Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sen tempo non era |
|

Recollo o título dun disco dos Carunchos (aos que veremos hoxe en Vigo), porque xa hai varios días do último fin de semana festeiro sen escribir nada no Resacosix.
Cos días de distancia e como o alcool non me nubrou a vista en demasiado, sobre todo polo viño de Toutón (alguén puido beber un vaso completo?), podo lembrarme perfectamente de todo, q non vaian pensar os nosos visitantes que somos unha panda de alcoólicos...que non é o mesmo que borrachos.
O venres visitamos aos nosos amigos de Zurrumalla no xa famoso Furancho do Matamáfolc (Ampliación Xa!!!) cun concerto festeiro e bailongo a pesares do pouco espazo dispoñible.
A ver cando rula esa maqueta...!!!
Para o sábado agardabanos o macroserán galego por excelencia: Toutón (ver fotos)
Diversidade de opinións: é bo que teña tanto éxito?, onde quedar cando un se perde? haberá que crear a figura de aparcacoches neste Serán?, quedou alguén sen fotografar polo noso reporteiro máis dicharacheiro?
Moitas preguntas sen respostas...ou non.
Iso sí, por favor que poñan o sentido único dunha vez para chegar até alí, que se non acabamos sempre atorados co carro...ah!! e que melloren o viño para o vindeiro ano!!
E para rematar a fin de semana folclórica, tocaba presenciar o espectáculo dun dos grupos de máis renome no referente á recuperación e espallamento da música e baile tradicional: "Xacarandaina".
Como en todo espectáculo, haberá para todos os gustos, cada un coa súa sensación tras a gala, a min encantoume a danza de espadas e o feito de enlazar as pezas coa historía das viaxes do afiador pola Costa da Morte, noraboa a ese personaxe.
Pagou a pena a súa visita a Vigo, e que non falten nunca os grupos que manteñen viva a recolleita e o ensino da nosa cultura máis popular.
Un saudo dende Vigo para A Coruña. |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
A verdade que o viño en Toutón a min gustoume, bebín 3 e estaba de guaissss.#blgtk08# E logo ese chocolater que me soubo a gloria. Ate a a noite Nos Carunchiños. |
|
|
Comentario por iolanda (15-02-2007 13:40) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|