Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Hoxe xoves Percebe Son (Vigo) |
|
O ?Percebe Son? levarase a cabo o día 17 de febreiro no IES Audiovisual de Vigo, na rúa Eduardo Cabello s/n en Bouzas, detrás do CSIC.
O festival ?Percebe Son? nace ante as inquedanzas culturais do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Audiovisual de Vigo e da clase de 2º de P.A.R.E., desta maneira xurdiu a idea de facer un Foro cultural, musical e de entretemento.
O festival é un evento que pretende a interrelación cultural coa lingua galega como telón de fondo como modo de expresión da sociedade e como reflexo na música e na cultura. Daremos a coñecer ao público grupos que están a comezar, e aproveitando o acontecemento tamén poremos en contacto a músicos máis novos con outros de consolidada traxectoria.
Dende a base da música en galego, trataremos de entreter e divertir aos asistentes, creando un espazo no que todo o mundo se sinta cómodo e animado á participación.
Actividades
Mañá
11:30/13:00 Charla/Coloquio: a música en galego. Presidida por Xurxo Souto.
- Aíd
- Tonhito de Poi (Heredeiros da Crus, Rasa Loba)
- Sergio Lago (toupa.net)
- Xocas López (Eme2, The Homens)
13:30/14:30 Programa de radio: Planeta Furancho.
Tarde
16:30 Actividades paralelas.
- Galeoke
- Proxección de videoclips de artistas e grupos galegos
- Videomatón
18:15 (Salón de actos do IES Audiovisual)
Concerto acústico: Ataque Escampe.
19:30 (Auditorio do IES Audiovisual) Concerto final:
Som do Galpom + Terbutalina + Marxe Esquerda.
http://percebeson.wordpress.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|