Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A rede privada de escolas infantís en galego xa é viable |
|
Unha boa nova para a pervivencia da nosa lingua
Xa que a actual Xunta de Galicia abandonou o proxecto das Galescolas en galego... Galicia terá unha rede de escolas en galego o vindeiro curso
No colo dos avós, moitos nenos coñeceron as andanzas dos raposos, recolleron os primeiros froitos das maciñeiras ou escoitaron temerosas historias do home do saco. Aquelas casas onde fumeaban as lareiras convertíanse en improvisadas escolas de galego para os cativos da cidade. Para evitar "que desapareza o ensino do noso idioma na educación infantil", o movemento Galiza co Galego implantará no vindeiro curso unha rede popular de escolas para nenos de cero a tres anos. Nestes centros e garderías privadas, os pequenos adquirirán os seus primeiros coñecementos en galego.
Segundo Francisco de Limiar, voceiro da comisión promotora desta corrente social, "vemos que os rapaces están perdendo os seus referentes na aprendizaxe do galego, antes eran os avós pero agora cada vez falan máis en castelán, agás os que viven no mundo rural". Este movemento xa traballa co sector do profesorado para que escolas infantís das catro provincias ensinen en galego en 2011-2012. Neste proxecto de mínimos traballan sindicatos como CIG-Ensino, asociacións pedagóxicas e a Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia, entre outras entidades, "ademáis de profesionais que apoian a educación en galego".
Estes días, a comisión promotora xa conta unha recadación superior aos 230.000 euros. A comisión considera necesario un investimento de 300.000 euros para soportar este proxecto. "Con este fondo xa sería viable a nosa rede de educación infantil en galego", indica Francisco de Limiar. Pero de seguir adiante a marusía de apoios, Galiza co Galego mesmo podería chegar aos "460.000 euros para garantir o ensino na lingua propia", segundo indican os seus membros nun comunicado. Este fenómeno chegou onte a Pontedeume.
Galiza co Galego autodefínese como "movemento social laico, activo e independente, para non depender do que a clase política e os gobernantes decidan". Iniciouse no ano 2009, contextualizándose na desaparición das galescolas e na aparición do Decreto do Galego. Así o indican os seus propios organizadores: "Apareceu logo da agresión da dereita española contraria ao galego, que se opón ao seu uso no ensino e que deu como resultado o actual falta de apoio político á educación infantil na nosa lingua". Galiza co Galego denuncia especialmente "un decreto redutor e supresor". E polo contrario, anuncia o 2011 como "ano do ensino en galego".
Aínda que os centros non cumpran o ratio de nenos para dar clases en galego, a plataforma terá "o colchón económico necesario para ensinar igualmente na nosa lingua". Escolas privadas e cooperativas xa se apuntan á futura rede, que "terá este idioma como referente de calidade". Por exemplo: os nenos que aprenden as materias en galego "tamén sacan boas notas noutros contidos e idiomas".
FRANCISCO DE LIMIAR "É anómalo ver un atranco na lingua"
Por que a rede se implantará só en centros de ensino infantil?
Porque nesa idade debemos defender o galego, cando os nenos teñen máis capacidade de aprendizaxe. Queremos que non se perda a presenza do idioma no seu contorno, con normalidade. Que se vexa o galego como atranco é unha anomalía.
Existe unha orientación política neste movemento?
Non queremos que se nos politice. Nós falamos do decreto contrario ao galego. Tamén hai xente da dereita que respecta ao noso idioma, pero hai un sector antilinguas que só defende o inglés. O noso proxecto é imprescindible. Tamén denunciamos que esta administración botou abaixo o proxecto das galescolas.
Que valores defende?
A importancia do ensino infantil no noso país, e os dereitos dos nenos á súa educación. Nós só defendemos un dereito natural. Unha lexislación contra a educación infantil en galego é realmente algo contra natura.
www.galiciahoxe.com
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|