Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A fronda dos cervos |
|
Doa volve ós escenarios cun disco no que combina músicas das Cantigas de Santa María de Alfonso X con letras dos poetas populares galego-portugueses
A que podería ser unha das primeiras cancións protesta da historia, na que Airas Nunes indaga na procura da verdade, afastada xa naquel tempo da Igrexa, e a que podería considerarse unha das primeiras pezas feministas, nas que mozas aldraxadas bailan arredor do causante dos seus males, morto, son só dúas das cantigas medievais que recolle A fronda dos cervos, o disco co que Doa volve ós escenarios.
O grupo presentará este traballo o vindeiro 4 de maio en Santiago, en Santo Domingo de Bonaval, ás 18.00 horas: o día 6 no Museo de Belas Artes da Coruña, ás 18.30 horas, e o 7 na Igrexa da Peregrina, en Pontevedra, ás 20.30 horas.
O cancioneiro medieval é alicerce da traxectoria de Doa desde os seus inicios. E este novo álbum está dedicado enteiramente á lírica medieval galego-portuguesa, máis de trinta anos despois do seu primeiro disco O Son da Estrela Escura.
"Temos este patrimonio cultural tan interesante, dunha beleza total, que ademais vai das cantigas de escarnio máis acedas ás de amor tan eróticas, case pornográficas, que non podo entender como os grupos galegos o esqueceron tanto. Moitos outros pobos non conservaron un patrimonio tan completo, nin teñen memoria da súa música ata o século XVII ou XVIII...", salientou Xoán Piñón, un dos integrantes dun grupo cuxa formación foi mudando moito cos anos.
"É que aquí non hai un núcleo que sexa propietario do grupo. Aquí, simplemente, quen ten unha idea, leva o nome de Doa no seu proxecto. É parte da nosa filosofía. Do mesmo xeito que tocamos o que nos apetece, non andamos pendentes do que está de moda ou do que nos podería dar moita gloria, aínda que despois os discos se venden ben. Eu creo que se a túa prioridade é facer o que á xente lle guste estás perdido, non podes ser libre para facer música. Nós non facemos un produto para a industria", sinalou.
A fronda dos cervos inclúe letras Pero Meogo, Meendinho, Martín Códax e Johan Garcia de Guilhade. Cada canción do disco vai acompañada dun pequeno estudo crítico-literario, asinado por Federido Pérez. A poeta Eva Veiga é ademais a autora do limiar, unha introdución á lírica medieval.
A voz de Susana de Lorenzo, a percusión e teclados de Bernardo Martínez, as gaitas, frautas e o xafón de Xaquín Blanco, a zanfona de Oscar Fernández e as guitarras e o laúde de Xoan Piñón interpretan, así, un repertorio que casa a música de cantigas de Santa María de Alfonso X con letras populares.
"Encaixan perfectamente. Ademais, Alfonso X foi un aglutinador, que recolleu músicas que cantaban os trobadores, quitándolles a letra. Así, temos no disco músicas das Cantigas de Santa María con letras das cantigas de amor e de amigo. Tamén dúas músicas de Xosé Quintas, combinadas con textos de Aires Nunes e Meendinho, ademais dunha composición de Bernardo e outra miña", indicou.
O álbum contén, por outra banda, temas instrumentais, baseados nas Cantigas Alfonso X, e unha alicerzada no Códice Calixtino. "O Códice está pensado para cantar en gregoriano. Nós conseguimos atopar unha métrica", subliñou. O grupo ten outra versión dos temas do disco, cantados por Rosa Cedrón, pero non chegou a editarse.
MÁIS "Todo está feito con respecto e coidado"
Doa é un grupo que deixa os discos respirar, con intervalos de cinco ou seis anos entre un e outro. O repertorio medieval estivo sempre no seu traballo.
"O primeiro foi un disco moi innovador nos arranxos, o segundo foi máis folk-rock, o terceiro tirou cara á harmonización do jazz, o cuarto foi máis cara á música de cámara", resumiu Pintos, que é tamén o autor das fotos do disco.
"Son imaxes do Courel. É que o que sucede nas letras do disco podería pasar no Courel, que ten partes que permanecen igual desde a Idade Media. O problema é que as canteiras están acabando con el", apuntou. O disco homenaxea, así, a floresta antiga, da que explica tamén a súa simboloxía -así como a do mar-.
A fronda dos cervos combina ademais a temática das cantigas medievais coa tecnoloxía moderna. "Pero está todo ben integrado, eu creo. No segundo disco amosabamos máis todo o poder da guitarra eléctrica. Neste case non se nota. Todo está feito con respecto, tranquilidade, coidado. Penso que quedou todo moi redondiño. E Susana adaptouse moi ben ás distintas tonalidades das cancións", concluíu.
www.galiciahoxe.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|