Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Baile ao asalto en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) |
|
O sábado terá lugar no centro sociocultural de Vilaxoán unha sesión de ?baile ao asalto?
A actividade complementa as clases do curso de danzas do mundo que se ven impartindo en Vilagarcía, pero está aberta ao público en xeral
O baile estará animado musicalmente polo grupo Mala Herba
O centro sociocultural de Vilaxoán acollerá este sábado, a partir das 21 horas, unha sesión de ?baile ao asalto?.
A actividade, que está aberta á participación do público en xeral, forma parte do curso de Danzas do Mundo organizado pola Área de Cultura e que dende hai meses veñen impartindo os profesores Serxio Cobos e Mercedes Prieto.
A finalidade de este encontro, explican os responsables do curso, é ?pasar unha velada divertida practicando pasos e danzas de diferentes partes do mundo dándolle unha presencia especial aos bailes galegos, soltos e agarrados?.
Con esta sesión de ?baile ao asalto? preténdese recuperar a cultura participativa de xeito que son tan importantes os bailadores como os músicos ou os animadores, son todos integrantes de unha linguaxe universal que é a expresión corporal a partir do son.
Os organizadores desta festa queren ?animar a todos, isto é familias cos fillos pequenos, adolescentes e tamén aos maiores da casa? pois as danzas serán guiadas polos profesores Serxio Cobos e Mercedes Prieto e os alumnos da aula de danzas do mundo do concello de Vilagarcia de Arousa.
O baile estará animado musicalmente polo grupo Mala Herba composto por Xacobe Lamas co violín, Cayetano Amenabar coa zanfona e Serxio Cobos ao acordeón.
Os profesores
Serxio Cobos é un artista multifacético que se especializou na música e danza tradicional galega.
Despois de unha primeira experiencia de traballo moi positiva en Trebón, grupo innovador de ritmos e movementos que tiña como base a técnica de danza galega, fundou a compañia de danza Bruma, coa que presentou o pasado ano no auditorio de Vilagarcía o espectáculo ?9 espellos e unha caixa de música?.
As súas experiencias como bailador e músico en grupos de baile desde moi xoven e a sua curiosidade por aprender directamente dos homes e mulleres que tocaban e danzaban de forma natural nos diferentes pobos galegos, fixo con que se afastase do método de traballo dos grupos folclóricos abrindose camiño e buscando novas formas de expresar, emocionar e comunicar.
Ten colaborado con grupos e artistas como Berroguetto, Xosé Manuel Budiño, Marful ou Marta Quintana.
Mercedes Prieto é licenciada en Danza pola Facultade de Motricidade Humana de Lisboa. Traballou na Escola Superior de Educación como profesora asociada de danza formando animadores socioculturais e mestres de infantil e primaria. Forma parte do grupo Pesdelán, grupo que ten como obxectivos a investigación e divulgación de danzas tradicionais galegas e portuguesas a través da formación en talleres e bailes.
É bailarina das compañías de danza GS21 e Bruma. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|