Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os novos hábitos Sociais
O noso colaborador regular Nis Calo, escribe unhas reflexións sobre os novos hábitos -e as súas consecuencias- introducidos nos locais de ocio con música ao vivo coa lei para espazos sen fume.

A fume de coroza


Cadroume onte de achegarme pola Casa das Crechas, lugar de encontro para amadores da música ao vivo, nomeadamente da Música Popular Galega, ese ente que tantas ramificacións ten e que neste coñecidísimo pub da zona Vella de Compostela ten cabida e puntualmente celebra os mércores do curso académico as súas ?foliadas?. Esas xuntanzas regulares a medio camiño entre un concerto informal -hai unha da banda residente, un equipo de amplificación e cobran entrada (simbólica de 1 ?)- e unha pseudo jam session -non é fácil participar se non es músico da Banda-. Unha ?foliada? que ateiga o local cada mércores.

E onte non foi unha excepción, tendo en conta ademais que a Banda das Crechas actuará a finais de mes nas Celtic Connections en Escocia. No local todas as cadeiras estaban ocupadas antes de comezar a sesión, tampouco quedou moito sitio preto da entrada, e por suposto, o espazo para @s atrevid@s a botar unha baila reducíase a menos dun metro cadrado.

Pero a diferencia -e grande- era a ausencia do fume de tabaco que facía da Casa das Crechas un dos locais máis insalubres da Zona Vella, sen ventilación -incluso despois da reforma do último ano-, humidade -a zona de concertos é un soto- e ateigado dunha humanidade que transpira suor, alcol e emoción.

Pois a Casa das Crechas -sirva de exemplo para os numerosos locais con música ao vivo- era un lugar moi diferente. O cheiro era outro, de feito, había cheiro. O movemento de fumadores cara fóra era continuo, os músicos -máis da metade da Banda é fumadora- non tocaban nas seguintes pezas o que deixaba a formación ás veces, en divertidas situacións de inferioridade, ou simplemente, sen tocar con ?descansos? máis frecuentes e curtos do habitual. Os ollos eran ollos, non semáforos...

Non vou cuestionar a idoneidade ou non da devandita lei que tanta conversación está a dar nos bares e nos ascensores pero, sen dúbida, é o meirande cambio social nos hábitos do lecer das últimas décadas. Non vai nin medio mes e isto xa semella outro país. E con algunha excepcións -poucas delas en Galiza-, o que fuma está a respetar honrosamente os termos de aplicación da lei.

Iso si, o número de clientes non semellaba menor, e comentaban os máis asiduos que había xente nova entre o público que normalmente non viña ás foliadas.

Así os que frecuentamos as actuacións ao vivo, só disfrutaremos da música, sen dose gratuíta de nicotina no pelo, na chaqueta e nos pulmóns.

Hoxe hai Serán na Sala Nasa, outro ?templo? para a música ao vivo na cidade. Mudarei a camiseta chea de suor para o día seguinte pero xa non terei que mudar a chaqueta, o que para o meu armario é un alivio.

E os que din que collerán un catarro por fumar fóra? Pois no inverno, coroza por riba que chove moito.

Nis Calo, 13/01/2011. Santiago

www.folque.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2011 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Como asidua participante de foliadas de inverno en locales interiores, suscribo totalmente todo o dito.

Que gustazo chegar á casa e poder #blgtk08#deitarte sen ese horrible olor no pelo,... e poder respirar e bailar ó mesmo tempo!!!

E tampouco vexo que haxa menos xente, ó contrario...
Comentario por maria (28-01-2011 19:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0