk Records), por diante de Niño y Pistola (Como un maldito guisante, Mulberry) e Projecto Mourente (Baixo os eucaliptos, A Regueifa Plataforma). Entre os dez primeiros aparecían tamén Dios ke te Crew, The Homens, Samesugas, Marful, Sevigny, Catpeople e Pé de Boi.

Todos os estilos
Como escribía a propia Sono-tone o pasado ano "Hai 30, 20, 10 ou mesmo 5 anos a calquera grupo galego non lle teria sido nada dificil ver o seu disco entre os dez mellores -deixémolo en favoritos- discos galegos do ano. Unha lista de seguro dominada por un par de estilos coma moito". A competencia é moita, e por iso quedan fóra dos dez primeiros álbumes coma 120 Capadores, Manifesto Dobarrista, ou os últimos traballos de Nao, Colectivo Oruga, Meu ou Franc3s. En total, entraron na votación 52 álbumes, de practicamente todos os estilos: por suposto rock e pop en case todas as súas derivacións, electrónica, folk, canción de autor, hip hop ou blues.

www.vieiros.com

Votacións

217 TRIANGULO DE AMOR BIZARRO - Triángulo de Amor Bizarro
195 THE HOMENS - Tres
178 FANNY + ALEXANDER - Finais dos 70s, comezos dos 80s
171 ATAQUE ESCAMPE - Ed Wood e a invasións dos paraugas asasinos
169 NADADORA - Hablaremos del miedo
167 NARF - Totem
165 APENINO - Un rayo de sol
161 NOISE PROJECT - Teleclube
158 GALEGOZ - Revolution Dance
146 NOUVELLE CUISINE - Autodictado
142 VV. AA. - 120 Capadores
140 NAO - As palabras espidas
128 VV. AA. - Manifesto Dobarrista
119 MEU - Did you hear?
116 COLECTIVO ORUGA - Ricos modernos
114 FRANC3S - Ascensión a las cloacas
113 ARREDEMO - Nin sequera a choiva
111 ELODIO Y LOS SERES QUERIDOS - Esto que tienes delante
109 MOONDOGS BLUES PARTY - O cadelo lunático
91 MERCEDES PEON - Sihá
90 ESQUIOS - Un tipo normal
86 MANOS DE TOPO - Ortopedias bonitas
83 TELEMACO - Terra
78 XOSE MANUEL BUDIÑO - Home
77 XABIER DIAZ - Coplas para Icía
66 VALE TUDO - Vale Tudo
65 QUANT - In It for the Fun
64 SONHOS - Sonhos
63 MEQUETREFE - Mequetrefe EP
62 CORNELIUS - Greatest Hits
59 OS TRASNOS DE MOSCOSO - Rap do País
57 JABON BLUE - La música va por dentro
53 NOVA GALEGA DE DANZA - Alento
49 KATHAARSYS - Verses in Vain
44 MALANDROMEDA - Os estraños sempre traen malas novas
42 JIMENEZ DEL OSO + COPROLITOS - EP split
41 CAPITAN FURILO - Capitán Furilo
40 THE TELEPHONE ROUGES - Marxe I
39 TWENTY FIGHTERS - From this Day
39 SILVIA PENIDE - Desafinante crónica
38 GRAN PURISMO - Spifire
37 CANTADEIRAS DO BERBES - Todos a bordo
34 CREMA DE GAITA - TanGalego
32 A TABERNA DE MOU - Vol. 1
29 BONOVO - Demo
29 LORETTA MARTIN - Paraiso distante
26 ALMAX
21 BLIXDEINA
15 ABRAHAM BOBA - Abraham Boba
11 Carmen Rey - Meu
9 SEÑORA CARMEN - Na flor dos meus anos
2 XE - aliaXe

www.sono-tone.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2008 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0