CONCERTO NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA E GRAVACIÓN DO PROGRAMA ALALÁ DA TVG DE PESDELÁN
Venres 29 de abril de 2011 ás 19h
Cidade da Cultura de Galicia
Santiago de Compostela (A Coruña)
Anímate a vir e botar uns bailes!!!
Pesdelán é un proxeto de música para baile
Levan vendidas máis de 3000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé, en tan so en 5 meses
Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante
O espazo Alalá da TVG vailles adicar un programa.
Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.).
O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido. Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008 facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade, en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Festival San Froilanciño (Lugo)...
É moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas. Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade : substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben.
"Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema: o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas, para despois bailalos todos xuntos."
Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán. Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo.
Unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.
O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka, conta ademáis coas ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos debuxantes máis relevantes do actual panorama artístico en Portugal e leva vendidas máis de 3000 copias en tan so cinco meses.